Todolos artigos de: Carballo

17/07/2026

O Concello de Barbadás continúa coas entregas de composteiros e as sesións formativas de compostaxe doméstica

O Concello de Barbadás continúa coa campaña de compostaxe doméstica, coa que busca fomentar a correcta xestión dos biorresiduos nos fogares e promover prácticas máis sostibles no municipio.

A próxima entrega de composteiros terá lugar o luns 27 de xullo ás 12h no Centro Empresarial Transfronteirizo, nunha sesión informativa na que as persoas participantes recibirán formación básica para comezar a compostar no seu fogar.

Esta iniciativa permitirá que os veciños e veciñas con pequeno terreo poidan transformar os seus restos orgánicos en abono natural de alta calidade, reducindo así a cantidade de lixo que chega ao colector e contribuíndo a unha economía circular máis eficiente en Barbadás.

O Concello facilitará aos fogares participantes un composteiro de balde, formación e acompañamento, para garantir unha correcta posta en marcha e seguimento do proceso.

Nas próximas semanas celebraranse novas sesións en diferentes puntos do municipio, que serán anunciadas a través dos canais oficiais do Concello. A inscrición continúa aberta para aquelas persoas interesadas en participar na campaña.

As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web: barbadas.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.

Novas

CONTENT.1784627645

04/07/2026

Piñor celebra a “Carmiña” coa cuarta edición do paseo literario e a inauguración dunha mostra permanente sobre a autora

  • “Hoxe damos varios pasos máis na reivindicación do vínculo tan especial de Carmen Martín Gaite con Piñor”, resalta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel

O Concello de Barbadás homenaxeou esta mañá, por partida dobre, á escritora Carmen Martín Gaite, “Carmiña”, coa celebración do IV Paseo Literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite” e a inauguración da exposición permanente “As palabras en fila. O álbum da infancia de Carmiña en Piñor”. A cita reuniu a numerosos veciños e veciñas, así como amantes da literatura e das novelas de Martín Gaite, unha das escritoras máis destacadas do século XX na literatura española. 

“Hoxe damos varios pasos máis na reivindicación do vínculo tan especial de Carmen Martín Gaite con Piñor coa celebración deste paseo literario e coa inauguración da exposición permanente, da sinalización da ruta e do percorrido GPS”, resaltou o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, ao inicio da actividade. O rexedor tamén quixo agradecer o “gran traballo” realizado polo investigador e docente David G.Couso, quen realizou unha tese e varias publicacións sobre a relación da escritora con Piñor, e quen se encarga de guiar a ruta literaria. Asemade, puxo en valor o esforzo realizado polo xornalista Luis Congil, comisario da exposición, para “recoller e reunir todas as fotos de infancia dos veráns de Carmiña en Piñor”. O concelleiro de Cultura, José Manuel Morgade, así como Cecilio Santalices, xefe da área provincial de Turismo en Ourense, tamén estiveron presentes na cita. 

Durante o paseo, David G.Couso foi guiando ao nutrido grupo por varias paradas en puntos estratéxicos, como as casas nas que vivían os familiares de Martín Gaite, os espazos que reflectiu nas súas novelas adicadas a Piñor ou os lugares onde desfrutaba do verán cos seus familiares e amizades. Na última parada da ruta, os participantes visitaron a exposición fotográfica no local social de Piñor, onde Luis Congil detallou o proceso de recollida de imaxes e a organización da mostra, na que se recollen fotografías da infancia, escritos ou fragmentos de entrevistas á autora, entre outros documentos. Para rematar, o grupo desfrutou dun ágape no bar O Regueiro, cortesía do Concello.

Novas

CONTENT.1784627645

03/07/2026

O Concello de Barbadás convida á veciñanza a desfrutar das 13 propostas culturais do festival EmularT de Sobrado do Bispo

  • Trátase da terceira edición do proxecto, que ofrece concertos de música clásica, tradicional ou jazz, ademais de proxeccións de filmes, exposicións ou obradoiros
  • “Desde o Concello apostamos pola actividade cultural aquí, no rural, onde tamén hai inquedanza artística”, explica Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás

O Concello de Barbadás colabora un ano máis no festival EmularT de Sobrado do Bispo, unha iniciativa que alcanza a súa terceira edición cunha variada programación cultural. A cita, impulsada pola propia veciñanza da parroquia, arranca o próximo venres 10 de xullo e remata o sábado 18. “A veciñanza desfrutará dun total de 13 actividades que non só se celebran en Sobrado, senón tamén no núcleo de Barbadás”, detallou esta mañá Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, na presentación do festival. Así, por primeira vez, o EmularT sae de Sobrado e fai parada no Museo da Gaita de Fole de Barbadás. 

Valcárcel puxo en valor a iniciativa cultural, da que cada ano desfrutan tanto veciños e veciñas como visitantes. “Desde o Concello apostamos pola actividade cultural aquí, no rural, onde tamén hai inquedanza artística. Ademais, en Sobrado hai unha longa tradición cultural que tamén queremos destacar”, sinalou. Pola súa parte, José Manuel Morgade, concelleiro de Cultura, agradeceu o “gran traballo” da organización, así como a expansión da programación máis alá de Sobrado. “Por parte do Concello tedes o noso apoio total de cara a futuras edicións que agardamos que veñan”, apuntou. 

Unha programación moi variada

Rafael Yebra, director artístico do festival, agradeceu a colaboración do Concello de Barbadás e destacou o camiño percorrido nos últimos tres anos. “Vemos como vai medrando ano a ano pola consistencia das persoas que traballan arredor do proxecto, polo apoio que recibimos e pola diversidade da oferta. É vital dar a coñecer as posibilidades que se poden desenvolver no ámbito rural”, asegurou. 

Yebra detallou a programación, que inclúe propostas para todos os gustos. “A oferta de música é amplísima, con música clásica, música de cámara, solistas, sinfónica, pop rock ou jazz, e tamén teremos exposicións de pintura ou escultura”, indicou. Tamén se referiu á variedade de obradoiros, pensados para fomentar a inquedanza artística en veciños e veciñas de todas as idades. 

O EmularT arranca o venres 10 de xullo, ás 20,00 horas, coa actuación da Banda de Gaitas e Escola Nova Fronteira no Parque do Fidalguiño. Ás 22,30 horas, haberá a proxección da película “Rondallas”, tamén no parque. 

Xa o sábado, día 11 de xullo, a igrexa de Sobrado acollerá ás 21,00 horas o concerto de música clásica do Cuarteto de Corda “Dumka”. O domingo, 12 de xullo, actuarán as cantareiras e pandereteiras de Vagalumes na Praza de San Xoán ás 12,00 horas. Pola tarde, ás 21,00 horas, o cómico Xavier Vieiras ofrecerá un monólogo no Bar Nani. 

O luns, 13 de xullo, ás 20,00 horas, o público desfrutará do concerto de música clásica-jazz con Zukhra Zeingaliyeva e Oswaldo Oro no Museo da Gaita de Fole de Barbadás. Ao día seguinte, ás 19,00 horas, terá lugar o concerto do Trio Rousinol + Mid Sound na igrexa de Sobrado. 

Xa o mércores, día 15, toca teatro coa compañía “A Run Run”, quen actuará a partir das 19,00 horas no Campo do Carril. O xoves, día 16, ás 22,00 horas, haberá proxección de curtametraxes a cargo de Zinemusik Produccións no Museo da Gaita de Fole.

O venres, 17 de xullo, será a quenda de Somoza Trio, que actuará no Parque do Fidalguiño ás 21,00 horas. A Xove Orquestra Ourensanía, acompañada de María Mendoza e Rafael Yebra, porá o punto e final á programación musical co seu concerto do sábado 18 ás 20,00 horas. 

Por outra banda, do 10 ao 18 de xullo poderanse visitar as exposicións de Gravados de Leonardo Rial e Xan Leiras; esculturas de Andrés Conde e José López; pinturas de Pilar Seara e Diana Moreda, e arte popular con Encarna García y Carmen Seara no local multiusos da rúa Xisterna e no local da Antiga Escola. Ademais, do 13 ao 18 haberá obradoiros de arte urbano contemporáneo con Antón Seoane na Praza Acha do Souto e de gravado, escultura en madera, pintura e graffiti no local social do Fidalguiño.

Cultura, Novas

CONTENT.1784627645

02/07/2026

Barbadás impulsa este sábado a cuarta edición do Paseo Literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite” e inaugura unha mostra permanente sobre a autora

  • A cita, guiada polo docente e investigador David G.Couso, comeza ás 9,45 horas no centro social de Piñor, onde se poderá visitar a exposición “As palabras postas en fila. O álbum da infancia de Carmiña en Piñor”
  • “Esta iniciativa representa moi ben o compromiso do Concello coa cultura, coa nosa identidade e coa posta en valor do noso patrimonio”, resalta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás

O Concello de Barbadás impulsa este sábado unha nova edición do Paseo Literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite”, unha cita xa consolidada no panorama cultural do municipio e que atrae, ano tras ano, a numerosos visitantes, veciños e veciñas, así como docentes ou incluso, o pasado verán, á Ruta Quetzal. “Esta iniciativa representa moi ben o compromiso do Concello de Barbadás coa cultura, coa nosa identidade e coa posta en valor do noso patrimonio”, resaltou esta mañá Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, durante a presentación da actividade. 

Xunto co paseo literario, este sábado tamén se inaugurará a sinalización permanente da ruta e o percorrido GPS, así como unha exposición permanente sobre a autora no local social de Piñor. Comisariada polo xornalista Luis Congil, a mostra “As palabras postas en fila. O álbum da infancia de Carmiña en Piñor” recolle fotografías familiares da infancia e adolescencia de Martín Gaite no núcleo de Barbadás, acompañadas de informacións e entrevistas coa escritora. “Luis fixo un extraordinario traballo de recuperación de fotografías co que recuperamos tamén unha parte da nosa memoria colectiva e achegamos unha nova versión das raíces galegas, moitas veces olvidadas, de Martín Gaite”, sinalou Valcárcel. 

Con estas novidades, o Concello reafirma o seu compromiso coa divulgación do importante legado literario de Piñor. “Con esta exposición damos un paso adiante na posta en valor do noso patrimonio: o proxecto deixa de ser unha actividade puntual e pasa a convertirse nun legado permanente que poderá ser gozado pola veciñanza durante todo o ano”, resaltou. O concelleiro de Cultura, José Manuel Morgade, tamén agradeceu o traballo de Luis Congil, así como de David G.Couso, docente e investigador que realizou a súa tese sobre Carmen Martín Gaite e profundizou no seu vínculo con Piñor e na pegada nas súas obras literarias. “O traballo de David fai posible este roteiro que xa é unha realidade consolidade despois de catro anos”, sinalou. 

O paseo arrancará ás 9,45 horas deste sábado, día 4 de xullo, desde o local social de Piñor. “Realizaremos un paseo curto no que iremos falando da relación de Carmen Martín Gaite con Piñor e iremos vendo as referencias a persoas e lugares de Trimonte, o nome literario que lle deu, nas súas novelas”, detallou Couso, quen agradeceu o apoio do Concello de Barbadás. “Primeiro colocouse un panel, despois o rincón das letras, agora esta exposición… son tantas as cousas que se levan feito aquí para poñer en valor o legado de Carmen Martín Gaite en Piñor”, destacou. 

Unha vez rematada a ruta, os participantes volverán ao local social de Piñor, onde Luis Congil lles explicará a mostra. “Esta exposición é poñerlle rostro aos estudos de investigación de David”, apuntou o xornalista. O público poderá percorrer os veráns da autora en Piñor, onde naceu a súa vocación literaria. “Piñor significaba para ela a esencia da infancia e da liberdade, e esas historias foron cristalizando en tres novelas que están ambientadas aquí”, destacou. 

Para finalizar, os participantes están convidados a petiscos no Bar O Regueiro, “porque a cultura tamén é encontro, convivencia e comunidade”, en palabras de José Manuel Morgade. 

Cultura, Novas

CONTENT.1784627645

24/06/2026

Barbadás propón o seu Verán Cultural máis extenso con preto dunha vintena de actividades

  • A programación arranca mañá e inclúe o concerto de Mercedes Peón, funcións do Centro Dramático Galego, circo, humor e proxección de películas
  • “É unha proposta diversa que achega a cultura a veciños e veciñas de diferentes idades e de todos os puntos do municipio”, apunta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel

 

O Concello de Barbadás, a través da Concellería de Cultura, impulsa o seu Verán Cultural máis extenso con preto dunha vintena de actividades de música, cine, teatro, circo, maxia e humor. “Por primeira vez, a programación repartirase por todo o municipio, aínda que vai seguir estando centrada no Parque dos Patos”, explicou esta mañá Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, na presentación do ciclo cultural. 

 

A oferta, totalmente gratuíta, inclúe propostas para todas as idades e para os diferentes núcleos de poboación, xa que percorrerá Sobrado do Bispo, Bentraces, Piñor e Finca Fierro, ademais do Parque dos Patos da Valenzá. “Este ano imos ter máis actividades que nunca e non só os xoves, senón tamén os venres”, destacou José Manuel Morgade, concelleiro de Cultura, quen animou a poboación a desfrutar da cultura e do talento dos artistas participantes. 

 

O Verán Cultural contará con artistas de renome como Mercedes Peón, funcións do Centro Dramático Galego, ou a proxección da película “Rondallas”, nominada aos Goya 2026, ademais de grupos no propio concello como a Escola Nova Fronteira, a Banda Infantil da Escola de Música de Barbadás ou a Banda de Música Cultural de Barbadás. “Agardamos que a veciñanza se achegue e participe porque temos propostas de gran calidade”, apuntaron. 

 

A programación arranca mañá

 

O ciclo cultural comeza mañá coa exhibición de fin de curso de Danzas do Mundo Danzari da Escola Nova Fronteira. A cita terá lugar no Parque dos Patos ás 21,00 horas.

 

O venres será a quenda de MVT Galicia, que tamén realizará a súa actuación de fin de curso ás 21,00 horas no Parque dos Patos. 

 

A próxima semana, as citas correrán a cargo da Banda Infantil da Escola de Música de Barbadás (luns, 22 de xuño) e a Banda de Música Cultural de Barbadás (martes, 23 de xuño). Ambos concertos serán ás 21,00 horas no Parque dos Patos.

 

A actuación de Circo de Sue Moreno inaugurará o mes de xullo co espectáculo “5.0” o xoves 2, ás 21,00 horas no Parque dos Patos. A banda ourensá Brañas Folk actuará o xoves 9, tamén ás 21,00 horas no Parque dos Patos. 

 

O venres 10 de xullo comezarán as proxeccións da película “Rondallas”. Neste caso, será no parque Fidalguiño de Sobrado, ás 22,30 horas. O ciclo fílmico continuará o venres 17 de xullo na Praza do Pumar de Bentraces, o venres 14 de agosto no Campo de Roma de Piñor e o venres 21 de agosto na explanada detrás dos edificios da rúa Milladoiro, en Finca Fierro. Todas as citas serán ás 22,30 horas. 

 

A compañía bilbaína Orainbi presentará o seu espectáculo “Mute”, que une circo e moito humor, o xoves 16 de xullo, ás 21,00 horas, no Parque dos Patos. A seguinte semana será o grupo ourensán Tetas Van quen protagonizará a cita no Parque dos Patos coa presentación do seu último traballo, “15 revoltas”. 

 

O xoves 30 de xullo, ás 21 horas no Parque dos Patos, o Centro Dramático Galego, en coprodución con Espectáculos Valente, representarán a obra “Ñique Ñaque”, baseada nun texto do recoñecido dramaturgo Cándido Pazó. 

 

O mago ourensán Fernando Moreno traerá o seu espectáculo “Superpoderes máxicos” o xoves 6 de agosto, ás 21,00 horas no Parque dos Patos.O seguinte xoves, 13 de agosto, será a compañía Teatro ó Cubo quen aterre no Parque dos Patos coa representación da obra “De Vilatriste a Vilalegre”, unha peza dirixida a público de todas as idades. 

 

O grupo Dr.Slump, un dos grandes referentes das bandas de versións galegas, ofrecerá o seu concerto o xoves 20 de agosto, ás 21,00 horas, no Parque dos Patos. 

 

A recoñecida música, instrumentista e cantante Mercedes Peón porá o broche de ouro á programación cultural co seu concerto do xoves 27 de agosto. A artista presentará o seu último traballo discográfico, “Déixaas”. A cita é ás 21,00 horas no Parque dos Patos.

2026 - Programa verán cultural en Barbadás

2026-Mupi-Barbadás -Verán cultural

 

Novas

CONTENT.1784627645

12/06/2026

Barbadás inaugura mañá a temporada estival coa apertura das piscinas municipais

  • O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, destaca como principal novidade a instalación dunha cadeira que permite o baño autónomo de persoas con mobilidade reducida
  • O Concello puxo a punto o recinto coa renovación dunha das bombas do sistema de filtración, o pintado do bordo da piscina de adultos, a reparación de lousas e o replanteo de zonas de céspede

O Concello de Barbadás inaugura mañá a temporada estival coa apertura das piscinas municipais. O goberno local levou a cabo nas últimas semanas a posta a punto das instalacións, que permanecerán abertas ata o 13 de setembro. As melloras do espazo incluíron o cambio dunha das bombas do sistema de filtración, o pintado do bordo do vaso de adultos, a reparación de lousas e o replanteo de zonas de céspede.  

Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, destaca como principal novidade a instalación dunha cadeira para persoas con mobilidade reducida no bordo da piscina de adultos. “Deste xeito, todas aquelas persoas con mobilidade reducida que queiran bañarse e refrescarse de xeito autónomo o poderán facer”, resalta. 

O sistema, de uso sinxelo, funciona coa axuda dunha mangueira de auga. Unha vez sentada, é a propia persoa quen manexa os movementos da cadeira cun mando. “Estamos moi satisfeitos de incorporar esta mellora para facer accesible a piscina a toda a veciñanza”, engade Daniel Rey, tenente alcalde, quen agradece o traballo realizado polos operarios municipais nas últimas semanas. 

Por outra banda, o Concello de Barbadás vén de recibir unha subvención da Xunta de Galicia para a renovación íntegra dos vestiarios das piscinas municipais. As obras realizaranse unha vez remate a actual temporada estival. “O próximo ano, a poboación poderá desfrutar duns vestiarios completamente renovados”, apunta Valcárcel.

As entradas e bonos pódense adquirir a través da APP do Concello ou da páxina web. 

Novas

CONTENT.1784627645

CONTENT.1784627645

20/05/2026

Barbadás celebra as Letras Galegas coa II Foliada, unha xornada adicada a música, a danza e a gastronomía tradicional

  • A cita, organizada polo Concello de Barbadás en colaboración coa asociación cultural Moureán, terá lugar este sábado no Parque dos Carrís
  • Xisco Feijóo, Axeigo, Comando Curuxás, Ailá e Compañía Galega de Bailables participan no evento, así como as agrupacións musicais do municipio

O Concello de Barbadás, en colaboración coa asociación Moureán, impulsa este sábado a II Foliada Moureán, unha cita que celebra as Letras Galegas e enxalza a cultura tradicional galega. “Trátase dunha xornada que pon en valor a nosa música, a nosa tradición, a nosa danza e a nosa gastronomía”, resaltou esta mañá Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, na presentación do evento. 

A II Foliada conta este ano cun cartel de luxo, no que sobresae a figura de Xisco Feijóo, que impartirá un obradoiro de baile tradicional, e os grupos Axeigo, Comando Curuxás, Ailá e Compañía Galega de Bailables. “Queremos que cada edición supere á anterior para asentarnos no calendario de foliadas que se espallan por toda Galicia”, apuntou José Manuel Morgade, concelleiro de Cultura. 

As agrupacións musicais de Barbadás tamén terán un papel importante na xornada, xa que inaugurarán a II Foliada cun pasarrúas pola avenida de Celanova. Ás 12,00 horas, Nova Fronteira e a Banda de Música e Cultura de Barbadás percorrerán a rúa central da Valenzá para rematar no parque dos Carrís, onde tocarán na sesión vermú. O xantar popular, a base de porco ao espeto, comezará ás 14,00 horas. 

“Pola tarde comezamos co obradoiro de baile de Xisco Feijóo, de 16,00 a 18,00 horas, completamente gratuíto”, detallou Pablo García, de Moureán. A partir das seis da tarde actuarán Axeigo, Comando Curuxás, Ailá e Compañía Galega de Bailables e, unha vez rematen, arrancará a foliada, aberta a músicos e bailadores. 

O teniente alcalde, Daniel Rey, aproveitou a ocasión para poñer en valor a colaboración do Concello con colectivos culturais como Moureán, que dinamizan a vida cultural e social de Barbadás. “O parque dos Carrís e un espazo tremendo para realizar este tipo de eventos, para que a poboación os coñeza e os desfrute”, apuntou. 

“Teremos unha tarde chea de cultura e música e animamos a toda a poboación a que veña e desfrute con nós”, convidaron desde Moureán. 

Novas

CONTENT.1784627645

17/05/2026

Declaración Institucional polo Día das Letras Galegas

O Concello de Barbadás conmemora e celebra o Día das Letras Galegas este 17 de Maio de 2026 compartindo o recoñecemento público á Begoña Caamaño, xornalista e escritora, cunha vida e obra profundamente marcadas polo seu compromiso local e social. A autora representa moi ben o espíritu da celebración: calidade literaria, defensa do galego e compromiso coa sociedade. 

A corporación local celebra dedicarlle o Día das Letras Galegas a unha persoa cunha clara influencia local, moi vinculada as súas dúas cidades vitais: Vigo e Santiago de Compostela. 

Nada en Vigo en 1964, Begoña Caamaño comezou alí a súa traxectoria profesional como xornalista, deixando unha pegada indeleble desde os seus inicios en Radio Popular e Radio do Noroeste, ata a súa definitiva incorporación á Radio Galega en 1989.

Catro ano despois proseguiu o seu labor na Radio Galega xa dende Santiago de Compostela ata 2012, sendo unha gran defensora dos medios públicos galegos e da súa función de proporcionar á cidadanía información e contidos precisos para poder decidir con liberdade e responsabilidade. Defendeu unha información de calidade e condicións laborais xustas, sendo a presidenta do Comité Interempresas da CRTVG de 2000 a 2003.

Como escritora, Begoña Caamaño destacou polo seu innovador labor nas súas novelas, “Circe ou o pracer do azul” (2009) e “Morgana en Esmelle” (2012), que foron pioneiras na reinterpretación feminista dos mitos. Nesa liña, cabe destacar o seu compromiso social e feminista, xa que o seu traballo estivo moi ligado á defensa da igualdade entre homes e mulleres, aos dereitos civís e á xustiza social. Nas súas historias, sempre apostou por mulleres protagonistas e cuestionou os relatos tradicionais. 

Coa súa homenaxe, Begoña Caamaño convértese na sétima muller á    que se lle adica o Día das Letras Galegas desde 1963, un número moi inferior ao dos homes distinguidos co maior recoñecemento da literatura galega. Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, María Mariño, María Vitoria Moreno, Xela Arias, Luísa Villalta, e agora Caamaño, son as escritoras homenaxeadas ata o de agora.

Na conmemoración do Día das Letras Galegas, o Concello de Barbadás atende o seu obxectivo de promover a cultura e a lingua galega no marco das competencias que o ordenamento xurídico lles atribúe ás corporacións locais de Galicia.

Historicamente, o municipalismo galego tivo un protagonismo decisivo na reivindicación do galego e na defensa da súa extensión social, participando activamente, xa en democracia, na “Declaración do Hostal dos Reis Católicos”, subscrita en 1984, en Santiago de Compostela, por 184 alcaldías de todas as tendencias políticas e de todos os puntos da xeografía galega.

Defendían a implantación do galego nas administracións públicas en Galicia, tanto no seu uso, como no seu coñecemento para o acceso ao emprego público.

Na actualidade, Barbadás continúa a defender a vixencia e a extensión do galego, garantindo a convivencia harmónica, e potenciando a presencia do galego nas novas canles derivadas do desenvolvemento das novas tecnoloxías da información e da comunicación.

Por mil primaveras máis para o galego.

Novas

CONTENT.1784627645

15/05/2026

Preto de 200 nenos e nenas participan mañá na primeira edición da Cavernícola Race Kids

O Concello de Barbadás, a través do Servizo Municipal de Deportes, organiza mañá a primeira edición da Cavernícola Race Kids, unha divertida carreira de obstáculos dirixida aos máis pequenos da familia. Preto de 200 nenos e nenas de máis de 4 anos participará mañá na proba deportiva, de 1,5 quilómetros de distancia.

Ao longo do percorrido, cativos e cativas terán que superar distintos tipos de obstáculos, como inchables, probas en auga e barro, porteos e suspensións. A proba comezará ás 11,00 horas diante do Polideportivo Municipal, con saídas sucesivas por quendas de idade. Por cuestións de seguridade, os máis pequenos terán que ir acompañados dun adulto durante a carreira.

Todos aqueles que cheguen a meta recibirán unha braga e unha medalla de finisher como agasallos, en agradecemento ao seu esforzo e espírito de superación. A carreira contará con dous speakers profesionais, Rosa Bolaño e Marcos Areas, quen animarán aos cavernícolas durante a experiencia. 

A carreira conta co patrocinio de Mapfre A Valenzá e coa colaboración de numerosas entidades e empresas como Xunta de Galicia, Deputación de Ourense ou Tecnotronic.

Novas

CONTENT.1784627645

12/05/2026

Barbadás aposta polo deporte como ferramenta de conciliación durante as vacacións escolares

  • O cuarto Campus Multideporte ofrece fútbol, fútbol sala, piscina, xogos polideportivos e saídas recreativas
  • “Trátase dunha proposta moi saudable na que os nenos e nenas practican exercicio físico, socializan e aprenden valores como o compañeirismo e a deportividade”, apunta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde

O Concello de Barbadás aposta polo deporte como ferramenta de conciliación das familias durante as vacacións escolares. Por cuarto ano consecutivo, o Concello colabora coa Academia Futsal no Campus Multideporte, unha actividade que non só inclúe exercicio físico, senón tamén moita diversión. “Trátase dunha proposta de conciliación moi saudable na que os nenos e nenas practican exercicio, socializan e aprenden valores como o compañeirismo e a deportividade”, apunta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, quen destaca a importancia de ofrecer alternativas ás familias. “A conciliación da vida laboral e familiar é unha gran preocupación da nosa veciñanza, e por iso este tipo de colaboracións entre institucións e entidades é clave”, resalta. 

Desde a Academia Futsal agradecen a colaboración do Concello e destacan a boa resposta das familias e dos participantes nas pasadas edicións. “Temos fútbol, fútbol sala, piscina, xogos polideportivos, saídas recreativas…”, detallan. O Campus Multideporte levarase a cabo en dúas quendas: do 29 de xuño ao 3 de xullo e do 6 de xullo ao 10 de xullo. Os prezos para os xogadores da Academia Futsal e para os empadroados en Barbadás é de 60 euros por semana e 100 euros as dúas semanas. Para o resto, 80 e 150 euros, respectivamente. 

As actividades realizaranse no Complexo Deportivo de Barbadás, no Campo de Fútbol, no Polideportivo e na Piscina Municipal. O horario, como é habitual, será de 9,30 a 13,30 horas, con servizo para madrugadores desde as 9,00 horas. Para formalizar a inscrición é preciso poñerse en contacto co 676 700 774 ou 613 404 907 ou a través do email academiafutsal@gmail.com.

Novas

CONTENT.1784627645

08/05/2026

Barbadás prepárase para a edición máis participativa da Cavernícola Race Mapfre

  • Máis de 530 persoas de toda España están inscritas na proba, que inclúe medio cento de obstáculos nos 8 quilómetros de percorrido 

O Concello de Barbadás, a través do Servizo Municipal de Deportes, ultima os detalles da sétima edición da Cavernícola Race Mapfre Barbadás, a máis participativa ata o de agora. Máis de 530 persoas de toda España se achegarán mañá á Valenzá para competir nalgunha das tres categorías da proba OCR (elite, starter e popular), incluída na Liga nacional AOCO, na Liga do Norte de España e na Aurum Terrae de Ourense. 

Nos 8 quilómetros de percorrido, os participantes enfrontaranse a medio cento de obstáculos, nos que terán que amosar a súa forza, axilidade, resistencia e destreza físicas. O equipo da Cavernícola, composto polo persoal do Servizo Municipal de Deportes e polo Cavernícola OCR Team, xa colocou as diferentes probas, entre as que hai aneis, murallas, cadeas, pirámides, tobogáns, rodas ou pasos na auga. Entre os novos obstáculos destacan os volantes xiratorios e o rocódromo xiratorio. 

A carreira comezará mañá ás 15,30 horas fronte ao Polideportivo Municipal e realizarase en quendas sucesivas das tres categorías. O remate da proba será tamén no mesmo lugar.  

Cabe destacar que este ano, por primeira vez, a Cavernícola tamén conta cunha categoría Kids dirixida a nenos e nenas de máis de 4 anos. A proba, de 1,5 quilómetros de percorrido, levarase a cabo o domingo 17 de maio. 

Novas

CONTENT.1784627645

06/05/2026

A Escola Infantil de Barbadás permanecerá pechada este xoves debido á folga xeral

A Escola Infantil Municipal de Barbadás permanecerá pechada este xoves, día 7 de maio, debido á folga xeral de ámbito estatal do sector educativo do primeiro ciclo de atención infantil. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, vén de asinar un bando municipal no que se informa á poboación do peche, despois de recibir a comunicación de seguimento da folga por parte do persoal da Escola. 

Deste xeito, ante a imposibilidade de garantir a correcta prestación do servizo e co obxectivo de preservar a seguridade dos usuarios e o respeto do dereito fundamental a folga, as instalacións municipais permanecerán pechadas durante a xornada do xoves.

Novas

CONTENT.1784627645

21/04/2026

O ciclo cultural Noites Bárbaras remata este venres cos belgas OkiDok despois dunha gran acollida por parte do público

OKIDOK TEATRO
  • “Os catro espectáculos programados colgaron o cartel de invitacións esgotadas días antes das funcións, estamos moi satisfeitos da resposta da xente”, resalta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás

O ciclo cultural Noites Bárbaras, impulsado desde o Concello de Barbadás, remata este venres coa actuación dos belgas OkiDok tras unha gran acollida por parte do público, que esgotou as invitacións para todos os espectáculos programados durante os meses de marzo e abril. “Pablo Meixe, Sonoro Maxín, Leti da Taberna e agora, OkiDok, colgaron o cartel de invitacións esgotadas días antes das funcións”, destaca Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás. 

O goberno local apostou por recuperar este 2026 o ciclo Noites Bárbaras, e a acollida non podía ser mellor. “Estamos moi contentos da resposta da xente, comprometémonos con recuperar este ciclo e ofrecer propostas diversas e de calidade, e aí está a acollida da poboación ”, asegura o alcalde. José Manuel Morgade, concelleiro de Cultura, pon en valor o esforzo municipal: “Ofrecemos espectáculos de gran calidade de xeito gratuíto, para facelo accesible a todas as persoas, e é algo que nos diferencia de moitos outros concellos”. 

Os belgas OkiDok porán este venres o broche de ouro das Noites Bárbaras co seu espectáculo “Slips Inside”. Pierrot e Marcel subirán ao escenario para amosar o seu gran talento a través da acrobacia, o mimo, o humor e a danza. Trátase dunha proposta de gran calidade, premiada a nivel internacional no Clown Festival de Milán e con máis de 500 representacións en diferentes puntos da xeografía mundial. A función comeza ás 20,30 horas na Casa da Cultura.

Novas

CONTENT.1784627645

15/04/2026

Máis dun cento de músicos actuarán no XI Festival Solidario de Barbadás adicado á asociación Morea

  • “A música fomenta a colaboración e a solidariedade”, resalta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel
  • A gala, organizada pola Escola de Música Municipal de Barbadás (EMMB), terá lugar este sábado no auditorio do Conservatorio de Música de Ourense

O Concello de Barbadás colabora un ano máis no XI Festival Solidario, un evento organizado pola Escola de Música Municipal de Barbadás (EMMB) co obxectivo de fomentar a concienciación social da poboación. “A música fomenta a colaboración e a solidariedade”, resaltou esta mañá o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, na presentación do evento. 

Esta undécima edición está adicada á asociación Morea de familiares e persoas con trastorno mental grave, polo que os beneficios recadados irán destinados integramente ao seu traballo. “O traballo que realiza Morea, dirixido en corpo e alma ás persoas con trastorno mental grave, é moi importante”, apuntou Valcárcel. 

Alfonso Díaz e Carlota Díaz, director da asociación e coordinadora dos recursos de Morea en Ourense, agradeceron á EMMB a iniciativa solidaria. “Traballamos na integración social das persoas con enfermidade mental co obxectivo de que poidan estar nas súas casas, na súa comunidade, coa mellor calidade de vida posible”, explicou o director. “Estamos moi agradecidos de que nos escollesen para este festival, a visibilidade da saúde mental é moi beneficioso para nós e para toda a sociedade”, resaltou Carlota Díaz. 

Pola súa parte, Xohán Manuel Xil Paxaro, director da EMMB, convidou á poboación a asistir ao evento, que terá lugar este sábado, día 18 de abril, ás 19,00 horas no auditorio do Conservatorio de Música de Ourense. “Cambiamos un pouco o formato que viñamos facendo e este ano construímos unha historia que nos vai levar por Escocia, Irlanda e Galicia, da man dun curioso personaxe”, detallou. O concerto contará coa participación de máis dun cento de músicos, entre alumnado e profesores. Nesta liña, o alcalde destacou o traballo e esforzo da comunidade educativa ao longo destes meses para preparar un concerto de gran calidade. 

A vicedirectora do Conservatorio de Música de Ourense, Naiara Acuña, destacou a importancia da colaboración entre escolas musicais da provincia, non só para este evento solidario, senón tamén no resto de áreas. “Estamos encantados de ceder o espazo e de axudar para que este festival sexa posible”, asegurou. 

As entradas para o XI Festival Solidario xa están á venda no Centro Comercial Ponte Vella (no punto de información da primeira planta) por un prezo de 5 euros. “Agardamos que a xente acuda e que desfrute do repertorio musical que temos preparado. Nos tempos que corren, a música é un recuncho para desfrutar”, sinalou Xil Paxaro. 

Novas

CONTENT.1784627645

14/04/2026

O Concello de Barbadás chama á colaboración veciñal para mellorar as reducidas cifras de reciclaxe do municipio

  • Os veciños de Barbadás reciclan un 15% menos de envases lixeiros e un 50% menos de papel e cartón que a media galega por habitante
  • “Canto maior é a reciclaxe, menor é o gasto para o Concello e menor é o recibo do lixo”, recalca o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel

O Concello de Barbadás pide a colaboración da veciñanza para mellorar as cifras de reciclaxe no municipio, que actualmente se atopan moi por debaixo da media galega. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e o tenente alcalde, Daniel Rey, chaman á concienciación ambiental da poboación e recordan a importancia de utilizar diferentes contedores segundo o tipo de residuo. “Canto maior é a reciclaxe, menor é o gasto para o Concello e menor é o recibo do lixo”, recalcou onte o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, durante o pleno ordinario de abril.

No punto 2 da sesión, o pleno aprobou por unanimidade a adhesión do Concello ao Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta e os Sistemas de responsabilidade ampliada de residuos de envases domésticos de envases lixeiros e papel e cartón dun só uso. Daniel Rey explicou que se trata dun convenio marco con Ecoembes para todos os municipios galegos e as catro deputacións, e aproveitou a ocasión para lamentar a baixa taxa de reciclaxe de Barbadás. “Actualmente, estanse a recoller 13,5 kg de envases lixeiros por habitante, un 15% que a media galega, e 9 kg de papel e cartón por habitante, un 50% menos que os datos a nivel galego”, sinalou Rey, quen non negou a súa decepción coas cifras. 

O alcalde recordou que estes baixos porcentaxes repercuten na vida cotiá da veciñanza. “A Xunta de Galicia cóbranos en función da tonelaxe que levamos a Sogama, se a reducimos ou incrementamos, custará máis ou menos. Se hai máis tonelaxe, non reduciremos o que destinamos á reciclaxe e non reduciremos o importe do lixo”, indicou.

Nesta liña, o goberno municipal avanzou novas campañas de concienciación dirixidas á poboación, que se porán en marcha nas próximas semanas, así como a colocación de novos autocolantes nos contedores para informar sobre a correcta reciclaxe e xestión de residuos de gran tamaño. 

Novas

CONTENT.1784627645

07/04/2026

O Concello de Barbadás mellora o parque infantil do Campo de Roma coa instalación de velas protectoras

  • O goberno local prevé colocar este tipo de estruturas en diferentes zonas de xogos do municipio
  • “Deste xeito, os nenos e nenas poderán xogar e desfrutar do espazo infantil independentemente de que chova ou faga moito sol”, apunta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde

O Concello de Barbadás vén de realizar unha importante mellora no parque infantil do Campo de Roma, en Piñor, coa colocación de velas protectoras sobre os bambáns. A estrutura, composta por catro soportes e dúas teas de gran tamaño, protexe por completo a zona de xogos das inclemencias meteorolóxicas.

“Deste xeito, os nenos e nenas poderán desfrutar do parque independentemente de que chova ou faga moito sol”, apunta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel. A protección deste espazo permitirá que as familias fagan uso do espazo lúdico durante todo o ano, “non só durante as épocas de bo tempo”. 

O goberno local investiu preto de 18.000 euros na instalación das velas, que se poden desmontar e recolocar en caso de fortes temporais para evitar danos. O parque do Campo de Roma trátase da primeira zona infantil de Barbadás que conta con este tipo de estrutura, pero o Concello prevé estendelas a outros espazos do municipio. “Xa se tomaron medidas noutros parques para instalar máis velas, e segundo dispoñibilidade orzamentaria, irémolas colocando”, sinala Daniel Rey, tenente alcalde. 

Novas

CONTENT.1784627645

06/04/2026

Leti da Taberna, a famosa cómica galega, actúa este venres nas Noites Bárbaras de Barbadás

Actuación en Barbadás - Leti da Taberna
  • As entradas, de balde, pódense recoller desde hoxe na Casa da Cultura 

O Concello de Barbadás continúa co ciclo cultural Noites Bárbadas, recuperado recentemente polo goberno local. Este venres, 10 de abril, será Leti da Taberna, a famosa cómica galega, quen suba ao escenario da Casa da Cultura Manuel María. 

A compostelá Leticia Miraz, quen saltou á fama en 2020 grazas aos seus vídeos de TikTok, é unha das referentes actuais do humor galego. Co seu espectáculo “Enredada”, presentará ante o público de Barbadás un divertido monólogo no que reflexiona sobre a nosa relación coas redes sociais. Con ironía e perspectiva feminista, a cómica fará que os espectadores se vexan representados e acaben por rir de si mesmos. 

A función comeza ás 20,30 horas. As entradas, de balde, están dispoñibles desde hoxe e ata esgotar existencias na Casa da Cultura. O horario para recollelas é de 8,30 a 14,30 horas. 

Despois do espectáculo, o público poderá desfrutar dun petisco cortesía da hostalaría local de Barbadás. 

Novas

CONTENT.1784627645

01/04/2026

Éxito de participación nas propostas de conciliación do Concello de Barbadás na Semana Santa

  • Preto dun cento de rapaces e rapazas de 3 a 15 anos participaron estes días no Campus Multideporte e no Campus UD Barbadás
  • A Casa da Mocidade acolle hoxe a última xornada do V Barbadás Gaming

O Concello de Barbadás aposta pola actividade deportiva e as novas tecnoloxías para a conciliación das familias durante a Semana Santa. As instalacións do Polideportivo Municipal e do campo de fútbol Os Carrís acolleron este mediodía o peche do Campus Multideporte e Campus UD Barbadás, no que participaron estes días preto dun cento de nenos e nenas de 3 a 15 anos.

“Son dúas actividades que funcionan moi ben e teñen moi boa acollida”, destaca o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel. O Campus UD Barbadás contou coa visita do adestrador ourensán Fran Justo, así como de Zulema González, árbitra ourensá de Primeira División Feminina. 

Por outra banda, a Casa da Mocidade acolle hoxe a última xornada do V Barbadás Gaming, ao que pode asistir de balde a rapazada de máis de 12 anos. “Os nosos mozos e mozas poden probar o último en videoxogos e simuladores ao mesmo tempo que socializan e coñecen xente da súa idade”, apunta Valcárcel. O horario desta tarde é de 16,30 a 20,30 horas. Onte, na primeira xornada, a Casa da Mocidade recibiu a preto de medio cento de rapaces e rapazas ao longo da xornada. “Xa imos na quinta edición porque é unha proposta que lles gusta moito aos máis novos”, resalta o alcalde. 

Novas

CONTENT.1784627645

27/03/2026

O Concello de Barbadás moderniza a rede de abastecemento no entorno da Glorieta da Familia da Valenzá

Obras rede de abastecemento
  • A intervención, valorada en 54.000 euros, inclúe o cambio das antigas tubaxes de fibrocemento por tubos de PVC

O Concello de Barbadás vén de iniciar as obras de renovación da rede de abastecemento de auga no entorno da Glorieta da Familia, na Valenzá. A actuación supón un investimento de 54.000 euros e inclúe o cambio das antigas tubaxes de fibrocemento por tubos de PVC en parte da rúa Areal (desde a Glorieta da Familia ata a rúa Salgueiriños) e rúa Salgueiriños. “Queremos que a nosa poboación teña un mellor servizo de abastecemento, moderno e nas mellores condicións posibles”, resalta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás. 

Segundo a previsión do goberno municipal, as obras estenderanse durante as próximas tres semanas. “Trátase dunha mellora importante, xa que o fibrocemento estaba a provocar continuas roturas e fugas que conlevaban trastornos no abastecemento das vivendas da zona”, explica Daniel Rey, tenente alcalde e concelleiro de Obras. As novas tubaxes de PVC son máis resistentes, duradeiras e flexibles ca as antigas, ao mesmo tempo que contan cunha maior capacidade hidráulica.

Novas

CONTENT.1784627645

27/03/2026

O Concello de Barbadás reforza o seu compromiso coa conciliación cun campamento de verán con 240 prazas cada quincena de xullo e agosto

Campamento Barbadás Concilia
  • O programa levarase a cabo de luns a venres, de 9,00 a 14,00 horas, en 11 vilas do municipio

O Concello de Barbadás reforza o seu compromiso coa conciliación familiar cun campamento de verán durante os meses de xullo e agosto. A Concellería de Educación lanza a convocatoria do Barbadás Concilia Verán cun total de 240 prazas cada quincena, distribuídas entre 11 vilas distintas do municipio. “Desde o Concello sabemos da necesidade de conciliar, sobre todo durante os meses de verán, polo que facemos un esforzo importante para que un bo número de familias poida acceder a este servizo”, apunta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás.

O programa levarase a cabo na Valenzá, en Barbadás, As Lamas, Piñor, Sobrado, Bentraces, Parada, Loiro, Finca Fierro, Fonsillón e Santa Uxía. No caso da Valenzá, haberá dúas quendas cada quincena, debido á elevada demanda. O campamento inclúe actividades lúdicas variadas, que se desenvolverán de luns a venres en horario de 8,00 a 14,00 horas. 

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 10 de abril, e as solicitudes poderán entregarse a través da sede electrónica do Concello de Barbadás ou de forma presencial no rexistro municipal (Casa Consistorial ou oficinas municipais da Valenzá). O campamento está dirixido unicamente a nenos e nenas nacidos entre 2014 e 2022. O custo da praza é de 20 euros por menor e quenda solicitada. 

O Concello publicará a lista provisional de admitidos o 20 de abril, a continuación abrirase o prazo para o pago do servizo ata o 5 de maio e o 8 de maio darase a coñecer o listado definitivo. 

Novas

CONTENT.1784627645

23/03/2026

As mulleres de Barbadás achéganse ás técnicas de autodefensa e autoprotección

Obradoiro autodefensa

O Concello de Barbadás, a través da Concellería de Igualdade, organiza este sábado un obradoiro de autodefensa para mulleres enmarcado na programación do 8M. As participantes aprenderán diversas técnicas de autodefensa durante a actividade, que estará guiada por persoal cualificado. O obxectivo é traballar na autoprotección das mulleres, ademais de crear un espazo seguro no que compartir experiencias. 

O prazo de inscrición está aberto ata este xoves, día 26 de marzo. Para anotarse é preciso enviar un correo electrónico a igualdade@barbadas.gal ou chamar ao teléfono 988 222 251. A actividade é gratuíta e levarase a cabo este sábado, día 28 de marzo, na Casa da Mocidade de Barbadás en horario de 11,30 a 13,30 horas. 

A programación do 8M en Barbadás continúa o venres 17 de abril na Casa da Cultura Manuel María coa representación da obra de teatro “As alumnas”, dirixida por Fina Calleja. Por outra banda, durante marzo e abril, estanse a desenvolver obradoiros de igualdade no CEIP Filomena Dato, CEIP O Ruxidoiro, CPR Luis Vives e IES Xesús Ferro Couselo. 

Novas

CONTENT.1784627645

16/03/2026

O Concello de Barbadás propón realidade virtual, simuladores e o último en videoxogos no V Barbadás Gaming

  • “É un evento xa consolidado durante a Semana Santa para o desfrute da nosa mocidade”, apunta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel
  • A participación é totalmente gratuíta

A Casa da Mocidade de Barbadás prepárase para acoller a quinta edición do Barbadás Gaming durante a Semana Santa. A cita, impulsada desde o Concello de Barbadás, propón diversión, competición e o último en videoxogos durante as xornadas do 31 de marzo e 1 de abril. “É un evento xa consolidado durante a Semana Santa para o desfrute da nosa mocidade a partir dos 12 anos”, apunta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, que convida á participación. 

O V Barbadás Gaming ofrece competicións e xogo totalmente gratuítos, como é habitual, realidade virtual, simuladores de condución e as últimas novidades en Play Station 5. “Queremos que se divirtan en comunidade e que compitan de xeito san nun espazo pensado para eles”, sinala Valcárcel. O horario será de 11,00 a 14,00 horas e de 16,30 a 20,30 horas durante o martes 31 de marzo e o mércores 1 de abril. “Durante o evento haberá persoal municipal para responder calquera dúbida ou inquedanza dos mozos e mozas”, engade.

O rexedor municipal recorda a importancia de programar actividades dirixidas para a poboación nova, que moitas veces carece de oferta lúdica. “Por iso queremos que coñezan a Casa da Mocidade, para que saiban que poden facer uso das instalacións durante todo o ano”, resalta.  

Novas

CONTENT.1784627645

16/03/2026

Barbadás celebrou a III Carreira pola Igualdade co récord de 400 persoas inscritas

As rúas da Valenzá enchéronse de cor rosa este domingo na III Carreira pola Igualdade e Contra a Violencia, organizada desde a Concellería de Igualdade de Barbadás. A cita deportiva, que rexistrou récord de participantes con 400 persoas inscritas, comezou ás 11,00 horas na Glorieta da Familia. 

O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel; o tenente alcalde e concelleiro de Igualdade, Daniel Rey, e Silvia Arce, referente do deporte feminino en Barbadás, dirixíronse aos corredores antes do inicio da proba para agradecer a súa participación e recordar a importancia de seguir avanzando na igualdade plena entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida. 

A proba discorreu polas principais rúas da Valenzá e contou cun dispositivo de seguridade no que participaron axentes da Policía Local, Garda Civil, Protección Civil de Barbadás e agrupacións de Protección Civil doutros concellos da provincia. 

Novas

CONTENT.1784627645

10/03/2026

Tarefas de reparación na rede de telecomunicacións de Barbadás

Técnicos de telecomunicacións reparan estes días a rede de Barbadás, despois de que o Concello solicitase a intervención do organismo competente, a Secretaría do Estado, ante os frecuentes problemas detectados nos últimos meses. 

Os técnicos comprobaron que existían fallas en torres de comunicación afectadas polas caídas de tensión durante os temporais, así como redes subterráneas inundadas. Actualmente, traballadores das empresas privadas de telecomunicación (en especial, Vodafone e R) están encargándose da reparación dos equipos afectados. 

O tenente alcalde, Daniel Rey, mantén contacto diario coas empresas e coa Secretaría do Estado para coñecer a evolución da situación. “Nos vindeiros días, os problemas da rede estarán solucionados”, avanza. 

Novas

CONTENT.1784627645

08/03/2026

O Concello de Barbadás reivindica a igualdade de oportunidades e o fin da discriminación de xénero

O Concello de Barbadás conmemorou esta mañá o Día Internacional da Muller, 8 de marzo, cun acto institucional nas inmediacións da Glorieta da Familia. O tenente alcalde e concelleiro de Igualdade, Daniel Rey, aproveitou a ocasión para poñer en valor a importante tarefa das traballadoras do CIM de Barbadás, que traballan diariamente coas mulleres máis vulnerables do municipio. 

Silvia Arce, referente de deporte feminino en Barbadás, e Eva Rey, veciña integrante da Asociación Galega de Covid Persistente, deron lectura dos manifestos, nos que se reivindico a igualdade de oportunidades e a fin da discriminación de xénero.

A veciñanza puido achegarse durante toda a mañá ao posto informativo do CIM, onde recibiron información sobre o servizo municipal de atención ás mulleres. 

Novas

CONTENT.1784627645

06/03/2026

O Concello de Barbadás recupera o ciclo cultural “Noites Bárbaras” e marídao coa hostalaría local

  • A programación inclúe música, monólogos e humor na Casa da Cultura os meses de marzo e abril
  • “Ao remate de cada espectáculo haberá un ágape de distintos bares e restaurantes”, explica o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel

O Concello de Barbadás recupera o ciclo cultural “Noites Bárbaras” e incorpora como novidade a colaboración dos negocios hostaleiros do municipio. Ao remate dos espectáculos na Casa da Cultura Manuel María, o público poderá gozar de ágapes cortesía de distintos bares e restaurantes de Barbadás. “Queremos acompañar a cultura do impulso do tecido económico e social do municipio”, explicou o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, na presentación do ciclo. 

O concelleiro de Cultura, José Manuel Morgade, convidou á poboación a desfrutar da oferta, que inclúe música, humor e monólogos. “Comezamos o 13 de marzo con Pablo Meixe, un monologuista galego que ten moito éxito tanto en Galicia como no resto de España”, destacou. A programación continúa o venres 27 de marzo co concerto do grupo ourensán Sonoro Maxín, e o 10 de abril co espectáculo “Enredada” de Leti da Taberna. “Rematamos o 24 de abril cos belgas Okidok, unha das mellores compañías a nivel europeo”, apuntou Morgade. 

As citas comezarán ás 20,30 horas e a entrada será de balde. As invitacións poderán recollerse na Casa da Cultura durante a propia semana do espectáculo. 

Día do Pai

Na liña de colaboración entre cultura e tecido económico local, o Concello de Barbadás propón o “Conssertasso na Horta” de Brais das Hortas para apoiar a compra local. “Aquelas persoas que compren no comercio local entre o 5 e o 19 de marzo por importe total de 30 euros recibirán un ticket familiar para acudir ao concerto”, detallou o concelleiro. 

O concerto levarase a cabo o día 28 de marzo ás 17,30 horas no Museo da Gaita de Fole de Barbadás. 

Novas

CONTENT.1784627645

03/03/2026

O Concello de Barbadás construirá un ascensor desde a rúa Bernabé ata o Centro de Saúde da Valenzá

  • O proxecto, incluído no Plan EDIL, está actualmente en proceso de redacción

O Concello de Barbadás construirá un ascensor desde a rúa Bernabé ata o Centro de Saúde da Valenzá para mellorar a accesibilidade e salvar a considerable pendente da zona, unha demanda histórica da veciñanza. A intervención, incluída no Plan EDIL, atópase actualmente en proceso de redacción por parte da institución encargada, a Deputación de Ourense. 

O tenente alcalde e concelleiro de Obras, Daniel Rey, deu conta do estado do proxecto na sesión plenaria de onte, despois de que o PP presentase unha moción relativa á viabilidade da actuación. Rey explicou que, se ben os técnicos valoraron en xaneiro a posibilidade de colocar unha rampla na rúa do Outeiro, non é posible facelo a través dos fondos do EDIL. “O que se presentou ao Plan EDIL e foi aprobado foi un proxecto de construción dun ascensor, non dunha rampla, polo que estamos na obriga de construír o que propuxemos formalmente, un ascensor”, apuntou. 

O tenente alcalde sinalou as vantaxes de colocar un elevador, tales como un mantemento máis sinxelo e barato, e o menor impacto na vía, xa que non afectará aos estacionamentos. “O ascensor contará con dous andares, dúas paradas, unha primeira á altura das oficinas municipais e a segunda á altura do Centro de Saúde”, detallou Rey. 

A construción do elevador suporá unha importante mellora na accesibilidade do ambulatorio, ao que diariamente se achegan centos de persoas. “Mellorar a mobilidade da poboación foi sempre a cuestión prioritaria deste proxecto”, recordou o tenente alcalde. 

Novas

CONTENT.1784627645

03/03/2026

O Concello de Barbadás mobiliza preto de 120.000 euros para impulsar actividades educativas, culturais e deportivas

  • O pleno aprobou o expediente de subvencións nominativas para colexios, ANPAs, clubes e asociacións culturais do municipio

O Concello de Barbadás mobiliza preto de 120.000 euros para impulsar actividades educativas, culturais e deportivas no municipio. O pleno aprobou esta tarde, en sesión ordinaria, o expediente presentado polo goberno local de subvencións nominativas para colexios, asociacións de pais e nais, asociacións culturais e clubes deportivos. O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou que estas axudas permitirán que as entidades sigan realizando a súa importante tarefa no tecido educativo, cultural e social de Barbadás.

En particular, o ANPA Filomena Dato, o ANPA O Ruxidoiro, o ANPA IES Ferro Couselo, o Club Veteranos Sobrado e o Club Veteranos Barbadás recibirán 1.000 euros respectivamente; o CEIP O Ruxidoiro e o CEIP Filomena Dato percibirán 1.500 euros cada un; a Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia recibirá 2.250 euros; a Asociación Cultural Loiro Na Memoria e a Asociación Fonval recibirán 3.000 euros cada un; a Asociación Cultural Nova Fronteira e a Asociación Cultural Ritmos Musicais recibirán 4.000 euros respectivamente; a Unión Deportiva Barbadás recibirá 35.000 euros e Asociación Deportiva Parada de Piñor, 60.600 euros. O goberno local explicou que a subvención á Asociación Deportiva Parada de Piñor está motivada porque mentres a titularidade do campo de fútbol non se traspasa ao Concello, é necesario facer obras de calado para reforzar a seguridade da instalación e evitar riscos aos usuarios. 

O expediente aprobouse cos votos a favor do grupo de goberno, Partido Galego e PSdeG-PSOE, a abstención do BNG e os votos en contra do PP. 

A Praza Vella da Valenzá pasa a chamarse Praza Alfonso Rodríguez Castelao

O goberno local tamén levou a pleno os expedientes de cambio de denominación de rúas na Valenzá e nas Lamas. No caso da Valenzá, a Praza Vella pasará a chamarse Praza Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, na honra do escritor, dramaturgo, ensaísta, político e debuxante galego. O goberno local, logo de atender as propostas dos distintos grupos políticos, optou por esta praza para evitar os prexuizos que conlevaría á veciñanza e aos negocios o cambio de denominación do seu enderezo habitual. “Temos que ser responsables co alcance das medidas e o impacto na veciñanza, e por iso propoñemos a Praza Vella en lugar da avenida de Celanova, na que viven miles de familias”, apuntou Daniel Rey, tenente alcalde de Barbadás. Rey avanzou o proxecto do Concello para incluír un motivo adicado a Castelao, así como humanizar a praza e “facela accesible á xente e non aos vehículos”.

A proposta, vinculada a un acordo plenario do 2025, foi aprobada cos votos do goberno local e do PP, a abstención do PSdeG-PSOE e os votos en contra do Partido Galego e do BNG. Tanto Partido Galego como BNG defenderon que debería ser a avenida de Celanova a vía denominada Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. 

No caso das Lamas, a rúa Milladoiro pasa a denominarse “rúa Milladoiro das Lamas”, para evitar confusións coa rúa Milladoiro localizada en Finca Fierro. O tenente alcalde, Daniel Rey, deu conta das queixas da veciñanza ante os erros das empresas de transporte e de reparto. O expediente aprobouse cos votos a favor do goberno local, Partido Galego, PP e BNG e a abstención do PSdeG-PSOE. 

Novas

CONTENT.1784627645

02/03/2026

O CEIP O Ruxidoiro acolle un obradoiro de reciclaxe para fomentar a educación ambiental

O Concello de Barbadás continúa apostando pola sensibilización ambiental da mocidade a través de accións formativas nos centros educativos do municipio. Neste marco, o CEIP O Ruxidoiro acolleu un obradoiro de reciclaxe dirixido ao alumnado, co obxectivo de promover hábitos responsables na separación de residuos e impulsar unha cultura de reutilización e economía circular desde idades temperás.

Durante a sesión, o alumnado participou en dinámicas prácticas e participativas orientadas a aprender a separar correctamente os residuos, identificar os materiais que poden ser reciclados, evitar erros comúns e comprender o impacto positivo que teñen os pequenos xestos diarios no medio ambiente. A través de xogos e exemplos próximos á súa realidade, os participantes descubriron que reciclar é sinxelo e está ao alcance de todos.

Por outra banda, o pasado venres, o Concello de Barbadás realizou unha nova entrega de composteiros no Centro Empresarial Transfronteirizo (CET), reforzando o compromiso municipal coa sustentabilidade e coa creación de hábitos saudables e responsables cara ao medio ambiente.

Para máis información sobre futuras actividades, pódese consultar a web municipal ou os canais oficiais do Concello.

As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web: barbadas.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.

Novas

CONTENT.1784627645

26/02/2026

A Casa da Cultura inaugura a exposición “Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote”

O Concello de Barbadás, ABANCA e Afundación inauguraron esta mañá a exposición “Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote” na Casa da Cultura. O acto contou coa presenza de Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás; Daniel Rey, tenente de alcalde; José Manuel Morgade, concelleiro de Cultura; Mateo Alonso, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; Miguel Madriñán, director da oficina de ABANCA na Valenzá, e a coordinadora de Afundación en Lugo e Ourense, Beatriz Fernández-Anguiano. 

A mostra, organizada en colaboración coa Fundación Antonio Mingote, percorre a historia da arte a través da mirada do coñecido debuxante. Poderase visitar ata o 27 de marzo en horario de 8,30 a 14,30 horas e de 16,00 a 20,00 horas. 

Antonio Mingote comezou a súa traxectoria con tan só 13 anos, cando publicou o seu primeiro debuxo en Gente Menuda. Foi colaborador en La Codorniz e, posteriormente incorporouse ao diario ABC. Tamén colaborou en numerosos medios escritos como The New York Times, The Daily Telegraph, Blanco y Negro, Semana, Ínsula ou Interviú.

Novas

CONTENT.1784627645

19/02/2026

O Concello de Barbadás activa a ampliación do Polideportivo, cun investimento final de 1,2 millóns

  • A primeira fase consiste na instalación dun ascensor para conectar mecanicamente as dúas plantas do recinto deportivo
  • A continuación, a segunda planta dotarase de ximnasio, sala para actividades e vestiarios, co obxectivo de rematar todo en novembro

O Concello de Barbadás vén de activar a primeira fase das obras de ampliación do Polideportivo Municipal, un dos principais proxectos do goberno local no municipio. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, o e o tenente alcalde e concelleiro de Obras, Daniel Rey, asinaron esta mañá a acta de replantexo da intervención, que comezará ao longo da próxima semana. 

“Esta primeira fase das obras inclúe a construción dun ascensor que conectará a primeira planta coa segunda, onde se colocará unha cuberta e se ubicará o novo ximnasio, a sala de clases dirixidas e os vestiarios”, explica Valcárcel. A actuación, orzamentada en 150.000 euros, permitirá conectar polo interior do polideportivo as dúas plantas, ata o de agora só conectadas por un tramo de escaleiras exteriores. 

Nunha segunda fase, a planta superior, actualmente ao descuberto, cambiará por completo a súa aparencia. Así, construiranse os vestiarios e a estrutura da envolvente do ximnasio, no que haberá unha sala para actividades dirixidas. “Esta ampliación permitirá incrementar o número de socios e mellorar o servizo notablemente, xa que haberá maior frecuencia de actividades ao contar cun espazo propio e a pista central do Polideportivo quedará liberada para eventos deportivos”, engade o alcalde. 

Cabe destacar a elevada demanda de socios das instalacións deportivas municipais, que contan con máis dun milleiro de persoas inscritas. O proxecto de ampliación, que deberá estar rematado a mediados do mes de novembro, conta cun orzamento total de 1,2 millóns de euros.

Novas

CONTENT.1784627645

18/02/2026

Preto dun milleiro de persoas percorreron A Valenzá no Gran Desfile de Entroido de Barbadás

  • Poker Premium Monterrey y Pereiro recibiu o primeiro premio na categoría de comparsas de máis de 10 participantes 
  • Fórmula 1 resultou vencedora na categoría de comparsas de 10 ou menos participantes 

Preto dun milleiro de persoas percorreron este martes pola tarde as rúas da Valenzá no Gran Desfile de Entroido de Barbadás. Un total de 32 comparsas participaron na cita entroideira, unha das máis esperadas cada Entroido pola veciñanza. As agrupacións amosaron a súa creatividade e orixinalidade e encheron de cor, diversión e música as rúas da vila. 

Despois do desfile, o xurado, presidido polo concelleiro de Cultura, José Manuel Morgade, e composto por cinco persoas representativas do ámbito da cultura e do asociacionismo no municipio, deu a coñecer o seu veredicto. 

Na categoría de comparsas de 10 ou menos participantes: 

  • 1º Premio (550 euros): FÓRMULA 1.
  • 2º Premio (450 euros): CHAPA-CHIPS OS DRAGÓNS DA RIBEIRA SACRA.

Na categoría de comparsas de máis de 10 participantes:

  • 1º Premio (1.100 euros): POKER PREMIUM MONTERREY Y PEREIRO.
  • 2º Premio (800 euros): LA TOMBOLA ANTOÑITOS.
  • 3º Premio (700 euros): O ENXAME DA AURIA.
  • 4º Premio (500 euros): E CHEGOU O NADAL A FINCA FIERRO ANTES QUE A VIGO.
  • 5º Premio (450 euros): TRUMP NON MOVAS OS MARCOS.
  • 6º Premio (350 euros): VIKIFARRAS DAS LAMAS.
  • 7º Premio (300 euros): DENOMINACIÓN ORIXE A PARADA.
  • 8º Premio (250 euros): OS REXOUBEIROS-ALADIN.

Ademais, entregáronse dous galardóns especiais para comparsas non premiadas:

  • Especial deseño (250 euros): PERFECTAMENTE IMPERFECTO.
  • Especial animación (250 euros): MOVETE ENTRE MEDUSAS.

Por outra banda, tamén se concederon os galardóns aos mellores mecos, elixidos por votación popular nas últimas semanas. 

      – 1º Premio (300 euros): Asociación de Veciños San Martín de Loiro.

      – 2º Premio (200 euros): Asociación de Veciños San Bieito de Bentraces.

      – 3º Premio (100 euros): Comunidade de Veciños Os Carrís 5.

Novas

CONTENT.1784627645

17/02/2026

Música, creatividade e diversión na Festa Infantil de Entroido

Centos de nenos e nenas participaron este luns pola tarde na Festa Infantil de Entroido de Barbadás, unha das actividades máis esperadas polos máis pequenos do municipio. A música e a diversión foron as grandes protagonistas da cita, que incluíu o xa tradicional Concurso de Desfraces. Pola pasarela de Entroido pasearon superheroes, cantantes, animais, pintores, princesas e moitos outros personaxes.

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, o tenente alcalde, Daniel Rey, e o concelleiro de Educación, José Manuel Morgade, non quixeron perderse a celebración, que finalmente se levou a cabo no patio do CEIP Filomena Dato debido á previsión de chuvia. 

Novas

CONTENT.1784627645

13/02/2026

O alumnado do CEIP Filomena Dato, CEIP O Ruxidoiro e CPR Luis Vives dá conta da súa creatividade nos desfiles de Entroido

Centos de familias de Barbadás acudiron esta mañá ao CEIP Filomena Dato, CEIP O Ruxidoiro e CPR Luis Vives para desfrutar dos desfiles infantís de Entroido. Alumnado e docentes deron boa conta da súa creatividade, acompañados de música e moita animación. A cita, impulsada desde a Concellería de Educación, levouse a cabo nos patios dos centros educativos debido á previsión meteorolóxica. 

O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e o tenente alcalde, Daniel Rey, tamén acudiron aos desfiles. “É un gusto ver a orixinalidade e o traballo detrás dos desfraces de alumnos e profesores”, destaca Valcárcel.

Novas

CONTENT.1784627645

06/02/2026

O Concello de Barbadás continúa coas entregas de composteiros e coas sesións formativas de compostaxe doméstica

O Concello de Barbadás continúa coa campaña de compostaxe doméstica coa que busca fomentar a correcta xestión dos biorresiduos nos fogares e promover prácticas máis sostibles no municipio.

A próxima entrega de composteiros terá lugar o venres 27 de febreiro ás 19,00 horas no Centro Empresarial Transfronteirizo, nunha sesión informativa na que as persoas participantes recibirán formación básica para comezar a compostar no seu fogar.

Esta iniciativa permitirá que os veciños e veciñas con pequeno terreo poidan transformar os seus restos orgánicos en abono natural de alta calidade, reducindo así a cantidade de lixo que chega ao colector e contribuíndo a unha economía circular máis eficiente en Barbadás.

O Concello facilitará aos fogares participantes un composteiro de balde, formación e acompañamento, para garantir unha correcta posta en marcha e seguimento do proceso.

Nas próximas semanas celebraranse novas sesións en diferentes puntos do municipio, que serán anunciadas a través dos canais oficiais do Concello. A inscrición continúa aberta para aquelas persoas interesadas en participar na campaña.

As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web: barbadas.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.

 

Cartel

Novas

CONTENT.1784627645

04/02/2026

Tres candidaturas optan a organizar as Festas da Valenzá do 2026

  • O comité de valoración do Concello de Barbadás reúnese mañá para avaliar as propostas e escoller a vencedora 

O Concello de Barbadás valorará entre as tres candidaturas recibidas para organizar as Festas da Valenzá do 2026 dentro do novidoso proceso de selección iniciado en xaneiro. O comité de valoración, presidido polo tenente alcalde, Daniel Rey, reunirase mañá na Casa Consistorial para avaliar as propostas segundo os criterios establecidos nas bases e escoller a comisión de festas vencedora. “Aínda que nun principio amosaron interese catro candidaturas, dúas decidiron fusionarse nunha única”, detalla Rey. 

O comité conta coa asistencia técnica do secretario da corporación, un funcionario da Policía Local, un funcionario de Protección Civil, un traballador do departamento de Cultura e un traballador da Escola de Música. O equipo valorará de cada aspirante a calidade artística das agrupacións musicais e a organización de actividades deportivas, populares e de carácter lúdico que favorezan a dinamización social e convivencia veciñal. Pola súa parte, Daniel Rey non participará con voto para garantir a neutralidade da decisión. 

“Unha vez que teñamos o resultado final, notificarémosllo aos interesados, abrirase un prazo de alegacións e, ao remate do mesmo, o resultado será publicado para coñecemento de toda a veciñanza”, apunta o tenente alcalde. 

Entre outras condicións, os festexos deberán realizarse a fin de semana anterior ao 11 de xuño (día de San Bernabé, patrón da Valenzá), as actuacións musicais rematarán ás 4,30 horas o venres e sábado e ás 23,00 horas o domingo, o día 11 haberá festa na Praza Vella (o tradicional “baile da pataca”) e será obrigatoria a instalación de baños portátiles nas verbenas e no entorno das atraccións infantís, así como dun punto violeta de información contra a violencia machista nun lugar de visibilidade preferente. 

Novas

CONTENT.1784627645

03/02/2026

O Concello de Barbadás incorporará no verán un novo axente de Policía Local que xa está formándose na Academia Galega

  • Realizará as prácticas nos meses estivais e sumarase definitivamente ao cadro de persoal en outono
  • O procedemento administrativo para a segunda praza xa está aberto a través da modalidade de mobilidade

O Concello de Barbadás incorporará a dous axentes de Policía Local ao longo deste 2026 para reforzar o actual cadro de persoal e a seguridade da poboación. Un dos dous axentes, que xa está formándose na Academia Galega de Seguridade, realizará as prácticas en Barbadás nos meses de verán para incorporarse definitivamente á xefatura nos meses de outono. Así o anunciou Daniel Rey, tenente de alcalde e concelleiro de Emerxencias, no pleno ordinario deste luns. 

Pola súa parte, a segunda praza cubrirase mediante a modalidade de mobilidade. “O procedemento administrativo xa está aberto, non sabemos canto se pode demorar, pero en canto se resolva teremos ao segundo novo axente da Policía Local”, detallou Rey durante a sesión plenaria. 

A chegada dos dous novos traballadores súmase á aposta do goberno local por reforzar os medios persoais e técnicos da xefatura. Nos últimos meses, o Concello de Barbadás renovou a frota da Policía con dous novos vehículos que facilitan os desprazamentos en perímetros urbanos e rurais, así como as tarefas de vixilancia. 

Preto de 148.000 euros para o SAF en 2024

O goberno local tamén deu conta na sesión plenaria do custo do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para as arcas municipais e sinalou a posibilidade de denunciar á comunidade autónoma ou ao ministerio correspondente por non facerse cargo do 100% do servizo. “Estamos vendo a posibilidade de presentar unha demanda conforme ao que nos indiquen os asesores xurídicos”, asegurou Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás. 

Nesa liña, detallou o gasto do SAF durante 2024. Dos 348.307,25 euros que custou o servizo, o Concello de Barbadás tivo que aportar preto de 148.000 euros. “Desde o goberno imos loitar pola vía xudicial para que os veciños e veciñas de Barbadás teñan melloras na atención a domicilio”, apuntou o rexedor. 

Plan EDIL

No pleno tamén se abordou o Plan EDIL (Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local) que supón un investimento de 7,2 millóns de euros a repartir entre Barbadás, Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas. O alcalde detallou a prioridade do proxecto: a senda peonil entre A Valenzá e Pontón, que conectará Barbadás con San Cibrao. Tamén apuntou a mellora da accesibilidade do centro de saúde da Valenzá ou a cobertura da pista da Solaina, entre outras actuacións. 

Respecto á intervención no entorno do centro de saúde, Xosé Carlos Valcárcel informou de que a Deputación está a avaliar a mellor opción para salvar a pendente. “Están analizando se é mellor o elevador ou unha rampla”, explicou. 

Proxectos en marcha

O tenente alcalde, Daniel Rey, tamén informou de proxectos que xa están en marcha no Concello de Barbadás, tales como a colaboración da Deputación para mantemento de zonas verdes e reparacións de pavimentos, o convenio con Seaga para a limpeza de vías de titularidade municipal ou a mellora do abastecemento na urbanización Vaamonde por parte da empresa Veolia (antiga Viaqua). 

Na mesma liña, informou da solicitude ante Agader da reparación da escola vella de Piñor, o lavadoiro de Godexás, o lavadoiro de Fonte do Bispo e dun camiño peonil entre Parada e As Lamas. “Tamén estamos traballando para sacar un contrato para a reparación urxente de fochancas causadas pola climatoloxía adversa destas semanas”, indicou Rey. 

Novas

CONTENT.1784627645

30/01/2026

O Concello de Barbadás repartirá 600 euros entre os mecos de Entroido máis orixinais

Concurso de mecos

O Concello de Barbadás convida un ano máis á poboación a participar no concurso de mecos de Entroido convocado pola área de Cultura. O obxectivo do goberno local é recuperar e poñer en valor esta tradición, propia do Entroido ourensán, que pouco e pouco vai perdendo forza entre as novas xeracións. 

O concurso está aberto á participación de calquera persoa ou grupo de persoas (asociacións veciñais, culturais e formacións musicais, entre outras) que elabore un meco e o expoña nalgún punto xeográfico dentro do municipio. O prazo para anotarse estará aberto ata as 12,00 horas do venres 6 de febreiro, e a inscrición deberá formalizarse a través deste link

A veciñanza será quen escolla os tres mecos máis orixinais, creativos e divertidos entre os inscritos. Así, quen o desexe poderá votar de xeito telemático, entre o 9 e o 16 de febreiro, a través deste link. 

O Concello premiará con 600 euros aos autores dos tres gañadores: 300 euros para o meco máis votado, 200 para o segundo e 100 para o terceiro.  

Novas

CONTENT.1784627645

29/01/2026

O Concello de Barbadás sinaliza nove espazos libres de fume e aerosois en colaboración con AECC

Sen fume
  • Trátase de parques, arredores de colexios e zonas deportivas 

O Concello de Barbadás vén de sinalizar nove novos espazos libres de fume e aerosois repartidos entre A Valenzá e Barbadás. A iniciativa, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Ourense, pretende reducir o negativo impacto do tabaquismo na poboación. “Trátase de parques, entornos de centros educativos e zonas deportivas moi frecuentadas pola veciñanza e onde queremos evitar a presenza de fume”, explica o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel. 

O entorno do CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro, as canchas do Paseo dos Amieiros, o Campo de Fútbol “Os Carrís”, o Parque da Solaina, o Parque dos Patos, o Parque do Tren e os arredores da Casa da Cultura e da Casa Consistorial son os nove espazos onde non está permitido o uso de cigarrillos ou vapeadores. “Esta medida protexe á poboación que non fuma, conciencia aos máis pequenos e disuade aos fumadores de facelo, protexéndoos tamén”, asegura Valcárcel. 

O impacto do tabaco na saúde é claro: o 30% de todos os tipos de cancro están provocados por fumar, segundo os datos de AECC. 

Novas

CONTENT.1784627645

28/01/2026

O alumnado do CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro prepárase para as regueifas

Obradoiro

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria dos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro participaron estes días nos obradoiros de compadres e comadres organizados pola Concellería de Educación dentro da programación do Entroido. Durante as sesións, impartidas por Sabela Gago, os nenos e nenas puxeron en práctica a elaboración tradicional dos mecos que usarán nas regueifas dos próximos días 5 e 12 de febreiro. 

Novas

CONTENT.1784627645

28/01/2026

O Concello de Barbadás inicia o expediente de licitación para a reforma do muro do Parque da Liberdade

Muro do Parque da Liberdade
  • A intervención está orzamentada en preto de 58.000 euros 

O Concello de Barbadás vén de iniciar o expediente de licitación da reforma íntegra do muro de contención do Parque da Liberdade, na Valenzá. A actuación, valorada en preto de 58.000 euros, inclúe a demolición do actual muro, o movemento de terras para lograr unha correcta drenaxe das augas de escorrentía, a construción dunha nova cimentación e dun novo muro e o recheo e recuperación da zona verde afectada. O obxectivo do goberno local é que as obras estean rematadas a finais da primavera. “É unha obra moi necesaria por motivos de seguridade”, asegura Daniel Rey, tenente alcalde e concelleiro de Obras. 

A intervención solucionará as deficiencias estruturais, que provocaron un derrubamento na parte máis alta do muro o pasado mes de maio. “A aparelladora técnica municipal informou entón da necesidade de realizar un estudo técnico para avaliar as causas do derrubamento e deu orde de balizar a zona por precaución”, explica Rey. 

O estudo consistiu na realización de catas no parque, na beirarrúa e no propio muro por parte de persoal técnico externo. “O informe resultante indicou que a altura do muro, a capacidade estrutural insuficiente e a acumulación de auga no trasdós por drenaxe deficiente provocaron o fallo”, detalla o tenente alcalde. A actuación realizarase de acordo ás indicacións técnicas para mellorar a capacidade portante da parede e reforzar así a seguridade do entorno, moi utilizado por poboación de todas as idades. 

Novas

CONTENT.1784627645

28/01/2026

O Concello de Barbadás aposta por un Entroido tradicional con obradoiros de mecos, regueifas, charangas e cantos de taberna

Presentación Entroido 2
  • “Este ano temos unha programación intensa e extensa”, asegura Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás
  • As inscricións para participar no Gran Desfile do martes de Entroido xa están abertas

 

O Concello de Barbadás aposta pola tradición na programación do Entroido 2026, onde non faltan os mecos, as regueifas, as charangas e os cantos de taberna. “Este ano temos unha programación intensa e extensa”, asegurou esta mañá Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, na presentación do programa. 

 

O concelleiro de Cultura, José Manuel Morgade, convidou á poboación a desfrutar das actividades, que comezaron esta mesma semana cos obradoiros de compadres e comadres nos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro. O obradoiro de elaboración da máscara dos Follateiros de Lobios deste sábado, así como as regueifas infantís de compadres e comadres suporán a antesala dos días grandes, que comezan o venres 13 co desfile infantil dos centros educativos. 

 

“O programa ten certas modificacións respecto a anos anteriores, como o desfile infantil, no que volvemos ao modelo anterior e cada colexio desfila por separado”, detallou Morgade. Nesa liña, lamentou a desinformación vertida polas concelleiras do PSdeG, e fixo fincapé na seguridade dos participantes. “O ano pasado amoreáronse máis de 1.000 nenos e nenas nun tramo moi pequeno”, recordou o alcalde. Pola súa parte, o tenente alcalde e concelleiro de Emerxencias, Daniel Rey, reiterou a importancia de manter a seguridade e evitar alteracións da mobilidade dunha vía con “tráfico denso” en horas punta. 

 

O mesmo venres, Xusto Calviño e o Grupo defensor do Meco encargaranse de realizar o pregón do Entroido na Glorieta da Familia, que estará acompañado pola actuación musical do Grupo Zoadeira e polos cantos de taberna de Cuncas do Son. Os dous grupos realizarán unha rolda musical de inicio de Entroido polos diversos establecementos hostaleiros da Valenzá ata as 22,30 horas. “O ano pasado, o venres pola noite houbo unha discoteca móbil, pero a estatística fíxonos suspender ese evento. A Policía Local e Protección Civil atendeu numerosos incidentes relacionados con intoxicacións etílicas, vandalismo e pelexas, e este goberno municipal non vai permitir este tipo de situacións”, sinalou Rey. 

 

O sábado, a música trasladarase ás aldeas do concello grazas á Charanga Big Band, que percorrerá o municipio de 17,00 a 21,30 horas. A Charanga Europa encargarase de poñer a nota musical na Valenzá na mañá do domingo, de 10,00 a 14,00 horas. 

 

O luns de Entroido será a quenda da celebración para os máis pequenos de Barbadás, que poderán participar na Festa Infantil de Disfraces no Parque da Solaina, a partir das 16,30 horas. 

 

Inscricións abertas para o Gran Desfile

 

O martes de Entroido terá lugar na Valenzá o habitual Gran Desfile de Barbadás, unha cita que congrega a milleiros de persoas na Avenida de Celanova. As inscricións para participar permanecerán abertas ata o día 16 de febreiro ás 12,00 horas. Como é habitual, haberá premios para as mellores comparsas. “Este ano fixemos modificacións nas bases para que estean moito máis claras para os participantes”, asegurou Xosé Carlos Valcárcel. 

 

O Gran Desfile comezará ás 17,00 horas e rematará ás 20,00 horas coa entrega dos premios e animación musical. Ante o elevado número de vehículos que se desprazan ata A Valenzá para desfrutar da cita entroideira, o párking do Carrefour estará aberto para facilitar o aparcamento. “No operativo de seguridade participarán efectivos médicos, Protección Civil, Policía Local de Barbadás, Policía Local de Ourense e efectivos da Guarda Civil”, detallou Rey, quen agradeceu a colaboración de todas as áreas e corpos involucrados para lograr unha celebración segura. 

 

O Desfile Fúnebre e a Queima do Meco do mércores 18 porán o punto e final á celebración entroideira. Na cita, que arranca ás 20,00 horas, participarán viúvas, bispos, cregos e monxas, que acompañarán ao meco ata a Praza Vella da Valenzá.

 

Este ano, o goberno local suspendeu o concurso para a elaboración cartel de Entroido debido ás polémicas das dúas edicións pasadas. “Hai dous anos, o suposto artista enviou o mesmo cartel en diversas localidades de España, o que lle quita o elemento creativo e tradicional, e o ano pasado, acusouse de plaxio ao autor”, apuntou Valcárcel. 

Data Adxuntos
28/01/2026 Concello de Barbadás - Programa Entroido 2026 PDF [9 MB]

Novas

CONTENT.1784627645

21/01/2026

O Concello de Barbadás marca os obxectivos deste 2026 en materia de benestar animal

Reunión

O tenente alcalde de Barbadás, Daniel Rey, reuniuse esta semana con parte do voluntariado do programa CER (Captura, Esterilización, Retorno) de colonias felinas do municipio. O encontro permitiu fixar os obxectivos deste 2026 ao mesmo tempo que escoitar as demandas e necesidades do equipo.

A Tenencia de Alcaldía, a través das áreas de Emerxencias e Protección Civil e Medio Ambiente, coordina a preto de 20 voluntarios e voluntarias de diversas asociacións protectoras, que se encargan de proporcionar alimento, esterilización e atención veterinaria ás colonias de gatos. Cabe destacar que a normativa sobre protección animal obriga aos concellos a xestionar as colonias felinas para garantir unhas boas condicións de vida. 

O tenente alcalde pon en valor a “importante labor” realizada polo voluntariado e pide colaboración ao resto da poboación. “A veciñanza debe respetalos e axudalos, están facendo unha labor altruísta en prol do benestar animal e do cumprimento da lexislación”, asegura Rey. 

Novas

CONTENT.1784627645

20/01/2026

Arrancan os obradoiros de memoria en cinco parroquias de Barbadás

Obradoiro

O Concello de Barbadás inicia esta semana en cinco parroquias os obradoiros anuais de memoria dirixidos a persoas adultas. A actividade, centrada na estimulación cognitiva a través de exercicios lúdicos vinculados coa linguaxe e cos números, ten como obxectivo mellorar a memoria dos participantes ao mesmo tempo que fomentar a súa socialización. “Estes obradoiros, que se veñen desenvolvendo dende hai xa bastantes anos, teñen unha gran demanda”, asegura Daniel Rey, tenente alcalde e concelleiro de Servizos Sociais. 

O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e Daniel Rey visitaron onte o local social de Loiro, primeira parroquia onde comezou a actividade. Ao longo da semana sumaranse Sobrado do Bispo, A Valenzá, Bentraces e Piñor. As persoas interesadas en inscribirse aínda poden facelo a través do teléfono 988 393 168 ou na área de Servizos Sociais. O custo da actividade é de 40 euros por tempada, que remata a finais de ano.

Os obradoiros están impartidos por persoal da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (AFAOR) a través dun convenio co Concello de Barbadás.

Novas

CONTENT.1784627645

15/01/2026

Protección Civil Barbadás intensifica a súa actividade e pecha 2025 con 1.774 atencións

  • As actuacións relacionadas con mantemento, coas áreas sociais do concello e con operativos programados supoñen o groso do servizo
  • “Desde 2023, asumimos tanto funcións de emerxencias como de Protección Civil como de incendios forestais, na parte preventiva e na de extinción”, detalla o concelleiro Daniel Rey

A área de Emerxencias e Protección Civil do Concello de Barbadás reforzou a súa actividade durante o 2025 cun notable incremento das súas atencións. Se o servizo rexistrara en 2024 un total de 1.015 actuacións, no 2025 a cifra aumentou ata as 1.774, preto do dobre. O equipo humano, composto por unha trintena de profesionais entre persoal remunerado e voluntario, realizou máis de 10.000 horas de atencións no último ano.

Daniel Rey, tenente alcalde e edil de Emerxencias, dá conta da ampliación dos servizos atendidos pola Concellería nos últimos anos. “Desde 2023, asumimos tanto funcións de atención de emerxencias como de Protección Civil como de incendios forestais, na parte preventiva e na de extinción”, detalla. Rey pon en valor o labor “encomiable” desempeñado polo xefe da agrupación e polo persoal e sinala a gran “profesionalidade” de todo o equipo: “Un profesional é quen sabe exercer o seu traballo dun xeito acaído, sexa voluntario ou remunerado”. 

Actualmente, a Concellería de Emerxencias traballa de xeito transversal co resto de áreas municipais. Nesa liña, en 2025 as actuacións relacionadas con mantemento e coas áreas sociais do Concello foron as intervencións máis comúns, cun total de 460 entre xaneiro e decembro. “Protección Civil colabora con Asuntos Sociais en domicilios, en eventos divulgativos, con Saúde en atención a primeiros auxilios cando os recursos sanitarios están desbordados…”, explica Rey.

Os operativos programados son o segundo servizo máis frecuente, con 392 durante o pasado ano. Esta categoría inclúe os dispositivos especiais de Entroido e Nadal ou de eventos de asistencia masiva como o Rally Mix Barbadás, a romaría de San Bieito de Cova do Lobo, a Cavernícola Race ou as Festas da Valenzá.

As intervencións con animais (277), os operativos preventivos de risco (129) e as atencións en accidentes viais (107) completan o listado das actuacións máis habituais de Protección Civil. 

Por outra banda, cabe destacar o incremento dos servizos vinculados a incendios no 2025, sobre todo durante a vaga de lumes que asoballou a provincia o pasado mes de agosto. Protección Civil acudiu a un total de 73 incendios ao longo do ano, dos que medio centenar eran forestais. As alertas de avespa velutina, pola súa parte, seguen reducíndose no municipio, na mesma liña que en 2024. O servizo atendeu 69 avisos deste tipo o ano pasado, preto dunha vintena menos que no exercicio anterior. 

Equipamentos e vehículos

Ante o aumento da actividade de Protección Civil, o Concello de Barbadás reforza o investimento en equipamentos de intervención e en equipamentos de protección individual. “Ninguén pode axudar aos demais se non está protexido adecuadamente”, recorda Daniel Rey. 

A previsión do goberno local é seguir mellorando as instalacións, vehículos e equipamentos do servizo durante 2026. Nesta liña, o Concello solicitou unha subvención para a mellora da eficiencia enerxética do edificio base de Protección Civil, ademais de contemplar o investimento en sistemas de comunicación e materiais necesarios. “Tamén imos solicitar a colaboración da Xunta para renovar os vehículos”, engade o concelleiro.  

Novas

CONTENT.1784627645

13/01/2026

Barbadás notificará á empresa que presta o servizo de axuda no fogar a segunda sanción: 12.000 euros

  • Os incumprimentos do contrato inclúen a falta de cobertura de baixas e vacacións da plantilla ou a carencia de profesionais cualificados
  • O goberno local lembra que a administración autonómica e a estatal están obrigadas a cubrir integramente o custe da atención á domicilio

O Concello de Barbadás pecha o segundo expediente sancionador á empresa do Servizo de Atención no Fogar (SAF), Osventos, debido aos sucesivos incumprimentos do contrato. Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de alegacións, dito expediente non recibiu ningunha por parte da adxudicataria, polo que agora será levado á Xunta de Goberno para a aprobación da proposta de resolución, que se traducirá nunha sanción de 12.000 euros. Mentres, o Concello busca fórmulas de mellora deste servizo, fundamental para a atención das persoas máis vulnerables do Concello. 

As carencias no servizo -baixas e vacacións sen cubrir ou mesmo falta de profesionais cualificados- están a provocar o detrimento da atención ás persoas dependentes do Concello. Ante elo, o goberno local iniciou dous expedientes: malia que o primeiro non prosperou na vía xudicial por unha cuestión de prazos, o segundo é do que estamos a falar agora. O informe desta segunda sanción iniciouse nos primeiros días do pasado mes de agosto, despois de que numerosas familias presentasen queixas ante a falta de persoal e o empeoramento do servizo. 

Este asunto foi obxecto de debate no pleno ordinario deste luns, no que o tenente alcalde, Daniel Rey, deu conta dos pasos dados polo goberno municipal en relación ao SAF ante a moción do PSdeG para evitar os incumprimentos da empresa adxudicataria. 

Rey recordou os numerosos requerimentos enviados a Osventos desde que se detectou o detrimento do servizo, así como as sancións e as peticións de reunións coa súa dirección para solucionar a situación. Por outra banda, puxo énfase no infrafinanciamento da administración autonómica e estatal, obrigadas por lei a asumir o 100% da atención a domicilio. “En Barbadás, o Concello financia o 58,7% do SAF, cando deberían encargarse a Xunta e o Goberno Central xa que non é unha competencia municipal”, apuntou. 

De feito, o Concello unirase á demanda anunciada pola Fegamp contra a Xunta pola falta de financiamento autonómico dos servizos de atención no fogar. O pasado mes de agosto, Barbadás xa lle reclamou ao goberno galego que asumira a xestión do SAF. 

Nos últimos meses, o goberno local reuniuse coa asociación galega sociosanitaria para coñecer a situación do sector, marcada pola falta de profesionais cualificados e as dificultades de contratación. Nesa liña, o Concello de Barbadás impulsará neste 2026 un obradoiro de emprego sociosanitario, que facilite a formación e contratación de traballadores no municipio. 

Aprobación do padrón máis elevado da historia de Barbadás

O pleno do Concello de Barbadás tamén aprobou en sesión plenaria a cifra de poboación a data 01/01/2025, 11.201 habitantes. Trátase do padrón máis elevado da historia de Barbadás, o quinto concello máis poboado da provincia ourensá, só por detrás da cidade, Carballiño, O Barco e Verín. O goberno local destacou a importancia de atraer poboación nun contexto demográfico adverso como o actual, no que os concellos galegos, e en especial, os de interior, perden habitantes ano tras ano.

Porén, Barbadás rexistrou na última década un crecemento continuado da veciñanza, só interrumpido no 2021, ano posterior á pandemia, cun pequeno descenso. De feito, desde 2015, o municipio recibiu a preto dun milleiro de novos veciños e veciñas, o que dá conta da boa calidade dos servizos e prestacións municipais, así como da dinamización económica e social do concello.

Novas

CONTENT.1784627645

23/12/2025

O alcalde reorganiza o goberno con novas delegacións aos concelleiros Morgade e Rey

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asinou onte o decreto das novas delegacións dos concelleiros José Manuel Morgade e Daniel Rey, unha vez cinco concelleiras que formaban parte do goberno local decidiron renunciar ás súas competencias. 

“Más alá do difícil momento nos que nos sitúa a súa renuncia, quero agradecerlles a todas elas a súa adicación no desempeño das súas funcións como concelleiras, especialmente á que foi tenente alcalde do Concello durante os dous últimos mandatos e persoa da miña total confianza desde hai 20 anos”, explica o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel.

Deste xeito, Daniel Rey, ademais da Área de Emerxencias e Intervencións Públicas, Disciplina Medioambiental e Gardería Forestal, encargarase tamén da Tenencia de Alcaldía e da coordinación de Urbanismo, Vías e Obras, Servizos Públicos, Parques e Xardíns, Servizos Sociais, Saúde e Igualdade.

José Manuel Morgade, ademais da área de Promoción Económica, Turismo, Recursos Humanos e Formación, estará á fronte da área segunda Tenencia de Alcaldía, Educación e Comercio, Cultura e Participación Veciñal. 

Pola súa banda, o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel asume a xestión da Policía Local e as áreas de Facenda, Deportes e Mocidade.

Novas, Ordenanzas e Normativas

CONTENT.1784627645

10/12/2025

O Concello de Barbadás contrata a un peón de servizos múltiples a través de Garantía Xuvenil

O Concello de Barbadás vén de contratar a un peón de servizos múltiples a través do plan Garantía Xuvenil cunha subvención de 16.380,09 euros. O traballador realizará fundamentalmente labores de xardinaría e tarefas de apoio ao servizo de parques e xardíns, así como labores de mantemento na vía pública. 

Este tipo de subvencións están destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito de Galicia, a través da colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Novas

CONTENT.1784627645

10/12/2025

O Banco Solidario de Barbadás reabre as súas portas tras a renovación integral das instalacións

Banco Solidario
  • O acto de reapertura incluíu a homenaxe de 16 voluntarios da entidade municipal
  • “O Banco acaba de experimentar unha remodelación intensa que permitirá traballar mellor e ser máis efectivos”, apunta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás

O Concello de Barbadás reabriu este martes o local do Banco Solidario despois da renovación integral das instalacións municipais. A Concellería de Servizos Sociais reforza así a súa aposta pola iniciativa social, que leva 10 anos sendo un apoio fundamental para as familias máis vulnerables de Barbadás. A actuación incluíu o pintado de todo o local (localizado na rúa Ensino da Valenzá), así como a colocación de novo mobiliario (como estantes e percheiros) para almacenar doazóns da veciñanza de xeito máis cómodo e seguro. “O Banco acaba de experimentar unha remodelación intensa que permite traballar mellor cos recursos que temos e ser máis efectivos no ámbito da solidariedade e na atención ás persoas máis vulnerables, algo fundamental para o Concello”, explicou Xosé Carlos Valcárcel, alcalde, durante o acto. O rexedor tamén recordou que o Banco axuda a un total de 150 persoas do municipio.

A concelleira de Servizos Sociais, Elisabet González Nistal, enxalzou o importante papel do Banco Solidario en Barbadás, sobre todo durante a época de Nadal. “Agora mesmo estamos en plena organización de todo o que recollimos durante a campaña de xoguetes para que ningún neno ou nena de Barbadás quede sen agasallo nestas festas”, explicou a edila. Os días 17 e 18 de decembro, os voluntarios e voluntarias do Banco encargaranse de distribuír os lotes de xoguetes e comida non perecedoira entre as familias máis vulnerables do municipio. 

Homenaxe ao voluntariado

A reapertura do Banco Solidario tamén incluíu unha emotiva homenaxe ao voluntariado, que co seu esforzo e compromiso fan posible que a iniciativa siga en pé 10 anos despois da súa creación. Así, a inauguración contou coa presenza de Ana, Corina, Yolanda, Teresa, Isabel, Purificación, Elida, Luis Fernando, Luis Enrique, Sandra, Maribel, Carmen, Marián e Pilar, parte do equipo humano detrás do Banco Solidario. “Todos e todas as que regalades o voso tempo, enerxía e cariño sen pedir nada a cambio sodes a alma do Banco”, resaltou a concelleira na súa intervención, na que tamén se acordou dos voluntarios que xa non están ou que xa non colaboran na entidade. 

“Grazas por cada xesto, por cada día que decidides estar aquí. O que facedes pode parecer pequeno a ollos do mundo, pero para quen o recibe… é todo”, asegurou. O acto contou tamén coa participación do resto do goberno local e da oposición, así como do equipo de Servizos Sociais e de Protección Civil. 

Novas

CONTENT.1784627645

09/12/2025

Barbadás aprenderá a cociñar sen glute grazas a un curso gratuíto

  • Durante a actividade, ensinarase a facer doces de Nadal seguros para celíacos

O sábado 13 de decembro, de 11.00 a 13.30 horas, na Asociación Fonval de A Valenza (Rúa Ensino 11, ao lado da Policía Local), terá lugar “Barbadás cociña sen glute!!”, un obradoiro gratuíto orientado a persoas celíacas ou intolerantes ao gluten, así como a veciños empadroados no municipio. Esta actividade, promovida pola Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA) en colaboración co Concello de Barbadás, permitirá aprender a preparar receitas seguras e sabrosas sen gluten, compartir experiencias e fomentar hábitos alimentarios adaptados.

Durante o obradoiro, os participantes elaborarán galletas de Nadal, troncos de Nadal e focaccia aptas para celíacos. As prazas son limitadas, polo que os interesados deberán inscribirse previamente a través de ACEGA (teléfonos: 981 104 467 / 679 461 003; correo: info@celiacosgalicia.es) ou mediante o formulario en liña: https://forms.gle/wbw21sToRw9Z9BTt9.

Este curso súmase ás políticas de apoio que o Concello de Barbadás vén implementando en favor das persoas con celiaquía e intolerancias alimentarias. Entre outras medidas, o Concello ofrece axudas económicas para cubrir parte do sobrecusto derivado da compra de alimentos específicos sen gluten ou sen lactosa — unha iniciativa considerada pioneira en Galicia. A convocatoria actual permite solicitar subvencións de ata 400 € por persoa.

Con “Barbadás cociña sen glute!!” preténdese “non só ofrecer unha actividade formativa e práctica, senón tamén contribuír á inclusión e á visibilidade das persoas celíacas, facilitando un estilo de vida saudable e adaptado”, declara Eli González, concelleira de Servizos Sociais, Saúde e Igualdade de Barbadás. Así mesmo — e dado o carácter gratuíto e acessible do obradoiro — “búscase promover o intercambio comunitario e o apoio mutuo entre veciños/as, fortalecendo os lazos sociais no municipio” engadiu.

Novas

CONTENT.1784627645

06/12/2025

O Concello de Barbadás celebra o Nadal cunha vintena de actividades dirixidas a todos os públicos

Presentación
  • “Será un Nadal cheo de color, ledicia, música, deporte, cultura e actividades sociais”, resalta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel
  • O acendido da árbore deste venres suporá o inicio dos festexos no municipio
  • “Este Nadal está centrado na dispersión xeográfica, o alumeado ímolo levar a todos os recunchos do concello”, asegura Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Servizos Públicos

O Concello de Barbadás propón unha variada programación para celebrar o Nadal cunha vintena de actividades dirixidas a todos os públicos. A veciñanza poderá desfrutar dunha vintena de propostas lúdicas que inclúen teatro, concertos, obradoiros, festivais ou torneos. “Será un Nadal cheo de color, ledicia, música, deporte, cultura e actividades sociais”, resaltou o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, durante a presentación da programación. O rexedor tamén convidou á veciñanza a escoller para as compras de Nadal o comercio local de Barbadás, unha panca económica fundamental do municipio e un dos principais dinamizadores da vida social. 

Os festexos comezarán este venres pola tarde co acendido da árbore e da iluminación de Nadal. A partir das 18,00 horas haberá animación musical no entorno da árbore (situada na rúa Viso, número 1) para rematar coa tradicional conta atrás do acendido, que se realizará ás 19,00 horas. Para pechar a inauguración, a veciñanza está convidada a unha chocolatada popular. Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Servizos Públicos, deu conta do esforzo do goberno local por iluminar todo o municipio: “Este Nadal está centrado na dispersión xeográfica, imos levar o alumeado ata o último recuncho do municipio”. Este ano, as luces son LED, o que permitirá un maior aforro enerxético. 

Ana Peleteiro, concelleira de Cultura, detallou a programación cultural, que inclúe espectáculos de maxia como “Zasca”, do Mago José Rivera, concertos como o da Banda Musical Infantil da Escola de Música Municipal de Barbadás ou o Festival de Panxoliñas, e teatro, como “Os contos do Lobicán” de Rédrum Teatro. “Queremos que os veciñas e veciñas desfruten destas datas, que interactúen e que socialicen entre elas”, sinalou a concelleira. Papá Noel e Os Reis Magos farán parada en Barbadás, como é habitual, e percorrerán distintos puntos e núcleos do municipio para saudar a toda a poboación. A Concellería de Emerxencias, dirixida por Daniel Rey, conta xa con dispositivos especiais para as cabalgatas, ao igual que para o resto de actividades na vía pública.

Entre as propostas para as próximas semanas tamén destacan as deportivas. A concelleira de Deportes, Noemí Pintos, convidou á poboación a achegarse ao torneo benéfico prebenxamín Memorial Javier Carid “Abuelo”, que permitirá recoller alimentos para o Banco de Alimentos. 

Por outra banda, tamén haberá oco para actividades saudables, como o Obradoiro de Doces de Nadal para persoas celíacas. “Poden participar tanto persoas con celiaquía como as súas familias”, detallou Elisabet González, concelleira de Servizos Sociais e Saúde. A Consellería de Servizos Sociais atópase inmersa actualmente na recollida de xoguetes para familias vulnerables, que o Banco Solidario repartirá nas próximas semanas.

Concurso de escaparates e balcóns

A concelleira de Comercio, Marga Pérez, recordou que aínda está aberto o prazo para inscribirse no concurso de decoración de Nadal de escaparates e no concurso de balcóns e portais. “É un xeito de que a veciñanza participe e colabore en facer entre todos máis bonito o noso municipio para estas datas tan máxicas”, apuntou. 

O prazo de inscripción remata este venres ás 14,00 horas para os dous concursos. A solicitude pode presentarse nos rexistros municipais ou na sede electrónica do Concello de Barbadás. A votación será popular -poderá participar toda a veciñanza- e telemática, entre os días 10 e 17 de decembro.

Data Adxuntos
06/12/2025 2025-Barbadás-Díptico Programa Nadal PDF [5 MB]

Novas

CONTENT.1784627645

01/12/2025

Máis de 50 familias adheríronse á compostaxe doméstica a través da campaña de concienciación do Concello de Barbadás

Entrega Composteiros
  • O goberno local organiza charlas coa veciñanza para dar a coñecer este tipo de reciclaxe e entregar composteiros aos participantes 

O Concello de Barbadás aposta pola implantación da compostaxe doméstica para avanzar na protección do medio ambiente. O goberno local continúa coa campaña de concienciación dirixida a toda a veciñanza que dispón dun pequeno terreo, e no que vai de ano xa son máis de 50 as familias adheridas á iniciativa. 

Nesa liña, o Centro Empresarial Transfronteirizo (CET) acolleu a pasada semana unha nova entrega de composteiros domésticos, ademais dunha charla explicativa das pautas básicas para iniciar correctamente o proceso de compostaxe no fogar. Un total de 17 familias adheríronse á campaña na charla, o que dá conta da importancia de impulsar este tipo de sesións informativas.

O goberno local anima ás persoas que aínda non se teñan sumado a facelo, lembrando que a compostaxe doméstica é unha ferramenta eficaz para reducir biorresiduos, diminuír o volume de lixo que chega a vertedoiro e contribuír a un modelo máis sostible e respectuoso co medio ambiente.

As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web (https://www.barbadas.ocaminosostible.gal). Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.

Novas

CONTENT.1784627645

28/11/2025

A Policía Local de Barbadás estrea o sistema Tetra de comunicación dixital

Convenio
  • Trátase de terminais de formato walkie talkie con interconexión entre servizos de emerxencia, xeolocalización, envío de SMS e chamada ou aviso SOS se a rede de telefonía móbil está caída
  • “Estamos a traballar na desconexión do actual repetidor analóxico que daba servizo a Policía Local e a Protección Civil e queremos ampliar o convenio Tetra ao longo do 2026”, avanza Daniel Rey, concelleiro de Emerxencias

O Concello de Barbadás avanza na modernización da Policía Local coa incorporación dos equipos de comunicación Tetra. A adquisición destes terminais, xunto cos dous vehículos novos dos axentes, dan conta do esforzo do goberno local por mellorar e reforzar a seguridade da veciñanza. Os novos terminais permitirán unha comunicación máis rápida e eficaz entre os policías e co resto de servizos de emerxencias. 

A incorporación dos equipos Tetra chega despois da ampliación do convenio do Concello con Retegal para o uso da rede dixital de seguridade e emerxencias de Galicia. Os terminais, tipo walkie talkie, melloran notablemente a calidade da comunicación dos equipos analóxicos actuais, permiten a xeolocalización, o envío de SMS e chamada ou incluso aviso SOS nos casos nos que a rede de telefonía móbil estea caída. 

O goberno municipal traballa xa na ampliación deste convenio para aumentar o número de terminais tanto para a Policía Local como para o servizo de Emerxencias e Protección Civil. “Estamos a traballar na desconexión do actual repetidor analóxico que daba servizo á Policía Local e a Protección Civil, actualmente obsoleto, e ese aforro de custes irá directamente vencellado á ampliación do convenio Tetra ao longo do 2026”, avanza Daniel Rey, concelleiro de Emerxencias. 

Novas, Seguridade cidadá

CONTENT.1784627645

26/11/2025

Barbadás anima á veciñanza a sumarse á compostaxe doméstica

Compostaxe

O Concello de Barbadás aposta pola implantación da compostaxe doméstica e continúa coa campaña de sensibilización ambiental no municipio. Este venres, día 28, o Centro Empresarial Transfronteirizo acolle unha nova entrega de composteiros domésticos para a poboación, ademais dunha breve explicación coas pautas básicas para iniciar correctamente o proceso de compostaxe no fogar. A charla comeza ás 19,00 horas. 

O goberno local anima ás persoas que aínda non se teñan sumado a facelo nos próximos días, lembrando que a compostaxe doméstica é unha ferramenta eficaz para reducir biorresiduos, diminuír o volume de lixo que chega a vertedoiro e contribuír a un modelo máis sostible e respectuoso co medio ambiente.

As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web (https://www.barbadas.ocaminosostible.gal). Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.

Novas

CONTENT.1784627645

26/11/2025

O Concello de Barbadás inicia as melloras nos accesos á Valenzá vella

Obras Valenzá Vella
  • A intervención, valorada en 64.000 euros, enmárcase no Plan de Obras deste 2025

O Concello de Barbadás vén de iniciar as obras de rehabilitación dos accesos á Valenzá vella desde a avenida de Celanova, unha intervención que mellorará a seguridade e accesibilidade viaria, así como a mobilidade de péons e vehículos. O proxecto, valorado en 64.000 euros, está enmarcado no Plan de Obras deste 2025, no que o goberno local inviste un total de 1,1 millóns de euros. 

A actuación modernizará os accesos ao barrio e adaptará calzadas e beirarrúas aos estándares actuais de accesibilidade universal, favorecendo un espazo urbano máis seguro e inclusivo para toda a veciñanza, en especial para persoas con mobilidade reducida, maiores e familias con bebés. 

Deste xeito,  o proxecto inclúe a renovación e ampliación de beirarrúas para favorecer un tránsito máis cómodo e seguro, a incorporación de pavimento podotáctil para persoas con visibilidade reducida, a adaptación dos rebaixes de bordos nos pasos de peóns, a mellora da sinalización horizontal e da iluminación, a reordenación de mobiliario urbano que actualmente dificulta o paso ou a reposición de elementos deteriorados. 

Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Obras, pon en valor a intervención, “que mellorará notablemente a mobilidade de peóns e vehículos, así como a seguridade viaria da Valenzá Vella”. Morenza resalta a importancia de adaptarse aos estándares actuais de accesibilidade garantindo un “itinerario peonil continuo e libre de barreiras”. Por outra banda, a concelleira recorda que é unha zona moi frecuentada, polo que a intervención redundará nunha notable mellora da calidade de vida da veciñanza. 

Novas, Urbanismo

CONTENT.1784627645

24/11/2025

O CIM de Barbadás inicia a Biblioteca Feminista, aberta a toda a cidadanía

Biblioteca municipal
  • Os títulos en préstamo inclúen novelas, ensaios e cómics que reflexionan sobre o papel da muller na sociedade
  • “Pode vir quen queira ao CIM e buscar se hai algún libro do seu interese”, sinala Elisabet González, concelleira de Igualdade

O Centro de Información á Muller (CIM) de Barbadás inicia a súa Biblioteca Feminista, un proxecto dirixido a toda a cidadanía que busca animar á lectura ao mesmo tempo que concienciar sobre as realidades ás que se enfrontan as mulleres. Os libros, escollidos polo persoal do CIM, están dispoñibles para o seu préstamo no propio centro; basta con achegarse, escoller un título e cubrir unha pequena ficha cos datos persoais. “Pode vir quen queira e buscar se hai algún libro do seu interese”, sinala Elisabet González, concelleira de Igualdade. 

Os volumes, maioritariamente de autoría feminina, inclúen novelas, ensaios e cómics nos que se reflexiona sobre o papel da muller na sociedade, a violencia de xénero, o acoso sexual, a prostitución ou o peso dos coidados no fogar. “Son lecturas moi recomendables de autoras moi coñecidas como Carmen Martín Gaite, Chimamanda Ngozi Adichie, Cristina Fallarás ou Ledicia Costas”, explica González. 

O obxectivo é dar a coñecer a Biblioteca entre a veciñanza e ir ampliando pouco e pouco o fondo, que actualmente roza o medio centenar de exemplares. “A Biblioteca tamén ten un uso terapéutico entre as usuarias do CIM que viven situacións de violencia e vulnerabilidade. É outra forma de acompañalas que complementa á atención psicolóxica, social e legal do CIM”, detalla a concelleira de Igualdade. 

CIM-Centro de Información á Muller, Igualdade, Novas

CONTENT.1784627645

21/11/2025

Barbadás conciencia ás novas xeracións sobre a realidade da violencia de xénero

Presentación
  • O Concello conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller baixo o lema “Contra o negacionismo: compromiso e acción”
  • “Queremos poñer o foco no negacionismo da violencia de xénero, en constante aumento nos últimos tempos, xa que consideramos que este tipo de discursos tamén son violencia”, apunta Elisabet González, concelleira de Igualdade

O Concello de Barbadás conmemora o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, baixo o lema “Contra o negacionismo: compromiso e acción”. As actividades programadas, que inclúen teatro ou obradoiros, van dirixidas a visibilizar e denunciar as moitas violencias que sofren as mulleres hoxe en día, así como a concienciar á poboación de todas as idades. “Queremos poñer o foco no negacionismo da violencia de xénero, en constante aumento nos últimos tempos, xa que consideramos que este tipo de discursos tamén son violencia”, sinalou esta mañá Elisabet González, concelleira de Igualdade, na presentación da programación.

Nesta liña, a Concellería aposta por achegarse aos centros educativos e formar ás novas xeracións na identificación da violencia e no desenvolvemento do pensamento crítico. “Teremos o obradoiro ‘O que non se ve non existe’, con alumnado de Educación Primaria, e ‘Desmontando mitos’, con alumnado de Secundaria”, detallou González. “Os obradoiros tocan cuestións esenciais como esas formas de violencia máis sutís, máis ocultas, son máis difíciles de identificar”, resaltou o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel. O rexedor puxo énfase na importancia de poñer enriba da mesa as situacións que viven as mulleres e o impacto de certos discursos: “Négase unha realidade visible, pero que non se quere ver”. 

As actividades levaranse a cabo durante os meses de novembro e decembro no CEIP Filomena Dato, O Ruxidoiro, Luis Vives e IES Ferro Couselo. 

Teatro, lectura de manifesto e mesa institucional

O propio 25N, na rotonda da Familia da Valenzá, realizarase a lectura dun manifesto contra a violencia machista ás 12,00 horas, na que participará alumnado do CPR Luis Vives. O acto tamén incluirá a colocación dunha carpa aberta á veciñanza, na que se informará sobre a campaña da Concellería e se darán a coñecer os recursos e servizos dispoñibles para as mulleres vítimas de violencia. 

A programación complétase o día 28 de novembro coa Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á violencia de xénero e a obra teatral “Xoguetes rotos”, da compañía Barrosanta, que terá lugar na Casa de Cultura ás 20,30 horas. 

 

https://www.barbadas.es/barbadas-conciencia-as-novas-xeracions-sobre-a-realidade-da-violencia-de-xenero/

Igualdade, Novas

CONTENT.1784627645

14/11/2025

Programa para evitar a soidade dos maiores de 60 anos nas festas de Nadal

  • A veciñanza interesada pode achegarse a solicitar información ás oficinas de Servizos Sociais 

As persoas maiores de 60 anos que se atopen soas nas festas de Nadal poden acollerse ao programa de envellecemento activo “Xuntos polo Nadal”, impulsado pola Consellería de Política Social e Igualdade.

As veciñas e veciños interesados en sumarse á iniciativa poden achegarse as oficinas de Servizos Sociais de Barbadás para informarse e inscribirse na convocatoria.

O programa permite aos maiores pasar as datas acompañados por outras persoas maiores nas residencias de tempo libre da Xunta, o que fomenta a convivencia e o apoio mutuo. Trátase dun servizo gratuíto que se levará a cabo entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro, en quendas de 8 ou 16 días, en réxime de pensión completa.

Cursos

CONTENT.1784627645

12/11/2025

Barbadás aposta pola conciliación co Campamento de Nadal para cativada de 3 a 12 anos

  • “Este ano contamos cun horario máis amplo para axudar ás familias”, resalta Marga Pérez, concelleira de Educación

O Concello de Barbadás aposta unha vez máis pola conciliación das familias durante as vacacións escolares de Nadal. A área de Educación impulsa o Campamento de Nadal, unha proposta que inclúe actividades lúdicas e creativas adicadas a nenos e nenas de 3 a 12 anos. “Este ano contamos cun horario máis amplo para axudar na tan necesaria conciliación familiar e laboral”, resalta Marga Pérez, concelleira de Educación.

O Campamento terá lugar no Espazo Infantil os días 22, 23, 29 e 30 de decembro e o 7 de xaneiro en horario de 8,30 a 14,00 horas. “Haberá xogos cooperativos e obradoiros, pero sobre todo, moita diversión cos novos e novas amigas”, asegura Marga Pérez, concelleira de Educación. Cada día, as actividades serán distintas: desde un obradoiro de creación de adornos de Nadal ata un obradoiro de cociña, cine temático ou caza do tesouro. 

As familias interesadas xa poden consultar as bases e o modelo de solicitude na páxina web do Concello (barbadas.es). As inscricións pódense formalizar do 17 ao 28 de novembro na Casa Consistorial e nas Oficinas Municipais, na Valenzá. 

Novas

CONTENT.1784627645

11/11/2025

Barbadás levará a cabo un novo reparto de composteiros entre a veciñanza

Punto Informativo
  • Durante a fin de semana, habilitouse un punto informativo na Valenzá para resolver dúbidas, explicar os beneficios da compostaxe e fomentar a participación cidadá

O Concello de Barbadás continúa a avanzar na implantación da compostaxe doméstica e na sensibilización ambiental da veciñanza. Con este obxectivo, o pasado sábado 8 de novembro habilitouse un punto informativo no municipio, que serviu como espazo de encontro para resolver dúbidas, explicar os beneficios da compostaxe e fomentar a participación cidadá.

Ao longo da xornada, o punto informativo recibiu unha excelente acollida, con numerosas persoas achegándose para coñecer máis sobre o proceso de compostaxe, solicitar información práctica e anotarse para participar no programa municipal. A poboación tamén puido recoller cubos para reciclar nos domicilios de entornos urbanos os residuos orgánicos que van ao contedor marrón. Esta acción permitiu acercar a campaña directamente á rúa, favorecendo unha comunicación directa, próxima e personalizada coas persoas interesadas.

Como continuidade da iniciativa, o Concello entregará composteiros domésticos o venres 28 ás 19,00 horas no Centro Empresarial Transfronteirizo. Ademais da recollida do material, ofrecerase unha breve explicación coas pautas básicas para iniciar correctamente o proceso de compostaxe no fogar.

O Concello anima ás persoas que aínda non se teñan sumado a facelo nos próximos días, lembrando que a compostaxe doméstica é unha ferramenta eficaz para reducir biorresiduos, diminuír o volume de lixo que chega a vertedoiro e contribuír a un modelo máis sostible e respectuoso co medio ambiente.

As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web (https://www.barbadas.ocaminosostible.gal). Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.

Novas

CONTENT.1784627645

10/11/2025

O Concello de Barbadás mellora a seguridade viaria e a accesibilidade do camiño da Moura de Arriba

Obras Camiño
  • A vía, que une os núcleos de Barbadás e Sobrado, é moi transitada por vehículos e peóns

O Concello de Barbadás iniciará nos próximos días as obras de mellora do camiño da Moura de Arriba, unha vía que une os núcleos de Barbadás e Sobrado e polo que transitan numerosos vehículos e peóns. A intervención, enmarcada no Plan Camiña Rural 2025-2026 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), supón un investimento de máis de 53.000 euros e conta cun prazo de execución de 3 meses. 

A tenente alcalde e concelleira de Obras, Victoria Morenza, destaca o esforzo do Concello de Barbadás por mellorar as infraestruturas rurais e facilitar o acceso ás explotacións agrícolas e ás vivendas situadas nas parroquias do municipio. “O camiño da Moura de Arriba é unha vía fundamental para comunicar Barbadás e Sobrado: é unha zona moi transitada que se atopaba nun estado bastante complicado para a seguridade viaria”, explica. 

As obras abranguen un tramo de 511 metros, nos que se actuará sobre firme, cunetas e sinalización. Deste xeito, aplicarase unha nova capa de aglomerado para corrixir as irregularidades actuais e mellorar a resistencia da vía; levarase a cabo a limpeza das cunetas para favorecer a drenaxe da auga; desbrozarase a vexetación dos laterais do camiño para garantir unha boa visibilidade; axustaranse en altura os tres pozos existentes na zona, e instalarase nova sinalización vertical e horizontal.

Novas, Urbanismo

CONTENT.1784627645

04/11/2025

O Concello de Barbadás reclama á Xunta un maior financiamento para as asociacións de discapacidade intelectual

  • O pleno aprobou a moción presentada por PSdeG e DO en apoio ás reivindicacións de Fadenga e Aedigal

O Concello de Barbadás reclama á Xunta un maior financiamento para as asociacións e entidades de discapacidade intelectual, que levan a cabo unha labor clave no acompañamento, asesoramento e inclusión das persoas afectadas. PSdeG e DO presentaron na sesión plenaria ordinaria deste luns unha moción para adherirse ás reivindicacións de Fademga Plena inclusión Galicia e Asociación Empresarial para a Discapacidade Intelectual e o Desenrolo de Galicia (Aedigal), que alertan do posible peche de centros en toda Galicia debido ao infrafinanciamento das entidades sociais.  

A concelleira de Servizos Sociais, Elisabet González, puxo en valor o traballo que desempeñan diariamente colectivos e asociacións tales como o Centro Ocupacional As Burgas da Valenzá, que conta con máis de 80 persoas usuarias. A edila lamentou a falta de colaboración por parte da administración autonómica, a quen pediu iniciar unha mesa de negociación con Fademga e Aedigal para abordar o tema e buscar solucións. “A responsabilidade de corrixir esta situación recae directamente na Xunta e na Consellería de Política Social”, resaltou. A moción foi aprobada cos votos a favor de PSdeG, DO, Partido Galego e BNG, e cos votos en contra do Partido Popular. 

Transporte metropolitano

O pleno aprobou por unanimidade a moción presentada polo BNG sobre o transporte metropolitano, unha demanda histórica de Barbadás e do resto de concellos da comarca ourensá. A tenente alcalde e concelleira de Mobilidade, Victoria Morenza, deu conta da actual situación do comité de transporte, constituído pola Deputación. “Non ten sentido que sexa a Deputación quen o lidera, xa que é unha competencia da Xunta”, sinalou. 

Morenza detallou as propostas do Concello de Barbadás ao comité, tales como a extensión da liña de transporte urbano do Concello de Ourense ata o Hospital de Piñor, o incremento das frecuencias dos servizos prestados no rural (Loiro, Bentraces, Sobrado, Barbadás, Piñor e Parada) ou a creación dunha liña que una San Lourenzo de Piñor e Parada coa Valenzá. Porén, a tenente alcalde lamentou que o comité non sexa un órgano competente para tomar decisións, e instou de novo á Xunta a liderar o proceso, o que permitiría avanzar no proxecto. 

O pleno tamén aprobou unha moción do PP para apoiar aos autónomos e á economía local, así como unha moción do BNG sobre o reforzo dos servizos públicos adicados á loita contra a violencia de xénero. Por outra banda, a corporación deu luz verde á modificación da ordenanza fiscal número 6 reguladora da taxa pola prestación de abastecemento de auga potable.

Novas

CONTENT.1784627645

29/10/2025

O Concello de Barbadás realizará melloras na rede de saneamento e renovará colectores para evitar posibles infiltracións e fugas

  • O goberno municipal vén de recibir os resultados da auditoría solicitada para coñecer o estado da rede
  • Entre as intervencións destaca a mellora da rede de pluviais en Piñor e Parada, o cambio de varios colectores na Valenzá ou as reparacións de fosas en Sobrado

O Concello de Barbadás levará a cabo nos próximos meses melloras de calado na rede de saneamento municipal para evitar posibles infiltracións e fugas e optimizar os recursos. O goberno local implementa estas actuacións despois de recibir os resultados da auditoría solicitada cunha subvención autonómica para coñecer o estado da rede municipal. “Con este tipo de auditorías detéctanse cales son as necesidades nas que temos que traballar. Ademais de facela na rede de saneamento, xa temos feito análises do abastecemento ou da rede de iluminación pública para mellorar os nosos servizos”, apunta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel.

Cabe destacar que a rede de Barbadás é antiga na súa maior parte, executada en formigón, fibrocemento e PVC na súa totalidade, o que facilita infiltracións na rede desde o exterior. A análise permitiu identificar aqueles puntos nos que é preciso actuar, tanto para poñer solución a fugas detectadas como para evitar que sucedan no futuro. “Trátase de mellorar unha infraestrutura tan básica como é a rede de saneamento, actualizala e minimizar o impacto ambiental dos posibles defectos”, resalta Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Obras.

Entre as intervencións destaca a mellora da rede de pluviais en Piñor e Parada, a ampliación da rúa do Viso, reparacións en fosas de Sobrado, actuacións nas conexións da rúa de Abaixo en Bentraces, cambio do colector na avenida de Celanova desde o cruce coa rúa Altamira ata o cruce coa rúa Burgas ou a renovación dun colector na rúa Guerrera. 

Novas

CONTENT.1784627645

28/10/2025

O Concello de Barbadás remata a rehabilitación integral do local social de Sobrado

Local social Sobrado
  • O goberno local destinou máis de 180.000 euros para a actuación, que incluíu a renovación da cuberta, o cambio das carpintarías, cámaras e illamento, o novo chan, a soleira ventilada ou a construción de baños no interior
  • “Agora é un local moi luminoso, moi amplo, que vai ser multiusos e no que pode haber todo tipo de eventos”, apunta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás

O Concello de Barbadás vén de rematar a renovación integral do local social de Sobrado do Bispo, situado na rúa da Granxa. A intervención municipal, de máis de 180.000 euros, supón a completa modernización do edificio, antiga escola da localidade. Así, a rehabilitación incluíu a renovación da cuberta, a substitución parcial da estrutura do soporte, o cambio das carpintarías, cámaras e illamento das fachadas, a modernización da fontanaría, saneamento, electricidade, iluminación e ventilación, a colocación dun novo chan, a construción de baños interiores e a instalación dunha soleira ventilada. 

A actuación permitiu devolver a vida a un edificio senlleiro que ata o de agora tiña un uso residual como local de ensaio. “Agora é un local moi luminoso, moi amplo, que vai ser multiusos e no que pode haber todo tipo de eventos”, apunta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás. Así, o espazo conta cun novo acondicionamento acústico para evitar a reverberación do son, así como con carrís de focos no teito para futuras exposicións. 

O edificio, que data de 1920 segundo os datos do catastro, está completamente adaptado ás normativas actuais e goza de modernos sistemas de ventilación. “Ten un sistema que renova o aire automaticamente, o que favorece que haxa unha temperatura adecuada en todas as estacións do ano”, detalla Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Obras. Por outra banda, agora o local é accesible para persoas con mobilidade reducida, ao igual que os baños. “Tamén se instalou un sistema de ventilación do gas radón, adaptado á normativa galega”, destaca Xosé Carlos Valcárcel. 

O alcalde destaca a inversión municipal neste local, que xa pode ser utilizado polos veciñas e veciños, ao mesmo tempo que agradece a colaboración da poboación, que foi insistente en demandar a modernización do espazo.

Novas

CONTENT.1784627645

23/10/2025

O Concello de Barbadás colabora coa Hidrográfica na limpeza do río dos Muíños na Valenzá

Limpeza río
  • A Concellería de Emerxencias está a retirar numerosas especies invasoras, así como residuos plásticos, das beiras e do leito fluvial
  • O concelleiro Dani Rey chama á responsabilidade da poboación para coidar un espazo natural único no municipio

O Concello de Barbadás, en colaboración ca Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), executa labores de tala e retirada de vexetación nas beiras e leito do río dos Muíños ao seu paso pola Valenzá.

A Concellería de Emerxencias detectou exemplares de vexetación arbórea con risco de caída na contorna do río na zona, e dada a complexidade dos traballos a acometer, solicitou a colaboración da CHMS, quen conta cos medios técnicos necesarios para levar a cabo a limpeza.

Ademais das tarefas especializadas de tala, tamén se está a traballar na eliminación de especies vexetais invasoras e na limpeza do leito fluvial. Estas labores, que comezaron a semana pasada, estenderanse nas vindeiras xornadas ata que os técnicos determinen a idoneidade do traballo feito. 

Os operarios tamén están a retirar numerosos residuos nas beiras e leito do río como bolsas, latas, bricks e mesmo cadeiras. Neste sentido, o concelleiro de Emerxencias, Dani Rey, chama á responsabilidade da poboación para coidar un espazo único de Barbadás. “Por este lugar pasean milleiros de persoas que queren desfrutar da contorna nas mellores condicións posibles”, apunta o edil.

Ao mesmo tempo, unha vez recibido o visto bo da Hidrográfica, o Concello procedeu á restauración da caseta dos patos no parque do mesmo nome, para facilitar a cría cando sube o caudal.

A Concellería de Emerxencias, en colaboración coa Concellería de Obras e Servizos, vai proceder a reparar as esclusas dos azudes para regular os niveis da auga que recomenda a CHMS. Dani Rey lembra que a manipulación das mesmas só pode facela persoal acreditado, podendo ser sancionado aqueles particulares que modifiquen as condicións hidrolóxicas do leito.

Emerxencias, Novas

CONTENT.1784627645

22/10/2025

O Rallymix Concello de Barbadás chega á súa undécima edición con récord de participantes

Rallymix
  • Un total de 94 pilotos están inscritos na proba, impulsada por Escudería Barbadás 
  • Máis de 200 rapaces e rapazas acudiron á primeira Xornada escolar de seguridade no automobilismo deportivo, celebrada esta mañá nos exteriores do Polideportivo Municipal

Barbadás quenta motores para o 11º Rallymix Concello de Barbadás “Memorial Gonzalo Belay”, unha das citas anuais máis esperadas pola veciñanza e polos aficionados e aficionadas do automobilismo en Galicia. “Este é un dos rallyes máis importantes da comunidade”, resaltou Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, na presentación oficial do evento.

A competición, impulsada pola Escudería Barbadás coa colaboración do Concello de Barbadás, Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e Federación Galega de Automobilismo, comeza o venres, día 24, e remata o domingo, día 26. O rexedor tamén destacou a elevada participación do Rallymix, que este ano chega á súa decimoprimeira edición co récord de 94 inscritos e inscritas. 

Ademais, hai novidades no percorrido, tal e como explicou José Sampayo, presidente da Escudería Barbadás. “Mudamos todo, de década, percorrido…”, sinalou. Así, serán 9 os kilómetros a percorrer polos pilotos, que por primeira vez pasarán pola parroquia de Sobrado do Bispo. 

Beatriz Fernández, directora xeral da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Galicia, resaltou a cooperación institucional: “É moi importante a colaboración do Concello, da Deputación e da Xunta para que eventos coma este poidan realizarse”. Pola súa parte, César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación, convidou á poboación a desfrutar da competición durante toda a fin de semana. 

Na presentación tamén estivo presente o resto da corporación municipal de Barbadás; Antonio Rodríguez Troitiño, presidente da Federación Galega de Automobilismo; Manuel Pérez, xefe do Servizo Provincial de Deportes de Ourense, patrocinadores e representantes da Guarda Civil, Policía Local e Protección Civil Barbadás.

Xornada escolar

Outra das novidades foi a primeira Xornada escolar de seguridade no automobilismo deportivo, impulsado pola Escudería Barbadás en colaboración co Concello. Máis de 200 alumnos e alumnas do CPR Luis Vives e CEIP Filomena Dato, así como usuarios e usuarias do Centro Ocupacional As Burgas, achegáronse esta mañá ao Polideportivo Municipal para coñecer en máis detalle a seguridade viaria deste tipo de eventos. 

Deste xeito, descubriron como é o interior dos vehículos competidores, o tipo de roupas que empregan os pilotos e pilotas ou onde se debe colocar o público para desfrutar sen poñer en perigo a súa integridade. Para rematar a xornada, os escolares desfrutaron dunha pequena exhibición de varios dos equipos participantes no Rallymix. 

Deportes, Novas

CONTENT.1784627645

14/10/2025

A Policía Local de Barbadás renova a súa flota coa adquisición dun segundo novo automóbil no que vai de ano

Vehículo Policía Local

 

  • Os axentes recibiron hoxe o vehículo, que facilitará os seus desprazamentos en perímetros urbanos e rurais, así como as tarefas de vixilancia

O Concello de Barbadás reforza o seu compromiso coa seguridade da veciñanza coa renovación da flota de automóbiles da Policía Local. Os axentes recibiron hoxe o segundo novo vehículo no que vai de ano, o que facilitará os seus desprazamentos en perímetros urbanos e rurais, así como as tarefas de vixilancia. 

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e o xefe da Policía Local, Fernando Freire, recibiron hoxe as chaves do novo automóbil. Ao acto de entrega tamén acudiron a tenente alcalde, Victoria Morenza, e o concelleiro de Emerxencias, Daniel Rey, así como persoal administrativo da Policía Local e integrantes de Protección Civil. 

Xosé Carlos Valcárcel resaltou a aposta do goberno municipal por modernizar a xefatura de Barbadás e reforzar a seguridade da poboación: “Os novos vehículos ofrecen un servizo integral para cubrir as necesidades da veciñanza de todo o municipio”. Cabe destacar que os axentes tamén contarán cun novo garaxe, adaptado aos novos automóbiles. 

Outra das melloras previstas para a Policía Local é a programación do novo sistema de comunicación dixital, un gran avance que tamén facilitará o traballo dos policías e mellorará a atención da poboación. 

Novas, Seguridade cidadá

CONTENT.1784627645

13/10/2025

Barbadás comeza as obras de recuperación e rehabilitación do Parque Lucinda

Parque Lucinda
  • A actuación, de preto de 60.000 euros, transformará por completo o espazo, que ata o de agora tiña un uso residual
  • “Constará de tres zonas perfectamente diferenciadas: unha inferior, destinada a merendeiro, a do medio, na que haberá un parque, e a superior, unha zona destinada ao deporte”, explica Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás
  • “Pensamos que pode ser un lugar moi frecuentado polas familias e polos mozos e mozas para a práctica do deporte”, apunta Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Obras

O Concello de Barbadás vén de iniciar as obras de reforma, recuperación e rehabilitación do Parque Lucinda, en Fonsillón, un espazo que ata o de agora tiña un uso residual. O goberno local inviste preto de 60.000 euros nesta intervención, que permitirá crear un espazo de lecer e convivencia dirixido a poboación de todas as idades. 

O proxecto, elaborado por un equipo especializado en deseño de espazos urbanos, arquitectónicos e de mobilidade, contempla a intervención sobre unha superficie de 982 metros cadrados, con forma rectangular e escalonada, que se organizará en tres niveis. “O parque constará de tres zonas perfectamente diferenciadas: unha inferior, destinada a merendeiro, a do medio, na que haberá un parque infantil, e a superior, unha zona destinada ao deporte”, explica Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás. 

A actuación, incluída no Plan de Obras do Concello de 1,1 millóns de euros para este 2025, non só cubrirá a demanda da poboación moza de máis espazos deportivos, senon que tamén se convertirá nun punto de reunión interxeracional. “Cremos que pode ser un lugar moi visitado polos mozos e mozas para a práctica do deporte, e sobre todo, moi apropiado para o intercambio xeracional, xa que virán pais, nais, avós e avoas, nenos e nenas, que desfrutarán da zona de esparcemento e do parque infantil”, apunta Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Obras. 

O parque suporá un pulo de vitalidade a Fonsillón, unha zona en expansión de Barbadás na que viven moitas familias novas e que actualmente carece de espazos de lecer e convivencia. “O parque ten unha das melloras vistas do noso Concello cara a Ourense”, resalta Valcárcel. O rexedor incidiu en que esta actuación se enmarca na aposta do goberno municipal por recuperar e rehabilitar espazos que están en situación de abandono.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1784627645

05/10/2025

Barbadás inicia a renovación de 581 vellas luminarias por tecnoloxía LED conforme á normativa actual de eficiencia enerxética e calidade

Luces
  • A intervención está enmarcada no proxecto aprobado polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) de 350.984,26 euros para modernizar a iluminación pública, neste caso, nos núcleos de Bentraces e Barbadás
  • “O marco legal actual obriga a axustar a iluminación a uns parámetros técnicos concretos, evitando o sobredimensionamento que presentaban moitas instalacións antigas”, detalla Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Servizos Públicos

O Concello de Barbadás vén de iniciar a renovación de 581 vellas luminarias por tecnoloxía LED no marco do proxecto aprobado polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE). Trátase do terceiro plan de modernización lumínica que o Concello presenta ante o organismo estatal co obxectivo de reafirmar o seu compromiso coa redución da pegada de carbono e o avance cara a un modelo de desenvolvemento sostible e respectuoso. 

A intervención, que ascende aos 350.984,24 euros, permitirá reducir nun 83% o consumo enerxético actual. O proxecto inclúe a substitución dun total de 581 luces repartidas en nove instalacións de alumeado público nos núcleos de Barbadás e Bentraces, principalmente. “As novas luminarias son LED de 2200K, dimensionadas conforme á normativa vixente en materia de eficiencia enerxética e calidade do alumeado exterior”, explica Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás.

A elección das luminarias que xa se están instalando vén dada polo Regulamento de Eficiencia Enerxética en Instalacións de Alumeado Exterior, que marca os niveis de iluminación adecuados a cada tipo de vía, a limitación do consumo enerxético e a potencia instalada e a redución da contaminación lumínica. “Este marco legal obriga a axustar a iluminación a uns parámetros técnicos concretos, evitando o sobredimensionamento que presentaban moitas instalacións antigas”, detalla Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Servizos Públicos. 

Nesa liña, a edila dá conta dos beneficios das novas luces, non só no relativo ao consumo enerxético, senón tamén noutros eidos como a saúde ou a seguridade viaria. “Estanse a colocar luces con temperaturas de cor baixas con moi pouca fracción de radiación azul, o que evita alteracións nos ritmos circadianos da poboación e contribúe a unha mellor calidade do descanso nocturno”, destaca Morenza. As novas luminarias reforzan a seguridade viaria ao evitar o deslumbramento de condutores e peóns, ademais de reducir o impacto na fauna da contorna. A elección das luces tamén está aliñada coa Estratexia Nacional de Ceos Escuros, así como coas directrices europeas de protección da biodiversidade.

“O obxectivo é reducir a sobreiluminación, axustar a luz aos niveis recomendados internacionalmente para garantir seguridade viaria e confort visual e avanzar cara a un modelo de alumeado máis sostible e eficiente, aliñado coas políticas enerxéticas e ambientais europeas”, resume o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel. 

Concello pioneiro en instalacións LED

Os dous anteriores proxectos do Concello de Barbadás aprobados polo IDAE permitiron substituír vellas luminarias por tecnoloxía LED en núcleos como Parada e Sobrado e en sete rúas da Valenzá. 

Ao marxe dos préstamos concedidos polo IDAE, Barbadás foi un concello pioneiro na modernización da iluminación pública. Con fondos propios, o goberno local leva cambiado nos últimos anos as luminarias de localidades como Piñor ou Finca Fierro.  

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1784627645

03/10/2025

Barbadás inaugura un novo espazo de lecer ao aire libre e convida aos escolares do municipio a bautizalo

Apertura espazo
  • “Como goberno fomos quen de recuperar esta zona, que durante moitísimos anos estivo practicamente abandonada, e convertila nun espazo de lecer para que desfruten pequenos e maiores”, explicou Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás
  • “Este parque integra a natureza con espazos de xogo que non hai en outros parques, está pensado para que sexa espazo de xogo e diversión e tamén para descansar e mesmo merendar”, compartiu Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Parques e Xardíns
  • Os traballos foron levados a cabo polo módulo de xardinaría do Obradoiro de Emprego

O Concello de Barbadás inaugurou esta mañá unha nova área de lecer ao aire libre á beira da Calzada Romana da Valenzá. Os traballos realizados na zona, de 2.200 metros cadrados, consistiron na poda das árbores e adecuación do espazo e na colocación de mesas, bancos e xogos tradicionais como cordas, instrumentos de música ou casas de madeira. 

“Como goberno fomos quen de recuperar esta zona, que durante moitísimos anos estivo practicamente abandonada, e convertila nun espazo de lecer para que desfruten pequenos e maiores”, explicou Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, durante o acto de inauguración. A idea de darlle unha nova vida a esta área natural xurdiu das concellerías de Educación e de Parques e Xardíns e contou coa colaboración da Concellería de Emerxencias e da Concellería de Promoción Económica. 

Desde o principio, o obxectivo foi ofrecer á poboación un espazo de lecer distinto ao resto. “Este parque integra a natureza con espazos de xogo que non hai en outros parques. Está pensado para que sexa espazo de xogo e diversión e tamén para descansar e mesmo merendar, tanto as familias como a mocidade da Valenzá e do resto da comarca de Ourense”, detallou Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Parques e Xardíns. A área natural conta cunha ampla variedade de especies arbóreas, desde piñeiros a carballos, teixos, salgueiros, sobreiras ou loureiros. 

Unha vez rematado o proxecto, o goberno local decidiu convidar á comunidade educativa do municipio a escoller un nome para o espazo de lecer. “Neste primeiro paso de apertura queremos a colaboración dos colexios. A través da Concellería de Educación ímoslle enviar ao alumnado unha petición para que aporte ideas e bautice este parque co nome que lles pareza máis axeitado”, apuntou Morenza. 

Limpeza do espazo e deseño da nova área de xogos

A Concellería de Emerxencias encargouse de limpar e adaptar o espazo, invadido pola vexetación durante anos. “O primeiro que fixemos foi traballar na prevención do risco, para o que traballamos cunha empresa especializada en podas en altura e evitar así posibles caídas de rama e outras vexetacións”, explicou Daniel Rey, concelleiro de Emerxencias. 

A empresa podou, limpou e incluso talou dúas árbores que se atopaban en mal estado, e utilizou un aserradeiro móbil para aproveitar a madeira e elaborar in situ as novas mesas e bancos. Unha vez que o espazo estaba listo, o alumnado do módulo de xardinaría do Obradoiro de Emprego deseñou os espazos de xogo, que se repartiron en diversas zonas. “Decidiuse crear unha zona de aventuras con elementos tradicionais, aquí non hai tobogáns, senón xogos tradicionais, distintos”, apuntou José Manuel Morgade, concelleiro de Promoción Económica. O alumnado do Obradoiro dedicou arredor dun mes ao deseño e colocación dos novos elementos, dos que xa poden desfrutar os nenos e nenas da contorna.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1784627645

02/10/2025

O Programa Exeria ofreceu asesoramento xurídico, psicolóxico e laboral e formación en igualdade ás mulleres de Barbadás

Programa Exeria

O Programa Exeria, executado nos concellos de Ramirás, Trives e Barbadás, e financiado pola Xunta de Galicia con Fondos Sociais Europeos, ofreceu ata o 30 de setembro de 2025 apoio xurídico, psicolóxico e laboral, formación en igualdade, emprendemento e novas tecnoloxías, obradoiros de saúde e benestar, actividades culturais, itinerarios de inserción laboral e autoemprego, así como espazos de debate e asesoramento con profesionais especializadas.

Exeria

Igualdade, Novas

CONTENT.1784627646

02/10/2025

A Casa da Mocidade de Barbadás amplía o seu horario e abrirá os sábados pola tarde

Casa da Mocidade
  • “O espazo ten moita demanda os venres de inverno pola tarde, polo que decidimos abrir as súas portas tamén os sábados”, explica a concelleira de Deportes e Mocidade, Noemí Pintos

O Concello de Barbadás amplía o horario de outono e inverno da Casa da Mocidade da Valenzá, que a partir de agora tamén abrirá as súas portas os sábados pola tarde. O espazo dispón dunha ampla variedade de xogos de mesa, ademais de ordenadores, revistas e xornais, polo que moitos son os rapaces e rapazas do municipio que se achegan para desfrutar do seu tempo libre. 

A partir desta mesma semana e durante os meses de outono e inverno, o horario de apertura será de 16,30 a 20,30 horas de martes a sábado. Polas mañás, de 8,30 a 14,30 horas, as instalacións estarán abertas para realizar trámites administrativos.

A elevada participación da xuventude motivou a decisión da área de Mocidade, tal e como explica a concelleira Noemí Pintos: “O espazo ten moita demanda os venres de inverno pola tarde, polo que decidimos abrir as súas portas tamén os sábados”. Pintos pon en valor o esforzo do Concello por dar resposta ás necesidades da poboación máis nova: “Coa chegada do frío e da chuvia, os mozos e mozas precisan dun lugar como a Casa da Mocidade, un espazo público e gratuíto onde desfrutar do seu tempo libre”. 

Mocidade, Novas

CONTENT.1784627646

30/09/2025

Os once locais hostaleiros participantes no Barbadás a bocados repartiron preto de 9.000 pinchos nos dous días de degustación

Barbadás a bocados
  • O xurado popular deulle o primeiro premio á Cova do Savio e o segundo ao Ourenexpress, mentres que o xurado profesional decantouse pola elaboración de Wakanda
  • “Queremos recoñecer e poñer en valor o traballo de todos os hostaleiros e hostaleiras participantes, e resaltar ás novas xerencias que se animaron a participar”, destaca o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel

O salón de plenos do Concello de Barbadás vestiuse de gala esta mañá para acoller a entrega de premios da oitava edición do Barbadás a bocados, celebrado os pasados 12 e 13 de setembro. Os 11 locais participantes venderon nesa fin de semana preto de 9.000 pinchos, o que dá conta da boa acollida e da elevada participación da poboación. “Moitas grazas por participar e colaborar, queremos recoñecer e poñer en valor o traballo de todos os hostaleiros e hostaleiras, e resaltar ás novas xerencias que se animaron a participar”, destacou o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, na entrega de premios. Marga Pérez, concelleira de Comercio, fixo fincapé nas boas valoracións dos negocios participantes, así como do bo ambiente que se viviu durante o concurso. “Grazas ao público por saír á rúa e por degustar as 11 propostas”, agradeceu.

O xurado popular alcanzou nesta oitava edición os 670 votos, unha cantidade superior á dos últimos anos. O público escolleu o pincho da Cova do Savio (“Ma&Lu”) como o gañador, seguido da elaboración do Ourenexpress (“Tamari&Gai”). 

O xurado profesional, composto por tres profesionais da Escola de Hostalería e Turismo de Ourense, elixiu o pincho do Wakanda (“Bocado wakandiano”) como o mellor da oitava edición. “É un pincho moi simple, pero que sae do común: no momento de probalo sorprendeunos moito”, explicou Noelia Fernández, integrante do xurado que participou na entrega.

Barbadás a bocados

A elaboración do Ourenexpress, pola súa parte, levouse o segundo premio do xurado profesional, así como o premio á creatividade. “Chamounos moito a atención a mistura de sabores en boca, así como a presentación”, detallou Fernández. 

As actas do xurado profesional e os votos emitidos polo público estarán no Centro Empresarial Transfronteirizo (CET) para toda persoa interesada en comprobar os resultados. 

Os tres hostaleiros vencedores tamén recolleron os agasallos realizados por tres das empresas colaboradoras (Coren, Coto de Ousande e Fruta Legufrut) e o xurado recibiu un agasallo do Concello polo seu esforzo e participación.

Vales de 40 euros en comercio e hostalería local

O Barbadás a bocados convoca en cada edición un sorteo entre o público votante para agradecer a súa participación e compromiso co concurso. Esta mañá, durante a entrega de premios, Marga Pérez e Xosé Carlos Valcárcel entregaron aos 10 gañadores do sorteo vales de 40 euros para gastar en comercio e hostalería local. 

Barbadás a bocados

Comercio, Novas

CONTENT.1784627646

25/09/2025

Arrancan as obras de mellora da pista que une Parada co santuario senlleiro de San Bieito de Cova de Lobo

Obras San Bieito

O Concello de Barbadás vén de iniciar as obras de rehabilitación do firme da pista que une Parada co santuario de San Bieito de Cova de Lobo. A intervención, adxudicada por 75.340,65 euros a Excavaciones P. Prol, forma parte da segunda fase de mellora da conexión de dous puntos neurálxicos de atracción turística en Barbadás como son o santuario de San Bieito e o Tangaraño. Na primeira fase, tamén executada polo actual goberno municipal, rehabilitouse a pista que une Piñor con San Bieito. 

“San Bieito de Cova de Lobo é un dos santuarios senlleiros da provincia e por suposto, de Barbadás. Son moitos os crentes e veciños e veciñas que o visitan, especialmente na novena”, recorda o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel. A intervención realizarase nun treito de aproximadamente 2 kilómetros de lonxitude, onde se rehabilitará o firme. “A obra inclúe a dotación dunha capa asfáltica, a mellora e ampliación do vial e a limpieza de maleza co obxectivo de mellorar a accesibilidade e seguridade vial”, detalla Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Obras. Ademais, reforzarase o firme do camiño e colocaranse sinais verticais.

Esta actuación dá conta do esforzo do Concello de Barbadás por potenciar infraestruturas nos núcleos rurais do municipio e chegar así a toda a veciñanza. “Queremos fomentar o equilibrio territorial dentro do noso concello”, resalta Xosé Carlos Valcárcel. 

Novas, Urbanismo

CONTENT.1784627646

22/09/2025

O Concello de Barbadás inicia a última fase da rehabilitación integral do local social de Sobrado do Bispo

Soleira ventilada
  • O goberno local destinou preto de 30.000 euros á segunda fase da intervención, que xunto coa primeira parte eleva a máis de 180.000 o investimento total
  • “Coa instalación da soleira culmínase a restauración integral e revitalización dun edificio senlleiro que apenas se utilizaba ata o de agora”, apunta Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Obras

O Concello de Barbadás vén de iniciar as obras de colocación dunha soleira ventilada no local social de Sobrado do Bispo, situado na rúa da Granxa. A actuación, valorada en preto de 30.000 euros, completará o proxecto de rehabilitación integral do edificio, antiga escola da localidade. “Coa soleira ventilada culmínase a restauración dun edificio senlleiro que apenas se utilizaba ata o de agora, só como local electoral e local de ensaio, e ao que se lle vai dar un maior uso educativo, social e cultural”, explica Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Obras. 

A primeira fase da intervención rematou a finais de xullo, e incluíu a renovación da cuberta, a substitución parcial da estrutura de soporte, o cambio das carpintarías, cámaras e illamento das fachadas e a modernización da fontanaría, saneamento, electricidade, iluminación e ventilación. O goberno local destinou 151.957 euros na primeira parte da intervención, que xunto aos preto de 30.000 euros da segunda fase sitúa en máis de 180.000 euros o total do investimento municipal.

Victoria Morenza destaca a importancia desta rehabilitación integral, xa que vai permitir que as numerosas asociacións veciñais e culturais de Sobrado poidan utilizar e encher de vida un edificio tan querido pola poboación. Esta segunda fase fará que o local, que data de 1920 segundo os datos do catastro, goce dun sistema de aireación adecuado. “A ventilación será moderna, como a dun edificio de nova construción”, apunta Morenza. 

Novas, Urbanismo

CONTENT.1784627646

20/09/2025

Unha vintena de asociacións de pacientes e outras organizacións saen a rúa para amosar o seu traballo

Paseo da Saúde

O Concello de Barbadás impulsou onte o V Paseo da Saúde, unha cita onde se congregan asociacións de pacientes, agrupacións e entidades sociais que dan conta do seu traballo diario na provincia. Nesta quinta edición sumáronse tres participantes máis (Cruz Vermella, Alcohólicos Anónimos e Solidaridad Intergeneracional), o que eleva a máis dunha vintena o número de entidades participantes xunto con Afaor, Alcer, Auria, AECC Ourense, Aodemper, Por eles TEA, Affou, Accu, Querendo, Autismo Ourense, Asociación de Celíacos de Galicia, DCA Ourense, AFEM Morea, Fundación Neuroburgas, Grupo Social ONCE, Asgacop, Garda Civil e Protección Civil de Barbadás. 

A corporación municipal visitou os stands das entidades, colocados na avenida de Celanova da Valenzá, no entorno da glorieta da Familia. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, aproveitou a ocasión para poñer en valor o traballo diario das asociacións, que asesoran, axudan e acompañan centenares de pacientes e familiares da provincia. “O voso labor é imprescindible, e moitas veces está invisibilizado”, apuntou. 

A concelleira de Servizos Sociais, Saúde e Igualdade, Elisabet González, agasallou a cada entidade cun pequeno almorzo saudable, e agradeceulles a súa participación. “Agardamos que sexan moitos os veciños e veciñas que vos coñezan neste Paseo”, comentou a edila. 

A poboación descubriu o traballo das asociacións e tivo a oportunidade de coñecer o seu estado de saúde con medicións do azucre en sangue, espirometrías e tensión arterial. Durante toda a xornada houbo obradoiros e charlas sobre distintas patoloxías, ademais dunha merenda saudable ás 18,00 horas grazas á Cova do Sabio. A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) tamén estivo ata última hora, posibilitando que a veciñanza doase sangue.

Novas, Sanidade

CONTENT.1784627646

18/09/2025

O Concello de Barbadás recupera a Carreira Popular A Valenzá, que conta xa con máis de 300 inscritos

Presentación Carreira
  • “Retomámola despois de oito anos, polo que é un motivo de ledicia para toda a contorna, xa que a práctica do deporte é sempre interesante e motivadora”, apunta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel
  • A actividade conta con tres categorías adaptadas aos diferentes tramos de idades (biberón, escolar e adultos)

O Concello de Barbadás reforza o seu compromiso co exercicio físico e a vida saudable coa recuperación da Carreira Popular A Valenzá despois de oito anos. “Retomámola despois de oito anos, polo que é un motivo de ledicia para toda a contorna, xa que a práctica do deporte é sempre interesante e motivadora”, apuntou esta mañá o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, na presentación da cita deportiva. 

A proba, que se levará a cabo este domingo 21 de setembro, enmárcase dentro das actividades organizadas polo Concello para a Semana Europea da Mobilidade. Polo de agora, xa hai máis de 300 participantes. O prazo remata ás 23,59 horas de hoxe, e a inscrición pódese formalizar a través da páxina web Sportmaniacs.

A concelleira de Deportes, Noemí Pintos, detallou as diferentes categorías, adaptadas a todas as idades. “Teremos os biberóns, menores de seis anos, os escolares, para nenos e nenas de 6 a 17 anos, e os adultos”, explicou. Cada categoría ten horario e distancia distintos. Os biberóns saen ás 10,30 horas desde a piscina municipal cun percorrido de 200 metros; os escolares, ás 10,40 horas do Paseo dos Amieiros cun percorrido de 2,4 kilómetros, e os adultos, ás 11,00 horas, con opción de 5 kilómetros ou 10 kilómetros. Os participantes recibirán agasallos especiais: os adultos, unha camiseta, e os pequenos, unha medalla. A zona de saída é o entorno da Pista Multideporte, que despois dun ano desde a súa inauguración é xa un referente da práctica de exercicio físico. 

A Carreira Popular A Valenzá é a terceira carreira impulsadas este ano desde a Concellería de Deportes, xunto coa Carreira pola Igualdade e a Cavernícola Race. Diego López, técnico municipal, convidou á poboación a sumarse á cita deste domingo: “Que veñan e desfruten da oferta deportiva”. 

Deportes, Novas

CONTENT.1784627646

17/09/2025

Barbadás destina case 800.000 euros a actividades e servizos que deberían pagar outras administracións

Pleno orzamentos
  • O pleno aprobou, en sesión extraordinaria, os orzamentos para 2025, que ascenden a 9.240.734,87 euros, preto de 600.000 euros máis que en 2024
  • O capítulo de investimentos ronda o millón de euros, que xunto ás achegas do Estado, vía outras administracións, eleva a dous millóns a inversión municipal en 2025

O pleno do Concello de Barbadás aprobou esta mañá, en sesión extraordinaria, o orzamento para o 2025, que ascende a 9.240.734,87 euros. O orzamento medra en preto de 600.000 euros respecto ao exercicio anterior, o 2024. A aprobación lévase a cabo nestas datas, co exercicio xa avanzado, debido ao contexto de prórroga orzamentaria no ámbito estatal, xa que ata finais de xuño non foi posible coñecer con precisión a participación das entidades locais nos fondos do Estado pola falta de acordo entre os grupos parlamentarios con representación no Congreso.

En calquera caso, o orzamento municipal deste 2025 non só é maior que o de 2024, senón que tamén supón un importante paso adiante respecto aos de anos anteriores e reforza a aposta do goberno local por investir en obras (plan municipal), servizos e actividades que mesmo en algúns casos non son propias, senón que deberían estar financiadas por outras administracións. O elevado impacto das denominadas competencias impropias, que deberían estar a ser financiadas por outras administracións (nomeadamente, Xunta de Galicia e Goberno Central), alcanza preto de 800.000 euros anuais que asume o Concello de Barbadás. Neste capítulo atópanse, por exemplo, o Servizo de Axuda ao Fogar, o mantemento dos centros educativos ou mesmo as bonificacións ao transporte, nas que Barbadás é pioneiro en Galicia. 

Esta elevada inversión, que tensa as arcas públicas e impide investir eses mesmos cartos en proxectos e servizos de exclusiva competencia municipal, provocou que o Concello solicitase o pasado agosto á Xunta que asumise integramente o SAF, dado que é esta administración, xunto co Goberno Central, quen teñen a obriga legal de financialo.

 

Neste sentido, o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, citou esta mañá o custo anual do SAF para as arcas municipais (máis de 430.000 euros) ou o do transporte (máis de 160.000 euros). “Somos o único concello con bonificacións para o transporte público, o que supón cada ano 132.000 euros, e non existe transporte metropolitano nin nada que se lle pareza porque a Xunta non quere actuar aquí”, resaltou. O concelleiro de DO, Daniel Rey, e o edil do Partido Galego, Ramón Padrón, tamén puxeron o foco na falta de financiación do Estado e da Xunta en servizos que lles corresponden. “Todos coincidimos en que o SAF é un servizo que temos que prestar, como servizo social fundamental que é, pero lastra o orzamento deste Concello, sendo un servizo de carácter autonómico”, apuntou Rey.

A contía para este 2025 supera en máis dun millón de euros o orzamento que se elaborara para o ano 2022, que fora o primeiro trala superación da pandemia e que, polo tanto, é o que se adoita tomar como referencia. Os concelleiros de DO e Partido Galego apuntaron a “infrafinanciación” das administracións locais e criticaron a falta de financiación por parte da Deputación e da Xunta, mentres que PP e BNG afearon a tardanza na aprobación dos orzamentos, causada pola falta de acordo entre os parlamentarios con representación no Congreso.

Investimentos e persoal

O capítulo de investimentos, pola súa parte, ascende aos 978.444,86 euros que, sumados ás aportacións do Estado a través doutras administracións elevan a contía total a algo máis dos dous millóns de euros. Esta partida destínase á creación de novas infraestruturas e equipamentos, así como á rehabilitación e reforma de espazos senlleiros do municipio. Entre outros investimentos, destaca o relativo ao iluminación pública a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), con máis de 360.000 euros, ou o relativo a infraestruturas e bens de uso xeral, con 221.000 euros. Pola súa parte, das aportacións estatais a través do CooperOU destaca a recuperación de edificios como a antiga escola de Sobrado, novas áreas lúdicas e deportivas como o Parque Lucinda, a ampliación do Polideportivo ou obras de saneamento e melloras en accesos viais.

No referente ao capítulo de persoal, o gasto sobre o total dos orzamentos redúcese con relación ao 2024 e tamén respecto aos anos anteriores. En comparación con 2022, a porcentaxe diminúe en case seis puntos: se nese exercicio o persoal supoñía o 48,32% do total orzamentado, en 2025 redúcese ata o 42,20%. No pleno, a concelleira do PP, Chelo Vispo, criticou o “elevado gasto de persoal”, ao que o alcalde lle recordou a diminución respecto aos anos previos. “Esta redución débese a que xa non contratamos tanto temporalmente e a que se estabilizaron emprego”, indicou. 

Actas e acordos, Novas

CONTENT.1784627646

12/09/2025

O V Paseo da Saúde suma tres novas asociacións participantes e supera a vintena de entidades involucradas

V Paseo da Saúde
  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, enxalza o traballo realizado polas asociacións e agradece a súa colaboración nesta quinta edición
  • “O Paseo contará con diferentes espazos nos que poderemos coñecer, aprender e desfrutar da presenza dos participantes”, apunta Elisabet González

O Concello de Barbadás impulsa o V Paseo da Saúde, unha cita onde se congregan asociacións de pacientes, agrupacións e entidades sociais que dan conta do seu traballo diario na provincia. Nesta quinta edición, que se levará a cabo o venres 19 de setembro, súmanse tres participantes máis (Cruz Vermella, Alcohólicos Anónimos e Solidaridad Intergeneracional), o que eleva a máis dunha vintena o número de entidades participantes. 

Esta mañá, na presentación da actividade, o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, enxalzou o traballo levado a cabo na provincia por todas as asociacións, que axudan, acompañan e asesoran á poboación máis vulnerable. “Moitas veces sodes as grandes esquecidas e por iso o voso traballo merece ser tan visibilizado neste Paseo”, apuntou Valcárcel, quen recordou que Barbadás é o único concello ourensán con esta iniciativa anual. 

Pola súa parte, a concelleira de Servizos Sociais, Saúde e Igualdade, Elisabet González, avanzou a ampla variedade de actividades que inclúe a xornada do próximo venres. A avenida de Celanova acollerá, no entorno da rotonda da Familia, os stands das agrupacións, que explicarán o seu traballo e os seus programas de atención. “As entidades nos ofrecerán información útil, obradoiros prácticos e actividades didácticas para todas as idades”, detallou a edila. O Paseo terá horario de mañá e de tarde, para que se poidan achegar maiores e pequenos. “Queremos dar visibilidade a un labor fundamental e, moitas veces esquecido. Estas asociacións traballan non só para axudar a persoas enfermas, senón tamén ás súas familias”, engadiu. 

Ademais de Cruz Vermella, Alcohólicos Anónimos e Solidaridad Intergeneracional, no V Paseo estarán presentes Afaor, Alcer, Auria, AECC Ourense, Aodemper, Por eles TEA, Affou, Accu, Querendo, Autismo Ourense, Asociación de Celíacos de Galicia, DCA Ourense, AFEM Morea, Fundación Neuroburgas, Grupo Social ONCE, Asgacop, Garda Civil e Protección Civil de Barbadás. 

Visibilizar as patoloxías

Na presentación estiveron presentes representantes das entidades participantes, que agradeceron a iniciativa do Concello de Barbadás e puxeron o foco na necesidade de que a sociedade non mire cara outro lado. Nesa liña, Eva Penín, veciña da Valenzá e integrante de Asgacop (Asociación Galega de Covid Persistente), recordou o impacto da recente eliminación da unidade de covid persistente na área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras. “Pecharon, sen previo aviso, esa atención que recibíamos”, apuntou Penín, que asegura que “somos moitos” os veciños de Barbadás afectados por esta patoloxía. Cabe recordar que o Concello de Barbadás foi o primeiro municipio ourensano en solicitar a reapertura desta unidade, que ofrecía atención especialista e personalizada aos pacientes. 

Primeiros auxilios e doazón de sangue

Protección Civil Barbadás tamén estará presente no V Paseo, onde realizará diferentes demostracións de técnicas de prevención dirixidas especialmente ao alumnado dos colexios, pero tamén á veciñanza en xeral. “A saúde tamén pasa por unha aprendizaxe dos primeiros auxilios”, resaltou Daniel Rey, concelleiro de Emerxencias.

Pola súa parte, Javier Barja, xefe de Tráfico da Comandancia da Garda Civil, deu conta da colaboración co Paseo da Saúde. Nesa liña, convidou á poboación a achegarse a Barbadás o 19 de setembro e, o 5 de outubro, a participar na II Carreira Solidaria da Garda Civil, a favor da Asociación para a Loita contra as Enfermidades Renais. 

A veciñanza de Barbadás tamén poderá aproveitar o V Paseo para doar sangue, xa que a actividade contará coa presenza dunha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue. 

Pola tarde, as entidades participantes e o público poderán desfrutar dunha merenda saudable grazas á colaboración da Cova do Sabio.

 

Novas, Sanidade

CONTENT.1784627646

09/09/2025

A octava edición do Barbadás a Bocados trae novas propostas como showcookings e catas de viños

Presentación Barbadás
  • O concurso levarase a cabo o venres e sábado, pero as actividades complementarias xa comezaron onte
  • Marga Pérez, concelleira de Comercio, convida á poboación a sumarse “porque esta experiencia non só estimula o paladar, senón que tamén fortalece a unión entre hostalería, comercio e cidadanía”

O Concello de Barbadás impulsa, como cada mes de setembro, o concurso de pinchos Barbadás a Bocados, unha proposta que dinamiza a hostalería local e o comercio, ademais de converterse nunha cita ineludible para a poboación do municipio. Nesta oitava edición, o gobierno local apostou por ampliar a programación e incluír actividades complementarias á degustación de pinchos, que se levará a cabo o venres e o sábado.

A prestixiosa sumiller e embaixadora gastronómica Mercedes González Rodríguez guiou onte a cata de viños “Barbadás a sorbos” na tapería Taringa, que iniciou o ciclo de actividades. “Desde o Concello queremos mellorar en cada edición, e por iso este ano, como novidade, ofrecemos catas de viños, shoocokings e degustacións de xamón para todas as persoas interesadas”, detallou Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, na presentación do Barbadás a Bocados. Nesta edición participan un total de 11 negocios de hostalería, desde restaurantes ata pizzerías e taperías.

Pola súa parte, a concelleira de Comercio, Marga Pérez, anima á participación da veciñanza nas actividades, que se van a desenvolver durante toda a semana. “O venres e o sábado, o concurso de pinchos comezará ás sete da tarde”, apuntou a edila, que puxo en valor o esforzo dos locais. “Detrás de cada proposta está o esforzo dos hostaleiros e hostaleiras que traballan con ilusión para facernos o mellor pincho”, resaltou. Neste sentido, convida á poboación a desfrutar do Barbadás a Bocados. “Esta experiencia non só é estimulante para o paladar, senón que tamén fortalece a unión entre hostalería, comercio e cidadanía, xa que cando apoiamos o noso, gañamos todos e todas”, asegurou Marga Pérez. A concelleira agradece o traballo dos locais participantes, así como a implicación das empresas colaboradoras e de todas as persoas que fan posible que, ano tras ano, o concurso sexa un éxito.

Actividades complementarias

A programación de actividades comezou onte coa cata de viños guiada por Mercedes González Rodríguez, e continúa hoxe cunha masterclass sobre corte e aproveitamento de xamón. A cita será ás 20,00 horas en Oren Express, e rematará cunha degustación do xamón. 

Mañá mércores haberá un showcooking sobre creatividade na cociña con verduras e hortalizas de tempada. O evento comezará ás 20,00 horas na tapería A Bodeguiña. O xoves, como broche de ouro á programación, o restaurante Os Faroles acollerá unha cata de “Barbadás a sorbos” de Estrella Galicia. A cita tamén comezará ás 20,00 horas.

A participación nas actividades é gratuíta.

Comercio, Novas

CONTENT.1784627646

05/09/2025

O Concello de Barbadás lanza unha iniciativa para potenciar a un tempo a actividade deportiva e a aprendizaxe de linguas estranxeiras

Convenio
  • “O afán é potenciar non só o deporte, senón tamén a educación entre a nosa mocidade”, apunta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás
  • Os preto de 400 nenos e nenas inscritas nas escolas deportivas poderán desfrutar de matrícula gratuíta e 10% de desconto na mensualidade na primeira academia colaboradora deste proxecto 

O Concello de Barbadás aposta polo fomento da formación e dos hábitos saudables entre as novas xeracións. Nesa liña, o goberno local lanza unha iniciativa para potenciar a actividade deportiva e a aprendizaxe de linguas estranxeiras. Así, os preto de 400 nenos e nenas inscritos nas escolas deportivas de Barbadás desfrutarán de matrícula gratuíta e 10% de desconto na mensualidade na primeira academia colaboradora da iniciativa, Intensive Learning. 

“O afán do Concello é potenciar non só o deporte, senón tamén a educación entre a nosa mocidade, queremos que os nenos e nenas das escolas deportivas potencien o coñecemento de linguas estranxeiras como o inglés”, apunta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, que convida ás familias a sumarse ao proxecto. 

Lois Babarro, director de Intensive Learning, a primeira academia en sumarse a esta iniciativa, agradece a colaboración do Concello e pón en valor a proposta. “Só houbo facilidades desde o primeiro día que instalamos a empresa neste concello. Cremos que xuntar deporte e educación é moi importante”. 

Xosé Carlos Valcárcel, Lois Babarro e Noemí Pintos, concelleira de Deportes, asinaron este xoves o convenio de colaboración para poñer en marcha a iniciativa que, esperan, teña boa acollida por parte das familias de Barbadás e que se suman outras academias con presenza no municipio. Neste sentido, o Concello lanza una invitación ao resto de academias de linguas estranxeiras de Barbadás para sumarse ao proxecto e formar parte desta nova fórmula educativa. 

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1784627646

03/09/2025

O Concello de Barbadás asume preto do 60% do custo do Servizo de Axuda no Fogar pola falta de apoio económico da Xunta e do Goberno

Pleno setembro
  • “Os concellos atopámonos nunha situación de desamparo para o coidado dos maiores”, apuntou Xosé Carlos Valcárcel durante o pleno ordinario deste luns 

A situación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) concentrou gran parte da sesión plenaria do Concello de Barbadás deste luns. O goberno local, en resposta á moción do BNG relativa ao sistema público de atención á dependencia, deu conta da falta de apoio económico por parte da Xunta e do Goberno Central para cubrir a atención a maiores, o que tensa notablemente as arcas municipais. “Os concellos atopámonos nunha situación de desamparo para o coidado dos maiores”, asegurou o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel. Cabe destacar que xa o pasado mes de agosto, o Concello de Barbadás lle pediu á Xunta que asumise o gasto do SAF para asegurar a atención das persoas dependentes do municipio. 

Nesa liña, a concelleira de Servizos Sociais, Elisabet González, explicou que no 2024 Barbadás asumiu preto do 60% do custo do SAF pola falta de financiamento autonómico e estatal. “No 2024 prestáronse 14.931 horas, cun custo de case 396.000€, dos que máis da metade saíron das arcas municipais. E a Xunta? Pois segue pagando só 12 euros por hora, cando o custo real dunha hora prestada directamente polo concello está en 34,23 euros”, detallou a edila. “Así é imposible manter un sistema 100% público sen afogar economicamente aos concellos”, sinalou.

Por outra banda, en resposta á moción do PP sobre a petición de rescisión do contrato da empresa concesionaria, Osventos, Elisabet González recordou as medidas tomadas polo Concello para poñer solución aos constantes incumprimentos. Nesta liña, referiuse as sancións interpostas (a última, o mes pasado), así como o control exhaustivo da empresa e o traslado das numerosas queixas das familias. “Isto amosa que non se tratou dunha falta de seguimento por parte do Concello, senón dunha falta de responsabilidade por parte da empresa”, recalcou a concelleira, quen aproveitou a ocasión para volver a pedir disculpas ás familias afectadas.

O alcalde referiuse á situación como “inadmisible”: “As reiteradas infraccións, as continuas faltas de obediencia aos requerimentos, as innumerables queixas dos usuarios e usuarias, o prexuízo que están a causar en persoas especialmente vulnerables… Non podemos permitir que isto siga así”, reclama Valcárcel. 

A concelleira deu conta do resto de accións tomadas polo goberno local: a bolsa municipal de emprego para cubrir as baixas de auxiliares, os contratos menores ofertados a empresas do sector, as horas extraordinarias xestionadas coas traballadoras directas ou as comunicacións coa Xunta de Galicia. “Trasladamos un problema real, pedimos colaboración e apoio, e a Xunta limitouse a botar balóns fóra e deixarnos sós ante a situación”, asegurou a concelleira. 

A moción do BNG foi aprobada cos votos a favor de BNG, PSdeG e DO (ambos presentaron unha emenda), cos votos en contra do PP e coa abstención do Partido Galego. A moción do PP foi rexeitada cos votos a favor de tres concelleiros do PP, a abstención de dous concelleiros do PP e os votos en contra do PSdeG, DO e BNG. 

Outros temas

O pleno do Concello tamén abordou outras cuestións como o servizo de recollida de lixo. O PP presentou unha moción para solicitar a instalación de cubrecolectores e a mellora do mantemento de contedores de lixo. Victoria Morenza, concelleira de Servizos Públicos e tenente alcalde, deu conta das recentes modificacións do contrato coa empresa concesionaria. “Unha das modificacións fíxose polo incremento poboacional e outro para a implantación do contedor marrón, cos conseguintes incrementos de cuantías económicas aportadas polo Concello”, apuntou Morenza. Respecto ás deficiencias en contedores, asegurou que as incidencias “son transmitidas” á empresa para que se solucionen á maior brevidade posible. Por outra banda, en resposta á petición do PP de cambiar os contedores, a tenente alcalde apuntou que o custo é inasumible nestes momentos polo Concello. “Os cubrecolectores se colocarán en función da dispoñibilidade económica e de forma paulatina”, engadiu. 

A moción contou cos votos a favor do PP e do BNG e a abstención do PSdeG, DO e Partido Galego. 

Novas

CONTENT.1784627646

02/09/2025

Unha vintena de persoas desempregadas formáronse no Obradoiro de Emprego no CET de Barbadás

Obradoiro de emprego
  • O curso incluíu formación teórica e práctica de albanelaría e xardinaría
  • “Son necesarios traballadores e traballadoras destas disciplinas, polo que agardamos que atopedes emprego ou montedes a vosa propia empresa”, apuntou Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás

Unha vintena de homes e mulleres desempregados formáronse no Obradoiro de Emprego promovido polo Concello de Barbadás no Centro Empresarial Transfronteirizo (CET) durante os últimos nove meses. Esta mañá, o espazo acolleu o acto de despedida do alumnado, no que estiveron presentes tanto os participantes como o equipo docente, así como a xefa territorial de Emprego, Marta Vázquez; o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel; o concelleiro de Promoción Económica, José Manuel Morgade; o alcalde de Toén, Ricardo González, e o tenente alcalde de Taboadela, Roberto Blanco. 

O Obradoiro de Emprego, financiado pola Xunta de Galicia, contou con formación práctica e teórica en albanelaría e xardinaría. As 20 persoas participantes puideron especializarse nunha área e realizar traballos na contorna, como a rehabilitación de varios lavadoiros en Sobrado do Bispo, o desbroce de numerosas estradas ou a mellora de espazos verdes. “Moitas grazas polo voso traballo espléndido, hai persoas que se esforzaron moito e estamos moi agradecidos desta resposta”, sinalou Xosé Carlos Valcárcel durante o acto de despedida. O alcalde animou ao alumnado a buscar traballo, e recordou a demanda existente de emprego: “Son necesarios traballadores e traballadoras destas disciplinas, polo que agardamos que atopedes emprego ou montedes a vosa propia empresa”. 

Marta Vázquez, Ricardo González e Roberto Blanco coincidiron en resaltar o esforzo dos participantes e desexáronlles moita sorte á hora de buscar traballo e aproveitar a formación recibida. 

Xosé Carlos Valcárcel agradeceu tamén o traballo do concelleiro de Promoción Económica, José Manuel Morgade, por lograr traer ao CET obradoiros deste tipo, así como a colaboración coa Xunta de Galicia. “Queremos que siga habendo obradoiros no noso concello, e é preciso remarcar o esforzo que se fai para que veñan e para xestionalos”, engadiu.

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1784627646

02/09/2025

Barbadás forma á rapazada no uso seguro das novas tecnoloxías

Visita campamento

O espazo infantil do Concello de Barbadás acolle desde hoxe e ata o venres o campamento dixital da Fundación Cibervoluntarios, unha iniciativa do Ministerio de Xuventude e Infancia para formar e sensibilizar á xuventude no uso seguro das novas tecnoloxías. O subdelegado do Goberno, Eladio Santos, visitou a inauguración da actividade en compañía do alcalde, Xosé Carlos Valcárcel; a tenente alcalde, Victoria Morenza, e a concelleira de Mocidade, Noemí Pintos. 

 

O campamento, dirixido a rapaces e rapazas de 9 a 17 anos, está deseñado para achegar ferramentas que faciliten a navegación segura no entorno dixital. “Consideramos que é esencial formar á nosa mocidade nas habilidades e ferramentas dixitais para atopar contidos de valor, navegar de xeito seguro e mesmo atopar oportunidades laborais”, explicou Xosé Carlos Valcárcel, quen recordou que son idades “clave” para aprender a utilizar as novas tecnoloxías. Nesa liña, Eladio Santos reflexionou sobre os riscos de internet: “É esencial dotar ás e aos máis novos de coñecementos para previr perigos nas redes sociais, identificar noticias falsas e frear calquera forma de discurso de odio na rede”. 

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1784627646

01/09/2025

“La vulnerabilidad es la llave para entender mi poemario”

Alexandra Morán

Conocemos a Alexandra Morán, vecina de Barbadás y autora del poemario “Bálsamo emocional”. La joven, de 23 años, nos acerca a su obra poética y a su mundo creativo.

Libro poesía¿Cómo surge “Bálsamo emocional”? ¿Es tu primer poemario?

Surge de la necesidad de dejar huella, de llevar al exterior algo que siempre ha sido mío. Como una forma de demostrar que yo también estoy aquí, que también soy capaz de llevar mi creatividad y mis emociones a un lugar donde tengan voz. Darle validez también a sensaciones y pensamientos no tan agradables y mezclarlos con aquello que creemos que es lo ‘esperado’, obteniendo como resultado la sensación agridulce que es la vida. Llevo 3 años viviendo en Coruña, y una de mis compañeras de piso y mejores amigas, Sara Luna, fueron una de mis mayores inspiraciones para este libro. Nunca había convivido con una persona tan creativa como ella, es como si en su cabeza guardase la respuesta a todo; me hizo ver que yo también valgo, y también puedo llevar aquello que murmulla en mi cabeza hacia afuera de forma creativa.
Sí, es mi primer poemario en el sentido de prepararlo y publicarlo. Siempre me ha gustado escribir de forma privada, aunque nunca antes había pensado en publicar nada de ello.

¿Cuáles son las historias, emociones, ideas que cuentas en el libro?

La vulnerabilidad es la llave para entender mi poemario. No hay una sola historia lineal en el libro, simplemente recuerdos de emociones y sensaciones que se entrelazan con la necesidad de reconstruirse. Quería reflejar la contradicción entre lo que duele y lo que, a su vez, sana, todo muy visual y sensorial: las caricias, la ausencia, la espera, la rabia y la entrega.

¿Crees que la poesía permite expresar emociones y sentimientos que la narrativa no puede?

Si, totalmente. En mi opinión la poesía es mas visceral. No necesita justificación ni argumentación: puede ser fragmentaria, ambigua y contradictoria y aun así podrá transmitir sensaciones muy profundas. La narrativa necesita de esa lógica que la poesía no, porque esta nace de la emoción pura. Es por ello que escogí la poesía para expresar mis sentimientos, necesitaba esa libertad emocional.

¿Cuántas horas de trabajo hay detrás del poemario? ¿Releíste y revisaste muchas veces o te dejaste llevar por la intuición?

En lo que respecta a la creación del poemario tal vez una semana. Como mencioné anteriormente, llevo escribiendo desde hace muchos años, y Bálsamo Emocional es una recopilación de esas pequeñas obras que fui creando a lo largo de mi vida.
Para mi fue esencial la opinión externa, qué sensaciones evocaban mis poemas. Una vez estaban escritos ya estaban completos, porque para mi ya eran “algo”. Pero la verdadera revisión llegaba cuando personas de mi entorno los leía. Esa mirada externa me ayudaba a ver mas allá de lo que ya había creado.

¿Los lectores se pueden sentir identificados?

Creo que sí, porque a pesar de que hablo de vivencias personales, siento que las emociones que descansan entre los versos son experiencias universales: el abandono, la ansiedad, el deseo, la culpa, la necesidad de ser entendida. Quiero pensar que muchas mujeres pueden sentirse representadas, sobre todo con la parte de cargar con un peso emocional propio y ajeno.

¿Piensas ya en la posibilidad de escribir otro libro?

Me encantaría, aunque es una posibilidad que considero a largo plazo. Para mí escribir es algo esporádico, cuando me lo pide el cuerpo. Soy incapaz de forzarlo.

¿Cuándo descubriste la poesía? ¿Fue amor a primera vista?

Fue una vía de escape. Una opción, un nuevo camino. Darle voz a emociones tan profundas y arraigadas era una posibilidad que no veía tan clara en aquellos momentos.

¿Escribes todos los días?

Trato de llevar la escritura conmigo siempre que puedo, no trato de que sea perfecta, pero sí que se sienta mía.

¿Cómo compaginas la escritura con el día a día con los estudios?

Depende de para qué la necesite. En ocasiones es una prioridad, ya que me ayuda a desatar dudas y a resolver problemas internos. En otros momentos es un “hobby”, para calmar la mente y enriquecerla.

¿Quiénes son tus referentes en la poesía?

Esto es algo que incluso menciono en mi libro. Alejandra Pizarnik y Idea Vilariño. De Alejandra Pizarnik me mueve su forma de nombrar el dolor con tanta crudeza y belleza, sin miedo. De Vilariño admiro si forma tan directa de hablar sobre el amor, sin ornamentos innecesarios.

¿Crees que la gente no se acerca a la poesía por prejuicio?

Desde luego que sí. Creo que hay una idea muy generalizada sobre cómo la poesía es un genero para intelectuales, que hay una forma “correcta” de entenderla, y para mí es todo lo contrario. Mi poesía es mía hasta que la leo en un papel, desde ese momento entonces es de quién la lea; si mi poema sobre el dolor y el abandono se siente tuyo entonces ES tuyo, lo interprete como lo interprete aquel que lo lea. Creo que se fuerza un entendimiento lógico de algo movido por la emoción y eso lleva a la frustración. La poesía se siente y luego se entiende. Es el cuerpo el que capta el poema antes que la mente, porque lo que lees te atraviesa emocionalmente, y es desde esa emoción que comienzas a comprenderlo.

Un poemario al que siempre vuelvas.

“Diarios” de Alejandra Pizarnik. Siempre. También “Aconsejo beber hilo” de Gloria Fuertes.

Novas

CONTENT.1784627646

01/09/2025

O Concello de Barbadás busca aos responsables dos desperfectos e danos na pista multideporte da Valenzá

Pista
  • “Non é a primeira vez que hai actos vandálicos nestas instalacións”, lamenta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás
  • Os vándalos racharon unha das redes e envorcaron unha das canastas do recinto

O Concello de Barbadás busca aos responsables dos desperfectos e danos ocasionados na pista multideporte da Valenzá esta semana. Os vándalos racharon unha das redes e envorcaron unha canasta das instalacións, inauguradas no outono de 2024. “Non é a primeira vez que hai actos vandálicos neste espazo”, lamenta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás. O goberno local puxo en coñecemento da situación á Policía Local e a Garda Civil, que actualmente investiga os feitos. Os culpables deberán pagar os danos causados e enfrontaranse á correspondente sanción económica. 

A limitación de horarios dos espazos deportivos ao aire libre responde tamén á necesidade de poñer fin a este tipo de actos vandálicos que se producen durante a madrugada. O bando municipal publicado esta mesma semana establece como horario de uso das 9,00 ás 23,00 horas co obxectivo de evitar desperfectos, pero tamén ruídos, despois das numerosas queixas recibidas pola veciñanza da contorna. A poboación quéixase de ruídos, música e coches que aparcan e circulan nas zonas anexas á pista multideporte. 

Cabe destacar que numerosas familias e mozos e mozas fan uso da pista de fútbol sala e da pista de baloncesto durante as xornadas estivais. “Desde o Concello apostamos por este tipo de espazos porque favorecen os hábitos de vida saudables, pero temos que velar pola boa convivencia cidadá e polo uso adecuado da pista”, resalta o alcalde. 

Deportes, Novas

CONTENT.1784627646

25/08/2025

O Concello de Barbadás enxalza a solidariedade da veciñanza: a taxa de doazón de sangue do municipio supera a media galega

  • O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, pón en valor a elevada colaboración veciñal durante todo o ano, incluído o verán, no que habitualmente a participación descende
  • A taxa de doazón en Barbadás é a novena máis alta de Ourense 
  • A unidade móbil de ADOS fará parada na Valenzá o martes 2 de setembro

O Concello de Barbadás pón en valor a solidariedade da poboación, que cada ano convirte Barbadás nun dos municipios con maior taxa de doazóns de sangue de toda a provincia. As aportacións das veciñas e veciños logran que, actualmente, Barbadás goce dunha taxa de doazóns superior á galega, con 40 doazóns por cada 1.000 habitantes.

O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, agradece a elevada participación cidadá, durante todo o ano, incluído o verán, no que as aportacións descenden. Nesa liña, recorda que os hospitais galegos seguen precisando doazóns nas vacacións estivais para tratar as enfermidades dos pacientes. “Quero poñer en valor a solidariedade da nosa veciñanza, que fai posible que sexamos o noveno concello con maior taxa de toda a provincia de Ourense e que a nosa taxa de doazón estea dentro da recomendación da OMS”, apunta.

Valcárcel anima á poboación a sumarse á campaña de concienciación actual de ADOS, “Non esquezas doar antes de veranear”. A unidade móbil estará na Valenzá o martes 2 de setembro no número 72 da avenida de Celanova, na Valenzá. O horario incluirá a mañá (de 9,30 a 14,30 horas) e a tarde (15,30 a 21,00 horas). 

Novas, Sanidade

CONTENT.1784627646

15/08/2025

O Concello de Barbadás inviste 82.000 euros na rehabilitación da pista entre Santa Uxía e Reza

O Concello de Barbadás vén de adxudicar por 82.003,72 euros a obra de rehabilitación de firme da pista que une o núcleo de Santa Uxía con Reza. A intervención, que consiste no acondicionamento e mellora da estrada, será levada a cabo pola empresa Obras e Saneamientos Galicia.

A actuación inclúe desbroce e retirada de vexetación e material solto nas marxes do camiño, limpeza do pavimento existente, ensanche dun primeiro tramo de 50 metros, colocación dunha canalización de drenaxe de augas pluviais, ampliación da plataforma da pista, rexeneración do firme existente e pintado de marcas viarias, entre outras melloras. A superficie aproximada conxunta da intervención é de 6.097 m².

O Concello de Barbadás reforza con esta obra a súa aposta por dotar aos núcleos do municipio do equipamento mínimo de infraestructuras, logrando así o aumento da calidade de vida dos seus habitantes e a mellora das condicións medioambientais destes núcleos. “Queremos atender as necesidades de todos os núcleos. Neste caso, Santa Uxía é un dos de menor poboación de todo o concello, e queremos apostar pola recuperación do rural fomentando a mobilidade”, apunta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás. 

O rexedor pon en valor a localización da aldea, que goza de vistas panorámicas sobre o río Miño, “o que debería favorecer, xunto con esta actuación, a implantación de nova poboación”. 

Novas, Urbanismo

CONTENT.1784627646

18/08/2025

O circo de La Finestra Nou Circ chega a Barbadás con “Tranvía nº12”

Xoves, 21 de agosto, ás 21:00 h, no Parque dos Patos

Un dos pratos fortes do Programa de Verán do Concello de Barbadás chega esta semana.
O xoves 21 de agosto, ás 21:00 horas, a compañía valenciana La Finestra Nou Circ presentará no Parque dos Patos (A Valenzá) o espectáculo “Tranvía nº12”.

La Finestra Nou Circ, creada no 2012, é unha compañía de circo que aposta por producir e difundir espectáculos multidisciplinares accesibles a todo tipo de públicos. As súas propostas combinan malabares, acrobacias, aéreos, equilibrios e clown con música, danza e teatro, creando experiencias únicas.

Sinopse: cinco personaxes diferentes coinciden nunha peculiar parada dun antigo tranvía. Están nerviosos, desprazados, coa maleta preparada… agardan. Queren marchar, viaxar, descubrir que lles depara o destino. Pero sempre hai un motivo para quedar. Esa emoción colectiva provoca unha inesperada forma de relacionarse e compartir. O humor, o talento, a creatividade e o circo mestúranse para dar vida a unha obra que invita a rir e a reflexionar.

📅 Xoves, 21 de agosto
21:00 horas
📍 Parque dos Patos (A Valenzá)
📌 Organiza: Concellería de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1784627646

15/08/2025

O Concello de Barbadás adxudica por máis de 75.000 euros a mellora do firme da pista entre Parada e San Bieito

O Concello de Barbadás vén de adxudicar por 75.340,65 euros a rehabilitación do firme da pista que une os núcleos de Parada e San Bieito. A empresa Excavaciones P. Prol será a encargada de realizar a intervención, que comezará no mes de setembro.

A actuación inclúe a limpeza e reapertura de cuneta, rozado e limpeza dos bordos laterais do camiño, construción de bocas de pozo, demolición do pavimento asfáltico en cruces de estrada, escarificación do firme existente para regular a superficie, bacheo de zonas puntuais, reforzo do firme do camiño e colocación de sinais verticais, entre outras melloras. 

Esta obra dá conta do empeño do Concello de Barbadás por dotar aos núcleos do municipio do equipamento mínimo de infraestruturas. “Queremos actuar sobre o entorno rural, non só sobre os grandes núcleos”, resalta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel. O vial é sumamente frecuentado, sobre todo en certas épocas do ano, polo que a intervención facilitará a mobilidade de veciños e visitantes. “Nesta zona está ubicado un dos lugares máis senlleiros de Barbadás como é o Santuario do San Bieito de Cova do Lobo”, recorda Valcárcel. 

Novas, Urbanismo

CONTENT.1784627646

12/08/2025

O Concello de Barbadás adxudica por preto de 93.000 euros a rehabilitación da estrada que une Barxa con Vistahermosa

Barxa

O Concello de Barbadás vén de adxudicar por 92.908,64 euros a obra de rehabilitación de firme da estrada que une o núcleo de Barxa, en Piñor, co barrio de Vistahermosa, en Ourense. A intervención será realizada pola empresa Extraco e arrancará durante o mes de setembro, cun prazo de execución dun mes. 

Actualmente, a estrada presenta un firme totalmente esgotado e numerosas irregularidades que cómpre corrixir, tal e como sinala Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Vías e Obras. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, destaca a rehabilitación como “prioritaria”, dado o elevado tráfico deste vial. “Esta vía serve como acceso a Ourense desde unha das parroquias máis grandes de Barbadás, e precisamente serve para desafogar outros viais de acceso á capital, diversificando así a mobilidade”, apunta.

O tramo a rehabilitar comeza nas inmediacións da igrexa de San Lourenzo de Piñor e ten unha lonxitude de 1.140 metros, ata o límite do concello de Ourense. O ancho medio é de 5,50 metros, con algunhas zonas que presentan sobreanchos. 

A intervención incluirá a limpieza de cuneta, fresado da superficie existente, rega de adherencia, pintado das marcas viarias ou levantamento de dous reductores de velocidade de 3 metros, entre outras melloras.

Novas, Urbanismo

CONTENT.1784627646

12/08/2025

O Concello de Barbadás remata a instalación dunha estación de bombeo en Piñor para evitar o uso de fosas sépticas

Bombeo Piñor

O Concello de Barbadás vén de rematar a instalación dunha estación de bombeo na rúa Travesía de Piñor co obxectivo de evitar o uso de fosas sépticas e adaptarse aos requisitos medioambientais. “Este tipo de intervencións xa se levaron a cabo noutros lugares como Sobrado, na zona do Outeiriño, e se seguirán facendo”, explica Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Servizos Públicos. 

Morenza dá conta do importante avance que supón a estación de bombeo para a depuración de augas en Piñor, xa que era “un dos poucos lugares que quedaban sen saneamento”. 

Pola súa parte, o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, tamén destaca os beneficios desta intervención: “É un avance medioambiental que tamén levaremos a cabo noutros lugares do municipio en base ao cumplimento da lexislación e á optimización dos recursos medioambientais”.

A instalación da estación de bombeo foi unha das obras incluídas polo Concello de Barbadás no Plan Provincial. 

Novas, Urbanismo

CONTENT.1784627646

08/08/2025

O Concello de Barbadás sancionou con preto de 30.000 euros á empresa adxudicataria do SAF e reclámalle á Xunta que se encargue da xestión do servizo

  • O goberno local vén de concluír o segundo expediente sancionador á Osventos polos sucesivos incumprimentos no contrato e o importante detrimento da atención 

O Concello de Barbadás vén de concluír o segundo expediente sancionador á empresa adxudicataria do Servizo de Atención no Fogar (SAF), Osventos, polos sucesivos incumprimentos do contrato e o importante detrimento da atención aos usuarios e usuarias. Meses despois da primeira sanción, de máis de 17.000 euros, o goberno local multa con 11.268 euros á concesionaria, que actualmente non está a cubrir nin as baixas nin as vacacións da plantilla, o que impide atender nas condicións adecuadas ás persoas vulnerables. 

O primeiro expediente, de máis de 17.000 euros, correspóndese co período de execución do anterior contrato (a empresa tamén xestionou o SAF no período 2021-2024). Nese tempo, o Concello tamén enviou múltiples requerimentos á empresa para adecuarse as condicións estipuladas no contrato, sen que fosen acatados. 

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asegura que a situación é “inadmisible” e por iso lle solicita á Xunta que se encargue da xestión do Servizo de Atención no Fogar. Nesta liña, o rexedor enviou este xoves unha carta a Política Social para solicitarlle a súa intervención en Barbadás e que asuma integramente o SAF. Valcárcel dá conta ante a Xunta das “reiteradas infraccións da empresa adxudicataria, as continuas faltas de obediencia aos requerimientos do Concello, as innumerables queixas dos usuarios e usuarias e o prexuízo que está a causar a empresa en persoas vulnerables”. 

Neste sentido, o alcalde lamenta as sucesivas infraccións da empresa que realiza o servizo, Osventos, así como a falta de obediencia aos requerimentos do Concello, e pide desculpas á poboación afectada en nome da empresa, que está obrigada a cumprir as condicións estipuladas no contrato.

Esta mesma semana, o Concello de Arteixo tamén lle reclamou á Xunta que asuma a xestión do SAF despois das sucesivas infraccións por parte de Osventos, a mesma empresa. 

Xosé Carlos Valcárcel lembra que a lei obriga á administración autonómica e á estatal a financiación do 100% da atención a domicilio, algo que non se cumpre en Barbadás (o Concello financia o 58,7% do SAF na actualidade). De feito, no ano 2024, o Concello de Barbadás investiu preto de 450.000 euros no SAF, cando Xunta e Goberno deberían cubrir integramente o custe do servizo. “Chegamos a esta situación polo incumprimento flagrante por parte da Xunta e do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 da normativa, o que imposibilita a este Concello a prestación adecuada do servizo”, recalca. 

 

Novas

CONTENT.1784627646

08/08/2025

O Concello de Barbadás solicítalle á Xunta que asuma a xestión íntegra do Servizo de Axuda no Fogar ante os sucesivos incumprimentos da empresa adxudicataria

  • O goberno local remitiulle unha carta á Política Social este xoves para requerir a súa intervención tras o importante detrimento do servizo prestado por Osventos
  • Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, lembra a obrigatoriedade de Xunta e Goberno Central de financiar o 100% do custe 
  • Concellos como Arteixo, onde a atención a domicilio tamén está adxudicado a Osventos, tamén solicitan á xestión da Xunta

O Concello de Barbadás solicítalle á Xunta que asuma a xestión íntegra do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) ante os sucesivos incumprimentos da empresa adxudicataria, Osventos, que derivaron nun importante detrimento da atención ás persoas vulnerables do municipio. 

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, enviou este xoves unha carta á Consellería de Política Social para expoñerlle a difícil situación do servizo tras os sucesivos incumprimentos de contrato por parte de Osventos e a falta de resposta ante os requerimentos do goberno municipal. “Queremos dar un bo servizo aos usuarios e usuarias, e agora mesmo, non é posible”, asegura o alcalde. 

“As reiteradas infraccións, as continuas faltas de obediencia aos requerimentos, as innumerables queixas dos usuarios e usuarias, o prexuízo que están a causar en persoas especialmente vulnerables… Non podemos permitir que isto siga así”, reclama Valcárcel. Actualmente, a empresa non está cubrindo as baixas médicas e as vacacións do seu persoal, o que impide atender en condicións adecuadas aos usuarios e deteriora de forma notable a atención. A mala praxis de Osventos xa provocou a apertura dun expediente sancionador hai meses de máis de 17.000 euros por parte do Concello de Barbadás correspondente coa execución do anterior contrato (a empresa tamén xestionou o SAF no período 2021-2024), ademais de múltiples requerimentos para adecuarse as condicións estipuladas no contrato.  

O alcalde lembra que a lei obriga á administración autonómica e á estatal a financiación do 100% da atención a domicilio, algo que non se cumpre en Barbadás (o Concello financia o 58,7% do SAF na actualidade). “Chegamos a esta situación polo incumprimento flagrante por parte da Xunta e do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 da normativa, o que imposibilita a este Concello a prestación adecuada do servizo”, recalca. 

Así, Barbadás únese á petición de concellos galegos como Arteixo, quen tamén reclamou á Xunta esta mesma semana á xestión íntegra do SAF despois dos incumprimentos reiterados no contrato do servizo por parte da mesma empresas, Osventos.

Novas, Servizos sociais

CONTENT.1784627646

07/08/2025

O Concello de Barbadás urxe a Telefónica a retirar “inmediatamente” un poste caído hai xa dous meses

  • A primeira comunicación foi o 16 de xuño e a compañía respondeu que incidencia xa fora trasladada á central, pero a situación é hoxe a mesma
  • Desde entón, o goberno local púxose en contacto en reiteradas ocasións coa compañía, que segue alegando que a incidencia “está trasladada”
  • A veciñanza tamén alertou ao 112 da situación de perigo, que deu conta das queixas a Telefónica
  • O goberno local non descarta iniciar algún outro tipo de acción si non se produce unha resposta inmediata, pois existe un perigo real para os peóns

O Concello de Barbadás solicitou xa o pasado 16 de xuño  a reparación inmediata do poste da rúa Escaleiras, na Valenzá, á dirección xeral de Galicia da compañía Telefónica. O poste vencera e supuña un perigo para viandantes e vehículos. A compañía respondeu tres días despois, o 19 de xuño, informando de que a petición xa fora trasladada aos operarios de zona. Hoxe, 2 meses despois, o poste ainda non foi reparado nin substituído, de feito, seguiu vencendo desde entón ata estar agora apoiado na fachada dun dos edificios da rúa, supoñendo cada vez un perigo maior. 

O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, púxose este mércores en contacto coa central de Telefónica en Galicia de novo, ante a situación de risco e a falta de solución. Desde a compañía asegurouse que a solicitude será atendida coa “maior prioridade posible” debido ao perigo para peóns e vehículos. “Lamentamos a desatención por parte de Telefónica en relación a esta situación tan perigosa que pode afectar a persoas e bens”, sinala o alcalde. Nesta liña, asegura que este tipo de situacións son comúns con todas as “grandes empresas” que sistematicamente desatenden aos concellos ao non facilitar un contacto directo para informar de incidencias. “No seu momento, o Concello de Barbadás xa aprobou unha moción solicitando un contacto directo das empresas”, explica Valcárcel. 

Cabe destacar que a rúa Escaleiras é unha zona de paso frecuente de viandantes que soben desde a zona do río ao núcleo da Valenzá, e tamén é un punto de aparcamento de numerosos vehículos. Desde xuño, o goberno local púxose en contacto en reiteradas ocasións coa compañía Telefónica, que segue alegando que a incidencia “está trasladada”. Ante a situación, o Concello acordoou o poste, pero ao tratarse dunha instalación de Telefónica, é a empresa quen está na obriga de reparala ou substituíla. 

Por outra parte, numerosos veciños deron conta da situación de risco de caída ao 112, quen deu conta das queixas e da situación a Telefónica, que segue sen resolver a incidencia. 

É por elo que o goberno local urxe por última vez a Telefónica a que enmende coa maior celeridade posible este problema, pois do contrario emprenderá outro tipo de acción.

Novas, Urbanismo

CONTENT.1784627646

05/08/2025

Anótate ao Coñece e Saborea Ourense en Barbadás

  • A actividade é gratuíta e levarase a cabo o domingo 7 de setembro

O concello de Barbadás é un dos municipios ourensáns que forman parte do ciclo Coñece e Saborea Ourense, unha proposta para descubrir a riqueza paisaxística e gastronómica da provincia.

A cita de Barbadás levarase a cabo o domingo 7 de setembro, e permitirá coñecer espazos senlleiros do municipio, ademais de degustar os produtos tradicionais.

A actividade é gratuíta e a inscrición pódese realizar a través de surbia.es.

Novas, Turismo

CONTENT.1784627646

28/07/2025

O Concello de Barbadás apela á responsabilidade e civismo dos propietarios de animais domésticos para manter limpos os espazos públicos

Campaña animais
  • “Hai moito malestar: ten habido numerosas queixas e recollidas de firmas por parte da veciñanza pola falta de concienciación dalgúns propietarios”, explica Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Parques e Xardíns
  • O goberno local lanza unha campaña de concienciación para recordar as normas básicas da convivencia e as sancións, que poden chegar aos 500 euros

O Concello de Barbadás lanza unha campaña de concienciación dirixida aos propietarios de animais domésticos despois das numerosas queixas da veciñanza polo estado de beirarrúas e soportais do núcleo da Valenzá. Baixo o lema “Coida dos teus animais e da túa contorna”, o goberno local recorda a normas básicas de convivencia (recollidas na ordenanza municipal, pero tamén na normativa autonómica e estatal), que inclúen a obrigatoriedade de recoller os excrementos no espazo público e de botar auga por riba dos ouriños. 

“Esta campaña realízase porque hai zonas comúns que están sendo ensuciadas por persoas que non cumpren coa normativa. Hai moito malestar: ten habido numerosas queixas e recollidas de firmas por parte da veciñanza pola falta de concienciación dalgúns propietarios”, explica Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Parques e Xardíns. 

O último tramo da avenida de Celanova, antes de chegar ao Concello de Ourense, os soportais dos edificios e as zonas tapadas son os puntos máis conflitivos. “É importante recordar que existen unhas normas a cumprir ao ter unha mascota”, sinala Morenza. O incumprimento das mesmas conleva sancións de tipo económico, que oscilan entre os 100 e os 500 euros. 

A campaña de concienciación levarase a cabo a través das redes sociais e coa colocación de carteis no espazo público. Victoria Morenza recorda que a responsabilidade do Concello é a vixilancia das rúas, polo que se intensificará nas próximas semanas. “Pero tamén apelamos ao civismo da poboación”, engade. 

Novas

CONTENT.1784627646

24/07/2025

O Concello de Barbadás finaliza a primeira gran actuación do proxecto de rehabilitación do local social de Sobrado do Bispo

Local social Sobrado
  • O goberno local investiu 151.957 euros na fase inicial da intervención, que incluíu a reforma integral da fachada e dos sistemas de fontanería e iluminación, así como a mellora da accesibilidade
  • “Esta actuación está enmarcada no afán do Concello por recuperar edificios emblemáticos para destinalos a un fin social, educativo e cultural”, explica Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás
  • O segundo paso do proxecto consiste na instalación dunha soleira ventilada que protexa o inmoble da humidade e na colocación dun chan de madeira

O Concello de Barbadás vén de rematar a primeira gran actuación do proxecto de rehabilitación do local social de Sobrado do Bispo, situado na rúa da Granxa. A intervención, orzamentada en 151.957 euros, completarase coa instalación dunha soleira ventilada e dun chan de madeira.

“O local foi a antiga escola de Sobrado, polo que é un edificio emblemático para a localidade. Este proxecto, por tanto, enmárcase no afán do Concello por recuperar edificios emblemáticos para destinalos a un fin social, educativo e cultural”, explica Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás. A tenente alcalde e concelleira de Obras, Victoria Morenza, destaca a importancia desta rehabilitación que converte “un edificio case residual nun local coas condicións óptimas para ser empregado en diferentes actividades”. 

A fase inicial da actuación incluíu a renovación da cuberta, a substitución parcial da estrutura soporte, o cambio das carpinterías, cámaras e illamento das fachadas e a modernización das instalacións de fontanaría, saneamento, electricidade, iluminación e ventilación. “O edificio está perfectamente insonorizado e iluminado, construíronse baños óptimos, permítese a entrada pola parte traseira…”, desgrana Morenza.

A intervención permitiu a mellora da accesibilidade do edificio, que data de 1920. Así, modificouse o acceso na fachada nordeste, construíuse unha nova escaleira e creouse un espazo de descanso como antesala do edificio para protexer aos usuarios do centro do tráfico rodado. Ademais, a fachada recuperou o seu aspecto orixinal cos encintados tipo rústicos. 

O centro convertirase nun punto de encontro dos veciños e veciñas de Sobrado, onde non só acudir para socializar ou ler prensa, senón tamén para realizar actividades de diversa índole (desde promoción da vida activa ate alfabetización informática). “O local vai ser utilizado tamén por agrupacións como a Coral Voces e Cordes, emblemática en Sobrado, que o ano que vén celebra o seu 40 aniversario”, apunta o alcalde. 

A actuación completarase coa instalación dunha soleira ventilada, que protexerá o edificio da humidade, e coa colocación dun chan de madeira. 

Novas, Urbanismo

CONTENT.1784627646

24/07/2025

El Concello de Barbadás finaliza la primera gran actuación del proyecto de rehabilitación del local social de Sobrado do Bispo

  • El gobierno local invirtió 151.957 euros en la fase inicial de la intervención, que incluyó la reforma integral de la fachada y de los sistemas de fontanería e iluminación, así como la mejora de la accesibilidad
  • “Esta actuación está enmarcada en el afán del Concello por recuperar edificios emblemáticos para destinarlos la un fin social, educativo y cultural”, explica Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás
  • El segundo paso del proyecto consiste en la instalación de una solera ventilada que proteja el inmueble de la humedad y en la colocación de un suelo de madera

El Concello de Barbadás viene de finalizar la primera gran actuación del proyecto de rehabilitación del local social de Sobrado do Obispo, situado en la calle de A Granxa. La intervención, presupuestada en 151.957 euros, se completará con la instalación de una solera ventilada y de un suelo de madera.

“El local fue la antigua escuela de Sobrado, por lo que es un edificio emblemático para la localidad. Este proyecto, por tanto, se enmarca en el afán del Concello por recuperar edificios emblemáticos para destinarlos la un fin social, educativo y cultural”, explica Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás. La teniente alcalde y concejala de Obras, Victoria Morenza, destaca la importancia de esta rehabilitación que convierte “un edificio casi residual en un local con las condiciones óptimas para ser empleado en diferentes actividades”.

La fase inicial de la actuación incluyó la renovación de la cubierta, el relevo parcial de la estructura soporte, el cambio de las carpinterías, cámaras y aislamiento de las fachadas y la modernización de las instalaciones de fontanería, saneamiento, electricidad, iluminación y ventilación. “El edificio está perfectamente insonorizado e iluminado, se construyeron baños óptimos, se permite la entrada por la parte trasera…”, desgrana Morenza.

La intervención permitió la mejora de la accesibilidad del edificio, que data de 1920. Así, se modificó el acceso en la fachada nordeste, se construyó una nueva escalera y se creó un espacio de descanso como antesala del edificio para proteger a los usuarios del centro del tráfico rodado. Además, la fachada recuperó su aspecto original con los encintados tipo rústicos.

El centro se convertirá en un punto de encuentro de los vecinos y vecinas de Sobrado, donde no solo acudir para socializar o leer prensa, sino también para realizar actividades de diversa índole (desde promoción de la vida activa ate alfabetización informática). “El local va a ser utilizado también por agrupaciones como la Coral Voces y Cordes, emblemática en Sobrado, que el año que viene celebra su 40 aniversario”, apunta el alcalde.

La actuación se completará con la instalación de una solera ventilada, que protegerá el edificio de la humedad, y con la colocación de un suelo de madera.

Novas

CONTENT.1784627646