25/05/2018

Alumnado de Barbadás coñece as instalacións do Servizo de Prevención e extinción de incendios

ESCOLARES DOS COLEXIOS DE BARBADÁS VISITAN A BASE DO CASTRO DE TRELLE PARA COÑECER AS TAREFAS DE PREVENCIÓN E EXTICIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

Alumnos/as dos colexios públicos Filomena Dato e O Ruxidoiro coñeceron de preto o funcionamento do helicóptero, a brigada e a motobomba

A actividade foi organizada en colaboración polo Concello de Barbadás (Concellería de Educación e Medio Ambiente) e a Consellería de Medio Rural

  • Un total de 120 alumnos/as dos colexios de Barbadás participaron nunha actividade didáctica para coñecer o funcionamento do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

 

  • 80 escolares de 5º e 6º de Primaria do colexio Filomena Dato e 40 alumnos/as de 6º do colexio O Ruxidoiro participaron nunha charla informativa impartida por axentes forestais nos propios centros educativos antes de desprazarse á base de Toén.

 

  • O Concello de Barbadás, a través das Concellerías de Medio Ambiente e de Educación) e a Consellería de Medio Rural organizaron, en colaboración cos colexios unha actividade dirixida á concienciación da importancia do mantemento do medio natural.

 

  • A base do Castro de Trelle (Toén) forma parte do Distrito Forestal 12- Miño-Arnoia, específico de incendios forestais.

 

  • Os/as escolares coñeceron in situ e da man dos profesionais do servizo as labores que se realizan dende o helicóptero, a motobombo ou cómo realiza a brigada de prevención e extinción o seu traballo.

 

  • O alumnado que participou na actividade visitou tamén a torreta de vixiancia do Castro de Trelle.

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1714065950

SINGLE.1714065950