27/01/2020

Actuación do TEATRO DA RAMBOIA en Barbadás

AUDITORIO MANUEL MARÍA DE BARBADÁS

O vindeiro venres 31 de Xaneiro, ás 20h. actuación do grupo TEATRO DA RAMBOIA, que nos vai representar a obra: ” O MEU MUNDO NON É DESTE REINO”

Sinopse:

Uns feirantes chegan ao que chaman fogar logo dun día de traballo. Son Camilo e Tomás, dous titiriteiros que levan o mesmo espectáculo unha e outra vez polas vilas do país. Carretan ás costas un enorme “tutilimundi”. A disxuntiva de abrilo convérteo nunha caixa de pandora latente. 

Contar e dar vida ao que contén, supón a única vía de escape dos totalitarismos que os oprimen. Un xeito de sobrevivir nun reino militarizado sen trazas de lóxica humanística. Nun contexto ao que non pertencen, nun reino que non é do seu mundo.

Ábreno. As marionetas emerxen da farsa como alegorías incontrolables e esperpénticas dunha realidade pasada. A comedia ábrese paso como xerme de cambio nun xogo continuado entre o micro e macro teatro.  Ata que todo remata. Desbórdase.

 Neste Reino a inxustiza tínguese de vivas cores querendo despistar ao senso común, ao oprimido. E que ocorre co resto? Cos que lle rodean? Esvaecen nun fondo descolorido.

O MEU MUNDO NON É DESTE REINO, é unha adaptación da “Farsa de Bululú” de Manuel María, unha parodia da ditadura franquista. A recuperación do título orixinal da obra serve para proxectar este laio silenciado no seu día. Hoxe, encabeza o espectáculo de novo para facer fronte a un pasado que insiste en repetirse.

Evento: Teatro, recomendado a partir dos 12 anos en adiante.

Entrada con invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura)

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1711671319

SINGLE.1711671319