22/12/2022

Altruísta xesto do artista Aitor Montes

Pintou un mural temático na persiana do local

Donación artista Aitor Montes- Pintado persiana Banco Solidario

As instalacións do Banco Solidario de Barbadás están de estrea.

  • O artista urbano, Aitor  Montes ,  que se dedica ao muralismo,  decoración de fachadas , persianas, y un largo etc., quixo contribuír co Banco Solidario de Barbadás, do xeito que mellor sabe, coa súa arte. Plasmou  a súa creatividade na persiana do local da Rúa do Ensino (A Valenzá),  dándolle unha nova imaxe. Unha obra que doou altruistamente.

 

  • Un xesto amable que, segundo a concelleira Elisabet González, apoia o propósito da Concellería de Servizos Sociais de embelecer os locais onde presta servizo á cidadanía.

 

  • Dende estas liñas, queremos agradecer ao artista, Aitor Montes, a súa contribución con esta causa tan solidaria.
(Aitor Montes está en Instagram como @solowohs)
 Donación artista Aitor Montes- Pintado persiana Banco Solidario

Novas, Servizos sociais

CONTENT.1702011562

SINGLE.1702011562