03/04/2020
Amplíase a atención psicolóxica con accesos directos na web do Concello de Barbadás
O CONCELLO DE BARBADÁS AMPLÍA O SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA A TRAVÉS DE 2 ACCESOS DIRECTOS DENDE A CABECEIRA DA PÁXINA WEB E DE UN BOTÓN DE ACCESO DENDE O MENÚ DE ACCESO RÁPIDO
- O Concello de Barbadás amplía o Servizo de Atención Psicolóxica para axilizar a accesibilidade da veciñanza a contidos e ás profesionais que o atenden.
- A páxina web do Concello de Barbadás (barbadas.es) habilitou dous novos accesos a contidos, información e atención vinculados ao Servizo de Atención Psicolóxica:
- A través do banner de atención psicolóxica que está na cabeceira da web.
- A través do primeiro botón que está no menú de acceso rápido da páxina de inicio da web.
- Na sección de atención psicolóxica cando as liñas estean ocupadas ou fóra dos horarios de atención, pode a cidadanía deixar cuberta unha solicitude expoñendo a situación que quere consultar e recibirán unha resposta tan pronto como sexa posible.
- Diversos organismos como a OMS, o Sergas, e o Consello Xeral da Psicoloxía xunto cos Colexios Profesionais do país, entre eles o de Galicia, afánanse día a día en achegar á cidadanía documentos e materiais de interese para axudar a xestionar as diversas circunstancias que estamos todos xuntos a afrontar.
- Por esta razón ao clicar no banner ou no botón de acceso rápido poderá atopar unha selección de enlaces que esperamos lle poidan servir de utilidade.
- Estes enlaces están relacionados coa infancia, mocidade, comunidade educativa, poboación en xeral ou persoas maiores. Tamén se pode consultar información vinculada con situacións de embarazo ou maternidade, violencia de xénero, saúde mental, profesionais e persoas intervintes ou situacións de dó.