11/12/2019
Alumnado do colexio O Ruxidoiro coñecen cómo funciona o Concello de Barbadás
A CONSTRUCCIÓN DO INSTITUTO E A HABILITACIÓN DE UN APARCADOIRO XUNTO AO COLEXIO SON AS PRINCIPAIS PREOCUPACIÓNS DO ALUMNADO QUE PARTICIPOU EN UN PLENO INFANTIL EN BARBADÁS
Escolares do colexio O Ruxidoiro coñeceron hoxe os departamentos que compoñen as dependencias da casa do concello
- Estudantes de 6º de Primaria do colexio Ruxidoiro participaron hoxe nunha xornada didáctica na que coñeceron os diferentes departamentos do Concello de Barbadás e simularon un pleno ordinario.
- Un grupo de alumnos/as foron elixidos concelleiros entre os/as seus/súas compañeiros/as para representar ás dúas aulas de 6º de primaria.
- Os escolares debateron dúas propostas no pleno simulado: moción para negociar coa Xunta e impulsar a construcción de un instituto e outra moción para construir un aparcadoiro no CEIP O Ruxidoiro.
- O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, explicou que no Plan de Urbanismo de Barbadás “xa hai un lugar reservado para o instituto, pero a crise económica de hai 10 anos ralentizou a actividade urbanística e ralentizou o desenrolo desta área de reparto”.
- A proposta para impulsar a construcción de un instituto contou coa unanimidade dos/as concelleiros electos.
- A segunda das propostas que se debateu foi a construcción de un aparcadoiro para dar servizo ao persoal e usuarios/as do colexio O Ruxidoiro.
- Os/as alumnos fixeron esta proposta para mellorar a seguridade viaria na zona debido á densidade de vehículos e persoas en horas punta.
- Dende o goberno, o alcalde respondeu que xa hai un operativo de seguridade coordinado pola policía local para restrinxir o tránsito só para buses e viandantes. Xosé Carlos Valcárcel aclarou que hai que promover a mobilidade sostible, desprazarse a pé segundo o Camiño Escolar e para aparcar hai unha ampla zona a carón do viaducto da A-52.
- A iniciativa do aparcadoiro foi aprobada co voto afirmativo de 10 concelleiros/as e en contra de 5 edís.