15/05/2020

Apertura da Biblioteca Municipal

A Biblioteca Municipal de Barbadás retoma pouco a pouco a súa actividade.

Será a partir do luns 18 de maio.

En horario de 10 a 13h.

Regularase a entrada na instalación de unha soa persoa.

Será exclusivamente, para a devolución de documentos en préstamo.

Préstamo de libros:

“Farase baixo demanda, sen acceso directo aos fondos”, a través do correo electrónico: biblioteca@barbadas.es., e o persoal da Biblioteca responderalle dándolle día e hora para recoller o solicitado, só se permite o acceso dunha soa persoa.

Poderán consultar as obras que ten disponible a Biblioteca no OPAC WEB https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/.

Será obrigatorio acudir á Biblioteca provistos de mascarilla e lavar as mans co xel que facilitaremos nas nosas instalacións.

Para a devolución dos exemplares, procederase á descontaminación dos materiais a través dunha corentena de 14 días.

“Non se realizarán actividades culturais, actividades de estudo en sala ou préstamo interbibliotecario”, e tampouco se poderá facer uso dos ordenadores.

Durante este período, as coleccións en libre acceso permanecerán pechadas ao público.

Cultura, Novas

CONTENT.1713506985

SINGLE.1713506985