28/01/2025
Le en galego e leva de agasallo “COUSAS” de Castelao
Unidades limitadas. Promoción ata fin de existencias.

A Biblioteca Municipal de Barbadás vén de poñer en marcha unha campaña de promoción da lectura en galego.
Polo préstamo de libro en lingua galega recibirás o agasallo dun exemplar de COUSAS de Castelao, edición especial “Os quinquilláns”.
Unha adaptación para a escena, pensada para públicos novos, dun dos textos clásicos da literatura galega contemporánea. As estampas de Castelao, combinación maxistral de relato e ilustración, serven de base para un espectáculo teatral distinto.
Unidades limitadas. Promoción ata fin de existencias.