27/11/2018

“Asubios”, teatro infantil con Elefante Elegante

Domingo, 2 de decembro ás 19h no Auditorio da Casa da Cultura "Manuel María"

A Cidade Cinza era absolutamente silenciosa. Ninguén falaba, ninguén cantaba, ninguén ría e ninguén choraba. Non había unha soa flor, non habitaba unha soa árbore. Pero todas as mañás pasaba o vendedor de paxariños cargando unha fermosa gaiola de portas abertas con paxariños libres de cores alegres. As nenas e os nenos inundaban as rúas para asistir ao espectáculo. O vendedor collía unha guitarriña e acompañaba o frenético chiar. Pero as xentes da cidade reprobaban aquel home que distraía as persoas das súas obrigas cotiáns. Pola súa banda, os mandaríns da cidade tentaron evitar que as cores lle roubasen a cidade cincenta o seu nome. Será que o conseguiron? 

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Data: Domingo, 2 de decembro

Hora: 19.00 h

Entrada: Libre. Recollida de entradas na Casa da Cultura desde o luns día 26 ata o venres 30 de novembro.

Cultura, Eventos

CONTENT.1713580432

SINGLE.1713580432