Xornada formativa: Accidentes de tráfico e seguridade vial
Venres, 29 de marzo de 2019 ás 19:30 hs.
Esta xornada formativa que correrá a cargo de EFESGAL (Escola de Formación en Emerxencias e Saúde de Galicia), incidirá sobre como actuar ante un accidente de tráfico, as consecuencias das distraccións, os sistemas de retención infantil ou as novidades lexislativas, entre outros.
Ademais os asistentes, poderán expoñer as dúbidas que lles xurdan nesta materia.
Ordenanza reguladora da convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións veciñais inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do concello de Barbadás para o ano 2017
Ordenanza reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construción, entullos, valos, puntais, cabaletes, estadas e outras instalacións análogas
Actuación do Mago Mimo Anyo co seu espectáculo “Sen palabras”
O 6 de abril, ás 19 hs., na Casa de Cultura Manuel María
O Concello de Barbadás únese un ano mais o Festival de Maxia de Ourense, na sua terceira edición. Comezaremos coa actuación do Mago Anyo e o seu espectáculo “Sen palabras”.
O evento será o 6 de abril, ás 19 hs., na Casa de Cultura Manuel María
Público: todos os públicos
Entrada: gratuíta, previa recollida de invitacións na Casa da Cultura Manuel María.
Alumnos/as de 4º de primaria celebran o Día da Árbore
A actividade didáctica inclúe tamén unha charla de membros da asociación Amigos da Terra
Alumnos/as de 4º curso de primaria dos colexios O Ruxidoiro e Filomena Dato participarán o 21 de marzo nunha actividade didáctica para promover a concienciación sobre a importancia dos bosques para a vida.
Esta actividade enmárcase na celebración do “Día internacional dos Bosques”.
Entre os obxectivos desta iniciativa figuran introducir a temática ambiental nas aulas a través de actividades participativas ou entender o papel importante que xogan os bosques na vida diaria.
No programa de sensibilización do alumnado sobre a importancia da conservación dos bosques incídese sobre os problemas e perigos aos que se enfrentan as árbores, destacando que é fundamental a necesidade da súa protección.
Outra das finalidades desta unidade didáctica é concienciar sobre o impacto negativo dos incendios, dar a coñecer as especies autóctonas da rexión e ensinar o traballo que se realiza dende a asociación Amigos da Terra.
A actividade consistirá na repoboación con especies autóctonas na zona de Vilaescusa (Parque dos Patos e Parque do Tren): arces servais, castiñeiros, bidueiros e carballos.
Os/as escolares desprazaranse ata a zona acompañados de membros de Protección Civil. No lugar efectivos da brigada de Medio Ambiente do Concello de Barbadás axudarán na plantación de 30 árbores.
A unidade didáctica inclúe tamén unha charla informativa impartida por membros da Asociación Amigos da Terra sobre a experiencia destas persoas e farán un chamamento á participación de todos no coidado dos nosos montes.
O Día da Árbore está organizado polas concellerías de Medio Ambiente e a de Educación e conta coa colaboración do Servizo de Montes da Xunta e a Asociación Amigos da Terra.
80 escolares dos colexios de Barbadás plantan árbores autóctonas
Los/las alumnos/as participaron previamente a la plantación, en una charla didáctica a cargo de miembros da asociación Amigos da Terra
O alumnado que participou una plantación de árbores autóctonas (bidos, carballos, castiñeiros e arces) coñeceu a través de membros da asociación Amigos da Terra as 10 grandes claves acerca das árbores.
As árbores son inmensos parasoles artesanais porque hai infinidade de seres vivos que dependen da agradable sombra das árbores para a súa supervivencia.
A suor das árbores refréscanos: as plantas transforma a auga líquida en vapor de auga e este é despedido polas follas a modo de suor; o resultado deste fenómeno é que o aire se refresca e humedece.
Botellas de osíxeno diurnas: as planas no proceso de respiración gracias ao sol e á auga son capaces de consumir CO2, obter alimento e liberar osíxeno tan necesario para a vida humana.
Descoñecidas industrias anticontaminación: diminúen o CO2 que é xerado pola actividad humana e reducen a contaminación química atmosférica retendo nas súas follas o po e as partículas que flotan no aire.
Son un supermercado de alta calidade: proporcionan infinidade de recursos: froitas, especias, froitos, aceite, cortiza, resinas, etc.
As árbores son confortables fogares con trasteiro incluido: refuxio de aves, almacén de roedores e dormitorio de curuxas. Por exemplo nun só carballo poden atoparse ata 300 especies distintas de insectos.
Son farmacia aberta as 24 horas: solución efectiva para os arrefriados, fonte de compostos utilizados na fabricación de aspirinas e medicamentos contra o cancro.
Vistosas barreiras contra o son: atenúan a intensidade do ruído mediante a absorción da súa enerxía.
Candados para o solo: as raíces das árbores son capaes de reter o solo en situación de fortes ventos e riadas, evitando así a súa perda.
Limitados produtores de papel: o papel está composto por febras vexetais, de xeito que cada vez que gastamos inútilmente unha folla ou deixamos de reciclar un simple cartón, estamos menosprezando a vida dun marabilloso ser.
Os/as 80 escolares plantaron un total de 30 árbores na zona do paseo dos Muíños, na Valenzá. Incluso lle puxeron nome ás árbores, aparecendo algún ao que lle chamaron Gabriel, na honra do neno asesinado hai uns días.
Esta actividade didáctica foi organizada conxuntamente polas concellerías de Medio Ambiente e Educación e coa colaboración da asociación Amigos da Terra e da Dirección Xeral de Montes da Xunta.
BARBADÁS OUTLET: Cita co comercio local (17 e 18 de marzo)
Moda, tendencias, decoración, agasallos, gastronomía, animación infantil, sorteos, food trucks, na primeira edición de Barbadás Outlett
MODA, TENDENCIAS, DECORACIÓN, AGASALLOS, GASTRONOMÍA, ANIMACIÓN INFANTIL, SORTEOS, FOOD TRUCKS NA PRIMEIRA EDICIÓN DE BARBADÁS OUTLET
Barbadás acolle durante a fin de semana un centro comercial con prezos “outlet” en formato pop-upstore
Todos/as visitantes que realicen unha compra e participarán así nun sorteo de 3 box para un fin de semana.
O horario do Barbadás Outlet será de 11,00 a 14,30 e de 17,00 a 21,30 horas os 17 e 18 de marzo na Praza das Labercas.
Barbadás Outlet é unha actividade que se enmarca na programación anual que se desenvolve a través da Concellería de Comercio.
Trátase de un mercado do comercio local de Barbadás suxestivo e dinámico, de calidade, con prezos outlet en formato pop-up store.
Esta cita co comercio local pretende aglutinar moda, tendencias, decoración, agasallos ou gastronmía para converterse nun escaparate único do talento feito en Barbadás.
As actividades de animación infantil terán protagonismo propio, comezando o sábado a partir das 12 do mediodía, hora na que Mickey Mousse dará a benvida a nenos e nenas no Photocall do mercado (12.00-13,30 horas).
O sábado e o domingo pola tarde haberá obradoiros infantís no recinto do mercado, que se desenrolarán entre as 18,00 e as 19,30 horas.
O domingo os comerciantes participantes no Barbadás Outlet sortean unha fin de semana moi especial para 2 persoas entre o público que merque algún produto no recinto durante a fin de semana. Será o domingo ás 20,00 horas.
A concelleira de Comercio, Marga Pérez, comenta que “queremos ofrecer, dentro dun mesmo espazo, a oportunidade de visibilizar a varidade e a calidade do noso comercio local”.
Pérez destaca que “somos un concello xoven que presta axuda a todos os comercios e en especial aos/ás novos/as emprendedores/asque elixen Baradás para poñer en marcha un negocio”.
O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, sinala que “se trata de unha nova actividade de aposta e promoción do comercio local, que supón un paso adiante na potenciación d Valenzá e polo tanto de Barbadás coma un concello no que se poden mercar produtos de calidade e a bo prezo.
Valcárcel remarca que “queremos potenciar a presenza de visitantes e clientes da área metropolitana de Ourense e converter Barbadás nun luar atractivo para mercar”.
Todos/as visitantes que realicen unha compra e participarán así nun sorteo de 3 box para un fin de semana.
Listaxe de participantes en Barbadás Outlet: O Gato con botas (zapatería infantil); Calzados Zocos (zapatería e roupa de home); Bel Moda e Complementos (moda muller); Zapatería Psadiñas; Twins (moda home); Código Bike (bicicletas e accesorios); Mercería e Moda Esperanza; Toffe Glass; La Cigüeña (moda infantil); Librería A Valenzá; Komodamoda; Twins Men (moda home); Pequechiños (moda infantil); El Universo de Awen (tenda ecolóxica e Mobles Gosende.
Todos/as visitantes que realicen unha compra e participarán así nun sorteo de 3 box para un fin de semana.
A cobranza do imposto de vehículos de tracción mecánica do ano 2018 comeza o 1 de marzo
Los/las contribuyentes recibirán en su domicilio los impresos de los recibos de pago
Os/as contribuintes recibirán no seu domicilio os impresos dos recibos de pagamento que deberán aboar en calquera oficina das seguintes entidades bancarias: Novagalicia Banco, Banco Pastor, Banco Popular, BBVA, Banco Santander e targobank.
O prazo de cobranza abarca entre os días 1 de marzo e o 30 de abril de 2018.
Aqueles/as contribuintes que non reciban nos seus domicilios os correspondentes recibos antes de rematala data indicada, poderán solicitar un duplicado no Servizo de Recadación da Deputación de Ourense.
A veciñanza debe ter en conta que o feito de non recibiren os impresos non exime da obriga do pagamento se o/a contribuinte figura na lista cobratoria como contribuinte.
Para máis información as persoas que teñan o vehículo de tracción mecánica dado de alta en Barbadás poden chamar aos seguintes teléfonos: 988- 317720, 988-317724 ou 988-317725.
BARBACAN: Charlas, Exhibición de destreza e rescate e pasarela de adopcións
Cita co mundo canino en Barbadás
24 de febreiro de 2018 no Paseo dos Amieiros (A Valenzá)
16,00 horas: charla informativa impartida por unha representante de ALMA (Asociación de Ladridos e Maullidos Adoptables), de Barbadás.
Tema: concienciación ante a adopción de peludos.
16,30- Charla a cargo de membros de PROGAPE (Protectora de Gatos e Cans de Ourense).
Tema: “O peludo abandoado: as segundas oportunidades”.
17,00 horas: Exhibición de busca, destreza e rescate a cargo do Servizo Cinolóxico e Remonta da Garda Civil.
Para pechar o acto HABERÁ UNHA PASARELA DE ADOPCIÓNS, no que as persoas interesadas TERÁN A POSIBILIDAD DE ADOPTAR. (18,00 HORAS)
1.191 persoas desfilarán na Valenzá na gran foliada do entroido
54 comparsas, carrozas, individuais e parellas, charangas e contracharangas participan no desfile do entroido de Barbadás
Habilitarase un espazo destinado ás persoas con mobilidade reducida ou con diversidade funcional para que poidan disfrutar cómodamente da visualización do desfile.
O aparcamento do hipermercado Carrefour abrirase ao público para facilitar a accesibilidade á avenida de Celanova, por onde desfilarán os/as participantes.
1.191 persoas desfilarán pola vía principal da Valenzá no Gran Folión de Entroido.
24 persoas forman parte da organización do desfile, en tanto que o xurado está composto por 5 membros.
Na coordinación da seguridade colaboran a plantilla da policía local e a Agrupación de Voluntari@s de Protección Civil de Barbadás así como a Garda Civil.
A gran Foliada de Entroido (desfile) comezará ás 17,00 horas dende a zona do campo de fútbol/rúa das Cuartas (o punto de inicio pola avenida de Celanova será a altura aproximada do número 5).
No desfile da Valenzá están inscritos 54 participantes nas diferentes categorías (charangas_con instrumentos musicais_, contracharangas _sen instrumentos, pero con animación musical, carrozas, comparsas, parellas, individuais e infantís (3 categorías: de 0 a 5 anos, de 6 a 10 anos e de 11 a 14 anos).
Os premios que se outorgan oscilan entre os 50 e os 500 euros nas diferentes modalidades e nos diferentes premios (dende os primeiros clasificados ata os quintos premiados en cada categoría.
Os premios en cada unha das 3 categorías da modalidade infantil será un bono regalo de 200 € ao/á primeiro/a clasificado/a para mercar en librerías ou xogueterías do concello.
O xurado valorará unha serie de factores: graza, empatía co público, sátira, transgresión, animación musical, creatividade, elaboración de vestiario, etc.
O Concello de Barbadás habilitou unha zona específica para que estacionen as persoas con mobilidade reducida ou con biodiversidade funcional.
Dende o estacionamento habilitado ao efecto poderán acceder e situarse nunha zona elevada ubicada á altura do supermercado Mercadona e sinalizada a tal fin.
A habilitación deste espazo pretende que as persoas con dificultade na mobilidade poidan disfrutar comodamente da visualización do desfile dende un lugar privilexiado.
O público en xeral que se acchegue á Valenzá para disfrutar do desfile dispoñerá do aparcamento de Carrefour para estacionar os seus vehículos e acceder dun xeito máis cómodo á avenida de Celanova, evitando así a previsible alta densidade de tráfico na hora punta.
Ao remate do desfile haberá animación musical a cargo do grupo Os Festicultores na avenida de Celanova e posterior entrega de premios.
O Concello de Barbadás consigna nos orzamentos municipais 100.000 € para a reforma do campo de fútbol
O orzamento global do proxecto ascende a 300.000 euros e consiste na substitución do céspede principal de fútbol 11 por un céspede de última xeración
O Concello de Barbadás ten pendente de confirmación oficial a financiación por parte de outras administracións: Xunta de Galicia ou Deputación de Ourense
O proxecto de reforma que se pretende acometer no campo de fútbol dos Carrís (A Valenzá, Barbadás) implicará a substitución do céspede por unha cuberta nova do chan de xogo de última xeración.
Tamén se contempla no proxecto a instalación de céspede artificial no campo anexo de fútbol 8.
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, explica que mellorar o terreo de xogo de fútbol 8 “daríalle unha maior utilidade e permitirá unha mellora nas condicions de adestramento dos equipos da Escola Municipal de Fútbol”.
Así mesmo, tamén se incluirá no proxecto a instalación dun muro axeitado que permita a utlización do campo anexo de fútbol 8 en perfectas condicións.
O custo aproximado destas obras de reforma rondan os 300.000 euros.
O Concello xa ten consignados nos orzamentos de 2018 unha contía de 100.000 euros para aportar ao financiamento do proxecto.
Está pendente de confirmar oficialmente a cofinanciación tanto da Deputación como da Xunta de Galicia para financiar estas obras de reforma.
O goberno de Barbadás mantivo diferentes conversas con máximos responsables tanto da Deputación como da Dirección Xeral para o Deporte, pero por agora ningunha das 2 administracións da pasos definitivos para asinar de xeito formal un convenio de colaboración para financiar o proxecto.
O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, apela “á lealdade institucional para asinar o convenio de colaboración que permita financiar a execución deste proxecto de reforma”.
Valcárcel destaca que “dentro do marco de lealdade e de colaboración institucional solicitamos que a Deputación asuma formalmente os compromisos adquiridos hai meses”.
Segundo o rexedor “o Concello de Barbadás é a única administración que ata o momento cumpre co compromiso de mellorar as instalacións do campo de fútbol dos Carrís”.
Na actualidade a Escol de Fútbol de Barbadás conta con 280 nenos e nenas que practican este deporte dende a categoría de pre-benxamín ata xuvenil.
O alcalde destaca tamén que esta obra de reforma é demandada non só pola veciñanza senón tamén polos e polas deportistas que utilizan as instalacións.
Cursos de formación en diferentes temáticas e habilidades
Dirixido a persoas maiores de 16 anos.
Prazas limitadas.
Prazo de inscrición: ata unha semana antes do comezo do curso.
Inscricións:
Rexistro Xeral do Concello de Barbadás ( Oficinas municipais da Valenzá, na Casa do Concello ou sedelectronica.gal), e enviando a solicitude ao enderezo electrónico: educacion@barbadas.es
“O CARRABOUXO” SERÁ O PREGOEIRO NO ENTROIDO DE BARBADÁS
Os obradoiros infantís de Comadres e Compadres serán enfocados en clave de igualdade O Entroido en Barbadás comeza o día 1 de febreiro co Xoves de Compadres, dirixido a calquera persoa que queira participar, pero fundamentalmente...
Os obradoiros infantís de Comadres e Compadres serán enfocados en clave de igualdade
O Entroido en Barbadás comeza o día 1 de febreiro co Xoves de Compadres, dirixido a calquera persoa que queira participar, pero fundamentalmente aos nenos.
O 8 de febreiro celébrase o Xoves de Comadres.
Ambas dúas actividades consistirán na elaboración de compadres e comadres e posterior “ruada”.
Os obradoiros serán impartidos por Sabela Gago e estarán enfocados para que os/as nenos e nenas perciban esta actividade dende un punto de vista da igualdade entre homes e mulleres.
Tanto o obradoiro de Compadres (1 de febreiro) coma o de Comadres (8 de febreiro) desenrolaranse no Espazo Infantil a partir das 18,00 horas.
Unhas das principales atraccións do Entroido de Barbadás serán os desfiles polas rúas das Lamas e da Valenzá do alumnado dos colexios O Ruxidoiro e Filomena Dato respectivamente.
Os desfiles infantís desenrolaranse o día 9 de febreiro: os/as nenos/as do colexio Filomena Dato desfilarán polas rúas Ensino, Tomás Rodríguez Punxín, Garrida, avenida Celanova e Picouto a partir das 13,00 horas.
Os/as alumnos/as do colexio O Ruxidoiro desfilarán pola estrada de Barbadás e polo pobo das Lamas a partir de mediodía.
O venres 9 de febreiro dará comezo o Entroido na Praza da Valenzá Vella a cargo de Xosé Lois González “O Carrabouxo” a partir das 20,00 horas.
O pregón do Entroido estará amenizado por charangas e polo grupo “Velai vai”, do municipio de Barbadás.
O sábado 10 de febreiro a partir das 11 da mañá haberá “Troula Entroideira” con disfraces do mundo para nenos e nenas de ata 12 anos. Será esta unha actividade festiva con xogos, maquillaxe de Entroido e máscaras.
O Domingo e Luns de Entroido haberá ambientación de charangas polos pobos e pola Valenzá.
O Martes de Entroido, día grande en Barbadás, será a gran Foliada co desfile de comparsas, carrozas, charangas, etc pola avenida de Celanova. O desfile comezará ás 17,00 horas.
O mércores día 14 despídese o Entroido coa “Queima do Meco”. Entregarase o premio ao Meco gañador do concurso de mecos e haberá unha actuación de Isabel Risco na Praza da Valenzá Vella.
O prazo para participar na Foliada do Martes de Entroido está aberto ata o 9 de febreiro nas diferentes categorías: charangas (con instrumentos musicais), contracharangas (sen instrumentos pero con animación musical), carrozas, comparsas (mínimo de 8 persoas), parellas e individuais.
Tamén hai modalidade de participación para o público infantil en 3 categorías: de 0 a 5 anos, de 6 a 10 anos de de 11 a 11 anos.
Os premios oscilan entre os 50 e os 500 euros, excepto para as comparsas infantís, cuxo premio é un bono regalo de 200 euros por cada categoría.
O xurado, composto por 5 persoas, valorará a graza, a empatía co público, a sátira, a creatividade ou a elaboración de vestiario e atrezzo.
A asociacións inscritas no Concello de Barbadás que participen e que se atopen inscritas no rexistro correspondente recibirán unha axuda de 100 €.
A inscrición na Foliada do Martes de Entroido pode facerse a través do e-mail casacultura@barbadas.es, a través da páxina web ou por medio do teléfono 988246885.
Ordenanza reguladora da convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións veciñais inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do concello de Barbadás para o ano 2017
Previamente haberá obradoiros infantís na Praza das Labercas
Mañá mércores 7 de decembroa cidadanía pode participar no Acendido de Nadal de Barbadás
O acendido da gran árbore de Nadal será ás 19,00 horasna confluencia da rúa do Viso coa avenida de Celanova
Os/as nen@s serán @s encargados de mergullarnos nas datas máxicas do Nadal accionando o acendido
Antes de accionar o acendido das luces haberá obradoiros infantís na Praza das Labercas entre as 17,00 e as 18,45 horas
Nestes talleres haberá pintacaras, globoflexia, manualidades, coreografías musicais e photocall do Nadal
O alumeado decorativo para as festas do Nadal inclúe o adorno de máis de medio cento de árbores na avenida de Celanova, unha iniciativa coa que se pretende promocionar o comercio local
O alumeado contempla tamén a colocación de 7 arcos grandes na vía principal da Valenzá, 4 arcos medianos nas rúas adxacentes e 20 arcos distribuidos polos pobos do municipio
Instalarase tamén alumeado navideño no pavillón municipal, na isleta de entrada á Valenzá pola rúa 17 de Maio e na zona do Paseo dos Amideiros
Ademais adornarase a casa do concello e como novidade este ano procederase á iluminación dunha árbore mediana situada nas inmediacións do actual centro de saúde
O símbolo do Nadal será a árbore de máis de 10 metros de altura situadda no centro da Valenzá
Esta actividade de acendido do Nadal foi organizada coa colaboración das concellerías de Servizos Públicos, Educación e Deportes
A CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DO COMERCIO LOCAL CULMINARÁ CO SORTEO DUN “COFRE” VALORADO EN 1.000 EUROS
Un total de 37 establecementos participan nesta iniciativa titulada “Gañas ti, gañamos todos” O número da rifa gañadora será elixido en Diverlandia o 4 de xaneiro de 2018
“Gañas ti, gañamos todos” é o lema da campaña de Nadal para promocionar as compras no comercio local nestas datas.
Mercar no comercio de proximidade. Ese é o obxectivo da campaña promovida pola Concellería de Comercio de Barbadás.
A campaña ten unha duracion de 1 mes (entre o 4 de decembro e o 3 de xaneiro).
Todas as persoas que merquen produtos por un importe mínimo de 20 euros en algún dos comercios que participan na campaña de Nadal recibirán unha rifa para participar no sorteo dun cofre repleto de agasallos.
Un total de 36 establecementos están involucrados na campaña “Gañas ti, gañamos todos”.
Esta campaña culminará co sorteo do Cofre de agasallos valorado en 1.000 euros e que está exposto nas Oficinas Municipais da Valenzá.
O sorteo do “Cofre” realizarase o día 4 de xaneiro en Diverlandia, actividade de ocio para os/as máis pequenos/as na que a visita dos Reis Magos enchera de ilusión o pavillón polideportivo de Barbadás.
O número gañador do “Cofre” será publicado na páxina web do Concello de Barbadás.
A campaña de promoción dos establecemento comerciais de proximidade que organiza a Concelería de Comercio compleméntase un ano máis co concurso de escaparates.
O público elixirá o mellor escaparate entre as 27 propostas que se presentan.
A votación popular ao mellor escaparete poderá facerse a través da páxina de Facebook do “Comercio Local de Barbadás”.
Os 3 escaparates gañadores en cada unha das modalidades (popular, profesional e especial hostalaría) coñeceranse o día 22 de decembro e cada un deles recibirá un premio de 200 euros.
Os establecementos que participan na campaña de Nadal para o sorteo do “Cofre” son os seguintes: Artelandia, Bel, Calzados e roupa Zocos, Carussa Baby, Crocotoys, Delgado Losada e Hijos, El Universo de Awen, Ethan Estilismo, Govi Fotógrafos, Hairs Color Estilista, Iduna, Peluquería masculina JM, Kibú, La Cigüeña, Leira Verde, Librería Moraima, Mimiflores, Noar Novias, Notas de perfume, O Gato con botas, Oren Óptica, Óptica Baliña, Peluquería Paula Díeguez, Pequechiños, Tenda do pobo, Textiles Padrón, Tofeeglass, Twins, Twins Men, Valen Moble, Zafiro Tours, Zapas e Zen.
O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, sinala que “o Nadal ten un aspecto entrañable, familiar, de reencontro e tamén de vivencias profundas e persoais”.
Valcárcel destaca que “nesta época de festa e ledicia é na que debemos potenciar o comercio de proximidade, o que temos a carón das nosas casas e dos nosos barrios”.
O rexedor de Barbadás opina que “son estes comerciantes os/as que nos atenden día a día, os/as que coñecen os nosos gustos e preferencias e, polo tanto, p.oden ofrecer e garantir unha atención preferente e personalizada”.
Para o máximo edil “estas datas son as idóneas para mercar no comercio local e unha garantía de acerto”.
A concelleira de Comercio, Marga Pérez, comenta que “o Nadal é tempo de bos desexos, de ilusións nas caras de nenos e nenas e de agasallar ás persoas que queremos”.
Segundo indica a concelleira “para o comercio estas datas son tamén especiais e importantes polo volume de vendas, motivo polo que o Concello de Barbadás quere contribuir a promocionar o comercio de proximidade”.
Marga Pérez explica que este ano, ademais do concurso de escaparates, no que participan 17 establecementos, a campaña ofrece o atractivo do “Cofre”cheo de agasallallos “para sortear entre as persoas que realicen as súas compras en Barbadás”.
Este cofre está composto por agasallos donados polos 37 comercios ou establecementos participantes na campaña de Nadal.
Outra novidade foi a ampliación da campaña de promoción e publicidade ao medio rural a través da distribución de 5.000 flayers.
El Ayuntamiento de Barbadás inicia una campaña de empadronamiento para aquellas personas que residen en Barbadás e que aún no están censadas.
O Concello de Barbadás inicia unha campaña de censamento para aquelas persoas que residen en Barbadás e que aínda non están censadas. Queremos que se identifiquen co concello, que se sintan orgullosas/os de vivir en Barbadás, e tamén é unha maneira de achegar máis fondos provenientes do Estado para garantir e mellorar os servizos públicos que se prestan desde o concello
Ordenanza fiscal reguladora da taxa por aproveitamentos especiais de vía pública con caixeiros automáticos acaroados aos edificios e con acceso directo dende a vía pública