19/02/2021

As persoas maiores de 80 anos do concello de Barbadás serán vacinadas nos centros médicos de A Valenzá ou A Carballeira

 

AS PERSOAS MAIORES DE 80 ANOS DO CONCELLO DE BARBADÁS SERÁN VACINADOS NOS CENTROS DE SAÚDE DA VALENZÁ OU DA CARBALLEIRA SEGUINDO CRITERIOS DE EFECTIVIDADE SANITARIA DAS DOSES

A aplicación das vacinas en A Valenzá e A Carballeira dependerá de criterios relacionados coa preservación das cadeas de frío e obter un máximo aproveitamento das doses.

 

  • Máis de 32.000 persoas da provincia de Ourense serán convocadas para vacinarse a partir do vindeiro luns 22.

  • Para a organización do operativo seguiranse as instruccións do “”Plan Galego de Vacinación Fronte ao SARS-CoV-2””da Dirección Xeral de Saúde Pública, así como da Estratexia de vacinación do Ministerio de Sanidade, xa que dada a limitación actual do número de vacinas é preciso organizar esta tendo en conta a dispoñibilidade limitada cada semana.

  • O procedemento establece que a citación comezará por orden alfabética, en concreto pola letra H. Unha vez fixada a cita, as listaxes de usuarios/as estarán a disposición do seu centro de saúde, que as confirmará diariamente nunha segunda chamada, co obxectivo de confirmar, lembrar a cita e axustar ao máximo as doses a dispensar.

  • A vacinación terá lugar nos Servizos de Atención Primaria da Carballeira/A Valenzá

  • As persoas maiores de 80 anos do municipio de Barbadás serán vacinadas prioritariamente no centro de saúde da Valenzá, pero pode ser tamén citado no centro médico da Carballeira en función de criterios sanitarios.

  • A aplicación das vacinas en A Valenzá e A Carballeira dependerá de criterios relacionados coa preservación das cadeas de frío e obter un máximo aproveitamento das doses.

  • As persoas que pertencencen a Mutualidades do Estado (MUFACE, ISFAS E MUGEJU) serán vacinadas no centro de saúde de referencia no que sexan citados: A Valenzá ou A Carballeira)

Novas

CONTENT.1624371484

SINGLE.1624371484