Todolos artigos de: Casacultura

31/08/2026

CONCERTO DE MERCEDES PEÓN

Déixaas

Despois do adiamento por mal tempo da Artista Mercedes Peón, chega a última actuación do Programa “En Barbadás o Verán é Cultura” co Concerto de que nos presenta o álbum “Déixaas”, será este xoves 3 de Setembro ás 21h. no Parque dos Patos | A Valenzá.
Día:              Xoves 3 de Setembro
Hora:           Ás 21h.
Lugar:         Parque dos Patos |A Valenzá.
Evento:       Música.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175610

25/08/2026

Cambio de data da actuación de MERCEDES PEÓN

Cambio de data ao xoves 3 de setembro. Parque dos Patos - A Valenzá

O Concello de Barbadás comunica que a actuación de MERCEDES PEÓN, prevista inicialmente para o xoves 27 de Agosto no Parque dos Patos, foi adiada para o XOVES 3 DE SETEMBRO.
O motivo do cambio débese ás previsións de abundante choiva.
O Concello toma esta decisión para garantir a calidade óptima do espectáculo para o público, así como para os equipos técnicos e artísticos.
NOVA DATA:      Xoves 3 de Setembro
Hora:                  Ás 21h.
Lugar:                Parque dos Patos |A Valenzá.
Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175610

17/08/2026

CONCERTO DE DR. SLUMP

Xoves, 20 de Agosto ás 21h. no Parque dos Patos - A Valenzá - Barbadás

Concerto Dr Slump 20 agosto 2026 en Barbadás
Avanza o mes de Agosto dentro do Programa “En Barbadás o Verán é Cultura” e agora visítanos a Banda DR. SLUMP , será este xoves 20 de Agosto ás 21h. no Parque dos Patos ! A Valenzá.
Sinopse:
Co gallo do seu quinto aniversario, a banda Dr. SLUMP segue a levar aos escenarios os mellores éxitos do pop-rock español das décadas de 1980, 1990 e 2000.
Grazas á súa ampla experiencia en actuacións en directo, ofrecen un espectáculo dinámico, atractivo e cheo de enerxía.
Os seus concertos son unha viaxe a través de cancións que marcaron xeracións, combinando a nostalxia coa diversión e a participación do público. Cun ritmo trepidante e unha presenza escénica fresca e vital, Dr. SLUMP converte cada actuación nunha auténtica festa: a ocasión perfecta para cantar, bailar e gozar da música de principio a fin.
Día:          Xoves 20 de Agosto
Hora:        Ás 21h.
Lugar:      Parque dos Patos | A Valenzá
Evento:    Música
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás
Concerto Dr Slump - 20 agosto 2026 en Parque dos Patos - A Valenzá - Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175610

10/08/2026

TEATRO Ó CUBO: De Vilatriste a Vilalagre

Xoves, 13 de Agosto, ás 21h. no Parque dos Patos | A Valenzá

Proseguimos camiño neste mes de Agosto dentro do Programa “En Barbadás o Verán é Cultura” e agora visítanos o grupo TEATRO Ó CUBO que vai represntar o espectáculoDe Vilatriste a Vilalegre”, será este xoves 13 de Agosto ás 21h. no Parque dos Patos ! A Valenzá.
Sinopse:
Trepas é o alcume dun habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar á vila das fauces dun malvado dirixente.
Xunto a unha inusual superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero… funcionará?
De Vilatriste a Vilalegre é unha divertidísima creación de Teatro O Cubo para pequenas e maiores en coprodución co Centro Dramático Galego no seu 40 aniversario.
Día:                     Xoves 13 de Agosto
Hora:                  Ás 21h.
Lugar:                Parque dos Patos | A Valenzá
Evento:              Teatro e Monicreques
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175610

03/08/2026

MAGO FERNANDO MORENO

Xoves, 6 de agosto ás 21h. no Parque dos Patos | A Valenzá.

Seguimos camiñando no Programa “En Barbadás o Verán é Cultura” e este xoves 6 de Agosto contamos coa Maxia de FERNANDO MORENO que nos trae o espectáculo “Superpoderes Máxicos” será coma sempre ás 21h. no Parque dos Patos | A Valenzá.
Sinopse:
SUPERPODERES MÁXICOS.
É un espectáculo de maxia familiar e infantil.
Durante a actuación, hai trucos de maxia para ensinarlles aos nenos e nenas os “superpoderes” que utilizan os magos.
O espectáculo ten números musicais e dinámicas interactivas nas que participan tanto os pequenos coma os pais, con efectos como viaxes imposibles, transformacións, lectura de pensamento, aparicións e moito máis…
Día:            Xoves 6 de Agosto
Hora:         Ás 21h.
Lugar:       Parque dos Patos | A Valenzá.
Evento:     Maxia
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

27/07/2026

Espectáculo: ÑIQUI ÑAQUE.

Xoves, 30 de xullo, ás 21h. no Parque dos Patos (A Valenzá - Barbadás)

2026-Banner-Barbadás- Espectáculo Ñiqui Ñaque
Prosigue o Programa “En Barbadás o Verán é Cultura”, así este xoves 30 de Xullo, ás 21h. teremos unha producción do Centro Dramático Galego e Espectáculos Valente, que nos presentan “ÑIQUI ÑAQUE”, será coma sempre no Parque dos Patos | A Valenzá.
Sinopse:
Cosme e Damián, dous cómicos ambulantes a punto de disolver a súa compañía, reciben unha chamada do Gran Duque coa oferta de realizar un espectáculo para celebrar o seu vinte aniversario de casados. Ante a grande oferta económica, os cómicos comezan a ensaiar unha peculiar versión de Romeo e Xulieta. Todo isto mentres continúan a súa viaxe nun motocarro avariado.
Ñiquiñaque é unha nova posta en escena do texto de Cándido Pazó.
Unha proposta charangueira e bravú, este espectáculo entrelaza de forma fluida técnicas de clown, máscara, acrobacia e mesmo títeres de cachiporra.
Día:                  Xoves 30 de Xullo
Hora:               Ás 21h.
Lugar:             Parque dos Patos
Evento:           Teatro.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.
Colabora: Centro Dramático Galego e Espectáculos Valente.

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

20/07/2026

CONCERTO THE TETAS’ VAN

Xoves 23 de Xullo, ás 21h. no Parque dos Patos - A Valenzá (Barbadás)

2026-23072026-Tetas Van en concerto en A Valenzá
Avanzamos coa programación cultural “En Barbadás o Verán é Cultura” e nesta ocasión ímos disfrutar do Concerto de The Tetas’ Van que nos presentan “15 Revoltas”, será o xoves 23 de Xullo ás 21h. no Parque dos Patos | A Vlanezá.
Sinopse:
15 Revoltas celebra quince anos de camiño compartido de The Tetas’ Van: loita, aprendizaxe e música que medra co público.
A banda regresa cun espectáculo renovado, máis libre e auténtico, mantendo o seu pulso feminista e a súa forza escénica.
Novas cancións, enerxía fresca e a mesma identidade que as define.
Non é só un cambio, é unha reafirmación. Un convite a cantar, bailar e sentir xuntas o que está por vir.
Porque isto non é só un concerto: é unha revolución en marcha!
Día:           Xoves 23 de Xullo.
Hora:        Ás 21h.
Lugar:      Parque dos Patos | A Valenzá.
Evento:    Música.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadas
Colabora: Culturactiva.

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

14/07/2026

CIRCO coa CÍA ORAIN BI

Xoves, 19 de xullo ás 21:00h no Parque dos Patos

Continuamos coa programación cultural do Concello, dentro do Programa “En Barbadás o Verán é Cultura”, e contamos coa Compañía de Circo ORAIN BI que ven do País Vasco para presentarnos o espectáculo “MUTE”, será este xoves 16 de Xullo, ás 21h. no Parque dos Patos.
Sinopse:
Terceira persoa do singular do imperativo do verbo MUTAR: cambiar o aspecto, a natureza, o estado, etc. dunha persoa, un animal ou unha cousa.
“… e un día o pasado volveu ás nosas vidas e fíxonos reencontrarnos con todo aquelo que sentimos noso. Volvemos a vernos no noso teatro, todo cuberto polo pó que delataba o paso dos anos, e mentres revivíamos os nosos números de circo transformados a esta nova vida, prodúxose a maxia de sentir que nós mutábamos ao unísono!”
A mutación é unha constante. Que non só muten os bichos. Mutemos as estruturas e tamén nós, as persoas, para seguir avanzando, para chegar máis lonxe, máis alto: o máis difícil aínda!!
Premio ao mellor espectáculo de rúa de Euskadi.
XXVI Premios Max Candidata 2023
Espectáculo recomendado Redescena
Día:                 Xoves 16 de Xullo
Hora:               Ás 21h.
Lugar:             Parque dos Patos
Evento:           Circo
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

06/07/2026

CONCERTO DE BRAÑAS FOLK

Xoves 9 de Xullo, ás 21h. no Parque dos Patos (A Valenzá)

O Programa de verán “En Barbadás o Verán é Cultura” continúa o seu camiño e nesta ocasión, este xoves 9 de Xullo, ás 21h. contamos co Concerto de BRAÑAS FOLK acompañado do Grupo de Gaitas NOVA FRONTEIRA e XAVIER BLANCO, será coma sempre no Parque dos Patos | A Valenzá.
Brañas Folk publica o seu cuarto disco, “Godaxe”. No novo traballo colaboran artistas como o Orfeón Treixadura, Pancho Álvarez, Xavier Blanco, Luis Delgado, Segundo Gradío, María Méndez e Mar Gómez.
Brañas Folk nace no ano 2002 da man de Manuel Brañas, fundador do inesquecible grupo Arco da Vella. Trala disolución do Arco da Vella, tras 17 anos de funcionamento, Manuel Brañas creou Brañas Folk.
Camiñante, Alalá do Cebreiro e Danza das Burgas son os anteriores discos de Brañas Folk, onde as colaboracións de grandes artistas galegos foron unha constante.
O grupo está formado polo propio Manuel Brañas (gaita, arpa, zanfona, whistles, requinta, frauta), Ana Dosouto (voz), Leonardo Blanco (violín), Aser Álvarez (batería e pandeireta), Guillermo Brañas (acordeón), Eduardo Balvís (baixo), José Antonio Blanco (guitarra) e Olga Brañas (piano, teclados e diversos instrumentos de percusión).
Día:         Xoves 9 de Xullo
Hora:       21h.
Lugar:      Parque dos Patos | A Valenzá
Evento:    Música
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

01/07/2026

ACTUACIÓN DE CIRCO DE SUE MORENO

CAMBIO DE HORA. SERÁ ÁS 20:00h (en vez dás 21:00 como estaba previsto)

Iniciamos o Programa de Verán “En Barbadás o Verán é Cultura” coa actuación de circo de SUE MORENO que nos presenta o espectáculo “5.0”.
Este espectáculo estaba previsto para o xoves 2 de xullo ás 21h.
Temos que cambiar a hora da actuación porque ás 21h. xoga a Selección española no Mundial.
Así pois esta actuación farase o XOVES 2 DE XULLO ÁS 20H. no Parque dos Patos.
Sinopse:
Unha diva que se achega aos 50, un corpo que manifesta o paso do tempo e unha pregunta flotando no aire…¿Canto tempo máis pode ser trapecista?
5.0 fala de cambios, de premenopausa, de transformación, de envellecemento…Con amor e moito humor.
Un espectáculo con equilibrios, acrobacias aéreas variadas, música ao vivo e un sen fin de habilidades dunha das acróbatas máis establecidas de Galicia.
Día:            Xoves 2 de Xullo
Hora:         Ás 20h.
Lugar:       Parque dos Patos
Evento:     Circo /Teatro
Duración:  50 minutos
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

11/06/2026

TEATRO MUXICAS DA ONCE

Sábado, 13 de xuño será ás 20h. e o Domingo 14 de xuño, ás 19h.

O Grupo de Teatro Muxicas da ONCE vai realizar dúas funcións na Casa da Cultura coa obra “Sueño de una noche de verano”
O Sábado 13 de xuño será ás 20h. e o Domingo 14 será ás 19h.
Sinopse:
No bosque onde soñan os namorados, a noite esvaece os camiños e os ollos convértense en instrumentos de encantamento.
Unha flor encantada cambia o curso do amor: quen esperte amará
á primeira persoa que vexa, aínda que sexa un burro ou unha sombra. Entre fadas, elfos e mortais perdidos, os sentidos son perturbados e o desexo xoga ao disfrace.
A luz da lúa vixía aqueles que xa non ven cos seus ollos, senón coa súa alma.
Neste Soño dunha noite de verán, os ollos enganan, pero o corazón, cego e sabio, atopa o seu propio xeito de ver.
Soño dunha noite de verán, de William Shakespeare, convértese, nesta versión de Teatro Muxicas, nunha celebración do teatro como reino dos sentidos, a imaxinación e a escoita.
Día: Sábado 13 de Xuño ás 20h.
        Domingo 14 de Xuño ás 19h.
Lugar: Sala Manuel María de Barbadás.
Idades: Todos os públicos
Entrada con invitación (recóllense na Casa da Cultura) a partir do luns 8 de Xuño.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.
Teatro Muxicas da ONCE

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

CONTENT.1789175611

25/05/2026

PABLÍSIMO

Cartel Pablísimo

E chegamos ao final do Programa “Os xoves a Biblioteca cóntache…” coa participación do Narrador Pablísimo que nos vai a narrar a historia “Principas e Princesos”, será este xoves 28 de Maio ás 18:30h. na Biblioteca.
“Faise saber que se buscan príncipes rosas…e princesas azuis!, faise saber que ides escoitar contos de valentes princesas enfrontandose a dragóns e de príncipes que lavan a roupa e pasan o ferro! son contos de Príncipas e Princesos. Unha reflexión sobre a igualdade a través de contos atípicos de Principes e princesas.”
Temática: Igualdade e violencia de xénero.
Día:         Xoves 28 de Maio
Hora:      Ás 18:30h.
Lugar:    Biblioteca.
Idades:   de 4 a 8 anos.
Prazas limitadas.
Para participar é necesario enviar un correo electrónico a:
biblioteca@barbadas.es
Mencionando o nome e apelidos, idade e un número de teléfono (por se hai algunha incidencia).
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.
Patrocina: Ler Conta Moito

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

15/05/2026

“Estrafalaria”, con narradora ATENEA GARCÍA

Xoves, 21 de maio ás 18:30h. na Biblioteca Municipal.

Avanzamos co Programa da Biblioteca “Os xoves a Biblioteca cóntache…” e nesta ocasión ímos contar coa Narradora Atenea García que nos vai a presentar “Estrafalaria”, será o xoves 21 de Maio ás 18:30h. na Biblioteca.
Sinopse:
Alicia collera por costume escorregar por calqueira buraco sen importarlle o profundo, escuro ou sinuoso que sexa. Carlota escolle o seu camiño e embárcase en aventuras emocionantes que nada teñen que ver coas das princesa. A avoa e papá dicían que as miñas amigas eran estrañas. Mais eu sempre pensei que iso de ser estraña é moi relativo.
Apetéceche escoitar as nosas rarezas?
Día:       Xoves 21 de Maio
Hora:     ás 18:30h.
Lugar:   Biblioteca Municipal.
Idades:  de 4 a 8 anos
Temática: Igualdade e violencia de xénero.
Inscricións no correo electrónico:
biblioteca@barbadas.es
mencionando nome e apelidos, idade e un número de teléfono (por se hai algunha incidencia)
As inscricións faranse a partir do luns 18 de Maio.
Prazas limitadas.
Organiza: Concellaría de Cultura Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

08/05/2026

NARRADORA BEA CAMPOS

Bea Campos

Continuamos co Programa “Os xoves a Biblioteca cóntache” e nesta ocasión visítanos a narradora BEA CAMPOS que nos trae a contada “Contos con xeito”, será o xoves 14 de Maio ás 18:30h. na Biblioteca.
“Contos con xeito”. É unha sesión de contos tradicionais onde se pon en valor a narración oral e a cultura popular e os ditos de sempre.
Ademáis de rendirlle homenaxe ás mulleres contadoras de Galicia.
Pretiño da cociña de leña sempre se contaron historias con un chisco de medo e moita risa, contos de hoxe e de sempre que forman parte da nosa cultura.
“Contos con xeito” son divertidas historias cun chisco de medo e moita risa.
¿Vide a gozar dos contos de Bea Campos.!
Para participar neste evento é necesario mandar un correo electrónico a:
biblioteca@barbadas.es
Onde figure o nome e apelidos, idade e un número de teléfono (por se hai algunha incidencia)
Para nen@s de 4 a 7 anos.
Prazas limitadas.
Día:               Xoves 14 de Maio
Hora:            Ás 18:30h.
Lugar:          Biblioteca.
As incricións a partir do luns 11 de Maio.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadas.
Patrocina: Ler Conta Moito (Xunta de Galicia)

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

07/05/2026

MAGO FERNANDO MORENO

Xoves 7 de Maio ás 18:30h. na Biblioteca Municipal.

A primeira das actividades que se van realizar no Programa “Os xoves a Biblioteca cóntache” é a do Mago Fernando Moreno que nos vai presentar o espectáculo “Os teus libros teñen maxia”, será o xoves 7 de Maio ás 18:30h. na Biblioteca Municipal.
Sesión de maxia para fomentar a lectura en nenos e nenas a través da maxia dos libros e os contos infantís.
Os cativos coñecerán a importancia dos libros a través dos axudantes do mago Fernando Moreno: un coello que vive no libro da imaxinación, un verme que se agacha entre os libros en librarías e bibliotecas, un pato que coñece todos os contos infantis, etc..
Para participar neste evento é necesario mandar un correo electrónico a:
 biblioteca@barbadas.es
Onde figure o nome e apelidos, idade e un número de teléfono (por se hai algunha incidencia)
Para nen@s de 4 a 8 anos.
Prazas limitadas.
Día: Xoves 7 de Maio
Hora: Ás 18:30h.
Lugar: Biblioteca.
As incricións a partir do luns 4 de Maio.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadas.
Patrocina: Ler Conta Moito (Xunta de Galicia)

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

18/04/2026

“Slips Inside”, representación teatral de OKIDOK

Venres 24 de Abril, ás 20:30h., na Sala Manuel María (A Valenzá-Barbadás)

Coa actuación deste grupo Belga, chegamos ao final do Programa Noites Bárbaras, e para este remate traemos un prato forte do humor, falamos do grupo OKIDOK que vai representar “Slips Inside” será o venres 24 de Abril, ás 20:30h., na Sala Manuel María de Barbadás.
Pierrot e Marcel teñen corpos de fantasía, corpos de estrelas. Musculosos, elegantes, hábiles, multifacéticos e moi conscientes de tódalas súas incribles cualidades, lánzanse nunha gran demostración dos seus talentos. E Deus sabe que teñen moitos!
Talento en estado puro, o mellor da acrobacia, a esencia do mimo, a beleza da danza; resumindo, a poesía bruta dos anos gloriosos do music-hall. Unha hora de risas, sen palabras e sen parada. Un dos espectáculos máis divertidos dos últimos anos.
Día:        Venres 24 de Abril
Hora:      ás 20:30h.
Lugar:     Sala Manuel Marías | Barbadás.
Evento:   Teatro.
Idades:    Adultos.
Entrada con invitación (Recóllense na Casa da Cultura) a partir do luns 20 de Abril.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

10/04/2026

“AS ALUMNAS”. Obra de teatro de Culturactiva Produccións

Venres,17 de abril de 2026, ás 20:30h. Lugar: Sala Manuel María | A Valenzá - Barbadás.

Obra: As alumnas . Barbadás . 17/04/2026
Dentro da programación do 8 M (Día Internacional da muller), o CIM de Barbadás organiza esta representación teatral de AS ALUMNAS de Culturactiva Produccións.
Será o venres 17 de Abril, ás 20:30h. na Sala Manuel María de Barbadás.
Dirixido a un público adulto, As Alumnas trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres.
As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil que percorren diferentes camiños e que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento.
As Alumnas busca facer un exercicio de reapropiación da realidade colectiva e individual para reconstruír a memoria e espazos imaxinarios da nosa comunidade.
Día:         Venres 17 de Abril.
Hora:       Ás 20:30h.
Lugar:     Sala Manuel María | A Valenzá – Barbadás.
Evento:   Teatro.
Idades:    Adulto.
Entrada con invitación (Recóllense na Casa da Cultura) a partir do luns 13 de Abril.
Organiza: CIM Centro de Información á Muller | Barbadás
Colabora: Concellaría de Cultura | Barbadás.

Cultura, Eventos, Igualdade

CONTENT.1789175611

31/03/2026

LETI DA TABERNA en Barbadás

Venres, 10 de abril ás 20:30h na Casa da Cultura Manuel María (A Valenzá-Barbadás)

Actuación en Barbadás - Leti da Taberna
Prosigue o Programa Noites Bárbaras, e nesta ocasión contamos coa actuación de LETI DA TABERNA que vai a presentar o monólogo “Enredada”, será coma sempre na Sala Manuel María de Barbadás, o venres 10 de Abril, ás 20:30h.
Leti da Taberna trae o seu primeiro monólogo no que explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día. En galego e con perspectiva feminista, Enredada enche o escenario de luz e enerxía, provocando que a espectadora se vexa identificada coas situacións que se presentan e acabe ríndose de si mesma.
Día:       Venres 10 de Abril.
Hora:     ás 20:30h.
Lugar:   Sala Manuel María | Barbadás.
Evento:  Monólogo
Público: Adulto
Entrada con invitación (Recóllense na Casa da Cultura) a partir do luns 6 de Abril.
Ao final da actuación haberá un petisco para todos os espectadores.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

23/03/2026

Actuación de O SONORO MAXÍN

Venres, 27 de marzo  ás 20:30h. na Sala Manuel María | A Valenzá - Barbadás.

Actuación: O sonoro Maxín
Continuamos co Programa Noites Bárbaras e nesta ocasión contamos coa participación do grupo Ourensán O SONORO MAXÍN que nos presenta o seu novo traballo “A primavera ten que ser nosa”, será o venres 27 de Marzo, ás 20:30h. na Sala Manuel María de Barbadás.
A primavera ten que ser nosa é o nome desta nova xira na que O Sonoro Maxín homenaxea ao seu ex-batería Jaime Mateo. Presentan novos temas que mesturan con cancións xa recoñecidas por todos e todas nas súas case dous décadas de traxectoria.
O cerne que vertebra o espectáculo é a personalidade propia do conxunto que acolle, baixo as súas pólas, diferentes estilos musicais como a cumbia, o forró, o merengue e o rock, inventando as cancións da Galiza tropical e ofrecendo as súas flores e froitos convencidas que a primavera aínda está por chegar.
“O inverno atrapounos por completo. Quedamos totalmente núas, sen follas para abrigar o noso corpo. Mais hoxe, o día amenceu azul e brillante, e unha raiola de luz conseguiu deixar os nosos ollos abertos. O sol quenta, as cantigas andan xa a rebentar na chaira, o vento zoa tras as montañas e unha danza vermella abre a terra baixo os nosos pés. Os días coma hoxe fan que unha idea salte de boca en boca: chegará, de novo, a primavera.
Regresarán as cegoñas.
Agromará a ameixeira.
Os sapos volverán cantar con forza, coma nós.
Temos as raíces na terra e o ramo florido. A primavera ten que ser nosa.
Día:                   Venres 27 de Marzo
Hora:                 ás 20:30h.
Lugar:               Sala Manuel María | Barbadás.
Evento:             Música
Idades:             Adulto + de 14 anos en adiante
Entrada:        Con invitación (recóllense na Casa da Cultura) a partir do luns 23 de Marzo
Ao final do concerto haberá un petisco para todos os espectadores.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

06/03/2026

NOITES BÁRBARAS con PABLO MEIXE

Venres, 13 de marzo de 2026, 20:30h na Casa da Cultura Manuel María

2026-Banner-Barbadás-Cultura-Pablo Meixe
Iniciamos o Programa NOITES BÁRBARAS coa actuación do monologuista PABLO MEIXE que vai a representar o espectáculo “Meixeverso”, será o venres 13 de Marzo, ás 20:30h. na Sala Manuel María de Barbadás.
Pablo Meixe atrévese enriba do escenario cunha selección dos seus mellores textos, improvisacións co público e, sobre todo, facer aquilo que máis lle gusta: vervos rir sen parar.
Pablo Meixe en directo é un torbellino de gargalladas e complicidade co público.
Se te ris cos seus vídeos, prepárate para vivir a experiencia en vivo e en directo.
Non hai filtros, non hai pausas: só unha hora de comedia en estado puro!
Día: Venres 13 de Marzo
Hora: 20:30h.
Lugar: Sala Manuel María de Barbadás.
Evento: Monólogo
Público: Adulto
Entrada con invitación ata completar aforo
(Recóllense na Casa da Cultura) a partir do luns 9 de marzo.
Ao remate da actuación haberá un petisco e poderás participar nun concurso…..
Organiza: Concellaría de Cultura

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

23/12/2025

MAGO PABLO ESTÉVEZ

Trangalladas

O Nadal continúa en Barbadás, e o luns 29 de decembro, ás 19h. contamos co MAGO PABLO ESTÉVEZ que nos presenta o espectáculo “TRANGALLADAS”, será coma sempre na Sala Manuel María de Barbadás.
Sinopse:
Trangalladas é un espectáculo de maxia familiar onde a imaxinación non ten límites e os inventos máis disparatados cobran vida. Entre aparellos imposibles, mecanismos absurdos e máquinas que nunca deberían funcionar… acontece o inevitable: a maxia aparece.
A través do humor, a participación do público e sorprendentes efectos visuais, o mago convídanos a entrar no seu particular laboratorio de ideas tolas, onde cada trangallada é a escusa perfecta para provocar asombro, risas e emoción en pequenos e maiores.
Un show dinámico, divertido e cheo de ritmo, no que os espectadores non só ven maxia, senón que forman parte dela, converténdose en axudantes improvisados de inventos que ás veces se descontrolan… pero que sempre rematan en sorpresa.
Trangalladas é unha viaxe ao corazón da creatividade, ideal para gozar en familia, especialmente na época do Nadal, onde a ilusión, o xogo e a fantasía son os verdadeiros protagonistas.
Día:                Luns 29 de Decembro
Hora:              Ás 19h.
Lugar:            Sala Manuel María | Barbadás
Evento:          Maxia
Público:         Familiar
                      Entrada libre ata completar aforo
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

17/12/2025

“OS CONTOS DE LOBICÁN” con REEDRUM TEATRO

Os contos do Lobicán

Continúa o Programa de Nadal de Barbadás, e o Venres 19 de Decembro,ás 19h. acompáñanos o grupo de REDRUM TEATRO co espectáculo “Os contos do Lobicán”, será na Sala Manuel María de Barbadás.
Sinopse:
Lobicán é un animaliño curioso que goza explorando o bosque e compartindo momentos coa súa familia. A pesar da súa reticencia cara á escola e o estudo, Lobicán mostra un profundo interese por aprender sobre a natureza e o mundo que o rodea. Mamá Lobicana pídelle levar unha torta ao avó, e mentres Lobicán está no bosque, atópase con Xiana, unha nena que busca o camiño cara á casa da súa tía Silvana.
Sen importar as súas diferenzas, Lobicán e Xiana establecerán unha forte amizade que os axudará a superar perigos e desafíos.
“Os Contos do Lobicán” é unha histora conmovedora que resalta a importancia da amizade, a aceptación da diferenza e o respecto pola natureza, deixando unha poderosa lección sobre a importancia de valorar as relacións persoais e protexer o noso medio ambiente.
Día:                 Venres 19 de Decembro
Hora:              ás 19h.
Lugar:            Sala Casa da Cultura Manuel María de Barbadás.
Evento:          Teatro
                      Entrada libre ata completar aforo.
Organiza: Concellaría de Cultura | Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

15/12/2025

MAGO JOSÉ RIVERA

José Rivera

Proseguimos co Programa de Nadal, e nesta ocasión contamos co MAGO JOSÉ RIVERA que presenta o espectáculo “Zasca”, será mañá martes 16 de decembro, ás 12h. unha función escolar.
Sinopse:
ZASCA!!! é un espectáculo sorprendente e divertido dirixido a nenos pequenos, onde a maxia e o humor son os ingredientes principais.
O público participa activamente neste espectáculo familiar, onde nenos e adultos interactúan co mago e quedan constantemente abraiados nunha actuación vibrante e enérxica.
Este espectáculo é unha viaxe a través da imaxinación e o absurdo, deseñado para entreter e abraiar ao público. José Rivera guíaos a través dun mundo de ilusión e comedia, mesturando habilmente o humor esburacado con trucos de maxia.
Día:            Martes 16 de Decembro
Hora:          ás 12h.
Lugar:        Sala Manuel María | Barbadás
Función escolar
Organiza: Concello de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

11/12/2025

TÍTERES ALAKRÁN

Títeres Alakrán

Iniciamos o Programa de Nadal cunha actuación para os colexios O Ruxidoiro, Filomena Dato e Luis Vives que nos acompañarán neste espectáculo, trátase dos TÍTERES ALAKRÁN que nos trae o espectáculo “CIRCO GALÁCTICO”, será o luns 15 de Decembro, ás 12h.
Sinopse:
Circo Galaico é un espectáculo de variedades conducido por un presentador que será o mestre de cerimonias de clásicos e insólitos números de circo.
Un circo único onde a maxia e o fantástico se mestura co autóctono, onde os artistas serán animais da fauna galega en liberdade.
Con todos vostedes e entre outros: Xaquín o forzudo xabarín; Corvus, o corvo equilibrista, Pedriño, o raposo malabarista e a incrible cabra Ribelina! Sen esquecer clásicos do circo coma o paiaso Rolín.
Día:            Luns 15 de Decembro
Hora:         ás 12h.
Lugar:       Sala Manuel María | Barbadás.

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

21/11/2025

“XOGUETES ROTOS” de COMPAÑÍA BARROSANTA

Venres 28 de Novembro,  20:30h. na Sala Manuel María | Barbadás.

Barbadás-xoguetes rotos - teatro
O próximo venres 28 de Novembro, ás 20:30h. actuación da Compañía de Teatro BARROSANTA, que nos trae o espectáculo “XOGUETES ROTOS”, será na Sala Manuel María de Barbadás.
Sinopse:
Xoguetes Rotos” chega a Barbadás para abrir unha fenda íntima na memoria e na identidade.
A historia de Mario – ou a descuberta de quen é realmente – transpórtanos desde unha aldea ourensá ata o Vigo industrial dos anos 70. Un relato de valentía, amizade e transformación protagonizado por Barrosanta en coprodución con ButacaZero.
🎭 Un texto de Carolina Román adaptado por Esther Carrodeguas e Roberto Pascual
🎬 Dirección: Xavier Castiñeira
Evento:             Teatro
Día:                   Venres 28 de Novembro
Hora:                 20:30h.
Lugar:               Sala Manuel María | Barbadás.
Público:            Recomendado + 14 anos
Entrada:          Con Invitación, recóllense na Casa da Cultura a partir do luns 24 de Novembro.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.
REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense)

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

18/11/2025

Kantantibus Coro de Cámara de Ourense

Cartel Kantantibus

O próximo domingo 23 de Novembro, ás 19h. concerto de Kantantibus na Casa da Cultura de Barbadás.

O programa que presentamos nesta ocasión mergúllase na música antiga, cun percorrido polas sonoridades da Idade Media e do Renacemento. Trátase dun repertorio que combina pezas sacras e profanas, evocando tanto a espiritualidade das composicións litúrxicas como o carácter festivo e popular dos cancioneiros.
Entre os autores representados figuran nomes fundamentais como Juan del Encina, así como obras anónimas dos Cancioneiros de Palacio e de Uppsala, xunto a outras pezas tradicionais que nos conectan coa raíz máis popular da música vocal.
Unha selección coidada para resaltar a diversidade de estilos, texturas e afectos que, a pesar da distancia no tempo, seguen a emocionar e conectar co público actual.
Día: Domingo 23 de Novembro
Hora: Ás 19h.
Lugar: Sala de actuacións da Casa da Cultura | Barbadás.
Evento: Música de cámara
(Entrada libre ata completar aforo)
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

01/11/2025

SOBRIA E SERENA

Venres,7 novembro, 20:30h. na Sala Manuel María | Casa Cultura de Barbadás

Este Venres 7 de Novembro, ás 20:30h. contaremos coa presencia das actrices de SOBRIA E SERENA, Jazmín Abuín e Arantxa Treus, cómicas, viguesas e, sobre todo, amigas, decidimos aproveitar o bo momento profesional que ambas estamos a vivir no mundo da comedia para unirnos e facer o humor mentres ensinamos un punto de vista persoal sobre o mundo e, de paso, tentar cambialo un pouquiño a golpe de gargallada.
Sobria e Serena veñen rirse de si mesmas e da vida. Xuntas. Porque non hai nada máis san que a risa, porque catro ollos ven máis que dous, e porque o bo, se dobre, dúas veces bo.
Sobria e Serena convídanvos a acompañalas por un percorrido da súa vida e a súa visión do mundo, e, sobre todo, a rir. A rir moito.
Máis dunha hora de risioterapia . O resto da información é Segredo de Estado e só a coñecerá un grupo moi selecto da poboación: o das mentes privilexiadas. Ou sexa, o da xente que vai ao teatro.
Evento:      Teatro
Día:            Venres 7 de Novembro
Hora:          20:30h.
Lugar:             Sala Manuel María | Barbadás
Idades:       Espectáculo recomendado a partir dos 12 anos en adiante
Entrada con invitación (Recóllense na Casa da Cultura, a partir do luns 3 de Novembro)
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

25/08/2025

GIN TONI´S en concerto

Xoves, 28 de agosto, ás 21h. no Parque dos Patos | A Valenzá

O Programa Cultural de Verán de Barbadás, chega ao seu fin, e nada mellor para pechar estes eventos, que a actuación do grupo GIN TONI´S, que estarán con nós este xoves 28 de Agosto, ás 21h. no Parque dos Patos en A Valenzá.
Gin Toni’s é unha Banda divertida, apaixoada e elegante que cada noite consegue unha increíble conexión co público dos seus concertos.
Faránnos viaxar unha vez máis polas versións dos mellores temas do Pop Rock español, dende os 80 ata a actualidade (Seguridad Social, Rebeldes, Revolver, El Ultimo de la Fila, Fito y Fitipaldis, Radio Futura, Loquillo, Los Rodríguez, Barricada, M-Clan, Los Refrescos, Los Secretos, La Unión, Joaquín Sabina, Siniestro Total, Rosendo, La Frontera, Coque Malla, Jarabe de Palo, Hombres G, Alaska, Miguel Bosé, Los Suaves, Tequila …)
Cun directo fresco, un repertorio cheo de conocidísimas cancións e unha elegante posta en escena, transportarannos ás Décadas Douradas da música Española e porán unha cor diferente facendo o mellor Tributo ao Pop Rock de noso país.
Día:       Xoves 28 de Agosto
Hora:    ás 21h.
Lugar:  Parque dos Patos | A Valenzá
Evento: Música
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

14/08/2025

La Finestra Nou Circ

Cartel "Tranvía nº 12"

Un dos pratos fortes do Programa de Verán do Concello de Barbadás, chega esta vindeira semana, o xoves 21 de Agosto, ás 21h. da mán da Compañía Valenciana LA FINESTRA NOU CIRC que vai a presentar o espectáculo “Tranvía nº 12º“, será coma sempre no Parque dos Patos (A Valenzá)
La Finestra Nou Circ é unha compañía de circo valenciana creada en 2012 cuxo obxectivo é producir e difundir espectáculos cunha liña artística multidisciplinar que cheguen a todo tipo de públicos.
Os seus espectáculos combinan malabarismos, aéreos, acrobacias, equilibrios e clown con outras Artes Escénicas como a música, a danza e o teatro.
Sinopse:
Cinco personaxes diferentes reúnense nunha peculiar parada dun antigo tranvía, están nerviosos, desprazados, só teñen unha cousa en común… agardan.
Están preparados para irse, viaxar, descubrir o que lles depara o seu destino… o tranvía está alí agardándoos, pero sempre hai un motivo polo que nunca sae.
Esta emoción colectiva provocará neles unha forma inesperada de relacionarse, de coñecerse, descubrindo que teñen máis en común do que creían, moito talento, creatividade, o circo, o sentido do humor ante a vida e a súa peculiar resiliencia.
Evento: Circo
Día: Xoves 21 de Agosto
Hora: ás 21h.
Lugar: Parque dos Patos (A Valenzá)
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

04/08/2025

Teatro de marionetas “The Pícole Teatro” con Trécola Producións

Xoves, 7 de agosto, ás 21h no Parque dos Patos

2025-Banner-Trécola producións
Chegado o mes de Agosto, o Programa de Verán do Concello de Barbadás continúa avanzando, así este xoves 7 de Agosto imos contar co Grupo de Marionetas TRÉCOLA PRODUCIÓNS que nos vai representar o espectáculo “The Pícole Teatro”, será ás 21h. no Parque dos Patos (A Valenzá).
The Piccole Theatre é unha nova visión do Teatriño de Feiras, primeira creación de Trécola estreada no ano 1982 coa que recuperaba a tradición das marionetas de fío en Galicia.
Un show moi participativo presentado polo gran Don Lirone, un buscador de talentos por terra, mar e aire.
Un espectáculo protagonizado por grandes artistas de madeira e cartón pedra que realizan acrobacias, números musicais, de maxia ou cómicos.
Representamos The Piccole Theatre coas marionetas orixinais, coa mesma ilusión de sempre e respectando boa parte do guión orixinal que aínda que pasen os anos segue sorprendendo, facendo rir e participar a un público de calquera idade.
Evento: Teatro de Marionetas
Día: Xoves 7 de Agosto
Hora: ás 21h.
Lugar: Parque dos Patos
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

28/07/2025

Espectáculo “A librería Máxica” con INVENTI TEATRO

Xoves, 31 de xullo ás 21:00h, no Parque dos Patos

2025-Banner-Inventi Teatro
Este xoves 31 de Xullo, ás 21h. continuamos co Programa de Verán do Concello, e nesta ocasión contamos co Grupo INVENTI TEATRO que nos presenta o espectáculo “A libraría máxica”, será no Parque dos Patos (A Valenzá).
Sinopse:
Atención donas e cabaleiros chega a súa vila a libraría máxica. Nela, dous simpáticos libreiros interpretados por Bea Campos e Marcos Alonso ofreceranlle o libro perfecto grazas a súa capacidade de atopar o conto necesario para cada persoa e ocasión!
A libraría máxica é o un espectáculo de Inventi Teatro para toda a familia, unha divertida peza teatral que rinde homenaxe ao pequeno comercio, as tendas de barrio, e que achega aos nenos e nenas o amor pola literatura e a lingua galega.
DÍA: XOVES 31 DE XULLO
HORA: ÁS 21H.
LUGAR: PARQUE DOS PATOS
TEATRO CÓMICO
TODOS OS PÚBLICOS
45 MIN.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

15/07/2025

NOITE DE FADOS con Marlene Rodrigues

Xoves 17 de xullo, ás 21h no Parque dos Patos (A Valenzá)

2025-Banner-Barbadás NOITE DE FADOS con Marlene Rodrigues

A programación do Verán Cultural do Concello de Barbadás segue adiante. Un xoves máis, a cultura chega ao parque dos Patos para mostrar un espectáculo de primeiro nivel.
Neste este caso, a actuación musical corre a cargo da Fadista Marlene Rodrigues.

Noite de Fados en Barbadás.

Este espectáculo mostra a paixón e o gosto que este grupo de amigos teñen polo Fado.
Un repaso polos grandes nomes do repertorio fadista da mán de Marlene Rodrigues acompañada de catro grandes músicos.

Día: Xoves 17 de Xullo.
Hora: ás 21h.
Lugar: Parque dos Patos (A Valenzá)
Evento: Música de Fados

                                  Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

07/07/2025

Concerto de “EN MALA HORA”

Xoves 10 de xullo, ás 21h. no Parque dos Patos (A Valenzá)

2025-Banner-Barbadás - Concerto de "En mala hora"
Continuamos co Programa de Verán do Concello de Barbadás “O Verán é Cultura”, e nesta ocasión contamos co grupo Ourensán EN MALA HORA que estará con nós o xoves 10 de xullo, ás 21h. no Parque dos Patos (A Valenzá).
En Mala Hora é un grupo que fai versións de temas coñecidos dos discos de grandes estrelas de Rock and Roll e do Blues.
Clásicos nacionais e internacionais que trasmiten unha enorme enerxía e gañas de pasalo moi, moi ben.
Día:          Xoves 10 de Xullo
Hora:       Ás 21h.
Lugar:     Parque dos Patos (A Valenzá)
Evento:   Concerto de Música
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

02/07/2025

DESASTRONAUTS, espectáculo “Circo doble Expresso”

Xoves, 3 de xullo, ás 21h. no Parque dos Patos  

Banner- Actuación Desastronauts en Barbadás
Continuamos co Programa  “O Verán é Cultura” cunha proposta circense que nos trae o grupo DESASTRONAUTS co espectáculo “Circo doble Expresso”, será este xoves 3 de Xullo, ás 21h. no Parque dos Patos
Sinopse:
Dous eminentes artistas do circo esfórzanse por demostrar quen é o mellor.
Girisho ten confianza, é entusiasta… pero non moi intelixente. Raquel é estrita, metódica e moi hábil.
Non se deterán ante nada para gañar a aprobación do seu público.
Un espectáculo de circo áxil, divertido e moi habilidoso no que Raquel e Girisho usan trapecio, tela área, hula hoops e… moito máis!
DÍA:       XOVES 3 DE XULLO
HORA:  ÁS 21H.
LUGAR: PARQUE DOS PATOS
PÚBLICO: TODOS OS PÚBLICOS
ESTILO: CIRCO
DURACIÓN: 45 min.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

04/06/2025

“Héroes de decembro”, con ¡ABRAN PASO! Teatro

Sábado, 7 de xuño ás 20h., na Casa de Cultura Manuel María

2025-Banner-Obra "abran paso"
O sábado 7 de Xuño, ás 20h. actuación do grupo ourensán ¡ABRAN PASO! Teatro, coa representación da obra “HEROES EN DECEMBRO”, será na Sala Manuel María de Barbadás.
Sinopse:
Catro suicidas acceden a un programa de repoboación rural a modo de terapia grupal. As rutinas e actividades programadas fan ver a Berta que sobrevivir non poden devolverlle as ganas de vivir. O suicidio silenciado de Khalid dentro do programa, a rebelión de Berta e a chegada da última traballadora social, con intereses ocultos, cuestionan os piares sobre os que se sustenta o proxecto e cada un dos seus habitantes.
Heroes en decembro é un texto contemporáneo e actual, unha traxedia con moitos toques de humor, que nos incita a cuestionarnos a importancia da saúde mental e a poñernos no lugar do outro. Realiza unha radiografía fresca e actual sobre a realidade social mostrándonos a realidade desde outra perspectiva.
Evento:        Teatro
Día:              Sábado 7 de Xuño
Hora:            ás 20h.
Lugar:          Sala Manuel María | Barbadás.
Idades:        Recomendada a partir dos 14 anos en adiante
Entrada con INVITACIÓN que se retiran na Casa da Cultura.
Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

02/06/2025

Estrea da obra “e-Mérito” de THE-SASTRE Teatro

Venres 6 de Xuño, ás 20h, na Sala da Casa da Cultura Manuel María

O próximo venres 6 de Xuño, ás 20h. actuación de The-Sastre Teatro coa estrea da obra “e-MÉRITO”, será na Sala Manuel María de Barbadás.
Sinopse:
O relato comeza nun contexto de fantasía, onde os protagonistas, tras unha visita a un circo nunha contorna non especificada, deciden escapar da súa vida pública para gozar dunhas vacacións nunha praia descoñecida. Esta elección simboliza un anhelo de liberdade e autenticidade, contrastando cos seus roles sociais predefinidos.
A través da caracterización do Príncipe como un home de importancia e a Princesa como unha soñadora con aspiracións de felicidade, o texto convida a reflexionar sobre a dualidade entre a realidade e o desexo, suxerindo que esta historia, aínda que ficticia, podería ecoar coas experiencias de vida de moitos.
A ambigüidade final, “Isto puido suceder…, ou non”, engade unha capa de misterio que convídanos a cuestionar a veracidade e a considerar as múltiples posibilidades da vida.
Evento:         Teatro
Xénero:        Comedia
Día:              Venres 6 de Xuño
Hora:            20h.
Sala Manuel María de Barbadás.
Público: Todos os públicos
Entrada con INVITACIÓN que se collen na Casa da Cultura.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

26/05/2025

Contadas no Parque con Charo Pita

Xoves, 29 de maio ás 18:30 h, na Biblioteca Municipal (Casa Cultura)

Chegamos ao final deste programa no que celebramos as Letras Galegas durante todo este mes de Maio, e para rematar contaremos coa Narradora CHARO PITA que nos trae a narración “A corpo contado”, será este xoves 29 de Maio, ás 18:30h. na Biblioteca Municipal.
As calidades máxicas do corpo están presentes en multitude de historias procedentes de todas as partes do mundo.
Neste espectáculo narraremos contos onde as personaxes protagonistas serán diferentes e marabillosas: haberá quen posúa a mirada aguda da aguia, pero tamén quen non poida ver, haberanas moi altas ou moi baixas…, pero, sexan como sexan, sempre acabarán atopando o seu lugar no mundo.
Para participar nesta narración é necesario que envies un correo electrónico a:
                                                     biblioteca@barbadas.es
deixándonos o nome e apelidos d@ nen@, idade e un número de teléfono (por se hai algunha incidencia).
Evento:                   Narración Oral
Día:                        Xoves 29 de Maio
Hora:                     ás 18:30h.
Lugar:                   Biblioteca Municipal.
Idade:                   de 5 a 9 anos
Prazas Limitadas
Organiza: Concellaría de Cultura | Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

19/05/2025

Contadas no Parque con Avelino González

Xoves, 22 de maio, ás 18:30h. na Biblioteca Municipal.

Avanzamos no Programa Contadas no Parque, e nesta ocasión visítanos o actor e narrador AVELINO GONZÁLEZ coa narración “Paxariños”, será este xoves 22 de Maio, ás 18:30h. na Biblioteca Municipal.
Paxariños! Eses veciños nos que non reparamos, pero cando o facemos, oes, que veciños tan agradables!
Como cantan, como visten, e son descendentes dos dinosauros!
E contamos as súas vidas, ditos e xogos.
Porque ós paxaros, ó corvo, á curuxa, ó melro, a bubela, ó cirro… pásanlles cousas bonitas de contar.
Imos contalas!
para inscribirse nesta actividade é necesario mandar un correo electrónico a:
biblioteca@barbadas.es
indicando nome e apelidos d@ nen@, idade, e un número de teléfono (por se temos algunha incidencia).
Evento:          Narración
Día:               Xoves 22 de Maio
Hora:            ás 18:30h.
Idade:          de 6 anos en adiante
Lugar:          Biblioteca Municipal.
Prazas Limitadas.
NOTA: como o xoves 22 é festivo na Administración Local, a Casa da Cultura só abrirá para este evento, é dicir ás 18:15h.
Organiza: Concellaría de Cultura

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

12/05/2025

Contadas no Parque – Sabela Gago

Cartel Sabela Gago

Continuamos co Programa Contadas no Parque para celebrar o mes das Letras Galegas, e neste xoves 15 de Maio, vai a estar con nós SABELA GAGO, actriz e narradora de Sarabela Teatro, vai contarnos a historia “O lapis de Martín”, será coma sempre ás 18:30h.
Sinopse:
Os pais de Martín mercábanlle agasallos, pero nunca estaba contento. Unha tarde atopouse coa súa amiga Martiña e descubriu cómo deixar de estar aburrido. Martín aprendeu a xogar co lapis máxico e a probar os milleiros de posibilidades que ten, empregar a imaxinación.
Para inscribir é necesario mandar o nome e apelidos d@ nen@, idade e un número de teléfono ao correo electrónico:
biblioteca@barbadas.es
Eventro:             Narración
Día:                   Xoves 15 de Maio
Hora:                18:30h.
Lugar:               Parque traseiro da Casa da Cultura
Idades:             de 5 a 9 anos
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

05/05/2025

Contadas no Parque: “O GRÚFALO”

Xoves, 8 de maio ás 18:30h. no  Parque tras a Casa da Cultura

Arrancamos o mes de Maio, o mes das Letras Galegas, e a Biblioteca Municipal realiza unha serie de Contadas os xoves.
Iniciamos este xoves 8 de Maio, ás 18:30h. coa narradora CARMEN DOMECH que vai a narrarnos as historias “O Grúfalo”
Tres historias acontecen na fraga.
“O Grúfalo”: a través da narración oral e os monicreques imos desfrutar desta historia fascinante.
“Shhh! Temos un plan”: Uns personaxes articulados coláronse no kamishibai para contarnos esta historia chea de tenrura e amor á natureza.
“Na fraga”: Imos narrar unhas versións propias que mesturan varios relatos da nosa rica tradición oral.
Evento:              Narración oral
Día:                   Xoves 8 de Maio
Hora:                ás 18:30h.
Lugar:               Parque traseiro da Casa da Cultura
Idades:             De 3 a 7 anos
                        Prazas Limitadas
Para inscribirse é necesario enviar un correo electrónico a:
indicando o nome e apelidos do nen@, idade, e un número de teléfono (por se hai algunha incidencia)
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

21/04/2025

“CASTELAO. Un corazón á intemperie”, para público infantil e familiar

Sábado, 26 de Abril, ás 20h na Sala da Casa da Cultura Manuel María.

2025-Barbadás-Banner-Fantoches Baj-Castelao
O próximo sábado 26 de Abril, ás 20h. actuación de FANTOCHES BAJ que nos presenta o espectáculo “Castelao. Un corazón á intemperie”, será na Sala Manuel María de Barbadás.
Sinopse:
Castelao, un corazón á intemperie é a nova produción de Fantoches Baj para público infantil e familiar, unha proposta de narración oral, monicreques, música tradicional e teatro de máscaras que busca dar a coñecer a Castelao entre os nenas e os nenos, reler e interpretar parte da súa obra e poñer en valor o galego.
Entrada con INVITACIÓN (Recóllense na Casa da Cultura)
Evento:     NARRACIÓN ORAL E MONICREQUES
Día:          Sábado 26 de Abril
Hora:        Ás 20h.
Idade:       Infantil e familiar.
Patrocinado por Fala Redes (Programa de Dinamización Lingüística)
da Xunta de Galicia.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

21/04/2025

Obradoiro de Collage na Biblioteca Municipal

Xoves 24 de Abril, ás 17:30h. na Biblioteca Municipal

2025-Barbadás-Banner-Obradoiro collage
O xoves 24 de Abril, ás 17:30h. realizaremos un novo Obradoiro na Biblioteca Municipal, para nen@s de 7 a 10 anos.
Obradoioro de Collage
A través deste obradoiro pretendemos achegar aos máis peques a figura e a obra de Carmen Martín Gaite neste ano onde se celebra o seu centenario.
Inspirándonos na técnica de collage, desenvolta pola autora durante a súa estadía en New York, elaboraremos un collage baseado na súa novela “Carapuchiña en Manhatan”.
Para inscribirse é necesario mandar un correo electrónico a:
mencionando nome do nen@, idade e un número de teléfono (por se hai algunha incidencia)
Evento: Obradoiro de Collage
Día: Xoves 24 de Abril
Hora: 17:30h.
Idades: de 7 a 10 anos
Organiza: Concellaría de Cultura

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

03/04/2025

O AUTO DO CASTROMIL – Obra teatral

Venres, 11 de Abril, ás 20:30h. na Casa da Cultura Manuel María

O auto do Castromil.jpg
O próximo venres día 11 de Abril, ás 20:30h. actuación de Producións Teatrais Excéntricas que nos representar a obra O AUTO DO CASTROMIL, como sempre na Sala Manuel María de Barbadás.
Con este proxecto Excéntricas gaña o III concurso de proxectos que convoca a fundación Manuel Maria e que recibe o apoio de mais de corenta concellos e institucións de Galiza.
O espectáculo é protagonizado por un luxoso elenco: Rocio González, Victor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez.
Sinopse:
A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espirito antroidesco.
Evento:   Teatro
Día:         Venres 11 Abril
Hora:       20:30h.
Lugar:     Sala Manuel María | Barbadás
Público:   Recomendado para maiores de 13 anos en adiante.
Entrada con invitación (Recóllense na Casa da Cultura) a partir do luns 7 de Abril.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

31/03/2025

Obradoiro de Pascua

Xoves 3 de Abril, ás 17:30h., na Biblioteca Municipal

2025-Barbadás-Banner- Obradoiro de pascua
Continuamos cos Obradoiros na Biblioteca Municipal, e nesta ocasión faremos un OBRADOIRO DE PASCUA, que se realizará o próximo xoves 3 de Abril, ás 17:30h.
Relizaremos un contacontos acompañado dun xogo de pistas:
“ Oscar, o unicornio famento. Cómese a Pascua”
Consistirá nun contacontos seguido dunha búsqueda de ovos por zonas específicas da biblioteca, para así , dun modo lúdico, achegar os distintos espazos da biblioteca os máis pequenos.
Para inscribirse é necesario mandar un correo electrónico a seguinte dirección:
biblioteca@barbadas.es
indicando o nome do nen@, idade e un número de teléfono (por se hai algunha incidencia)
NOTA: tod@s os nen@s que sexan inscritos e non asistan aos Obradoiros, sen previo aviso por parte dos pais/nais da imposibilidade de asistir, quedarán en RESERVA para futuros Obradoiros.
Día: Xoves 3 de abril
Hora: 17:30
Lugar: Biblioteca municipal
Idades: 3 a 5 anos (acompañados dun adulto)
Prazas límitadas
Organiza: Concellaría de Cultura

Cultura, Eventos, Novas

CONTENT.1789175611

24/03/2025

Nabiza Girl II: “A incrible historia da cultura minguante”

Venres 28 de Marzo, ás 20h. na Sala Manuel María de Barbadás.

2025-Barbadás-Banner- Nabiza Girl
O próximo venres 28 de Marzo, ás 20h. actuación de ISABEL RISCO que representará a obra “Nabiza Girl II: A incrible historia da cultura minguante”, na Sala Manuel María de Barbadás.

 

Pensabades que morrera, pero estaba de parranda!

 

A máis importante superheroína galega é ben poderosa e supera todas as adversidades.

 

Volve aturuxar dende o cumio do Pindo a nosa Nabiza Girl acompañada nesta aventura polo seu fiel escudeiro, Don Galizo, para loitar contra as inxustizas e os problemas que asolagan a nosa terra.

 

Isabel Risco e Alberte Bello achegan unha comedia valente, destemida, arriscada e chea de sorpresas nun espectáculo cheo de feminismo, reivindicación do galego e do noso medio; pero cargado, sobre todo, de gargalladas e humor.

 

PÚBLICO: ADULTOS
ESTILO: TEATRO
DURACIÓN: 70’
LUGAR: SALA MANUEL MARÍA | BARBADÁS.
HORA: 20H.

 

Entrada con Invitación (Recóllense na Casa da Cultura) a partir do luns 24 de Marzo.
Organiza: Concellaría de Igualdade
CIM Centro de Información á Muller
Colabora: Concellaría de Cultura
Nabiza Girl en Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

06/03/2025

Obradoiro “Contos pola igualdade”

Xoves 13 de Marzo, ás 17h, na Biblioteca Municipal

2025-Barbadás biblioteca-Banner- Contos pola igualdade 8M
O próximo xoves 13 de Marzo, ás 17h. realizamos un novo Obradoiro de narración, que consiste nunha sesión de contos que fará reflexionar sobre a invisibilidade da muller na literatura infantil e tomar conciencia dos estereotipos de xénero que por educación e costume atopamos na vida cotiá.
Para inscribirse é necesario mandar un correo electrónico a:
biblioteca@barbadas.es
co nome d@ nen@, idade e un número de teléfono
(por se hai algunha incidencia).
Día:           Xoves 13 de Marzo
Hora:         17h.
Lugar:        Biblioteca Municipal
Idades:      de 3 a 6 anos.
Prazas limitadas
Organiza: Concellaría de Cultura

Cultura, Educación/Formación, Eventos

CONTENT.1789175611

14/02/2025

Obradoiro “Día de Rosalía”

Cartel Obradoiro "Día de Rosalía"

O xoves 20 de febreiro, ás 17:30h. realizaremos na Biblioteca Municipal un novo Obradoiro que leva por título “DÍA DE ROSALÍA”
Achegándose o 23 de febreiro, dende a biblioteca animámosvos a coñecer un poema da nosa Rosalía de Castro e darlle vida a través da técnica pop-up.
Unha actividade para descobrir e desenvolver a capacidade creativa xunto aos poemas e a maxia pop-up.
Para NEN@S DE 7 A 12 ANOS
Para inscribirse nel é necesario mandar un correo electrónico a:
biblioteca@barbadas.es
indicando nome do nen@, idade e número de teléfono.
Prazas limitadas.
Evento: Obradoiro “Día de Rosalía”
Lugar: Biblioteca Biblioteca Municipal.
Día: Xoves 20 de febreiro.
Hora: 17:30h.
Idades: de 7 a 12 anos.
Organiza: Concellaría de Cultura

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

10/02/2025

Obradoiro de San Valentín

Xoves, 13 de febreiro ás 17:30h, na Biblioteca Municipal

O próximo xoves día 13 de febreiro, faremos un Obradoiro de San Valentín para os nen@s de 6 a 9 anos, na Biblioteca Municipal, será ás 17:30h.
Ao longo do taller, @s nen@s reflexionarán sobre a importancia da amizade mediante a lectura de contos, a escritura de mensaxes afectivas e a creación de manualidades significativas.
Para iso, traballarase a lectura dos libros “Amigos” de Eric Carle, “SÍGUEME!” de José Campanari & Roger Olmos, e “Pluma de amor”,de Shifra Horn, cuxas historias convidan a valorar a empatía, o compromiso e o apoio mutuo nas relacións persoais, así como reflexionar sobre a importancia da amizade nas súas vidas.
Para a inscrición é necesario enviar un correo electrónico a:
biblioteca@barbadas.es
con nome, idade e teléfono (por se hai algunha incidencia) d@s nen@s.
Evento:        Obradoiro de San Valentín.
Día:             xoves 13 de febreiro.
Hora:           17:30h.
Idades recomendadas: de 6 a 9 anos.
Lugar:         Biblioteca Municipal.
Organiza: Concellaría de Cultura

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

04/02/2025

Obradoiro de Narración

Xoves, 6 de febreiro, ás 17:30h, na Biblioteca Municipal de Barbadás

O vindeiro xoves 6 de Febreiro, faremos na Biblioteca Municipal un Obradoiro de Contacontos, que leva por título “A GRANXA DO SEÑOR LEIRO”. será ás 17:30h. e vai dirixido a nen@s de 3 a 6 anos.
Con moito esforzo o granxeiro Leiro construiu unha fermosa granxa… o que non sabía é que sería a granxa máis tola de toda a comarca!!
Animádevos a disfrutar dunha divertida tarde de contos… e animais!!
Para as inscricións é necesario mandar un correo electrónico a:
biblioteca@ barbadas.es
mencionando o nome do nen@, idade e un número de teléfono (para calquera incidencia).
Evento: Obradoiro de contacontos
Día: Xoves 6 de febreiro
Hora: 17:30h.
Idades: de 3 a 6 anos.
Lugar: Biblioteca Municipal de Barbadás
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

22/01/2025

Obradoiro de ilustración infantil

Xoves 30 de xaneiro de 2025, na Biblioteca Municipal. Idades: de 6 a 10 anos.

Obradoiro de Ilustración a cargo de María Lires
O próximo xoves 30 de xaneiro, ás 17:30h. realizamos na Biblioteca Municipal o Obradoiro “As lentes de Castelao” a cargo da ilustradora María Lires, para nen@s de 6 a 10 anos.
Obradoiro Infantil sobre a figura de Castelao como ilustrador, ao uso da liña no seu debuxo, ao manexo maxistral dos conceptos e das ideas da súa visión.
Para inscribirse neste obradoiro é necesario mandar un correo electrónico a:
biblioteca@ barbadas.es
co nome do nen@, idade e número de teléfono
Evento: Obradoiro infantil de ilustración.
Data: xoves 30 de xaneiro.
Lugar: Biblioteca Municipal.
Idades: de 6 a 10 anos.
Prazas limitadas.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

19/12/2024

Talía Teatro na Sala Manuel María | Barbadás.

Cartel Lambetadas

Continúa o Programa de Nadal, e  este Venres 20 de Decembro ás 19h. contamos coa actuación do Grupo Talía Teatro que nos vai representar a obra “Lambetadas”.
Sinopse:
Dous personaxes excéntricos entran en escena. Como non saben quen son, nin de onde veñen, nin cara a onde van, non lles queda máis remedio que coñecérense, tanto un ao outro como a eles mesmos. O que descobren é que para atopar a súa identidade deberán saber o que lles pasa ás súas linguas. Porque sen unha lingua propia chea de saúde non se poden lamber as lambonadas, que é o máis rico que hai. Hai linguas e linguas. E non hai unha igual cá outra. Iso si: cada quen lambe coa súa. Non vai lamber con outra. Porque se tes unha lingua tes que empregala. E vale para lamber calquera cousa. E para falar de calquera cousa. E en calquera situación. Porque todas as linguas valen para o mesmo. Para entenderse. Para comunicarse. Para dicir o que cada quen queira dicir. E para lamber o que cada quen queira lamber. Para lambiscar e gozar, para darse gusto.
Lambetadas é un espectáculo para público familiar e infantil, que ten como obxectivo fundamental a concienciación e posta en valor da lingua propia como elemento fundamental da identidade individual e colectiva na sociedade galega actual.
Entrada libre ata completar aforo.
Evento: Teatro | Comedia
Público: Infantil
Idades recomendadas: 4-9 anos
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

10/12/2024

Actuación de Píscore Teatro

Cartel "Molto Barroco" de Píscores Teatro

O Venres 13 de decembro, ás 19.00h desfrutaremos dunha tarde de teatro na Casa da Cultura Manuel María de #Barbadás grazas a #PíscoreTeatro e a súa obra “Molto Barroco”! 🎭
Sinopse:
Molto Barroco é, antes que nada, unha reivindicación das composicións musicais barrocas desde o teatro. Píscore Teatro ofrece a posibilidade de desfrutar, desde o teatro e o humor, da música da época barroca.
Con motivo do baile de petición de man da súa prometida, o Rei encarga ao Compositor da corte unha peza orixinal. Esta solicitude desencadea unha serie de escenas cómicas entre o Compositor e os seus tres músicos de cámara nas que teñen cabida todo tipo de gags, rutinas cómicas e musicais, bailes e ata xogos malabares.
Evento: Teatro
Duración: 70 min
Público: Público Familiar
Acceso con invitación. Recoller previamente na Casa da Cultura
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.
Patrocina: Rede de Auditorios Provincial de Ourense REAOU

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

26/11/2024

Aviso transporte bacharelato IES Ferro Couselo

Os días 28 e 29 de novembro hai convocada unha folga de autobuses, que pode producir incidencias no transporte do alumnado de bacharelato ao IES Ferro Couselo.

Novas, Transporte

CONTENT.1789175611

25/11/2024

25N Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

Cartel The Witch

O próximo venres 29 de Novembro actuación de DIANA SIEIRA co espectáculo “The Witch”, será ás 20h. na Sala Manuel María de Barbadás.
Sinopse:
The Witch é unha invocación aos elementos. Unha palabra máxica. Unha liberación. Un espectáculo ritual que convida ao público a vivilo. Dentro, a Cómica, a Menciñeira e a Acusada entrelazan as súas historias a través da palabra, a imaxe e a acción para rematar nunha danza catárquica que as levará á fogueira (ou non).
Pois as tres son unha. E unha son as tres. A Inquisición observa, pero neste ritual, o público é soberano.
The Witch é un espectáculo no que o público participa a través de pequenos xogos, outorgándolle unha maior implicación na historia. Os xogos siguen a estructura do xogo do clown: eu douche, ti dasme, e de paso botamos unhas risas.
O espectáculo é presentado pola actriz cabareteira, que é a que se gaña ao público coa súa vis cómica. Logo aproveitaranse deste vínculo xa creado as diferentes personaxes nas que a actriz se convirte: a menciñeira, a acusada, o inquisidor… Todo é un xogo!
E mentres xogamos, a historia é contada. E mentres xogamos, as cousas vanse poñendo serias. Así, as escenas van pasando da comedia ó drama, do pasado ó presente, do real ao ficticio, para ver finalmente saír á nosa protagonista camiño da súa condena… ou non!
Non en van, a Witch ensinouche a facer os teus propios rituales. Se ti herdas esta sabedoría, The Witch permanece inmortal.
Día: Venres 29 de Novembro.
Hora: 20h.
Lugar: Sala da Casa da Cultura | Barbadás.
Espectáculo recomendado para maiores de 12 anos.
Duración: 70 minutos.
Entrada con invitación (Recóllense na Casa da Cultura)
Organiza: Centro de Información á Muller de Barbadás. CIM
Colabora: Concellaría de Cultura de Barbadás.

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

13/11/2024

VIII Festival Infantil Auria Canta

Sábado, 16 de novembro ás 18h

2024 Festival infantil Auria Canta
O sábado 16 de novembro ás 18h. Concerto de Corais Infantís na Casa da Cultura Manuel María | Barbadás.
Participan o Coro da Escola de Música de Barbadás.
Coro de CEIP Inmaculada de Ourense.
e o Coro Enharmonía de O Carballiño.
Entrada libre ata completar aforo.
Organiza: Auria Canta
Colabora: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

12/09/2024

Aviso do transporte de bacharelato – IES Ferro Couselo.

Aviso:

Solicítase que os/as alumnos/as usuarios do transporte de bacharelato ( IES Ferro Couselo) accedan ao autobús na parada máis próxima ao enderezo que indicaron na solicitude.

horario do transporte ven fixado polo horario lectivo de bacharelato do IES Ferro Couselo.

O luns o mediodia non hai transporte. O transporte de volta será no horario de saída de tarde.

Máis información: Area de educación.

Teléfono: 988 24 68 85.

Correo electrónico: educacion@barbadas.es

Data Adxuntos
12/09/2024 BASES REGULADORAS DO SERVIZO DE TRANSPORTE DO ALUMNADO DO ENSINO POSTOBRIGATORIO DO CONCELLO DE BARBADÁS CURSO 2024-2025 PDF [695 KB]
12/09/2024 Solicitude transporte bacharelato PDF [514 KB]
12/09/2024 Resolución de admitidos no servizo de transporte de ensino postobrigatorio PDF [572 KB]

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1789175611

26/08/2024

Gin Toni´s en Concerto

Xoves, 29 de agosto ás 21h. no Parque dos Patos | A Valenzá

Gin Tony's en concerto - Valenzá, 29.08.2024
O Programa Cultural de Verán do Concello de Barbadás, chega ao seu fin, e nada mellor para pechar este verán cultural, que a actuación do grupo GIN TONI´S, que estarán con nós o próximo xoves 29 de Agosto, ás 21h. no Parque dos Patos en A Valenzá.
Gin Toni’s é unha Banda divertida, apaixonada e elegante que cada noite consegue unha incribel conexión co público dos seus concertos.
Farannos viaxar unha vez máis polas versións dos mellores temas do Pop Rock español, dende os 80 ata a actualidade (Seguridad Social, Rebeldes, Revolver, El Ultimo de la Fila, Fito y Fitipaldis, Radio Futura, Loquillo, Los Rodríguez, Barricada, M-Clan, Los Refrescos, Los Secretos, La Unión, Joaquín Sabina, Siniestro Total, Rosendo, La Frontera, Coque Malla, Jarabe de Palo, Hombres G, Alaska, Miguel Bosé, Los Suaves, Tequila …)
Cun directo fresco, un repertorio cheo de coñecidísimas cancións e unha elegante posta en escena, transportarannos ás Décadas Douradas da música Española e porán unha cor diferente facendo o mellor Tributo ao Pop Rock de noso país.
Día: Xoves 29 de Agosto
Hora: ás 21h.
Lugar: Parque dos Patos | A Valenzá
Evento: Música
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

19/08/2024

Actuación do Mago Joshua Kennet

22 de agosto de 2024, ás 21:00 h no Parque dos Patos

MAGO Joshua Kennet en Barbadás - 22 agosto 2024
Seguimos coa programación cultural de verán do Concello de Barbadás, e o XOVES 22 DE AGOSTO acompáñanos o Mago JOSHUA KENNET co espectáculo “DEGUSTACIÓN DE IMPOSIBLES NA RÚA”, será coma sempre ás 21h. no Parque dos Patos | A Valenzá.
Sinopse:
A maxia de rúa con Joshua Kenneth é unha proposta apta para todos os públicos.
Neste espectáculo cheo de humor e maxia o ilusionista guiri-galego Joshua Kenneth achega unha selección de impactantes números de poesía visual, mentalismo, prestidixitación… utilizando distintos obxectos da nosa vida cotiá.
Misterio mesturado cun pouco de historia do ilusionismo: unha experiencia interactiva, divertida e artística que convida ao público a entrar nun mundo onde todo pode ser transformado.
Día: Xoves 22 de Agosto.
Hora: 21h.
Lugar: Parque dos Patos | Valenzá.
Evento: Maxia
Público: Todos os públicos.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

05/08/2024

Espectáculo QUIXOTE de Pedras de Cartón

Xoves 8 de Agosto, ás 21h. no Parque dos Patos

Espectáculo Quixote en Barbadás
Avanza a programación Cultural de Verán do Concello de Barbadás e este xoves 8 de Agosto, ás 21h. acompáñanos a Compañía Teatral PEDRAS DE CARTÓN que nos vai presentar o espectáculo “QUIXOTE”, será coma sempre no Parque dos Patos | A Valenzá.
Sinopse:
Quixote o espectáculo de Pedras de Cartón que nesta ocasión escolleu o texto de Cervantes, un dos máis coñecidos da literatura española, para contalo en clave de comedia.
Cunha estética inspirada no pallaso clásico (moi ao estilo Fellini) e en clave de clown, traballa as escenas máis icónicas da novela, da relación antagónica entre Quixote e o seu fiel escudeiro Sancho. Nunha proposta chea de humor e case sen palabras, Don Quixote viaxa polas terras de Castela no seu velocípedo acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.
Evento: Teatro
Día: xoves 8 de Agosto
Hora: 21h.
Lugar: Parque dos Patos | A Valenzá
Público: + 4 anos
Duración: 50 min.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

29/07/2024

Espectáculo HOXE SI!! da Cía. Sempre arriba

1 de agosto ás 21:00 h no Parque dos Patos

Compañía de circo Sempre arriba en Barbadás
Chega o mes de Agosto e continuamos coa programa Cultural de Barbadás, e será este xoves 1 de Agosto, Ás 21h. unha nova actuación a cargo da Compañía SEMPRE ARRIBA co espectáculo “HOXE SÍ!, será coma sempre no Parque dos Patos en A Valenzá.
Sinopse:
Temos un triángulo por espazo de xogo, obxectos que soben baixan e flotan no aire.
Temos música, os temazos e temones da nosa vida, temos circo, un micro, temos ganas e moita actitude.
Hoxe Si! É unha invitación a xogar, a disfrutar, a soltarnos e desinhibirnos por un día, a vivir celebrando o momento presente. Porque a vida é agora. Un espectáculo en linguaxe clown con acrobacia aérea, e sobretodo moito humor.
Día: xoves 1 de agosto.
Hora: 21h.
Lugar: Parque dos Patos | A Valenzá
Duración: 45 min.
Público: Todos os públicos.
Tipo espectáculo: Circo.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

15/07/2024

Máis Saaaaabor, espectáculo cómico

18 de xullo, ás 21:00no Parque dos Patos

Máis saaabor- Espectáculo cómico en Barbadás
Avanza o programa Cultural de Verán do Concello de Barbadás, e é o momento de CULTURACTIVA que preséntanos o espectáculo “MÁIS SAAAAAABOR”, será coma sempre, no Parque dos Patos en A Valenzá, o xoves 18 de Xullo, ás 21h.
Sinopse:
Unha proposta cómica, para público infantil e familiar, de creación propia e dirixida por Avelino González en torno ao mundo da gastronomía e a alimentación saudable.
Máis Saaabor! mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación do público.
Máis Saaabor! é máis música, máis gastronomía, máis maxia e máis ritmo!
Unha visita cómica ao mundo dos fogóns para promover o achegamento á cociña, a alimentación saudable e o consumo de produtos de proximidade entre o público galego.
O food truck de Máis Saaabor! chega a vila, un carro de xantar de grandes dimensións do que xorden infinidade de xogos cómicos, xogos máxicos e unha chea de elementos e trebellos cos que cociñar música. Un menú degustación con propostas dos cinco continentes que deixará a todo o público cun moi bo sabor de boca e ganas de repetir.
Día: Xoves 18 de Xullo.
Lugar: Parque dos Patos (A Valenzá)
Hora: 21h.
Duración: 65 min.
Público: Público Familiar.
Tipo espectáculo: Familiar.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

08/07/2024

Carolina Rubirosa en acústico

Xoves, 11 de xullo ás 21:00h no Parque dos Patos (A Valenzá)

Carolina Rubirosa en Barbadás 11 xullo 2024
Continuamos co Programa de Verán, e este xoves 11 de xullo acompáñanos a música CAROLINA RUBIROSA, nun concerto en acústico “Música de Autora e Versións escollidas moi personais”; será ás 21h. no Parque dos Patos (A Valenzá).
Carolina Rubirosa é unha compositora e cantante galega de ampla traxectoria e recoñecido prestixio na súa terra.
No seu repertorio, teñen cabida todo tipo de músicas, o que a fai amplamente adecuada para eventos onde o público é moi diverso.
Carolina compaxina a súa faceta como compositora, con eventos de todo tipo, onde disfruta ofrecendo unha visión orixinal e elegante de cancións de hoxe e de sempre, outorgándolle seu selo persoal ás versións, Carolina sorprende movéndose con delicadeza e contundencia por varias épocas, ofrecendo visións máis clásicas das cancións que non poden faltar nun repertorio con calidade ou aportándolles novos arreglos para que sonen novidosas.
Coa elegancia e sensibilidade como señas, e acompañada polo maestro guitarrista de jazz Rafa Otero, este dúo é idóneo para cualquera evento.
O repertorio polo que nos movemos é tan amplo como variado. Nel, teñen cabida todo tipo de estilos e épocas, desde o jazz dos anos 50, pasando polo rock, blues ou bossa nova dos anos 60-70, pasando polo pop/rock español e a música indie e de cantautor, sen esquecernos de aportar tamén música actual.
Día: Xoves 11 de Xullo de 2024
Hora: 21h.
Lugar: Parque dos Patos (A Valenzá)
Evento: Música
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

01/07/2024

“H2OLGA”, actuación da compañía de circo Amontonados por azar

4 de xullo de 2024, ás 21:00 h no Parque dos Patos

O xoves 4 de xullo, ás 21h, no Parque dos Patos, actuación da compañía de circo AMONTONADOS POR AZAR que nos presentan o espectáculo “H2OLGA”
Sinopse:
Tres personaxes buscan a solución aos seus defectos nunha botica abandonada no medio da rúa. Mesturando diferentes substancias, xerarán situacións disparatadas e cheas de destrezas circenses, que lles farán darse conta de que ás veces o que un pensa que son defectos en realidade poden ser virtudes.
Un espectáculo que combina a actuación coas acrobacias máis asombrosas para divertir e sorprender á xente máis moza e á máis maior.
Lugar: Parque dos Patos (A Valenzá)
Día: Xoves 4 de xullo
Hora: 21h.
Xéneros: Circo e teatro.
Duración: 55 min.
Público: Público Familiar.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás
Compañía de circo Amontonados por azar-Actuación

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

21/06/2024

Aviso campamento lúdico de inglés verán 2024

Aviso:

Datas: 24 – 28 de xuño.

Horario: 9:00 – 14:00 horas.

Lugar: Instalacións Municipais do Parque da Solaina.

Os/as nenos/as poderán levar unha botella de auga e unha pequena merenda para media mañá.

 

Máis información: Area de Educación.

Teléfono: 988 24 68 85.

Correo electrónico: educacion@barbadas.es

Data Adxuntos
21/06/2024 Bases reguladoras do campamento de inglés 2024 PDF [186 KB]
21/06/2024 Solicitude de inscrición campamento inglés verán 2024 PDF [60 KB]
21/06/2024 Resolución de admitidos provisionais no campamento de inglés verán 2024 - publicación PDF [559 KB]
21/06/2024 Resolución de admitidos no campamento de inglés verán 2024 - asinada PDF [551 KB]

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1789175611

20/05/2024

CAXOTO en Contadas no Parque

Cartel Caxoto

Avanzamos na Programación de Contadas no Parque, e nesta ocasión visítanos o narrador CAXOTO que nos vai presentar a narración “Grandes éxitos 2004-2024”; coma sempre será o xoves 23 de Maio ás 18:30h. no Parque da Casa da Cultura Manuel María.
Sinopse:
O gran contador de contos Caxoto leva xa 20 anos percorrendo bibliotecas e escenarios de toda Galicia cos seus espectáculos feitos de contos, cantigas e xogos.
Para celebrar esta efeméride decidiu facer una selección dalgúns dos seus maiores éxitos centrándose na parte máis musical (cantigas, xogos, bailes… ) para dar lugar a un espectáculo participativo e festivo cheo de contos e cantos.
Idade Recomendada: de 4 a 7 anos
Evento: Narración
Lugar: Parque da Casa da Cultura
Inscrición: no correo electrónico: biblioteca@barbadas.es
indicando nome, idade e un número de teléfono.
PRAZAS LIMITADAS
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

13/05/2024

A Xanela do Maxin

Cartel "Lúa quere viaxar a Marte"

CONTADAS NO PARQUE
Seguimos co Programa Contadas no Parque, nesta ocasión contamos co grupo A Xanela do Maxín que nos vai facer a narración “Lúa quere viaxar a Marte”, será o xoves 16 de Maio ás 18:30h. no Parque da Casa da Cultura.
Sinopse:
Lúa non está disposta a renunciar ao seu soño de ser astronauta e fará todo o posible para logralo e poder así viaxar a Marte.
Hai e houbo grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas, que son o referente de Lúa para seguir adiante e enfrontarse aos impedimentos que se lle queren impoñer.
Temática: Igualdade e violencia de xénero.
Idades recomendadas: de 5 a 8 anos.
Para anotarse a esta actividade teñen que mandar un correo a:
                                  biblioteca@barbadas.es
co nome do nen@, idade e un número de teléfono por se hai algunha incidencia.
PRAZAS LIMITADAS.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

06/05/2024

Narración con Trémola Teatro

Cartel de Trémola Teatro

CONTADAS NO PARQUE /  Biblioteca Municipal
Iniciamos a programación de Contadas no Parque, organizada pola Biblioteca Municipal,  co grupo Trémola Teatro que nos vai facer a Narración “O mundo ao revés”, será este xoves 9 de Maio ás 18:30h. no Parque da Casa da Cultura.
É unha actividade recomendada para nen@s de 5 a 8 anos.
Sinopse:
Jaime é un entusiasta do fútbol, o mellor xogador do seu cole ata que se muda a Revelandia onde todas as deportistas son rapazas, tamén no fútbol! E pasa a ser o único rapaz deportista, acompáñasnos nesta aventura?
Temática: Igualdade e violencia de xénero.
Duración: 45 minutos.
PRAZAS LIMITADAS.
Para inscribirse mandar un correo electrónico a: biblioteca@barbadas.es
Ten que figurar o nome do nen@, a idade e un número de teléfono por se hai algunha incidencia.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

29/04/2024

DEUS NON QUERE CALDERILLA” a cargo do grupo THE-SASTRE Teatro

Cartel "Deus non quere calderilla"

Sala Manuel María
O venres 3 de Maio, ás 20h. estrea da obra “DEUS NON QUERE CALDERILLA” a cargo do grupo THE-SASTRE Teatro.
Sinopse:
Trepidante comedia, Mateo emigrante retornado a súa casa natal na que viven dende sempre ás dúas irmáns solteiras, Salomé e Raquel. Dúas beatas que teñen por costume acudir a igrexa tódolos días. Como o resto dos fregueses dar esmola no peto da misa dos domingos, para salvagardar o seu estatus social é necesario que os demais vexan a cantidade que deixan.
Entre ás dúas traman sacarlle o máximo de billetes a seu irmán que supostamente fixo fortuna na emigración, os cartos gárdaos celosamente nunha saca que sempre o acompaña.
Salomé e Raquel inventarán todo tipo de truques para que os feixes de billetes acaben no peto da igrexa.
Entrada con invitación (Recóllense na Casa da Cultura)
Evento: Teatro
Idade: Todos os públicos
Duración: 60 minutos aprox.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

15/04/2024

Exposición BERCES DE VIDA

Do 18 de abril ao 16 de maio de 2024, en horario de 8.30 a 14.30 y 16.00 a 20.00 h

Exposición "Berces de vida" - Casa Cultura Barbadás
O Xoves 18 de Abril inauguramos unha nova Exposición da man de Afundación, que leve por título: BERCES DE VIDA
BERCES DE VIDA, articulada por 26 fotografías cheas de luz, cor e beleza, retrata os diferentes ecosistemas boscosos de todas as comunidades autónomas de España e pretende servir de chamada de atención sobre a necesidade de conservar uns espazos imprescindibles para a vida no noso planeta.
Complementadas con textos explicativos de Joaquín Araújo, estas imaxes reflicten o compromiso de todas as entidades participantes neste proxecto coa preservación do medio ambiente.
  • CULTURA POR ALIMENTOS
Esta exposición forma parte da rede de actividades adheridas á iniciativa, polo que te convidamos a deixar a túa doazón á entrada do edificio, no punto habilitado, cando a visites.
En colaboración con FESBAL, Federación Española de Bancos de Alimentos
Esta mostra, comisariada polo dúas veces gañador do Premio Nacional de Medio Ambiente Joaquín Araújo, convídanos a pasear polos bosques de España ao tempo que espallamos a súa beleza e, sobre todo, a súa relevancia na sustentabilidade da vida, presente e futura.
En palabras de Joaquín Araújo: «O bosque é o lugar onde a luz se converte en vida. É unha fábrica de claridade que traballa incesantemente para que todas as persoas e animais respiremos. Os arboredos suman solos á tona do mundo, que antes era só rocha, e despois frean o deserto que quere arrebatarnos esa primeira riqueza que é a fertilidade natural. Alí tamén están as futuras e máis necesarias materias primas. O bosque esconde a solución para resolver todas as carencias actuais de alimentación, curación e enerxía. Esquecelo é esquecer que o tempo pasa e que o único antídoto é a renovación da vida, á que nada nin ninguén contribúe tanto nin tan eficazmente coma as árbores».
Só hai un planeta, e cada acción para coidalo conta. Por iso, desde Afundación, Obra Social ABANCA, recollemos como liña fundamental da nosa programación, o apoio e divulgación de contidos orientados a fomentar unha mentalidade sostible e comprometida coa natureza.
  • DATAS:
Do 18 Abril ao 16 Maio 2024
  • HORARIO:
Luns a Venres | 8.30 a 14.30 y 16.00 a 20.00 h
Lugar: Sala de Exposición da Casa da Cultura  Manuel María  de Barbadás (2ª planta)
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.
Afundación.

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

04/03/2024

8 de Marzo Día da Muller

Cartel Lúcía Álvarez

O venres 8 de Marzo, ás 20h. recital poético musical da actriz LUCÍA ÁLVAREZ para conmemorar esta data tan importante.
Nacións Unidas instaurou o 8 de marzo como o Día Internacional da Muller, cos obxectivos de promover a igualdade de xénero, o liderado das mulleres e a eliminación de calquera discriminación contra a muller para conseguir a súa plena participación na sociedade, nas mesmas condicións que os homes.
Unha data coma esta temos que reflexionar sobre a evolución das condicións de vida e o traballo das mulleres de todo mundo, pero tamén nos anima a fomentar accións que contribúan a mellorar e afianzar eses avances. E nesta andaina é indiscutible o papel que xogou o movemento feminista e todo o tecido asociativo, así como as mulleres da Cultura da Galicia e de Ourense.
A actriz LUCIA ÁLVAREZ, propón collendo da man a escritores e poetas imprescindibles para a nosa lingua nun intenso percorrido literario pola poesía dos poetas e das poetísas galegas, en especial ourensáns, como de Curros, Celso Emilio, Pura Vázquez, Antón Tovar, José Ángel Valente, Victor Campio, o xa máis contemporaneas como Monste Villar, Chus Pato, Celia Parra, Alba Cid, Yolanda López, Yolanda Castaño. Todo isto acompañado de música en directo a guitarra por José Luis Troitiña Mota.
Deste xeito reivincar e sumarnos nesta data aos actos do 8 de marzo que se desenvolven dende todas as administracións e dende diferentes organizacións, para que a igualdade entre mulleres e homes sexa real e efectiva, para que a sociedade sexa, en definitiva, máis xusta con todas e todos .
Entrada libre con invitación (Recóllense na Casa da Cultura)
Día: Venres 8 de Marzo
Lugar: Sala Manuel María de Barbadás.
Evento: Recital poético Musical.
Público: Todos os públicos.
Organiza REAOU (Rede de Auditorios de Ourense)
Concellaría de Igualdade de Barbadás.
CIM Barbadás.
Concellaría de Cultura de Barbadás.

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

29/12/2023

Concerto de Aninovo da Banda de Música de Barbadás

Cartel Concerto Aninovo da Banda de Música de Barbadás

PROGRAMA DE NADAL
Concerto de Aninovo da Banda de Música de Barbadás, será o Mércores 3 de Xaneiro, ás 19h. na Sala Manuel María de Barbadás.
Día: 3 de Xaneiro do 2024
Hora: 19h.
Evento: Música
Público: Todos os públicos.
Lugar: Sala Manuel María | Barbadás.
Entrada libre ata completar aforo.
Organiza: Concellaría de Cultura Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

28/12/2023

Concerto de agrupacións da Escola de Música

Cartel Concerto grupos da Escola de Música

Programa de Nadal
O venres 29 de Decembro, ás 19h. concerto de tres grupos da Escola de Música; Sencontrastes, Fol&Roll e Grupo de Clarinetes, para despedir este ano 2023 con sabor musical, na Sala Manuel María | Barbadás.
Organiza: Concellaría de Cultura Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

27/12/2023

Proxección da película Scrooge: Conto de Nadal

Xoves, 28 de decembro, ás 19h, na Casa da Cultura Manuel María

Xoves, 28 decembro-Barbadás-Proxección da película Scrooge: Conto de Nadal -
O xoves 28 de Decembro, ás 19h. proxección da película SCROOGE: CONTO DE NADAL, na Sala Manuel María de Barbadás.
Na véspera de Nadal, o egoísta e avaro Ebenezer Scrooge ten unha única e fría noite para afrontar o seu pasado (e cambiar o futuro) antes de que sexa tarde.
Día: xoves 28 de Decembro
Hora: 19h.
Evento: Proxección de cine
Animación, Aventuras
Público: todos os públicos
Lugar: Sala Manuel María | Barbadás.
Entrada libre ata completar aforo.
Organiza: Concellaría de Cultura Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

26/12/2023

Espectáculo de ilusionismo do Mago Joshua Kenneth

27 de decembro, ás 19:00 h, na Casa da Cultura

Espectáculo de Ilusionismo do mago Joshua Kennet, 27 de decembro en Barbadás
O mércores 27 de Decembro, actuación do Mago Joshua Kenneth co espectáculo “Degustación de imposibles”, será ás 19h. na Sala Manuel María de Barbadás.
Sinopse:
Degustación de imposibles é unha obra apta para todos os públicos creada polo ilusionista guiri-galego Joshua Kenneth. Nesta selección de imposibles a realidade do público distorsiónase con impactantes elementos visuais e poéticos como as pompas de xabón, os panos de seda ou as sombras chinas. 70 minutos de asombro, humor e misterio mesturado cun pouco de historia do ilusionismo. Unha experiencia interactiva, divertida e artística que convida ao público a entrar nun mundo onde todo pode ser transformado e onde nada e imposible. Atréveste?
Día: 27 de decembro.
Hora: 19h.
Evento: Maxia | todos os públicos
Lugar: Sala Manuel María | Barbadás.
Entrada libre ata completar aforo.
Organiza: Concellaría de Cultura

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

22/12/2023

Programa de Nadal

Cartel Festival de Panxoliñas

O vindeiro martes 26 de Decembro, ás 19h. FESTIVAL DE PANXOLIÑAS na Sala Manuel María de Barbadás.
Participan as corais, rondallas e pandereteiras do Concello, traéndonos as mellores músicas do Nadal.
Organiza: Concellaría de Cultura

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

19/12/2023

“TITIRICIRCUS”, actuación de Títeres Tanxarina

Xoves, 21 de decembro, ás 19h.

Este xoves 21 de Decembro, actuará o grupo TÍTERES TANXARINA co espectáculo “TITIRICIRCUS”, será ás 19h. na Sala Manuel María de Barbadás.
Sinopse:
Trátase dunha lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con marionetas de fíos, as glorias do seu pasado na pista.
Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo….
Titiricircus é o “todoterreo” da nosa carteleira, con máis de 1200 representacións.
Día: Xoves 21 de Decembro.
Hora: 19h.
Lugar: Sala Manuel María | Barbadás.
Técnica: marionetas de fíos.
Duración: 50 minutos.
Público: + 3 anos.
Entrada libre ata completar aforo.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

18/12/2023

“Roedores”, teatro en Nadal

Mércores, 20 decembro, ás 19:00 h

2023-Barbadás-Teatro "Roedores" - 20/12/2023
O mércores 20 de Decembro actuación do grupo REDRUM TEATRO co espectáculo “ROEDORES”, será ás 19h. na Sala Manuel María de Barbadás, dentro do Programa de Nadal.
Sinopse:
Peludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Estes dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuízos e traballar en equipo para vencer ao temido gato Beche. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas fanos especiais. Ao fin e ao cabo… “Todos somos Roedores”
Roedores é un espectáculo familiar con música en directo no que se fomenta a igualdade. A través das aventuras de Peludiño e Munda a infancia achegarase a conceptos como a igualdade de xénero, de oportunidades, social, de dereitos…
E comprenderán o valor da amizade, do traballo en equipo e da propia aceptación.
Día: Mércores 20 de Decembro.
Hora: 19h.
Lugar Sala da Casa da Cultura Manuel María | Barbadás.
Evento: Teatro
Entrada libre ata completar aforo.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.
Cartel Roedores_2023

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

21/11/2023

Representación teatral de “Soutelo Enterprise”. Circuíto Galego de Teatro Amador 2023

Sábado, 25 de novembro, ás 19:30h.

O sábado 25 de novembro rematamos este Circuíto de Teatro que se realizou durante este mes na Sala Manuel María de Barbadás, e como final de festa teremos ao grupo de O Carballiño TIRULEQUE TEATRO que nos presenta a obra “Soutelo Enterprise”
Sinopse:
Nunha imaxinaria situación histórica, social e xeográfica, o magnate Ramiro Soutelo, alma mater do emporio “Soutelo Enterprise”, medra ó abeiro das amizades políticas e xudiciais, entre as que son moeda corrente as corruptelas e os cartos en negro para facer valer as súas ambiciosas ansias de poder económico e político, sen que tales actividades lles causen desacougos nin remorsos a ningún dos seus actores. As lapas da conciencia apáganse co mellor extintor coñecido: o diñeiro. Unha comedia aceda contada entre risas e prantos, na que nos preguntamos:
Que ten que ver Lionel Messi con Paquiño Cagarolas? Por que Anselmo ten uns gayumbos de Kevin Clain e Benito de Calvin Klain? Milucho, o alcalde de Buxo, será tal de matar todas as vacalouras do concello? Non lle sería máis práctico a don Damián voar no seu jet privado? Perderá o Boca Juniors ese partido contra o Paris Saint-Germain? Por que Carmiña non quere patacas con cherelos e Lela ten problemas sexuais co seu Rafa?
Día: Sábado 25 de Novembro.
Hora: 19:30h.
Evento: Teatro
Público: Todos os públicos.
Entrada con invitación (Recollida na Casa da Cultura).
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.
Teatrino.

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

21/11/2023

Representación teatral de “INSUBMISA” por Antagonista Teatro

Venres, 24 de novembro, 20:30 h

REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense)
O venres 24 de Novembro, ás 20:30h. actuación do grupo ANTAGONISTA TEATRO co espectáculo “Insubmisa” dentro da Rede de Auditorios Provincial de Ourense; e como conmemoración do Día contra la Violencia de Xénero que celebra o Concello de Barbadás.
Sinopse:
Poida que cometese un crime terrible. Pero a cuestión agora non é a súa culpabilidade, senón o seu estado mental.
Non basta con declarala culpable. Ademais, debe quedar claro que é unha enferma, unha demente. Ninguén durmirá tranquilo mentres pensemos que pode existir alguén así.
De xeito que ela permanece encerrada para ser avaliada. Trátase dun centro moderno onde a profesionalidade é incuestionable. E o autor do seu diagnóstico é un psicólogo intelixente que non está disposto a deixarse levar. Pero ela é demasiado complexa e fascinante como para etiquetala. Nin o amor é cárcere suficiente para contela. Defraudar todas as expectativas é a única vía para acadar unha liberdade que depende daqueles que escriben o seu relato.
E latexando, de fondo, a seguinte cuestión: Pode ser libre unha muller cando a súa historia será escrita por homes?
Público: Adulto
Estilo: Teatro
Venres 24 de Novembro
Ás 20:30h.
Entrada con invitación (Recóllense na Casa da Cultura)
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.
Concellaría de Igualdade de Barbadás.
CIM Barbadás.
REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense)

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

13/11/2023

Representación Teatral de “XACOVEDRA”. Circuíto Galego de Teatro Amador 2023

Sábado, 18 de novembro, ás 19:30h

Seguimos co Ciclo de Teatro Amador, e este sábado visítanos o grupo ANDARAVÍA TEATRO que vai representar a obra “XACOVEDRA”, será o sábado 18 de Novembro, ás 19:30h. na Sala Manuel María da Casa da Cultura de Barbadás.
Sinopse:
Xacovedra, un espectáculo de variedades onde hai cancións e sketches, é a nosa modesta contribución aos fastos e celebracións múltiples deste ano Xacobeo que tanto tardou en vir. Nesta obra refléxase, desde o humor, o presente e futuro do fenómeno socioeconómico que se produce con motivo do(s) Ano(s) Santo(s).
Recomendado para Todos os públicos.
Entrada con Invitación (Recóllense na Casa da Cultura)
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.
Teatrino

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

13/11/2023

Actuación de THE-SASTRE Teatro

Venres, 17 de novembro, ás 20:00h

O venres 17 de novembro, ás 20h, estrea de “Sonos” a cargo do grupo THE-SASTRE Teatro, na Sala Manuel María | Barbadás.
Sinopse:
Sonia xamais chegou a cita co seu noivo Xerardo. Unha chamada…, outra…, e outra…, o seu teléfono da liña…, ninguén descolga. O día seguinte cala para sempre. Pasan días, semanas, meses, anos… Xerardo non perde a esperanza de que algún día o abrir a porta, atoparase co sorriso de Sonia. Fundiranse nun abrazo que esvaecera o tempo pasado…
ELENCO:
XERARDO: David Sánchez
SONIA: María Otero
PÚBLICO DIRIXIDO: Adulto
DURACIÓN: 60 Minutos.
Entrada con invitación (Recóllense na Casa da Cultura)
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.
The-Sastre Teatro

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

10/11/2023

Convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e entidades culturais sen ánimo de lucro

Prazo presentación: 3 - 17 de novembro.

Prazo de presentación: 3 – 17 novembro.

A través da Sede electrónica do Concello de Barbadás.

Máis información: Concellería de cultura.

Teléfono: 988 24 68 85.

Correo electrónico: casacultura@barbadas.es

Data Adxuntos
10/11/2023 Convocatoria Subvencións a Asociacións e Entidades Culturais PDF [339 KB]
10/11/2023 Anexos PDF [228 KB]

Cultura, Novas

CONTENT.1789175611

CONTENT.1789175611

06/11/2023

Representación Teatral “QUÉ FAMILIA!”. Circuíto Galego de Teatro Amador 2023

Sábado, 11 de Novembro, ás 19:30h. no Auditorio da Casa de Cultura Manuel María

2023-banner-barbadas-teatro atrezo
Continúa a Programación dos Circuítos de Teatro na Casa da Cultura | Barbadás, o sábado 11 de Novembro, ás 19:30h. unha nova proposta artística, trátase do grupo ATREZO TEATRO de Vigo que vai a presentar a obra “QUÉ FAMILIA!!”
Sinopse:
Vivimos nunha sociedade de xente “PRESCINDIBLE”, que son todos aqueles que non dan beneficios, e si son vellos?
Ai, os vellos….!, lentos , torpes, dan traballo… e sí aínda por riba quen ten que coidarte é a NORA…xa verán xa!!
Sala Manuel María | Barbadás.
Sábado 11 de Novembro | ás 19:30h.
Espectáculo recomendado para todos os públicos.
Entrada con Invitación (Recóllense na Casa da Cultura)
Dende o luns 6 ata o venres 10 de Novembro.
Organiza: Teatrino | Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

30/10/2023

Representación teatral: “ENCAIXADAS”. Circuíto Galego de Teatro Amador 2023

sábado 4 de novembro, ás 19:30h. na Sala Manuel María de Barbadás.

O próximo sábado 4 de Novembro iniciamos a realización deste Circuíto Galego de Teatro Amador que nos vai presentar propostas moi variadas e de calidade do Teatro Amador, que se fan en toda Galicia.
Iniciamos este Circuíto co grupo organizardor, TEATRINO que preséntanos a obra “Encaixadas”; será o sábado 4 de Novembro, ás 19:30h. na Sala Manuel María de Barbadás.
Sinopse:
Un grupo de teatro afeccionado formado por mulleres disponse a estrear o seu novo espectáculo. Pero nos 90 minutos que faltan ata o comezo da función xurdirán os seus medos e os seus anhelos por fuxir das ataduras que as manteñen encaixadas.
  • Espectáculo recomendado para todos os públicos.
    Entrada con invitación (Recóllense na Casa da Cultura)
    Dende hoxe luns ata o venres 3 de Novembro.

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

18/10/2023

“Esperando a Dado” – Obra do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO)

Mércores, 18 de outubro, ás 20:30h. - Sala Manuel María (Casa da Cultura de Barbadás)

Hoxe mércores 18 de outubro, ás 20:30h. actuación de DADO co espectáculo “Esperando a Dado”. Na Sala Manuel María | Barbadás.

Sinopse:

  • Un espazo no tempo onde as caixas de música cobran vida, os obxectos inanimados bailan e un plátano pode cantar. O tempo retárdase a medida que se enche o teatro de risas e o público está ansioso por quedar e xogar.

 

  • Neste espectáculo, Dado presenta unha hipnótica selección de accesorios orixinais e unha inesquecible comedia física, mesturada cunha incrible variedade de inusuais e excéntricos instrumentos. Traemos un cóctel alucinante de tolemia de clase mundial, que
    entretivo ao público en festivais de todo ou planeta.

 

  • Espectáculo recomendado para todos os públicos.

-Entrada libre ata completar aforo-

Organiza: Sarabela Teatro
Colabora: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

16/10/2023

Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO)

Martes, 17 de Outubro de 2023 ás 20:30h

O martes 17 de Outubro ás 20:30h. na Sala Manuel María (Barbadás), 67 GRAOS OURENSE FERVESCÉNICA
SINOPSE:
Baixo o título 67 graos Ourense Fervescénica,-nome que fai referencia á temperatura coa que sae a auga do cano grande da Burga-, nesta xornada exhibiranse os froitos das 5 bolsas de creación de pezas a escala que porán o acento nas creadoras e nos creadores ourensáns e galegos buscando e promovendo o diálogo entre disciplinas artísticas.
Serán os espectadores a esta xornada de exhibición os que elixirán de entre as pezas seleccionadas a gañadora dun premio de 600 €.
Con esta iniciativa o FITO busca reforzar a influencia positiva a nivel social, cultural, artístico e económico que xera o festival activando o tecido cultural de base ademais do profesional, promovendo unha cidade viva e visibilizando a cultura e os seus profesionais.
67 GRAOS-Ourense FERVESCÉNICA pretende, dentro das súas posibilidades, demandar de xeito proactivo políticas que incentiven e non castiguen a acción cultural, divulgar novas linguaxes artísticas no ámbito das artes escénicas, e pór o acento no desmantelamento cultural e as políticas desactivadoras.
Como novidade e, segundo o compromiso asinado polo Festival no ano 2008, nas bases primarase as direccións e creacións femininas.
Entrada libre ata completar aforo.

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

09/10/2023

Anuncio actividades de pintura e manualidades dentro da programación de actividades de lecer

Infórmase do retraso no inicio das actividades de pintura e manualidades que se organizan dentro da programación de actividades de lecer.

Disculpen as molestias ocasionadas.

Novas, Participación cidadá

CONTENT.1789175611

17/09/2023

“SOÑOS”. Teatro na Casa de Cultura Manuel María

O domingo 24 de Setembro, ás 19:30h

O próximo domingo 24 de Setembro, ás 19:30h. actuación teatral a cargo de Igaxes, Artefeito e Culturactiva que presentan a obra SOÑOS
Sinopse:
Soños é a primeira obra teatral galega que trata a situación da mocidade tutelada dun xeito integral. Un espectáculo divertido, ameno e sorprendente, pero tamén cunha gran forza social. Unha ficción moi realista e con moito ritmo que nace do contacto directo do autor e directora con mocidade tutelada, levando as súas experiencias ao escenario.
Soños é unha ventá a realidade da mocidade en risco de exclusión: amósanos o seu contexto, as súas aspiracións, os seus medos. Un espectáculo que vai chegar con moita facilidade ao corazón e á cabeza do público adulto e xuvenil.
Soños é unha peza dirixida por Támara Canosa, escrita por Fernando Epelde e representada por Victoria Pérez, Anxo Outumuro e Sara Ferro. Un gran equipo de profesionais para realizar a primeira obra que aborda a realidade da mocidade tutelada de xeito integral cunha posta en escena chamativa e un estilo cru e directo.
  • Tipo de espectáculo: Adulto, a partir dos 14 anos en adiante.
  • Entrada con invitación, poden recollerse a partir do luns 18 de setembro, na Casa da Cultura Manuel María | Barbadás
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

28/08/2023

Cinema na rúa “PINOCHO”

Xoves, 31 de agosto de 2023, no Parque dos Patos

Cine na rúa Barbadás - 31 de agosto de 2023 - PINOCHO
Chegamos ao final do Programa Cultural de Verán do Concello, cunha magnífica película PINOCHO de Guillermo del Toro, será este xoves 31 de Agosto, ás 21:30h. no Parque dos Patos (A Valenzá).
PINOCHO DE GUILLERMO DEL TORO
DIRECCIÓN:
Guillermo del Toro e Mark Gustafson
DURACIÓN: 117′ | IDIOMA: Galego | ANO: 2022 | XÉNERO: Animación – Musical – Infantil. | IDADE: 7+
SINOPSE:
Versión musical en animación stop motion do famoso conto de ‘Pinocho’, ambientado na Italia fascista, durante a década de 1930. Guillermo del Toro e Mark Gustafson dirixen esta película, que na versión orixinal conta cun reparto estelar de voces: Ewan McGregor (Pepiño Grilo), David Bradley (Geppetto) e o debutante Gregory Mann (Pinocho). Tamén participan Finn Wolfhard, Cate Blanchett, John Turturro, Ron Perlman, Tim Blake Nelson, Burn Gorman, Christoph Waltz e Tilda Swinton.
RECOÑECEMENTOS:
Premios Oscar: Mellor Película de Animación
Premios BAFTA: Mellor Película de Animación
Golden Globes: Mellor Película de Animación
Critics Choice Awards: Mellor Película de Animación
Premios Annie: Mellor Película de Animación, Mellor Dirección en Película de Animación…
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

21/08/2023

Programa Cultural de Verán “Os xoves son Cultura”

Teatro Ghazafelhos o xoves 24 de Agosto, ás 21h. no Parque dos Patos.

2023-Barbadás-Teatro dos Ghazafehós - A Valenzá Barbadás
O programa de verán do Concello continua cunha nova proposta artística, trátase do grupo de Teatro GHAZAFELHOS que no presentan a obra “As minas do Rei Salomón”.
Xoves 24 de Agosto, ás 21h. no Parque dos Patos.
Sinopse:
Teatro Ghazafelhos parodia as películas de aventuras en África producidas en Hollywood na década dos 50. Quatermain, un cazador contratado por un magnate estadounidense debe atopar as lendarias minas do rei Salomón e para iso emprende unha viaxe na que non faltarán os avións de hélices, as loitas con feras e o encontro co mesmísimo Tarzán.
Unha divertida proposta chea de sorpresas que convida ao público a reflexionar sobre a preservación do medio e a vida.
TEATRO / PÚBLICO FAMILIAR / 50 MIN.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

11/08/2023

Programa Cultural “Os xoves son Cultura”

La Finestra

Avanzamos neste mes de Agosto cunha nova actuación de circo, trátase da Compañía LA FINESTRA que no presentan o espectáculo “Royal Circ”, será coma sempre no Parque dos Patos de A Valenzá, o xoves 17 de Agosto, ás 21h.
Sinopse:
La Finestra Nou Circ é unha compañía fundada no 2012 en Valencia, e nace co obxectivo de desenvolver proxectos sociais, formativos e culturais en torno ao circo.
Royal Cirk é un espectáculo que presenta a dous personaxes de circo antigo, cansados da súa vida errante, buscando un lugar onde instalarse definitivamente e poñer o seu pequeno circo ambulante.
Durante a súa procura, levarán o seu peculiar espectáculo de malabares, humor, equilibrios, música e acrobacias a cada rincón descubrindo, grazas á enerxía do público, que cada sitio onde actúan é bo para quedarse.
TODOS OS PÚBLICOS
ESTILO: CIRCO
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

08/08/2023

Programa Cultural “Os Xoves son Cultura” – Circo NO ATO

10 de agosto ás 21:00-Parque dos Patos

2023-Barbadás-Banner-Actuación Circo 10 de agosto de 2023
As actividades de verán continúan, e nesta oacasión co Circo NO ATO que nos presentan o espectáculo “Ser de Corda”.
Será este xoves 10 de Agosto, ás 21h. no Parque dos Patos (A Valenzá).
Sinopse:
Entre cordas, acordes e acrobacias, unha tropa en estado de xogo, risa e creación envolve a todo o público nunha roda viva.
O espectáculo fala da grandiosidade do que é sinxelo e inxenuo, da amizade como forza motriz da creación; todo flue na beleza, como a cativada que se encontra no parque e soñan saltando.
O humor, presente en todo o espectáculo, trae o frescor da risa espontánea dentro dunha roda de amigos. O estado de xogo e risas que establece o espectáculo extrapola os límites do escenario e envolve a todo o público nun diálogo directo e interactivo cos artistas.
Público: Todos os públicos
Tipo espectáculo: Circo
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás
Cartel Circo No ATO

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

31/07/2023

Listados Bos Días Cole curso 2023/2024

Aberta a inscrición do programa de conciliación "Bos días cole"

Máis información: Area de Educación.

Correo electrónico: educacion@barbadas.es

Data Adxuntos
31/07/2023 Bases Bos Días Cole 2023 - 2024 PDF [409 KB]
31/07/2023 Solicitude Bos dias cole curso 2023 - 2024 PDF [405 KB]
31/07/2023 Listado provisional de admitidos Filomena Dato PDF [176 KB]
31/07/2023 Listado provisional de admitidos O Ruxidoiro PDF [180 KB]
31/07/2023 LISTADO DEFIITIVO CEIP FILOMENA DATO PDF [320 KB]
31/07/2023 LISTADO DEFINITIVO BOS DIAS COLE RUXIDOIRO PDF [321 KB]

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1789175611

31/07/2023

Programa Cultural “os xoves son Cultura”

03/08/2023 21:00 h - Concerto En Mala Hora

Iniciamos o mes de agosto cun espectacular concerto do grupo EN MALA HORA, será o xoves 3 de agosto, ás 21h. no Parque dos Patos (A Valenzá).
EN MALA HORA é unha banda de versións rock nacional e internacional procedente de Ourense.
Nos seus directos trasmite moita enerxia e ganas de pasalo MOI BEN!
Sonarán Hombres G, M Clan, Los Zigarros, Leiva, Fito, Alaska, Piratas, Ivan Ferreiro, Los Ronaldos, Loquillo, Los Rodríguez, Radio Futura, Radiohead, Deep purple, Lenny Kravitz, Joe Cocker, Tina Turner…
¡¡Non te perdas este Concerto!!! ¡Agardámoste!
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

20/07/2023

“KARPATY” de La Troupe Malabó, o 27 de xullo

"Os xoves son cultura" en Barbadás

 Continuando co programa ” Os xoves son cultura” anunciamos a  actuación do Xoves 27 de xullo, ás 21h. Será a Compañía Valenciana LA TROUPE MALABÓ co espectáculo “KARPATY”, coma sempre, no Parque dos Patos (A Valenzá).
Sinopse:
Todo comeza en Karpaty Cirqué, un vello e prestixioso circo ruso. Tras anos de éxito, estallan guerras, epidemias, falta de amor…deixando ao circo na máis absoluta decandencia. Os supervivintes do circo emprenden unha longa viaxe na procura dun lugar onde poder realizar o seu soño: volver a mostrar a súa arte ao público. Serán capaces de lembrar como era o espectáculo? De como funcionaba o circo? KARPATY é un espectáculo único de clown, malabares, acrobacias, maxia e música en directo que non deixará a ninguén indiferente.
Premio das Artes Escénicas Valencianas 2021 ao Mellor Vestiario.
Xéneros: Circo
Duración: 60 minutos.
Público: Todos os públicos.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

17/07/2023

PROGRAMA CULTURAL “OS XOVES SON CULTURA”

Cartel de Brañas Folk con Godaxe

Continúa a nosa andaina cultural no Programa de Verán do Concello, agora é o momento do grupo BRAÑAS FOLK co seu último disco “Godaxe”; será coma sempre o Xoves 20 de Xullo, ás 21h. no Parque dos Patos (A Valenzá).
Brañas Folk publica o seu cuarto disco, “Godaxe”. No novo traballo colaboran artistas como o Orfeón Treixadura, Pancho Álvarez, Xavier Blanco, Luis Delgado, Segundo Gradío, María Méndez e Mar Gómez.
Brañas Folk nace no ano 2002 da man de Manuel Brañas, fundador do inesquecible grupo Arco da Vella. Trala disolución do Arco da Vella, tras 17 anos de funcionamento, Manuel Brañas creou Brañas Folk.
Camiñante, Alalá do Cebreiro e Danza das Burgas son os anteriores discos de Brañas Folk, onde as colaboracións de grandes artistas galegos foron unha constante.
O grupo está formado polo propio Manuel Brañas (gaita, arpa, zanfona, whistles, requinta, frauta), Ana Dosouto (voz), Leonardo Blanco (violín), Aser Álvarez (batería e pandeireta), Guillermo Brañas (acordeón), Eduardo Balvís (baixo), José Antonio Blanco (guitarra) e Olga Brañas (piano, teclados e diversos instrumentos de percusión).
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

10/07/2023

Programa Cultural “O xoves son Cultura”

Cartel Fantoches Baj

E proseguimos coa programación cultural do Concello e este XOVES 13 DE XULLO, ÁS 21h. actuación de FANTOCHES BAJ co espectáculo “O tranvía Leonarddo”, será coma sempre no Parque dos Patos A Valenzá.
Sinopse:
O tranvía Leonardo é un espectáculo de narración oral para a infancia con marionetas e música no que se conta a historia do primeiro tranvía a vapor de Galicia, que, como era lento, sucio, pequeno, estreito e descarrilaba a míudo, foi motivo de mofa e protagonista de innumerabeis cancións e anécdotas.
A música é o fío conductor deste espectáculo no que se cantan acompañados de caixa de música e reque reque as seguintes cancións: Caramba!, O trole do tranvía, Chucurruchú, O miudiño, Tango do billete, Romance de Guillermo, A Maturragaina e O trabalínguas das trisílabas.
NARRACIÓN ORAL E MONICREQUES / +3 ANOS / 50 MIN.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611

04/07/2023

Programa Cultural “Os Xoves son Cultura”

6 de xullo, ás 21h actuación de INVENTI TEATRO

Continuamos co Programa Cultural do Concello, e este xoves 6 de Xullo, ás 21h., contamos coa actuación de INVENTI TEATRO co espectáculo “A gran viaxe”
No Parque dos Patos (A Valenzá)
  • Sinopse:
A intrépida capitana Centella e o seu axudante, o Doutor Potasio, chegan á terra na súa nave espacial á procura do ziscornio, un prezado ben necesario para salvar o seu planeta. Con este secreto elemento no seu poder Centella e Potasio dispóñense a despegar pero … nese momento comezan os problemas! Poderán Centella e Potasio regresar o seu planeta? Para iso van precisar da axuda dos nenos e nenas. A gran viaxe é un divertidísimo espectáculo de rúa onde a parte visual, a música e a participación do público teñen especial protagonismo. Inventi teatro conta, neste espectáculo para toda a familia, cun fantástico vehículo espacial composto por un antigo 600 e un propulsor remolcado.
TEATRO CÓMICO / TODOS OS PÚBLICOS / 45 MIN.
Organiza: Concellaría de Cultura Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1789175611