04/07/2020
As piscinas de Barbadás abrirán a mediados de xullo: acceso mediante un código QR e 4 quendas diarias
A PISCINA MUNICIPAL DE BARBADÁS ABRIRÁ A MEDIADOS DO MES DE XULLO
- Este ano a piscina abrirá cunhas condicións especiais dadas as circunstacias sanitarias provocadas polo COVID-19.
- O control de acceso realizarase sen carné físico, senón que será mediante unha aplicación que xenera un código QR.
- As tarifas serán as mesmas que en tempadas anteriores. O mesmo ocorrerá co bono de tempada, é dicir, será o mesmo que en anos anteriores..
- Haberá 4 quendas de acceso de 2 horas cada unha en horario de 11,00 a 13,00, mentras que de 13,00 a 13,30 procederase á desinfección.
- A segunda quenda será de 13,30 a 15,30 horas. O terceiro turno será de 16,00 a 18,00 horas, mentras que a cuarta quenda será de 18,30 a 20,30.
- As parcelas estarán delimitadas para convivintes e aforo limitado tanto na zona verde como no vaso.
- En vindeiros días o Concello aclarará as cuestións relacionadas coas medidas de seguridade que se adoptarán e coa distribución do aforo.
- O sistema de uso do carné da piscina para este ano será modificado porque o control de acceso será a traves dunha aplicación que xerará un código QR.
- Nesa mesma aplicación realizaranse os pagos tanto da entrada diaria como do carne de toda a tempada, polo que no momento que se poña en funcionamente será cuestión de minutos cubrir os datos básicos e realizar o pago a través desta mesma aplicación.
- Unha vez cubertos todos os datos nesa aplicación, esta mesma xerará ese código QR que nos servirá de acceso durante toda a tempada de verán ou para un día en función do que solicite o/a usuario/a.
- Ao longo das últimas semanas estanse realizando tarefas de mantemento na zona de céspede, retirouse o parque infantil, acometéronse obras de mellora nas instalacións e están realizándose melloras no sistema de máquinas e no cadro eléctrico.