Por unha peseta é un traballo onde voz narrada e cantada se achegan por menos de nada para atopar canto vale unha peseta.
Historias de vida recollidas no noso entorno e no universal xúntanse nunha peza que nos achega a partes iguais ao humor, á sensibilidade e á tenrura propias da nosa xente. Por unha peseta lévanos aos tempos dos nosos devanceiros, pero dende un punto de vista actual que respecta os seus saberes, tradicións, historias e retranca. Moita retranca.
Exposición “acrílico sobre 50 sombras de Grey e lorazepán” de Ana Peaguda
Arte contra a violencia de xénero
Con motivo da programación ao redor do 25N, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, o día 16 de decembro ás 20:00h na Casa da Cultura Manuel María, terá lugar a inauguración da exposición de pintura da artista Ana Peaguda co título “acrílico sobre 50 sombras de Grey e lorazepán”
A exposición leva unha ruta itinerante por distintos CIM (Centros de Información á Muller) de Galicia co obxectivo de visibilizar e reaccionar fronte á violencia de xénero e en Barbadás poderá visitarse ata o día 3 de xaneiro de 2023
O acto de inauguración contará coa actuación da EMMB (Escola Municipal de Música de Barbadás)
Esta actividade é promovida polo CIM da Mancomunidade Terras de Celanova en colaboración coa Asociaicón de veciños Vilanova dos Infantes
O próximo venres 18 de Novembro, ás 20h. actuación da Compañia teatral aAntena, que vai representar a obra “Golpes” dentro do Programa do Día Internacional para Eliminar a Violencia contra a Muller, que se celebra durante este mes de novembro.
Sinopse:
Pamela é unha moza que ven de sufrir violencia machista.
Pamela xa pode falar dos golpes que recibiu.
Pamela namorou crendo nos postulados do amor romántico.
Pamela expón como foi entrando, nese círculo , e cuestiona como en España todo segue a ser desigual para homes e mulleres.
Pamela recibiu moitos GOLPES , pero o máis grande foi verse a si mesma mudada noutra persoa, por iso quere compartir as súas experiencias vitais, para que ningunha outra muller pase por onde foi golpeada.
GOLPES é a vida de Pamela, unha rapaza que nos conta a súa vida, os seus soños, como era romántica, que aprendeu dunha relación que non debeu vivir . Tratando e previndo a desigualdade dende onde nacen as relacións (a adolescencia).
GOLPES é un espectáculo directo, cercano, que xoga co impacto directo da posta en escena, sen trucos dramatúrxicos ou de escenografía. Apoia só no “savoir faire” da actriz, quen incorpora múltiples personaxes diante dos nosos ollos.
Público recomendado : Adolescentes-Adultos.
Xénero: Drama.
Entrada con invitación (Recóllense na Casa da Cultura).
25N – Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
Para mais información: CIM Barbadás: 988222251
Como todos os anos, unha vez mais, o Concello de Barbadás, súmase á conmemoración do día 25 de Novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, e con este motivo a Concellería de Igualdade, a través do CIM, ten programadas unha serie de actividades ao longo dos meses de novembro e decembro
Bases para a colocación de postos na III Romería Feminista de Barbadás
Prazo de solicitude ata o 10 de agosto de 2022
Con motivo da celebración da III Romería Feminista de Barbadás, que terá lugar o día 3 de setembro de 2022 , ábrese o prazo para a solicitude de colocación de postos na rúa durante a xornada de celebración da Romaría.
Mais información e inscricións no CIM de Barbadás. Tlf 988222251 / Mail: igualdade@barbadas.gal
A Concellería de Igualdade, a través do CIM (Centro de Información á Muller) organiza un obradoiro grupal dirixido a mulleres de carácter práctico coa finalidade de dar a coñecer técnicas de autodefensa a través da creación dun espazo seguro no que traballar sobre a autoprotección.
A actividade terá lugar o día 23 de abril de 11:00 a 13:00 horas nas instalacións da Casa da Mocidade.
Prazas limitadas por orde de inscrición
Para mais información contactar co CIM de Barbadás no teléfono 988222251 ou email igualdade@barbadas.gal www.barbadas.e
QUE É O PROGRAMA ROSALÍA?
O Programa Rosalía nace nun momento de cambios, dificultades e moitos retos para o conxunto da cidadanía, nomeadamente para as mulleres, con desafíos sociais e económicos de calado.
As políticas públicas de igualdade son un elemento imprescindible para o crecemento e a eficacia económica ademais de responder a dereitos fundamentais.
PARA QUEN E PARA QUE?
O Programa Rosalía, dirixido a todas as mulleres, especialmente as que están en situación de vulnerabilidade, pretende fomentar as habilidades laborais e persoais, as competencias, as capacidades e a autoestima das participantes. Os obxectivos pasan por mellorar a inserción laboral, a empregabilidade, a participación e a mellora profesional das mulleres participantes. Tamén búscase incrementar a súa autoestima e ofrecer motivación e asesoramento personalizado para o acceso ao emprego e ao autoemprego.
Os contidos que se abordan no Programa teñen en conta as dificultades específicas engadidas coas que parten algunhas mulleres á hora de iniciar a súa integración laboral e aborda aspectos que permiten ás participantes a definición dun proxecto integral persoal, social e profesional acorde coas súas capacidades e interese.
QUE FAREMOS?
Durante o Programa prestarase un servizo personalizado de orientación e asesoramento laboral con itinerarios de adquisición e valorización de competencias que faciliten ás participantes a mellora dá súa situación persoal, social e profesional.
Ademais, visitaranse empresas e celebraranse encontros profesionais entre as participantes e axentes sociais e económicos do entorno.
TALLERES
O Taller de autoestima e benestar con perspectiva de xénero
Día 21 de abril de 11:00 a 13:00h.
Taller sobre violencia de xénero: ferramentas de sensibilización e prevención.
Día 28 de abril de 10:00 a 12:00h.
Taller de visibilización, coñecemento e recoñecemento das mulleres na Historia.
Día 3 de maio de 10:00h a 12:00h
Taller sobre o traballo non remunerado: os coidados. Valoración do traballo non remunerado e realizado polas mulleres.
Día 5 de maio de 10:00h a 12:00h
Taller de inserción: os intereses ocupacionais e entorno.
Días 9 e 11 de maio de 10:00h a 12:00h
Taller de capacitación para o acceso ao emprego, procesos de selección, habilidades de comunicación e construción do perfil e o CV.
Días 12 e 18 de maio de 10:00h a 12:00h
Taller sobre o autoemprego e emprendemento das mulleres.
Días 25 e 26 de maio de 10:00h a 12:00h
PRESENTACIÓN
O Programa Rosalía presentarase o día 20 de abril ás 10 horas nas instalacións municipais da Solaina.
ONDE ESTAREMOS?
Todos os talleres se celebrarán nas instalacións municipais da Solaina.
Recollida de invitacións na Casa de Cultura Manuel María a partires do martes día 15 de marzo
Data: 18/03/2022
Hora: 20:30h
Lugar: Auditorio Casa da Cultura Manuel María
Dentro da programación do Concello de Barbadás con motivo do 8M (Día Internacional da Muller), lévase a cabo unha actuación teatral protagonizada por Isabel Risco para conmemorar esta data dun xeito ameno e lúdico, dende o humor e a retranca
OBRADOIROS RISOTERAPIA
Lugar: Locais sociais do concello de Barbadás
Dende o 14/02/2022 ata o 09/03/2022
Esta actividade ten a finalidade de promover a creación de redes de apoio entre as mulleres do concello mediante actividades lúdicas que favorezan o seu crecemento persoal, neste caso mediante a risa, como ferramenta para favorecer o seu empoderamento.
Celébrase un obradoiro de risoterapia en cada unha das asociacións veciñais do concello (dez sesión en total) co obxectico de crear grupos e redes de apoio entre mulleres, fomentando a organización de actividades que supoñan a creación de espazos para que poidan compartir e desfrutar de sí mesmas e de coñecerse, así como a súa vez dinamizar ás zonas mais rurais do municipio
CICLO DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL
Lugar: CEIP O Ruxidoiro, CEIP Filomena Dato e CPR Luis Vives
Dende o 16/03/2022 ata o 31/03/2022
Dende a Concellería de Igualdade cremos que o traballo nos centros educativos de referencia para os/as menores no noso concello é imprescindible e debe ser contínuo, xa que só a través da coeducación se acadarán os logros desexados no camiño da consecución dunha sociedade mais xusta e igualitaria
Esta actividade está dirixida aos nenos e nenas de 6º de Primaria e adolescentes de 4º da ESO para achegarlles un marco conceptual axustado á realidade e adaptado a súa idade baseado na igualdade e non discriminación, no bo trato en contraposición á violencia de xénero, no coñecemento e respecto á diversidade de identidades e na identificación e erradicación dos micromachismos e do sexismo coa finalidade de proporcionar aos rapaces e ás rapazas de ferramentas para protexer a súa saúde física, sexual e emocional
8 MARZO: Acto conmemorativo Día Internacional da Muller
Lugar: Inmediacións da rotonda da familia – A Valenzá
Participa o alumnado de 6º de Primaria dos centro educativos do concello e colabora a EMMB (Escola Municipal de Música de Barbadás)
TEATRO “NABIZA GIRL”
Data: 18/03/2022
Lugar: Auditorio Casa da Cultura Manuel María
Hora: 20:30h
Actuación teatral protagonizada por Isabel Risco para conmemorar esta data dun xeito ameno e lúdico, dende o humor e a retranca
OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL
Data: Pendente de confirmación de data para o mes de abril
Lugar: Casa da Mocidade
Obradoiro no que se ensinarán e practicarán diversas técnicas de autodefensa feminina coa finalidade de crear un espazo seguro para a aprendizaxe e para a autoprotección
PROGRAMA ROSALÍA
Programa de activación para o emprego dirixido a mulleres en situación de vulnerabilidade
Mais info: CIM Barbadás – 988222251
Coa finalidade de proporcionar ás mulleres que se atopan en situación de vulnerabilidade ferramentas para a súa orientación persoal e profesional e traballar de xeito personalizado na elaboración de itinerarios e acompañamentos no proceso de inserción laboral asi como tamén traballar aspectos persoais relacionados coa situación de vulnerabilidade concreta de cada unha das participantes
Este programa organízase e densolvese dende o CIM e está previsto que arranque no mes de marzo. Estará dirixido fundamentalmente ás usuarias do CIM e de Servizos Sociais Municipais quedando a criterio do persoal técnico destes departamentos a derivación das mulleres participantes no dito programa
Prazo de inscricións: do 1 ao 10 de febreiro no CIM de Barbadás 988222251 / igualdade@barbadas.gal
A concellería de Igualdade do Concello de Barbadás, a través do CIM (Centro de Información á Muller) organiza unha serie de obradoiros de risoterapia que terán lugar nos locais sociais das distintas asociacións veciñais do concello co obxectivo de crear unha rede de apoio no rural mediante unha actividade lúdica que favoreza o crecemento persoal a través da risa como ferramenta favorecera do empoderamento persoal co obxectivo de crear espazos nos que compartir experiencias e desfrutar do coñecemento propio e de outras persoas
Obradoiro educativo para mocidade a partires de 14 anos centrado no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xurden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión, …
Prazas limitadas! Información e inscrición no CIM -988222251-
Obradoiro, dirixido a mulleres, que pretende ofrecer un espazo para o aprendizaxe do feito de ser mulleres diversas, traballar sobre ideas que nos axuden a entendernos diferentes, reflexionar sobre a idea de diversidade e pensar nunha actitude comprensiva cara outras mulleres fuxindo así de actitudes normativas
Mesa redonda “Procesos de atención ás vítimas da violencia de xénero”
Mais información, no CIM - 988222251
MESA REDONDA EN TORNO AOS PROCESOS DE ATENCIÓN ÁS VÍTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Susana López Abellá, Secretaria xeral de Igualdade da Xunta e María Alida Iglesias, xefa da Unidade contra a Violencia contra a Muller da Subdelegación do Goberno serán as poñentes da mesa redonda
Interveñen:
Susana López Abellá, Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, quen falará acerca dos recursos institucionais que ofrece a Xunta de Galicia, en concreto a Secretaría Xeral de Igualdade, para a prevención, a abordaxe e o tratamento da violencia de xénero e en concreto das axudas e prestacións coas que contan as mulleres vítimas da violencia machista en Galicia.
Mª Alida Iglesias Gil, Xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do goberno en Ourense, quen falará da atención das forzas e corpos de seguridade ás vítimas da violencia de xénero.
Lugar: CIM Barbadás (ubicación: antigo centro médico de Barbadás).
Actividade dirixida aos mozos e as mozas a partires de 14 anos. Trátase dun obradoiro de carácter lúdico e práctico para analizar a transmisión de condutas machistas a través do humor e traballar deste xeito a socialización audiovisual entre a mocidade, co obxectivo de xerar un debate acerca do humor machista, saber identificar quen o executa hoxe en día e demostrar como está presente nos/as referentes da súa xeración, ofrecendo unha visión crítica dos seus ídolos, así como do contido de internet e das redes sociais coa finalidade de debater sobre os límites do humor e o seu contexto social
Programación 25N – Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller
Para mais información: CIM Barbadás 988222251
16 DE NOVEMBRO
Reunión da Mesa de coordinación interinstitucional fronte á violencia de xénero.
Terá lugar a primeira reunión de seguimento da Mesa, despois de ser constituída o pasado mes de abril como ferramenta de coordinación entre as diferentes institucións implicadas na prevención, abordaxe e tratamento da violencia de xénero no ámbito municipal de Barbadás. Forman parte da Mesa representantes do ámbito educativo, sanitario, das forzas e corpos de seguridade, da Subdelegación do Goberno en Ourense, así como persoal municipal das diferentes áreas implicadas na abordaxe da violencia de xénero, concretamente CIM e servizos sociais
19 DE NOVEMBRO
Obradoiro “Humor e machismo”
Actividade dirixida aos mozos e as mozas a partires de 14 anos. Trátase dun obradoiro de carácter lúdico e práctico para analizar a transmisión de condutas machistas a través do humor e analizar deste xeito a socialización audiovisual entre a mocidade, co obxectivo de xerar un debate acerca do humor machista, saber identificar quen o executa hoxe en día e demostrar como está presente nos/as referentes da súa xeración, ofrecendo unha visión crítica dos seus ídolos, así como do contido de internet e das redes sociais coa finalidade de debater sobre os límites do humor e o seu contexto social
Lugar: Casa da Mocidade
Hora: de 17:00 a 20:00h
24 DE NOVEMBRO
Mesa redonda “Procesos de atención ás vítimas da violencia de xénero”
Interveñen:
Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, quen falará acerca dos recursos institucionais que ofrece a Xunta de Galicia, en concreto a Secretaría Xeral de Igualdade, para a prevención, a abordaxe e o tratamento da violencia de xénero e en concreto das axudas e prestacións coas que contan as mulleres vítimas da violencia machista en Galicia
Mª Aliga Iglesias Gil, Xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do goberno en Ourense, quen falará da atención das forzas e corpos de seguridade ás vítimas da violencia de xénero
Lugar: CIM Barbadás
Hora: 12:00h
25 DE NOVEMBRO
Acto institucional. Lectura de manifesto fronte á violencia de xénero
Lugar: Casa do Concello
Hora: 12:00h
27 DE NOVEMBRO
Obradoiro de autodefensa e relaxación para mulleres
Obradoiro dirixido a mulleres, de tres horas de duración e organizado en colaboración con +Deporte do diario La Región. Trátase dunha actividade que ten como obxectivo dar a coñecer e practicar, por unha banda, diversas técnicas de autodefensa persoal e por outra, nunha segunda parte, técnicas de autorelaxación coa finalidade de crear un espazo seguro para o aprendizaxe e para a autoprotección
Lugar: Polideportivo municipal
Hora: de 10:00 a 13:00h
30 DE NOVEMBRO
Obradoiro “Eu mesma, co meu mecanismo!”
Trátase dun taller de tipo práctico, vivencial e participativo que ofreza ás mulleres participantes a posibilidade de crear un tempo e un espazo para repensarnos como mulleres, dende ideas que nos axuden a acomodarnos ao mundo e entendernos dende a nosa biografía, entendendo así as posibilidades de ser mulleres diversas, con historias de vida diversas e traballar sobre a idea de diversidade, de entendernos como diferentes e propiciar actitudes comprensivas cara outras mulleres, traballando así a sororidade.
Se te animas, vémonos o martes 5 de outubro ás 10.30hs.
Se aínda non te achegaches por aquí, animámoste a participar no vindeiro obradoiro, o martes día 5 de outubro das 10.30 ás 13 horas:
“Vente encontrar! Un espazo para o crecemento persoal e convivencial”, un lugar no que compartir estratexias de afrontamento en momentos difíciles e no que intercambiar recursos para o manexo das nosas emocións.
Partimos da idea de que todo o mundo ten fortalezas persoais que axudan para a supervivencia en situacións excepcionais e de vulnerabilidade. Tamén partimos da idea de que somos interdependentes e polo tanto necesitadas/os das/os outras/os, precisamos de apoios para remontar e sentirnos máis agusto. En situacións excepcionais de gran incertidume a colectividade, a conexión coas outras, o sentimento de pertenza, sentirse acompañada e o intercambio de saberes é clave para o manexo do medo e da ansiedade.
Queremos tamén, achegar nocións para entender estes e outros posibles estados emocionais, identificalos e probar prácticas sinxelas para a autorregulación emocional.
Unha oportunidade para parar, escoitar, observar o corpo que habitamos e as voces e sentires que nos habitan. Un espazo para o autocoidado consciente e amable.
Esta actividade é aberta e lévase a cabo cada 1º martes do mes, das 10.30 ás 13 horas.
Comezamos o martes día 4 de maio e continuamos este martes día 5 de outubro, no local da AAVV de Barbadás, na rúa dos Fornos.
Se tes interese en participar ou precisas máis información, chámanos ao 988 222 251 ou escríbenos a este mesmo enderezo de email: psicoloxia.cim@barbadas.gal, facilitándonos o teu nome e contacto telefónico para confirmarche a participación.
Agardamos que sexa do teu interese e que axudes a difundir entre os teus contactos.
Lembra que o aforo é limitado, polo que é imprescindible a inscrición previa.
“Vente encontrar! Un espazo para o crecemento persoal e convivencial”
Se aínda non te achegaches por aquí, animámoste a participar no vindeiro obradoiro
Bo día,
Se aínda non te achegaches por aquí, animámoste a participar no vindeiro obradoiro, o martes día 7 de setembro das 10.30 ás 13 horas:
“Vente encontrar! Un espazo para o crecemento persoal e convivencial”, un lugar no que compartir estratexias de afrontamento en momentos difíciles e no que intercambiar recursos para o manexo das nosas emocións.
Partimos da idea de que todo o mundo ten fortalezas persoais que axudan para a supervivencia en situacións excepcionais e de vulnerabilidade.
Tamén partimos da idea de que somos interdependentes e polo tanto necesitadas/os das/os outras/os, precisamos de apoios para remontar e sentirnos máis agusto. En situacións excepcionais de gran incertidume a colectividade, a conexión coas outras, o sentimento de pertenza, sentirse acompañada e o intercambio de saberes é clave para o manexo do medo e da ansiedade.
Queremos tamén, achegar nocións para entender estes e outros posibles estados emocionais, identificalos e probar prácticas sinxelas para a autorregulación emocional.
Unha oportunidade para parar, escoitar, observar o corpo que habitamos e as voces e sentires que nos habitan. Un espazo para o autocoidado consciente e amable.
Esta actividade é aberta e lévase a cabo cada 1º martes do mes, das 10.30 ás 13 horas.
Comezamos o martes día 4 de maio e continuamos este martes día 7 de setembro, no local da AAVV de Barbadás, na rúa dos Fornos.
Se tes interese en participar ou precisas máis información, chámanos ao 988 222 251 ou escríbenos a este mesmo enderezo de email: psicoloxia.cim@barbadas.gal, facilitándonos o teu nome e contacto telefónico para confirmarche a participación.
Agardamos que sexa do teu interese e que axudes a difundir entre os teus contactos.
Lembra que o aforo é limitado, polo que é imprescindible a inscrición previa.
“Vente encontrar! Un espazo para o crecemento persoal e convivencial”
Para inscricións e máis información, no telf 988222251 ou no mail cimbarbadas@gmail.com
Se aínda non te achegaches por aquí, animámoste a participar no vindeiro obradoiro, o martes día 1 de xuño das 10.30 ás 13 horas:
“Vente encontrar! Un espazo para o crecemento persoal e convivencial”, un lugar no que compartir estratexias de afrontamento en momentos difíciles e no que intercambiar recursos para o manexo das nosas emocións.
Partimos da idea de que todo o mundo ten fortalezas persoais que axudan para a supervivencia en situacións excepcionais e de vulnerabilidade. Tamén partimos da idea de que somos interdependentes e polo tanto necesitadas/os das/os outras/os, precisamos de apoios para remontar e sentirnos máis agusto.En situacións excepcionais de gran incertidume a colectividade, a conexión coas outras, o sentimento de pertenza, sentirse acompañada e o intercambio de saberes é clave para o manexo do medo e da ansiedade.
Queremos tamén, achegar nocións para entender estes e outros posibles estados emocionais, identificalos e probar prácticas sinxelas para a autorregulación emocional.
Unha oportunidade para parar, escoitar, observar o corpo que habitamos e as voces e sentires que nos habitan. Un espazo para o autocoidado consciente e amable.
Esta actividade é aberta e lévase a cabo cada 1º martes do mes, das 10.30 ás 13 horas.
Comezamos o martes día 4 de maio e continuamos este martes día 1 de xuño, no local da AAVV de Barbadás, na rúa dos Fornos.
Se tes interese en participar ou precisas máis información, chámanos ao 988 222 251 ou escríbenos a este mesmo enderezo de email: cimbarbadas@gmail.com
Agardamos que sexa do teu interese e que axudes a difundir entre os teus contactos.
Lembra que o aforo é limitado, polo que é imprescindible a inscrición previa.
Se te animas, vémonos o martes día 1 de xullo ás 10.30hs.
Estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas
Para mais información sobre a convocatoria, requisitos de acceso ou para a súa tramitación podes chamar ou acudir ao CIM de Barbadás - 988222251
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, convoca o Programa de axudas para a concesión de estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas
O Programa consiste en estadías de tempo libre cunha duración de entre 7 e 9 días, cos gastos gratuítos de aloxamento en réxime de pensión completa, traslados de ida e volta, equipo de monitores/as e actividades complementarias
Dirixido a: mulleres con fillas/os menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo e con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos
O prazo de solicitude das estadías e ata o vindeiro día 30 de xuño
Mais información no teléfono 988 391 110 ou no enderezo electrónico reactivamulleres@ceo.es
Trátase dun programa, dirixido a mulleres desempregadas, financiado pola Deputación Provincial de Ourense, que suma 15 horas de formación distribuídas en cinco sesións (luns a venres).
O obxectivo fundamental do programa é apoiar a mulleres desempregadas que necesiten reincorporarse ao mercado laboral ao atoparse nunha situación de vulnerabilidade derivada, fundamentalmente, da perda do seu emprego durante a crise derivada da COVID-19, levando a cabo unha serie de actividades que doten ás participantes de habilidades, coñecementos e ferramentas, tanto a nivel laboral como persoal e social que lle permitan acercarse ás empresas con confianza, tranquilidade, autonomía e independencia na busca activa de emprego e desenvolverse mellor nun posto de traballo nun entorno competitivo.
Levarase a cabo de xeito 100% Online a través da plataforma Zoom. Para o desenvolvemento das sesións accederase dende un ordenador ou tablet que dispoña de cámara e audio ou móbil con conexión a internet.
A participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por rigorosa orden de solicitude. Pode realizar a inscrición previa abrindo o seguinte enlace: https://forms.gle/woGyJpyr8L1jcrZ38
Ourense
7-11 de xuño
10.00- 13.00 horas
Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín.
“Vente encontrar! Un espazo para o crecemento persoal e convivencial”
Para inscricións e máis información, no telf 988222251 ou no mail cimbarbadas@gmail.com
Se aínda non te achegaches por aquí, animámoste a participar no vindeiro obradoiro, o martes día 1 de xuño das 10.30 ás 13 horas:
“Vente encontrar! Un espazo para o crecemento persoal e convivencial”, un lugar no que compartir estratexias de afrontamento en momentos difíciles e no que intercambiar recursos para o manexo das nosas emocións.
Partimos da idea de que todo o mundo ten fortalezas persoais que axudan para a supervivencia en situacións excepcionais e de vulnerabilidade. Tamén partimos da idea de que somos interdependentes e polo tanto necesitadas/os das/os outras/os, precisamos de apoios para remontar e sentirnos máis agusto. En situacións excepcionais de gran incertidume a colectividade, a conexión coas outras, o sentimento de pertenza, sentirse acompañada e o intercambio de saberes é clave para o manexo do medo e da ansiedade.
Queremos tamén, achegar nocións para entender estes e outros posibles estados emocionais, identificalos e probar prácticas sinxelas para a autorregulación emocional.
Unha oportunidade para parar, escoitar, observar o corpo que habitamos e as voces e sentires que nos habitan. Un espazo para o autocoidado consciente e amable.
Esta actividade é aberta e lévase a cabo cada 1º martes do mes, das 10.30 ás 13 horas.
Comezamos o martes día 4 de maio e continuamos este martes día 1 de xuño, no local da AAVV de Barbadás, na rúa dos Fornos.
Se tes interese en participar ou precisas máis información, chámanos ao 988 222 251 ou escríbenos a este mesmo enderezo de email: cimbarbadas@gmail.com
Agardamos que sexa do teu interese e que axudes a difundir entre os teus contactos.
Lembra que o aforo é limitado, polo que é imprescindible a inscrición previa.
Se te animas, vémonos o martes día 1 de xuño ás 10.30hs.
A concellería de igualdade, a través do CIM (Centro de Información á Muller) organiza un concurso infantil de debuxo dirixido ós/ás nenos/as de Barbadás, con motivo da conmemoración do 28 de xuño – día da diversidade LGTBI-
Con motivo do día do orgullo LGTBIQ, a concellería de igualdade organiza a proxección da película “Nove de Novembro”, do director galego Lázaro Louzao, por ser éste o primeiro filme rodado en galego que aborda a temática LGTBIQ