12/09/2023

Aula municipal de TEATRO

Inscricións do 11 ao 21 de setembro de 2023

Banner Aula de Teatro de Barbadás

A Concellería de Cultura do Concello de Barbadás, pon en marcha a AULA DE TEATRO, para o curso 2023/2024. Unha actividade artística que fomenta aspectos tan importantes como a creatividade, a memoria e a autonomía, ademais de mellorar as  habilidades sociais.

Establécense os seguintes grupos:

  • Aula de teatro infantil: Dirixida a nenos e nenas a partir de 6 anos ata 12
    anos (primaria). (Cumprir 6 anos no curso 2023-2024)
  • Aula de teatro xuvenil: Dirixida a mozos e mozas a partir de 12 anos ata
    18 anos (secundaria).
  • Aula de teatro adultos/a : Dirixida a persoas adultas a partir de 18 anos.

PRAZO DE SOLICITUDES

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dende o día 11 de setembro de
    2023 ata o día 21 de setembro de 2023
    Os listados provisionais de admitidos/excluidos, publicaranse o 26 de setembro e os definitivos, o 6 de outubro.

 

  • As solicitudes poderán presentarse
    • de xeito presencial no Rexistro das  Oficinas Municipais ,
    • a través da  sede electrónica do Concello de Barbadás
    • ou por calquera medio dos establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

  • Para calquera cuestión ou dúbida ao respecto, contactar cos servizos administrativos da Concellería de Cultura, sitos na Casa de Cultura Manuel María (Rúa San Bernabé, 37 -A Valenzá. Tfno. 988 24 68 85) .

Cartel Aula de Teatro Concello de Barbadás

 

Data Adxuntos
12/09/2023 Bases reguladoras Aula de Teatro curso 2023-2024 PDF [350 KB]
12/09/2023 Solicitude Aula Municipal de Teatro PDF [125 KB]

Barbadás Quéreo Viveo, Cultura, Novas

CONTENT.1695550074

SINGLE.1695550074