10/05/2019

Aula de Novas Tecnoloxías en Barbadás

BARBADÁS CONTARÁ CON UNHA AULA DE NOVAS TECNOLOXÍAS PARA FAVORECER O ACCESO DA CIDADANÍA AOS SERVIZOS EDUCATIVOS E A INTEGRACIÓN SOCIAL

ABANCA realiza unha doazón de 17 equipos informáticos ao Concello de Barbadás para programar actividades formativas

  • A entidade Abanca fixo unha doazón de 17 equipos informáticos para o Concello de Barbadás coa finalidade de crear unha Aula de Novas Tecnoloxías.

  • O equipamento utilizarse para impartir actividades educativas que acheguen as novas tecnoloxías a toda a poboación do municipio, con especial atención aos colectivos en situación de desvantaxe social.

  • A Aula de Novas Tecnoloxías será un espazo no que se desenrolarán actividades formativas para favorecer o acceso de toda a cidadanía aos servizos educativos e á integración social.

  • O acto de formalización da entrega de equipos realizouse o xoves coa presenza, en representación de A Abanca, de José Ramón Fernández Estévez, director da oficina da Valenzá e Carlos Díez Campo, director da Zona Ourense Oeste.

  • Na recepción dos equipos informáticos por parte do Concello de Barbadás estiveron o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e Marga Pérez, concelleira de Educación.

  • Os equipos informáticos serán utlizados para a realización de diferentes talleres formativos dirixidos ao colectivo infantil e tamén outros cursos enmarcados no programa “FórmaTe” promovido polo Concello de Barbadás, pensados para maiores de 16 anos.

 

  • Con esta previsión de formación cúbrense todos os rangos de idade con unha oferta amplia e variada adecuada á toda a cidadanía.

 

  • A nova Aula de Novas Tecnoloxías acollerá actividades organizadas pola rede Cemit, da que o Concello de Barbadás é entidade colaboradora.

 

  • Coa doazón de equipos Abanca cumpre un doble obxectivo: democratizar o acceso á formación tecnolóxica de toda a poboación e avanzar na integración do modelo que promove a economía circular na xestión da súa actividade habitual.

 

  • Outra das finalidades que se consegue é favorecer a reutilización do equipamento tecnolóxico grazas á colaboración coa empresa galega Revertia, reducindo a cantidade de residuos que xenera.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, agradeceu o interese de Abanca por colaborar co Concello de Barbadás na posta en marcha da Aula de Novas Tecnoloxías.

 

  • Valcárcel anticipou que esta aula vai ser o eixo conxuntamente co programa “FórmaTe” da actividade formativa do Concello.

 

  • O rexedor de Barbadás amosou a disposición de que “toda a veciñanza interesada en mellorar a súa formación teña acceso a uns equipos informáticos avanzados e acordes cos tempos que vivimos”.

 

  • A concelleira de Educación, Marga Pérez, asegura que “con estes novos equipos será posible dar resposta ás peticións de moitos colectivos que demandan continuamente cursos de informática”.

 

  • Pérez comenta que “hai peticións neste sentido de xóvenes e adultos que desexan iniciarse nestas tecnoloxías, persoas en situación de desemprego que precisan reciclarse”.

 

  • A edil de Educación anunciou que en breve “esta aula estará lista para acoller unha ampla programación de cursos para todas as idades e intereses”

 

  • .

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1713521768

SINGLE.1713521768