07/05/2020

Actuacións no centro de extensión de cobertura do sinal de TDT de Moreiras: afecta a Bentraces

Actuacións no centro de extensión de cobertura do sinal de TDT de Moreiras

  • Tal e como se informou Outubro de 2019, para cumprir co proceso de liberación do segundo Dividendo Dixital, a Xunta de Galicia está poñendo en marcha unha serie de actuacións que axuden aos concellos a realizar os cambios necesarios nos centros de extensión de cobertura do sinal de TDT.

 

  • Estas actuacións realizaranse o próximo mércores 13 de maiono centro de extensión de cobertura de Moreiras. Lembrámoslle que o proceso consiste no apagado neste centro dalgunhas frecuencias de emisión actuais e acendido nas novas frecuencias asignadas. Deste xeito, os beneficiados poderán desfrutar das canles da TDT, que se distribuirán do seguinte xeito:

 

  • Canle 26 (MPE1): Disney Channel, Paramount Channel, Dmax, Gol.
  • Canle 39 (MPE2): Antena 3, La Sexta, Neox, Nova, A3 HD, Sexta HD.
  • Canle 42 (RGE2): TDP, TDP HD, Clan HD, DKiss, Ten.
  • Canle 43 (MPE3): Telecinco, Cuatro, Divinity, FDF, T5 HD, Cuatro HD.

 

  • Para poder seguir estas canles, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura axeitada do devandito centro, podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por vía telefónica -881 866 388- ou na web tdtgalicia.gal.A continuación, bastará con realizar unha busca das canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción.

 

  • De cara a facilitar a información aos veciños, anexamos as entidades de poboación do seu concello que, segundo os nosos cálculos de cobertura, teñen a este centro de extensión de cobertura de TDT de Moreiras como mellor servidor e que se beneficiarán deste cambio:

 

Parroquia Nome entidade Habitantes
BENTRACES (SAN XOÁN) BENTRACES 307

 

 

 

Novas

CONTENT.1713522100

SINGLE.1713522100