30/11/2022

Auditoria municipal en Barbadás para reducir as perdas de auga

O CONCELLO DE BARBADÁS REDACTA UNHA AUDITORIA MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO PARA MINIZAR AS PERDAS DE AUGA

O obxectivo é mellorar a eficiencia do sistema de abastecemento de auga potable

As perdas de auga son cuantificadas para deseñar un plan de actuacións pra minimizalas

  • O Concello de Barbadás redacta a auditoría municipal de abastecemento para minimizar as perdas de auga do concello que ten por obxecto determinar as actuacións necesarias para mellorar a eficiencia do sistema de abastecemento de auga potable no concello, dando cumprimento á lei: “LEY 9/2019, de 11 de diciembre, de medidas de garantía del abastecimiento en episodios de sequía y en situaciones de riesgo sanitario”, sobre a obligatoriaridade por parte dos Concellos, da redacción do Plan de acción para a redución de perdas.

  • No establecemento deste contido tense en conta que a finalidade destas auditorías é cuantificar as perdas de auga e poder deseñar un plan de actuacións para minimizar as perdas de auga. Trátase, polo tanto, dunha auditoría volumétrica do abastecemento municipal, para coñecer a auga subministrada e rexistrada e calcular os indicadores máis importantes de eficiencia da rede: o volume de auga non rexistrada (ANR) e o rendemento técnico hidráulico (RTH)

  • O obxecto deste Plan de Acción é minimizar as perdas do volume de auga que se perde dende a extracción, no orixe do recurso ata o consumidor final, e dicir, mellorar o rendemento da rede de abastecemento, anticiparse ao risco de fugas e reducir todos os custos operacionais (mantemento, consumo eléctrico, administración, etc.)

  • Tras o estudo dos volumes de auga dispoñible, auga distribuída e por último auga consumida polo usuario final, establécense unhas medidas, tanto de carácter preventivo como correctivas, encamiñadas a reducir as perdas que se producen ao longo da rede.

  • Coa implementación das medidas descritas no Plan, agardase acadar un maior rendemento da rede de abastecemento, redución de custes de mantemento e alongar a vida útil do sistema.

  • En concreto agárdase ir reducindo as perdas do sistema conforme se vaian executando as medidas propostas ata acadar unha redución estimada superior ao 46 % das perdas actuais (18 %), o que supón reducir estas por debaixo do 10 % sobre a auga que entra no sistema.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1714055213

SINGLE.1714055213