Axudas Xunta de Galicia para outras actividades pechadas diferentes da hostalería
O Diario Oficial da Xunta de Galicia publicou o martes 23 de febreiro a Orde do 22 de febreiro de 2021 pola que se establecen as basesreguladoras do Programa II Outras actividades pechadas e se procede á súa convocatoria para 2021. Programa II (código de procedemento TR500D).
Programa de apoio o sector da hostalería – Xunta de Galicia
O Diario Oficial de Galicia publica no día de hoxe, martes 23 de febreiro a Orde da Consellería de Emprego e Igualdade do 22 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I Hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría, e se
procede á súa convocatoria para 2021. Programa I (código de procedemento
TR500C).
Manuel Morales é parte da historia deportiva deste concello,
CONTENT.1614671035
18/02/2021
II Plan de rescate para autónomos e microempresas – Xunta de Galicia
O DOG de hoxe xoves 18 de febreiro de 2021, publica a ORDE do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19, mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A), susceptible de ser financiado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.
Manuel Morales é parte da historia deportiva deste concello,
CONTENT.1614671035
17/02/2021
Consulta da prestación por desemprego
O SEPE publicou unha guía rápida para consultar o estado da prestación por desemprego a través da SEDE ELECTRÓNICA do Servicio Público de Emprego Estatal SEPE.
Manuel Morales é parte da historia deportiva deste concello,
CONTENT.1614671035
17/02/2021
2º Plan de rescate dirixido a persoas traballadoras autónomas e microempresas
ADelegacion Territorial da Xunta de Galicia en Ourense organiza un Webinar específico o xoves 18 de febreiro ás 13.00 horas, para informar da orde de axudas do 2º plan de rescate destinado ás persoas autónomas traballadoras e microempresas.
Para poder asistir, deberá rexistrarse , a través da plataforma para videoconferencias da Xunta de Galicia, Cisco Webex.
Unha vez rexistrado, chegaralle un correo electrónico automático confirmando a inscrición, facilitándoselle a ligazón de acceso ao webinar.
Se teñen algún problema para realizar a conexión poderán dirixirse por correo electrónico ao enderezo: cau-videoconferencias@xunta.gal
Bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para 2021 en réxime de concorrencia competitiva (Galicia emprende) (código de procedemento IG406F).
Primeiro. Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios destas axudas os/as autónomos/as e as pequenas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 que realicen unha actividade económica e teñan menos de 42 meses de antigüidade de alta na actividade na data da solicitude da axuda, segundo se establece no artigo 1 das bases reguladoras.
Enténdense incluídas as sociedades mercantís, cooperativas, asociacións e outras entidades con personalidade xurídica propia e as sociedades civís, comunidades de bens e outras entidades sen personalidade xurídica propia, sempre que conten con NIF e a súa constitución estea documentada e presentada a autoliquidación do imposto de actos xurídicos documentados.
No caso de entidades, con ou sen personalidade xurídica, a maioría do capital social ou das participacións ten que ser propiedade de persoas emprendedoras, é dicir, que non tivesen actividade económica previa ou esta sexa inferior a 42 meses na data da solicitude, agás os supostos de reemprendemento.
2. No caso de que a entidade que vai desenvolver o proxecto emprendedor non estea aínda constituída, a solicitude de axuda poderá presentarse a nome dunha persoa física. Se a axuda se concedese, o/a beneficiario/a deberá solicitar o cambio de titularidade do expediente a favor da entidade creada xuntando os documentos da súa constitución, que deberá axustarse aos requirimentos destas bases, e no documento de constitución deberá constar expresamente a asunción dos dereitos e obrigas derivados da concesión da axuda por parte da nova entidade.
3. Nos supostos de sucesión de empresa, considerarase actividade emprendedora a realización da actividade empresarial por parte da persoa ou entidade sucesora inter vivos ou mortis causa, sempre que cumpra os requisitos establecidos nestas bases para ser considerada persoa emprendedora. Nestes casos, os 42 meses de antigüidade contarán desde a asunción efectiva da actividade empresarial por parte da persoa ou entidade sucesora, o que deberá acreditar documentalmente o/a solicitante.
Segundo. Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto estimular e impulsar a recuperación do tecido empresarial na Comunidade Autónoma, especialmente tras a negativa influencia socioeconómica da crise do coronavirus, cara a fomentar o desenvolvemento equilibrado do territorio galego e favorecer a creación de emprego a través da creación de empresas por parte de novos emprendedores. O Igape desenvolve este sistema de apoio a proxectos de ata 400.000 € de axuda. Con este programa de axudas preténdese favorecer tamén o reemprendemento e a cooperación interempresarial nas cuestións relacionadas coa xestión, distribución e loxística dos produtos e servizos, tanto na oferta como na demanda.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 17 de decembro de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para 2021 en réxime de concorrencia competitiva (Galicia emprende) (código de procedemento IG406F)
Cuarto. Importe
O crédito dispoñible para a concesión nesta convocatoria aboarase con cargo á aplicación orzamentaria 06.A1.741A.770.4 por un importe de 500.000 € con cargo ao ano 2021 e de 4.500.000 € para o ano 2022.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará transcorridos 45 días naturais.
Esta convocatoria de axudas ten dous programas:
– Programa I microempresas: axudas as microempresas, persoas traballadoras autónomas con persoal a cargo e negocios de sectores especialmente paralizados. Este programa
ten carácter plurianual e está financiado con 37.000.000 €, con cargo aos fondos finalistas
e propios , dentro dos cales 2.000.000 € están reservados a aquelas pemes pertencentes
a sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada.
– Programa II hostalaría: axudas ao sector da hostalaría cun orzamento de 17.000.000 €,
con cargo aos fondos finalistas e propios do Estado e fondos propios.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ( publicadas o 27 de novembro de 2020), cumprindo o disposto no artigo 29 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que establece un período mínimo dun mes.
Calendario laboral da provincia de Ourense para o ano 2021 -Barbadás
Calendario laboral da provincia de Ourense para o ano 2021
Decláranse inhábiles para o ano 2021, para os efectos laborais
retribuídos e non recuperables; ademais das festas de ámbito
estatal que se sinalan para o ano 2021 (BOE núm. 280, do 2 de
novembro de 2020) e as festas laborais propias da Comunidade
Autónoma de Galicia (DOG nº 198, do 30 de setembro de 2020)
tamén, e dentro dos respectivos termos municipais, as festas
laborais de carácter local para o ano 2021, seguintes:
Barbadás: 16 de febreiro, Martes de Entroido. 11 de novembro, San Martiño.
O Centro Empresarial Transfronteirizo oferta o seu último niño empresarial
O Centro Empresarial Transfronteirizo oferta o seu último niño empresarial.
Se te decides a emprender, ou tes unha idea e queres poñela en marcha, en Barbadás tes a oportunidade de instalarte nun niño empresarial e dar forma os teus proxectos.
Máis información no 988 360 413 ou no cet@barbadas.es
Corrección de erros “Programa de Axudas a creación de empresas 2020”
Advertidos erros na publicación das bases reguladoras do Programa de axudas municipais para a creación de empresas do Concello de Barbadás, (BOP n.º 185, do 13 de agosto de 2020)
Na páxina 14 (galego e castelán) no punto quinto, onde di: “… que iniciasen a súa actividade entre o 1 de novembro de 2019 e o 30 de setembro de 2020…” debe dicir: “entre o 1 de outubro de 2019 e o 30 de setembro de 2020…”
Campaña de bonos “ReVive os comercios de Barbadás”
O Concello de Barbadás pon en marcha a campaña de dinamización comercial “ReVive os comercios de Barbadás”
Poderán participar os comercios polo miúdo situados no municipio de Barbadás. Todos os comercios que queiran participar deberán encher o formulario de inscrición e envialo por correo electrónico ao cet@barbadas.es
O prazo de inscrición será dende o 7 e ata o 10 de setembro.
O venres día 11 de setembro ás 09.15 hs terá lugar unha reunión no Centro empresarial transfronteirizo de Barbadás,cós comerciantes, para explicarlles o funcionamento da campaña.
A campaña constará de mil bonos de desconto, por valor cada un deles de 10 euros para utilizar como desconto en compras superiores ou iguais a 30 euros nos establecementos de Barbadás adheridos á campaña. A campaña realizarase entre o 15 de setembro e o 30 de setembro de 2020 (ou ata que se troquen os mil bonos postos en circulación).
Os bonos estarán a disposición das persoas empadroadas no concello de Barbadás dende o día 15 e ata o día 30 de setembro, a través da páxina comerciobarbadasrevive.es, onde os poderán descargar para trocar nas compras nos comercios locais.
Convocatoria do Programa de axudas municipais para a creación de empresas
Publicación da convocatoria do PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS no ámbito do Concello de Barbadás coa finalidade de colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no municipio apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais.
Data límite de solicitude: 30 de setembro de 2020 ou ata esgotamento de crédito.
Manuel Morales é parte da historia deportiva deste concello,
CONTENT.1614671035
12/08/2020
Subvencións para o impulso da comercialización dixital
O Diario Oficial de Galicia publica a Orde do 30 de xullo de 2020 da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o impulso da comercialización dixital, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.
Manuel Morales é parte da historia deportiva deste concello,
CONTENT.1614671035
10/08/2020
Punto de consulta de Axudas COVID-Deputación de Ourense e Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia
A Deputación de Ourense e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), axudan a Ourense na transformación dixital dos negocios e das empresas.
AxudasCOVID é un punto de consulta de liñas de axuda, subvencións e financiamento.
Por unha banda as empresas, especialmente as que non pertencen ó sector tecnolóxico, poderán consultar as convocatorias públicas de financiamento. Por outra banda, gracias ó Cluster TIC de Galicia, haberá un catálogo das empresas galegas das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) de prestadores de servizos.
Neste formulario de contacto poden enviarse as consultas que se desexe plantexar , este servizo é gratuito.
Na web https://axudascovid.cpeig.gal/ pódense consultar todas as axudas.
IG281 – REACTIVA SERVIZOS SEGUROS – GARANTIR A SEGURIDADE LABORAL E XERAR CONFIANZA NO CONSUMIDOR
O obxecto das axudas reguladas nestas bases é contribuír a xerar confianza nos consumidores mediante a adopción de medidas para crear espazos seguros, e introducir cambios nas prácticas empresariais que faciliten unha adecuada reactivación das actividades económicas tras o confinamento consecuencia da crise sanitaria provocada polo COVID19.
IG280 – REACTIVA TURISMO – GARANTIR A SEGURIDADE LABORAL E XERAR CONFIANZA NO CONSUMIDOR
O obxecto das axudas reguladas nestas bases é contribuír a xerar confianza nos consumidores mediante a adopción de medidas para crear espazos seguros, e introducir cambios nas prácticas empresariais que faciliten unha adecuada reactivación das actividades económicas tras o confinamento consecuencia da crise sanitaria provocada polo COVID19.
IG279 – REACTIVA COMERCIO SEGURO
Axudas aos proxectos dos comercios ao retallo galegos para contribuír á reactivación do comercio galego garantindo a seguridade laboral e a xeración de confianza no consumidor e convocar para o ano 2020 as ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva.
Manuel Morales é parte da historia deportiva deste concello,
CONTENT.1614671035
07/07/2020
Axudas programa Emega emprendemento feminino
O Diario Oficial de Galicia publica unha resolución da Secretaría Xeral da Igualdade, pola
que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega
para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo
Fondo Social Europeo.
Manuel Morales é parte da historia deportiva deste concello,
CONTENT.1614671035
06/07/2020
Cheques autónomo “seguimos adiante” Xunta de Galicia
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica no día de hoxe a convocatoria do Cheque Autónomo Seguimos Adiante.
A medida conta cun orzamento de 16 millóns de euros e ofrecerá financiamento do 100%, ata un límite de 1800 euros, do custo de determinados gastos correntes, como loxística e transporte de envíos (ata 3€ por envío); o pago por estar nunha plataforma de e-commerce local; o pago por licenza de uso de software de venda online; promoción en redes sociais; gastos correntes de seguridade motivados pola covid-19, entre os que se encontran os gastos en máscaras, guantes, desinfectante, limpeza, biombos e asesoramento en prevención de riscos laborais; e os gastos de subministracións e telecomunicacións. Estas axudas prevén anticipos do 100% e cubrirán os gastos realizados desde a declaración do estado de alarma ata o 31 de decembro do ano 2020
Axudas a traballadores e empresas afectadas por ERTE
O Diario Oficial de Galicia publica as bases reguladoras das axudas destinadas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ás persoas traballadoras e ás empresas afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego de suspensión de contratos ou redución da xornada para favorecer o mantemento do emprego ante flutuacións da economía, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de outubro de 2020.
O xoves 2 de xullo ás 20.30 hs nas instalacións municipais de A Solaina terá lugar unha xornada informativa sobre os cheques de dixitalización.
Estas axudas do IGAPE son destinadas a proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada polo COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais.
Son subvencións a fondo perdido en réxime de minimis e que se resolven polo procedemento de concorrencia non competitiva.
No camiño de reactivación do sector turístico ante a crise sanitaria da COVID-19, a Xunta e o sector turístico traballan no programa Galicia, destino seguro.
Para resolver dúbidas do sector turístico en materia de seguridade sanitaria a Xunta habilitou:
O teléfono gratuíto 900 815 334, dispoñible en horario de luns a venres de 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas
O enderezo electrónico: info-galiciadestinoseguro@xunta.gal
Manuel Morales é parte da historia deportiva deste concello,
CONTENT.1614671035
17/06/2020
Axudas á contratación de traballadores na modalidade de remuda
A Orde do 4 de xuño de 2020 da Consellería de Economía, Emprego e Industria establece as bases reguladoras do Programa de axudas para a contratación de persoas traballadoras remudistas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.
Manuel Morales é parte da historia deportiva deste concello,
CONTENT.1614671035
15/06/2020
Medidas de prevención para a nova normalidade – Xunta de Galicia
A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, publica o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.
Manuel Morales é parte da historia deportiva deste concello,
CONTENT.1614671035
12/06/2020
Axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada polo COVID-19
Estas axudas son destinadas a proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada polo COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais.
Son subvencións a fondo perdido en réxime de minimis e que se resolven polo procedemento de concorrencia non competitiva.
Manuel Morales é parte da historia deportiva deste concello,
CONTENT.1614671035
12/06/2020
Formación dixital da Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia pon en marcha, dentro do Plan de reactivación económica, un paquete de formación dixital para mellorar os coñecementos e habilidades de 2000 persoas no que se inclúe un programa para autónomos, outro para formadores, unha liña para menores de 30 anos sen emprego e un ciclo de obradoiros.
1) Autónomos dixitais
Programa formativo que pretende reforzar o tecido produtivo galego facilitando a 1200 alumnos o desenvolvemento de competencias en comercio electrónico e novas canles online co obxectivo de mellorar tanto a comunicación cos clientes como o coñecemento dos seus produtos e servizos. O programa, que xa está en marcha cos primeiros 160 participantes, ofrece dúas accións formativas online de 50 horas lectivas cada unha centradas na mellora de habilidades no eido da xestión loxística, o márketing, a venda online e a creación de tendas virtuais. En concreto, Fundamentos para a creación dun proxecto de comercio electrónico e Especialista en e-commerce. As persoas que realizan unha actividade económica por conta propia interesadas nestes cursos poden solicitar a súa praza cubrindo un formulario web na páxina https://www.autonomosdixitais.com. O último curso comezará o 23 de xullo.
2)Formadores dixitais
Programa de formación online destinado a docentes e formadores para que adquiran coñecementos nas técnicas e métodos para impartir formación online. Destinado a 100 persoas, preferentemente docentes de formación profesional para o emprego, os interesados poderán realizar a súa inscrición ata o 14 de xuño a través dun formulario web na páxina http://www.formadoresdixitais.com e as clases comezarán o 17 de xuño. Os alumnos recibirán 50 horas de formación e poderán acceder a diferentes recursos, foros e un proxecto titorizado.
3)Impulso da empregabilidade
Permitirá mellorar a empregabilidade dos menores de 30 anos en situación de desemprego nos últimos tres meses. O obxectivo é ofrecer formación e capacitación para incrementar as súas habilidades á hora de atopar un emprego. Celebraranse un total de cinco edicións de 20 alumnos cada unha en formato online que incluirán sesións grupais pero tamén sesións individuais de coaching. En total, ofrécense máis de 55 horas de formación.
4)Pon Rumbo
Obradoiros virtuais con capacidade para 500 personas que se completa con sesións de coaching individual para os 20 alumnos que reúnan os requisitos exixidos no programa. Cunha duración de 50 horas ao longo de tres semanas, traballarase en nove competencias: a análise, o traballo en equipo, a creatividade, a xestión emocional, a capacidade resolutiva, a comunicación, a conexión, a actualización e a organización para aplicar tanto no traballo e no teletraballo como na busca de oportunidades. Está dirixido a persoas en situación de desemprego, emprendedoras e autónomas. O obxectivo é comezar o 15 de xuño.
Convocatoria de subvencións da Deputación de Ourense para Pemes e autónomos
O Boletín Oficial da Provincia de Ourense publica no día de hoxe unha convocatoria de subvencións da Deputación de Ourense.
Estas liñas de axudas están dirixidas a Pemes e traballadores autónomos dos concellos de menos de 20.000 habitantes que se visen afectados pola crise do Covid-19.
SUBVENCIÓN TRABALLADORES AUTONOMOS
Esta axuda será compatible con calquer outra.
Para traballadores autónomos, incluídos no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou no Sistema Especial para traballadores por Conta Propia Agrarios e que figuren dados de alta no Imposto de Actividades Económicas. Non poderá ser beneficiarios os traballadores autónomos colaboradores
Exercer unha actividade económica con carácter empresarial, profesional ou artística por conta propia nun municipio de Ourense con poboación inferior a 20.000 habitantes.
Ter recoñecida a prestación extraordinaria por cese de actividade prevista no artigo 17 do RD Lei 8/2020 de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias fronte ao impacto económico e social do COVID 19, ou ben por unha perda do 75% ou máis da súa facturación respecto do semestre anterior.
Recibirán un pago único dunha contía fixa e igual para todos de 600€.
As solicitudes presentaránse no Rexistro da Deputación de forma presencial ou telemático, nun prazo de 20 días hábiles a partir do seguinte a publicación no BOP, ainda que toda a tramitación e notificación serán electrónicas.
Documentación a presentar:
o Formulario normalizado a disposición na web da Deputación.
o Copia resolución recoñecemento prestación por cese actividade.
o Certificación situación censal expedida por Axencia Estatal Tributaria posterior a 31/12/2019 na que se indique actividade e domicilio.
o Certificado titularidade conta corrente para ingreso subvención.
o Copia poder representación interesado no caso de que se presente a través representante.
SUBVENCIÓN A PEQUENAS EMPRESAS
Esta axuda será compatible con calquer outra.
Para persoas físicas ou xurídicas ou entidades sen personalidade xurídica que exerzan actividade económica nun municipio da provincia de menos de 20.000 habitantes con alta no Imposto de Actividades Económicas, ter menos de dez traballadores a data 14/03/2020 e no exercicio 2019 unha facturación anual a efectos de IVE inferior a un millón de euros. Tamén que a actividade económica realizada non se vise afectada polo peche obrigatorio durante o estado de alarma e a súa facturación a efectos de IVE entre 14/03/2020 e 30/04/2020 se vise reducida nun 50% respecto a media de 2019.
A subvención será idéntica na súa contía para todos os solicitantes e determinarase logo de pechar prazo de presentación solicitudes, dividindo o crédito (550.000€) entre as solicitudes con dereito a subvención e nunca poderá exceder de 1.000€.
As solicitudes presentaranse no Rexistro da Deputación de forma presencial ou telemático, nun prazo de 20 días hábiles a partir do seguinte a publicación no BOP.
Documentación a presentar:
o Formulario normalizado a disposición na web da Deputación.
Manuel Morales é parte da historia deportiva deste concello,
CONTENT.1614671035
04/05/2020
Condicións de apertura ao público de comercios e servizos
O Boletín Oficial do Estado o domingo día 3 de maio publicou a orde do Ministerio de Sanidade pola que se establecen as condicións de apertura ao público de determinados comercios e servizos, a apertura de arquivos , así como a práctica do deporte profesional e federado.
A Concellería de promoción económica, pon en marcha unhas xornadas informativas dirixidas a empresarios, autónomos , comerciantes e desempregados sobre lexislación, axudas, trámites e resolución de dúbidas.
Serán online e a través dos seguintes links de acceso:
-Para empresarios, autónomos e comerciantes .O xoves 7 de maio , de 18.00 a 20.00 horas
Programa BenOurense ComercioOu, subvencións de emerxencia social polo COVID-19
O Boletín Oficial da Provincia de Ourense, recolle as bases do Programa BenOurense ComercioOu que pon en marcha a Deputación Provincial de Ourense.Este Programa consiste en subvencións a persoas físicas que estean en situación de vulnerabilidade social ou económica sobrevida ou acentuada como consecuencia da pandemia
do COVID-19 e precisen atender as súas necesidades
máis básicas e inmediatas.
O procedemento de concesión das subvencións é o de concorrencia
non competitiva.
A Xunta crea unha canle de comercialización de produtos agrogandeiros de proximidade
A Consellería de Medio Rural pon en funcionamento unha canle alternativa para a comercialización de produtos agrogandeiros de proximidade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia co fin de facer fronte á perda de ingresos de persoas agricultoras e gandeiras do sector primario con motivo da entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, que decreta a suspensión da apertura dos equipamentos e actividades de hostalaría e restauración e que, xunto coa prohibición da realización de mercados tradicionais nos concellos de Galicia establecida no artigo 2.1 da Orde da Consellería do Medio Rural do 23 de marzo de 2020, supoñen a imposibilidade de empregar esas canles habituais para a comercialización deses produtos.
A canle alternativa funcionará mediante a posta en contacto por parte da Consellería do Medio Rural dos agricultores, gandeiros e industrias de transformación de produtos agrogandeiros que se adhiran a ela cos establecementos de comercialización a que se refire a orde.
A rede recibe o nome de Mercaproximidade e a súa instrumentación e funcionamento será a través da páxina web da Consellería do Medio Rural e do correo eléctronico previsto na seguinte orde.
Permíteselles aos autónomos e as pemes aprazar as declaracións de impostos de mes de abril para mitigar o impacto económico provocado pola crise do COVID- 19
O prazo de presentación de solicitudes da liña «Préstamos avalados para apoiar pemes e autónomos no contexto do actual brote do COVID-19» comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:
a) Que, conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 32 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro).
Regulación do permiso retribuido recuperable para traballadores de actividades non esenciais
O Boletín Oficial de Estado publica o domingo 29 de marzo o Real Decreto-lei 10/2020, de 29 de marzo, que regula un permiso retribuido recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais, có fin de reducir a movilidade da poboación no contexto da loita contra o COVID-19.
Debido á situación de emerxencia sanitaria, as oficinas do SEPE non atenden ao público , pero seguen traballando dende elas para tramitar as solicitudes que reciben.
Anexamos un comunicado do día 26 de marzo do SEPE onde se detalla como se fai a atención e os procedementos que se seguen en cada un dos casos.
O Consello de Ministros, na súa reunión do día 24 de marzo de 2020, adoptou un Acordo polo que se aproban as características do primeiro tramo da línea de avales do ICO para empresas e autónomos, para paliar os efectos económicos do COVID-19.
Medidas urxentes de Emprego Galicia para minimizar o impacto do COVID-19
Ao abeiro do Plan territorial de emerxencias da Xunta de Galicia e do estado de alarma decretado a nivel estatal, Emprego Galicia, en coordinación co Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE), acordou as seguintes medidas:
As oficinas de emprego permancerán pechadas ao público.
NON será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril de 2020.
Se tes que realizar algún trámite urxente na túa demanda de emprego, poderás facelo chamando a túa oficina de emprego ou ao 012.
Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral.
Quedan aprazadas, mentres dure a suspensión das actividades educativas, as accións de formación profesional para o emprego xestionadas ou financiadas pola Xunta de Galicia, os obradoiros de emprego e os programas integrados de emprego.
Habilitaranse canles para a recuperación da demanda daquelas persoas inscritas con anterioridade ou para facilitar, no seu caso, a inscrición inicial.
Ademais, cómpre ter en conta que, no que se refire ás Oficinas de Prestacións dependentes do SEPE:
NON se terán en conta os prazos actualmente establecidos para solicitar a prestación ou subsidio. É dicir, o teu dereito á prestación ou subsidio queda plenamente asegurado sen ter que cumprir o prazo habitual para solicitalos.
NON se esixirá a acreditación da busca activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.
En calquera caso, dende Emprego Galicia irase actualizando toda esta información á medida que se desenvolva o dito plan autonómico.
Manuel Morales é parte da historia deportiva deste concello,
CONTENT.1614671035
28/02/2020
Charla ” A imaxe das mulleres nas redes sociais”
Con motivo das celebracións do 8M, o xoves día 5 de marzo ás 19.00 h, vai a ter lugar nas instalacións municipais de A Solaina unha charla sobre ” A imaxe das mulleres nas redes sociais”.
Esta actividade se desenvolve dentro do marco de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia.
PROXIMAMENTE “Curso de Fitness colectivo con implementación muscular”
A Concellería de Promoción Económica, Formación e Turismo pon en marcha un “Curso de Fitness colectivo” que ten como obxetivo ensinar a executar e dirixir rutinas de entrenamento nunha clase colectiva.
Serán 40 horas teóricas que se impartirán no CET de Barbadás, en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.
Despois da formación teórica haberá un período de outras 40 horas de prácticas non laborais en centros deportivos.
As prazas son limitadas, asignadas por orde de entrada das solicitudes no Rexistro, e con preferencia para as persoas desempregadas e empadroadas no Concello de Barbadás.
Manuel Morales é parte da historia deportiva deste concello,
CONTENT.1614671035
29/01/2020
III Evento do stock e oportunidades de Barbadás
A Concellería de Comercio abre o prazo para que os establecementos comerciais participen na terceira edición do “Evento de Stocks e oportunidades”, o prazo estará aberto ata o día 18 de febreiro de 2020.
Este evento está organizado polo Concello de Barbadás e pretende crear un punto de encontro onde comercios ao por menor de distintas actividades comerciais, poidan ofertar artigos de alta calidade a prezos de oportunidade para os consumidores.
O “Evento do stock e oportunidades” celebrarase no Polideportivo municipal, os días 7 e 8 de de marzo, no seguinte horario: de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas , o domingo o recinto pechará ás 20.00 horas.
Para participar no evento terán preferencia as empresas radicadas no Concello de Barbadás, quedando dispoñibles no caso de que houbera espazos libres para outras empresas da provincia de Ourense que rexistrasen a súa solicitude. A adxudicación neste caso farase por rigorosa orde de entrada no rexistro
Convocatoria Programa Emprega de incentivos á contratación
O Diario Oficial de Galicia publica o martes 7 de xaneiro, as bases reguladoras dos Programas Emprega,onde se regulan os incentivos para a contratación e formación de :
Manuel Morales é parte da historia deportiva deste concello,
CONTENT.1614671035
23/12/2019
CONSELLOS PARA PRESENTAR RECLAMACIÓNS POLOS DANOS DO TEMPORAL
O Concello de Barbadás informa á veciñanza dos pasos a seguir para reclamar por mor dos danos do temporal que afectaron ao subministro de luz nos fogares.
Manuel Morales é parte da historia deportiva deste concello,
CONTENT.1614671035
17/12/2019
Inauguración da exposición de escultura de madeira “Moxom xente de pau” no Museo etnográfico Loiro
A exposición de escultura de madeira “Moxom xente de pau”; Inaugurarase o domingo 22 de decembro ás 17:00 horas e permanecerá no Museo Etnográfico de Loiro deica o 1 de marzo de 2020.
Xosé Manuel Rodríguez Mojón “MOXOM” (Ourense,1964) Comeza no mundo da banda deseñada na década dos oitenta formando parte do Frente Comixario, colectivo dinamizador da BD en galego. Nesta época naceron do seu maxín: Indiana Xones, o Capitán Palheiro e tamén as persoaxes da Historia da Lingua en Banda Deseñada. Desaparecido o colectivo comezou a súa andadura, totalmente autodidacta como “Moxom” no mundo da escultura de madeira aló polo ano 1996. Transforma así moitos dos seus debuxos en pezas de madeira con volume cheas de movemento, orixinalidade e sensibilidade. Dende entón, das súas mans levan xurdido unhas duas mil pezas que andan repartidas polo mundo enteiro.
Subvencións para promover o autoemprego de persoas galegas retornadas
A Secretaría Xeral da Emigración,amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 11 de xuño de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime
de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego
e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas
galegas retornadas e dos seus descendentes, e se procede á súa convocatoria
para o ano 2019.
A concellería de Comercio pon en marcha o I Concurso de decoración de balcón e ventás de Nadal 2019.
Esta campaña ten como finalidade, amosar as obras anónimas de decoración que realizan os veciños/as do Concello, coincidindo coas datas de Nadal, en ningún momento ten finalidade comercial.
Poderán participar todos os veciños/as do Concello de Barbadás, que teñan vivendas con balcóns e ventás que poidan ser decorados.
O tema a desenvolver xirará en torno ao ambiente do Nadal. Haberá total liberdade en canto á técnica e estilo.
Os impresos debidamente cumprimentados presentaranse por rexistro, no Concello de Barbadás, na Oficina Municipal de A Valenzá, ou a través da Sede Electrónica dende o 25 de novembro ata o 13 de decembro de 2019 (ambos incluídos)
A Concellería de Comercio un ano máis pon en marcha o Concurso de escaparates de Nadal.
Poderán participar todos os establecementos comerciais e tamén os establecementos hostaleiros.
O tema a desenvolver xirará en torno ao ambiente do Nadal. Haberá total liberdade en canto á técnica e estilo. Valorarase a creatividade, orixinalidade, combinación de elementos e cores, iluminación e composición.
No caso dos establecementos hostaleiros que non dispoñen de escaparate, valorarase a decoración interior.
Data límite para inscribirse é o 22 de novembro de 2019.
Establécense os seguintes premios:
Un premio ao mellor escaparate de establecemento comercial de 250€.
Un premio ao mellor escaparate de establecemento de hostalería de 250€.
Curso de administración electrónica, e-administración
A Concellería de Promoción Económica e Formación a través do Programa FormaTe, pon en marcha un curso de administración electrónica onde se traballarán os seguintes contidos:
Trámites online de particulares, autónomos e pemes cás administracións públicas con distintos métodos de identificación de usuarios: DNI-e, ClavePin, Certificado electrónico
Prazas limitadas, data límite para anotarse 25 de novembro.
A concellería de Promoción Económica, Turismo e Formación, pon en marcha unha nova edición do Curso de Informática Básica, dentro do conxunto de actividades do programa FormaTe.
Será dende o 18 de novembro e ata o 29 de novembro, de 09:30 a 12:30 horas, na aula de informática da Casa da Xuventude na Solaina.
Durante os pasados días, dende o 7 de outubro e ata o 11 de outubro, levouse a cabo nas instalacións do Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás, un curso de Carretilleiro/a organizado pola Concellería de Promoción Económica. Durante 25 horas os/as participantes formáronse na manipulación de medios mecánicos e practicaron nas instalacións o manexo das carretillas elevadoras.
Posteriormente realizaron prácticas en empresas durante outras 20 horas, para seguir avanzando e perfeccionando o uso destas.
A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Formación dentro do “Plan formativo para o 4º trimestre de 2019”, pon en marcha o “Curso de Teleoperador/a”
Esta acción formativa terá lugar nas instalacións do Centro Empresarial Transfronteirizo do luns 18 de novembro ata o venres 29 de novembro, en horario de 9:30h a 13:30 h, con unha duración total de 40 horas teóricas, e con posterioridade realizaranse prácticas voluntarias en diferentes establecementos durante 20 horas.
Este curso é gratuito e terán preferencia para a realización do mesmo os/as desempregados/as do Concello de Barbadás.
Xunto coa ficha de inscrición hai que aportar fotocopia da tarxeta de demanda de emprego e currículum.
Manuel Morales é parte da historia deportiva deste concello,
CONTENT.1614671035
03/09/2019
Curso de manipulación e venda de produtos frescos
A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Formación dentro do “Plan formativo para o 4º trimestre de 2019”, pon en marcha o “Curso de Manipulación e venda de produtos crudos”
Esta acción formativa terá lugar nas instalacións do Centro Empresarial Transfronteirizo do luns 14 de outubro ata o venres 25 de outubro, en horario de 9:30h a 13:30 h, con unha duración total de 40 horas teóricas, e con posterioridade realizaranse prácticas voluntarias en diferentes establecementos durante 20 horas.
Este curso é gratuito e terán preferencia para a realización do mesmo os/as desempregados/as do Concello de Barbadás.
Xunto coa ficha de inscrición hai que aportar fotocopia da tarxeta de demanda de emprego e currículum.
Manuel Morales é parte da historia deportiva deste concello,
CONTENT.1614671036
23/09/2019
Visita teatralizada e concerto no Museo da Gaita
O venres 27 de setembro ás 19:30 horas haberá unha visita teatralizada no Museo da Gaita, con dous personaxes que farán un percorrido polas instalacións.Cando remate a visita ofrecerase un concerto.
O aforo para esta actividade é limitado previa inscrición.
Talleres IV Concurso de pinchos “Barbadás a Bocados”
A concellería de Comercio aproveitando a IV edición do Concurso de pinchos “Barbadás a Bocados”, que terá lugar os días 20, 21 e 22 de setembro, pon en marcha un conxunto de talleres gratuitos.
As inscricións poderanse facer cubrindo a ficha de inscrición e envíandoa a través do enderezo electrónico cet@barbadas.es.
A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Formación pon en marcha o “Plan formativo para o 4º trimestre de 2019”.
A primeira das accións formativas que se desenvolverán será un “Curso de Manipulador/a de medios mecánicos: Carretilleiro/a”, que terá lugar nas instalacións do Centro Empresarial Transfronteirizo do luns 7 de outubro ata o venres 11 de outubro, en horario de 9:00h a 14:00 h, con unha duración total de 25 horas.
Este curso é gratuito e terán preferencia para a realización do mesmo os/as desempregados/as do Concello de Barbadás.
Xunto coa ficha de inscrición hai que aportar fotocopia da tarxeta de demanda de emprego e fotocopia do carnet de conducir.
II Encontro Cantos de Taberna de Barbadás “Cantos de Bocados”
A Concellería de Comercio por segundo ano consecutivo e coincidindo có Concurso de Pinchos, pon en marcha o sábado 21 de setembro de 2019 o II Encontro de Cantos de Taberna.
CONVOCATORIA DO ANO 2019 DO PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS
Publicación do PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS no ámbito do Concello de Barbadás coa finalidade de colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no municipio apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais.
Data límite de solicitude: 30 de setembro de 2019 ou ata esgotamento de crédito.