Campus de Verán ´Os patos´. Programa Respiro Familiar 2022
A Concellería de Mocidade e Deportes de Barbadás convoca o Campus´Os Patos´do Programa Respiro Familiar 2022.
O campus “Os patos”, unha actividade lúdica é o tempo formativa e que terá lugar durante as vacacións de verán dirixida aos nenos e nenas do Concello de Barbadás.
Os contidos son principalmente educativos e deportivos, promovendo o xogo e a actividade física como medio.
PRAZAS
O campus terá un total de 10 quendas, cada quenda dunha semana de duración.
O número de prazas por quenda é de 20 participantes, esto é un total de 200 prazas en todo o verán.
Poderánse solicitar ata 4 quendas por orden de prioridade. Os solicitantes deberán ter en conta que existen dous tipos de programación, azul e verde, e que se repite nas diferentes quendas.
REQUISITOS DE ACCESO
A idade mínima para participar será de 6 anos que os participantes terán que ter cumpridos antes do inicio da quenda correspondente. A idade máxima para participar será de 12 anos.
Terán prioridade os/as participantes empadroados no concello.
Os solicitantes poderán participar ata en catro quendas, que poden solicitar por orde de prioridade. catro (Con todo, antes de conceder a segunda, terceira e cuarta quenda, darase prioridade a quen non participase en ningunha destas).
Dificultade media-alta obrigatorio saber nadar e/ou ter capacidade de flotación.
Oferta de campamentos e campos de voluntariado da Campaña de Verán 2022 da Xunta de Galicia
Iníciase a Campaña de Verán 2022 da Xunta de Galicia con actividades para os meses de xullo, agosto e setembro.
O prazo de solicitude para os campamentos e os campos de traballo empezará o mércores 18 de maio.
1. CAMPAMENTOS
Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais.
As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo, agosto e setembro.
Pódese escoller o campamento que se queira en función da idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades diversas que van desde a náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola, etc.
Prazo de presentación de solicitudes: desde o mércores 18 de maio.
Consulta aquí toda a información dos campamentos, tanto dos que se programan en Galicia como das opcións para galegos/as noutras comunidades autónomas.
Os campos de voluntariado son actividades realizadas en colaboracion con concellos e entidades, encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autonomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.
A Xunta de Galicia oferta no verán deste 2022 un total de 675 prazas en 45 campos de voluntariado (incluíndo as catro quendas nas Illas Cies) que se desenvolverán por todo o territorio galego, prazas que se suman ás 79 para mozos e mozas galegos en campos doutras comunidades autonomas e ás 57 no estranxeiro, dado que neste 2022 recupérase a mobilidade internacional.
Neste programa pode participar a mocidade de 18 a 30 anos.
Prazo de presentación de solicitudes: desde o mércores 18 de maio.
Consulta aquí toda a información dos campos de voluntarido, tanto dos que se programan en Galicia como das opcións para galegos/as noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
Cursos para a xuventude. Poderanse inscribir persoas con idade comprendidas entre os 16 e os 35 anos, técnicos e profesionais do eido do tempo libre.
Cursos de voluntariado. Para persoas voluntarias e entidades inscritas no Rexistro de Acción de Galicia. Poderánse inscribir persoas maiores de 16 anos.
De forma presencial no rexistro (Casa do Concello 988360000, Oficinas A Valenzá 988393168).
E en calquera dos rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015.8.
Deberá presentarse o modelo desolicitudedebidamente cumprimentado e a seguinte documentación:
No caso de traballadores por conta allea: certificado da empresaen que se acredite o seu horario laboral.
No caso de traballadores por conta propia (autónomos) : declaración xuradado profesional que traballa por conta propia con indicación da xornada laboral, e o último recibo en vigor da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
No caso de que o/a menor conviva só cun dos seus proxenitorese non sexa familia monoparental: deberán achegar, ademais do anterior, sentenza de separación/divorcio, convenio regulador ou medidas paterno-filiais nas que se especifique o proxenitor o que pertence a custodia do menor.
No caso de familias monoparentais: deberán achegar ademais do anterior libro de familia.
No caso de que non exista vínculo matrimonial, e ambos proxenitores convivan co menor:deberán achegar, ademais do anterior, certificado de convivencia expedido polo Concello correspondente.
29 de outubro de 19.30 a 22.30 h. na Casa da Mocidade
Este Samaín vivirás unha auténtica aventura arrepiante na PASAXE DO TERROR que o que se instalará o vindeiro 29 de outubro de 2021 de 19.30 a 22.30 horas.
Reserva xa as túas entradas ( individuais ou grupos ata 11 persoas) en
Resérvanse as seguintes quendas do campus ´Respiro Familiar´ para mozos e mozas de 12 a 16 anos que poderán solicitar do 12 ao 16 de xullo de 2021:
Código: X009 (Do 30 de agosto ao 3 de setembro)– Campus Xoga e refréscate. 20 prazas
Código: F005 (31 de xullo e 1 de agosto)– Campus Fin de semana na piscina. 20 prazas
Código: F006 (7 e 8 de agosto)- Campus Fin de semana na piscina. 20 prazas
Código: F007 (14 e 15 de agosto)- Campus Fin de semana na piscina. 20 prazas
Código: F008 (21 e 22 de agosto)– Campus Fin de semana na piscina. 20 prazas
Código: F009 (28 e 29 de agosto)– Campus Fin de semana na piscina. 20 prazas
As inscricións poderán realizarse presentado o modelo de solicitude do anexo 2 das bases correspondentes ao Campus ´Respiro Familiar´e por algunha das seguintes formas:
– De forma telemática a través da sede electrónica do Concello de Barbadás https://barbadas.sedelectronica.gal/.
– De forma presencial no rexistro con cita previa (Casa do Concello 988360000, Oficinas Municipais da Valenzá 988393168)
– En calquera dos rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015.
O horario das oficinas para realizar a inscrición de forma presencial será de luns a venres de 8,30 a 14.30 h.
O campus ´Respiro Familiar´é unha nova actividade lúdica é o tempo formativa que terá lugar durante as vacacións de verá dirixida aos nenos e nenas do Concello de Barbadás.
Os contidos son principalmente educativos e deportivos, promovendo a actividade física, e o xogo como medio para transmitir e fomentar valores educativos que axuden a promover as relacións persoais e a formación integral das persoas.
PRAZAS
Ofértanse un total de tres campus de diferente temática. Cada campus terá unha duración dunha semana e un total de 9 quendas.
O numero de prazas por quenda é de 20 participantes, esto é un total de 540 prazas en todo o verán.
Poderánse solicitar ata 4 quendas por orden de prioridade. Os solicitantes deberán ter en conta que o programa de cada un dos tres campus do mes de xullo será o mesmo durante todas as quendas do mes, así como durante o mes de agosto.
REQUISITOS DE ACCESO
A idade mínima para participar será dos 6 anos que os participantes terán que ter cumpridos antes do inicio da quenda correspondente. A idade máxima para participar será de 12 anos.
Terán prioridade os/as participantes empadroados no concello.
Os solicitantes poderán participar ata en catro quendas, que poden solicitar por orde de prioridade.
Dificultade media-alta. É obrigatorio saber nadar e/ou ter capacidade de flotación.
PREZO: 20€ PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 14 ao 25 de xuño.
Xa está dispoñible a convocatoria a para solicitar os campamentos da Xunta de Galicia para idades ata os 17 anos.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 20 ata o 28 de maio de 2021.
Para os mozos/as entre 18 e 30 anos ofértase un total de 40 campos de voluntariado que se desenvolverán por todo o territorio galego, aos que se suman as prazas ofertadas para mozos e mozas galegos en campos doutras comunidades autónomas.
O prazo de campos en Galicia ábrese o día 19 de maio, ás 9:00 h e estará aberto ata 5 días antes do comezo de cada campo.
Axudas para estudos universitarios por causa sobrevida e por COVID-19
A Consellería de Educación convoca axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios conducentes ao título de grao, no curso académico 2020-2021, nas universidades de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico ou por unha situación derivada da COVID-19 que lle impida ou dificulte a continuidade dos seus estudos.
Requisitos das persoas solicitantes: 1. Causas sobrevidas no curso académico 2020/21.
a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista ocorrida no actual curso académico: orfandade absoluta; situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar; condición de emigrante retornado; vítimas de violencia de xénero; vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).
b) Que a situación sobrevida e imprevista acontecese durante o actual curso académico 2020/21. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de xullo de 2020 e o 30 de xuño de 2021.
2. Causas xurdidas como consecuencia da COVID-19.
Que algún dos sustentadores principais da unidade familiar estean en situación de desemprego, en Expediente Temporal de Regulación de Emprego (ERTE) ou en calquera outra situación que supoña unha merma económica ou laboral como consecuencia directa da COVID-19.
Requisitos en xeral
a) Estar matriculado, no curso académico 2020/21, como mínimo en 50 créditos, incluídos os créditos recoñecidos, en estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado ao que lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos que deberá de estar matriculado como mínimo de 30 créditos, incluídos tamén os créditos recoñecidos.
b) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual que estableza a lei de orzamentos xerais do estado para o ano 2021 multiplicada por 1,50.
Prazos:
– Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta axuda, o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 12 de febreiro de 2021.
– Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta axuda, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo. Nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes será o 31 de xullo de 2021
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado presenta unha nova edición do certame en liña de mensaxes de amor en galego, Lingua de namorar 2019, dirixido a todas as mozas e mozos de 14 a 35 anos.
As mensaxes de amor deberán estar escritas en lingua galega e poderanse redactar
en prosa ou en verso. A extensión máxima da mensaxe será de 350 caracteres,
incluídos os espazos en branco.
Para participar no concurso, terás que cubrir e enviar este formulario.
Axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o programa Iniciativa Xove que consiste en axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2019, e nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, que participarán activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas.
A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.
Subvencións a asociacións xuvenís do Instituto da mocidade
O Instituto da Mocidade convoca subvencións para o mantemento, funcionamento e equipamento de asociacións xuvenís, organizacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á mocidade de ámbito estatal, para o ano 2018.
Máis información no BOE do 21 de xuño de 2018 en www.injuve.es
Do 13 ao 19 de xuño de 2018 estará aberto o prazo para participar no VI Campus multideporte que terá lugar do 26 ao 29 de xuño. Preténdese con este programa de actividades utilizar a actividade física como medio para transmitir e fomentar valores educativos que axuden a promover as relacións persoais e a formación integral da persoa a través da adquisiciòn de hábitos saudables da vida durante as vacacións de verán.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o programa Iniciativa Xove que consiste en axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2018. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de xuño de 2018. Máis información no DOG do 16 de maio de 2018 e iniciativa-xove-2018.
Convócanse 120 prazas para unha nova edición dos campamentos urbanos de verán do Concello de Barbadás. Unha actividade educativa dirixida a nenos/as e adolescentes con idades comprendidas entre os 3 e os 14 años que se desenvolverá nos meses de xullo e agosto.
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto desde o 12 ao 18 de xuño de 2018.