09/01/2023
APATACÓN: Por unha peseta
Teatro pola igualdade
Por unha peseta é un traballo onde voz narrada e cantada se achegan por menos de nada para atopar canto vale unha peseta.
Historias de vida recollidas no noso entorno e no universal xúntanse nunha peza que nos achega a partes iguais ao humor, á sensibilidade e á tenrura propias da nosa xente. Por unha peseta lévanos aos tempos dos nosos devanceiros, pero dende un punto de vista actual que respecta os seus saberes, tradicións, historias e retranca. Moita retranca.
CIM-Centro de Información á Muller, Cultura, Eventos, Igualdade