05/08/2025
Anótate ao Coñece e Saborea Ourense en Barbadás

- A actividade é gratuíta e levarase a cabo o domingo 7 de setembro
O concello de Barbadás é un dos municipios ourensáns que forman parte do ciclo Coñece e Saborea Ourense, unha proposta para descubrir a riqueza paisaxística e gastronómica da provincia.
A cita de Barbadás levarase a cabo o domingo 7 de setembro, e permitirá coñecer espazos senlleiros do municipio, ademais de degustar os produtos tradicionais.
A actividade é gratuíta e a inscrición pódese realizar a través de surbia.es.