Bandos e avisos
SLUG: bandos-e-avisos
Data | Bandos e avisos | Adxuntos |
---|---|---|
01/12/2020 |
Aprobación das altas do nomeamento de vías no rueiro municipal – A Valenzá |
Anuncio denominación de vía pública - A Valenzá g_page-0001
JPG - 545.35 KB
|
14/08/2020 |
Bando sobre as medidas a adoptar antes a detección de brotes no Concello de Barbadás. |
|
09/06/2020 |
Horario de festas durante a semana do 8 ao 12 de xuño nas Oficinas Municipais da Valenzá HORARIO DE FESTAS PATRONAIS NAS DEPENDENCIAS MUNICIPAIS DA VALENZÁ
|
|
22/05/2020 |
As dependencias municipais permanecerán pechadas hoxe día 22 de maio pola celebración de Santa Rita Os/as funcionarios/as da administración local, tanto de concellos como de diputacións, celebran a festividade de Santa Rita, motivo polo que as instalacións municipais permanecerán pechadas |
|
24/04/2020 |
O Alcalde de Barbadás emite un bando con recomendacións para os paseos de nenos e nenas O ALCALDE DE BARBADÁS EMITE UN BANDO CON RECOMENDACIÓNS PARA OS PASEOS DE NENOS E NENAS O bando municipal recomenda que á hora de realizar os paseos os nenos que viven en números pares saian ás horas pares e os que residan en números impares paseen ás horas impares Ante a situación de emerxencia sanitaria e a desescalada prevista para o domingo 26 de abril, día en que os/as menores de 14 anos poderán sair a dar un paseo de non máis de 1 hora e nun radio de 1 quilómetro como máximo dende o domicilio e acompañados/as por un/unha dos/as seus/súas proxenitores, O ALCALDE DE BARBADÁS COMUNICA:
BANDO ASINADO POLO ALCALDE DE BARBADÁS, XOSÉ CARLOS VALCÁRCEL |
|
14/04/2020 |
O Concello de Barbadás crea un Servizo de Atención Telefónica Solidaria O CONCELLO DE BARBADÁS CREA UN SERVIZO DE ATENCIÓN TELEFÓNICA SOLIDARIA O Servizo de atención telefónica solidaria está pensado para poñer en contacto a persoas que queren facer tarefas de voluntariado en tempos de confinamento con persoas que precisan compañía, charlar ou compartir uns intres de conversa.
|
|
12/04/2020 |
O GOBERNO DE ESPAÑA ENTREGOU A GALICIA 602.000 MASCARIÑAS QUE SE REPARTIRÁN A PARTIR DO LUNS 13 DE ABRIL ENTRE OS/AS TRABALLADORES/AS QUE SE REINCORPORAN AO SEU TRABALLO Un cargamento de 602.000 máscaras chega a Galicia para os traballadores que usen transporte público O Goberno central entregou a Galicia un cargamento de 602.000 mascariñas, que se distribuirán a partir de mañá luns 13 de abril entre aquelas persoas “que teñan que desprazarse para traballar e lles resulte máis complexo manter a distancia de seguridade” ao utilizar o transporte público. O Ministerio de Sanidade recomenda en primeiro lugar o teletraballo e en segundo lugar que todos aqueles que teñan a capacidade de desprazarse ao seu traballo en vehículo particular, en moto, bicicleta ou andando, fágano así, evitando os traslados en transporte público.
|
|
10/04/2020 |
Carta do Alcalde de Barbadás á cidadanía ante o COVID-19 MENSAXE DO ALCALDE DE BARBADÁS Á CIDADANÍA Estimado veciño e veciña: Dende a Alcaldía de Barbadás quero transmitir unha mensaxe de tranquilidade, de ánimo, de confraternidade ante a situación que estamos a vivir todos e todas nós. As últimas semanas están sendo complexas e difíciles. Todos/as os/as veciños/as vivimos as consecuencias da pandemia de Coronavirus con preocupación e con inquedanza. Unha actitude comprensible ante unha enfermidade descoñecida. Como alcalde de Barbadás síntome na obriga de dirixirme á veciñanza para que saiban que diante desta emerxencia sanitaria estamos a adoptar decisións e a poñer en marcha medidas de protección da saúde e da seguridade para que todos/as vostedes se sintan arroupados/as, protexidos/as. Quero que saiba que hai moitas persoas velando para que as consecuencias do COVID-19 teñan un menor impacto nas súas vidas. Dende o Concello de Barbadás quero transmitir tranquilidade e dicirlle a cada familia que o esforzo e o traballo de moitas persoas fan posible que o impacto da pandemia se minimice. Están levándose a cabo tarefas de limpeza de zonas públicas, de desinfección de accesos a establecementos comerciais e tamén de baldeo e desinfección de beirarrúas e viais. Dende Protección Civil estase realizando un excelente e impecable traballo para atender ás persoas que se atopan nunha situación de vulnerabilidade. A Policía Local está redobrando esforzos para intensificar os traballos en aras da seguridade das persoas e están a prestar un servizo para que a veciñanza respecte os protocolos marcados. Dende as brigadas de obras e xardinería acométense a diario tarefas de desinfección. Os/as traballadores do Concello continúan prestando atención á cidadanía mediante o teletraballo. Creamos servizos novos como a atención psicolóxica, a atención aos maiores, a impresión de apuntes para estudantes e apoio ás persoas que non poden desprazarse á farmacia ou ao supermercado. O servizo de axuda no fogar, fundamental para a atención dos/as persoas dependentes, continúa desenrrolándose nas mesmas condicións de calidade e seguridade. Creouse tamén unha cadea solidaria de confección de mascariñas que se fixeron chegar prioritariamente ás tres Residencias de Maiores do municipio: Domusvi, Nosa Señora dos Milagres e Siervas de San José. E dende hai días estanse entregando directamente a colectivos e persoas vulnerables ou con risco elevado de contaxio e agora tamén nos pequenos establecementos comerciais que seguen abertos para que llelas entreguen aos seus clientes. Trataremos de que cheguen a toda a veciñanza que sexa posible ou polo menos ás persoas que teñen que sair por necesidades básicas do seu confinamento. Temos que pensar que é unha fabricación artesanal e feita por persoas voluntarias a quen quero trasladar un enorme agradecemento e unha enorme aperta. O Banco Solidario está aberto todos os días de luns a venres para axudar ás persoas que máis o necesitan. Lembrar que calquera pode facer a súa aportación solidaria para poder colaborar coas persoas que son atendidas dende este servizo. Desde a Concellería de Comercio e o Centro Empresarial Transfonteirizo estanse a estudiar medidas de apoio para colaborar co comercio de proximidade para recuperar a normalidade na súa acitividade. Como alcalde quero anticiparlle que seguimos abertos a escoitar as inquidanzas de todos vostedes. Calquera suxestión que teñan pode transmitila, como acontece normalmente, pero nestes momentos especialmente debemos permacer unidos, en contacto, fomentando xestos de solidariedade e abrindo os nosos corazóns ante as persoas que nos necesitan. Agradecer a todos os veciños e veciñas a súa solidariedade, a súa responsabilidade e a súa cooperación nestes momentos nos que todos e todas a unha temos que pensar e colaborar no benestar de toda a veciñanza. Máis pronto que tarde Barbadás volverá a ser un lugar cheo de cór, de ledicia, de nenos e nenas xogando nos parques e de terrazas cheas de bullicio. Moito ánimo e unha aperta.
Xosé Carlos Valcárcel, Alcalde de Barbadás
|
IMG-20200410-WA0084
JPG - 243.03 KB
ddabfd9ffd1a366cb74b085253dc43e0-0
JPG - 354.27 KB
ddabfd9ffd1a366cb74b085253dc43e0-1
JPG - 374.53 KB
ddabfd9ffd1a366cb74b085253dc43e0-2
JPG - 213.53 KB
IMG-20200410-WA0083
JPG - 189.51 KB
IMG-20200410-WA0084
JPG - 243.03 KB
IMG-20200410-WA0085
JPG - 284.19 KB
|
18/09/2019 |
Horarios habituais do bus de bacharelato MAÑÁ XOVES RETOMASE O HORARIO HABITUAL DO CURSO LECTIVO Bus de 22 prazas: 07,30- Sobrado; 07,38- Ponte da autovía; Moraima- 07,39; Finca Fierro- 07,41 Bus de 38 prazas- 08,02: Farola. Neste bus irán os alumnos da Universidade Laboral Bus de 22 prazas- segundo viaxe: Centro Médico- 08,05; Viaqua- e Macauto VOLTA: Bus de 22 prazas- Ferro Couselo: recolle primeiro ao alumnado de centro médico, Viaqua, Macauto: 14,10 h Bus de 38 prazas: ás 14,10 recolle alumnado da Laboral. Ás 14,15 recolle ao alumnado da parada da Farola no Ferro Couselo. Bus de 22 prazas- segundo viaxe: 14,30: Moraima, ponte autovía e Sobrado OS HORARIOS SON PROVISIONALES EN TANTO NON SE REGULARICE O SERVIZO |
|
15/09/2019 |
Nota informativa sobre transporte de alumnado de Barbadás aos centros de ensino INFORMACIÓN SOBRE O TRANSPORTE DE BACHARELATO DENDE BARBADÁS A nota informativa inclúe o listado en formato PDF de alumnos correspondentes a cada parada. A continuación especifícanse horarios de xornada de presentación e os habituais para o resto do curso lectivo. Algúns dos datos contidos no arquivo pdf foron modificados, motivo polo que vostede debe consultar horarios e paradas na segunda parte da nota informativa. Para calquera dúbida pode vostede enviar un e-mail a concello@barbadas.es ou victoria.morenza@barbadas.es. LISTADO DE PARADAS E ALUMNOS QUE CORRESPONDEN A CADA PARADA: Consulte estes datos premendo o seguinte enlace: Paradas bus bacharelato (1)
Horario luns 16 de setembro: inicio de curso: presentación no centro de 16,00 a 17,00 horas Bus de 22 plazas: primeira viaxe : 15:15 Sobrado 15:23 ponte báixo autovía 15:24 Moraima 15:26 Finca Fierro 15:30 Macauto 15:35 Ferro Couselo
Bus de 38 prazas : 15:42 Farola 15:43 Viaqua
Bus de 22 prazas:2ª viaxe: 15:45 antigo centro médico
HORARIOS HABITUAIS DO CURSO LECTIVO. Bus de 22 prazas: 07:30 Sobrado 07:38 ponte autovía 07:39 Moraima 07:41 Finca Fierro Bus de 38 prazas: 08:02 Farola 08:03 Viaqua Neste bus irán os/as 3 alumnos/as da Laboral ( Natalia González, Daniel Vázquez, Marcos Morales). Bus de 22 prazas: 2ª viaxe: 07:45 centro médico 07:45 Macauto |
|
02/09/2019 |
Aberto o prazo para que as asociacións veciñais opten a subencións municipais CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS ÁS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS INSCRITAS NO REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS DO CONCELLO DE BARBADÁS ANO 2019.
1.—Ser asociacións culturais validamente constituídas e debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións. 2.—Carecer de fins de lucro (acreditándose cunha declaración responsable do representante). 3.—Ter o seu domicilio social e desenvolver a súas actividades no ámbito territorial do Concello do Barbadás. 4.—Realizar actividades de interese cultural no ámbito do municipio. 5.—Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas. 6.—Estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa seguridade social.
A.—As dirixidas á realización de actuacións puntuais ou de carácter permanente no eido cultural en tódalas súas vertentes: música, teatro, literatura, pintura, danza, encontros, obradoiros, cursos, audiovisuais, conferencias, xornadas e análogos. B.—Ás dirixidas á realización de festas etnográficas, tradicionais e de valor histórico e cultural nas súas parroquias. Quedan excluídas da presente convocatoria e, por tanto, non serán obxecto de subvención as seguintes actividades:
O importe das axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutros organismos públicos ou privados, supere o custo da actividade subvencionada. Serán subvencionables os gastos en material inventariable, necesario/imprescindible para a realización das actividades, sempre que non superen o 20% do orzamento total presentado. No caso da organización de eventos que conleven comidas, ceas ou similares financiarase ata o 20 % das facturas presentadas en concepto de alimentos e bebidas non alcohólicas, sempre que se xustifique na memoria. Quedan totalmente excluidos como gastos subvencionables os productos de limpeza.
|
IMG-20190902-WA0067
JPG - 219.39 KB
ANEXOS GALEGO 2019
PDF - 554.72 KB
|
07/08/2019 |
II Romaría Feminista de Barbadás (5 de outubro de 2019) Bases reguladoras para a colocación de postos temporais O concello de Barbadás, a través da Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade organiza a II Romaría Feminista de Barbadás, que ten por obxecto reflexionar sobre distintos aspectos relativos á igualdade de xénero, promocionar e visibilizar o papel da muller nas diferentes disciplinas artísticas, así como, poñer en valor todas as actividades realizadas por mulleres no eido creativo, artístico, comercial, asociativo, etc. Poderán poñer un posto, todas as mulleres que desexen amosar a súa actividade, podendo ser esta, de carácter artístico, artesanal, comercial, informativo ou outro que se considere acaído en relación ao obxecto da Romaría, ate completar aforo. Bases reguladoras postos Romaría Feminista 2019 ANEXO I -Solicitude de colocación de posto Para calquera dúbida ao respecto contactar con:
|
romaria-feminista-cartel
JPG - 204.42 KB
Bases reguladoras postos Romaría Feminista 2019
PDF - 120.84 KB
|
07/08/2019 |
||
24/06/2019 |
Achégase o novo horario de venda de Bonobuses de verán. |
|
13/06/2019 |
Aberto o prazo de pago dos admitidos/as da Escola Infantil Municipal Do 14 ao 21 de xuño de 2019 |
CARTEL PRAZO MATRICULAS_page-0001
JPG - 195.81 KB
MATRICULA-IMPRESO ESCOLA INFANTIL CURSO 2019-2020
PDF - 222.46 KB
|
04/03/2019 |
1.300 persoas protagonizarán a Foliada de Barbadás o Martes de Entroido 1.300 PERSOAS PROTAGONIZARÁN A FOLIADA DE ENTROIDO DE BARBADÁS Carrozas, comparsas, contracharanga, individuais e parellas suman un total de 45 inscritos/as O Concello de Barbadás habilitará 3 lugares específicos para que as persoas con mobilidade reducida poidan visualizar comodamente o desfile
|
|
06/08/2018 |
Publicación_Anuncio en el Portal Web del Ayuntamiento de la Consulta Pública
PDF - 452.33 KB
|
|
14/06/2018 |
||
28/02/2018 |
||
02/01/2017 |
TMPL_ADMON.TEMPLATE.1618352625