21/04/2023
As festas de A Valenzá cambian de lugar para mellorar a seguridade, a accesibilidade e preservar o dereito ao descanso da veciñanza
O Centro Comercial Carrefour contribúe á comodidade das persoas dos asistentes ás festas cedendo o seu aparcamento ao Concello de xeito gratuíto
As festas patronais da A Valenzá que serán este ano os días 3, 9, 10 e 11 de xuño, que se viñan celebrando no Paseo dos Amieiros e na Rúa da Paz, terán este ano unha nova localización debido á necesidade de garantir a seguridade dos asistentes, a accesibilidade, para respectar o dereito ao descanso da veciñanza, e para evitar os actos bandálicos que afectaban aos veciñas e veciños e que en moitos casos causaban danos aos inmobles.
Despois de estudar todas as opcións compatibles co tráfico rodado, a mobilidade do público, o descanso dos veciños e a seguridade dos asistentes, e seguindo as recomendacións do informe de idoneidade de Protección Civil, decidiuse que as actuacións musicais das festas de A Valenzá trasladaranse á Rúa 17 de Maio, no tramo comprendido entre a rotonda de Carrefour e o Polideportivo Municipal, á outra marxe do río. A alternativa para a circulación será pola Avenida de Celanova.
Ademais, as atraccións de feira instalaranse na Rúa 17 de Maio e na Rúa Calzada Romana, segundo o seu tamaño.
O Centro Comercial Carrefour contribúe á comodidade do público asistente ás festas cedendo o seu aparcamento ao Concello de xeito gratuíto.
No entorno do Paseo dos Amieiros, onde se celebraron as festa ata o de agora, residen arredor de un milleiro de persoas, existindo ademais un centro parroquial, onde se celebran misas e outros oficios relixiosos e actividades formativas.
Como todos os anos, o Concello de Barbadás agarda este ano unha afluencia masiva a unha celebración popular e moi concorrida, o que ampara esta cambio de ubicación: por un lado garantir a accesibilidade e por outro minorar as molestias.
O Concello quere agradecer á Comisión de Festas o seu traballo e dedicación para que estos festexos sexan un rotundo éxito.