31/07/2021

Ana crea en Parada historias de terror e fantasía para internet

Emprendemento en Barbadás

Ana Lombao, escritora residente en Parada. Foto Rosa Veiga
  • Ana María Lomba vive en Parada, nunha casa rodeada de árbores, herbas, cores… a un tiro de pedra do monte de Cova de Lobo, e dende alí crea historias románticas, de terror e fantasía que amosa e publica en internet.

 

  • “Mi padre era de Aceredo (Lobios),  vivió en el barrio de A Carballeira (Ourense) con su madre, en una casa en la que las rianxeiras paraban para descansar antes seguir camino hasta la plaza de abastos, y mi abuela les daba agua y escuchaba sus historias”, relata para explicar como chegou a Parada de Piñor.

 

  • Cando Ana tiña 18 anos, os seus pais decidiron mudarse e fixeron casa preto da familia de Celso Gil, en Parada, porque el fora o seu amigo e compañeiro de xogos nos campos da Carballeira.

 

  • Pero ela xa comezou a escribir de pequena. “Me pasé la adolescencia creando ficciones a partir de películas o personajes que me gustaban mucho, ahora se llama fanfic , lembra.

 

  • Os primeiros foron arredor de películas como “Ben-Hur”, as dirixidas por Roger Corman  ou de relatos de Edgar Allan Poe como “El cuervo” ou “El péndulo”

 

  • Ana  escribiu e escribiu… e participou en varios concursos dende que se estreou no convocado en Piñor polo Día das Letras Galegas de 2004. Quedou de segunda ese ano e no seguinte, cos relatos en galego “Un can, un vello” e “As bandeiras da pobreza”.

 

  • “Lo primero que escribí pensando en hacerlo ya en serio, fue, en los años 90, el drama Roberto Gaite , desarrollado en Próspera, una ciudad con río que podría ser el Ourense de finales del XIX y comienzos del XX, en la que Gaite es médico y quiere que su ciudad mejore”.

 

  • Seguíronlle “El regreso de Roberto Gaite”, “El gran amor de Roberto Gaite” e “El dolor de Roberto Gaite” ( o primeiro título que pensou para esta 4º parte foi “El pozo” pero foi desbotado.

 

  • Tamén probou coa poesía e a revista cultural dixital Andar 21  publicou un poema seu coa temática do afundimento e catástrofe provocada polo petroleiro “Prestige” .

 

  • O seu interese e pracer por escribir levárona a formar parte do Club de Escritura Brigantia, con sede na Praza da Estrela de Ourense. Durou dous anos até a pandemia de coronavirus.

 

  • Tamén en 2019, o seu relato “El contrario” foi seleccionado e publicado no libro de “40 relatos de fantasía y terror”, con fins benéficos, do grupo LLEC.

 

  • O confinamento, posconfinamento, e convalecencia por temas de saúde, déronlle oportunidade para seguir coa escritura e comezar a pensar na publicación. As novelas curtas, ata agora, remataron con “Contrato de amor” que se puido ler no seu primeiro blogue “La Biblioteca de Ana Lomba”, xa cancelado. En 2021 decidiu retomar internet para escribir e contacta coa súa comunidade literaria dende o perfil “Ana María Lomba-escritora” .

 

Plataformas dixitais vs. editoriais físicas

  • En 2008 comezou a considerar a posibilidade de publicar, e estudou opcións nas editoriais tradicionais e nas dixitais. Probou nas primeiras coa obra “Auria, el lugar de los seres mágicos” de carácter fantástico e investigou plataformas como “Whatpad”, “Lectu”, “Lulu” ou “Amazon”.

 

  • “Descarté al principio las tradicionales porque exigen el envío de un escrito sin dar nada a cambio y la publicación dependerá de si le gustas a alguien de la editorial que te conozca”, explica.

 

  • Así que centrouse nas dixitais, escolleu Amazon polo seu funcionamento e porque con rexistrarse e dar número de conta para ingresos por ventas, obtivo asesoramento para decidir prezo para os formatos electrónico e papel”.

 

  • El fantasma” foi a primeira das súas obras publicadas deste xeito, e seguíronlle “La sonrisa de la muerte y otros relatos”, “Las tres monedas” (inspirada nun achado de moedas na horta do seu pai), as tres primeiras de Roberto Gaite, “Auria, el lugar de los seres mágicos”, “Los siete sellos sagrados”, “Amor maldito” (no escenario das montañas de Lugo), “Nieblas profundas”, “La maldición de los Bahamonde”, “La musa del vampiro” (en galego), “La mansión gris”, “Tormenta de primavera” e “Contrato de amor”.
Ana Lombao, escritora residente en Parada. Foto Rosa Veiga
Ana Lomba, escritora residente en Parada. Foto Rosa Veiga

Moitos proxectos

  • Ana quere publicar tamén os relatos curtiños que escribiu con Brigantia e a súa última novela, até o momento, titulada “La protegida del vampiro”, ambientada no Santiago de Compostela do século XVIII pero sen ánimo de ser novela histórica, aínda que moi documentada ó longo de varios anos, pois quedou interrompida até que decidiu retomala e rematala.

 

  • Entre os proxectos inacabados está “El verano del 20”, do que avanza que xira arredor dunha familia moi conservadora que cambia por completo nos anos 20 do século XXI.

 

  • Tamén ten a medias outra de vampiros ambientada en Galicia e … algunhas ideas máis que pasan por Ourense.

 

  • En casi todo lo que escribo están historias que escuché en mi familia, o la naturaleza que me rodea y que conozco de mis caminatas, o las piedras y cuevas con leyendas alrededor de la capilla de San Benito”, e detalla que en “Los siete sellos sagrados” recrea o espazo arredor da capela e do altar exterior.

 

  • Gústalle contactar con persoas coa súa mesma paixón e está nas principais redes sociais… por si queres compartir a túa con ela.

 

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1728657472

SINGLE.1728657472