A Concellaría de Cultura organiza para estas datas unha serie de eventos de Narración Oral para @s cativ@s e que se encadran dentro do Programa Ler Conta Moito.
Para participar será necesario reservar praza no correo electrónico: biblioteca@barbadas.es
As actividades serán no Parque que hai detrás da Casa da Cultura e iremos informando, un por un, dos eventos e as idades recomendables.
“O XOGO LITERARIO”, obradoiro de animación á lectura
Xoves 21 de Abril, ás 18:30h na Biblioteca Municipal
O vindeiro xoves 21 de Abril, ás 18:30h. con motivo do día do libro, teremos un novo Obradoiro de Animación á Lectura, que leva por título “O XOGO LITERARIO”, .
Realizaremos unha actividade de tipo xincana na que as nenas e nenos terán que superar unha serie de probas para descifrar un enigma que lles levará a atopar o tesouro de Miguel de Cervantes.
A actividade terá lugar na Biblioteca Municipal de Barbadás.
Para nen@s de 8 a 12 anos.
Inscrición no correo electrónico: biblioteca@barbadas.es
O domingo 3 de Abril, ás 19h. actuación do grupo de teatro NON SÍ TEATRO, coa obra “UBÚ ENCADEADO”.
Sinopse:
Destroados de Polonia, o Pai Ubú e a Nai Ubú chegan a Francia onde reina a liberdade, a igualdade e a fraternidade. E que vai facero Pai Ubú no país onde todo o mundo é igual a todo o mundo? Vaise facer escravo pero sen deixar de ser o gran déspota de sempre!
Porque a liberdade é a escravitude!
Ubú encadeado é unha farsa descarada, irreverente e cómico-hiperbólica. Unha sátira social e unha burla sarcástica da natureza humana, necesaria nestes tempos onde a palabra liberdade está máis que desvirtuada.
Entrada con invitación (Recollida na Casa da Cultura)
O xoves 31 de Marzo proxéctase a película VALENTINA na Sala Manuel María.
Sinopse:
Valentina está cansa de ser unha nena con síndrome de Down convencida de que é o motivo polo cal nunca poderá alcanzar o seu soño: ser trapecista.
Pero nunha viaxe máxica xunto co seu amigo o rato Chiqui vai permitir descubrir que é moi especial e que, como ben di a súa avoa, nunca debe de perder a ilusión e as ganas de aprender.
2021: Premio Goya: Mellor película de animación.
Ás 10:30h. asistirán os nen@s do CEIP O Ruxidoiro e o CEIP Filomena Dato.
O vindeiro martes 15 de marzo celébrase o día mundial dos dereitos do consumidor, e dende a biblioteca queremos realizar un “Mercado do Troco” no que ofreceremos libros para que, quen queira, se achegue para trocalos por un deles.
Deste xeito daremos unha segunda vida a aqueles libros que xa non usamos, fomentando así a reutilización.
O Mercado terá lugar na Avenida de Celanova, á altura da rotonda da Familia, o martes 15 de marzo ás 17:30h.
O próximo xoves 10 de marzo ás 18h., realizaremos na Biblioteca Pública Municipal, un Obradoiro cos máis cativos, “Mulleres Escritoras”.
Traballaremos, a través do xogo, a importancia dalgunhas escritoras que cambiaron a historia da muller no ámbito laboral. En primeiro lugar, faremos unha presentación onde falaremos da orixe deste día. Despois faremos una xincana na que terán que superar diferentes probas sobre mulleres escritoras. Por último, elaboraremos un marcapáxinas conmemorativo do día da Muller Traballadora para que o leven de recordo.
Dirixido aos nen@s de 8 a 12 anos.
Inscricións no correo electrónico: biblioteca@barbadas.es
No correo indicar: nome e apelidos do/a neno/a e do pai/nai/titor e un número de teléfono.
O venres 18 de febreiro ás 20:30h. actuación da Compañia BARROSANTA co espectáculo “RAGAZZO”
Sinopse:
Europa, verán do 2001. A cidade de Ragazzo vive a restricción de dereitos sociais máis grande que recorda o continente dende a Segunda Guerra Mundial: fronteiras pechadas, manifestacións prohibidas, reunións entre persoas, ata tender a roupa nos balcóns… Detencións, identificacións, rexistros. 30 000 axentes recorren as rúas e protexen aos líderes do G8 na súa xuntanza.
Ragazzo, pese a isto, pasa o verán na cidade, nun garaxe que okupou e acondiciounou como o seu fogar durmindo dentro do coche e cociñando no seu motor. Está de vacacións: ten tempo para ir a concertos, ler e escribir, cociñar, e incluso de namorarse… e por suposto, de participar no Fórum Social, instalado na cidade para facer fronte ao modelo de globalización imposto polo G8, soñando outro mundo posible. Pero o seu destino quedará marcado cando tome a decisión de quedarse na columna dos desobedientes, que se propuxo a acción pacífica de violar o confinamento da Zona Rossa, blindada para os
líderes mundiais.
Qué facer ante a ameza? Quen (e para qué) fai servir a violencia? Qué é a impunidade? É posible outro mundo. Ragazzo é unha oda á xuventude e á liberdade, un grito á vida, á
dignificación das historias personais: unha reivindicación da memoria colectiva e da Historia que os donos do mundo nunca escribirán para nós.
Espectáculo recomendado para público adulto.
Entrada con invitación (Recollida na Casa da Cultura)
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.
Patrocina REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense)
O venres 14 de Xaneiro, ás 20:30h. representación da obra “A LÚA VAI ENCUBERTA” gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, unha Coproducción do grupo INCENDIARIA e A QUINTA do CUADRANTE.
Sinopse:
O autor deixou unha nota no prólogo: “Esta peza teatral escribina polos anos setenta, por encargo do Grupo Teatral da Asociación Cultural Auriense, que xa representara a miña peza Unha vez foi o trebón. Comezados os ensaios, o grupo desfíxose”.
Iso deixou escrito Manuel María pero os integrantes do grupo cos que falamos non lembran ter ensaiado a obra nin que o grupo se desfixera durante os ensaios. Aseguran non lembrar que a peza fose escrita para o Auriense pero imaxinar os ensaios nos anos 70 activou en nós unha memoria que nunca puidemos consolidar.
Na procura dunha verdade oculta, a mestura de tempos e a combinación de realidade e ficción permiten identificar o descoñecemento programado da nosa historia máis recente e a consecuente falta de conciencia da identidade nacional galega.
A lúa vai encuberta é un espectáculo arredor da realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia, confrontándonos co noso pasado recente e as suas contradicións, desvelando un discurso que hoxe en día está sendo, senón ocultado, silenciado e que explica, en certa maneira, as razóns de por que hoxe en día o noso país ten os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan.
Incendiaria e A Quinta do Cuadrante levamos a escena o texto de
Manuel María como unha fonte esencial para, a través dela, entender as diferentes formas sociais e políticas que nos conformaron como país e, polo tanto, como persoas que o habitamos.
Espectáculo recomendado a partir dos 14 anos en adiante.
Entrada libre con invitación (Recollida na Casa da Cultura)
AS LUDOTECAS DE NADAL PROMOVEN A CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL
Terán lugar os días 22, 23,27,28,29 de decembro de 2021 e 3,4,5 de xaneiro de 2022
As ludotecas de Nadal consisten nunha actividade educativa e de animación sociocultural que ten como obxecto dinamizar a participación dos nenos e nenas do municipio e conciliar a vida familiar e laboral.
Nesta actividade de Nadal desenvolveranse actividades como traballos manuais, xogos, cine, etc.
As xornadas serán de 5 horas de duración en horario de 9.00 a 14,00 horas.
Ofértanse 15 prazas para nenos e nenas con idades de 3 a 6 anos (ámbolos dous incluídos) e 15 prazas para nenos e nenas con idades de 7 a 12 anos (ámbolos dous incluídos).
Adxudicación de prazas: realizarase de forma directa se o número de solicitudes é inferior ao número de prazas que se ofertan. No suposto de que o número de solicitudes sexa superior ó número de prazas ofertadas, a orde de prioridade establecerase tendo en conta os seguintes requisitos: 1. Que o/a menor esté empadroado/a no concello de Barbadás. 2. Os/as proxenitores/as estén traballando no periodo solicitado de disfrute da actividade.
Se unha vez aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o resultado obtido o 25 de febreiro de 2021 do Sorteo anual de letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2021/2022 (artigo 29 da Orden do 12 de Marzo de 2013). As letras de prioridade que afectan ao primer apellido son: “W” e “S”; asimismo afectan ao segundo apellido as letras: “B” e “F”. – É obrigatoria a asistencia; dúas faltas sen xustificar darán lugar á baixa na actividade. – Só se permitirán como xustificantes válidos de falta de asistencia o xustificante médico por enfermidade ou ingreso do/a neno/a ou de familiar co que conviva.
PRAZO DE INSCRICIÓN E ADXUDICACIÓN – O prazo de inscrición será do 13 ao 16 de decembro de 2021 (ámbolos dous incluídos). As solicitudes fóra do prazo sinalado estarán suxeitas á existencia de prazas libres.
As inscricións realizaranse por unha das seguintes formas:
– De forma telemática a través da sede electrónica do Concello de Badás: https://barbadas.sedelectronica.gal.
– De forma presencial no rexistro (Casa do Concello 988360000, Oficinas A Valenzá 988393168). E en calquera dos rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015.8.
A inscrición é de balde. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR Deberá presentarse o modelo de solicitude debidamente cumprimentado e a seguinte documentación:
– No caso de traballadores por conta allea: certificado da empresa en que se acredite o seu horario laboral.
– No caso de traballadores por conta propia (autónomos) : declaración xurada do profesional que traballa por conta propia con indicación da xornada laboral, e o último recibo en vigor da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
– No caso de que o/a menor conviva só cun dos seus proxenitores e non sexa familia monoparental:deberán achegar, ademais do anterior, sentenza de separación/divorcio, convenio regulador ou medidas paterno-filiais nas que se especifique o proxenitor o que pertence a custodia do menor.
– No caso de familias monoparentais:deberán achegar ademais do anterior libro de familia.
– No caso de que non exista vínculo matrimonial, e ambos proxenitores convivan co menor:deberán achegar, ademais do anterior, certificado de convivencia expedido polo Concello correspondente. Os datos reflectidos na documentación presentada deberán ser certos na súa totalidade; de non ser así, suporá a baixa automática e a perda de todos os dereitos de participación na actividade.
HORARIO DE ACTIVIDADE Esta actividade terá lugar no Espazo Infantil (Parque da Solaina, A Valenzá) en horario de 9.00 á 14.00 horas da mañá os días 22, 23,27,28,29 de decembro de 2021 e 3,4,5 de xaneiro de 2022.
Este programa poderá sufrir modificacións en función das medidas sanitarias que sexa necesario adoptar para garantir a seguridade das persoas adxudicatarias debido á situación creada polo COVID-19.
ORGANIZA Concellaría de Educación Tel: 988246885 E-mail: educacion@barbadas.es http:// barbadas.es.
Sala de Exposicións da Casa da Cultura Manuel María
Mañá xoves ás 12:30h. inauguramos unha nova exposición, trátase da Exposición fotográfica FILLOS DO OCÉANO un proxecto de Javier Teniente que chega a Barbadás da mán de Afundación.
«Fillos do océano» é unha homenaxe a todos os mariñeiros artesáns que viven por e para o mar; ámano e venérano, e obteñen del todo o preciso para a súa supervivencia.
Mais pretende tamén ser unha chamada de atención sobre a vulnerabilidade dos ecosistemas mariños, para que respectemos e preservemos os océanos da destrución que hoxe ameaza este medio tan fráxil e indispensable para a nosa supervivencia.
Só así, conservando e respectando o medio natural, se manterán estas ancestrais culturas ligadas á pesca tradicional e artesanal.>>
Do 2 ao 31 de decembro
2ª planta da Casa da Cultura Manuel María
Horario de visitas: de luns a venres de 8:30 a 14:30 e de 16 a 20h.
O CONCELLO DE BARBADÁS ABRE O PRAZO PARA PARTICIPAR NO CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL
A tarxeta galardoada co primeiro premio poderá ser utilizada para imaxen do Programa cultural de Nadal
As tarxetas deberán ser en cartolina ou papel e en tamaño DIN A5
O Concello de Barbadás abre hoxe o prazo para participar no concurso de tarxetas de Nadal, que se prolongará ata o 15 de novembro.
Os/as participantes estarán matriculados en Educación Primaria, dende 1º ata 6º.
As bases reguladoras do concurso establecen 2 categorías: alumnado de 1º a 3º de Primaria e alumnos/as de 4º a 6º curso.
As tarxetas deberán reflectir o espírito do Nadal e poderá conter de forma libre calquera aspecto relativo a estas festas, valorándose a orixinalidade e a capacidade creativa.
Outro dos requisitos será a presentación en cartolina ou papel, en tamaño DIN a5 (medio folio, 15×21 centímetros).
As tarxetas depositaranse no buzón habilitado para o efecto nos colexios O Ruxidoiro e Filomena Dato, así como na Casa de Cultura.
As tarxetas presentaranse en sobre pechado con pseudónimo e idade, dirixido a Concellería de Cultura de Barbadás “Concurso de Tarxetas de Nadal 2021”. No interior incluirase outro sobre pechado cos datos persoais: nome e apelidos, dirección, idade e número de teléfono.
O Concello entregará 2 premios por cada categoría. Para o alumnado de 1º a 3º de Primaria, un quebracabezas 3D e un lote de libros para o primeiro e o segundo premio.
Na categoría de alumnos/as de 4º a 6º de Primaria os premios serán un altofalante conectable por bluetooth e un lote de libros.
O xurado estará composto pola concelleira de Cultura, o coordinador da Casa de Cultura e por un membro de cada un dos equipos directivos dos colexios O Ruxidoiro e Filomena Dato.
O nome dos/as gañadores/as publicaranse na páxina web do Concello de Barbadás a partir do 30 de novembro.
Todas as tarxetas presentadas ao concurso serán expostas na sala de exposicións da Casa de Cultura durante o período de Nadal, dende o 22 de decembro ata o día 7 de xaneiro.
A tarxeta galardoada co 1º premio de calquera das dúas categorías poderá ser utilizada para o Programa Cultural destas datas. As postais finalistas poderán ser utilizadas para felicitar o Nadal por parte do Concello de Barbadás.
Aviso actividades extraescolares – Aula de reforzo escolar inglés
Lembrar que dende hoxe, día 2 de novembro, e no día que corresponda, comenzan as actividades extraescolares municipais nos colexios e a Aula de Reforzo Escolar de Inglés nas instalacións municipais do Parque da Solaina.
Obradoiro infantil “Chegou o Outono” na Biblioteca Municipal de Barbadás
Xoves, 28 de outubro ás 18 h.
A Biblioteca Municipal organiza un novo Obradoiro que leva como temática o Outono, “CHEGOU O OUTONO” é unha experiencia sensorial a través de lectura de poemas, coñecemento sobre o outono, manualidades e moitas cousas máis…
Dirixido a nen@s de 4 a 10 anos.
Para fecer a inscrición hai que mandar un correo electrónico a : biblioteca@barbadas.es Hai que poñer o nome, idade e teléfono de contacto dos nen@s.
O venres 15 de outubro ás 21h. actuación de PAULA MALIK co espectáculo “BANDA ANIMAL”, será na Sala da Casa da Cultura Manuel María de Barbadás.
Sinopse:
En escena, a recoñecida paiasa Paula Malik é “A Mestra Divarius” quen dirixe unha singular orquestra de 18 bonecos de plástico, integrado por elefantes, poliños ou porcos con quen logrará interpretar temas musicais que van desde Carmina Burana ata Julio Jaramillo. Este atrevido e cómico espectáculo busca sacar a animalidade dos asistentes convidándoos ao xogo e a imaxinación como un remedio infalible contra o tedio cotián.
Desde a linguaxe do clown, esta paiasa narra as historias destes personaxes congregados na “banda de reinserción Zoo- cial” na que os animais maltratados, esquecidos ou en situación de risco, descobren o verdadeiro talento que dará sentido ás súas vidas. Sutilmente, a obra incorpora mensaxes con contido político, animalista e crítico do sistema, pero mantendo unha linguaxe absurda.
Aínda que estes bonecos de plástico teñen unha pequena escala sonora cos seus asubíos, a Mestra Divarius logra sacar deles as súas historias máis intimas e traxicómicas, por exemplo, preséntanos a un golfiño rosado do Amazonas que se puxo amarelo pola contaminación. Un poliño equilibrista desempregado dun circo que se converte en dobre de cinema, e un reno que traballaba con Papá Noel, pero terminou decepcionado coa perda do espírito do Nadal.
Entrada con invitación ata completar aforo (recollida das invitacións na Casa da Cultura)
Espectáculo recomendado a partir dos 5 anos en adiante.
Organiza: FITO Festival Internación de Teatro de Ourense.
O próximo xoves 14 de outubro ás 18h. temos un espectáculo de MAXIA co Mago PEDRO BUGARÍN que nos vai representar o espectáculo “NOVO MAXIA PARA TODXS”
Sinopse:
Novo maxia para todxs é o novo show de 1, 2, 3… O mago Pedro Bugarín! totalmente renovado e que se caracteriza por ser emocionante, versátil e sempre en clave de humor.
Este show que percorreu máis de 50 Concellos en 2019 cambia pero mantén a esencia da maxia divertida e moi moi participativa. Existe a posibilidade de facelo sen contacto e a distancia respetando as normas sanitarias vixentes.
Nenos e nenas: recomendado a partires de 6 anos, Mocidade.
50 minutos.
Inscribirse no correo: biblioteca@barbadas.es
Con nome do nen@, idade e un teléfono de contacto.
Listado definitivo admitidos/as Aula de Reforzo Escolar de Inglés
Aviso importante
As clases da Aula de Reforzo Escolar de Inglés para primaria comenzarán o día 2 de novembro. No caso de poder iniciarse antes da data indicada darase aviso ás familias.
Última función do Programa OLLA A CULTURA que iniciouse o 25 de xuño e fixo o percorrido todos os xoves dos meses de xullo, agosto e setembro; agora sí chegamos ao final coa actuación do CIRCO CHOSCO que nos presenta o espectáculo “OH-PERA”, será este xoves 23 de setembro ás 19:30h. no Parque dos Patos (A Valenzá)
Sinopse:
Circo, humor, equilibrio e acrobacia nunha ópera surrealista na que os actos entrelázanse entre sí dunha forma divertida que non entende de lóxica ou época.
Xénero: Circo cómico e portés
Duración: 50 min.
Público: Todos os públicos.
Organiza: Concellaría de Cultura
Patrocinan: Xacobeo 21-22 / Xunta de Galicia / Gadis
Os listados provisionais de admitidos/as en actividades extraescolares do CEIP Filomena Dato e CEIP O Ruxidoiro publicaranse mañá, en espera da confirmación da aplicación dos protocolos covid as citadas actividades nos centros educativos.
O presente horario estará vixente dende o xoves, día 16 de setembro de 2021.
O xoves, día 16 de setembro non haberá un autobús para o horario de presentación do alumnado de 2º de Bacharelato pero poderan facer uso do autobús no horario indicado.
A Programación cultural do Concello de Barbadás continúa durante o mes de Setembro.
Nesta ocasión contamos co espectáculo de circo terroríficamente divertido “Abracadaver”, a cargo de Assircópatas . Será o XOVES 16 DE SETEMBRO ás 19:30 horas, no Parque dos Patos en A Valenzá, .
Os alumnos/as matriculados en bacharelato no I.E.S Ferro Couselo e no I.E.S Universidade laboral que estén interedos/as en facer uso do servizo de transporte terán que enviar un correo electrónico a educacion@barbadas.es indicando:
Nome e apelidos do/a usuario/a do transporte
Curso
Nome e apelidos dun representante
Teléfono de contacto
Enderezo
O prazo para enviar o correo será dende hoxe, día 9 de setembro – 13 de setembro ( ambos incluidos).
A Programación cultural do Concello de Barbadás continúa durante o mes de Setembro.
Neste segundo evento contamos co espectáculo familiar de clown “Cartoóns”, a cargo de Josito Porto e Víctor Mosqueira, . Será o XOVES 9 DE SETEMBRO ás 19:30 horas, no Parque dos Patos en A Valenzá, .
A Programación cultural do Concello de Barbadás continúa durante os mes de Setembro.
Neste primeiro evento contamos co MAGO ANTÓN que nos trae o espectáculo “A VOLTA A GALICIA EN 313 CONELLOS” será o XOVES 2 DE SETEMBRO no Paseo dos Amieiros en A Valenzá.
O magomobil é un vehiculo de trece metros de longo por 6 de ancho (teatro sobre rodas) totalmente autónomo con escenario, cadeiras, luces, son, aire acondicionado, grupo electróxeno etc… que lle permite a o público que está no seu interior ver o espectáculo en condicións optimas.
Nº DE ESPECTADORES POR FUNCIÓN:30
TEMPO DURACIÓN FUNCIÓN: 45 MINUTOS
HORARIOS FUNCIÓNS:
12:00
13:00
17:00
18:00
19:00
20:00
21:00
22:00
-Na entrada do magomobil teremos guantes, mascarillas e líquido gel.
-Haberá ventilación durante a función.
-Entre función e función limpeza no interior do magomobil.
O xoves 26 de Agosto, ás 22h. proxección da película CUÑADOS, será no Parque dos Patos de A Valenzá.
Sinopse:
Eduardo (Miguel de Lira) e o seu cuñado Sabonis (Xosé A. Touriñán) acaban de meter a pata nun dos seus negocios e necesitan diñeiro. Moito diñeiro. Será Sabonis quen atope a solución ao problema, secuestrando a Modesto (Federico Pérez Rey), cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e os deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar ni un euro polo seu cuñado.
É o propio Modesto quen urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a bodega familiar. Estos tres cuñados o teñen todo para fracasar pero, como diría Sabonis, malo será.
Xénero: Comedia
Organiza: Concellaría de Cultura de Cultura Barbadás
Continuando co Programa Cultural de Verán do Concello de Barbadás, temos unha nova actuación, será a da Fadista MARLENE RODRIGUES e o seu grupo, co espectáculo “O FADO NASCEU UN DÍA”, este xoves 19 de Agosto, ás 21h. no Parque dos Patos de A Valenzá.
Sinopse:
O gosto e a paixão pelo Fado cruza o “destino” destes quatro amigos e músicos, unindo-os num só objectivo: proporcionar momentos de mistério, nostalxia e encanto, relembrando grandes nomes como Amalia Rodrigues, Mariza, Carminho, Marco Rodrigues… e temas da alma portuguesa…”
Marlene Rodrigues (voz), Rui Beirão (guitarra portuguesa), Dario Rocha (Viola de fado) e Alex Marques (baixo).
Convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e entidades culturais sen ánimo de lucro que desenvolvan acción no eido da Cultura para o ano 2021.
Convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e entidades culturais sen ánimo de lucro que desenvolvan acción no eido da Cultura para o ano 2021.
Continuamos co Programa Cultural de Verán no Concello de Barbadás, cunha nova actuación, será a do Mago ADRIÁN CONDE que nos presenta o espectáculo “O GRAN BRAULIO, será este xoves 12 de Agosto, ás 21h. no Parque dos Patos de A Valenzá.
Sinopse:
Braulio é o mellor mago do mundo…ou polo menos iso pensa el. E quen somos nós para dicirlle a verdade? Así é moito máis divertido! Chega a Barbadás un mago torpe e despistado que fai ben os seus trucos e o seu espectáculo…. de pura casualidade.
Iniciamos o mes de Agosto e continuamos coas actividades culturais do Concello, será este XOVES 5 DE AGOSTO co Concerto de XOÁN CURIEL que nos presenta “Danzamos no verán”, será coma sempre ás 21h. no Parque dos Patos de A Valenzá.
Sinopse:
Danzamos no verán é un espectáculo infantil e familiar totalmente participativo que emprega a danza e a música coas cancións do libro disco: Estamos no verán!!!.
Dito libro-disco foi nomeado como Mejor Álbum en Lengua Galega nos VI Premios de la Música Independiente.
Este é un espectáculo alegre e enérxico, onde os máis pequenos e as súas familias poderán vivir o seu particular verán participando no show e sentíndose parte activa do mesmo.
O xoves 29 de xullo unha nova actuación dentro da Rede de Auditorios Provincial de Ourense coa actuación de O SONORO MAXÍN que nos presenta “DE NAVALLAS E CUMBIAS”,será ás 21h. no Parque dos Patos en A Valenzá (Barbadás)
O Sonoro Maxín naceu no verán de 2007, a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte de proxectos diferentes como Lamatumbá, Cinnamon Gum, Mutenrohi e The Pigmalions. Estreáronse en Ourense, a súa cidade natal, o 20 de decembro daquel ano. A partir dese debut, percorreron durante os seguintes anos toda a xeografía galega con máis de 150 concertos, nos que compartiron escenario con músicos como Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestra, Los Delinqüentes ou Tonino Carotone.
Nestes tempos tan ingratos cómpre ter a man unha navalla ben afiada. A nosa navalla é a canción. Tamén o baile.O Sonoro Maxín comeza, como unha tarazana, un camiño de ida e volta para compartir, a través da súa música, os momentos e os lugares nos que naceu, creceu e amou. Reclamando un espazo para poder bailar mellor. Reivindicando a música como unha arma de construción masiva.
Xéneros: Verbena, música de baile
Duración: 75 minutos
Público: Todos os públicos
Tipo espectáculo: Verbena-Fusión-Rap
Organiza: Concellaría de Cultura de Cultura de Barbadás.
Continuamos a Programación Cultural do Concello de Barbadás, con unha nova actuación, será este XOVES 22 DE XULLO ÁS 21h. no Parque dos Patos, coa Compañía VOL´E TEMPS que nos presentan o premiado espectáculo “DISTANS”
Sinopse:
Distans é unha viaxe a través das emocións, nun espazo visual e sonoro que envolve escenas de circo acrobático e teatro xestual que conforman un espectáculo orgánico, sensible e divertido. Unha obra que fala da amizade, dos recordos que seguen vivos nos nosos corazóns máis aló dos anos. Fala da fraxilidade do ser humano, da ruptura, da soidade, e do amor capaz de rexenerar e reconstruír as nosas relacións cos demais.
DistanS é o espectáculo de 2019 e 2020 do circo español. Unha gran peza con multitude de premios e mencións que pasou polas mellores programacións. Un espectáculo imprescindible que destaca pola súa excelencia, excelencia técnica, escenográfica, acrobática, humorística… un espectáculo que é unha verdadeira delicia e non te podes perder.
Este xoves 15 de xullo, ás 21h. actuación da compañía PAPORRUBIO que nos presenta o espectáculo “Varietés de Animalario”, será coma sempre no Parque dos Patos.
SINOPSE
Nun contexto humorístico e divertido, a raposa e o lobo vense envoltos nun conflito pola propiedade dunha pereira con sete peras, á que misteriosamente lle van desaparecendo as peras unha a unha. No texto vense cuestionados os roles habituais que teñen a raposa e o lobo nas cultura galega de tradición oral; os dous vólvense vexetarianos, son rexeitados polos seus grupos habituais de compañía e acaban sendo compañeiros a causa do amor pola Pereira coas sete peras. Todo isto, acompañados das características humorísticas clásicas da tradición de monicreques galega: os enredos lingüísticos, a cachaporra, a astucia do heroe e do antiheroe…. O punto de partida para este texto orixinal é unha cantiga de tradición oral recollida no libro Músicas do Courel de Xosé Luís Foxo. Nela, a raposa e o lobo, están fatigados o pé dunha Pereira, e distintas personaxes, ao modo das figuras literarias asociativas moi habituais na tradición oral galega, aparecen na canción, sen outro obxectivo ca “provocar” unha historia surrealista e con unha clara tinta onomatopeica e de enredo. É con esta canción, explicada con un cartel de deseño contemporáneo, pero ao modo dos clásicos carteis de cego de Literatura de cordel, como remata a obra.
O xoves 8 de Xullo ás 21h. no Parque dos Patos de A Valenzá (Barbadás)
CONCERTO DO GRUPO THE TETAS ´VAN
Chegou a revolución en feminino!!! The Tetas’ Van somos un grupo de chicas na súa maioría que pretende revolucionar as salas de concertos coas súas músicas.
Ainda que somos especialistas en versións o noso obxectivo é o de divertir transmitindo, reivindicando e loitando contra as inxustizas que nos tocan a todas, a través da nosa língua galega. Pretendemos ser tamén a voz de todas aquelas que desexen que cantemos os seus poemas, textos ou melodías e por iso contamos ca colaboración de poetisas que nos regalan as súas verbas encantadas.
The Tetas’ Van somos artistas e malabaristas xa que combinamos a nosa vida de profes, estudiantes, nais, irmás, tías e amigas ca de músicas que buscan a diversión e a felicidade a través das notas.
A través da nosa páxina web thetetasvan.org poderás consultar moita máis información.
TEATRO GHAZAFELHOS – Monstros no Camiño ( teatro cómico).
Público familiar.
Tres investigadores de Europa do leste viaxaron polo camiño de Santiago para desmontar os mitos dos seres ou fenómenos locais. Hoxe, farán un simposium para amosar os resultados da súa aventura. Con axuda dunha máquina da súa invención, serán capaces de convocar os distintos “monstros” dos que falan para amosar a súa falsidade ou non… Percorrerán unha chea de
personaxes míticos dos distintos lugares por onde transcorre o camiño dende, Drácula, Lobisome… até as Meigas, a Santa Compaña, o Sacauntos… Todo baixo un humor absurdo do que Ghazafelhos nos ten acostumado facendo un espectáculo familiar que nos farán sentir cómplices da historia. Jorge Casas, Montse Piñón e Pepablo Patinho dan vida a catro científicos-aventureiros que investigan os monstros tradicionais do camiño de Santiago. Cunha escenografía adaptada a distintos espazos consistente nun pequeno carro-máquina, farán sketchs presentando os monstros dos que falarán.
Por motivo do alto número de solicitudes presentadas os listados de admitidos/as no programa “Concilia Barbadás” verán 2021 publicaranse o luns día 14 de xuño.
Convocatoria para a concesión de subvencións ás Asociacións Veciñais do Concello de Barbadás para o ano 2021.
Convocatoria para a concesión de subvecións ás asociacións veciñais inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Barbadás para o ano 2021.
Coa previsión meteorolóxica de choiva para mañá, esta actuación cambia de día e pasa para o LUNS 17 DE MAIO ÁS 19H. e no mesmo LUGAR: PRAZA DAS LABERCAS en (A Valenzá).
A actuación do Grupo ESPECIALISTAS HIPICA CELTA que nos presenta a obra: “XELA ARIAS FALA COA NATUREZA” para celebrar as Letras Galegas que este ano homenaxea á poeta Xela Arias.
Espectáculo para un público familiar cun claro compoñente didáctico, por eso a obra busca a transmitir unha serie de valores a través das diferentes expresións artísticas como a música, o circo, a danza, ou as artes escénicas. Finalmente, a poesía, que será parte central do acto e que terá como protagonista á nosa poeta Xela Arias.
Luns 17 de Maio ás 19h. na Praza das Labercas (A Valenzá)
Actuación do Grupo ESPECIALISTAS HIPICA CELTA que nos presenta a obra: “XELA ARIAS FALA COA NATUREZA” para celebrar as Letras Galegas que este ano homenaxea á poeta Xela Arias.
Espectáculo para un público familiar cun claro compoñente didáctico, por eso a obra busca a transmitir unha serie de valores a través das diferentes expresións artísticas como a música, o circo, a danza, ou as artes escénicas. Finalmente, a poesía, que será parte central do acto e que terá como protagonista á nosa poeta Xela Arias.
Xoves 13 de Maio ás 19h. na Praza das Labercas (A Valenzá)
A Concellaría de Cultura celebra este día cun OBRADOIRO DE CÓMIC para os nen@s de 8 a 10 anos, que se vai desarrollar na Biblioteca Municipal o venres 30 de Abril ás 18h.
-” Investiga e crea a túa personaxe”.
– “Diseña e crea un cómic”
Para inscribirse neste evento debes mandar un correo electrónico a : biblioteca@barbadas.es
e reservar praza.
Mándanos o nome do nen@, idade e teléfono de contacto.
Cada sesión adaptarase os protocolos e medidas de seguridade da COVID
A Concellaría de Cultura celebra este día cun OBRADOIRO para os nen@s de 5 a 7 anos, que se vai desarrollar na Biblioteca Municipal o propio venres 23 de Abril ás 18h.
– Investiga con nós: “A cadeira”.
– Improvisa con nós: “Caixa sorpresa”.
– “Recollida de froitos da árbore literaria.”
Para inscribirse neste evento debes mandar un correo electrónico a: biblioteca@barbadas.es e reservar praza.
Mándanos o nome do nen@, idade e teléfono de contacto.
Cada sesión adaptarase os protocolos e medidas de seguridade da COVID
En sesión de Xunta de Goberno Local, con data 25 de marzo de 2021, adoptouse o seguinte acordo en relación o cobro do bono transporte do alumnado de ensino postobrigatorio curso 2020/2021.
A cuota correspondente o mes de setembro non se cobrará debido o aplazamento que se produciou no inicio do curso.
O prezo da taxa farase efectivo en entidade bancaria mediante emisión de recibos.
O custe total correspondente ao presente curso escolar será de 170€ por alumno/a, a cifra indicada resulta dun coste mensual de 20€ , excepto o mes de xuño que ten un coste de 10€.
Para efectuar o cobro total do servizo estableceranse as seguintes cuotas mesuais: os meses de marzo, abril, maio, xuño e xullo a couta será de 30€ ao mes, en agosto a cuota será de 20€.
Neste curso escolar, de maneira excepcional, a periocidad e o custo das outras establecese da forma indicada, para facilitar as familias o pago das mesmas.
A información afecta a todos os usuarios do autobus de bacharelato ( 1º e 2º de bacharelato do IES Ferro Couselo e alumnos/as do IES Universidade Laboral).
O Concello de Barbadás adica todo o mes de Marzo á Muller, e así unha das actividades organizadas, está a da Biblioteca Municipal que vai desarrollar o programa “DESENREDANDO CONTOS”.
Este xoves 25 de Marzo ás 18h. virá a actriz SORAYA LEMA coa narración “ALDARA NA MONTAÑA”
Sinopse:
Aldara na montaña preséntanos a historia dunha nena que inicia a súa primeira viaxe lonxe da casa. Aldara, logo dunha discusión co seu avó, decide fuxir cara á montaña dos Penedos de Pasarela e Traba. A protagonista toca co acordeón o “Pasodobre de San Roque” e, a partir dese momento, establécese unha relación máxica entre Aldara e cada un dos penedos que descobre. Na súa travesía, a bordo do Barco Miramar, comparte viaxe coa señora Lebre e o señor Pallaso, e coa axuda da Aguia consegue chegar ó fogar das estrelas. Inspirada nos poemas de Pondal, Aldara na montaña constitúe unha historia de superación e de busca da identidade propia, ó tempo que pon en valor o noso patrimonio natural e cultural.
Para inscribirse neste evento debes mandar un correo electrónico a : biblioteca@barbadas.es e reservar praza.
Mándanos o nome do nen@, idade e teléfono de contacto.
Cada sesión adaptarase os protocolos e medidas de seguridade da COVID
PRAZAS LIMITADAS.
Actividade de teatro e obxectos |+3 anos | 40 min.
O Concello de Barbadás adica todo o mes de Marzo á Muller, e así unha das actividades organizadas, está a da Biblioteca Municipal que vai desarrollar o programa “DESENREDANDO CONTOS”.
O xoves 18 de Marzo contaremos con PEDRO BRANDARIZ con “HEROES e HEROAS”
Sesión de contos para cativas e cativos na que se narran dous pequenos contos que teñen como obxectivo a promoción da igualdade de xénero e a coeducación, dunha maneira activa, dinámica e divertida. Brandariz comeza presentándose como un heroe, pero pronto xurde a palabra “heroa”. A partir de aí o narrador fai unha reflexión sobre os roles de xénero, falando de “profas”, “pilotas” e “heroas”, centrándose nos pequenos e grandes actos heroicos que moitas nenas e mulleres deben acometer para desempeñar a súa carreira profesional.
Unha vez plantexada esta reflexión faise unha versión do conto de “Daniela Pirata” na que unha nena quere ser unha gran pirata e supera todas as probas que os piratas homes lle poñen, pero finalmente non a deixan ser pirata porque é unha nena… e ata aquí podemos ler.
A continuación nárrase a historia dun pequeno heroe, Juan un neno ó que lle gustaba pintar as unllas de cores e como consigue convencer a todas as súas amigas e amigos do divertido que é pintar as unllas. Desta maneira as nenas e nenos comprendan que elas e eles poden ser pequenas “heroas e heroes” a prol da igualdade de xénero.
Cada sesión adaptarase os protocolos e medidas de seguridade da COVID
PRAZAS LIMITADAS
Inscricións no correo electrónico: “biblioteca@barbadas.es”
Con esta proposta artística desexámosvos a tod@s un ¡FELIZ ANINOVO 2021!.
O luns 4 de xaneiro, ás 18:30h. actuación de SARABELA TEATRO co espectáculo “O secuestro da bibliotecaria”
Sinopse:
A señorita Ernestina é a fermosa bibliotecaria da vila de Parangón. Aínda que é orfa e non ten familiares ricos os bandidos desta peza decidiron secuestrala. Pretenden xerar un caos cultural que obrigue ás autoridades a pagar polo rescate da bibliotecaria.
Así e todo as intencións desta banda tomarán un novo camiño ao descubrir que a señorita Ernestina os contaxiou co virus da varicela. A poucas persoas lles acaen ben os grans na cara pero para uns ladróns resulta desastroso. Tomaría vostede en serio un ladrón con graíños? Pois non, parece ser a resposta máis obvia; así que os ladróns deben atopar unha solución para o seu problema, pero non teñen nin idea de onde buscala.
Por se todo isto fora pouco un tremor de terra ven a complicalo todo.
Espectáculo para todos os públicos.
Debido ás restriccións da Covid, só haberá 30 localidades.
Entrada con invitación (Recollida na Casa da Cultura)
Este mércores 30 de Decembro actuación de FANTOCHES BAJ que nos presenta o espectáculo “O CASTIÑEIRO DO APALPADOR”, será en dúas sesións ás 17h. e ás 18:30h.
Debido ás restriccións da Covid haberá 30 localidades en cada sesión.
Sinopse:
O Apalpador é un carboeiro pobre cuxas únicas propiedades son un castiñeiro e un magosteiro. A súa grande preocupación é conseguir que os cativos non lle rouben as castañas. Ata que un día, se lle presenta na carboaría unha velliña aterecida de frío e de fame. El, compadecido, ofrécelle teito e castañas do seu magosto. A velliña que é unha meiga, ante a súa bondade, ofrece cumprirlle tres desexos e o apalpador, movido pola súa teima mais inmediata, pide que quen toque o seu castiñeiro quede pegado para sempre nel, que quen colla as castañas do chao o engula a terra e quen meta na man no seu magosteiro quede dentro encarcerado. Con estes tres desexos conseguirá sen embargo vencer a Morte. O Gobernador do mundo ao ver os efectos devastadores da desaparición da Morte obrigará ao Apalpador a ceibala. E o Apalpador ceibaraa pero antes asegurarase de que a el non lle toque xamais. Convertido nun ser inmortal, liberado da necesidade de comer, e vendo que as castañas se lle estragan todos os anos, decide repartírllelas ós nenos e ás nenas que pasan fame. Por iso, desde aquela, percorre o mundo apalpando as barrigas dos nenos e deixándolle unha presiña das castañas do seu castiñeiro a aqueles que a teñen valeira.
Narración e Monicreques | +6 | 50 min.
Entrada con invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura)
Este martes 29 de Decembro proxectamos a película KLAUS, será en dúas sesións, ás 17h. e ás 18:30h. debido ás restricción pola COVID só haberá 30 localidades en cada pase.
Sinopse:
Jesper é carteiro. Como era o peor estudante da academia postal, o destinan a un xélido lugar máis alá de Círculo Polar Ártico. Os seus habitantes nunca envían cartas, de modo que Jesper está a punto de rendirse, ata que atopa a Klaus. Un fabricante de xoguetes que vive illado nunha cabaña repleta de xoguetes feitos a man. Ambos faranse amigos mentres deciden traer de volta a alegría ao lugar, porque un verdadeiro acto de xenerosidade sempre xera outro.
Entrada con invitación (Recollida na Casa da Cultura)
O luns 28 de Decembro, ás 18:30h. actuación de BAOBAB TEATRO co espectáculo “O LOBO E A LÚA” na Sala Manuel María de Barbadás
Sinopse
Había unha vez un pequeno lobo que vivía no Prado Azul e precisaba falar coa Lúa, era moi importante o que lle tiña que dicir, como a lúa estaba moi lonxe non lle escoitaba, así que o lobo tiña que berrar, cos seus berros non deixaba durmir a ninguén, nin a Nina a tartaruga, nin a Duarte o elefante, nin a Miñao o gato malvado.
No seu intento de falar coa lúa coñece a Mariano, un rato falador e divertido que lle axudará, ou quizais non. No prado azul esta noite, ninguén pode durmir!
Información do espectáculo
O lobo e a lúa é unha peza teatral tenra, divertida e intrigante onde os seus personaxes conviven a pesar das súas diferenzas. Un espectáculo que transcorre sempre de noite, á luz da Lúa. Unha historia de amizade, superación dos propios medos e de amor.
Espectáculo para público familiar a partir de 2 anos.
Debido ás restriccións pola COVID só haberá 30 localidades.
Entrada con Invitación ta completar aforo (Recollida na Casa da Cultura)
O vindeiro mércores 23 de Decembro, proxectarase na Casa da Cultura a Película “POLAR EXPRESS”, será en dúas sesións, a primeira ás 17h. e a segunda ás 18:30h. debido ás restriccións pola COVID só haberá 30 localidades para cada sesión.
Argumento:
Polar Express relata as aventuras que vive un neno, de 8 años de idade na noite do 24 de decembro, en Noiteboa, xusto cando comeza a perder a esperanza de continuar crendo na existencia de Papa Noël e o espíritu que conleva celebrar Nadal.
Entrada con Invitación (Recollida na Casa da Cultura)
Dentro do Programa de Nadal do Concello de Barbadás, o martes 22 de Decembro, ás 18:30h. contaremos coa actuación do Grupo Pedras de Cartón que presenta a historia do “Lazarillo de Tormes” contada por primeira vez con máscaras e sen palabras. A compañía conta para esta tarefa con profesionais cunha ampla traxectoria no teatro infantil e xuvenil, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo Teatro. Así, Xosé Manuel Esperante, Xosé Vilarelle, Juan Rodríguez e Suso Jalda/Laura Sarasola abordan dende o escenario e baixo a dirección de Pablo Sánchez esta peza picaresca do imaxinario popular que ademais forma parte do currículo educativo nas escolas.
Mención especial do xurado no Festival de Teatro Clásico de Almagro 2020.
Xéneros: Teatro / Duración: 50 min / Público Familiar.
Entrada con Invitación (Recollida na Casa da Cultura)
Presenta: O EMPAPELADO AMARELO un espectáculo teatral unipersoal, protagonizado por Melania Cruz, que parte do relato autobiográfico homónimo publicado en 1891 pola autora norteamericana Charlotte Perkins Gilman.
Sábado 5 de Decembro ás 20h. / Domingo 6 de Decembroás 19h.
Sinopse:
Nel narra, en primeira persoa, as perniciosas consecuencias dun tratamento médico que lle fora diagnosticado por un coñecido doutor da época para combater o estado melancólico e depresivo no que se atopaba a raíz do nacemento da súa primeira filla.
Este tratamento consistía basicamente na eliminación de todo tipo de actividade intelectual e creativa, nunha dieta hipercalórica e nun encerro case total no seu fogar. Este remata por converterse nun cárcere onde ela, acostumada a unha intensa actividade social e artística, acabaría por achegarse ao abismo da existencia e ao límite da súa cordura.
A autora utiliza as claves do relato de terror gótico para denunciar os mecanismos de represión propios do heteropatriarcado sobre as mulleres da súa época, privadas de todo tipo de voz pública e pechadas nun sistema que as facía plenamente dependentes dos seus esposos. Rebélase así contra as convencións da época, apostando por unha radical liberación da muller do xugo masculino e unha defensa da necesidade de conformarse como suxeito de pleno dereito, empoderándose sen concesións.
O empapelado amarelo é unha das mellores mostras da literatura feminista mundial do século XIX, que aínda hoxe é xerme de diversas interpretacións, revisións e novas lecturas por parte de artistas de todo o mundo, dado o seu carácter fundacional, onde a autora constrúe unha personaxe que representa un arquetipo contemporáneo da loita da muller por acadar a liberdade plena.
Espectáculo recomendado para maiores de 14 anos en adiante.
Debido ás restricción polo COVID, só haberá 30 localidades disponibles.
Entrada libre con invitación (Recollidas na Casa da Cultura)
Con motivo da crise sanitaria derivada da incidencia da covid-19, o Concello aprobou unha serie de modificacións no cobro da tasa do tranporte escolar de ensino postobrigatorio.
A cuota correspondente o mes de setembro non se cobrará debido o aplazamento que se produciou no inicio do curso.
O prezo da taxa farase efectivo en entidade bancaria mediante emisión de recibos. Estes recibos emitiranse do 1 ao 10 de cada mes.
As cuotas pendentes, correspondentes os meses de octubre e novembro cobraranse dentro dos 10 primeiros días do mes de decembro.
As cuotas correspondentes os meses de decembro e xaneiro cobraranse dentro dos 10 primeiros días do mes de xaneiro.
Dende o mes de febreiro ata o mes de xullo, a cuota cobrarase dentro dos 10 primeiros días dos mes correspondente.
El coste será: 20€/mes de octubre a maio e 10€ o mes de xuño.
Para facer efectivos estes cambios, os alumnos que xa teñen praza no autobus no presente curso escolar deberán cubrir e presentar por rexistro o documento que se abxunta de comunicación de datos bancarios.
Proxección da película Tódalas mulleres que coñezo
O Venres 27 de novembro, ás 20h. Proxección da película “TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO” no Auditorio Manuel María de Barbadás, dentro do Programa de actos do 25N.
Tódalas mulleres que coñezo
Xiana do Teixeiro, 2018
Do persoal ao político, as vivencias de mulleres diversas evidencian como de masculinizada e violenta segue a ser a rúa hoxe en día. En tres conversas reveladoras con amigas, colaboradoras e estudantes de secundaria, a directora busca artellar un discurso sobre o medo que non fomente o medo, un discurso sobre a violencia que non resulte violento. Cine directo e horizontal, autocrítica e ruptura do relato. Unha historia de sororidade universal.
Entrada libre con invitación (Recollida de invitacións na Casa da Cultura)
Debido ás restriccións só haberá 30 entradas para cada sesión.
Presentación será dende o día 17 ata o 27 de Novembro de 2020
BASES REGULADORAS DO CONCURSO INFANTIL DE TARXETAS DE NADAL 2020
Destinatarios
Dirixido ás nenas e nenos do Concello de Barbadás, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.
Categorías
Establécense dúas categorías:
Alumnos/as de 1º a 3º de Primaria.
Alumnos/as de 4º a 6º de Primaria.
Normas de participación
As tarxetas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
O tema da tarxeta é o espíritu do Nadal e podrá conter de forma libre calquera aspecto relativo a estas festas, valorárase a orixinalidade e a capacidade creativa.
Estar presentado en cartolina ou papel, tamaño DIN A5 (medio folio normal, 15×21 centímetros).
Lugar e prazo de presentación
As tarxetas poderán presentarse na Casa da Cultura deixándoas no buzón habilitado para tal efecto ou nos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro.
O prazo de presentación será dende o día 17 ata o 27 de Novembro de 2020.
As tarxetas deberán presentarse en sobre pechado con pseudónimo e idade, dirixido a Concellaría de Cultura de Barbadás “Concurso de Tarxetas de Nadal 2020”, e incluindo no interior outro sobre pechado cos datos persoais: nome e apelidos, dirección, idade e nº de teléfono.
Premios
Entregaranse dous premios por cada categoría, consistentes en:
Categoría alumnos/as de 1º a 3º de Primaria:
1º Premio: un puzle 3D e un lote de libros.
2º Premio: un puzle 3D e un lote de libros.
Categoría alumnos/as de 4º a 6º de Primaria:
1º Premio: un altofalante conectable por bluetooth e un lote de libros.
2º Premio: un altofalante conectable por bluetooth e un lote de libros.
O xurado estará composto pola Concelleira de Cultura, coordinador da Casa de Cultura e por un membro do equipo directivo dos CEIP do Concello de Barbadás.
O nome dos gañadores ou gañadoras publicarase na páxina web do Concello de Barbadás (www.barbadas.es) a partir do 30 de novembro de 2020.
Todas as tarxetas presentadas ao concurso serán expostas na sala de exposicións da Casa de Cultura do Concello de Barbadás durante o periodo de Nadal, dende o día 21 de decembro ata o día 7 de xaneiro.
Os premios entregaránse na Casa da Cultura o día 21 de Decembro, coincidindo coa inauguración da exposición de todas as tarxetas presentadas, na Casa de Cultura ás 18 h.
A tarxeta galardoada co 1º Premio de calquera das dúas categorías poderá ser utilizada para o Programa Cultural destas datas, as postais finalistas poderán ser utilizadas para felicitar o Nadal por parte do Concello de Barbadás.
A participación no concurso suporá a aceptación das presentes bases.
A Concellaría de Cultura resérvase o dereito a realizar os cambios que poida considerar necesarios.
Listado provisional de admitidos/as clases de reforzo de inglés ESO
Pago: 29 de outubro - 4 de novembro.
MÉTODO DE PAGO:
O pago farase efectivo, entre o 29 de outubro e o 4 de novembro, unha vez que o/a neno/a sexa admitido na lista provisional de admitidos/as publicada o día 29 de outubro.
Custo: 20€.
Ingreso bancario na conta Nº: ABANCA: ES21 2080 5342 5431 1000 9242
Concepto:”Clases Reforzo ESO” e nome dos/as menores.
Para que se faga efectiva a inscrición do/a neno/a é obrigatorio enviar o xustificante de pago, ata o 4 de novembro, a dirección de correo electrónico: educacion@barbadas.es
O listado definitivo de admitidos será publicado na páxina web do Concello (www.barbadas.es) o día 6 de novembro.
As clases comenzarán o día 9 de novembro nás Instalacións Municipais do Parque da Solaina.
Prazo de inscrición: do 22 ao 28 de outubro de 2020.
Lugar de inscrición:
Sede electrónica do Concello de Barbadás https://barbadas.sedelectronica.gal
No rexistro con cita previa Concello 988360000, Oficinas municipais A Valenzá sede electrónia).
Máis información:
Educación: 988 246885
E-mail: educacion@barbadas.es
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO
Este domingo 25 de Outubro pechamos o FITO cunha actuación espectacular, será coa Compañía Burgalesa ALAUDA que nos trae os espectáculo “INGENII MACHINA”, será no Patio do Colexio Filomena Dato en A Valenzá.
Haberá varios pases:
Ás 12h. – Ás 12:30h. -Ás 13h. – Ás 13:30h.
Ás 16:30h. – Ás 17h. – Ás 17:30h. – Ás 18h. – Ás 18:30h. – e Ás 19h.
Só poderán asistir 20 persoas en cada pase (por orden de chegada), e terán unha duración de 25 minutos, despois procederase a desinfectar ás máquinas.
SIPNOSE:
Espectáculo de animación de rúa de gran tamaño baseado en diversos dispositivos mecánicos, creados coa intención de buscar a interacción lúdica e diversión do público.
Unha marioneta de 5 metros de altura, manipulada polo público, autómatas mecánicos, paneis con diversos mecanismos e engrenaxes, unha pirámide que garda no seu interior un enigma que deberás descubrir, un guindastre con mecanismos e
poleas na que tres xogadores, con máxima colaboración e coordinación, terán que conseguir transportar uns obxectos dentro dun espazo. Todo iso amenizado polo divertido Musicóptero, un triciclo que con só a enerxía xerada polos pedais pon en marcha un organillo.
¡Anímate a participar! ¡O FITO REMATA AQUÍ EN BARBADÁS!
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO
Mañá sábado 17 de outubro, ás 21h.ESTREA da obra “O RARO É QUE BAILAR SEXA RARO” a cargo de ANDREA QUINTANA, será no Auditorio Manuel María de Barbadás (A Valenzá)
SIPNOSE:
Isto vai de ir de cámping ao teu corpo, de montar unha festa no interior. De escoitar o fluxo do sangue. Bailar dende aí, cos xeonllos flexibles, accesibles. De mover o aire, desordenalo todo e seguir bailando.
De facerse residente do teu corpo, de estar e deixar de estar á vez. De permanecer no tránsito e ocupar ese espazo. Isto vai de bailar bailando.
Esta bailarina non ten trucos de maxia preparados. O seu material coreográfico é basto e ás veces incompresible, fracasa nos xiros coa perna esquerda. Esta bailarina nunca quixo ser Giselle.
Con todas nós:
un corpo en rebelión, atravesado,
sublevado,
a bailarina non normativa,
a bailarina faquir,
a taumaturga,
a subalterna.
Esta é unha peza autobiográfica sen biografía, unha lea de identidades, un trampantojo dramatúrxico. Unha peza participada na que ninguén participa.
Debido ás restriccións só haberá 30 entradas para cada sesión.
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO
Hoxe venres 16 de outubro, ás 21h. no Auditorio Manuel María de Barbadás, actuación de CÁMARA NEGRA que nos presenta a montaxe “SI ESTO ES UN HOMBRE”
Sinopse:
En 1944, Primo Levi foi deportado a Auschwitz. Tiña 24 anos. Durante a súa estancia no campo, empezou a escribir “Se isto é un home”, o relato dos dez meses que estivo prisioneiro.
En 2020 (76 anos despois), un actor entra nun escenario e enfróntase ao reto de revivir a experiencia de Levi, para tentar así comprender (se é que é posible) que foi Auschwitz e que supón para nós, espectadores do Século XXI, que existise ese lugar en plena Europa de mediados do século pasado.
Unha viaxe cara ao lado máis escuro do ser humano e do noso mundo contemporáneo.
Debido ás restriccións só haberá 30 entradas para cada sesión.
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO
Hoxe xoves 15 de outubro no Auditorio da Casa da Cultura Manuel María, actuación de O MONO HABITADO coa obra “BENDITAS”
Faranse tres pases: ás 19h. ás 20h. e ás 21h.
SIPNOSE:
Unhas pastoras atópanse no campo cos seus rabaños cando teñen, ou cren ter, unha aparición mariana. Dúas mulleres e un resplandor derivan nunha conversa sobre o humano e o divino que pasará polo reproche pero tamén pola comprensión e camaradería. Un delirio entre pulgas e milagres. Benditas xorde do desexo de reflexionar como artistas sobre determinados temas e de converter esa relexión nun diálogo co público. A través da comicidade propón unha mirada crítica sobre os modelos femininos que a relixión leva sosteñendo ao longo da historia. Máis de 2000 anos de figuras sumisas, sometidas, invisibilizadas, asociadas ao pecado e valoradas como sufridoras e mártires, algo ten que ter deixado no noso incosnciente.
Benditas é a terceira produción da compañía afincada en Vitoria-Gasteiz.
Debido ás restriccións só haberá 30 entradas para cada sesión.
CAMBIO DE UBICACIÓN DO ESPECTÁCULO DO MONO HABITADO
Mañá mércores 14 de outubro comenzamos o Fito, POR MOTIVOS ALLEOS Á ORGANIZACIÓN, temos que cambiar a ubicación do grupo O MONO HABITADO, pasando a realizarse no Pabillón do Colexio Filomena Dato.
Será ás 19h. e con aforo limitado (75 prazas) por orden de chegado ó Pabillón.
SIPNOSE:
Neste espectáculo sen texto dúas naves interestelares circulan polas rúas sorprendendo aos viandantes. Prodúcese un choque e en plena discusión descóbrese que un dos astronautas é un simio. Unha visión re- evolucionaria en clave de humor da carreira espacial que poñerá en dúbida as teorías de Darwin. Será difícil saber quen é a evolución de quen… Unha comedia espacial na que
o público se converte en cómplice destes inxenuos viaxeiros do espazo-tempo. Un aloucado encontro galáctico de individuos diferentes. Partindo do humor faise unha homenaxe ás seires, cómics e películas de ciencia ficción que alá polo anos 70 nos
amosaban como ía a ser o futuro.- A primeira referenciua evidente é “O planeta dos simios”, pero tamén están “Viaxe á lúa” ou “Encontros na terceira fasse”. O resultado é unha comedia espazial, un aluado pic-nic galáctico, no que o público sentirase cómplice coa inxenuidade destos viaxeiros do espazo e do tempo.
Teatro de rúa.
Aforo reducido pola COVID
¿Participa e disfruta do FITO! Por unha cultura SEGURA.
Festival Internacional de Teatro de Ourense – FITO
Este ano o Concello de Barbadás súmase á iniciativa do FITO e vai participar neste importante Festival.
A pesar dos problemas plantexados pola COVID o Festival vai continuar e mandamos a Programación tanto de Ourense como en especial a de Barbadás.
A tod@s os interesad@s dicirvos que por culpa da pandemia haberá restriccións nos aforos dos espectáculos tanto de rúa como de interior no Auditorio da Casa da Cultura, e que estedes atent@s para poder participar.
O Concello oferta clases gratuitas de reforzo escolar de inglés para alumnos/as de primaria.
Prazas limitadas.
Prazo de inscrición: do 24 ao 30 de setembro de 2020.
Lugar inscrición:
-Sede electrónica do Concello de Barbadás https://barbadas.sedelectronica.gal
– No rexistro con cita previa Concello 988360000, Oficinas municipais A Valenzá sede electrónica).
O Programa Cultural de Verán do Concello de Barbadás “E NO VERÁN…? REFRÉSCATE COA CULTURA”, finaliza esta semana con dous eventos, o XOVES 3 DE SETEMBRO con unha proxección de cinema e o DOMINGO 6 DE SETEMBRO cun espectáculo teatral para os máis pequen@s.
DOMINGO 6 DE SETEMBRO, ÁS 20H. no Parque dos Patos de A Valenzá, actuación do Grupo REDRUM TEATRO, que nos presenta o espectáculo “A nena que quería navegar”
Sinopse:
A Nena farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser único e especial e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.
A Nena que Quería Navegar é unha comedia para público familiar que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima. Un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo.
Xénero: Teatro Familiar / Comedia Musical 50′
Organiza: Concellaría de Cultura
Patrocina: Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia
Proxección da película YERTERDAY no Programa de Verán
XOVES 3 DE SETEMBRO ÁS 21H. no Parque dos Patos de A Valenzá, proxección da película YESTERDAY
Sinopse:
Jack Malik é un cantautor británico que soña coa fama e conta co apoio incondicional da súa amiga Ellie. Tras un accidente, Jack dase conta que é a única persoa que pode recordar aos Beatles.
Xoves 27 de Agosto, ás 21h. no Parque dos Patos en A Valenzá, actuación do grupo teatral SARABELA TEATRO co espectáculo “Crónicas do Paraíso”, este espectáculo forma parte da Rede REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense) que este ano excepcionalmente poden programarse espectáculos na rúa por culpa do Coronavirus.
Sinopse:
Madame de Nancy, Clarina e Xan Dorne viaxan cara ao funeral de Madame de Quelven acompañados polo clérigo Sochantre. Durante a noite que pasan xuntos confúndese a morte coa vida e o drama coa comedia.
O funeral de Madame de Quelven contextualiza un universo viaxeiro poboado por bandidos, armas, sexo, diñeiro e sangue. Ao ritmo do blues o crime compensa, porque o diñeiro compra todo, incluso a propia morte. Nas “Crónicas do Paraíso” ninguén morre, quizais porque estean todos mortos ou porque o verdadeiro bandido, o poderoso, o socialmente envexado, ese, siga eternamente vivo. Descubrimos que todos son culpables criminosos protexidos, integrados e admirados por unha realidade social que exalta a beatitude do poder económico.
A forza do capital, da igrexa e do negocio escuro colocan aos personaxes nunha situación irónica entre vida e morte na que a eternidade acaba por afirmarse como a máis pura recompensa da impunidade xudicial.
Xénero: Teatro
Público: Todos os públicos.
Organiza: Concellaría de Cultura e REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense)
A Concellería de Educación comunica a suspensión do programa Bos Días Cole e Actividades Extraescolares.
A decisión tómase despois das consultas realizadas coa comunidade educativa e debido a imposibilidade de adoptar as medidas necesarias co obxetivo de protexer a saude do alumnado e profesionais a cargo das mesmas, nestes momentos de crise sanitaria.
O xoves 20 de Agosto, ás 21h. actuación musical do SONORO MAXÍN co espectáculo “De navallas e cumbias” no Parque dos Patos (A Valenzá) dentro do Programa de Verán e da REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense)
NOTA: ESTAMOS PENDIENTES DA PRVISIÓN DO TEMPO, SE CHOVE CANCELAREMOS A ACTUACIÓN E INFORMARASE DA NOVA DATA.
Sinopse do Espectáculo:
Nestes tempos tan ingratos cómpre ter a man unha navalla ben afiada. A nosa navalla é a canción. Tamén o baile.O Sonoro Maxín comeza, como unha tarazana, un camiño de ida e volta para compartir, a través da súa música, os momentos e os lugares nos que naceu, creceu e amou. Reclamando un espazo para poder bailar mellor. Reivindicando a música como unha arma de construción masiva. A pedra está amolando as nosas cancións, deixándoas ben xeitosas para partir polo medio a intolerancia que nos está a invadir. Esperta o coitelo do seu soño. Saca a túa navalla preferida. Déixanos acompañarte a darlle unha tallada a esta verbena mundial na que vivimos.
Este xoves 13 de Agosto, ás 21h., unha nova actuación no Programa de Verán do Concello, trátase do Grupo de Teatro INVENTI co espectáculo “A tropa do doutor Milagre”, será no Parque dos Patos de A Valenzá.
Sinopse:
Un explosivo espectáculo de teatro de rúa onde maiores e pequenos poderán probar de primeira man os “efectivos” produtos do Doutor Milagre. Non ten pelo? Alopecia? Síntese débil e decaído? Sen apetito… de ningún tipo? Probe os produtos do Doutor Milagre: Espumosos xampús, elixires fertilizantes ou inxeccións máxicas… Proximamente a súa vila encherase de diversión e alegría coa chegada do Expreso do Doutor Milagre. Agoniado polas débedas e impulsado por unha necesidade imperiosa de facer fortuna este atolado médico/inventor toma unha arriscada decisión: Facerse con un autobús abandonado para convertelo nun autentico show de venta ambulante. Para esta aventura estará acompañado do seu fiel axudante, o pequeno Miñoca e a exuberante Madame Bobarí. Música, improvisación, xogo, baile, diversión, comedia, maxia e moito máis neste delirante espectáculo de rúa.
O Xoves 6 de Agosto, ás 21h., nova actuación do Programa de Verán do Concello, trátase do Grupo GHAZAFELHOS que nos presenta o espectáculo “Acuario” será no Parque dos Patos de A Valenzá.
Sinopse:
Acuario está baseado no libro de poemas de María Canosa que leva o mesmo título. O seu obxectivo é que a xente miúda da casa se achegue á poesía en lingua galega á vez que aprende os nomes dos peixes e descobre a riqueza biolóxica (e gastronómica) do noso litoral. Todo isto faise dun xeito ameno e divertido grazas á presenza dos vistosos monicreques, dos actores que lle imprimen humor e dinamismo á actividade, da música e dunha escenografía sinxela e á vez atractiva. Acuario é un conxunto de versos doados e musicais que en ningún momento esquecen o seu propósito didáctico: Amosar a maxia do noso patrimonio lingüístico…e mariño.
Teatro actoral | Público infantil e familiar (+5) |60 min
Continúa avanzando o Programa de Verán do Concello, neste ocasión contamos co Grupo PÍSCORE que nos presenta o espectáculo “Concerto Con Fusión”, será o xoves 30 de Xullo ás 21h., no Parque dos Patos (A Valenzá)
Sinopse:
Mantendo a anterior e exitosa líña de traballo marcada pola compañía, nesta produción (con)fusionamos música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. Cunha marimba como eixo principal do espectáculo, Concerto con Fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos, como música latina, rock & roll, reggae, pop ou música disco.
Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao palco cos seu instrumentos. O descubrimento dunha marimba e de todas as súas posibilidades fai que o que podería ser un desastre se convirta nun divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Entre partituras, atrís e baquetas, os catro protagonistas van descubrindo, pouco a pouco, tema a tema, que teñen un pasado en común e unha incrible querenza por facer músicas (con)fusionando estilos.
Público: Todos os públicos / 55 min. / Tipo espectáculo: Familiar
Convocatorio de subvencións a asociacións e entidades culturais do Concello de Barbadás para o ano 2020
Aberto o prazo de para a solicitude de subvencións a asociacións e entidades culturais debidamente rexistradas no Concello de Barbadás para a realización de actividades culturais durante o ano 2020.
O Xoves 23 de Xullo, ás 21h., unha nova actuación con MUU e o seu espectáculo “Crunch” continuando co Programa de Verán do Concello, será no Parque dos Patos (A Valenzá)
Onde están cando se lles necesita? É unha pregunta que adoitamos facernos sobre as nosas amizades, a clase política, a familia… algunha vez eles fallan, pero os superheroes sempre estarán alí para coidarte. Dous superheroes que están dispostos a todo para axudar, aínda que as cousas non saian sempre como queren. Os seus problemas son os teus problemas, coa crise, aconciliación laboral e familiar faise difícil incluso para eles. No fondo todas as persoas somos superheroes. Crunch! é un espectáculo de novo circo, de vellos amigos, de clown, de malabares diarios para chegar a fin de mes, de saltos mortais, de golpes e caídas coas que aprendemos e saímos adiante, e sobre todo de risas, que é o máis necesario. Ti non os ves, pero eles estante mirando.