24/11/2020
Adhesión dos comercios á II Edición da campaña “ReVive o comercio de Barbadás”
Solicitud adhesión comercios do 23 ao 30 de novembro de 2020.
- Dende as áreas de Comercio e Promoción Económica do Concello de Barbadás ponse en marcha a II Edición da campaña “Revive o Comercio de Barbadás”, (Edición de Nadal 2020), co obxecto de estimular as vendas e dinamizar o tecido comercial do noso municipio .
- Poderán adherirse os comercios polo miúdo situados no municipio de Barbadás. Todos os comercios que queiran participar deberán encher o formulario que se achega e envialo ao enderezo electrónico cet@barbadas.es , dende o 23 ao 30 de novembro , ambos os dous incluídos.
- A campaña porá en circulación para os/as veciños/as un total de cincocentos bonos, por valor cada un deles de 10 euros, que os clientes poderán utilizar como desconto en compras superiores ou iguais a 30 euros nos establecementos de Barbadás adheridos á campaña.
- Estes bonos poderán ser trocados polos clientes nos establecementos participantes, entre o 1 de decembro e o 19 de decembro de 2020 (ou ata que se troquen os cincocentos bonos postos en circulación). Cada cliente poderá trocar 2 bonos para facer dúas compras.
Data | Adxuntos |
---|---|
24/11/2020 | Formulario de inscrición comercios campaña Nadal PDF [514 KB] |
24/11/2020 | Establecementos - Bases bonos comercio NADAL 2020 PDF [144 KB] |