Todolos artigos de: Victoria Doforno

31/08/2023

Barbadás mellora o acceso a explotacións agrarias

O firme da rúa Val do Muíño, foi obxecto dunha mellora para facilitar o acceso ás explotacións agrícolas.

Procedeuse ao  arranxo do firme na rúa Val do Muíño da localidade de Barbadás,  o que mellorará  a accesibilidade ás  fincas agrícolas.

 

  • A rúa Val do Muíño, na localidade de Barbadás, preto do antigo pobo dos Muíños, foi obxecto dunha mellora do firme viario  para facilitar o tránsito e o  acceso ás explotacións agrícolas.
    Barbadás pobo é unha das localidades da provincia na que se concentra unha importante actividade agrícola de plantación de produtos hortícolas

 

  • O proxecto de mellora incluíu a limpeza de cunetas, o ensanche da plataforma do camiño nunha superficie de 143 metros cadrados e a instalación e 2 embocaduras para caño,  así como a dotación de dobre rego asfáltico e ampliación da vía, significando  unha mellora notable, que facilitará o acceso  ás explotación agropecuarias desta zona.

 

  • Tamén se procedeu ao bacheo de zonas puntuais nunha superficie de 154 metros cadrados e a colocación de un caño de 9 metros de lonxitude.

 

  • O investimento total na mellora da rúa Val do Muíño ascende a 17.713 euros, traballo executado pola empresa Consernor.

 

  • A concelleira de Infraestruturas, Victoria Morenza, destaca “a importancia da reforma deste vial na cohesión do territorio e a mellora das condicións de vida e traballo no medio rural, así como facilitar a accesibilidade e vertebración do territorio a través deste tipo de iniciativas sobre os camiños rurais”.

 

  • Este tipo de melloras de camiños rurais aumentan a competitividade agraria e forestal porque facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior operatividade, nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado.

 

  • Este proxecto de mellora da rúa do Val do Muíño enmárcase no Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a parcelas agrícolas financiado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1728681289

21/02/2023

Martes de Entroido en Barbadás

O folión iniciará o seu percorrido ás 17:00 h.

MÁIS DE UN MILLEIRO DE PERSOAS PARTICIPARÁN HOXE EN BARBADÁS NO FOLIÓN DE ENTROIDO

O aparcamento do centro comercial Carrefour permanecerá aberto ao público para facilitar a accesibilidade

A balconada da rúa do Viso, a carón do Mercadona,  permanecerá habilitada para o estacionamento de vehículos para persoas con mobilidade reducida

O tráfico de entrada e saída á Valenzá permanecerá pechado a partir das 16,30 horas.
O folión iniciará o seu percorrido ás 17:00 h.  pola Avenida de Celanova (A Valenzá), saíndo dende as inmediacións da piscina municipal.

 

  • O Folión de Entroido de Barbadás contará coa participación de máis de un milleiro de persoas.

 

  • Na categoría de individual, parellas e tríos particparán as seguintes postas en escena: Jodini e o sombreiro máxico, Eclipse, Maruxa Monroe, Pavoneándose, Cisne de barrio, Monstruos S.A., Estraña parella, Rei Emérito, Universo Veneciano, Petrificadas, Barco de Chanquete.

 

  • No apartatado de comparsas participan: Moulin Rouge estilo libre, Blues and Pink, as profesión do colexio Filomena Dato, Desfile de alta costura a baixo prezo, Déixame tranquila xa!!!, MTV climático, As de Sempre polo aire, As Lamas en festas, A Paiasada, O Reino do Dragón, No Fondo do mar, Soles venecianos, O Polo Norte en Vilarnaz e Marina de Lolailos.

 

  • O Folión de Barbadás contará tamén coas carrozas Dragón de Disney, Enerxía Renovable Concello de Barbadás, Cantares Galegos, o Barco de Chanquete e Festa Nórdica.

 

  • O número de participantes no apartado de competición ascende a 752 persoas, en tanto que o resto forman parte dos grupos charangueiros e membros da organización.

 

  • O Concello de Barbadás lembra á cidadanía que acuda a visionar o Folión de Entroido que o centro comercial Carrefour pon a disposición das persoas que acudan o aparcamento, co fin de facilitar a accesibilidade e a comodidade para acceder ao desfile.

 

  • As persoas con mobilidade reducida contarán con un espazo para estacionar os vehículos nos que viaxan e disporán tamén de unha zona de visionado, todo na zona do Mercadona,-rúa do Viso-,  e a balconada do camiño de acceso á Valenzá vella.

 

  • Ademais dos participantes no Folión, estarán presentes a plantilla completa da policía local de Barbadás e voluntarios/as do Concello (15 persoas). Protección Civil contará coa presenza de 12 membros da agrupación de voluntarios de Barbadás, 5 efectivos de Cortegada, 2 voluntarios de Toén e 2  de Xunqueira de Ambía.

 

  • A entrega de premios efectuarase no escenario situado na rotonda da familia. Tamén se entregarán, ademáis dos premios do Folión os correspondentes ás mellores creatividades do Concurso de Mecos.

Premios

  • Premios do Folión de Entroido: Individual: un único premio de 100 euros. Parellas e tríos: 3 premios de 300, 150 e 100€ respectivamente.

 

  • En comparsas hai 4 premios de 1.000, 750, 550 e 300 respectivamente.

 

  • En carrozas hai 4 premios de 1.000, 750, 550 e 300 euros.

 

  • Os membros do xurado serán representantes de asociacións de veciños e culturais. Serán 5 persoas as encargadas de puntuar: Jesús Garrido, do grupo Velaí Vai de Bentraces; Mercedes grande, da asociación San Mauro de Barbadás; Pablo Martínez, de Nova Fronteira; Sofía Añel, do grupo teatral D-Sastre e Puri Montes, de Teatro Experimental.

 

2023-barbadás - Programa Entroido

 

Barbadás Quéreo Viveo, Cultura, Novas

CONTENT.1728681289

13/02/2023

O ALCALDE DE BARBADÁS ANIMA Á VECIÑANZA A ACUDIR Á PRESENTACIÓN DOS ACTOS DO 25 ANIVERSARIO DO CLUBE UNIÓN DEPORTIVA BARBADÁS

 

O acto terá lugar o día 8 de febreiro ás 19,30 no Centro Empresarial Transfronteirizo

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel Doval, convida a toda a veciñanza, ós actos conmemorativos do 25 aniversario do club de fútbol Unión Deportiva Barbadás.

 

  • No acto presentaranse as equipacións exclusivas do aniversario e visualizarase por primeira vez o vídeo que se elaborou con motivo do partido da Copa do Rei contra o Real Valladolid.

 

 

Bando UD BARBADÁS

Deportes, Novas

CONTENT.1728681289

03/02/2023

Garda Civil e Concello de Barbadás estudan instalar un posto da Benemérita no concello

Guardia civil en Barbadás

O ALCALDE DE BARBADÁS PROMOVE A CREACIÓN DE UN POSTO DA GARDA CIVIL NO MUNICIPIO

Responsables da Benemérita manteñen dende hai semanas contactos co rexedor de Barbadás, o socialista Xosé Carlos Valcárcel, para estudar posibles ubicacións das futuras instalacións

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e responsables da Garda Civil mantiveron esta mañá unha reunión para abordar a posible ubicación no concello de un posto principal da Garda Civil.

 

  • O encontro para abordar este asunto contou coa presenza do xefe de persoal e apoio da Comandancia da Garda Civil de Ourense, José Benito Fernández Santamarina, e do xefe da Compañía en Ourense, Jesús Viaño Calviño, e da tenente alcalde, Victoria Morenza.

 

  • O alcalde de Barbadás considera que a posibilidade de que a “Garda Civil ubique en Barbadás un posto no noso concello implica unha mellora notable na seguridade a todos os niveis, ademais de converter ao municipio nun punto neurálxico”.

 

  • A presenza física dun posto principal da Garda Civil “significaría ademais un avance a nivel de cercanía á veciñanza do corpo da Garda Civil e facilitaría a accesibilidade non só da veciñanza do municipio senón da zona metropolitana, converténdose Barbadás nun punto xeoestratéxico”.

 

  • Tanto a Garda Civil coma o goberno de Barbadás están estudando posibles ubicacións deste posto principal tanto a nivel técnico como estratéxico e que incida na accesibilidade.

Novas, Seguridade cidadá

CONTENT.1728681289

13/01/2023

Campaña de empadroamento de Barbadás

"Súmate a nós"

BARBADÁS ANIMA Á VECIÑANZA A EMPADROARSE E  BENEFICIARSE DAS VANTAXES QUE OFRECE O MUNICIPIO

  • O Concello de Barbadás segue a realizar accións adicadas a fomentar o empadroamento no municipio dentro da campaña “Súmate a nós”, que se iniciou o pasado verán.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, indicou que “ao longo de este mes de xaneiro vaise levar a cabo a difusión de 6 vídeos curtos nas redes sociais e na páxina web, para que as persoas que residen no municipio pero non están empadroadas poidan coñecer os recursos e as vantaxes que ofrece empadroarse en Barbadás”.

 

  • Segundo Valcárcel “estas vantaxes están relatadas nos vídeos en primeira persoa por residentes que contan a súa experiencia no uso dos servizos e participación nas actividades que se ofrecen desde o Concello”.

 

  • A tenente alcalde de Barbadás, Victoria Morenza, destacou que “as vantaxes de estar empadroados en Barbadás son, entre outras, axudas, descontos, prioridade en actividades, bonificacións no transporte, redución de impostos, tanto nos servizos do Polideportivo coma na Escola de música, Escola infantil, CET, Casa da Cultura, CIM, Casa da Mocidade e tamén noutros servizos xerais”.

 

  • Dende o Concello de Barbadás lémbrase que “empadroarse é un trámite sinxelo que se pode realizar na sede electrónica ou presencialmente nas oficinas de Rexistro e que supón tanto un beneficio individual coma económico para o municipio”.

 

  • Con esta iniciativa “ o Concello busca aumentar os ingresos e recursos do Estado e da Comunidade Autónoma para melloralas infraestruturas e servizos e atender así con máis eficacia as demandas e necesidades da poboación”, explicou o alcalde de Barbadás.


Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1728681289

21/12/2022

O Centro penitenciario de Pereiro colabora co Banco Solidario de Barbadás

O CENTRO PENITENCIARIO DE PEREIRO DE AGUIAR COLABORA CO BANCO SOLIDARIO DE ALIMENTOS DE BARBADÁS
O luns 19 de decembro, o director do Centro Penal de Pereiro de Aguiar, Francisco González, procedeu á entrega de 84 kg de alimentos, ao banco solidario de alimentos de Barbadás, os cales foron doados polos traballadores do Centro, na campaña de recollida de alimentos que organizou o Centro Penal durante os 15 primeiros días do mes de decembro.
Por parte do Concello de Barbadás, acudiu á recepción de alimentos, a Concelleira de Servizos Sociais, María Elisabet González, que agradeceu as achegas realizadas polos funcionarios do Centro Penal, no que é o segundo ano de colaboración, e que espera que se siga producindo en anos vindeiros.
Segundo informou a Concelleira, todos estes alimentos serán repartidos ao longo da presente semana, a aquelas familias ás que axuda o banco solidario de Barbadás, que nestas datas, realizou unha campaña de recollida extraordinaria por distintas institucións, entre as que destaca pola súa implicación, o Centro Penal de Pereiro de Aguiar.

Novas

CONTENT.1728681289

15/12/2022

Ruleta de Nadal en Barbadás: merca, xoga e gaña no comercio local

Dende o 16 de decembro ata o 5 de xaneiro

A RULETA DE NADAL ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN COMERCIO ABERTO DA VALENZÁ REPARTIRÁ PREMIOS DIRECTOS E OFRECERÁ UN CRUCEIRO PARA DÚAS PERSOAS

Este evento, que conta coa colaboración do Concello de Barbadás, pretende dinamizar o comercio local de Barbadás

Este mediodía presentouse na Valenzá “A Ruleta do Nadal”, un evento do comercio local de Barbadás. Na presentación estiveron Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, Marga Pérez, concelleira de Comercio, Alejandra Rodríguez, presidenta da Asociación Comercio Aberto da Valenzá e Edwin Astudillo, de Librería Valenzá.

 

Compra, xoga e gaña premios directos na ruleta. Ademais todos os participantes entran no sorteo dunha viaxe en cruceiro para dúas persoas.

 

Polas compras superiores a 20€ nos establecementos colaboradores terá dereito a tirar da ruleta e GAÑAR PREMIOS DIRECTOS.

 

Acumula tickets de compra dende o 16 de decembro ata o 5 de xaneiro para participar nun sorteo dun CRUCEIRO PARA DÚAS PERSOAS.

 

Os establecementos colaboradores proporcionarán sobres para que garden os tickets, nos que deberase escribir os datos do participante (nome, apelidos e teléfono).

 

Os sobres deberán conter mínimo 10 tickets para entrar no sorteo.

 

A urna estará colocada a altura do número 84 da Avda. De Celanova diante da inmobiliaria Roma’s .

 

O sorteo realizarase o día 7 de xaneiro as 13:00h nesa mesma localización.

 

Os establecementos colaboradores son:

– Calzados Zocos

– Calviño

– Gaia Contigo

– Librería A Valenzá

– OrenÓptica

– Elma

– Mimí

– Twins Men

– Twins

– La Cigüeña

– Golosiño’s

– Ohana baby&deco

– Toffee Glass

– Idunna Estética

– Bel Moda

Declaracións de Marga Pérez, concelleira de Comerciopresentamos hoxe unha iniciativa, unha campaña nova da asociación de comerciante do comercio aberto da Valenzá, que coma as que se viñeron desenvolvendo en ocasións anteriores, que o que pretende é poñer o foco no comercio local, no comercio de proximidade e mostrar as alternativas que temos en canto a produtos, variedade de comercios e as posibilidades que temos todos de facer as nosas compras de Nadal no comercio da Valenzá.

Por outra banda tamén esta campaña o que pretende é fidelizar os clientes ofrecendo agasallos de forma directa a todas as persoas que merquen nestes días no comercio local. Nos como concello estamos a carón deles coma sempre para apoialos en todas estas iniciativas e desexando que sexa un éxito e recollan os frutos por ese gan traballo que fan día a día abrido as súas portas e mostrando todos os produtos que eles ofrecen.

 

Declaración de Alejandra Rodríguez, presidenta do Centro Comercial Aberto da Valenzá:

Unha vez máis dende o comercio local de Barbadás e dende a Asociación de Comerciantes da Valenzá pretendemos fidelizar os nosos clientes esta vez nesta campaña agasallándoos con unha serie de premios polas súas compras realizadas dentro dos locais participantes da asociación. Desde compras de 20€ poderán tirar a unha ruleta que cada día vai estar establecida nos negocios que participan e que pertencen a Asociación de Comerciantes da Valenzá e como premio final será un cruceiro para dúas persoas e o día 7 realizarase o sorteoa altura do número 84 da Avda. De Celanova diante da inmobiliaria Roma’s”

 

Declaracións de Xose Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás:

Bo día, como ben dixeron Alejandra e Marga a Concelleira de Comercio, esta é unha iniciativa máis da Asociación do Comercio Aberto de Barbadás pola que aposta tamén o concello coa súa colaboración.

O comercio local en Barbadás é a mellor alternativa para o que son as grandes superficies, é un comercio de proximidade, é un comercio de calidade, é un comercio que asesora e aconsella os compradores e as compradoras, e polo tanto é  unha aposta segura pola calidade e polo bo produto.

Polo tanto, dada esa relevancia que ten a efectos de público e de cliente consideramos que é a mellor alternativa e desde logo que que é unha forma de colaborar tamén ca posta en valor do noso comercio e do noso tecido empresarial que en Barbadás está centrado no pequeno comercio.

Apostamos por ese comercio e convidamos a todos os veciños e veciñas a mercar no comercio local tendo presente nesta ocasión son premios directos que se obteñen no momento en que se fai a compra.”

Comercio, Novas, Promoción económica

CONTENT.1728681289

05/12/2022

Mellora de Camiños Rurais: O Hervideiro , en Sobrado do Bispo

O CONCELLO DE BARBADÁS ACOMETEU OBRAS DE AMPLIACIÓN, MELLORA E MANTEMENTO DO CAMIÑO DE HERVIDEIRO, EN SOBRADO DO BISPO

O reforzo do fírme efectuouse coa execución de unha capa de regularización con aglorerado en quente  nunha superficie de 1.687 metros

O orzamento base de licitación para a reforma deste vial ascendeu a 36.786,40 euros.

  • As obras de ampliación e execución con aglomerado en quente no Camiño do Hervideiro pretenden manter a liña do Concello de Barbadás nos últimos tempos, promovendo a execución de obras para conservar e mellorar as infraestruturas rurais.

  • Este tipo de proxecto xeran cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e traballo no medio rural. Por unha banda, os camiños rurais facilitan a accesibilidade e vertebración do territorio, e por outra, aumentan a competitividade agraria e forestal facilitando o tránsito da maquinaria ás explotacións agrarias.

  • As obras consistiron na ampliación mediante o desbroce, limpeza e retirada da vexetación dos bordes laterais do camiño e incrementando a anchura en certos tramos mediante o afirmado de sobreanchos.

  • O reforzo do fírme efectuouse coa execución de unha capa de regularización con aglorerado en quente nunha superficie de 1.687 metros.

  • O orzamento base de licitación para a reforma deste vial ascendeu a 36.786,40 euros.

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, valora esta mellora do vial “moi positivamente, tendo en conta que se trata de un vial polo que transitan moitos/as automolistas e que se atopaba nun estado de deterioro evidente”.

  • Valcárcel indicou que este tipo de mellorar redundan na mellora das comunicación en diferentes puntos do medio rural que se están efectuando na actualidade con cargo aos fondos propios do Concello de Barbadás correspondentes ao remanente de tesoureiría.

  • A concelleira de Infraestruturas, Victoria Morenza, destacou que “a utilización de un tratamento de aglomerado en quente implica que este sistema é moito máis efectivo e cómodo para a circulación debido, fundamentalmente á súa durabilidade e calidade”.

  • A mellora do Camiño do Hervideiro enmárcase na “Mellora de Camiños Municipais de acceso a parcelas agrícolas, subvencionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1728681289

02/12/2022

Mesa interinsitucional contra a violencia de xénero

O encontro mantívose no salón de plenos do Concello de Barbadás

REUNIÓN DA MESA DE COORDINACIÓN INTERINSTITUCIONAL FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO DO CONCELLO DE BARBADÁS

 

  • O salón de plenos do Concello de Barbadás acolleu a reunión da Mesa de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero do Concello de Barbadás, que se celebra semestralmente.

 

  • Esta mesa ten por obxectivo a coordinación da atención ás vítimas de violencia de xénero dende o ámbito municipal de Barbadás entre todas as institución implicadas na abordaxe e tratamento de casos de violencia de xénero.

 

  • Esta mesa de traballo foi presidida por Xose Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, a concelleira de igualdade, Elisabet González Nistal, a secretaria xeral de igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella e a xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, María Alida Iglesias.

 

  • Á mesa interinstitucional, da que tamén forma parte o Concello de Taboadela, acudiron traballadoras sociais de ambos concellos, as orientadoras dos centros educativos de referencia, colexios de Barbadás e instituto Ferro Couselo, representantes do Centro de saúde de Barbadás, persoal dos servizos sociais municipais e das forxas e corpos de seguridade, concretamente o equipo de violencia de xénero da primeira compañía da Garda Civil.

 

  • Tamén está presente na mesa interinstitucional a Policía Local de Barbadás, que colabora coas forzas de seguridade do estado na atención ás vítimas de violencia de xénero a través do Programa Viogen.

 

  • Ademais forman parte da mesa interinstitucional as/os traballadores do CIM de Barbadás, directora, asesor xurídico e psicóloga.

 

  • Esta mesa ten por obxectivo a coordinación da atención ás vítimas de violencia de xénero dende o ámbito municipal de Barbadás entre todas as institución implicadas na abordaxe desta problemática, segundo indica a concelleira de igualdade, González Nistal. O alcalde salientou a importancia destas reunións de cara a avanzar nos procesos de atención ás vítimas de violencia e de coordinación entre profesionais.

 

  • Os datos do Centro de Información á Muller de Barbadás evidencian que nos últimos seis meses atendéronse a 85 mulleres, na súa maioría por consultas relacionadas coa violencia de xénero, en tanto que a franxa de idade maioritaria das usuarias oscila entre os 25 e 54 anos.

CIM-Centro de Información á Muller, Novas

CONTENT.1728681289

02/12/2022

Programación de Nadal 2022-23 en Barbadás

TEATRO, DEPORTE, MÚSICA, OCIO E VISITAS DE PAPÁ NOEL, APALPADOR E REIS MAGOS ...

TEATRO, DEPORTE, MÚSICA, OCIO E VISITAS DE PAPÁ NOEL, APALPADOR E REIS MAGOS COMPOÑEN A PROGRAMACIÓN DE NADAL DO CONCELLO DE BARBADÁS

 

As principais novidades será a instalación nunha pista de xeo e unha aldea de Nadal na zona da Solaina

 

O Apalpador percorrerá as rúas acompañado de música tradicional

 

Diverlandia acollerá 600 nenos e nenas que poderán coñecer de preto aos Reis Magos

 

  • A presentación do programa do Nadal do Concello de Barbadás foi presentado esta mañá coa presenza do alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, a concelleira de Cultura e Comercio, Marga Pérez e a tenente alcalde, Victoria Morenza. A presentación realizouse na biblioteca infantil da casa de cultura Manuel María.

 

  • Marga Pérez, concelleira de Cultura e Comercio, destacou que “a inauguración da iluminación do noso Nadal aquí en Barbadás, tanto nos pobos como aquí nas rúas da Valenzá e da gran árbore que todos os anos iluminamos será este venres día 2 as 18:30 da tarde”.

 

  • O Nadal en Barbadás dará comezo con unha actividade de animación infantil e musical “á que está convidada toda a veciñanza, faremos a conta atrás para a iluminación desta gran árbore natural e despois haberá unha chocolatada gratuíta para todas as persoas asistentes”, sinalou Marga Pérez.

 

  • A edil de Cultura indicou que “a esta actividade e deste xeito podemos dar comezo oficial a estes días máxicos con unha programación deseñada dende este goberno con todo o cariño e con toda a ilusión para achegarnos ao maior número de veciños e veciñas deste concello e de todos aqueles invitados que de seguro acudirán en estes días o noso concello”.

 

  • A programación de Nacal inclúe teatro variado, con títeres con maxia ,con humor, con actividades deportivas, con actividades musicais a cargo do alumnado da escola municipal de música.

 

  • Está previsto tamén ofrecer diversión e actividades didácticas na ludoteca de Nadal para facilitar a conciliación nestes días de vacacións dos/as máis cativos/as.

 

  • Concello de Barbadás ofertará 50 prazas para nenos e nenas entre 3 e 12 anos, “para que todas as mañás as familias poidan acudir os seus traballos e estes nenos/as poidan ter momentos de diversión cos diferentes obradoiros que están programados”, comentou Marga Pérez.

 

  • A concelleira de Cultura resaltou que “este ano a nosa imaxe tan bonita que acompaña a toda a cartelería é obra de un cativo de 9 anos chamado Martín Carcacía González, un alumno de un dos colexios da Valenzá e que un dos catro gañadores do concurso que poñemos en marcha todos os anos dende a concellería.

 

  • A actividade de ocio comeza a vindeira semana xa con unha programación moi específica para todo o alumnado dos colexios, por eso será unha programación as 12:00 do mediodía, acudirán aquí o alumnado de infantil e primaria dos colexios para desfrutar de dúas grandes actuacións dirixidas especialmente para eles/elas “e na semana vindeira xa comezamos practicamente case todos os días con actuacións dirixidas a todo ese público familiar para que todos os nenos e as familias acudan”.

 

  • É unha programación deseñada para toda a familia con especial atención a os máis pequenos, “por eso xa contactamos con Papá Noel que nos confirma que acudirá dous días o noso concello o 22 e o 23 para facer primeiro unha recollida de cartas nos colexios e tamén para facer unha recepción na Aldea do Nadal que este ano é tamén unha novidade que presentamos a todos os nenos e nenas do noso concello para que a desfruten, na que eles aportaron tamén unha decoración especial realizada durante todas esas semanas no espazo infantil, ubicado na zona da Solaina”, apuntou Pérez.

 

  • As SSMM os Reis Magos tamén acudirán á invitación do Concello de Barbadás e permanecerán dúas días no concello que serán os días 3 e 4 de xaneiro, o 4 de xaneiro estarán en Diverlandia, unha actividade moi esperada por todos os nenos e nenas, temos 600 invitacións gratuítas para todos os que queiran acudir onde haberá un montón de inchables para todas as idades, onde estarán as SSMM os Reis Magos para repartir uns pequenos agasallos e onde ademais dos inchables pois terán distintas actividades como pintacaras e outros talleres.

 

  • “Por suposto dende O Caurel acudirá o Apalpador que este ano, é tamén como novidade e para facelo diferente, non existirá unha actuación como tal senón que percorrerá a rúa principal do noso concello saudando a cada un dos nenos e nenas e as familias e agasallando con este precioso libro que daremos de forma gratuíta a cada un dos nenos, que é unha historia do Apalpador moi entrañable para que eles e elas coñezan esta figura”, comentou Marga Pérez..

 

  • Por outra banda, para incentivar a decoración de Nadal a Concellaría de Comercio como outros anos puxo en marcha e está agora mesmo en prazo de inscrición, o Concurso de balcóns, portais e xanelas para toda a veciñanza para que colaboren con esa decoración e poidan obter un dos tres premios que ofrece este concurso.

 

  • Tamén temos o concurso de escaparates como outros anos, onde hai dúas categorías; a de hostalería e a de comercio e en total entre estes dous concursos vanse a repartir un total de 1750€.

 

  • Pérez anticipou unha novidade para este Nadal “e que nos fai especial ilusión, e pensamos que a todos os nenos e nenas do noso concello tamén lle vai facer especial ilusión, é a instalación dunha pista de xeo sintético de 180m2 que estará instalada da zona da Solaina, estará cuberta cunha carpa para poder desfrutar dela todos os días e a un prezo que consideramos un prezo popular para que así podan acudir todas as persoas, serán 3€ e incluirá o aluguer dos patíns para poder realizar a actividade e divertirse nesta pista de xeo sintético”.

 

  • Estará instalada a partir do día 23 de decembro ata o 8 de xaneiro en horario de mañá dende as 11:00 ata as 14:00 e de tarde de 16:30h a 20:30 excepto eses días especiais que o horario non será tan amplo, días 24, 25, 31 e 1.

 

  • Contamos con esa Aldea do Nadal, que é unha decoración extra que este ano colocamos a carón do espazo infantil onde tamén estará a casiña de Papá Noel para que todos os nenos máis pequeniños poidan acudir alí para ver a Papá Noel, darlle a súa carta e pedirlle os seus agasallos .

 

  • Pérez finalizou desexando que “con toda esta programación o que desexamos é facer unhas propostas de Nadal que sexan do agrado do maior número de veciños e veciñas e que desfruten nestes días con alegría e moita saúde”.

 

  • O rexedor de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, sinalou que “hai unha simbiose entre o que é cultura e comercio, trátase precisamente de incarnidar o Nadal nesas actividades de ocio e cultura que deben aportar unha educación tamén os nenos e as nenas para avanzar na súa cultura precisamente, para potenciar e dinamizar as actividades culturais do noso concello”.

 

  • Destcaou o rexedor como novidades “a pista de xeo que é algo absolutamente novidoso no noso concello, tamén novidade é a casa de Papá Noel e a Aldea de Nadal”.

 

  • Valcárcel indicou que “queremos interactuar tamén cos comerciantes, co tecido empresarial e hostaleiro do noso concello precisamente con estas actividades de premiar as decoracións navideñas e polo tanto esa é a dinámica do noso concello, mesturar a cultura, educación, deporte e a actividade comercial e empresarial”.

 

  • O alcalde comentou que “como vedes é un programa que está cheo de actividades pero que engloban tanto a música como o teatro como o deporte. A Escola de Música de Barbadás terá diversas actuacións no noso concello, hai teatro, hai títeres, masterclass e Papá Noel e por suposto Reis Magos”.

 

  • É unha actividade navideña absolutamente chea de ocio, de desfrute e convidamos a todos os veciños e veciñas, os nenos e nenas do noso concello e por suposto a todas aquelas persoas que sexan de fora de Barbadás a que acudan aquí porque o van a pasar ben e van a desfrutar destas navidades.

 

  • Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Servizos públicos, sinalou que “hoxe presentamos e arrincamos co programa de Nadal 2022 – 2023, mantense a dinámica e a programación de outros anos e este ano como Concelleira de Servizos Públicos, dicirvos que a iluminación de Nadal vai ter en conta que é necesario o aforro enerxético, sobre todo nestes momentos de crise económica e nestes momentos nos que a enerxía ten un curso moi elevado, polo cal a iluminación na Valenzá apagarase moito antes, en lugar de apagarse as 7:00 da mañá como se apagaba antes, ás 00:00 ou 01:00 da mañá. Durante a noite permanecerá apagado, pero é unha medida de restricións enerxética”.

 

  • Hai que ter en conta tamén que todo a alumeado, tanto as microbombillas de led como as cintas de led son todas de baixo consumo, “polo tanto tampouco é un gasto excesivo o que se realiza. Como ben sabedes incrementouse nos últimos anos o alumeado de Nadal tanto nos pobos como na Valenzá, xa sabedes que para nos é importante, un símbolo a árbore natural que está no centro da Valenzá perfectamente iluminada, que é de grandes dimensións, crece ano a ano e iluminámola dende o concello para que sexa un símbolo, un referente onde a xente poda acudir”.

 

Programa de Nadal-2022_2-Concello de Barbadás

Barbadás Quéreo Viveo, Campaña de Nadal, Novas

CONTENT.1728681289

30/11/2022

Auditoria municipal en Barbadás para reducir as perdas de auga

O CONCELLO DE BARBADÁS REDACTA UNHA AUDITORIA MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO PARA MINIZAR AS PERDAS DE AUGA

O obxectivo é mellorar a eficiencia do sistema de abastecemento de auga potable

As perdas de auga son cuantificadas para deseñar un plan de actuacións pra minimizalas

  • O Concello de Barbadás redacta a auditoría municipal de abastecemento para minimizar as perdas de auga do concello que ten por obxecto determinar as actuacións necesarias para mellorar a eficiencia do sistema de abastecemento de auga potable no concello, dando cumprimento á lei: “LEY 9/2019, de 11 de diciembre, de medidas de garantía del abastecimiento en episodios de sequía y en situaciones de riesgo sanitario”, sobre a obligatoriaridade por parte dos Concellos, da redacción do Plan de acción para a redución de perdas.

  • No establecemento deste contido tense en conta que a finalidade destas auditorías é cuantificar as perdas de auga e poder deseñar un plan de actuacións para minimizar as perdas de auga. Trátase, polo tanto, dunha auditoría volumétrica do abastecemento municipal, para coñecer a auga subministrada e rexistrada e calcular os indicadores máis importantes de eficiencia da rede: o volume de auga non rexistrada (ANR) e o rendemento técnico hidráulico (RTH)

  • O obxecto deste Plan de Acción é minimizar as perdas do volume de auga que se perde dende a extracción, no orixe do recurso ata o consumidor final, e dicir, mellorar o rendemento da rede de abastecemento, anticiparse ao risco de fugas e reducir todos os custos operacionais (mantemento, consumo eléctrico, administración, etc.)

  • Tras o estudo dos volumes de auga dispoñible, auga distribuída e por último auga consumida polo usuario final, establécense unhas medidas, tanto de carácter preventivo como correctivas, encamiñadas a reducir as perdas que se producen ao longo da rede.

  • Coa implementación das medidas descritas no Plan, agardase acadar un maior rendemento da rede de abastecemento, redución de custes de mantemento e alongar a vida útil do sistema.

  • En concreto agárdase ir reducindo as perdas do sistema conforme se vaian executando as medidas propostas ata acadar unha redución estimada superior ao 46 % das perdas actuais (18 %), o que supón reducir estas por debaixo do 10 % sobre a auga que entra no sistema.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1728681289

26/11/2022

Programa de divulgación do uso de composteiros no rural do concello de Barbadás

CHARLA INFORMATIVA DIRIXIDA ÁS PERSOAS QUE PARTICIPAN NO PROGRAMA DE RECEPCIÓN DE COMPOSTEIROS NO MEDIO RURAL EN BARBADÁS
  • Acto divulgativo de uso de composteiros ás persoas que solicitaron este elemento que forma parte do proxecto pioneiro na provincia de Ourense.

 

  • Asistiron á charla informativa medio centenar de persoas que forman parte do programa de compostaxe no medio rural. Ademáis de composteiros entregouse unha rexilla que servirá de base ao composteiro e un aireador.

 

  • A implantación do proxecto inclúe visitas técnicas para asesorar e realizar o seguemento do programa.

 

  • No acto estiveron o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, a tenente alcalde, Victoria Morenza e o concelleiro de Medio Ambiente, Rafael Sierra.

Barbadás Quéreo Viveo, Medio ambiente, Novas

CONTENT.1728681289

25/11/2022

Zona Franca apoia a Barbadás na localización de chan empresarial

ZONA FRANCA DÁ APOIO TÉCNICO AO CONCELLO DE BARBADÁS NA LOCALIZACIÓN DE CHAN EMPRESARIAL 

O delegado do Estado, David Regades, reuniuse co alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e técnicos do Concello e do Consorcio.

 

A Zona Franca de Vigo dará apoio técnico ao Concello de Barbadás na localización de chan empresarial tras a petición do seu alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, que mantivo unha reunión de traballo co delegado do Estado, David Regades, á que tamén asistiu a primeira tenente de alcalde, Victoria Morenza, así como técnicos municipais e do Consorcio da Zona Franca.

 

O delegado do Estado, David Regades, asegurou que “Zona Franca pode axudar ao Concello de Barbadás a enfocar as súas necesidades de chan porque temos unha experiencia de 75 anos desenvolvendo parques empresariais, que deron como resultado 8 millóns de metros cadrados para as empresas”. Neste sentido lembrou que “grazas a eses investimentos tan ben planificadas podemos dicir que a produtividade media por empregado das empresas instaladas en parques que desenvolve a Zona Franca é superior á media da contorna”.

 

Pola súa banda, o alcalde Xosé Carlos Valcárcel, sinalou que “para o goberno de Barbadás obter chan empresarial é unha das nosas prioridades”. Engadiu que “esta prioridade vén dada por factores que temos que poñer en valor, como son a nosa proximidade á capital, a existencia dunha boa rede de comunicacións e o noso dinamismo poboacional, caracterizado pola súa mocidade e nivel de formación. Sen esquecer o potencial do noso tecido comercial e empresarial”.

 

Zona Franca realizará un estudo inicial sobre as posibilidades de chan empresarial no municipio, de forma que sirva de base ao Concello para a elaboración dun estudo de demanda, primeiro paso para poñer en marcha a catalogación de chan empresarial.

 

Barbadás é un dos escasos concellos da provincia de Ourense que gañou poboación na última década e carece dun parque empresarial no que se poidan establecer empresas, que xa se interesaron polo municipio nos últimos tempos. A súa proximidade á capital ourensá permitiulle crecer e asentar poboación, o que lle converteu nun municipio atractivo para a actividade económica.

 

O delegado do Estado visitou Barbadás o pasado mes de xullo para reunirse con empresarios e emprendedores, que se interesaron por coñecer as ferramentas de Zona Franca Vigo para apoiar proxectos, o financiamento a través de Vigo Activo ou programas de aceleración e internacionalización. Froito daquela primeira toma de contacto xorde agora esta colaboración co Concello de Barbadás

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1728681289

24/11/2022

O Concello de Barbadás subvenciona novos proxectos de emprendemento

Axudas ao emprendemento

O CONCELLO DE BARBADÁS APOIA AO NOVO EMPRESARIADO CUNHA AXUDA PARA INICIAR A ACTIVIDADE NO MUNICIPIO

A convocatoria destas axudas para 2022 propiciou que se subvencionara a un total de 7 proxectos, de diversos sectores como comercio, apicultura, hostalería e servizos

 

  • O Concello de Barbadás apoia aos/ás novos/as emprendedores/as cunha subvención para a creación de empresas.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destaca que “o Concello de Barbadás valora a iniciativa e esforzo dos/as novos/as empresarios/as, apoiándoos na posta en marcha dos seus negocios a través dun programa de axudas para a creación de empresas no ámbito municipal”.

 

  • Esta convocatoria de apoio aos/as recentes empresarios/as que contan cun proxecto viable e iniciado no último ano, súmase a outras iniciativas do Concello de Barbadás, como o viveiro de empresas ou a formación especializada para este colectivo, “que reflicten o compromiso público para minimizar as posibles barreiras que xorden cando se inicia un camiño empresarial, poñendo a seu dispor todos os medios e recursos do Concello”, sinala Valcárcel.

 

  • A convocatoria destas axudas para 2022 propiciou que se subvencionara a un total de 7 proxectos, de diversos sectores como comercio, apicultura, hostalería e servizos, acadando seis proxectos a contía máxima da axuda (2.000 euros), polo que foi necesario facer unha ampliación de crédito.

 

  • As axudas, cunha contía máxima de 2.000 euros, son a fondo perdido e a súa finalidade é subvencionar a creación do propio posto de traballo, así como parte dos gastos iniciais da posta en marcha da actividade.

 

  • A tramitación destas axudas para a creación de emprego realizouse dende o Centro Empresarial Transfronteirizo.

 

  • A contía das axudas ascendeu a 13.315,31 euros.

 

  • Estas subvencións serviron para sufragar gastos de constitución de emprendedores/as, existencias iniciais de mercadorías, primas de seguros, subministración e gastos correntes, dereitos de propiedade industrial ou o imposto de vehículos de tracción mecánica.

 

Novas, Promoción económica

CONTENT.1728681289

10/11/2022

Xogadores da Unión Deportiva Barbadás estarán hoxe no stand do Concello en Xantar

UNHA REPRESENTACIÓN DO EQUIPO UNIÓN DEPORTIVA BARBADÁS ESTARÁ  ESTA TARDE NO STAND  DO CONCELLO EN XANTAR

A presenza de xogadores e presidente do clube pretende difundir o gran traballo do equipo de cara ao partido da Copa do Rei do sábado fronte ao Real Valladolid no estadio do Couto

Na recepción do equipo estará  unha representación do Concello de Barbadás e realizarase unha visita a diferentes stands de “Xantar”

 

  • Unha representación do equipo Unión Deportiva Barbadás estará esta tarde a partir das 20,00 horas no stand que o Concello de Barbadás ten no Salón Internacional de Turismo Gastronómico “Xantar”.

 

  • A presenza de un grupo de xogadores e do presidente do clube, Pablo Campelo, pretende recoñecer públicamente o gran traballo realizado polo clube durante anos.

 

  • A visita do clube Unión Deportiva Barbadás “ten como finalidade tamén transmitir ánimos e folgos a todo o equipo de cara a un partido da categoría do que se vai celebrar o sábado 12 de novembro no estadio do Couto ás 16,00 horas”, destacou Victoria Morenza, tenenete alcalde de Barbadás.

 

  • Na recepción do equipo estará unha representación do Concello de Barbadás e realizarase unha visita a diferentes stands de “Xantar”.

 

  • Pablo Campelo, presidente da Unión Deportiva Barbadás, salientou que “a alimentación é un dos tres piares do rendemento. Para acadar cotas de éxito e dar o mellor de sí, é imprescindible comer alimentos saudables que aporten os compoñentes necesarios para un rendemento óptimo.”

 

  • Campelo comenta que “os xogadores da UD Barbadás non somos profesionais, pero tratamos de coidarnos coma as estrelas da élite que teñen a sorte de facer desta fermosa afección á sua profesión. Nos temos que enfrontarnos a longas xornadas de traballo ou de estudio para chegar ó campo Municipal de Os Carrís e por a mellor cara nas nosas sesión de adestramento, cada día ás 21:00 horas. As xeadas o intenso frio ou a humidade instalada no Fortín Azul no son impedimento para que saquemos a mellor parte de cada un”.

 

  • Para o presidente do clube “representar ó Concello de Barbadás nun evento tan importante como O Xantar é un motivo de orgullo porque a alimentación de calidade e a diversidade culinaria representan unha riqueza que neste contrastado salón, se pon de manifestó”.

 

  • Ademáis, “acudimos, ás portas dun momento histórico para o noso Clube, ca disputa do encontro da Copa do Rei contra o Real Valladolid, un partido, no que o resultado é o de menos porque Barbadás xa gañou. Non obstante, deixaremos o listón alto e a comida do Xantar daranos impulso cando decrezan as forzas no bulleirento céspede do Couto”, sinalou Campelo

UD.Barbadás-Lugones SD. Copa do Rei 20/10/22
UD.Barbadás-Lugones SD. Copa do Rei 20/10/22
UD.Barbadás-Lugones SD. Copa do Rei 20/10/22
UD.Barbadás 2-Lugones SD 1. Copa do Rei 20/10/22
UD.Barbadás-Lugones SD. Copa do Rei 20/10/22
UD.Barbadás-Lugones SD. Copa do Rei 20/10/22
UD.Barbadás-Lugones SD. Copa do Rei 20/10/22
UD.Barbadás 2-Lugones SD 1. Copa do Rei 20/10/22
UD.Barbadás-Lugones SD. Copa do Rei 20/10/22
UD.Barbadás-Lugones SD. Copa do Rei 20/10/22
UD.Barbadás-Lugones SD. Copa do Rei 20/10/22
UD.Barbadás-Lugones SD. Copa do Rei 20/10/22
UD.Barbadás-Lugones SD. Copa do Rei 20/10/22
UD.Barbadás-Lugones SD. Copa do Rei 20/10/22
UD.Barbadás 2-Lugones SD 1. Copa do Rei 20/10/22
UD.Barbadás-Lugones SD. Copa do Rei 20/10/22
UD.Barbadás-Lugones SD. Copa do Rei 20/10/22
UD.Barbadás-Lugones SD. Copa do Rei 20/10/22
UD.Barbadás-Lugones SD. Copa do Rei 20/10/22
UD.Barbadás-Lugones SD. Copa do Rei 20/10/22

Barbadás Quéreo Viveo, Deportes, Novas, Turismo

CONTENT.1728681289

12/11/2022

Barbadás segue a apostar polo deporte coa celebración do I Ciclocross Apersa Audi

Inscricións en www.ourensetermalcc.com e en www.fgalegaciclismo.es

BARBADÁS ACOLLERÁ O  I CICLOCRÓS APERSA AUDI O DÍA 19 DE NOVEMBRO A PARTIR DAS 13:30H.

 

A previsión é que as inscricións cheguen aos 300 ciclistas

 

As inscricións realízanse en www.ourensetermalcc.com e en www.fgalegaciclismo.es

 

  • Este mediodía tivo lugar a presentación do evento deportivo “I Ciclocross Apersa Audi Concello de Barbadás. No acto estiveron a tenente alcalde, Victoria Morenza, o delegado territorial de Deportes da Xunta, Manuel Pérez, e o concelleiro de Deportes, Abel Pérez. Tamén estiveron Alberto del Río, técnico da Federación Galega de Ciclismo, o presidente do Clube Ciclista Ourense Termal, Daniel Rodríguez, José Carlos Sanmiguel, corredor do clube e o principal patrocinador, Martín Manso, de Apersa Audi en Ourense.

 

  • Victoria Morenza, tenente alcalde de Barbadás, destacou que “unha vez máis Barbadás aglutina o interese polo mundo do deporte. Temos moitos eventos en torno ao mundo do motor, da montaña, do atletismo ou do fútbol. Mesmo este sábado temos un partido importante da Copa do Rei no estadio de O Couto.”
    Esta implicación “demostra que Barbadás aposta polo deporte e polo feito de que todos estes eventos que se celebran ao longo de todo o ano revirten na economía local e tamén na oferta de ocio e tempo libre para a veciñanza non só do concello de Barbadás senón tamén da cidade de Ourense e da súa contorna, que en numerosas ocasións se achegan aquí a Barbadás para desfrutar de toda esta oferta, neste caso deportiva, aínda que tamén temos oferta de tipo cultural e de lecer tamén moi ampla”.

 

  • Morenza agradeceu “ao Clube Ciclista Ourense Termal que elixira Barbadás para celebrar este primer evento en torno ao mundo do ciclismo e tamén ao voluntariado, á Policía Local, a Protección Civil de Barbadás que farán posible este ciclocrós na contorna do polideportivo de Barbadás”.

 

  • Manuel Pérez, delegado territorial de deportes da Xunta de Galicia en Ourense, asegurou que “como bien decía la teniente alcalde, Barbadás está de moda, el deporte está de moda. Hace poco estuvimos aquí presentando actividades de motor, esta semana es especial porque Barbadás con el equipo de fútbol que viene al estadio de El Couto, un partido en el que se van a a llenar las gradas, va a ser un auténtico espectáculo, va a sonar el nombre de Barbadás a nivel nacional con una competición de gran prestigio como es la Copa del Rey, después de la Liga”.

 

  • Pérez sinalou que “hay que agradecer este tipo de eventos que sólo son posibles porque las instituciones los apoyamos, el Concello en este caso, Xunta de Galicia pero también la aportación privada ya que sin el apoyo privado sería muy difícil porque las instituciones estamos un poco cumpliendo con nuestra obligación y responsabilidad apoyando este tipo de iniciativas pero que no serían posibles sin el patrocinio privado, que es totalmente desinteresado, una labor que intentaremos que se premie más cambiando ciertas normas de patrocinio para que con este tipo de iniciativas se puedar realizar eventos de gran nivel”.

 

  • Segundo o delegado territorial el Club Ciclista Ourense Termal está creciendo como club, esta prueba es nueva, es de mucha categoría que va más allá, es un evento deportivo de gran nivel de un deporte de moda como es el ciclocrós y va a ser un espectáculo hacerlo en el casco urbano de Barbadás”.
    Agradeceu á federación, “que ejecuta y apoya este tipo de iniciativas, gracias por concederle a Ourense esta oportunidad, que salga todo bien y estamos convencidos de que será todo un espectáculo”.

 

  • Abel Cortés, concelleiro de Deportes de Barbadás, reiterou “os agradecementos, sobre todo, a representación que temos aquí do principal patrocinador, e outros patrocinadores que temos dentro do concello porque sen eles tampouco sería posible un evento destas características, ao igual que os corpos de seguridade, protección civil, voluntariado…”.

 

  • Cortés apelou a que participantes e público “respecten as normas de seguridade e polo respeto este fin de semana”. Agradeceu tamén ao Club Ciclista Ourense Termal por elixir o concello de Barbadás para a realización desta proba “que é novidosa este ano e é unha continuación da aposta deportiva de Barbadás, e será o último gran evento deportivo do ano no concello”.

 

  • O concelleiro de deportes explicou que esta proba “é unha proba máis para levar o nome do Concello de Barbadás por Galicia, é unha proba do circuíto galego de ciclismo, e por España como as anteriores probas deportivas que se fixeron no concello”.
    Engadiu que “agardamos un gran retorno, unha gran afluencia de público pola expectación que xera a proba”.

 

  • Daniel Rodríguez, presidente do Clube Ourense Termal, reiterou os agradecementos ao delegado da Xunta, Manuel Pérez, ao Concello de Barbadás, a Apersa e á Federación.
    Rodríguez aseguron que “para nós é unha oportuniade como clube sempre e trataremos de facelo o mellor posible, non só competindo, senón organizando probas e o único que desexamos é que todo saia perfecto e que o Concello quede satisfeito e segan a  apostar polo deporte”.

 

  • Alberto del Río, técnico da Federación Galega de Ciclismo, reiterou os agradecementos a institucións públicas, a empresas privadas, que son importantísimas e ao clube, sobre todo.

 

  • Del Río resaltou que “o ciclocrós é realmente unha disciplina ciclista invernal que está tendo moito auxe a nivel nacional, estamos subindo e Galicia, que está sendo unha das potencias actualmente nacionais neste ámbito, tanto en organización de eventos como en deportistas. Todo elo grazas, sobre todo, aos clubes organizadores, aos equipos que teñen corredores como é Ourense Termal”.

 

  • A proba do I Ciclocrós Apersa Audi “é unha proba de carácter nacional. É unha proba punto 5 (3 3 punto 5), é a sexta proba da Copa de Galicia de ciclocrós que este ano está composta por 15 probas”.

 

  • Destacou que “terá unha repercusión bastante boa, sobre todo nesta época invernal que está moi parada nos concellos, atrae bastante público e creo que é favorable para os concellos o ciclocrós e máis se o levan ao centro da cidade que é un punto clave”.

 

Barbadás Quéreo Viveo, Deportes, Novas

CONTENT.1728681289

08/11/2022

Barbadás estará por primeira vez en “Xantar” ofrecendo productos artesanais e potencialidades de natureza, música e deporte

Do 9 ao 13 de novembro de 2022, en Expourense

BARBADÁS ESTARÁ REPRESENTADA POR PRIMEIRA VEZ NUN STAND TURÍSTICO EN “XANTAR”

O público poderá degustar produtos típicos de Barbadás: mel, marmeladas, cervexa artesanal, repostería, produtos de beleza

O deporte tamén estará representado pola visita ao stand de xogadores da Unión Deportiva Barbadás, equipo que o día 12 xogrará un partido da Copa do Rei contra o Valladolid no estadio do Couto

O stand de Barbadás terá tamén animación musical coa presenza de músicos tradicionais de Nova Fronteira o venres e o sábado

  • O Concello de Barbadás terá presenza por primeira vez no Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebrará entre os días 9 ao 13 de novembro.

 

  • O stand turístico ofrecerá unha variedade de produtos artesanais: mel, marmeladas, cervexa, repostería, produtos de beleza, purés e cremas de verduras e hortalizas.

 

  • O espazo de Barbadás ofrecerá aos/ás visitantes información turística sobre o municipio a través da difusión de un díptico onde se poden coñecer as potencialidades: a zona natural de O Pisco(Barbadás), a Fraga de Louredo (Santa Uxía), o Museo da Gaita de Fole e o Museo Etnográfico de Loiro.

 

  • No folleto turístico tamén se desgrana as potencialidades patrimoniais de Barbadás: igrexas, capelas e os 3 pazos, o de Bentraces, o de Lemos (San Lourenzo de Piñor) e o da Mitra (Sobrado do Bispo).

 

  • O novo folleto turístico especifica as posibilidades que existen no ámbito das rutas naturais. Un total de 9 rutas cos correspondendes códigos QR para realizalas: San Bieito de Cova do Lobo; Barbadás-Os Castros-Aponte; A Valenzá-O Tangaraño; A Valenzá-San Bieito; A Valenzá-Miradoiro do Miño-Piñor; Ruta por Barbadás; A Valenzá-A Botoureira; A Valenzá-Celanova e por último a da Fervenza de Barbadás.

 

  • No stand de Barbadás poderán coñecerse os produtos artesanais da empresa agroalimentaria Jofesa baixo a marca “Fit Fruit”: cremas de cabaza, de verduras, de cenoria, de allo porro e de calabacín. Tamén marmeladas cento por cento naturais: de cirola vermella, de fresa, gourmet tomate, extra de kiwi, de melocotón, albaricoque, cereixa, ou piña e mango. Tamén elaboran unha ampla variedade de purés de froitas para os/as máis cativos/as.

 

  • A cervexa A Esmorga e o Mel de Ousande e polen do mesmo productor tamén estarán presentes no stand promocional de Barbadás.

 

  • Ademais estará a Asociación Apícola de Galicia, con sede no Centro Empresarial Transfronteirizo, expoñendo a súa gama de produtos de beleza elaborados a base de mel. “Bela colmea”.

 

  • Estarán todos os días en horario de 12 do mediodía a 20,00 horas.

 

  • No apartado gastronómico terán presenza o finalista do concurso de pinchos “Barbadás a bocados”, Daytona. Tamén estarán representados os establecementos Toffee Glass, tenda e Pastelería Alento. Estará o domingo 13 de novembro entre as 13,00 e as 14,00 horas.

 

  • A tenda de repostería creativa Toffe Glass ofrecerá uns doces artesanais denominados “alfajorcitos” clásicos e con baño de chocolate. Estará o venres ás 20,00 horas.

 

  • A panadería e pastelería Alento ofrecerá unha representación de doces artesanais. Estarán o venres ás 19,30.

 

  • O deporte tamén estará representado pola visita ao stand de xogadores da Unión Deportiva Barbadás, equipo que o día 12 xogrará un partido da Copa do Rei contra o Valladolid no estadio do Couto. Estarán o xoves ás 20,00 horas.

 

  • O stand de Barbadás terá tamén animación musical coa presenza de músicos tradicionais de Nova Fronteira o venres e o sábado. Estarán o venres e sábado a partir das 19,30.

O Concello de Barbadás en Xantar 2022  

 

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1728681289

07/11/2022

Melloras en viais en Barbadás: reforma do pavimento na rúa Zama, en Piñor

Mellorará a seguridade viaria e peonil na zona.

A MELLORA DA PAVIMENTACIÓN NA RÚA ZAMA, EN SAN LOURENZO DE PIÑOR, MELLORARÁ A SEGURIDADE VIARIA E A MOBILIDADE NESTA ZONA

 

  • O Concello de Barbadás, no seu afán de mellorar a seguridade viaria dos diferentes viarios onde se proxectan realizar as actuacións que vertebran ámbitos das diferentes parroquias do Concello, ve necesario a reposición de firmes dalgúns camiños ou viais existentes. Recentemente procedeuse ao asfaltado da rúa Zama, en San Lourenzo de Piñor.

 

  • A finalidade da intervención é conservar ou mellorar as súas características funcionais de seguridade, comodidade e mobilidade, así como a protección do conxunto do firme: aumento da durabilidade, impermeabilidade, uniformidade, especto, ectc.

 

  • A rúa Zama tiña tramos con defectos na súa plataforma que requeriron a súa demolición ou escarificación e posterior compactación e creación de un novo firme. Nos tramos onde non se atopaba danado o firme, proxectouse a solución de realizar limpeza enérxica superficial, eliminando os baches.

 

  • Ao longo da rúa Zama efectuouse a aplicación de unha execución do firme mediante o sistema de triple rego asfáltico.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou “a importancia de executar pavimentacións no medio rural, fundamentalmente naqueles viais que presentaban un aspecto máis deteriorado. Tamén se pretende mellorar a mobilidade e a seguridade nesta rúa”.

 

  • A concelleira de Infraestruturas, Vías e Obras, Victoria Morenza, explicou que “esta actuación enmárcase nunha serie de proxectos de mellora de viais , reforma de parques e novas dotacións que empezaron a executarse hai unhas semanas e que redundarán na mellora de infraestruturas e da seguridade de peóns e automobilistas”.

 

  • O orzamento da reforma do pavimento na rúa Zama coa dotación de triple rego asfáltico ten un orzamento de 45.638 euros e foi executado pola empresa Viso e Hijos.

Barbadás Quéreo Viveo, Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1728681289

07/11/2022

Campaña de recollida de xoguetes para o Banco Solidario de Barbadás

Campaña solidaria de recollida de xoguetes Nadal'2022 - Concello de Barbadás

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES PARA O BANCO SOLIDARIO DE BARBADÁS

“Este Nadal xoguetes para todos e todas” é o título desta campaña solidaria promovida pola Concellería de Servizos Sociais

“O teu xesto é un sorriso!” é o espírito desta campaña solidaria de recollida de xogos e xoguetes

As doazóns, poderanse entregar,  desde o 14 de novembro ata o 28  de novembro  no polideportivo da Valenzá, na rúa Calzada Romana, de luns a venres de 10:00  a 13,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas.

  • Este Nadal xoguetes para todas e todos” é a finalidade desta campaña solidaria promovida pola Concellería de  Servizos Sociais.

 

  • O teu xesto é un sorriso!” é o espírito desta campaña solidaria de recollida de xogos e xoguetes.

 

  • Como cada ano nestas datas tan entrañables, desde o Concello de Barbadas “cremos na importancia de manter a ilusión e os sorrisos dos mais pequenos. Con esta premisa naceu hai dous anos a campaña de “O teu xesto conta” da que tantos das/os nosas/os pequenas/os do concello se beneficiaron”, salientou o rexedor de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel.

 

  • Un ano mais, a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Barbadas inicia unha campaña de recollida de xoguetes con destino ao Banco Solidario para levar a ilusión e sorriso a nenos e nenas neste Nadal.

 

  • A concelleira de Servizos sociais, Elisabet González Nistal, explicou “as/os pequenas/os poderán gozar de xoguetes, xogos, libros, etc que desexen doar outras familias para que o espírito do Nadal chegue a todos os fogares”.

 

  • Valcárcel indicou que “con esta iniciativa “buscamos que o xoguete sexa un elemento trasmisor de valores como a xenerosidade, a gratitude, a empatía e  facer conscientes a nenas e nenos da importancia que teñen e que estes valores formen parte do seu desenvolvemento como persoas”.

 

  • A concelleira de Servizos Sociais, Elisabet González Nistal, asegura que o obxectivo desta campaña é que, os pequenos das  familias máis vulnerables  do  concello de Barbadas, non queden sen o seu xoguete nunha noite tan enche de maxia, fantasía e ilusión para eles.

 

  • A cadea solidaria da campaña de doazón de xoguetes ten como finalidade “doar un xoguete”, sempre en bo estado, (quedan excluídos todo tipo de xoguetes bélicos) para contribuír a que os/as nenos e nenas poidan gozalos neste Nadal.

 

  • As doazóns, poderanse entregar, desde o 14 de novembro ata o 28  de novembro  no polideportivo da Valenzá, na rúa Calzada Romana, de luns a venres de 10:00  a 13,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas.

 

  • Todos os xoguetes doados serán clasificados por idades e envolveranse, polos voluntari@s do Banco Solidario do Concello de Barbadas.

 

POLO DEREITO DE QUE TODOS O NENOS E NENAS TEÑAN  UN XOGUETE ESTE NADAL

 

 

Barbadás Quéreo Viveo, Novas, Servizos sociais

CONTENT.1728681289

03/11/2022

Programación en Barbadás para conmemorar o 25N

Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

Presentación 25N'2022 - Concello de Barbadás

BARBADÁS PRESENTA UNHA AMPLA PROGRAMACIÓN PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Obradoiros, actividades divulgativas, teatro, reunións inter-institucionais e exposicións de pintura conforman o programa de Barbadás en torno ao 25N

A instalación do stand “Agresión off” abrirá a programación organizada pola Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller de Barbadás

 

  • Hoxe ao mediodía tivo lugar a presentación da programación do 25N, Día internacional da eliminación da violencia de xénero, un abano de actividades que se desenrolarán en Barbadás ao longo dos meses de novembro e decembro.
  • O acto de presentación estivo presidido polo alcalde de Barbadás, o socialista Xosé Carlos Valcárcel. Estiveron Victoria Morenza, tenente alcalde, a concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, a técnica de Igualdade do Centro de Información á Muller de Barbadás, María Armada, e a psicóloga do CIM, Mónica González.
  • O rexedor de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou que “para o noso goberno é unha prioridade absoluta ter presente este día, precisamente porque en relación á violencia de xénero está habendo un certo retroceso na concienciación e na importancia que ten esta situación”.
  • Valcárcel lamentou que sexa “unha lacra absoluta o que está ocorrendo coas mulleres en relación as agresións e á violencia e consideramos que é fundamental este día para precisamente traballar na prevención porque hai un ámbito, un campo ou un eido que hai que ter moi presente: a mocidade”.
  • Nas últimas enquisas “hai datos que indican que preto dunha cuarta parte da xuventude considera que a violencia de xénero non é un problema grave, non están concienciados e concienciadas desta situación, e temos que traballar na eliminación dos micro-machismos”, indicou Valcárcel.
  • O Concello de Barbadás está facendo un gran traballo neste ámbito, en este eido e precisamente porque hai non moito tempo hai un convenio subscrito coa Subdelegación do Goberno en relación coa violencia de xénero, detallou o alcalde. Destacou tamén o traballo que se está realizando dende o Centro de Información da Muller, un recurso propio do concello de Barbadás e que atende a moitas persoas incluso fóra do noso concello”.
  • Valcárcel resaltou que “cremos que a ideoloxía si que é importante neste ámbito, porque hai partidos políticos que están precisamente en contra de traballar no ámbito da violencia de xénero, polo tanto a concienciación, a prevención e de novo a sensibilización son fundamentais”.
  • A concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, asegurou que “como todos os anos, unha vez mais, o Concello de Barbadás, súmase á conmemoración do día 25 de Novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, e con este motivo temos programadas unha serie de actividades ao longo dos meses de novembro e decembro”.

 

  • A primeira delas terá lugar mañá venres e consistirá na colocación dun stand informativo que ten como título “Agresión Off: eu digo non á violencia de xénero” que pretende formar e informar á poboación de Barbadás contra a violencia sexual. Estará situado nas inmediacións da rotonda da familia dende as 16:00h ata ás 22:00h.

 

  • O venres día 4 de novembro en xornada de tarde, concretamente ás 20:00h, terá lugar a inauguración da exposición de pintura “Disconformes…” de Ana Ferreiro na Sala de exposicións da Casa da cultura Manuel María e que se poderá visitar ata o día 9 de decembro.

 

  • Tamén o venres, día 18, na Casa da Cultura Manuel María teremos a oportunidade de desfrutar da obra de teatro “Golpes”. As invitacións poderanse retirar na Casa de Cultura nos días previos.

 

  • O sábado 26 de novembro, debido á gran demanda que tiveron estes obradoiros en edicións anteriores, volvemos a repetir a actividade de autodefensa para mulleres, que terá lugar na Casa da Mocidade ás 11:00h.

 

  • En decembro terá lugar a reunión ordinaria da Mesa de Coordinación Inter-institucional fronte á violencia de xénero do Concello de Barbadás, que coma sempre contará coa asistencia da Unidade contra a violencia de xénero da Subdelegación do Goberno, da Secretaria Xeral de Igualdade, con representantes das forzas e corpos de seguridade, dos centros educativos e sanitarios do concello, así como con representación dos servizos sociais de Barbadás e Taboadela e do Centro de Información á Muller. Será o venres día 2 de decembro ás 10:00h no Salón de Plenos do Concello. O obxectivo destas reunións é a coordinación entre todos os profesionais e as profesionais implicados/as na atención ás vítimas da violencia de xénero.

 

  • Ese mesmo día ás 20:00h na Casa da Cultura poderemos desfrutar novamente dunha representación teatral co título “Por unha peseta” da compañía Apatacón. Retirada de invitacións nos día previos na Casa da Cultura.

 

  • Concello de Barbadás continuará la liña de colaboración cos centros educativos da contorna, xa que dende o Concello de Barbadás “consideramos que o traballo coa infancia e a mocidade é fundamental de cara a acadar unha sociedade mais xusta e igualitaria e este traballo débese facer de forma continua”.

 

  • Nesta ocasión levaremos aos centros educativos uns obradoiros titulados “Quérote, Quérome”, que son unha proposta para a prevención da violencia machista entre a mocidade. Levaranse a cabo dende o 14 de novembro ata o 16 de decembro e están dirixidos ao alumando de 4º e 5º de Primaria do Filomena Dato e O Ruxidoiro e a 1º da ESO do Luis Vives e do Ferro Couselo.

 

  • E por último, o día 16 de decembro, ás 20:00h, teremos a inauguración de outra exposición de pintura que leva por nome “Acrílico sobre 50 sombras de Grey e Lorazepán”, arte contra a violencia de xénero da artista Ana Peaguda. A exposición poderase visitar ata o día 3 de xaneiro de 2023.

Barbadás Quéreo Viveo, CIM-Centro de Información á Muller, Novas

CONTENT.1728681289

02/11/2022

Presentación do Obradoiro dual de emprego Taboadela, Toén, San Cibrao e Barbadás

O acto tivo lugar no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás

BARBADÁS, TOÉN TABOALELA E SAN CIBRAO PRESENTARON O OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO

Os rexedores destacaron a colaboración institucional entre os concellos e a importancia deste tipo de iniciativas para fomentar o emprego e a inserción laboral

O Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás foi o escenario no que se presentou esta mañá o Obradoiro dual de Emprego dos Concellos de Barbadás, Taboadela, Toén e San Cibrao.

  • O inicio do obradoiro contou coa presenza dos alcaldes de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, Toén, Ricardo González e Taboadela, Alvaro Vila. O rexedor de San Cibrao, Pedro Fernández, non puido acudir por cuestións de axenda.
  • O rexedor de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, explicou que “é unha oportunidade para a inserción no mundo laboral de todo o alumnado que participa nos obradoiros, dado que son dúas especialidades que teñen unha elevada demanda”.
  • Valcárcel fixo un “especial agradecemento os concellos de San Cibrao das Viña, Taboadela e Toén pola colaboración de poder levar a cabo un obradoiro entre catro administracións locais de distinto sino político, o cal demostra que os concellos traballan máis ala das ideoloxías”.
  • O Obradoiro dual de emprego contará con 1 director/a, 2 docentes e 1 administrativo e un profesor de educación básica.
  • Respecto ao alumnado, serán 20 os participantes contando cada obradoiro con 10 alumnos e repartidos entre os catro concello da seguinte maneira. Barbadás aporta 12 alumnos, Taboadela 4 e Toén e San Cibrao das Viñas 2 alumno por concello.
  • O obradoiro abrangue dous ámbitos didácticos:    
  • Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes cunha duración total de 270 horas.
  • Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización cunha duración total de 340 horas.
  • Valcárcel detallou que mediante as obras preténdese acondicionar unha serie de camiños de gran valor natural e paisaxístico, así como os elementos patrimoniais asociados a estas vías rurais, co obxectivo de recuperar estes espazos para uso e goce dos veciños e de potenciar o paisaxe dándolle un complemento de beleza a lugares representativos”.
  • Ademais, estas actuacións incorporaríanse aos diferentes plans e estratexias municipais para facer fronte ao risco de incendios forestais. A limpeza e supresión da biomasa nos camiños diminuiría o risco de propagación e facilitaría os labores de extinción.

 

  • O alcalde de Toén, Ricardo González, deu a benvida ao alumnado a este segundo obradoiro de emprego. É é un pracer e unha honra, tamén unha responsabilidade poder colaborar con estas oportunidades de formación, de especialización e aportar oportunidades laborais a persoas coma vos que tendes interese en mellorar o voso currículo profesional e coller unha profesión tan demandada como dicía o alcalde hai uns minutos, como son os traballos de albanelería e finalización de cubertas ou traballos forestais”.
  • González agradeceu ao Concello de Barbadás “por levar todo o peso administrativo da xestión e coordinación deste obradoiro, e particularmente ademais do alcalde, á tenente alcalde, Victoria Morenza”. Agradeceu tamén á Xunta de Galicia “os recursos que pon enriba da mesa para que este obradoiro funcione con vinte alumnos durante un ano e que podades saír cunha formación suficiente e necesaria e sen presa para abordar as necesidades dos dous obradoiros individualmente”.
  • Por último, o rexedor de Toén destacou  “a colaboración entre concellos, é imprescindible polo custo que teñen estar formacións poder colaborar entre concellos e o final o que nos une é a poboación, son os veciños e son as oportunidades laborais que temos que potenciar e temos que traballar neste sentido sen mirar individualidades nin mostrar diferencias, senón todo o que nos une que o final é o servizo á cidadanía”.

.

  • En canto a Toén, “imos traballar no remate e na mellora dunha cuberta dunha instalación pública que agora mesmo ten algunhas deficiencias e tamén vamos a traballar no aspecto de mellora e desbroce de camiños que como sabedes somos un concello rural e temos varias rutas de sendeirismo e moitos camiños públicos, xa que temos 54 km2 de territorio e aí vamos a traballar tamén arreo para que entendades e poidades poñer en valor a formación tamén no ámbito da mellora forestal”, indicou Ricardo González.
  • Finalmente desexou ao alumnado e equipo coordinador “un ano de formación e de traballo práctico-teórico moi produtivo, que saiades moi fortes, que non haxa baixas durante o curso porque creo que esta formación e a titulación que ides a ter, creo que merece moito a pena para a saída laboral, así que moitos éxitos a todos e benvidos a este obradoiro”.
  • O alcalde de Taboadela, Álvaro Vila, destacou que “este obradoiro é unha colaboración entre catro concellos con plena sintonía para levar a cabo un investimento moi importante, neste caso da Xunta de Galicia, e quixera resaltar dúas cousas, con respecto o obradoiro que tivemos fai dous anos, este ano ten unha duración superior, antes eran nove meses, agora é un ano e tamén dicir que o collades con forza e con aproveitamento”.
  • No caso do concello de Taboadela, “a xente que participou no programa de hai dous anos, houbo unha importante inserción laboral da xente que participou, incluso un deles agora está traballando no concello. Non desaproveitedes a finalidade que ten que é en definitiva a inserción laboral”.
  • “No concello de Taboadela seguimos apostando dende o primeiro día que empezamos que foi para a recuperación do patrimonio hidrográfico e aí vamos a enfocar as actuacións, concretamente en dúas fontes e lavadoiros que temos o longo do concello que son o de Santa Leocaia, o de Palacio e o de Barrio e mellorar as rutas de sendeirismo e camiños rurais, recuperamos unha moi importante de camiños e seguimos apostando pola recuperación e a posta en valor dos camiños rurais
  • Finalmente deu os parabéns a todos/as seleccionados/as e invitounos e iniciar a nova senda formativa con ganas e pensade que a valoración dos monitores vai a ser importante para a hora de inserción laboral tanto en empresas como nos concellos correspondentes
  • Actuacións no Concello de Barbadás

Módulo albanelería:

Traballos de acondicionamento, conservación, mantemento e rehabilitación do lavadoiro público situado no lugar de As Quintas (rúa Roble). As obras teñen un marcado carácter de obra menor, e non perseguen un cambio de uso nin unha alteración estrutural da construción, senón máis ben preténdese a súa rehabilitación que, en ningún caso, será de carácter integral. Dentro do contexto da actuación, e en canto o conxunto que se desexa restaurar, podemos sinalar o lavadoiro e a súa canle de entrado como os elementos reseñables a preservar, propoñendo como obxectivo principal realizar un desmonte e retirada da cuberta de fibrocemento existente, incluíndo os piares metálicos, recuperando así a imaxe vernácula do lavadoiro de pedra e instalando unha nova cuberta de tella.

Módulo forestal:

Labores forestais de acondicionamento e mantemento de camiños que forman parte de roteiros de sendeirismo (e outras) sen modificar o estado natural do terreo.

  • Actuacións no Concello de San Cibrao das Viñas: 

Módulo forestal:

Labores forestais de limpeza e mantemento da accesibilidade de varios camiños de titularidade municipal na parroquia de Soutopenedo.

Os traballos resúmense en:

– Roza da vexetación adventicia.

– Retirada dos residuos xerados ao lugar indicado polo Concello de San Cibrao das Viñas.

  • Actuacións no Concello de Taboadela:

Módulo albanelería:

Labores de acondicionamento de varios elementos do mobiliario urbano que forman parte do Patrimonio municipal. En concreto, a actuación proposta pretende favorecer a conservación e mantemento de tres fontes e lavadoiros públicos, en sintonía co obxectivo de poñer en valor os bens públicos catalogados de propiedade municipal e tendo en conta que se sitúan na contorna urbana de núcleos rurais de poboación.

– Lavadoiro de Santa Locaia en el núcleo rural de Santa Locaia

– Fonte do Pazo de Saturnino Soutomaior en el núcleo rural de Palacio

– Fonte e lavadoiro de Barrio en el núcleo rural de O Barrio

Módulo forestal:

Labores forestais de limpeza e desbroce de tres camiños de titularidade municipal.

  • Actuacións no Concello de Toén

Módulo albanelería:

Labores de reparación e mantemento da cuberta do edificio da piscina municipal.

A cuberta do edificio presenta problemas no tellado de tella cerámica, consistente no desprazamento das tellas cerámicas curvas sobre as placas basee nalgunhas zonas, especialmente nos beirados, rotura dalgunhas pezas e deterioracións puntuais do morteiro en limas e cumbrera. Os traballos de  albanelería consistirán na retirada e posterior recolocación das tellas desprazadas, fixación con morteiro e masillas e substitución das tellas rotas e adheridas en limas e cumbrera.

Módulo forestal:

Labores forestais de limpeza e conservación  varios camiños municipais.

  • Cada concello realizará as aportacións correspondentes aos materiais e subministros para realizar as obras.
  • Investimento da Xunta:

503.987 euros.

2022 con 176.395,45 €

2023 con 327.591,55 €

Barbadás Quéreo Viveo, Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas, Promoción económica

CONTENT.1728681289

29/10/2022

Estratexia de promoción da Saúde en Barbadás: presentación e mesa de traballo

BARBADÁS INICIA A SENDA PARA ELABORAR UN MAPA DE RECURSOS QUE TEÑAN UN IMPACTO POSITIVO NA SAÚDE E NO BENESTAR DA VECIÑANZA

Esta mañá tivo lugar a presentación da adhesión do Concello á Estratexia de Promoción da Saúde

Representantes veciñais, de servizos Sociais, Centro da Muller, Policía Local, Protección Civil, Urbanismo, colexios, farmacias participaron na mesa da traballo que significa o punto de partida para a iniciativa

  • Esta mañá tivo lugar a presentación da adhesión do Concello de Barbadás á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde.
  • A presentación foi o paso previo a unha mesa de traballo na que estiveron representados o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, a concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, e a tenente alcalde, Victoria Morenza.
  • Á mesa de traballo asistiron representantes dos colexios (directora do colexio O Ruxidoiro, Elena Gayo), dos Servizos Sociais, , farmacias responsable da farmacia de Barbadás, Portal Martínez), policía, protección civil, policía local, asociacións de veciños de Loiro (Julia Garrido) e Fonsillón Carlos García) e da asociación Fonval Teresa Santos), así como do departamento de Urbanismo.
  • O Concello de Barbadas acordou no Pleno ordinario do pasado mes de xuño a incorporación á Estratexia de Promoción da Saude e Prevención no Sistema Nacional de Saúde, “o que facilitará a posta en marcha de actuacións específicas para mellorar a saúde e prevencion de enfermidades entre a poboación”, sinalou o alcalde de Babadás, Xosé Carlos Valcárcel.
  • Esta adhesión e a liña de traballo iniciada sitúa a Barbadás nunha rede nacional con gran experiencia e co respaldo da Rede Española de Cidades Saudables (RECS).
  • O rexedor explicou que “esta estratexia propón o desenvolvemento progresivo de intervencións dirixidas a promocionar a saúde, previr as enfermidades, as lesións e a discapacidade, e actuar de maneira integral durante todo o curso da vida”.
  • O obxectivo é incidir sobre factores como a actividade física, a alimentación, o tabaco, o alcohol e o benestar emocional, tendo en conta o territorio no que vive a poboación.
  • “A finalidade é que a poboación de máis idade manteña o maior nivel de autonomía durante o máximo tempo posible”, destacou Valcárcel.
  • As actuacións da primeira fase desta estratexia consisten en facilitar información, recomendacións e apoiar a cidadaníasobre cómo facer que os seus estilos de vida sexan máis saudables, incluindo a realización de actividades de promoción da saúde polas parroquias e a elaboración dunha guía cos recursos dispoñibles no territorio para promover estes hábitos.
  • Posteriormente “as accións chegarán tamén á poboación infantil, embarazadas, persoas maiores continuaremos desenvolvendo actividades específicas que melloren a saúde e a prevención da fraxilidade e caídas, por entender esta situación como un dos maiores riscos para adiscapacidade e dependencia nesas idades”, apuntou o rexedor.
  • Valcárcel apuntou que “estamos precisamente neste momento, da constitución e da presentación desta estratexia de ámbito nacional. Estamos nun momento en que o benestar emocional é algo que preocupa porque está xerando, incluso no noso concello, unha presenza de autolesións, intentos de suicidio que é alarmante e no ámbito estatal é importante”.
  • “O que pretende precisamente é actuar sobre todos estes hábitos que acabamos de mencionar, tamén para mellorar hábitos do día a día dos nosos veciños e das nosas veciñas para que melloren precisamente a súa calidade de vida”, remarcou o rexedor.
  • O coordinador do proxecto, Rubén Varela, comentou que “do que se trata é da adhesión do concello a unha estratexia nacional, a unha proposta que hai dende o Ministerio de Sanidade, que ademais vai encamiñada á consecución dos obxectivos do movemento sostible, concretamente o obxectivo tres de saúde e benestar”.
  • Marca un pouco as políticas e o traballo de moitos dos nosos ámbitos: saúde, protección civil, servizos sociais….. neste caso concreto ponse o foco sobre o tema de saúde e benestar”, apuntou Varela.
  • Para Varela “é certo que os concellos son a administración máis cercana e a que ten que dar certas respostas. Certas respostas limitadas porque evidentemente as atribucións en materia de saúde son as que son para un concello e a veces coa saúde centrámonos no centro de saúde, na parte médica pero hai outras cousas que si nos afectan tamén”.
  • O coordinador da iniciativa indicou que “ten razón de ser que estea aquí a policía local, protección civil que este organismo por exemplo ven porque cando falando de que o entorno sexa seguro tamén temos que pensar pois que o camiño dos nosos fillos ata o colexio ten que estar ben planeado e ben estruturado e que sexa seguro para previr accidentes e é unha forma da cuidar da saúde da nosa cidadanía, non é solo que non teña caídas na casa, que tamén, ou que tome medicamentos”.
  • A estratexia realmente xa non en Barbadás, senón a nivel nacional, nace da necesidade de que a poboación está envellecendo pero os seus últimos anos non ten a calidade de vida que desexaríamos, entón temos que traballar sobre esa cuestión, non vale que cheguemos os noventa anos de media si a partires dos setenta e cinco estamos con mala calidade de vida, o que queremos é que cheguemos os noventa, os cen ou os que sexan pero que cantos máis anos podamos estar con maior calidade de vida.
  • Este foi o punto de partida polo cal se propuxo esta estratexia a nivel nacional e polo cal vai aterrizando tamén nos concellos.
  • O concello de Barbadás, como plantexaba o alcalde, non é que esa cuestión de envellecemento sexa agora a súa prioridade pero si que a tendencia está cambiando.
  • Na mesa de traballo evidenciouse que en Barbadás a pirámide poboacional está mudando porque a nova evolución indica que hai un 18 por cento da poboación maior de 65 anos, unha franxa na que se concentra unha maior vulnerabilidade.
  • A mesa de traballo desenrolada esta mañá evidenciou que é necesario coordinar esforzos en materia de saúde, así como recuperar espazos públicos para a cidadanía.
  • Dende o ámbito do Urbanismo abordouse a necesidade de seguir traballando nunha ruta escolar segura, poñer en marcha o “aubobús peonil”, é dicir, un sistema mediante o que alumnado, pais, nais e voluntariado acudan dariamente aos centros escolares de xeito conxunto, favorecendo as relacións sociais.
  • Abordouse tamén a necesidade de organizar actividades encamiñadas a explicar o uso e as vantaxes dos elementos biosaudables que hai nas parroquias.
  • Esta mesa foi o punto de partida para elaborar un mapa de recursos que teñan un impacto positivo na saude e o benestar da veciñanza.
  • A reunión intersectorial de hoxe puxo puxo tamén sobre a mesa o amplo abano de recursos e actividades que xa existen a prol da saúde hoxendía en Barbadás: talleres de alimentación saudable, de risoterapia, espazos para a práctica deportiva, Paseo da Saúde, polideportivo, ximnasios, escolas deportivas, andainas, actividades para mellorar a saúde no ámbito rural, etc.

Barbadás Quéreo Viveo, Novas, Sanidade

CONTENT.1728681289

27/10/2022

Presentación do RallyMix Barbadás 2022

O evento terá lugar os días 29 e 30 de outubro a través de un percorrido que abrangue o pobo de Barbadás e A Valenzá.

Rally mix Barbadás

A OITAVA EDICIÓN DO RALLYMIX DE BARBADÁS CELEBRARASE DURANTE ESTA FIN DE SEMANA E COMO NOVIDADE A META E O PARQUE PECHADO ESTARÁ NA VALENZÁ

A unhas horas de pecharse as inscricións hai 64 pilotos/as inscritos/as

 O evento terá lugar os días 29 e 30 de outubro a través de un percorrido que abrangue o pobo de Barbadás e A Valenzá.

  • A oitava edición do RallyMyx de Barbadás foi presentado hoxe ao mediodía nas instalación do polideportivo municipal. O acto de presentación contou coa presenza do alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcarcel, Rosendo Luis Fernández vicepresidente da Deputación de Ourense,  Victoria Morenza tenente alcalde e Abel Cortés, concelleiro de Deportes.
  • Asistiron tamén á presentación do evento deportivo,  Manuel Pérez, xefe territorial de Deportes da Xunta, Javier Barja, tenente xefe de Tráfico, Iván Corrral, presidente da Federación Galega de Automobilismo, Elsa Barreiros, de Barreiros Consultores, Jano Fraga, presidente da Escudería Ourense e Juan Carlos Villanueva “Marabú”, promotor da iniciativa.
  • Pepe Samapayo, organizador do evento, destacou que “un ano máis, e xa van oito, estamos celebrando o RallyMix de Barbadás, a proba máis antiga de todas as de esta categoría que se celebran en Galicia”.
  • O evento terá lugar os días 29 e 30 de outubro a través de un percorrido que abrangue o pobo de Barbadás e A Valenzá.
  • As inscricións aínda están abertas, aínda que xa hai 64 pilotos/as inscritos/as. Os horarios e as características e itinerarios da proba serán publicados en canto estean pechadas as incrición no Facebook da “Escudería Barbadás”.
  • Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, destacou que “este ano hai unha importante novidade neste evento porque o parque pechado estará ubicado na Valenzá, así como a meta, unha petición feita pola Escudería Barbadás, concretamente para a zona dos Amieiros, no entorno das piscinas municipais”.
  • O obxectivo deste cambio “é atraer máis público, de xeito que teña un retorno máis imporante que noutras edicións. Polo tanto o obxectivo é que haxa unha maior repercursión sobre o comercio de proximidade e a hostalería de Barbadás, debido á gran afluencia de espectadores/as que xenera este evento”.
  • Un dos motivos “polos que o goberno municipal de Barbadás colabora neste tipo de eventos deportivos pasa, por unha banda por potenciar o deporte, pero non menos importante é o aspecto económico que ten toda actividade que teña unha importante participación”, sinalou o rexedor.
  • Estes eventos “representan un enorme revulsivo para o tecido empresarial de calquera concello. Quero agradecer sobremaneira o traballo que realizan Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Barbadás así como da Garda Civil, e, por suposto a todo o equipo da Escudería Barbadás e ao voluntariado que colabora na organización e desenrolo do evento”, explicou Valcárcel.
  • O Concello, ademais da aportación económica, colabora cos efectivos antes citados e tamén no desbroce e recuperación de pistas e camiños tanto para os participantes como para o público en xeral, detallou o primeiro edil de Barbadás.
  • A Escudería Barbadás fai un gran esforzo para poder traer un evento de primeira categoría a Barbadás e o Concello quere trasladar que pretendemos seguir colaborando como ata de agora, apuntou Valcárcel, engadindo que “falamos dun evento que ten unha gran repercusión no mundo do motor a nivel de toda Galicia”.
  • Este goberno de Barbadás está apostando forte polo mundo do motor, sexa a catro ou a dúas rodas, como o temos demostrado traendo tramos do Rally de Ourense ou a recente proba de motocros e nos vindeiros día presentarase unha proba de ciclocross”, comentou Valcárcel.
  • O obxectivo do Concello de Barbadás é colaborar para ofrecer a veciños e veciñas un amplo abano de eventos deportivos de gran nivel diversificando tamén o tipo de deporte.
  • O vicepresidente da Deputación, Rosendo Luis Fernández, indicou que sen as institucións como Deputación ou Inorde este tipo de probas serían inviables.
  • Fernández destacou que “chegamos a octava edición do RallyMix de Barbadás e vemos que é para o campeonato de Galicia e esto ten un mérito importante porque estamos dende Ourense, dende Barbadás concretamente facendo probas automobilísticas que teñen repercusión galega”.
  • Rosendo Luis Fernández, asegurou que “como ben dicía o alcalde Valcárcel, hai un retorno, pero nós o facemos dunha forma máis ambiciosa, estamos creando un ecosistema deportivo automobilístico en Ourense, fixaivos ben, se celebrou noutros puntos da provincia, por suposto o Rally de Ourense, estamos en Barbadás, esto crea un ecosistema deportivo dunha cidade e dunha provincia de por sí xa con grande afición e moito aficionados ao automobilismo, polo tanto creo que estamos creando e dinamizando e participando e promocionando o territorio a través de probas deportivas, en este caso automobislísticas.”
  • Iván Corral, presidente da Federación Galega de Automobilismo, asegurou que non faría xustiza, teño que facela neste acto, de toda a xente que está aquí, tecido organizativo, os corpos e forzas de seguridade do Estado, Tráfico que sempre nos arroupa, Protección Civil, Policía Local. Escudería Ourense, escudería Barbadás, a Diputación, como non , eses sponsors sen os que non poderíamos completar os presupostos”.
  • O impulsor e “alma mater” do RallyMix de Barbadás, Juan Carlos Villanueva “Marabú”, destacou “o esforzo de moitas persoas para organizar este evento deportivo que xa ten unha sona a nivel galego e máis alá da comunidade galega”.

 

Barbadás Quéreo Viveo, Deportes, Novas

CONTENT.1728681289

22/10/2022

Plan pioneiro en Barbadás para a materia orgánica

Presentouse nunha carpa de información e divulgación do Plan de Xestión para a Materia Orgánica

BARBADÁS PON EN MARCHA UN PROXECTO PIONEIRO NA PROVINCIA DE OURENSE PARA A RECOLLIDA DO LIXO ORGÁNICO

Hoxe ao mediodía presentouse nunha carpa de información e divulgación o Plan de Xestión para a Materia Orgánica do Concello de Barbadás

  • Unha carpa situada na glorieta da familia foi o punto de partida de un proxecto pioneiro na provincia de Ourense, a recollida e transporte de bioresiduos. A presentación da iniciativa tivo lugar este mediodía e interviron, o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, a tenente alcalde de concelleira de Servizos Públicos, Victoria Morenza e o técnico de Medio Ambiente do proxecto, Manuel Pan.

 

  • O rexedor de Barbadás, o socialista Xosé Carlos Valcárcel, indicou que “o obxectivo desta convocatoria é presentarvos a campaña “Ti tes a chave”,unha campaña que promove a posta en marcha dun plan de xestión para a recollida da materia orgánica para a compostaxe no noso concello, así como a implantación do colector marrón que xa vistes antes e que será de aplicación en breve e que estará na rúa”.
  • Este proxecto “está destinado agora mesmo a 700 familias que poderán participar na recollida separada de materia orgánica e para eso o concello adquiriu cubos aireados de 10 litros de capacidade e 100 atados de bolsas compostables, irá acompañado dun folleto explicativo e unha chave que será entregada a cada unha das persoas que queiran participar neste proxecto e unha campaña explicativa que se fará o longo do que queda deste ano e do ano que vén”, explicou Valcárcel.
  • Para abrir o colector marrón “necesitaremos unha chave que permitirá abrilos e así conseguir un reducido número de impropios que nos permitirá despois trasladar esta materia orgánica dos colecctores e levala a unha planta de compostaxe”, detallou o rexedor.
  • Esta acción “vai dirixida tamén ao rural e a aquelas familias que teñan unha parcela de superficie igual ou superior a 50 metros cadrados poderán solicitar un dos 150 composteiros individuais que están a disposición da cidadanía e recibirán as visitas dos mestres composteiros que llo montarán e  explicarán como poñelo en funcionamento para así conseguir un compost de calidade que poderán aplicar o cabo dunha poucas semanas os seus propios cultivos e utilizalo como abono”, sinalou Xosé Carlos Valcárcel.
  • As persoas que queiran darse de alta neste proxecto poderán facelo a través da páxina web do concello barbadas.es , nas oficinas municipais da Valenzá no 988 39 31 68 ou no Concello no 988 36 00 00.
  • A tenente alcalde e concelleira de Servizos Públicos, entre os que se atopa a recollida de lixo, Victoria Morenza, apuntou que “para nós este proxecto é moi importante porque é pioneiro na provincia de Ourense. Con esta iniciativa preténdese sensibilizar á cidadanía das vantaxes de utilizar a fracción de materia orgánica e así o diminuír o contido total do lixo que xeramos melloramos a eficiencia económica do concello e o mesmo tempo diminuímos a cantidade de lixo que vai a Sogama”.
  • Morenza explicou que “as persoas que desexen participar neste proxecto teñen que facelo constar deste xeito para adherirse, entregaránselle uns cubos, un lote de bolsas e a chave. Colocaranse 50 contedores marróns na Valenzá e elíxese este tipo de sistema porque son edificios nos que vive moita xente que pode participar e tamén reducir e, sobre todo, porque este sistema está pensado para zonas urbanas”.
  • A entrega de composteiros no medio rural é unha iniciativa que xa iniciou o Concello de Barbadás hai 3 anos aproximadamente. Ata o momento xa se entregaron sobre 100 composteiros, unha entrega enmarcada nunha subvención do Ministerio de Medio Ambiente. Coa posta en marcha desta iniciativa de bioresiduos vanse entregar outros 150 composteiros. “Do que se trata é de incentivar no medio rural o tratamento da materia orgánica, evitando que vaia o contedor verde e deste xeito diminuír a cantidade de lixo, así como posibilitar o uso dos composteiros para a elaboración de abono”.
  • O Plan de Xestión da Materia Orgánica de Barbadás abrangue tamén unha campaña de dinamización e de sensibilización que se realizará nos vindeiros meses en tanto que o sistema poñrase en marcha a principios do vindeiro ano. Nos orzamentos recollerase unha contía que corresponde á recollida e transporte da materia orgánica que se recolla aquí en Barbadás vaise levan a unha planta”.
  • Na actualidade a Xunta non ten esta planta de tratamento e a planta máis próxima a Barbadás de estas característica é unha planta que está situada en Leiro.
  • Morenza indicou que “está claro que nos o proxecto ímolo por en marcha o vindeiro ano e imos incluír unha cantidade nos orzamentos porque a posta en marcha deste proxecto require unha aportación municipal importante, sobre todo para a recollida e o transporte”..
  • Valcárcel engadiu que “na páxina do concello hai un enlace no que se indica como se debe proceder ao tratamento de residuos por parte dos veciños e das veciñas a efectos de que teñamos unha calidade en canto a recollida de lixo mellor e que se apliquen as recomendacións que se fan do uso do cartón, do uso do contedor amarelo, do azul e do verde de forma correcta”.
  • En Barbadás as porcentaxes de separación de residuos (un total de 523.515,38 quilos), a recollida selectiva do contedor amárelo supuxo un 32,44 %, o vidro un 31,24 %, os residuos voluminosos un 10,24 %, a roupa usada un 4,82 por cento, o aceite vexetal un 1,19 % e os tapóns solidarios un 0,15 %.
  • A posta en funcionamento deste tipo de iniciativas “é unha cuestión máis ben ambiental e de concienciación da veciñanza. Son os obxectivos que se no esixe xa a Unión Europea dende hai anos”, indicou Manuel Pan.
  • Pan engadiu que “hai unha normativa que vai entrar en vigor en breve por parte do Goberno Central que é de obrigado cumprimento e que a queremos por en marcha canto antes, eso axudaría precisamente a que haxa unha calidade de vida de máis calidade e que tamén teña finalidade medioambiental. Acaba de entrar en vigor en Abril a nova lei de residuos de España que obriga a que os concellos neste ano e no que vén podan implantar a recollida separada de residuos”.

Barbadás Quéreo Viveo, Infraestruturas/Obras/Servizos, Medio ambiente, Novas

CONTENT.1728681289

12/10/2022

Proceso de selección para docente de educación básica para obradoiro de Barbadás, Toén, Taboadela e San Cibrao

BASES REGULADORAS DO PROCESOS DE SELECCIÓN DE DOCENTE DE BÁSICA DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO DENOMINADAO “CONCELLOS RURAIS DA COMARCA DE OURENSE II: BARBADÁS, SAN CIBRAO, TABOADELA E TOEN”.

O día da selección será o martes 25 de outubro ás 09.00 da mañá

O día da sondaxe será o martes 18 de octubre, polo tanto os/as aspirantes poderán anotarse no SEPE (oficina da Ponte) ata o luns día 17 de outubro pola mañá

  • Os contrato de traballo serán formalizados polo Concello de Barbadás, como entidade promotora coas persoas seleccionadas. Terá carácter temporal, cunha duración de 12 meses a xornada completa e coincidente coa duración do proxecto de obradoiro aprobado.
  • Para formar parte dos procesos selectivos os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos na data de expiración do prazo concedido para a presentación das solicitudes:
  1. Ter a nacionalidade española, sen prexuízo de ter outra nacionalidade que lle permita o acceso ao emprego público, conforme aos artigos 56 e 57 do TREBEP e ao art. 52 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia.
  2. Ter cumplidos os 16 anos de idade e non exceder, no seu caso da idade máxima de xubilación forzosa (requisito que deberá acreditarse coa presentación de copia do Documento Nacional de Identidade).
  3. Posuír ou estar en condicións de obter o día que remate o prazo de presentación de instancias, a titulación esixida nas bases específicas que rexan cada convocatoria . No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da correspondente convalidación ou credencial que acredite a homologación, certificada pola Administración competente.
  4. Posuír a capacidade e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das tarefas habituais e funcións da praza a que aspira. Este extremo deberá ser acreditado mediante a presentación do correspondente certificado médico previa á contratación.
  5. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que estivese separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ó emprego público.
  6. Non estar incurso en causas de incompatibilidades de conformidade co disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.
  7. Posuir o nivel de língua galega correspondente a un CELGA 4, de conformidade co establecido no artigo 51.1 da Lei do Emprego Público de Galicia.
  • Os anteriores requisitos deberanse reunir con referencia ao último día de prazo de presentación das instancias e manterse durante o desenvolvemento do proceso selectivo.
  • Ademáis dos anteriores, deberá posuir os o título de Graduado que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en Educación Primaria, mestres que estean en posesión do título universitario oficial de mestre en calquera das súas especialidades, diplomados en Profesorado de Educación Xeral Básica en calquera das súas especialidades, ou Mestres de Primeira Ensinanza.
  • A selección dos candidatos farase segundo o disposto nas citadas Orde e Instrucción mediante a designación do lugar, data e hora na que se deberán presentar coa documentación acreditativa dos méritos sinalados nas bases da convocatoria. A tal efecto, establécese como día de inicio do período de selección o MARTES 25 DE OUTUBRO ÁS 09.00 a.m. no edificio do Concello de Barbadás, sito na Rúa Cimadevila 1 de Barbadás. Rematada a selección e ordeación do alumnado, procederase a publicar a lista de alumnos seleccionados por orde de puntuación segundo os méritos previstos na Base Terceira.
  • sistema de selección constará das seguintes fases:

Entrevista persoal, cun máximo de 10 puntos.

Fase de baremación dos méritos por servizos profesionais, cun máximo de 30 puntos e formación, cun máximo de 20 puntos.

Proba de galego, de ser o caso.

  • Pasarán á fase de entrevista os/as candidatos/as, enviados pola oficina de emprego, que cumpran cos requisitos establecidos nestas bases reguladoras do proceso de selección.
  • A entrevista persoal, que deberá facerse con anterioridade á baremación dos criterios obxectivos, consistirá na celebración dunha entrevista individual coa persoa candidata coa finalidade de determinar as aptitudes e capacidades persoais así como avaliar o interese do candidato en participar no proxecto, tanto as de carácter xeral como as relativas á súa adecuación ás singularidades do proxecto formativo.
  • A entrevista persoal versará sobre coñecementos, capacidades, habilidades e destrezas necesarias para o desempeño do posto e sobre coñecementos relacionados co Programa de Escolas Obradoiro e Obradoiros de Emprego, cos Programas de Emprego e Formación Ocupacional, etc.

Esta fase, que non será eliminatoria, valorarase cunha puntuación máxima de 10 puntos.

MÉRITOS POR SERVIZOS PROFESIONAIS

Neste apartado valoraránse os servizos profesionais, como máximo con 30 puntos (60% da cualificación final) do total dos méritos, segundo o seguinte baremo:

  • Por servizos prestados en Obradoiros de empregos xestionados por administracións públicas na mesma, equivalente ou análoga categoría profesional: 1 punto por cada mes de traballo cun máximo de 30 meses.
  • Por servizos prestados en Obradoiros de empregos xestionados por administracións públicas en diferente categoría profesional: 0,75 punto por cada mes de traballo cun máximo de 40 meses.
  • Por servizos prestados en empresas privadas na mesma, equivalente ou análoga categoría profesional: 0,60 puntos por cada mes de traballo cun máximo de 50 meses.
  • Por outros servizos prestados no sector público, entendendo por tal o ámbito de aplicación da Lei 40/2015, previsto no seu artigo: 0,50 puntos por cada mes de traballo cun máximo de 60 meses.

Entenderase por categoría profesional análoga na que existe unha relación de identidade esencial ou equivalencia de funcións entre o posto de traballo ofertado e o mérito alegado.

Os servizos prestados valoraranse en función do tempo transcorrido e computaranse realizando a suma en días dos períodos acreditados, non computándose as fraccións inferiores ao período de referencia e entendendo que un mes consta de 30 días naturais.

Os servizos prestados a tempo parcial valoraranse proporcionalmente, agás que a redución obedeza a algún dos supostos previstos na normativa sobre redución de xornada por motivos de lactancia, coidados de familiares e demais supostos fundados na conciliación da vida familiar e laboral.

 MÉRITOS POR FORMACIÓN.

Neste apartado valoraránse os méritos por cursos relacionados co posto de traballo e a titulación académica distinta e superior á requirida para o acceso ao proceso selectivo e outros méritos académicos, como máximo con 20 puntos (40% da cualificación final) do total dos méritos, segundo o previsto nos seguintes apartados:

Valorarase a realización de cursos homologados polas diferentes administracións públicas, ou outras entidades do sector público, ou os realizados no ámbito da formación para o emprego ou os acordos da formación continua relacionados coas funcións propias da praza obxecto da convocatoria e os considerados de coñecemento transversal para todos os postos de traballo, entre outros, os de coñecemento da lingua galega, os relacionados coa prevención, cos dereitos e deberes dos empregados públicos, igualdade, protección de datos, atención ao cidadán, protección do medio ambiente dende o ámbito laboral e ofimática. Aplicarase o seguinte baremo:

  • Por cada hora de formación: 0,75 puntos, cun máximo de 200 horas.
  • Os cursos de máis de 100 horas valoraranse cun máximo de 7,5 puntos.
  • A puntuación máxima neste apartado será de 15 puntos.

Valorarase a titulación superior a requirida para o acceso ou sendo distinta, sempre que garde relación coa praza ofertada, sempre e cando se trate de titulacións oficiais correspondentes ao sistema educativo español. Aplicarase o seguinte baremo:

  • Por cada título de ensinanza universitaria: 1,5 puntos por título.
  • Por cada título de ensinanza media e/ou secundaria, 1 punto por título.
  • A puntuación máxima neste apartado será de 3 puntos.

Valorarase como outros méritos académicos a docencia universitaria e/ou as publicacións académicas, en ambos casos, cando versen sobre materias relacionadas coas funcións propias da praza obxecto. Aplicarase o seguinte baremo:

  • Por cada artigo ou publicación, en réxime de autoría ou co-autoría, en revistas ou publicacións con relevancia científica ou académica: 1 punto por cada artigo.
  • Por cada 30 horas de docencia universitaria acreditada: 1 punto.
  • A puntuación máxima neste apartado será de 2 puntos.

LISTA DE CONTRATACIÓN E RESERVA

Os posibles empates que resulten da aplicación do baremo resolveránse aplicando os seguintes criterios:

  • O maior tempo acreditado como desempregado
  • A puntuación obtida no apartado de servizos profesionais.
  • A puntuación correspondente ás titulacións complementarias.
  • A puntuación obtida no apartado de formación.
  • Maior idade.

Será proposta para participar no Obradoiro aquela persoa que acade maior puntuación como resultado do proceso de selección. As restantes formarán a listaxe de reservas.

Novas

CONTENT.1728681289

11/10/2022

Obradoiro dual de emprego dos Concellos de Barbadás, San Cibrao, Taboadela e Toén

Selección persoal técnico e alumnado

Imagen obradoiro de emprego concello de Barbadás

O CONCELLO DE BARBADÁS ABRE AO PRAZO PARA OPTAR A PRAZAS DE PERSOAL TEMPORAL PARA O OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO

O obradoiro abrangue os concellos de Taboadela, San Cibrao, Toén e Barbadás

Apertúrase un proceso selectivo que  abrangue as prazas de director/a, 2 docentes e 1 administrativo/a

Respecto do alumnado, este  será preseleccionado polo Servizo Público Estatal de Emprego entre os/as demandantes de obradoiros inscritos na oficina da Ponte

 

  • O día 2 de novembro poñerase en marcha no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás o obradoiro dual de emprego denominado “Concellos rurais da comerca de Ourense II: Barbadás, San Cibrao, Taboadela e Toén.

 

  • O obradoiro abrangue dous ámbitos didácticos:
    • Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e,
    • Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización.

 

Proceso selectivo Director/as, Administrativo/a, Docentes

  • A selección abrangue a contratación de director/a, un/unha administrativo/a, un/unha docente de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e un/unha docente de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización.

 

  • O sistema de selección de persoal será o concurso de méritos.

 

  • Para optar ao posto de  docente en “Operacións auxliares de acabados ríxidos e urbanización será necesario o CELGA 4 ou equivalente.
    As titulacións poderá ser unha das seguintes: licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes. Diplomado, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico ou título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes. Técnico e Técnico Superior da familia profesional de Edificación e obra civil. Certificado de profesionalidade de nivel 2 e 3 da área profesional de albanelería e acabados da familia profesional e Edificación e Obra Civil.

 

  • Para a selección de docente en “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes” requírese ademais do Celga 4, a licenciatura  enxeñería, arquitectura ou título de grago correspondente ou outros títulos equivalentes; Diplomatura  enxeñería técnica, arquitectura técnica ou título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes. Técnico/a de técnico/a superior da familia profesional de Agraria. Certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 da área profesional de Forestal da familia profesional de Agraria.

 

  • A selección de director/a do obradoiro dual de emprego require título universitario de grao ou equivalente.

 

  • E para a selección de Administrativo/a requírese título de bachiller ou técnico/a.

As bases específicas reguladoras dos procesos de selección poderán consultarse na sede electrónica (www.barbadas.sedeelectronica.gal), no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina web, www.barbadas.es, no apartado de Emprego público.

Enlaces de consulta:

Selección do Alumnado

  • O alumnado do obradoiro de emprego será seleccionado entre as persoas que estean anotadas como demandantes de obradoiros de emprego e en situación de desemprego.

 

  • O obradoiro vai dirixido a persoas que con carácter xeral carecen dunha cualificación profesional, a persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social e persoas con discapacidade, sempre que poidan realizar os traballos.

 

  • O prazo para inscrición remata o día 11 de outubro e as persoas que opten deben estar anotadas antes das 14,30h de mañá martes.

 

  • A selección efectuarase o día 18 de outubro a partir das 8,30 horas na Casa do Concello de Barbadás.

 

  • A selección farase mediante a aplicación do seguinte baremo:
  1. MULLERES.

As beneficiarias do programa de fomento da inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero terán prioridade absoluta.

  • En xeral: 1 Punto.
  1. IDADE.
  • 18-29 anos: 4 Puntos
  • 30-44 anos: 1 Punto
  • 45 ou máis anos: 3 Puntos
  1. DISCAPACIDADE.
  • Minusvalía > 33 % : 1 Punto
  1. PROTECCIÓN POR DESEMPREGO
  • Perceptores de desemprego: 1 Punto
  • Perceptores de subsidios (RAI, PREPARA, ACTIVA, subsidio extraordinario, RISGA): 2 Puntos
  • Non perceptores: 4 Puntos
  1. TEMPO DE DESEMPREGO DENDE O ULTIMO TRABALLO ( SEGUNDO VIDA LABORAL)
  • Ata 12 meses: 1 Punto
  • Máis de 12 meses: 2 Puntos
  • Máis de 18 meses: 4 Puntos
  1. CATEGORÍA PROFESIONAL (NO TRABALLO INMEDIATAMENTE ANTERIOR, SEGUNDO VIDA LABORAL)
  • Autónomos: 0 Puntos
  • Grupos de cotización 1 a 7: 0 Puntos
  • Grupo de cotización 8: 1 Punto
  • Grupo de cotización 9: 2 Puntos
  • Grupo de cotización 10: 3 Puntos
  • Sen emprego anterior: 4 Puntos
  1. PERTENZA A COLECTIVOS DESFAVORECIDOS OU EN RISCO DE EXCLUSION SOCIAL (Acreditado mediante certificación dos servizos sociais do concello respectivo ou do Servizo de Prestacions, Inclusión e Inmigración da Conselleria de Politica Social. A puntuacion dos dous apartados non é acumulable).
  • Perceptores da RISGA e aqueles aos que Iles fose denegada unha solicitude, ben por falta do periodo esixido de residencia ou empadroamento, ou ben por esgotar o periodo máximo de percepción legalmente establecido: 2 puntos.
  • Drogodependentes rehabilitados acreditados, ex-reclusos, persoas que abandonaron o exercicio da prostitución, traballadores inmigrantes residentes na comunidade, emigrantes retornados con graves necesidades familiares ou persoais, mulleres procedentes de casas de acollida con problemas de inserción laboral, persoas que estivesen ata a súa maioría de idade baixo a tutela ou garda da Administración Autonómica, e persoas que formen parte de minorías cuxas características poidan condicionar as súas posibilidades de integración social: 1 punto.
  1. FORMACIÓN ACADÉMICA:
  • Ata graduado escolar ou ESO: 3 Puntos
  • Bachalerato/BUP/FP ciclo medio: 2 Puntos
  • Títulos universitarios e de FP de ciclo superior: 1 Punto
  1. RESPONSABILIDADES FAMILIARES / UNMADE FAMILIAR DE CONVIVENCIA (Acreditado mediante certificado de convivencia):
  • Unidade familiar de 4 ou máis membros: 1 Punto
  • Familia monoparental con fillo/s: 1 Punto
  1. OUTROS

Por ter prevista a realización deste tipo de medidas no seu Itinerario de Inserción Profesional (IPI): 2 puntos.

 

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1728681289

08/10/2022

Actividades de promoción da saúde no concello de Barbadás

O CONCELLO DE BARBADÁS PROGRAMA ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA SAÚDE

A partir do día 17 de outubro darán comenzo as clases para o mantemento da saúde no medio rural

  • O Concello de Barbadás programa actividades de promoción da saúde no medio rural.

  • As clases de mantemento pretenden redundar na mellora da saúde das persoas adultas nas diferentes parroquias do concello de Barbadás. Tamén se programa actividade para as persoas da Valenzá e desenrolarase no polideportivo municipal.

  • As actividades serán impartidas en todos os locais do concello, serán dúas clases semanais de 45 minutos de duración cada unha.

  • O obxectivo desta actividade é impulsar o mantemento da saúde das persoas adultas no medio rural.

  • Para realizar a actividade precisase un mínimo de 5 persoas e máximo de 15.

  • Listaxe de lugares, horarios e periodicidade das clases:

PARADA:                  luns e mércores 10:00 – 10:45

SOBRADO:               luns e mércores 16:00 – 16:45

BENTRACES:           luns e mércores 17:00 – 17:45

LOIRO:                      luns e mércores 18:00 – 18:45

FONSILLÓN:            luns e mércores 19:15 – 20:00

A VALENZÁ (polideportivo) :   martes e xoves 10:15 – 11:00

BARBADÁS:            martes e xoves 17:15 – 18:00

LAMAS:                    martes e xoves 18:15 – 19:00

FINCA FIERRO:       martes e xoves 19:15 – 20:00

PIÑOR:                      martes 16:15 – 17:00

                                     venres 17:30 – 18:15

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou a importancia deste tipo de actividades para a promoción da saúde e para dinamizar o medio rural promocionando hábitos”.

Barbadás Quéreo Viveo, Deportes, Novas, Sanidade

CONTENT.1728681289

29/09/2022

Entrega de premios da V edición do “Barbadás a bocados”

COVA DO SAVIO E O RECUNCHO, HOSTELEIROS GAÑADORES NOS APARTADOS DE XURADO POPULAR E PROFESIONAL RESPECTIVAMENTE

Hoxe ao mediodía entregáronse os premios aos hostaleiros/as participantes no “Barbadás a bocados”

  •  Este mediodía efectuouse a entrega dos premios aos mellores pinchos coa presenza do alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, a concelleira de Comercio, Marga Pérez, e as persoas responsables dos establecementos hostaleiros que coñeceron “in situ” os resultados dos concurso.

 

  • Marga Pérez agradeceu “aos participantes e ao público que degusta  os pinchos  propostos de cada ano porque sen eles non tería razón de ser este evento. Grazas tamén a eses votos da poboación,  que depositan nas furnas e de onde saen os  pinchos/establecementos premiados pola votación popular”.

 

  • Pérez indicou que “todos vós,  tanto público, como colaboradores, xurado, como hostaleiros/as sodes esenciais para que este evento vaia adiante. Un evento cuxo obxectivo principal e primordial é apoiar a hostalaría do noso concello e dinamizar tamén a vida do noso municipio de Barbadás.”
    “Segundo as valoracións, e remitímonos ás valoracións que nos fan chegar os propios responsables dos establecementos hostaleiros, tanto o venres como o sábado,  houbo moita xente, moita participación. Este resultado para nós é a maior recompensa. Un traballo que se fai sempre dende o cariño e con moita ilusión”, sinalou a edil de Comercio..

 

  • En canto ao número de pinchos “estivemos moi moi preto de acadar os 5.000 pinchos vendidos. Unha cifra que consideramos importante e que danos  unha idea da afluencia que tivemos aquí, no noso concello de Barbadás,  esta fin de semana”.

 

  • Pérez anticipou que “seguiremos traballando para acadar en vindeiras edicións mellores resultados. Quero aproveitar tamén a ocasión de hoxe para animar a eses hostaleiros e hostaleiras que non participaron nesta edición para que se animen e participen o ano que vén porque,  cantos máis mellor.  Entre todos e todas podemos facer que este concurso de `Barbadás a Bocados´ sexa un concurso moito mais grande”.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, reiterou o agradecemento a participantes no concurso e ao público que acudiu, así como ao xurado “porque o que se pretende con esta actividade, con este evento é potenciar e dinamizar a actividade económica en Barbadás, neste caso concreto na Valenzá. É a primeira vez que hai participación por parte de hostaleiros e hostaleiras de fóra de A Valenzá. Queremos dinamizar con elo todo o concello no aspecto hostaleiro que xa ten unha gran calidade.  Esa calidade hai que pola enriba da mesa. Nunca mellor dito, púxose enriba da mesa e quedou contrastada e pretende que aquí a Barbadás acudan veciños e veciñas pero tamén persoas que non viven no noso concello”.

 

  • Valcárcel indicou que  “prestixiar ao noso concello pasa neste caso por prestixiar á hostalería porque é a ferramenta de traballo, o sector económico que máis visibilidade ten en Barbadás.
    Hai unha gran cantidade de establecementos de hostalería. Non participaron todos, pero como tamén dixo Marga é importante que participen, animar, vós mesmos que participastes, pondo en evidencia cales foron os resultados deste concurso. Creo que é unha forma de dar a coñecer o establecemento, de prestixiar a ese establecemento e de coñecer as súas viandas, os pratos que ofrecen. En moitas ocasións hai locais que en Barbadás si que son coñecidos, na Valenzá,  pero non o son fóra do noso entorno. 5.000 pinchos vendidos,  quere dicir que non só acudiron veciños e veciñas de Barbadás, senón que tamén acudiron de Ourense, Toén seguramente e en xeral, de toda a contorna.
    “Este tipo de eventos implican “unha publicidade gratuíta e pon en ubicación o que é ese establecemento e a participación é esencial, e que se máis establecementos participaran,  evidentemente non serían 5.000 senón que ao mellor poderían ser 10.000 pinchos.  De aí é esencial o voso traballo que creo que se vai ver recompensado por ese público e co prestixio que pode dar un premio. A participación é esencial, ademais aporta unha rendibilidade económica que o final é do que se trata tamén”.

 

  • En alusión ao sector da hostalaría asegurou o rexedor que “para vós trátase de obter rendibilidade económica e é unha aposta do Concello esencial para que a hostalaría volva a dinamizarse despois do gran parón que experimentou ao longo destes anos”.

 

  • “A visibilización e fundamental, o apoio é fundamental. Aquí Marga, a concelleira de Comercio,  está facendo un gran traballo tamén,  e vós colaborando con ela porque é a forma de avanzar. Dar as grazas e os parabéns aos gañadores e por suposto tamén,  aos participantes porque non todo o mundo pode gañar pero a participación é esencial”, comentou Valcárcel.

 

  • Dende o xurado deron os parabéns a todos os/as participantes polo seu entusiasmo e pola súa participación e parabéns o Concello porque iniciativas coma esta son moi interesantes e sempre dinamizan a economía dos pobos.

 

  • Manuel Bustabad Rapa, en nome do xurado, comentou que “sempre é difícil ser xurado, e mais en esta ocasión porque a calidade dos produtos presentados non se pon en discusión en ningún dos casos.  Foron 10 establecementos participantes e a calidade en todos eles está contrastada, uns produtos magníficos ao igual que o entusiasmo de todos. Cando chegas ás votacións hai un gran equilibrio, gran igualdade de puntuacións entón é cando entran os matices que son os que rompen o final esa decisión. Os matices son simplemente, os detalles, un compoñente que desequilibra, unha cuestión de tamaño, cuestións menores e entramos xa no detalle. Esa é a única razón o final que nos leva a unha votación.
    Os que non están nestes dous primeiros lugares teñen unha calidade enorme. sorprendímonos pola calidade, polos sabores e polo bo produto. O mesmo que pola gran animación de xente degustando os pinchos. Os nosos criterios foron difíciles e o final limitados ao detalle.”

 

  • Ao final do acto,  déronse a coñecer os premios, tanto da votación popular como do xurado profesional.
    O primeiro premio do público foi para A Cova do Savio e no acto estivo Santiago Castro recollendo o diploma de recoñecemento.
    O segundo pincho máis votado polo criterio popular foi o de o bar O Recuncho, cuxo premio foi recollido por Jesús García.

 

  • O xurado profesional elixiu coma mellores pinchos o do Bar O Recuncho e en segunda posición o de Sport Bar Daytona, cuxa responsable é Raquel Otero.

 

  • No acto de entrega de premios tamén se fixo mención de firmas comerciais que  apoiaron  este evento: Cervexa artesá  A ESMORGA,  O COLMEAR DO DANIEL (Mel e Polen – Coto de Ousande) e FROIZ Supermercados de Confianza.
  • A este  acto de hoxe, asistiron tamén algunhas das persoas que resultaron premiadas, por depositar o seu voto nas furnas,  no sorteo de  agasallos que aportaron os establementos participantes e as empresas colaboradoras.

Barbadás Quéreo Viveo, Comercio, Novas

CONTENT.1728681289

21/09/2022

Barbadás acolle o circuíto de resistencia de motocross o 25 de setembro

Validará para a Copa Deputación de Ourense

BARBADÁS ACOLLE O CIRCUÍTO DE RESISTENCIA DE MOTOCROSS O DOMINGO 25 DE SETEMBRO NA ZONA DE SAN BIEITO DE COVA DE LOBO

A proba reunirá preto de 100 pilotos de diferentes puntos da península e validará para a Copa Deputación de Ourense

 

  • Ao acto de presentación do circuíto, celebrado hoxe na Casa Consistorial do Concello de Barbadás,  asistiron o Xefe Territorial de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez, o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, o concelleiro de Deportes, Abel Cortés e e o responsable da organización,  que é o Club de Motoristas da Peroxa, Javier Quintas..

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, sinalou que “estamos diante da primeira edición da proba de resistencia de Barbadás que en este caso é válida para a Copa Deputación. Esta é a primeira proba que se realiza neste período e que despois vai seguida da que se celebrará en Lugo e en Rois que son válidas para o campionato del circuíto de resistencia”.

 

  • Valcárcel destacou que “é a primeira vez que se celebra en  Barbadás, o que supón unha satisfacción poder contar con esta proba aquí. Trátase de unha aposta máis que fai o concello pola actividade deportiva e pola súa diversificación. Pero imos mais alá porque o que se pretende con estas  actividades deportivas e con esta diversificación é que a Barbadás acuda xente que habitualmente non vén  ao noso concello, para facer un traballo transversal no que afecta a nosa economía, principalmente á hostalaría”.

 

  • O rexedor lembrou que “nos deportes de motor non é a primeira proba que realizamos, xa que temos outra cita deportiva co mundo do motor, o Rally Mix e tamén temos celebrado probas do Rally de Ourense”.

 

  • O circuíto de resistencia de motocross “aspira a chegar a practicamente 100 participantes. Ata onte martes, había 60 participantes;   antonte había 30, polo tanto a inscrición medra de forma continuada día tras día. Quero destacar unha cuestión francamente importante, que hai 6 mulleres. É a primeira vez que nun torneo ou nun circuíto de esta índole participan tantas mulleres”, explicou Valcárcel.

 

  • A esta proba de resistencia acudirán pilotos destacados coma Jorge Paradelo, terceiro clasificado do mundial Open 4T no 21-22. Tamén estará Pedro González que é o campión de España Junior e tamén Pablo Varela que é o actual líder do campionato de España.

 

  • A maior parte dos participantes son galegos e tamén acudirán pilotos de Valladolid, de Castela e León, de Asturias e de Portugal.

 

  • Contar con 100 participantes é un número importante dadas as características da participación noutros eventos similares, polo tanto é un orgullo poder contar con este circuíto aquí,  poder contar con todos vós e que, este evento, se celebre en Barbadás por primeira vez ”, remarcou Valcárcel.

 

  • Manuel Pérez, Xefe Territorial de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, institución patrocinadora do evento, salientou que, “a Javier Quintas, uno de los  organizadores del evento,  lo conozco desde hace ya bastante tiempo. Sé el gran trabajo que está realizando estos años y sé que cuando va él aparejado a la prueba está garantizado el éxito y Barbadás no va a ser una excepción.

 

  • Pérez remarcou que Barbadás siempre se ha volcado con en mundo del motor, es uno de los concellos de la provincia que más se vuelca en este tipo de iniciativas.  Es un poco un punto de referencia para el automovilismo, con el Rally Mix, en el Rally de montaña del campeonato gallego y con pruebas como esta de resistencia que presenta aquí el Motoclub A Peroxa. Son pruebas que mueven a mucha gente y que van a traer a un numeroso público al concello, gente que mueve mucho la economía del lugar y son pruebas realmente espectaculares”

 

  • O Xefe territorial de Deportes destacou que “he tenido la suerte de acudir a alguna en el concello de Piñor  de Cea y era un auténtico espectáculo. Va a ser un espectáculo este domingo aquí en el concello de Barbadás y podemos estar todos contentos de que este tipo de pruebas estén por aquí tan cerca. Va ser un éxito, va ser un espectáculo, nombres como citó el alcalde Jorge Paradelo que son auténticos números uno, tops en el ranking nacional, son de lo mejorcito que hay en motocross en este tipo de pruebas y va a ser un éxito seguro”.

 

  • Abel Cortés, concelleiro de Deportes, comentou que cando Javier Quintas quixo contar co Concello de Barbadás, ” xa tratamos de levar este evento a cabo. Unha postura de colaboración que forma parte da ampliación do cartel de eventos do concello porque xa temos varios eventos de automobilismo e este ano é un ano de novidades, como foi o tramo do Rally de Ourense, agora esta proba de motociclismo e anticipamos xa que se celebrará a finais de ano unha proba de Sicocross.”

 

  • Cortés destacou que “esta é a primeira proba despois do verán e agardamos que sexa un éxito, contando coa organización, cos participantes e cos corpos de seguridade. Ata o de agora está sendo de gran acollida o nivel de inscricións de participantes e  temos a confianza de que será un éxito, o mesmo o día da proba”.

 

  • Javier Quintas, responsable deportivo do Motobclube Peroxa, sinalou que “e a miña encomenda  estar á altura do concello de Barbadás, da Deputación e da Xunta de Galicia. Por que estar a altura? Porque eles estanse volcando con nós e nós temos que tentar como mínimo esforzarnos o suficiente para recompensarlle todo o seu esforzo”.
    A proba dende o punto de vista deportivo “penso que vai ser unha proba moi boa, é unha proba moi técnica e o percorrido que temos en Barbadás é un cento por cento natural, polo tanto á xente que lle gusta o enduro vaino desfrutar. Estamos un pouco condicionados co tema do po, a ver si chove e poden mellorar un pouco as circunstancias do terreo para que  sexa un pouco mais gozoso para os/as pilotos/as participantes. Pero, aínda que non chovera temos a suficiente capacidade como para resolver ese pequeno contratempo dividindo a saída en varios grupos”.

 

  • “A proba ubícase na capela de San Bieito, ao longo de un percorrido de 5 quilómetros. Percocorrido que aparte, temos a sorte de que tocamos parte do bosque natural galego, e que estando cerca de Ourense,  é un espazo impresionante. Convido a todo o mundo para que cando acabe a proba,  vaian a pasear por eses montes, porque merece a pena percorrelos”, invitou Javier Quintas

 

Barbadás Quéreo Viveo, Deportes, Novas

CONTENT.1728681289

17/09/2022

Semana Europea da Mobilidade en Barbadás

As actividades desenvolveranse entre os días 16 e 22 de setembro, nos colexios, na rúa, na biblioteca e na Casa de Cultura Manuel María

Presentación Semana Europea da Mobilidade

OBRADOIROS, TEATRO, XINCANAS E VISITAS AO MUSEO DE LOIRO EN TRANSPORTE PÚBLICO SON ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE COMPOÑEN A PROGRAMACIÓN DA SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE EN BARBADÁS

As actividades desenvolveranse entre os días 16 e 22 de setembro, nos colexios, na rúa, na biblioteca municipal e na Casa de Cultura

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, indicou que “de novo celebramos en Barbadás a semana europea da mobilidade centrada na educación viaria no ámbito da escola e da infancia. Un semana chea de actividades que pretenden mesturar mobilidade co ocio e coa cultura”.
  • Valcárcel destacou que “a seguridade viaria ten que ser un aspecto importante dentro da educación dos cativos e cativas e para facela atractiva, ten que ter un aspecto lúdico. Deste xeito será máis doado que comprendan a súa importancia”.
  • A concelleira de Educación, Marga Pérez, explica que “comezamos a semana da mobilidade e como en edicións anteriores co obxectivo de promover e concienciar sobre a utilización de transportes máis sostibles e fomentar o desenvolvemento de boas prácticas máis respectuosas co medio ambiente”.
  • As actividades programadas para este ano son: circuítos de educación vial nos colexios, obradoiro para infantil na biblioteca municipal, quedada para paseo a pé, teatro, xincana e visita ao Museo de Loiro en transporte público”, comenta a edil de Educación.
  • Marga Pérez destaca que “seguiremos traballando en potenciar o ‘camiño escolar’ e mellorar a seguridade nas zonas escolares coa eliminación de vehículos”.

 

  • Cronograma das actividades:

–  Luns 19

Circuíto de Educación Vial. CEIP O Ruxidoiro.

Instalarase no patio do colexio CEIP O Ruxidoiro, un circuíto viario organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Barbadás. Os alumnos poderán levar patíns, monopatíns, patinetes ou bicicletas.

Martes 20

Circuíto de Educación Vial. CEIP Filomena Dato.

Instalarase no patio do colexio CEIP Filomena Dato,  un circuíto viario organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Barbadás. Os alumnos poderán levar patíns, monopatíns, patinetes ou bicicletas.

Mércores 21

– Visita ao Museo de Loiro en transporte público. Alumnado CEIPs de Barbadás.

– Obradoiro de mobilidade “Araña Malena”.

Xoves 22

– Quedada para Paseo da Mobilidade. Ás 10:00 h no Polideportivo. Sesión de ioga ao rematar.

– Visita ao Museo de Loiro en transporte público. Alumnado CEIPs de Barbadás.

– Xincana ciclista. Parque dos Amieiros dende as 18:30 h.

  • Venres 23

Teatro.  Casa de Cultura ‘Manuel María’. Alumnado CEIPs de Barbadás.

Educación/Formación, Novas, Transporte

CONTENT.1728681289

13/09/2022

Eventos en Barbadás os días 16 e 17 de setembro: “Barbadás a bocados” e “Festival de Charangas”

Membros do concello e participantes nos eventos, presentaron esta mañá o programa.

EVENTOS NO CONCELLO DE BARBADÁS OS DÍAS 16 E 17 DE SETEMBRO: CONCURSO DE PINCHOS E FESTIVAL DE CHARANGAS

“Barbadás a bocados” estenderá a oferta gastronómica aos pobos da contorna.

Seis charangas amenizarán as rúas: Fuego, Europa, Charanga BBB, Bicoila, Sorcha e Os Caliqueimer.

 

  • A presentación dos eventos que terán lugar os días 16 e 17 de setembro en Barbadás tivo lugar nun lugar senlleiro de Barbadás, a árbore que está preto da glorieta da familia.

 

  • As persoas asistentes ao acto de presentación dos eventos, ademais do alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e a concelleira de Comercio, Marga Pérez, foron Sindo Villamarín, do Bar Regueiro (Piñor), Isabel Almeida e Gerardo Barje, representante do Festival de Charangas.

 

  • Marga Pérez, concelleira de Comercio, destacou que “estamos na avenida Celanova, un espazo onde se van a desenvolver principalmente todas as actividades que temos organizadas para este fin de semana, venres 16 e sábado 17.”

 

  • Por unha banda “temos o concurso de pinchos “Barbadás a Bocados”, este ano na súa quinta edición con formatos semellantes a anos anteriores, onde imos poder degustar as propostas gastronómicas que nos ofrecen os nosos hostaleiros e hostaleiras”, indicou a edil de Comercio.

 

  • Pérez destacou que por primeira vez neste concurso van a participar un hostaleiro do pobo de Piñor e unha hostaleira do pobo de Barbadás o que nos da gran satisfacción de que se vaian unindo a este concurso para que non estea centrado unicamente aquí na Valenzá”.

 

  • Anticipou que “teremos un xurado profesional e un xurado popular que serán os que escollan o primeiro e o segundo premio. Todas as persoas que participen na votación do xurado popular van a entrar a formar parte dun sorteo con distintos obsequios que van a doar este ano, tamén como algo novidoso, todos os hostaleiros e hostaleiras. Tamén aquí quero facer mención especial o Colmear de Daniel e a Cervexas Esmorga que participan e colaboran obsequiando as persoas que participan na votación”.

 

  • A degustación dos pinchos será dende as 19:00 da tarde tanto o venres como o sábado ata as 00:00 da noite.

 

  • Xunto con este evento terá lugar tamén o II Festival de Charangas, “que xurdiu o ano pasado por iniciativa duns mozos e mozas da Asociación Cultural Ritmos Musicais, que querían pór en valor este estilo de música. Foi todo un éxito co cal temos que darlle continuidade a este festival e este ano pasamos de catro agrupacións a seis”, informou Marga Pérez.

 

  • O venres estará dedicado as charangas acústicas e o sábado as charangas tradicionais. Son dous días de música pola rúa e xunto co evento gastronómico estas dúas actividades “pretenden dinamizar a zona do concello de Barbadás, que a xente veña o noso concello, que a xente do noso concello o pase ben e poidan desfrutar e os hostaleiros poidan ter un éxito importante”, comentou a edil de Comercio.

 

  • Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, sinalou que “sos dous eventos que van unidos e que ten unha finalidade precisamente, que se acoplen un ao outro, de xeito que haxa unha maior mobilidade, unha maior dinamización, unha maior ledicia para que precisamente os veciños e veciñas e as persoas que veñan a nosa contorna desfruten mais da realidade de Barbadás, da realidade da Valenzá tamén”.

 

  • Esta quinta edición do “Barbadás a bocados” ten a súa singularidade porque “están participando tamén restaurantes e cafeterías do rural o cal é unha alegría moi grande porque precisamente queremos que se incorporen e se coñeza toda esa realidade gastronómica do noso concello, a Barbadás, a Valenzá, a Piñor, a Sobrado, a Loiro xa veñen clientes que non pertencen o noso concello, iso fala moi ben precisamente da nosa restauración da nosa gastronomía e do noso nivel e actividade de ocio” destacou Valcárcel.

 

  • Os 2 eventos pretenden “dinamizar a actividade lúdica e incluso cultural porque a gastronomía e cultura. Unha aposta polo comercio local polo comercio de proximidade, pola restauración neste caso, que se suma a moitas mais actividades que se ten levado a cabo dende a Concellería de Comercio como pode ser a Noite Moucha, os Outlets e quero poñelas en valor porque precisamente é un momento complicado para este tipo de establecementos, para este tipo de negocios, para este tipo de economía o fin e o cabo, que aporta moitísimo o noso concello, moitísimo traballo e moitísimos ingresos, entón esa aposta ten que ser continuada como de feito se está facendo”, comentou o rexedor.

 

V Concurso de pinchos Barbadás  a Bocados

Concurso de pinchos Barbadás a bocados - Concello de Barbadás

  • Os días 16 e 17 de setembro de 2022, teremos en Barbadás, a V edición do Concurso de pinchos “Barbadás  a Bocados”.

 

  • O público poderá degustar e votar para outorgar o premio ao mellor pincho popular, participando así, en sorteos de agasallos aportados polos establecementos participantes e empresas colaboradoras.

 

  • Haberá tamén un xurado profesional que elixirá o mellor pincho seguindo o seu criterio.

 

  • Quen nos acompañe nestes días, terán a oportunidade de probar sorprendentes e saborosas propostas presentadas por estes 10 establecementos hostaleiros participantes:

 

  • BAR O REGUEIRO

Travesía de Piñor, nº 69 Piñor

Pincho TENTACIÓN:  Segredo de porco, champiñóns, tomate, chourizo, pemento, pan, salsa de verán, salsa barbacoa.

 

  • BAR PEPITO

Cima de Vila, nº 4 Barbadás

Pincho ANTES E DESPOIS “CALLOS”:  Patas de tenreira, garavanzos, cenoria, allo, pementón doce, xamón. Máis tarta caseira de 3 chocolates.

*apto para celíacos e intolerantes a lactosa.

 

  • A COVA DO SAVIO

Av. de Celanova, nº 20 A Valenzá

Pincho PAIXÓN:  Solombo de porco, salsa de queixo e améndoa, pataca, rúcula e almíbar de melocotón.

 

  • CACHO PIZZA

Av. de Celanova, nº 41 A Valenzá

Pincho PIZBURGUER FUSIÓN:  Para a pizza: auga, sal, fariña, levadura, tomate e mozzarella. Para a burguer: hamburguesa, xamón serrano renxente, crema de queixo manchego, tomate e cebola.

 

  • SPORT BAR DAYTONA

Av. de Celanova, nº 78 A Valenzá

Pincho PIRULETAS SALGADAS: follado, carne picada mixta, xamón serrano, queixo, bacon, champiñóns e ovos.

 

  • OREN EXPRESS CAFETERÍA

Av. de Celanova, nº 68 A Valenzá

Pincho BAOZI: Pan, langostinos, salsa, cebola e cilantro.

 

  • TAPERÍA ALECRÍN

Av. de Celanova, nº 52 A Valenzá

Pincho CAUSA DE ATÚN: Atún, aceite, lima, cebola, tomate, chícharos, perexil, ovo cocido, sal, pementa, patacas, olivas e aguacate.

 

  • CAFETERÍA OS PATOS

Parque dos Patos – A Valenzá

Pincho SON DE COCIDO DE PORCO SELECTA: Renxente de arroz con panceta con ssan jongg e vexetais de tempada.

 

  • BAR O RECUNCHO

Av. de Celanova, nº 68  – A Valenzá

Pincho O RECUNCHO: Orella, patacas e pan.

 

  • ALENTO DOCES E XEADOS

Av. de Celanova, nº 76 – A Valenzá

Pincho DELICIA DE FRAMBOESA: Follado, crema de framboesa, nata, profiterol recheo, framboesas frescas e marmelada.

Folleto Concurso pinchos Concello de Barbadás

Folleto V Concurso de Pinchos Concello de Barbadás

II Festival de Charangas

Festival de charangas en Barbadás

  • Festival de Charangas os días 16 e 17 de setembro a partir das 20:00.

 

  • O festival consiste en dous días, o primeiro día serían dúas charangas amplificadas tipo street band que serían  Fuego e Europa que darán un pase o lado da rotonda e o segundo día será mais pasarúas con catro charangas de tipo acústico entre as que se encontran: A Charanga BBB, Bicoila, Sorcha e Os Caliqueimer.

 

  • Xunto con este evento temos o II Festival de Charangas, un evento que xurde o ano pasado por iniciativa duns mozos e mozas da Asociación Cultural Ritmos Musicais que querían pór en valor este estilo de música. Foi todo un éxito,  co cal temos que darlle continuidade a este festival e este ano pasamos de catro agrupacións a seis.

 

  • Son dous días de música pola rúa e, xunto co evento gastronómico, estas dúas actividades pretenden dinamizar a zona do concello de Barbadás, que a xente veña ao noso concello, que a xente do noso concello o pase ben e poidan desfrutar,  e os/as hostaleiros/as, poidan ter un éxito importante.

Barbadás Quéreo Viveo, Comercio, Novas

CONTENT.1728681289

08/09/2022

Resumo da actividade de brigada de extinción prevención e vehículo autobomba de Barbadás

A BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS DE BARBADÁS INTERVEU EN 5 INCENDIOS FORESTAIS DO DISTRITO 12

Os operarios levaron a cabo tarefas de prevención na zona de Sobrado do Bispo

 

  • “A situación de seca e as altas temperaturas están a causar importantes lumes en todo o país. O Concello de Barbadás non é alleo a esta grave problemática e somos conscientes da necesidade de que todas as administración traballen xuntas para evitar esta lacra”, argumenta o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, ao presentar o resumo de actividade da brigada forestal.

 

  • “Por estes motivos decidimos crear unha brigada forestal que ademais de traballar en sufocar lumes, tamén se adica a traballar de xeito prioritario na prevención”, explica Valcárcel.

 

  • A brigada municipal de incendios de Barbadás ao longo do mes de agosto interveu en 5 incendios forestais do distrito 12.

 

  • Os operarios participaron na extinción de 2 incendios en A Bergueira (Amoeiro), 1 en San Paio (A Merca),1 en Madarnás (Cartelle) outro en Montós (Vilamarín).

 

  • Ao longo do mes de agosto a brigada municipal de Barbadás realizou ademais actividades de prevención e desbroce no pobo de Sobrado do Bispo,

 

  • Así mesmo, o camión autobomba de Barbadás foi mobilizado para un total de tres incendios nos Concellos de Pereiro de Guiar, Toén e Vilamarín.

 

  • A creación de unha brigada de extinción de incendios e de prevención de Barbadás e a contratación de 2 condutores de autobomba enmárcase no convenio de colaboración subscrito entre a Xunta e o Concello en base a un plan de prevención e defensa contra os incendios.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou que “somos conscientes das dificultades que tiveron outros concellos da provincia para efectivizar unha brigada de incendios e posta a disposición de vehículo autobomba, o Concello de Barbadás realizou un importante esforzo para dispoñer de un servizo composto por 5 operarios correspondentes á brigada e 2 choferes para a motobomba” e execútanse tratamentos preventivos de xeito mecanizado en un total de 24 hectáreas”.

 

 

Medio ambiente, Novas

CONTENT.1728681289

01/09/2022

Terceira Edición da Romaría Feminista de Barbadás: 3 de setembro no Parque dos Carrís

MESAS DE DEBATE, MÚSICA, POSTOS DE RÚA, ESPAZO GASTRONÓMICO, ZONA INFANTIL...

MESAS DE DEBATE, MÚSICA, POSTOS DE RÚA, ESPAZO GASTRONÓMICO E ZONA INFANTIL CONFORMAN A PROGRAMACIÓN DA III EDICIÓN DA ROMARÍA FEMINISTA DE BARBADÁS QUE TERÁ LUGAR O 3 DE SETEMBRO

A Banda da Loba, De Vacas, e The Tetas Van protagonizarán o apartado musical na tarde-noite no Parque dos Carrís da Valenzá (ao carón do polideportivo)

Carmen Calvo, ex-vicepresidenta do Goberno e Presidenta da Mesa de Igualdade do Congreso dos Deputados abordará nunha conferencia a “axenda das mulleres”

  • A Concellería de Igualdade do Concello de Barbadás organiza a III Romaría feminista que terá lugar o vindeiro día 3 de setembro de 2022.

 

  • A xornada consistirá nunha serie de mesas de debate durante o día, nas que se abordarán cuestións relacionadas coa igualdade e o feminismo, dando paso pola tarde-noite a unha serie de concertos a cargo de grupos musicais femininos: A Banda da Loba, De Vacas e The Tetas Van.

 

  • Durante toda a xornada poderán visitarse postos na rúa a través dos que se lle dará visibilidade ao traballo de mulleres emprendedoras, artesáns, asociacións e plataformas de mulleres que queiran expoñer os seus traballos e/ou dar a coñecer a súa actividade.

 

  • Tamén haberá unha zona gastronómica así como un espazo infantil para facilitar a conciliación.

 

  • Esta pretende ser unha xornada de reivindicación e tamén de celebración que se desenvolverá na área recreativa fronte ao campo municipal “Os Carrís”.

 

  • A concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, explicou hoxe ao mediodía na presentación do evento no propio parque dos Carrís que “despois de dous anos de espera, por fin podemos presentar hoxe a III Romaría Feminista do concello de Barbadás, dándolle así continuidade á que comezou no ano 2018”.

 

  • “A Romaría Feminista pretende ser unha xornada de celebración do feminismo e da igualdade nunha xornada na que participarán diversas grupos de pandereteiras do noso concello, Vagalumes de Sobrado do Bispo e as Lambisqueiras de Barbadás, colectivos de mulleres aos que queremos agradecer dende o Concello de Barbadás a súa participación neste importante encontro” sinalou González Nistal.

 

  • A xornada dará comezo coa intervención de Dona Carmen Calvo que é Presidenta da Mesa de Igualdade do Congreso e ex-vicepresidenta do Goberno de España, que ofrecerá unha conferencia na que abordará a axenda das mulleres.

Carmen Calvo asistirá á III Romaría Feminista de Barbadás

  • Logo ese mesmo día xa pola tarde, despois do xantar, están programadas 2 mesas de debate. A primeira comezará as 16:30 da tarde na que se falará sobre a muller e emprendemento coa participación de mulleres emprendedoras de distintos ámbitos como Elena Ferro unha gran coñecida zoqueira, Eva Castro, en representación da Asociación Executivas de Galicia, e Ana Pumar que é auditora de contas. Esta mesa estará moderada por Ana Valado que é experta en comunicación.

 

  • “Acto seguido e non menos importante as 18:30 da tarde contaremos con outra mesa que falará sobre a muller e a cultura coa intervención da escritora Ledicia Costas, con Mª Xosé Porteiro escritora e xornalista e en representación do audiovisual galego teremos dúas grandes actrices que son Berta Ojea e Laura Míguez. Esta mesa estará moderada pola locutora Montse Estévez, indicou a edil de Igualdade.

 

  • González Nistal destacou na presentación da III Romaría Feminista de Barbadás que “dende aquí quero comunicar a todas as persoas que queiran acudir a esta romaría que saiban que contaremos cun espazo para xantar e cear onde non pode faltar o polbo, tan tradicional nas nosas romarías galegas”.
    “Dende aquí animamos a todas as persoas a que se acheguen ao noso concello e vivan un día de feminismo e de igualdade, achegando a home e mulleres a este día por igual”.

 

  • Nistal rematou a súa intervención destacando que “non nos podemos esquecer dos mais pequeniños/as polo que imos ter un espazo infantil para poder conciliar. Tampouco podemos esquecer o día de festa, entón pola noite a romaría vaise converter nun gran escenario con grandes actuacións onde vamos a ter uns grandes concertos sendo o primeiro o da A Banda da Loba, seguido de  De Vacas e The Tetas Van”.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, comentou que “estamos diante a III Romaría Feminista aquí en Barbadás que pretende ser, e creo que conseguimos, ser pioneiros en Galicia. Non se trata só de reivindicar, que si, que é algo fundamental, senón de celebrar o que é o feminismo. O feminismo ao final o que pretende é acadar dereitos e igualdade para todas e todos, esta romaría non quere excluír a ningún colectivo, pretende ser globalizador e englobador”.

 

  • Valcárcel destacou que “vivimos momentos que consideramos que tamén son difíciles a pesares de que hai grupos e colectivos que están nunha defensa continua do feminismo e da igualdade e tamén hai outros grupos da sociedade e incluso políticos que ven o feminismo doutro xeito, ven o feminismo como agresión. Sen embargo, o feminismo é integración porque se non avanzamos no feminismo tanto homes como mulleres xuntas e xuntos, non avanza a sociedade. O feminismo é esencial para o avance da sociedade”.

 

  • Valcárcel considera que “Se miramos no noso entorno, incluso na Unión Europea, estamos observando que hai lugares, países nos que os dereitos, non son só das mulleres, que os dereitos de colectivos diferentes están en risco, non vou a poñer nomes pero todos sabemos a que países nos referimos. Tamén hai países nos que dereitos que estaban consolidados dende hai 50 ou 60 anos pois volven a estar en risco, coártanse argumentando a liberdade dos demais, pois a liberdade ten que ser usada en maiúsculas e para defender e para ser unha persoa plena hai que respectar os dereitos e as liberdades desa persoa para ser posible a súa realización persoal na súa integridade.”

 

  • Dentro da programación da Romaría, en xornada de mañá, comezaremos ás 12:00h coas actuacións das Pandereteiras de Sobrado do Bispo e das Lambisqueiras de Barbadás que darán paso ás 13:00h á conferencia de apertura da III Romaría Feminista, co título “A axenda das Mulleres” a cargo de Carmen Calvo Poyato (Presidenta da Mesa de Igualdade do Congreso e ex-vicepresidenta do Goberno de España).

 

  • Xa pola tarde, haberá dúas mesas de debate. A primeira delas, ás 16:30h na que se abordará o tema “muller e emprendemento” coa intención de visibilizar e poñer en valor o papel das mulleres como creadoras e emprendedoras e na que contaremos coa intervención de varias mulleres referentes do emprendemento feminino en sectores moi distintos como Elena Ferro (zoqueira) ou Ana Pumar Atrio (auditora de contas), así como coa presencia de Eva Castro Outeiriño en representación da Asociación Executivas de Galicia. Esta mesa de debate estará moderada por Ana Valado (economista, experta en comunicación, marketing e proxectos de marca).

 

  • Mais tarde, ás 18:30h, tocaranos debater sobre “Muller e cultura”, nesta mesa abordaremos o papel das mulleres na cultura coa intención de visibilizar o traballo e a presenza das mulleres en diferentes disciplinas relacionadas co ámbito cultural para o que contaremos coas intervencións de dúas actrices, Berta Ojea (que ademais foi fundadora do Sindicato estatal Unión de Actores y Actrices e ocupou o cargo de secretaria de igualdade en dito sindicato, ademais de ser creadora dos premios Mujeres en Unión por la Igualdad entre outras) e Laura Míguez Escudero (ourensana e involucrada en proxectos relacionados coa igualdade tamén). Na mesa ademais estarán Ledicia Costas Álvarez (escritora) e Mª Xosé Porteiro García (escritora e xornalista). A moderadora será Montse Estévez Varela (comunicadora).

 

  • Como tamén queremos celebrar esta xornada III Romaría Feminista dende un ambiente lúdico e festivo celebrando o feminismo e reivindicando a igualdade, unha vez rematadas as mesas de debate daremos paso as actuacións musicais de grupos femininos referentes da música galega: ás 20:00h A Banda da Loba ás 22:00h De Vacas e ás 00:00h The Tetas Van.

 

– PROGRAMA –

III Romaría Feminista

Sábado, 3 de setembro

Fronte ao Campo Municipal “Os Carrís”

Conferencias e mesas de debate
  • 12:00 – Inauguración da Romaría

Actuación de Pandereteiras de Sobrado Do Bispo e As Lambisqueiras de Barbadás.

  • 13:00 – Apertura: A axenda das mulleres:

Carmen Calvo Poyato: Presidenta da Mesa de Igualdade do Congreso e Ex-vicepresidenta do   Goberno de España

  • 16:30 – Mesa de debate: “Muller e emprendemento”
    Elena Ferro, Zoqueira
    Eva D. Castro Outeiriño, Asociación Executivas de Galicia
    Ana Pumar Atrio, auditora de contas
    Modera: Ana Valado, economista, experta en comunicación, marketing e proxectos e marca
  • 18:30 – Mesa de debate: “Muller e cultura”

Ledicia Costas Álvarez, escritora
Berta Ojea, actriz
María Xosé Porteiro García, escritora
Laura Míguez Escudero, actriz
Modera: Montse Estévez Varela, comunicadora

III Romaría Feminista Concello de Barbadás

 

Concertos
  • 20:00 A Banda Da Loba
  • 22:00 De Vacas
  • 00:00 The Tetas Van

Concertos III Romaría Feminista Concello de Barbadás

Barbadás Quéreo Viveo, CIM-Centro de Información á Muller, Igualdade, Novas

CONTENT.1728681289

29/07/2022

Campaña de empadroamento do Concello de Barbadás: “súmate a nós”

O CONCELLO DE BARBADÁS DESEÑA UNHA CAMPAÑA PARA QUE A VECIÑANZA DESCUBRA AS VANTAXES DE ESTAR EMPADROADA

“Súmate a nós” é o título de unha iniciativa que incide nas bonificacións que supón para as persoas empradroadas vivir en Barbadás

A tarxeta de transporte, ludotecas, campamentos, escola infantil municipal, Centro de Información á Muller, Escola de Música, Casa da Mocidade son algúns dos servizos nos que os/as empadroados/as poden obter vantaxes

·       Este mediodía presentouse en rolda de prensa a campaña de empadroamento deseñada polo Concello de Barbadás.

·       A presentación tivo lugar no Centro Empresarial Transfronteirizo por parte do alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e Victoria Morenza, tenente alcalde.

·       Valcárcel repasou a evolución poboacional dende 2010 ata a actualidade. En 2010 Barbadás tiña 9.725 habitantes, en 2015 o padrón de habitantes sumaba 10.644 persoas, no ano 2016 a cifra acadou 10.788 residentes e en 2017chegou a 10.964 habitantes. No ano 2018 había 11.072 persoas empadroadas, no 2019 esta cifra incrementouse ata os 11.177 habitantes e no 2020 decrecemos baixamos en 103 veciños e veciñas pero de novo no 2021 medrou a poboación ata as 11.112 veciños e veciñas e este ano a día de onte aumentamos 157 veciños e veciñas en relación o 2021.

·       O rexedor indicou que “evidentemente despois haberá que facer filtros para ver si toda esta xente non está empadroada ou ubicada aquí en outros lugares, pero a poboación segue medrando e dende o Concello e queremos seguir mantendo esta tendencia, pero non é menos certo que hai veciños e veciñas que non están empadroados aquí e que convidamos a que se empadroen en Barbadás”.

·       Valcárcel sinalou que “tendo presente precisamente esa realidade e que hai un traballo de campo feito por Protección Civil en canto a consumo de auga e de enerxía eléctrica e tamén polo que nos indica a empresa de recollida de lixo, probablemente haxa entre1500 e 2000 persoas que non están empadroadas en Barbadás”.

·       Ante esta situación “o Concello de Barbadás decidimos realizar unha campaña de empadroamento para que as persoas que residen no municipio e que non figuran no padrón se animen a empadroarse”, comentou Xosé Carlos Valcárcel.

·       O aumento de veciños e veciñas precisamente suporá para o Concello un aumento de ingresos e de recursos do Estado que porían ademais en valor as infraestruturas e os servizos que se prestan porque poderían ser mellorados, poderías mellorarse ostensiblemente.

·       Son moi importantes estos servizos e  infraestruturas para que o Concello poda ofertar mais servizos, estes ingresos permitirán ofertar mais servizos, promover a dinamización social e atender as necesitades da poboación.

·       É moi importante formar parte formal do Concello onde un reside xa que é un xeito de ser responsables en axudar a mellorar a calidade de vida do propio municipio, tanto de xeito individual como de xeito colectivo e sería un plus para a comunidade, de feito o slogan que utilizamos no folleto é “súmate a nos”.

·       Valcarcel destacou que “un xemplo das vantaxes que supón estar empadroados/as en Barbadás a efectos do uso da piscina implica que hai un bono para toda a tempada que custa 6€ e penso que non hai servizo de piscina ou piscina municipal na nosa contorna que teña un prezo tan reducido. Estamos falando de 2 meses e medio practicamente con un custo de 6€”.

·       A tenente alcalde, Victoria Morenza, explicou que “esta campaña consistirá na difusión entre os residentes de 5000 folletos que serán repartidos nos buzóns de correos de cada vivenda, ademais estanse a realizar unha serie de vídeos e promocións dos recursos do Concello para atraer a dita poboación a empadroarse”.

·       Nestes vídeos participarán persoas empadroadas en Barbadás que teñen unha relevancia social ben no ámbito deportivo, cultural e social e que van a explicar precisamente neses vídeos cales son as vantaxes de estar empadroados/as en Barbadás

·       Estes folletos empezaranse a distribuír  a partir da semana que ven e “o obxectivo é precisamente animar a todas as persoas que efectivamente teñen segunda residencia e que pasan practicamente case todo o ano nos diferentes pobos a que se empadroen”.

·       Morenza resaltou que “hai que ter en conta que o non empadroamento das persoas que residen habitualmente en Barbadás tamén ocorre no rural e non só na Valenzá, onde moita xente está empadroada nos pobos de orixe; ou dentro da propia familia algún membro da familia que está empadroado no concello de orixe que acostuma a ser fundamentalmente da Baixa Limia e outro membro da familia está empadroado en Barbadás. Tendo en conta esta situación o ideal é captar a todas esas persoas para que efectivamente se empadroen no lugar onde residen”.

·       O folleto informativo “especifica todas as bonificacións ou vantaxes que ten estar empadroado en Barbadás, como poden ser as bonificacións na tarxeta de transporte, porque Barbadás como ben sabedes ten unha tarxeta de bonificación conveniada coa Xunta de Galicia, onde as persoas que están empadroadas en Barbadás poden beneficiarse de bonificacións de ata a gratuidade nos casos de persoas que se atopan en situación de emerxencia social, as persoas xubiladas tamén teñen unha bonificación, as familias tamén teñen bonificación, e os estudantes.

·       As persoas empadroadas teñen prioridade en obradoiros e cursos, acceso prioritario ao Banco Solidario, poden obter descontos nas escolas deportivas e optar a acudir ao polideportivo a un custo máis baixo.

·       A Escola Infantil Municipal só pode ser utilizada por persoas empadradas, mentras que algunas das actividades programadas polo Centro de Información á Muller van dirixidas só para empadroadas.

·       No que se refire á cultura as axudas para libros son dirixidas a empadroados e en campamentos, ludotecas, etc a preferencia é para as persoas que están empadroadas.

·       Teñen prioridade os/as empadroados/as na matrícula da Escola de Música, en actividades de formación, uso das instalación e acceso libre á Aula de Informática do Centro Empresarial Transfronteirizo.

·       Respecto dos servizos presetados pola Casa da Mocidade, as persoas empadroadas teñen prioridade nas ludotecas de Nadal e Semana Santa (50 prazas, servizo gratuito) e nos campamentos de verán (máis de 120 prazas), prioridade en cursos e obradoiros, no acceso a internet e decontos en todas as excursión, obradoiros, etc.

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1728681289

28/07/2022

Carta do alcalde de Barbadás sobre o consumo responsable da auga

CARTA DO ALCALDE DE BARBADÁS APELANDO AO CONSUMO RESPONSABLE DE AUGA

Estimada veciñanza:

 Levamos unha longa tempada con escasez de choivas o que, sumado ás altas temperaturas, propicia que nos atopemos nunha situación preocupante no que atinxe ó consumo de auga.

 Hai comarcas na costa galega que xa tiveron que adoptar medidas restritivas en canto ó subministro de auga.

 Tamén algún concello da nosa provincia está analizando si ten que tomar medidas semellantes.

 En Barbadás a situación non é grave nin alarmante, pero debemos ser precavidos/as e, polo tanto, é convinte que todos e todas nós fagamos un uso racional e comedido da auga tendo presente que a situación de seca pode ser prolongada dado que as previsións meteorolóxicas indican que voltarán as temperaturas extremas.

 Nestas condicións, precisamos a colaboración de toda a veciñanza para que teñamos garantido un subministro de calidade.

 A colaboración de todos e todas resulta imprescindible nestas circunstancias.

 Por pouco que aforremos cada un e unha de nós, axudaremos a que a situación se manteña estable.

 

 Moitas grazas.

 Un cordial saúdo.

 O Alcalde: Xosé Carlos Valcárcel Doval

 

 

Novas

CONTENT.1728681289

27/07/2022

Protección Civil de Barbadás: 68 servizos no mes de xuño

PROTECCIÓN CIVIL DE BARBADÁS REALIZOU 68 SERVIZOS NO MES DE XUÑO

  • Servizo Municipal de Protección Civil do Concello de Barbadás realizou ao longo do mes de xuño un total de 68 intervencións.

 

  • Protección Civil de Barbadás participou en 17 operativos e 12 servizos de prevencións de riscos.

 

  • Os/as voluntarios/as participaron tamén no rescate de unha persoa atrapada nun ascensor e en 7 intervencións relacionadas co control de vespas velutinas.

 

  • Dende este servizo municipal tamén se interveu no operativo habilitado pola desaparición de unha persoa, que finalmente foi localizada.

 

  • Participaron tamén en 2 incendios e en 1 accidente de estrada así como en 3 anegamentos.

 

  • Recolleronse 10 animais e participouse nunha intervención de un árbore con risco para a seguridade das persoas. Tamén se interveu en 1 asistencia sanitaria e en 7 servizos de variada natureza.

 

  • Dende o Concello de Barbadás, o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel valora moi positivamente o grao de traballo e implicación do voluntariado no Servizo de Protección Civil, así como da coordinación do mesmo polo seu responsable, Daniel Rey.

Novas, Seguridade cidadá

CONTENT.1728681289

13/07/2022

Persoas refuxiadas procedentes de Ucraína chegan a Barbadás

Aloxaranse no internado do colexio de Escravas da Santísima Eucaristía e da Nai de Deus

40 persoas refuxiadas chegaron ao centro de acollida que vai xestionar Cruz Vermella en Sobrado do Bispo
O centro púxose en marcha grazas á colaboración do Concello de Barbadás e a congregación Escravas da Santísima Eucaristía e da Nai de Deus
  • Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, José Arcos, representante da congregación relixiosa, e Felipe Ferreiro, presidente provincial de Cruz Vermella en Ourense, visitaron esta mañá o Centro de Acollida de Persoas Refuxiadas en Sobrado do Bispo, onde se atopan desde onte 40 persoas procedentes de Ucraína e trasladadas desde Barcelona. Tamén estiveron a tenente alcalde, Victoria Morenza, e Rafael Sierra, concelleiro de parques e xardíns.
  • Á súa chegada foron recibidos por un equipo de persoal técnico e voluntario que lles acompañaron e axudáronlles a acomodarse para descansar.
  • A partir de hoxe comeza a súa etapa de adaptación, especialmente para os 16 nenos e nenas do grupo, todos eles acompañados das súas nais e familiares, e os 10 mozos de entre 18 e 30 anos.
  • Esta mañá o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Carlos Valcárcel, deulle a benvida “aos nosos novos veciños e veciñas ucraínos” e afirmou que “a solidariedade ten que ser uns dous valores que movan a nosa sociedade, e Barbadás ten dado mostras de que ese valor está non centro dá nosa forma de ser. Estou seguro de que a colaboración entre ou Concello de Barbadás e Cruz Vermella será de gran utilidade para acoller con éxito a estas persoas e facer que a estadía sexa ou máis grata posible.
  • En nome das relixiosas, José Arcos trasladou “a satisfacción da Congregación de poder axudar e recibir ás familias ucraínas, na súa maioría mulleres, nenos e nenas que están a pasar por un transo moi difícil e traumático nas súas vidas; unha situación que non pode ser allea a ninguén, aféctanos a todos e por iso debemos asumir a responsabilidade social que nos corresponde. Por iso, tamén en Ourense, como en como en toda a historia da Congregación, ponse e está ao dispor das persoas e, sobre todo, das máis necesitadas”.
  • Nos preparativos do edificio, antigo internado do colexio de Escravas da Santísima Eucaristía e da Nai de Deus, colaborou a empresa Coarvi a través do Concello de Barbadás, así como os servizos municipais de Obras, Xardinería, Mantemento eléctrico e fontanería, e todas as áreas municipais do Concello de Barbadás.

Novas

CONTENT.1728681289

08/07/2022

Presentación en Barbadás dos Programas Estatais de apoio á vivenda social

O SUBDELEGADO DO GOBERNO EN OURENSE, EMILIO GONZÁLEZ AFONSO, EXPLICA EN BARBADÁS OS PROGRAMAS ESTATAIS DE APOIO Á VIVENDA SOCIAL

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou a importancia destas axudas nun concello onde o 20 por cento da poboación ten unha idade entre 18 e 36 anos

  • Esta mañá tivo lugar no Centro Empresarial Transfronteirizo unha mesa informativa que abordou os programas estatais de apoio á vivenda social.

 

  • No encontro estiveron representantes de inmobiliarias de Barbadás e foi presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, xunto co alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel. Tamén estiveron na mesa a concelleira de Urbanismo e Vivenda, Victoria Morenza, e a técnico de Urbanismo e a técnico deste departamento do Concello de barbadás, Rosa Suárez.

 

  • González Afonso explicou que a elección de Barbadás para detallar as posibilidades deste programa integral de apoio do Estado á Vivenda social obedece ao feito de que “é un concello dinámico a nivel poboacional non só da provincia de Ourense, senón tamén de Galicia.

 

  • Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, indicou que Barbadás ten na actualidade unha poboación oficial de 11.229 habitantes, dos que 2.092 “teñen idades comprendidas entre 18 e 35 anos”, que poderían ser beneficiarios dos programas de Vivenda do Estado.

 

  • Afonso sinalou que as axudas do Goberno Central, a través de programas estatais de apoio á vivenda social, “son fundamentais en concellos que como Barbadás representa o marco idóeno para que os/as seus/súas xóvenes se beneficien destas iniciativas”.

 

  • A convocatoriafoi publicada por la Xunta en Resolución do 27 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de bono alugueiro mocidade e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2022 (código de procedemento VI482E). Enlace DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220630/AnuncioC3Q2-200622-0003_gl.html.

 

  • O prazo de presentación abrangue dende o 1 de xullo ata o 31 de outubro de 2022.

 

 

  • Os orzamentos xerais do Estado inclúen 200 millóns de euros para o “Bono Aluger Xoven” e 345 millóns para o Plan Estatal de Acceso á Vivenda.

 

  • O orzamento abrangue os exercicios 2022, 2023, 2024 e 2025. Multlipicouse por 7 o investimento destinado a vivenda respecto dos orzamentos xerais do Estado de 2018.

 

  • Está previsto que en 2025 se acaden 1.843 millóns de euros para o Plan Estatal de Acceso á Vivenda e Bono Aluguer Xoven.

 

  • A Galicia correspóndenlle 11,4 millóns de euros para o “Bono Aluguer Xoven” e 19,6 millóns de euros para o Plan Estatal de Acceso á Vivenda.

 

  • González Afonso explicou que este plan estatal incrementou en 7 o número de programas para beneficiar as políticas de integración e apoio á vivenda social.
  • O bono aluguer xoven está dirixido a xóvenes de ata 35 anos con unha fonte regular de ingresos. Axudas de 250 euros ao mes durante 2 anos.

 

 

  • Outro programa é o de “axuda ao aluguer da vivenda, con axudas para o disfrute de unha vivenda en réxime de aluguer ou cesión de uso.” Axuda de ata o 50 % do aluger por un prazo de 5 anos. Beneficiarios: arrendatarios/as teña ingresos inferios ao triplo do IPREM. Esta axuda pasa co novo plan do 40 ao 50 % e a duración pasa de 3 a 5 anos.

 

  • O Programa de axuda ás vítimas de violencia de xénero, persoas obxecto de desafiuzamento, persoas sen fogar e otras persoas especialmente vulnerables ofrecen aportacións estatais de ata o 100 % do aluguer e o 100 % dos gastos por un prazo de 5 anos.

 

  • O programa de axuda ás persoas arrendatarias en situación de vulnerabilidade sobrevida pretende apoiar a cidadáns/ás que se atopen nesta situación con unha axuda de ata o 100% do prezo de aluguer mentas se manteña a situación de vulnerabilidade. A novidade é que esta convocatoria está aberta de forma continuada e permanente.

 

  • O programa de axuda ás persoas xóvenes e para contribuir ao reto demográfico está definido para sufragar ata o 60 % do prezo do aluger ou ata 10.800 euros para a adquisición de vivenda habitual. Esta dirixido este programa a xóvenes de ata 35 anos residentes en núcleos de poboación enores de 10.000 habitantes. É compatible co bono aluguer xoven.

 

  • Outro dos programas é o que está dirixido ao incremento do parque público de vivenda para facilitar a adquisición de vivenda con destino ao aluguer social. Son axudas de ata o 60 % do custo de adquisición de vevendas destinadas ao aluger ou cesión en uso durante máis de 50 anos.

 

  • Os beneficiarios deste programa son as administración públicas, organismos públicos e demais entidades de dereito público. Tamén as fundacións, as empresas de economía social, as empresas calificadas de promoción social pola comunidade autónoma, as sociedades cooperativas de autopromoción, as ONG e as asociación declaradas de utilidade pública.

 

  • No Plan Estatal de Vivenda figura tamén un Programa de fomento de vivendas para persoas maiores ou persoas con discapacidade. O obxectivo é promocionar aloxamentos ou vivendas con instalación, servizos e zonas de intererelación para este tipo de persoas, tanto de titularidade pública como privada.

 

  • As axudas son de ata 700 euros por metro cadrado, non podendo superar o 50 % do investimento con un límite de 50.000 euros.

 

  • Os beneficiarios son persoas ou entidades de propitarioas de vivendas que as cedan ás comunidades autónomas, entidades locais, entidades e fundacións sen ánimo de lucro.

 

  • As vivendas deberán ter unha calificación enerxética mínima A e contar con zonas de intererelación e varios servizos (limpeza, atención medica, seguridade, restauración, actividades sociais.

 

  • Outro dos programas ten coma obxectivo fomentar aloxamentos temporais, de modelos cohousing, de vivendas interxeneracionais e modalidades similares co obxectivo de facilitar a posta a disposición de novas tipoloxías residenciais con maiores espazos de interrelación.

 

  • Esta axuda ten como límite 450 euros/metro cadrado, non podendo suerar o 50 % do investimento con un límite de 50.000 euros por cada vivenda.

 

  • O programa de posta a disposición de vivendas da Sareb e de entidades públicas para o seu aluguer coma vivenda social. Supón que a Sareb cede o usufructo de vivendas para aluguer social, para poner a disposición 15.000 vivendas.

 

  • Estas axudas oscilan entre 150 e 175 euros ao mes . Os beneficiarios son as comunidades autónomas e os concellos.

 

  • O Programa de fomento da posta a disposición das comunidades autónomas e concellos de vivendas libres para o seu aluguer como vivenda asequible ou social.

 

  • Esta axuda equivale á metade da diferencia entre o aluguer social que determine a comunidade autónoma e o prezo de mercado para vivendas que se cedan ou se incrorporen a programas de movilización de vivendas baleiras das CC AA ou entidades locais para alugalas por máis de 7 anos.

 

  • Os beneficiarios son persoas ou entidades propietarias de vivendas que as cedan. A limitación do prezo do aluguer son 450 euros ao mes.

 

  • Outro dos programas pretende mellorar a accesibilidade ás vivendas. As axudas son de ata 12.500 euros por vivenda para as unifamiliares. Engloba axudas de 9.000 euros por vivenda e 90 € por metro cadrado de superficie construida de colaal comercial. Tamén se recollen axudas de ata 6.000 euros por vivenda para vivendas ubicadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva.

 

  • Os beneficiarios son propietarios/as ou usufructuarios/as de vivendas ou comunidades de propietarios.

 

  • Tamén define o Plan Estatal axudas á erradicación de zonas degradadas, do chabolismo e da infravivenda.

 

  • Outra axuda vai dirixida ao pago do seguro de protección da renda arrendaticia.

Novas, Urbanismo

CONTENT.1728681289

06/07/2022

Reunión do subdelegado do Goberno en Ourense e o alcalde de Barbadás

O encontro versou sobre proxectos de interese para Barbadás

O ALCALDE DE BARBADÁS, XOSÉ CARLOS VALCÁRCEL, PLANTEXA AO SUBDELEGADO DO GOBERNO, EMILIO GONZÁLEZ AFONSO, A CREACIÓN DE UN POSTO DA GARDA CIVIL NO MUNICIPIO

O encontro entre o subdelegado e o rexedor evidenciou a necesidade de financiación para outros proxectos de interese para Barbadás

  • Esta mañá tivo lugar en Ourense unha reunión coa presenza do subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso, o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e a tenente alcalde, Victoria Morenza, para abordar asuntos de interese para o concello.

 

  • O rexedor de Barbadás plantexou ao Subdelegado do Goberno a creación de un posto da garda civil no municipio, unha dotación que melloraría a seguridade na zona.

 

  • Outro dos proxectos sobre os que existe interese por parte do goberno municipal de Barbadás pasa por acometer unha intervención integral de humanización da avenida de Celanova, toda vez que recentemente se procedeu á rexeneración do firme da arteria principal da Valenzá.

 

  • Tamén se puxo en evidencia nesta reunión de traballo a ampliación da plantilla da policía local debido ao incremento poboacional dos últimos anos.

 

  • Xosé Carlos Valcárcel plantexoulle a Emilio González Afonso a evolución de Barbadás nos últimos anos, nos que se produciu non só un incremento demográfico senón tamén unha dispersión do ámbito de actuación dos efectivos da policía.

 

  • Valcárcel incidiu tamén na importancia de implementar a difusión do potencial do concello de Barbadás nos ámbitos do turismo e da riqueza natural. Un exemplo da potencialidade turística e natural de Barbadás é a zona natural do Pisco e o roteiro que o engloba, dende a Valenzá ata a coñecida fervenza.

 

  • O rexedor recalcou a importancia de que o Estado se implique no financiamento de un proxecto presentado hai uns días, que consiste na habilitación de un roteiro neste camiño e a creación, perfectamente mimetizados co entorno, de elementos que potencien a fervenza do Pisco e o camiño que conduce a este senlleiro lugar do municipio.

 

  • Xosé Carlos Valcárcel abordou tamén a necesidade de reformar a antiga escola de Sobrado, como eixe vertebrador do pobo, e tamén de establecer como prioritaria a instalación de fibra óptica nos núcleos de Barxa e Pista de San Bieito, en San Lourenzo de Piñor.

 

  • Finalmente, a tenente alcalde, Victoria Morenza, abordou a importancia da figura de Carmen Martín Gaite e a súa vinculación con Barbadás, especialmente con San Lourenzo de Piñor, pobo que aparece reflectido en 3 das súas obras literarias.

 

  • Morenza plantexou a posibilidade de que o Estado, a través do Ministerio de Cultura, colabore coa posta en marcha do Plan Director para lanzar a potenciación e vinculación de Martín Gaite con Barbadás e con Galicia, a través da creación de roteiros literarios e mellora e humanización do entorno no que viviu numerosos veráns a ilustre escritora.

 

  • Falouse da proximidade do centenario do nacemento da escritora para establecer de un xeito intenso esta colaboración entre o Estado e o Concello de Barbadás.

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1728681289

24/06/2022

Programación de verán en Barbadás

Música, maxia, teatro, circo, cine, grafitti, skate....

MÚSICA, MAXIA, TEATRO, CIRCO, CINE, GRAFFITI, SKATE,ACTIVIDADES LÚDICAS, DEPORTIVAS E DIDÁCTICAS COMPOÑEN O PROGRAMA DE VERÁN EN BARBADÁS

O concerto de Guezos, hoxe ás 21,30h, no Parque Dos Patos dá comezo ao programa do verán cultural, lúdico e de ocio do Verán Cultural Barbadás 2022

Hoxe, tivo lugar a presentación do programa Verán Cultural Barbadás 2022, cun amplo abano de actividades culturais, lúdicas, artísticas, deportivas, que se desenvolverán na época estival no noso concello.

  • Marga Pérez, concelleira de Cultura, destacou que “temos unha cita importante coa programación cultural ao longo de todo o verán, un punto de encontro entre amigos/as e familias. Este ano aumentouse a oferta cultural e lúdica, así como o orzamento destinado a este tipo de actividades caracterizadas pola variedade na oferta”.

 

  • Abel Pérez, concelleiro de Deportes e Mocidade, sinalou a importancia de ofrecer un amplo abano de actividades dirixidas aos/ás máis xóvenes: grafitti, DJ, hip hop, skate, charlas, etcétera compoñen a oferta para a mocidade.

 

  • Elisabet González, concelleira de Igualdade, destacou a presenza hoxe de Guezos no Parque dos Patos, nun concerto enmarcado Pacto de Estado contra a violencia de xénero e pola Casa da Mocidade.

 

  • Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, destaca que “a programación do verán cultural de Barbadás convertiuse durante a pandemia nunha referencia para toda a contorna”.

 

P R O G R A M A     C U L T U R A L

Actuacións no  Parque dos Patos (A Valenzá)

  • Xoves 23 de xuño ás 21:30 h. Guezos en concerto.
  • Mércoles 29 de xuño ás 21 h. Concerto da Banda de Música Infantil da Escola de Música de Barbadás.
  • Xoves 30 de xuño ás 21 h. Concerto da Banda de Música Xuvenil da Escola de Música de Barbadás.
  • Xoves 7 de xullo ás 21 h. Actuación de Tanito e Máxico Brais co espectáculo «Circo Menudo….Menudo Circo» (Maxia).
  • Xoves 14 de xullo ás 21 h. Actuación de Culturactiva Produccións co espectáculo «Desconcerto» (Teatro)
  • Xoves 21 de xullo ás 21 h. Actuación do mago Dani García co espectáculo «Tin» (Maxia)
  • Xoves 28 de xullo ás 21 h. Actuación de Teatro ó Cubo con el espectáculo «Ghop» (Teatro/Circo)
  • Xoves 4 de agosto ás 21 h. Concerto do grupo En Mala Hora.
  • Xoves 11 de agosto ás 21 h. Actuación de Cia Vaya co espectáculo «Vertical Boom» (Circo)
  • Xoves 18 de agosto ás 21 h. Actuación de Xarope Tulú co espectáculo «Rilla Rilla» (Teatro)
  • Xoves 25 de agosto ás 22 h. Noite de cinema coa proxección de la película «Valentina»

 ___

P R O G R A M A      M O C I D A D E

A Casa da Mocidade ofrecerá tamén unha ampla programación de actividades:

  • A segunda edición de BARBADÁS TEN RIMA! terá lugar o venres 1 de xullo na Praza Vermella, diante da Casa da Mocidade.
    Este festival de Cultura urbana abrangue varias actividades:

    • 17:00 h. “ I Batalla de Galos” Edición Barbadás ten rima!
    • 20:30 h. Arte Graffitti: IDOIA DE LUXÁN / DAFER PLANET
    • 20:30 h. En Concerto: RUSSO / HOMBRE-P / ALFRE096 + KID MOUNT + WILSON

 

  • Ao longo do mes de xullo terá lugar unha actividade que mestura deporte e ocio relacionada co “SKATE STREET” (Modalidades de Skate, Scooter e Patíns:
    • Primeira quenda: días 1, 6 e 8 de xullo
    • Segunda quenda: días 20, 22, 27 e 29 de xullo
      Con 20 participantes por quenda en horario de 11h. A 13h.

 

  • A programación da Casa da Mocidade inclúe tamén un OBRADOIRO GRAFFITI o xoves 7 de xullo, con clases de Graffiti para 20 participantes.

 

  • Os días 14 e 21 de xullo (dúas quendas en horario de 12:00 a 14:00 h) está previsto un obradoiro de DJ, con un máximo de 15 participantes por día.

 

  • CHARLAS :
    • Mércores 13 de xullo: “Queréndome e coidándome”: Prevención dos trastornos de alimentación.
    • Mércores 20 de Xullo: “Tips para detectar relacións tóxicas”: Prevención da violencia de xénero e outras problemáticas nas relacións sociais. Estas charlas están dirixidas a todos os públicos. 988 000 234. xuventude@barbadas.es

 

  • Outra actividade deportiva e de ocio será o Campus de Verán ‘Os Patos’, do Programa Respiro familiar 2022.
    A Concellería de Mocidade e Deportes de Barbadás convoca o Campus de Verán “Os Patos”, unha actividade lúdica é o tempo formativa e que terá lugar durante as vacacións de verán dirixida aos nenos e nenas do Concello de Barbadás.
    Estará dividido en 10 quendas dunha semana de duración, do 27 de xuño ao 2 de setembro,  nas piscinas municipais .
    Un total de 200 prazas para nenos/as de 6 a 12 anos.
    O campus “Os Patos” inclúe xogos acuáticos, actividades recreativas, manualidades, deporte e natureza.
    Os/as solicitantes deberán ter en conta que existen dous tipos de programación, azul e verde, e que se repite nas diferentes quendas.

    • Programa Azul: manualidades. Natureza, xogos de mesa, cociña e festa.
    • Programa Verde: arte, primeiros auxilios e salvamento, xogos populares, cociña e festa. Dificultade media-alta; obrigatorio saber nadar e/ou ter capacidade de flotación.
      PREZO: 20€

Máis información e inscricións nas Actividades de Mocidade

Casa da Mocidade
Rúa Os Diestros, 2 A Valenzá (Barbadás)
Tel. 988 000 234. xuventude@barbadas.es 
Instagram: mocidade_barbadas

_____

P R O G R A M A    E D U C A C I Ó N

  • Outra oferta lúdica son os Campamentos “Barbadás Concilia Verán 2022”, organizados pola Concellería de Educación para nenos e nenas nados/as entre os anos 2010 – 2018. Estes campamentos celebraranse entre 4 de xullo e o 30 de agosto, organizados por quincenas.
    • 1º quincena de xullo (4 – 15 de xullo), 107 nenos/as aprox.
      • Espazo infantil A Solaina – A Valenzá (dous grupos)
      • As Lamas
      • Barbadás
      • Sobrado do Bispo
      • Piñor
      • Bentraces
    • 2º quincena de xullo (18 – 29 de xullo), 100 nenos/as aprox.
      • Espazo infantil A Solaina – A Valenzá (dous grupos)
      • As Lamas
      • Barbadás
      • Sobrado do Bispo
      • Piñor
    • 1º quincena de agosto (1 – 12 de agosto),  50 nenos/as aprox.
      • Espazo infantil A Solaina –  A Valenzá (dous grupos)
      • As Lamas
      • Barbadás
      • Sobrado do Bispo
      • Piñor
    • 2º quincena de agosto (16 – 30 de agosto), 36 nenos/as aprox.:
      • Espazo infantil  A Solaina – A Valenzá (dous grupos)
      • Barbadás

 

Máis información e inscricións Actividades de Educación e Cultura

Casa da Cultura Manuel María
Rúa San Bernabé, 37, A Valenzá (Barbadás)
Tel.  988 246 885. educacion@barbadas.es

Barbadás Quéreo Viveo, Cultura, Deportes, Educación/Formación, Mocidade, Novas

CONTENT.1728681289

15/06/2022

Inspección técnica de vehículos agrícolas en Barbadás

A INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS REALIZARASE EN BARBADÁS O 21 DE XULLO

O lugar no que se efectuará a inspección será a explanada da igrexa de barbadás entre as 9,00 e as 13,30 horas

 

  • Concello de Barbadás comunica a toda a veciñanza que o vindeiro día 21 de xullo de 2022 vaise realizar a Inspección Técnica Periódica dos vehículos agrícolas matriculados neste concello.

 

  • lugar no que se efectuará a inspección técnica dos vehículos agrícolas matriculados será a explanada a igrexa parroquial de Barbadás.

 

 

  • horario no que se desenvolverá a xornada de inspección será de 9:00h a 13:30h.

 

  • Para poder realizar a inspección é preciso pedir cita previa chamando ao 902 30 90 00 ou na páxina web sycitv.com.

 

Novas, Transporte

CONTENT.1728681289

07/06/2022

Evento comercial en Barbadás: Noite Moucha, 10 de xuño

Evento ambientado no afastado oeste

BARBADÁS ACOLLE O VENRES 10 DE XUÑO A “NOITE MOUCHA”, AMBIENTADA NO AFASTADO OESTE

Está previsto sortear un premio de 500 euros, que se fará público coincidindo co descanso da orquestra París de Noia, posto que o evento coincide coas festas da Valenzá

Haberá inchables gratuítos por compras nos establecementos organizadores

  • Hoxe ao mediodía presentouse na Valenzá o evento comercial “A Noite Moucha”, ambientada no afastado Oeste. Na presentación estiveron Marga Pérez, concelleira de Comercio, Alejandra Rodríguez, presidenta do Centro Comercial Aberto, Beatriz Mosquera, de Carussa Baby, Ángeles Romero, de Utile Mobles e Gloria Martín, de Gaia contigo.

 

  • Marga Pérez, concelleira de Comercio, afirmou que “hoxe presentamos unha nova actividade de dinamización do comercio local de Barbadás, unha máis das que se están a desenvolver durante todo o ano. Nesta ocasión trátase da celebración da Noite Moucha, que xa tiña cabida en anteriores edicións anteriores á pandemia e agora volve a retomarse con máis forza porque é unha proposta moi atractiva que ten moito éxito entre o público.

 

  • Os comercios permanecerán abertos ata as 12 da noite e permitirá que a clientela se poida beneficiar de prezos especiais e optar a premios.

 

  • Dende a área de Comercio estamos colaborando sempre coas propostas que se nos presentan e estamos aquí para apoialos sempre en todas as actividades que queiran desenvolver porque dixemos en máis de unha ocasión os/as comerciantes son o motor do noso concello, unha parte viva, son postos de traballo. Apostamos para que se incrementen o número de comercios, de postos de traballo e para que actividade comercial sexa positiva para o comercio local.

 

  • Alejandra Rodríguez, presidenta da asociación de comerciantes da Valenzá, indicou que este evento está dirixido aos máis pequenos/as e á xente do barrio. Nesta ocasión está ambientado no afastado oeste, polo que as tendas e os/as comerciantes estarán caracterizadas con esta temática. Vai haber unha serie de premios en base ás compras realizadas. O premio ten un custo de 500 euros e vaise facer público á 1,30 da madrugada no descanso da orquestra París de Noia. Está formado por vales de 18 euros que se poderán trocar nos establecementos do comercio local.

 

  • Entre as actividades dirixidas a menos e nenas figuran unha xincana, a busca do tesouro, diploma ao/á mellor vaqueiro/a. Tamén está prevista unha actividade de globoflexia e pintacaras.

 

  • No evento participan 14 comercios de todos os ámbitos: mobles, téxtil, produtos naturais, etcétera: Elma, Mimi flores, Librería A Valenzá, Bell moda, Calzados Zocos, Moda Calviño, Utile Mobles, Twins Men, Twins, Gaia contigo, La Cigüeña e Más que un sueño.

 

  • Os/as máis cativos poderán desfrutar de inchables en 3 puntos diferentes da Valenzá, aos que poderán acceder gratuitamente mercando nos negocios colaboradores.

Barbadás Quéreo Viveo, Comercio, Novas

CONTENT.1728681289

07/06/2022

Ofertas de emprego para contratar persoal en Barbadás

OFERTAS DE EMPREGO PARA A ATENCIÓN DE PERSOAS REFUXIADAS QUE CHEGARÁN ÁS INSTALACIÓNS UBICADAS EN SOBRADO DO BISPO

NA INICIATIVA COLABORAN CRUZ VERMELLA, AS ESCRAVAS DA SANTÍSTIMA EUCARISTÍA E O CONCELLO DE BARBADÁS

  • A organización non gubernamental Cruz Vermella publicou ofertas de emprego para cubrir postos de traballo de cara á chegada de reguxiados de Ucraína ás instalacións da congregación relixiosa en Sobrado do Bispo.

 

  • A colaboración entre a congregación relixiosa Esclavas de la Santísima Eucaristía y de la Madre de Dios, Cruz Vermella e o Concello de Barbadás, co apoio económico do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións posibilitará a chegada en vindeiras semanas de refuxiados de Ucraína a Sobrado do Bispo.

 

  • Cruz Vermella como entidade xestora da chegada e atención das persoas procedentes da zona en situación de guerra publicou ofertas de emprego para diferentes postos: administrativo/a, Gobernanta/e, Subalterno/a, traballador/a social e integrador/a social.

 

  • Calquera persoa interesada en calquera destes postos pode consultar as condicións nos enlaces que se enumeran a continuación:

 

Ucrania administrativo

Ucrania Gobernanta

Ucrania Integrador social

Ucrania Subalterno

Ucrania Traballadora social

 

Novas

CONTENT.1728681289

01/06/2022

Barbadás: presente no itinerario do Rallye de Ourense

O 18 de xuño

BARBADÁS ACOLLERÁ OS TESTS OFICIAIS DO RALLYE DE OURENSE O 18 DE XUÑO A PROBA TERÁ O PERCORRIDO POR DIFERENTES PUNTOS DO MUNICIPIO

O percorrido iniciarase na Valenzá, na contorna do campo de fútbol “ Os Carrís”, pasando por Barbadás, San Benito da Cova do Lobo e rematando en Piñor.

Ao acto de presentación do Rallye de Ourense acudiron representantes do Concello de Barbadás: Victoria Morenza, tenente alcalde e Abel Cortés, concelleiro de Deportes

 

  • Este mediodía presentouse en Ourense a 55 edición do rallye de Ourense, que este ano transcorre por Barbadás.
  • En representación do Concello de Barbadás estiveron a tenente alcalde, Victoria Morenza, e Abel Cortés concelleiro de Deportes. Na imaxe aparecen xunto coa representación institucional de Barbadás, o presidente de Escudería Ourense, Jano Fraga, e o xefe de seguridade do rallye, Pepe Sampayo.
  • Cando se cumpre a 55 edición do Rallye de Ourense Barbadás será escenario da realización dos test oficiais e dunha nova proba automobilística do Super Campionato de España de Rallyes.
  • Despois do éxito do pasado ano realizando os test oficiais na Valenzá, agora toca mostrar máis apoio a esta proba de carácter nacional que sitúa ao Concello de Barbadás no mapa deportivo de máis alto nivel.
  • Os test oficiais celebraranse o 14 de xuño na Valenzá e o 18 de xuño realizarase a proba, que terá dúas pasadas polo territorio de Barbadás, iniciándose o percorrido na Valenzá, na contorna do campo de fútbol “ Os Carrís”, pasando por Barbadás e San Benito da Cova do Lobo e rematando en Piñor.
  • Victoria Morenza, tenente alcalde, indica que “a participación do Concello de Barbadás é unha aposta segura por un evento deportivo que atraerá ao noso municipio aos mellores pilotos e á mellor aficción”.
  • A integración de Barbadás no Rallye de Ourense é tamén unha oportunidade para proxectar unha imaxe da nosa contorna que gozarán os/as espectadores/as, xa que o trazado das probas percorre lugares “naturalmente” espectaculares, e que ademais, supoñerá un impulso dinamizador e económico para a zona.
  • Abel Cortés, concelleiro de Deportes, agradece á Organización o feito de que “contaran con Barbadás, os nosos recursos estarán á súa disposición para que as probas sexan un éxito e todos podamos gozar dun gran acontecemento deportivo como é o Rallye de Ourense”.

Barbadás Quéreo Viveo, Deportes, Novas

CONTENT.1728681289

31/05/2022

Cobranza do Imposto de Bens Inmobles, IBI, da veciñanza con propiedades en Barbadás

Dende o día 01/06/2022 ata o 31/08/2022

ABERTO O PRAZO PARA A COBRANZA DO IMPOSTO DE BENS INMOBLES, IBI DE URBANA EN BARBADÁS

O prazo en período voluntario abranguerá dende o 1 de xuño de 2022 ata o 31 de agosto

  • O Concello de Barbadás informa á veciñanza  que dende o día 01/06/2022 ata o 31/08/2022,  ambos os dous inclusive, terá lugar a cobranza en período voluntario do importo de IBI Urbana (contribución da vivenda).
  • Os/as contribuíntes recibirán no seu domicilio os impresos dos resgardos de pagamento que deberán aboar en calquera oficina Bancaria ou Estatal de Correos e Telégrafos, no prazo antes mencionado.
  • En caso de non recibir os impresos dos resgardos de pagamento, poderán solicitar duplicado no Servizo de Recadación da Deputación Provincial de Ourense.
  • Dende o Concello de Barbadás advírtese de que, o feito de non recibiren ditos impresos non exime da obrigación de efectuar o pagamento no prazo mencionado.
  • A veciñanza poderá solicitar calquera información chamando ao teléfono 988 31 77 20 do Servizo de Recadación da Diputación Provincial de Ourense.

 

Novas, Urbanismo

CONTENT.1728681289

25/05/2022

Presentación do II Paseo da Saúde

O 3 de xuño será o día central, con actividades complementarias en días anteriores e posteriores.

O PASEO DA SAÚDE DE BARBADÁS REÚNE A 15 COLECTIVOS RELACIONADOS CON PATOLOXÍAS E ENFERMIDADES DIVERSAS

Obradoiros, charlas didácticas, unha masterclass de ioga e merenda saudable para os/as máis cativos conforman un programa de actividades que se desenrolarán previamente e o propio 3 de xuño

Protección Civil de Barbadás estará tamén para inculcar a importancia da prevención

  • Este mediodía presentouse en Barbadás a segunda edición do Paseo da Saúde. No acto estiveron Victoria Morenza, tenente alcalde, Elisabet González, concelleira de Sanidade, Daniel Rey, responsable de Protección Civil de Barbadás.

 

  • Á presentación acudiron representantes de diferentes colectivos relacionados co ámbito da saúde: Natalia Estévez, da Asociación de Mulleres con endometriose; Silvia Suárez, de Por eles TEA, Asociación Autista de Ourense; Rebeca Fernández , de ASEIA, Asociación para a saúde emocional na Infancia e na adolescencia; Leticia Bianchi, de Morea; Carmen Dorado, de Alcer, Asociación de Loita contra a enfermidade renal; Paz Gómez-del Valle, da Asociación Diabética Aurea; Susana Fernández, Audemper; Lucía Maceiras e Rosa Vieytes, de Autismo Ourense e Óscar Doval de Afaor, Asociación de enfermos de Alzheimer. Tamén estivo  Chari Álvarez, de ACCU Ourense, da Asociación de Crhn e colite ulcerosa.

 

  • Tamén participan no Paseo da Saúde colectivos como a Asociación española contra o cancro; Aodem, Asociación e Esclerose múltiple, parkinson e enfermidades raras; Asociación de Fibromialxia e fatiga crónica; Asociación de Crohn e colite ulcerosa; Asociación de Celíacos de Galicia; Renacer, Asociación de Dano cerebral; Asociación de Familiares e enfermos mentais, AFEM, Asociación de Familiares e enfermos mentais e Fundación Neuroburgas.

 

  • Victoria Morenza, tenente alcalde de Barbadás, agradeceu a presenza das/os representantes dos colectivos vinculados á saúde para a presentación do II Paseo da Saúde, que terá lugar este venres día 3 de xuño en horario de mañá e tarde na Avda. de Celanova, preto da rotonda da familia,

 

  • Morenza indicou que “nesta edición contaremos coa presenza de moitas asociacións relacionadas co ámbito da saúde da nosa provincia e cada unha delas dará a coñecer o traballo que realizan en relación á prevención e tratamento de diversas patoloxías e enfermidades”.

 

  • O Paseo da Saúde ofrecerá información de interese para toda a cidadanía non só coa presenza dos diferentes colectivos que se ubicarán nas carpas que se instalarán na avenida de Celanova, na zona da rotonda da familia senón que tamén están previstas charlas formativas e obradoiros didácticos para coñecer o traballo destas asociacións, sinalou a tenente alcalde.

 

  • Dende o Concello de Barbadás “temos claro que para promocionar a saúde hai que priorizar a prevención, por iso o lema desta edición é “PREVENCION É SAÚDE”, apuntou Morenza.

 

  • O que se pretende con este Paseo da saúde é dar a coñecer o traballo tan fundamental, e tantas veces esquecido, destas asociacións, que traballan, non soamente para axudar aos enfermos e enfermas desas patoloxías, senón tamén “para orientar e apoiar ás súas familias, que en moitos casos este é un traballo fundamental: a nivel psicolóxico e profesional, a través de fisioterapia, do apoio de profesionais do traballo social, e así como a través da labor das persoas voluntarias que hai en cada unha das entidades e asociacións, que de xeito desinteresado fan un traballo silencioso pero moi necesario que serve de apoio para que as persoas que sofren esas patoloxías e enfermidades poidan manter unha vida, o máis normalizada posible”, destacou Morenza.
  • Elisabet González Nistal, concelleira de Sanidade, informou que “tamén contaremos coa presenza da matrona do Sergas do centro de saúde de Barbadás, “quen se amosou interesada en acudir para informar a todas aquelas persoas que se acheguen para resolver dúbidas, ou para pedir información acerca da súa labor”.

 

  • González Nistal comentou que “este ano como novidade están programadas diferentes actividades relacionadas ca saúde, como son: o día 3 ás, 19:00h, terá lugar no parque da Solaina unha masterclass de IOGA que estará aberta a todo ó publico e será impartida por unha monitora do Polideportivo do concello.

 

  • Tamén o mesmo día 3 de xuño, de 17:30 a 18:30h haberá un obradoiro de merenda saudable dirixido a todos os nenos e nenas que queiran participar e terá lugar onde se ubica o Paseo da Saúde.

 

  • Este ano, a segunda edición do Paseo pola saúde, abarca unha programación mais ampla que non se vai centrar nun so día, xa que a partires de mañá, levaranse a cabo unha serie de charlas informativas, impartidas por diferentes asociacións participantes:
    • Maña día 25 de maio, ás 11:00h na casa da Mocidade, Aseia Galicia impartirá un taller de Saúde emocional.
    • O día 26 de maio as 19:00h terá lugar na aula de actividades, sita na rúa do Ensino, un charla a cargo de Alcer
    • O día 30 de maio ás 19:00h, a asociación Auria diabética, dará unha charla informativa na aula de actividades, tamén na rúa do Ensino.
    • Afaor impartirá o día 31 de maio ás 17:30h, unha charla preventiva na aula de actividades, situada no rúa do ensino
    • A Asociación de celíacos de Galicia, estará presente o día 1 de xuño, as 19:00h, na casa da Mocidade.
    • E por último o día 2 de xuño ás 19:00h a asociación Querendo, de mulleres con endometriose, impartirá unha charla informativa relacionada con esta enfermidade, será aquí, neste mesmo lugar, na casa da mocidade
  • A edil de Sanidade destacou que “imos contar coa presenza de Protección Civil de Barbadas, a todos os voluntarios e voluntarias aos que queremos hoxe recoñecer e agradecer publicamente a súa labor tan desinteresada”.

 

  • O venres 3 de xuño a agrupación de voluntarios/as de Protección Civil estarán coa carpa que utilizan nos momentos de emerxencias e cos seus vehículos, para que os/as nenos e nenas dos colexios de Barbadas, poidan velos e participar nun obradoiro de primeiros auxilios e  RCP que impartirán os propios voluntarios de protección civil e que non só van dirixidos aos nenos e nenas, senón que tamén poderán participar todas aquelas persoas que se queiran achegar.

 

  • Este abano de demostración pretenden conformar “unha xornada de portas abertas, para dar a coñecer un pouco mais en profundidade a labor dos voluntarios e voluntarias de Protección Civil.

 

  • Así mesmo, vamos a contar coa presenza dunha UNIDADE MÓBIL DO CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA, para que todas as persoas que queiran ter o xesto altruísta de doar sangue, poidan acudir a esta unidade móbil, posto que é moi importante e necesario para salvar vidas ou tratar enfermidades.

 

  • Daniel Rey, responsable de Protección Civil, indicou que “queremos visibilizar por unha parte a importancia do voluntariado que todos nós representamos”.

 

  • Rey apuntou que “vimos dunha pandemia que nos ensinou moitísimas cousas que non coñeciamos e nese punto é cando se ve a importante de todas as actividades que se levaron a cabo no fomento de prevención e a saúde”.

 

  • Con respecto ás actividades “que imos a levar a cabo, neste caso a máis importante é a capacidade de divulgación que se vai impartir en todas as asociacións, en concreto nós cos centros educativos nos cales vamos facer unhas charlas sobre as nosas actividades de prevención, e insisto nisto porque Protección Civil neste caso baséase na prevención. Por este motivo queremos transmitirlle aos/ás cativos/as e a asociación As Burgas que tamén participarán como novidade este ano esa cultura de prevención que vamos levar por todo o concello.

 

  • “A prevención parte do ámbito doméstico, educativo ímola transmitir nunhas charlas cos rapaces do colexio en horario de mañá. O ano pasado consistiu nunha exhibición de vehículos e material que utilizamos, ademáis dunha charla de primeiros auxilios básicos e RCP para aprender os conceptos básicos que son imprescindibles, que deberían estar incluídas no currículo escolar como se fai noutros países” explicou Daniel Rey.

 

  • Aparte disto, destinado tanto aos colexios como ao resto de xente, pola tarde haberá unha xornada de portas abertas sobre estas actividades.

 

  • Finalmente o responsable de Protección Civil de Barbadás agradeceu ao Concello que se organicen este tipo de eventos que contribúen a dar visibilidade ás actividades do voluntariado e á que a sociedade lle dea importancia.

 

  • Paz Gómez-del Valle, da Asociación Diabética Auria, afirmou falar “en nombre de todas las asociaciones, para mí es una gran satisfacción como portavoz de todas las asociaciones contar con un Concello como el de Barbadás que nos tiene en cuenta y sobre todo cuida mucho la prevención de enfermedades”.
    “Desde el año pasado a este, se ha completado la jornada con los talleres, con personas participativas, 18 asociaciones, todos unidos en la calle dando visibilidad a todas nuestras patologías. Es de agradecer y estar encantados, nos ofrecemos a todo lo que necesiten y podamos hacer como asociaciones”, sinalou Gómez-del Valle.

 

  • A representante de Auria Diabéticos comentou que agarda que “cunda el ejemplo  en toda la contorna porque en Ourense teníamos unas jornadas fantásticas, y han desaparecido. No solo es bueno para nosotros, para conocernos, para saber que estamos ahí, hacer proyectos en conjunto, sino también la prevención, información y formación de nuestras patologías, y la única manera que tenemos de allegarnos a eso es estando en la calle, porque si no nos quedamos muy reducidos en nuestro núcleo, en nuestros asociados y dándonos oportunidades como ellos nos dan de salir a la calle y darnos a conocer como asociaciones y nuestras patologías”.

 

  • E por último, e non por iso menos importante, González Nistal agradeceu a colaboración neste II Paseo da Saúde e o patrocinio das seguintes empresas locais: Helbagraf, Coarvi, Auromar, Jofisa, a Cova do Savio e  Jofesa.

 

 

 

Barbadás Quéreo Viveo, Novas, Sanidade

CONTENT.1728681289

20/05/2022

Percorrido da Cavernícola Race de Barbadás 2022

PERCORRIDO DA CAVERNÍCOLA RACE BARBADÁS 2022

 

  1. RÚA CALZADA ROMANA – CORTADA DENDE O XOVES 19 (META DA PROBA) – Dende o cruce

do parque dos patos ata o paso de peóns en frente ao polideportivo municipal de Barbadás.

 

  1. Estrada antiga a carón do río Barbadás – TRAMO CORTADO PARA O TRANSCURSO DOS/AS

CORREDORES/AS O SÁBADO 21 DE MAIO.

 

  1. Camiño a Barbadás – TRAMO CORTADO PARA O TRANSCURSO DOS CORREDORES O SÁBADO

21 DE MAIO.

 

  1. O tramo da aldea de Barbadás o percorrido estará balizado e sinalado con pintura e con

voluntarios nos cruces. Os tramos de estrada habilitarase espazo para que circulen os coches

con normalidade.

 

  1. PERCORRIDO:
  • SAÍDA: Na pista do polideportivo de Barbadás. Por detrás do campo de fútbol.
  • META: En fronte ao polideportivo municipal de Barbadás. Rúa calzada Romana.
  • DISTANCIA TOTAL: 7,95 Km
  • DESNIVEL POSITIVO: 288 m
  • ALTITUDE MÁXIMA: 307 m

Deportes, Novas

CONTENT.1728681289

19/05/2022

Presentación da 3ª edición da Cavernícola Race de Barbadás

O evento terá lugar o día 21 de maio.

BARBADÁS SERÁ ESCENARIO DA 3ª EDICIÓN DA CAVERNÍCOLA RACE O 21 DE MAIO

Deportistas de diferentes lugares do país acudirán  para participar na carreira de obstáculos nun percorrido de 8 quilómetros

Promociónase o deporte en equipo e de colaboración

  • Este mediodía tivo lugar a presentación da 3ª edición da Cavernícola Race de Barbadás, un evento deportivo no que a resistencia e os obstáculos serán os protagonistas.
    No acto de presentación estiveron o alcalde, Xosé Carlos Valcácel, a tenente alcalde, Victoria Morenza, o concelleiro de Deportes e Mocidade, Abel Cortés, e Diego López, impulsor e coordinador do evento, que terá lugar o día 21 de maio.
  • A primeira edición tivo lugar en 2018 e a celebración deste orixinal evento deportivo viuse suspendido durante 2 anos por mor da pandemia, explicou Victoria Morenza, tenente alcalde.
  • Morenza destacou que trátase dunha “carreira senlleira e con moito éxito entre os/ as deportistas, precisamente polas dificultades que conleva o percorrido”. É un  “itinerario moi interesante e entretido que transcorre por sitios complicados, á vez que fermosos, da contorna da Valenzá”,  sinalou a tenente alcalde.
  • Morenza trasladou os agradecementos a todos os/as  colaboradores/as, ao persoal do campo de fútbol e do polideportivo, ás forzas de seguridade, a protección civil, a policía local e ao servizo de obras e xardíns.
  • Diego López, que é o creador, impulsor e organizador do evento, comentou que “esta 3ª edición conta con máis de 30 obstáculos (de forza, de carga, zonas de río e terra, con inchables) e vai ser moi divertida e entretida.
  • López indicou que trátase dun  percorrido de 8 quilómetros, “onde os participantes van a traballar a forza, a pasalo moi ben e gozar do entorno e das probas que están preparadas”.
  • O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, recoñeceu “o traballo das persoas implicadas na organización deste evento”.
  • A carreira pasa por lugares moi sinalados do concello, moi bonitos, sobre todo o lugar de O Pisco que merece ser visto”, sinalou o rexedor.
  • Trátase de unha proba tipo OCR e os resultados poderanse seguir en vivo mediante a App Saudeter, informou o alcalde, quen anunciou que “ao final do evento haberá sorteos, agasallos e premios. Transmitiu os agradecementos aos clubs colaboradores, colectivos e ao colexio CIFP A Farixa”.

  • Abel Cortés, concelleiro de Deportes e Mocidade, reiterou os agradecementos aos traballadores/as do concello, voluntarios/as, colaboradores/as, patrocinadores e demais persoas implicadas.
  • Cortés lembrou que na primeira edición participaron 50 participantes, na segunda 140 e nesta rozamos os 300.
  • Os/as participantes veñen tanto de toda Galicia como de fóra. “A idea é seguir medrando, mellorando e aprendendo cada ano para que esta proba sexa cada vez máis escoitada e teña unha maior repercusión no ámbito deportivo”.
  • Na Cavernícola Race de Barbadáspromocionase o deporte en equipo e de colaboración, onde pode participar toda persoa interesada”.
  • Cortés incidiu no feito de que “se unha persoa non é capaz de superar un obstáculo por si mesma, pode ter axuda dos/as seus/súas compañeiros/as que saen na súa quenda, ou realizar unha proba alternativa como poden ser burpees, mover sacos, facer flexións e iso sería un equivalente a superar os obstáculos”.
  • Os/as noso/as cavernícolas precisarán todo o apoio posible, da xente que veña a animar, para superar esta divertida pero exixente proba de obstáculos.
    O  vindeiro sábado 21 de maio, a partir das 16:00 h será o pistoletazo de saída que dará comezo a esta 3ª edición da CAVERNÍCOLA RACE DE BARBADÁS.

 

Fotografías de edicións anteriores.

Barbadás Quéreo Viveo, Deportes, Novas

CONTENT.1728681289

15/05/2022

Presentación da I Foliada de Barbadás para conmemorar o Día das Letras Galegas 2022

A Foliada celebrarase o martes, 17 de maio, no Parque dos Carrís (A Valenzá)

MÚSICA, ARTESANÍA, LITERATURA, NATUREZA E FOLCLORE GALEGOS CONFORMAN A I FOLIADA DE BARBADÁS

A cita festiva será na Carballeira do Parque dos Carrís, na Valenzá, o martes, 17 de maio.

O evento comeza con un desfile musical pola avenida de Celanova e despois a gran festa das Letras Galegas que reúne a grupos musicais e artesáns/ás

  • Este mediodía integrantes do goberno de Barbadás presentaron a I Foliada de Barbadás, con motivo do Día das Letras Galegas. A presentación do programa de actividades tivo lugar na Carballeira do Parque dos Carrís, na Valenzá, escenario natural onde será o evento cultural e festivo.
  • No acto de presentación, ademáis do alcalde, Xosé Carlos Doval, e a concelleira de Cultura, Marga Pérez, estiveron a tenente alcalde, Victoria Morenza, o concelleiro de Deportes, Abel Cortés e a concelleira de Participación Veciñal, Elisabet González.
  • Marga Pérez, edil de Cultura, indicou que “presentamos un novo formato para celebrar o día das Letras Galegas, da nosa lingua, a cal temos que mimar, protexer, valorar e homenaxear. Dedicase a Florencio Delgado Gurriarán, un gran poeta e defensor da nosa lingua”.
  • Este formato consiste nunha gran foliada que imos celebrar ao carón do Polideportivo, na Carballeira do Parque dos Carrís, ao carón do río dos Muíños ao seu paso pola Valenzá, explicou Pérez.
  • A Foliada comezará ás 12:00h do mediodía con un desfile do alumnado da Escola de Música Municipal de Barbadás, coa súa formación de banda, tanto xuvenil como infantil e tamén a Agrupación de gaitas Nova Fronteira.
  • Marga Pérez detallou que seguidamente ao desfile musical “trasladaremonos á Carballeira e poderemos disfrutar de un concerto ás 13:30h e despois compartiremos un xantar popular no cal xa hai o redor de 250 persoas anotadas. Tamén cabe mencionar que está aberto a calquera persoa que queira participar”.
  • A partir das 17:00h “disfrutaremos das actuacións dos grupos do concello, dos grupos invitados de Arnoia, Xunqueira de Espadañedo e Ourense con cantos populares, pandereteiras, baile tradicional, etcétera. Todo en torno ao Día das Letras Galegas”.
  • O broche final será aproximadamente ás 20:30h cunha “gran queimada e daremos por finalizado este gran día das Letras”.
  • No espazo onde se celebra tamén haberá artesáns de mel, de cervexa, de aceites e produtos alimenticios como rosquilleiras e outros articulos.
  • Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, sinalou que “o obxectivo desta primeira Foliada do Día das Letras Galegas é pór en valor a nosa lingua, que é a esencia, a alma da nosa cultura e do noso pais. Unha lingua que ten mil primaveras e que queremos teña mil máis, que sobreviva a nós e a nosos fillos e fillas”
  • Valcárcel comentou que “homenaxeamos a un gran poeta, Florencio Delgado, que ademáis de ser da nosa provincia foi un exiliado emigrante, e polo tanto queremos homenaxear a unha persoa coma el que foi un vínculo moi importante na cultura galega da diáspora e da nosa terra”.

Programa

  • O programa de actos empezará ás 12 do mediodía pola avenida de Celanova, para baixar a continuación ao Parque dos Carrís, onde ás 13,30 haberá concerto. Ás 14,30 será o xantar popular na Carballeira e a partir das 17,00 horas irán deleitando ás persoas que participen no evento as agrupacións musicais que estarán no escenario.
  • Listado de agrupacións participantes:
    • Airiños de Arnoia,
    • De pé feito,
    • Xunquereteiras,
    • Velaí Vai,
    • As Lambisqueiras de Barbadás,
    • Pandereteiras de Sobrado do Bispo,
    • Banda de gaitas Nova Fronteira,
    • Banda Infantil de Música de Barbadás,
    • Banda Xuvenil de Música de Barbadás
    • e a Charanga BBB.
  • Listaxe de artesáns/as:
    • Entrefíos, bordados personalizados;
    • Alma Meiga, aceite;
    • Artesanías Mari, trenzas, pulseiras;
    • Palilleiras de Barbadás;
    • Mel Martínez;
    • Belacolmea, cosmética natural a base de mel;
    • Gaia Contigo, herborario;
    • Eliezer López, rosquillas;
    • Sandra López, rosquillas;
    • Carmen Vázquez, rosquillas;
    • Cervexa A Esmorga;
    • A Montaña de Entrimo, queixos;
    • Asociación Camiño Termal, antigüidades;
    • Xoias Lentas, xoias
    • e Pablo Martínez, musical galega.

Cultura, Novas

CONTENT.1728681289

12/05/2022

Ana Fachini: “Os contos da pota”, venres 13 de maio no parque da casa de cultura de Barbadás

Dentro do Programa Letras Galegas 2022

“Contadas no parque”: actividade lúdica, cultural e educativa enmarcada no Programa das Letras Galegas e organizada dende a Biblioteca Municipal, Concellería de Cultura.

  • Dentro do Programa Letras Galegas 2022, a Concellaría de Cultura organiza “CONTADAS NO PARQUE”, unha serie de eventos narrativos para conmemorar as Letras Galegas.

 

  • Iniciamos o programa o VENRES 13 DE MAIO ás 18:30h., coa narradora ANA FACCHINI que trae a narración “OS CONTOS DA POTA” será no Parque detrás da Casa da Cultura.

 

  • Sinopsis: Unha extravagante cociñeira elaborará unha receita familiar arredor dunha pota moi especial na que viven marabillosas personaxes, mentres remexe a lume baixo, os ingredientes irán  cobrando vida e transportarannos a un mundo de sabores e emocións, onde as cousas non sempre son o que parecen…

 

  • Inscrición: biblioteca@barbadas.es
  • Prazas limitadas.
  • Duración: 45 aproximadamente.
  • Público: Familiar e nenas e nenos a partir de 3 anos.
  • Organiza: Concellería de Cultura Barbadás
  • Patrocina: Ler Conta Moito. Xunta de Galicia

Cultura, Eventos

CONTENT.1728681289

12/05/2022

“Contadas no parque”: actividade de ocio para o público infantil en Barbadás

Dentro do Programa das Letras Galegas 2022

A CONCELLERÍA DE CULTURA DE BARBADÁS ORGANIZA DENTRO DO PROGRAMA DAS LETRAS GALEGAS UNHA ACTIVIDADE DIRIXIDA AO PÚBLICO INFANTIL TITULADA “CONTADAS NO PARQUE”

O venres 13 de maio ás 18:30 Ana Facchini levará a cabo a narración “Os contos da pota”

Para participar débese reservar praza no seguinte correo electrónico: biblioteca@barbadas.es

  • O Programa Letras Galegas 2022 da Concellaría de Cultura de Barbadás inclúe na súa oferta lúdica unha serie de actividades tituladas “Contadas no parque”, unha serie de eventos narrativos para conmemorar o día grande das letras en galego.
  • O programa o iníciase o VENRES 13 DE MAIO ás 18:30h., coa narradora ANA FACCHINI que trae a narración “OS CONTOS DA POTA” será no Parque traseiro da Casa da Cultura.
    Sinopse: unha extravagante cociñeira elaborará unha receita familiar arredor dunha pota moi especial na que viven marabillosas personaxeses, mentres remexe a lume baixo, os ingredientes irán  cobrando vida e transportarannos a un mundo de sabores e emocións, onde as cousas non sempre son o que parecen…
    Inscrición: biblioteca@barbadas.es. Prazas limitadas. Duración: 45 minutos. Público: Familiar e nenas e nenos a partir de 3 anos

 

PROGRAMA

  • O venres, 13 de maio  ás 18:30h., coa narradora ANA FACCHINI que trae a narración “Os contos da pota“.
  • O mércores 18 de maio ás 18:30 Alba Grande coa narración “Contos arredor do lume”.
  • O venres 20 de maio ás 11:00 Caxoto coa narración “O Garoto de Ipanema” (Para os colexios, 6º de infantil)
  • E por último o día 23 de maio ás 18:30 Moc Moc coa Narración “Peque Disco Moc Moc”.

 

  • O mércores 18 de Maio ás 18:30h. estará con nós a Narradora ALBA GRANDE que nos trae “Contos arredor do lume”.
  • “Contos Arredor do Lume” é unha selección de catro contos de tradicións populares, que nos achegan o lume en distintas formas para falarnos de igualdade, solidariedade, coraxe e da intuición propia, que como unha chama interna, precisamos para andar o noso camiño. Acompañan oralidade nestas historias, obxectos, un pandeiro redondo tradicional, coplas populares cantadas, e as voces do público.
    A temática está orientada hacia a conciencia ambiental e cultural e ten unha base feminista.
    A actividade do mércores 18 de maio terá unha duración: 45 aproximadamente e está dirixida ao público infantil a partir de 6 anos.
  • Organiza: Concellaría de Cultura Barbadás
    Patrocina: Ler Conta Moito – Xunta de Galicia.
    Estes eventos de Narración Oral para os cativos e cativas encádranse dentro do Programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia.
  • Para participar débese reservar praza no seguinte correo electrónico: biblioteca@barbadas.es, indicando nome, idade e un número de teléfono.
  • As actividades serán no Parque que hai detrás da Casa da Cultura e o concello irá informando de cada un dos eventos e as idades recomendables.

Cultura, Novas

CONTENT.1728681289

12/05/2022

Presentación do VI CASTRO TRAIL de Barbadás

Celebrarase o domingo, 15 de maio

BARBADÁS ACOLLE O 15 DE MAIO A VI EDICIÓN DO CASTRO TRAIL

 O percorrido da proba inclúe fermosos lugares da orografía do concello como As Lamas, Parada, Piñor ou Santa Uxía

 

  • Esta mañá tivo lugar no exterior do presentación do VI Castro Trail, que se celebrará este domingo día 15 de maio, coa presenza de Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, David Losada, organizador do Castro Trail, Victoria Morenza, tenente alcalde,  Marga Pérez, concelleira de Cultura e Comercio e o concelleiro de Deportes,  Abel Cortés.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, explicou que o Castro Trail este ano consta de dúas rutas: a longa, de 24 quilómetros, que comezará as 9:00h da mañá e a curta, que terá un percorrido de 12 quilómetros e comezará as 9:30h. En ambas categorías haberá tres premios, tanto femininos como masculinos.

 

  • Valcárcel informou que “o inicio e o remate será no parque da Liberdade ao longo de un percorrido moi interesante e fermoso xa que pasa polos lugares máis salientables do noso concello en canto a paisaxe e tamén cabe destacar a pureza da ruta”

 

  • David Losada, organizador do Castro Trail, comentou que “a proba curta ten un desnivel positivo de 660m a longa 1380m”, resaltando que “é un dos percorridos máis bonitos do trail en Galicia, ten sombras, carballeiras…”

 

  • O percorrido inclúe a zona d e As Lamas, San Bieito, Parada, Piñor e Santa Uxía para volver á Valenzá ao finalizar.

 

  • Losada afirmo na presentación que “o fin de festa será no parque da Liberdade, cuns pinchos ao rematar, un avituallamento, música, inchables para os máis cativos”.

 

  • En canto ao reparto dos dorsais, será o sábado de 10:00h a 12:00h e de 15:00h a 18:00h no pavillón municipal.

 

  • Losada informou que “as inscricións estarán abertas ata o xoves día 12 de maio ás 00:00h en Sportmania. Ata agora hai cerca de 200 persoas inscritas, aínda que está prevista unha participación superior.

 

  • Abel Cortés, concelleiro de Deportes, agradeceu a David Losada e á organización do Castro Trail “o esforzo para realizar esta proba, puntuable para a liga provincial de Trail, cuxa proba se poderá seguir en vivo na app Saudeter”.

 

  • Cortés destacou a orografía desta proba “xa consolidada no calendario de eventos deportivos de Galicia”.

 

  • O concelleiro de Deportes de Barbadás puxo “en valor unha serie de probas que se van realizar no concello de Barbadás: Cavernícola, proba de obstáculos. Este ano realizaremos aquí en Barbadás varios test e un tramo do Rallye de Ourense. En setembro celebrarase unha proba de resistencia do circuíto galego de moto-cross e no outono unha das probas máis antigas do concello: o Rallye Mix de Barbadás. E unha proba de ciclo-cross, que se desenrolará no entorno da piscina e do polideportivo, que forma parte do circuíto galego”.

 

Deportes, Novas

CONTENT.1728681289

06/05/2022

Reforma e mellora da zona de xogo da Escola Infantil Municipal

A zona de recreo dótase de pavimento continuo de caucho.

A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL MELLORA A ZONA DE RECREO EXTERIOR COA DOTACIÓN DE PAVIMENTO CONTINUO DE CAUCHO

Esta semana os/as cativos e cativas da Escola Infantil estrearon novo parque  da zona de xogos exterior con máis seguridade e máis atractiva. Para inauguralo, hoxe saíu a tartaruga Catalina a xogar con eles.

Os traballos de ampliación, acondicionamento e dotación de pavimento continuo de caucho tiveron un custo de 22.652,55 euros, financiados integramente con fondos municipais.

  • A Escola Infantil Municipal de Barbadás mellorar as instalacións de recreo para os/as cativos/as que acoden diariamente a este centro municipal.

 

  • As melloras executadas no patio exterior consistiron na ampliación de soleira de formigón e da zona preexistente de xogo.

 

  • Esta mesma semana quedou lista a área de recreo despois da aplicación de pavimento continuo de caucho, en substitución das lousas que había.

 

  • O obxectivo dos traballos era acondicionar o terreo para dar planidade ao mesmo, de xeito que resultase funcional para o destino último, xogar os/as nenos e nenas de 0 a 3 anos.

 

  • Na nova zona ampliada de xogos aplicouse sobre a soleira de formigón pavimento continuo de caucho para absorción de impactos para unha altura máxima de caída de 1 metro na área de xogo infantil.

 

  • A zona de xogos, ademais de ser máis ampla, dispón agora de unha maior seguridade porque tamén se mellorou o encontro entre a zona de xogo coa beirarrúa e co propio edificio a través da execución de un cambio de peralte.

 

  • A concelleira de Educación de Barbadás, Marga Pérez, comenta que “esta semana os/as cativos e cativas da Escola Infantil estrearon novo parque, como consecuencia da reforma da zona de xogos exterior con máis seguridade e máis atractiva Incluso hoxe saiu a tartaruga Catalina a xogar”.

 

  • Marga Pérez destaca a importancia da reforma da zona infantil da Escola “porque os/as nenos e nenas teñen unha maior seguridade e un espazo máis amplo no que xogar”.

 

  • Os traballos de ampliación, acondicionamento e dotación de pavimento continuo de caucho tiveron un custo de 22.652,55 euros, financiados integramente con fondos municipais.

Escola infantil, Novas

26/08/2024

2024-2025 – Novo curso na Escola Infantil de Barbadás

2024-2025-Escola infantil de Barbadás. Pautas e información de interese

Comezo o 3 de setembro

24/05/2024

Lista de admitidos e excluidos para curso 2024-2025 da Escola Infantil Municipal

Lista de admitidos e excluidos Escola Infantil Municipal para curso 2024-2025

07/05/2024

Lista provisional de admitidos/as e excluidos/as para o curso 2024-2025 da Escola Infantil Municipal

Lista provisional de admitidos e excluídos para curso 2024-2025 Escola Infantil

CONTENT.1728681289

06/05/2022

Barbadás acolle o 7 de maio o campionato interprovincial de Kung Fu

Polideportivo Municipal do Concello de Barbadás.

Barbadás acolle o 7 de maio o campionato interprovincial de Kung Fu
  • Lugar: Polideportivo Municipal do Concello de Barbadás.
  • Hora de inicio 17:00 (16:00 chegada dos/as deportistas).
  • Hora aproximada de remate 19:00
  • Numero total de participantes 200
  • Participantes da Escola Deportiva Concello de Barbadás de Kung Fu :42
  • Os/as deportistas que participan proveñen das Provincias de A Coruña, Lugo e Ourense.
  • Organizadores: Federación Galega de Kung Fu, Ximnasio Fitness Forma, Concello de Barbadás e Xunta de Galicia

Deportes, Novas

CONTENT.1728681289

04/05/2022

“A COMICTECA”, obradoiro adicado ao cómic

O venres 6 de Maio, celebramos un novo Obradoiro de Animación á Lectura, neste caso adicado ao Cómic, leva por título “A COMICTECA”, será ás 18h.
Polo día do cómic gratis realizaremos un obradoiro con xogos e manualidades sobre coñecidas personaxes da banda deseñada.
Para nenas e nenos de 8 a 12
Inscrición: biblioteca@barbadas.es
Indicando nome, idade e teléfono de contacto.
Prazas Limitadas.
Organiza: Concellaría de Cultura

Barbadás Quéreo Viveo, Cultura, Eventos

CONTENT.1728681289

27/04/2022

O Concello de Barbadás continúa avanzando na elaboración do Plan de Igualdade

A concelleira de Igualdade asistíu a la xornada formativa “Plans de igualdade nos concellos”

O CONCELLO DE BARBADÁS CONTINÚA TRABALLANDO NA ELABORACIÓN DO PLAN DE IGUALDADE

A concelleira de Igualdade e a técnica de Igualdade asistiron hoxe en Santiago a unha acción formativa, que levaba por título “Plans de igualdade nos concellos”

 

  • A concelleira de Igualdade do Concello de Barbadás, Elisabet González Nistal, e a técnica de Igualdade do Centro de Información á Muller de Barbadás asistiron hoxe en Santiago a unha acción formativa, que levaba por título “Plans de igualdade nos concellos, da teoría á práctica”

 

  • A acción formativa desenroluse na Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), que era o organismo convocante de dita formación.

 

 

  • Na xornada formativa abordouse a elaboración dos plans de igualdade a nivel local dentro das políticas locais de igualdade, as ferramentas para a súa elaboración e estratexias de actuación.

 

  • González Nistal explica que “tamén se falou de como veñen os plans de igualdade na lexislación vixente, xa que son de obrigatorio cumprimento incluso para empresas a partir de 50 traballadores”.

 

 

  • “Foi unha formación cun circuíto de pautas para a elaboración dun plan”, sinalou Elisabet González, quen anticipou que dende o CIM de Barbadás “xa se deron pasos para elaborar o Plan de Igualdade Municipal”.

 

  • Na segunda parte da formación falouse dos protocolos de acoso sexual, dos mecanismos de prevención , de como previr o acoso sexual por razón de xénero, sobre todo no ámbito laboral e como introducir eses protocolos de prevención dentro dos propios plans de igualdade das empresas, entidades locais

 

  • A concelleira de Igualdade enumerou algúns dos obxectivos dun plan de igualdade:

 

  1. Elimina desequilibrios e desigualdades nas empresas respecto da presenza, categoría profesional e participación da mulleres e homes
  2. Elimina desigualades e desequilibrios no acceso e participación de mulleres e homes na organización
  3. Aseguran que os procesos de xestión se realicen de acordo ao principio de igualdade de trato
  4. Favorece a conciliación laboral, persoal e familiar
  5. Prevé o acoso sexual e acoso por razón de sexo
  6. Elimina a fenda salarial

.

Igualdade, Novas

CONTENT.1728681290

27/04/2022

Mesa de coordinación interinstitucional fronte á violencia de xénero do Concello de Barbadás

O encontro celebrouse na Casa Consistorial do concello

REUNIÓN DA MESA DE COORDINACIÓN INTERINSTITUCIONAL FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO DO CONCELLO DE BARBADÁS

Esta mesa ten por obxectivo a coordinación ás vítimas de violencia de xénero dende o ámbito municipal de Barbadás entre todas as institución implicadas

Os datos do Centro de Información á Muller de Barbadás evidencian que no último ano atendéronse a 92 mulleres

  • O salón de plenos do Concello de Barbadás acolleu a reunión da Mesa de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero do Concello de Barbadás, que se celebra semestralmente.

 

  • Esta mesa de traballo foi presidida por Victoria Morenza, tenente alcalde de Barbadás, a concelleira de Educación, Marga Pérez e a xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, María Alida Iglesias.

 

  • Ao encontro non pudieron acudir a concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, e a directoria do Centro de Información á Muller de Barbadás, María Armada, por ter acudido a a Santiago a unha xornada formativa sobre plans municipais de igualdade promovida pola Federación Galega de Municipios e Provincias, FEGAMP.

 

  • Á mesa interinstitucional, da que tamén  forma parte o Concello de Taboadela, acudiron traballadoras sociais de ambos concellos, as orientadoras dos centros educativos de referencia, colexios de Barbadás e instituto Ferro Couselo.

 

  • Tamén forman parte desta mesa de traballo o Equipo de Violencia de xénero da primeira compañía da Garda Civil, recentemente creado, e do Equipo da Muller e do Menor (EMUME).

 

  • Tamén está presente na mesa interinstitucional a Policía Local de Barbadás, que colabora coas forzas de seguridade na atención ás vítimas de violencia de xénero a través do Programa Viogen.

 

  • Ademais forman parte da mesa interinstitucional as/os traballadores do CIM de Barbadás, directora, asesor xurídico e psicóloga.

 

  • Esta mesa ten por obxectivo a coordinación ás vítimas de violencia de xénero dende o ámbito municipal de Barbadás entre todas as institución implicadas, indicou Victoria Morenza. A tenente alcalde salientou a “importancia destas reunións de cara a avanzar nos procesos de atención ás vítimas de violencia e de coordinación entre profesionais”.

 

  • Os datos do Centro de Información á Muller de Barbadás evidencian que no último ano atendéronse a 92 mulleres, na súa maioría por consultas relacionadas coa violencia de xénero, en tanto que a franxa de idade oscila entre os 25 e 54 anos.

 

  • Marga Pérez, concelleira de Educación destacou a importancia de difundir información de prevención nas redes sociais, que son o medio máis utilizados por as/os xóvenes.

 

  • Abordouse no encontro a campaña do Ministerio do Interior para denunciar a difusión de contados violentos ou sexuais sen consentimiento. A retirada destes contados pode realizarse no seguinte enlace: aepd.es/canalprioritario.

 

  • Na última reunión da mesa interinstitucional propúxose por parte dos centros educativos que se creara un canal fluído de información sobre a repercusión que determinadas situación de violencia de xénero poden ter sobre o alumnado afectado.

 

  • María Alida Iglesias xa na anterior reunión institiu na confidencialidade dese tipo de dato e a raíz da proposta dos centros educativos elaborouse dende a Unidade de Violencia de Xénero un díptico que recolle diferentes tipos de indicadores para detectar entre o alumnado este tipo de violencia.

 

  • O díptico clasifica os indicadores en físicos, psicolóxicos e socioeducativos. Tamén se recollen indicadores de que un/unha alumno/a pode estar exercendo malos tratos.

 

  • Tamén se indican no díptico indicadores compatibles cunha situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

Igualdade, Novas

CONTENT.1728681290

22/04/2022

A Praza do Pumar (Bentraces), en Barbadás acolle unha feira para potenciar o consumo sostible

A PRAZA DO PUMAR, EN BENTRACES, A COLLE UNHA FEIRA PARA POTENCIAR O CONSUMO SOSTIBLE

Os días 23 e 24 de abril celebrarase esta feira recuperada á que se lle dá un novo impulso promovendo a reciclaxe, a reutilización e a reducción

 

  • O sábado 23 e o domingo 24 de abril celebrarase A Feria de Bentraces, no concello de Barbadás.

 

  • A Praza do Pumar será o escenario no que se desenvolva esta iniciativa que pretende potenciar o consumo sostible

 

  • Esta feira ten como obxectivo fomentar hábitos de consumo sostibles Reciclando, Reutilizando e Reducindo.

 

  • Os/as participantes na feira poñerán á venda, troco ou en balde, aqueles obxectos que non se utilicen: mobles, roupa, calzado, etc.

 

  • Ademáis haberá unha degustación de callos a galega, patacas bravas e música.

 

  • A Asociación cultural e gastronómica “O Fonfón” é a organizadora do evento, no que colabora o Concello de Barbadás.

 

 

 

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1728681290

20/04/2022

A Concellería de Igualdade de Barbadás presenta o “Programa Rosalía”

BARBADÁS INICIA O “PROGRAMA ROSALÍA” PARA PROMOVER A ORIENTACIÓN E O ASESORAMENTO LABORAL DIRIXIDO A MULLERES

A programación agrupa 7 obradoiros durante un período de 2 meses

Acceso ao emprego, emprendemento das mulleres, inserción ocupacional, traballo non remunerado, mulleres na Historia, autoestima e benestar ou violencia de xénero constitúen a temática desta iniciativa

 

  • Esta mañá presentouse nas instalacións municipais da Solaina o “Programa Rosalía”, dirixido a mulleres especialmente ás que se atopan en situación de vulnerabilidade e enmárcase no Pacto de Estado para promover a igualdade e contra a violencia de xénero.

 

  • Na presentación, ademais das participantes, estiveron María Armada, técnica de Igualdade do Centro de Información á Muller de Barbadás, Elisabet González Nistal, concelleira de Igualdade, e Laura Seara, responsable da Consultora Red Talento, que desenrolará este proxecto nos diferentes obradoiros que o componen.

 

  • Elisabet González Nistal, concelleira de Igualdade, explicou que “o O Programa Rosalía naceu nun momento de cambios, de dificultades e moitos retos para a cidadanía, en concreto para as mulleres”.

 

  • A iniciativa é unha grande aposta da Concellería de igualdade do Concello de Barbadás e “vai dirixido a todas as mulleres coa finalidade de fomentar as habilidades laborais e persoais, as competencias, as capacidades e a autoestima de todas as mulleres que participen”, indicou González Nistal.

 

  • Os obxectivos son “mellorar a inserción laboral, a creatividade, a participación e a mellora profesional das mulleres”, apuntou González Nistal. Tamén se busca incrementar a autoestima, ofrecer motivación e asesoramento personalizado para o acceso ao emprego e autoemprego.

 

  • O Programa Rosalía ten unha duración de 2 meses, sinalou Nistal, quen ademais de dexexar que “estén a gusto, que disfruten e, por suposto, que sexa de proveito para o seu futuro”.

 

  • Laura Seara iniciou a súa intervención asegurando que “as crises e guerras golpean de maneira máis violenta ás mulleres. Cando os servizos públicos desaparecen por parte das administracións son as mulleres as que ocupan ese espazo”.

 

  • Segundo Seara “as mulleres reforzan o traballo de cuidados, as mulleres coidadoras reforzan o seu traballo incluso ao triplo das súas xornadas. Emigrar a quen máis lles costa é ás mulleres. Isto coñécese como discriminación múltiple. Todo isto sumado á situación personal de cada muller afecta na posición social desta e, polo tanto, no acceso ao mundo laboral”.

 

  • O Programa Rosalía desenrolarase en 7 obradoiros, que serán impartidos por diferentes profesionais. Haberá unha psicóloga e unha orientadora laboral.

 

  • O primeiro taller será sobre a autoestima e como cuidar a nosa mente, corpo, alimentación, etc. Impartirao unha profesora da Universidade de VIGO experta en saúde con perspectiva de xénero.

 

  • Abordarase noutro dos obradoiros a violencia de xénero, así como as ferramentas de sensibilización e prevención.

 

  • Outro dos talleres centrase no traballo non remunerado: os coidados. Laura Seara destacou que “é necesario valorar o traballo non remunerado, no cal o 90% son mulleres.

 

  • Desenrolaranse talleres de autoemprego, a través das tecnoloxías, como preparar un bo currículo personalizado e programaronse grupos pequenos “para que sexa máis fácil traballar individualmente”.

 

  • Seara anticipou que “visitaremos empresas do noso entorno e trataremos temas como axudas, mediación, etc, é dicir unha titorización completa e personal con cada unha delas e profesionais”.

 

  • As mulleres que participen neste programa “sairán con capacidade de afrontar o mercado laboral, calquer proceso de selección”, segundo Seara Sobrado.

 

  • Dende o Centro de Información á Muller estarán en coordinación constante cos profesionais do programa e ofrecen todos os recursos que poidan ofrecer.

 

  • Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información á Muller a través do teléfono 988 222 251 ou no email igualdade@barbadas.gal.

Igualdade, Novas

CONTENT.1728681290

19/04/2022

Presentación do Certame literario de Piñor e da Semana do Libro en Barbadás

O CERTAME LITERARIO DE PIÑOR CONTA ESTE ANO COA COORGANIZACIÓN DO CONCELLO DE BARBADÁS, QUE PROPUXO A CREACIÓN DE UNHA TERCEIRA CATEGORÍA ABERTA AO ALUMNADO DE PRIMARIA

 

CONCELLO E ASOCIACIÓN DE MÚSICA E CULTURA DE GALICIA PRETENDEN AFIANZAR A LINGUA E A CULTURA GALEGA PROMOCIONANDO A LITERATURA A TRAVÉS DESTES PREMIOS PARA NARRACIÓNS CURTAS

 

Ademais da presentación do certamen, abordouse a ampla programación do Concello de Barbadás para a Semana do Libro

 

Obradoiros, contacontos, promoción da lectura coa entrega de unha planta ao mercar un libro conforman as actividadades propostas

 

  • Barbadás aglutina ao longo da semana actividades relacionadas co Día do Libro, co obxectivo de fomentar a lectura entre a poboación e tamén entre o público infantil.

 

  • Esta mañá presentouse o Certame Literario de Piñor e a Semana do Libro de Barbadás coa presencia de Marga Pérez, concelleira de Cultura de Barbadás, Xusto Calviño, presidente da Asociación Música e Cultura de Galicia, e Victoria Morenza, tenente alcalde.

 

  • Marga Pérez destacou que “coa volta á normalidade, estanse realizando actividades como préstamos de libros, obradoiros para os/as máis cativos/as con dous obxectivos: un que sexa un lugar de ocio onde se divirtan cos/coas seus/súas amigos/as ou familiares e outro no que se convirtan en grandes lectores/as”.

 

  • Con motivo do Día do Libro, que está fixado no 23 de abril, “toda a semana as librarías do concello terán descontos e agasallarán cunha pranta das floristerias, unha actividade enmarcada na dinamización do comercio local”, sinalou Marga Pérez.

 

  • Este ano tamén temos unha actividade baixo o lema “léoche un conto” que consiste en que nas librarias a diferentes horas habrá un contacontos para menos e nenas. Os puntos de lectura serán o mércores ás 18,30h na Libraría Carlin e ás 19,00 na Libraría Espa. O venres a cita coa lectura infantil será ás 18,30 na Libraría A Valenzá e ás 19,00 na Libraría Moraima.

 

  • No centro de saude tamén se entregou esta mañá un lote de libros para a sala de espera de pediatría, que por mor da pandemia non se puido realizar antes.

 

  • Outra das actividades englobadas na Semana do Libro está relacionada cos nenos e nenas da Escola Infantil Municipal, que acudirán á biblioteca para coñecer as instalación e participar nun Obradoiro lúdico e didáctico.

 

 

  • O xoves, día 21 de abril, a Biblioteca Infantil e Xuvenil de Barbadás será escenario de outro Obradoiro, neste caso dirixido a nenas e nenos de entre 8 e 12 anos baixo o título “O xogo literario”.

 

 

Certame literario

  • Xusto Calviño, presidente da Asociación Música e Cultura de Galicia, presentou o Certame Literario de Piñor, que este ano celebra a XXV edición e está dirixido a todas as idades.

 

 

  • O Concello de Barbadás e a asociación presidida por Calviño organizan conxuntamente este evento literario.

 

  • Calviño lembrou que este certame foi idea de varios mozos e mozas do pobo de Piñor nos anos 90, uns anos difíciles no ambiente sociocultural. Con esta iniciativa propiciouse a potenciación da cultura, o deporte e as tradicións, pero, sobre todo,a literatura a esta parroquia do Concello de Barbadás.

 

  • “Esta promoción desenrolouse en dous ámbitos: a lectura, pola cal se creou unha sala de lectura no pobo de San Lourenzo de Piñor, e por outra banda, difundir e promocionar a nosa lingua mediante un certame literario”, explicou Xusto Calviño.

 

  • O prazo para presentar os relatos curtos remata o 27 de maio ás 14,00 horas. A entrega de premios culminará con una gala na que ademáis da recollida dos galardóns, haberá música.

 

 

  • Calviño comentou que “durante estas 25 edicións o certame foi collendo presenza, prestixio e consolidandose polo que o nivel das últimas edicións foi moi alto”.

 

  • Durante estas 25 edicións o certame foi gañando credibilidade, prestixio e presenza e eso nos leva a que sobre todo nas últimas edición haxa un elenco de gañadores verdadeiramente importante. Basta con que ollemos a listaxe de escritores e comprobemos que teñen unha talla literaria destacable e incluso algúns deles teñen sigo galardoados con outros premios literarios, incluso internacionais”

 

  • Calviño agradeceu “moito a implicación e colaboración do Concello de Barbadás no certame non só económicamente, senón tamén coorganizando e ambas entidades ímonos beneficiar desta colaboración, pero o que vai gañar vai ser o certame en si e vai pisar máis forte no eido da nosa cultura e da nosa lingua para dignificala”.

 

  • Persoas premiadas en anteriores edicións: Manuel Antonio Piñeiro, Pedro Nabeira Alberto Piñeiro, etc.

 

  • Establécense 3 categorías: para maiores de idade, para persoas entre 13 e 17 anos e a que foi proposta pola Concellería de Cultura para alumnado de Primaria.

 

 

Barbadás Quéreo Viveo, Cultura, Novas

CONTENT.1728681290

13/04/2022

Certame literario de narracións breves de Piñor, convocado polo Concello de Barbadás e a Asociación Música e Cultura de Galicia

O certame literario establece 3 categorías e 2 premios en cada unha delas.

O CONCELLO DE BARBADÁS E A ASOCIACIÓN MÚSICA E CULTURA DE GALICIA CONVOCAN O XXV CERTAME LITERARIO DE PIÑOR NA ESPECIALIDADE DE NARRACIÓNS BREVES

  • O certame literario establece 3 categorías e 2 premios en cada unha delas:

Categoría A, para participantes maiores de idade e os premios serán de  500 e 300 euros, respectivamente.

Categoría B, para participantes de 13 a 17 anos e os premios serán de 200 e 100 euros, respectivamente.

Categoría C, para participantes que formen parte do alumnado de Educación Primaria premiados con 100 e 75 euros, respectivamente, que se outorgarán mediante bonos para a compra de material escolar.

  • Para recibiren os seus galardóns as persoas premiadas deberán comparecer obrigatoriamente no acto de entrega de premios, perdendo ese dereito no caso contrario.
  • Ninguén poderá obter dous premios, recibirá o máis importante.
  • Os relatos serám de temática libre, orixinais, inéditos, en galego e non poderán estar xa premiados noutros certames.
  • A súa extensión non excederá de 10 folios, por unha soa cara e con entreliñas de duplo espazo. Ademais deberán presentarse mecanografados e encabezados por un lema ou pseudónimo.
  • O prazo de presentación pecharase o venres 27 de maio de 2022 ás 14 h.
  • O xurado estará formado por 6 compoñentes e o seu ditame será inapelable
  • A entrega dos premios terá lugar o domingo 5 de xuño de 2022, pola tarde, no Liceo da cidade de Ourense.
  • As narracións premiadas editaranse na revista Fervenza da Cultura, así como nas páxinas web e redes sociais do Concello de Barbadás e a Asociación Música e Cultura de Galicia, reservándose as entidades organizadoras o dereito de publicalos en libros e outros medios de difusión.

 

CONSULTE AS BASES NO SEGUINTE ENLACE: Bases Certame Literario

 

Barbadás Quéreo Viveo, Cultura, Novas

CONTENT.1728681290

09/04/2022

Presentación do libro “El rastro del verano” de David González Couso

Presentación celebrada o venres, 8 de abril, no Ateneo de Ourense

Carmen Martín Gaite volta a Piñor da man do investigador David González Couso e da súa amiga en vida Enma Martinell

Por parte do Concello de Barbadás, asistiron ao evento, a Concelleira de Igualdade, Elisabet González e a Tenenta de Alcalde, Victoria Morenza.

  • O centro cultural Marcos Valcárcel acolleu o acto de presentación do libro “El rastro del último verano” arredor dos lugares, obxectos e nomes da literatura de Carmen Martín Gaite, organizado polo Ateneo de Ourense e introducido polo catedrático de Historia da Arte Carlos Fernández Pérez. O libro foi presentado polo seu autor, profesor e investigador David González Couso e pola autora do seu prólogo, a profesora de Universidade de Barcelona, Enma Martinell Gifre.

  • A través de videoconferencia, Martinell explicou que trala morte da súa amiga Carmen Martín Gaite, ela apartouse do núcleo de persoas que analizaban e estudaban a súa polifacética obra pero prologou “con gusto” o libro do profesor e investigador González Couso, en 2020, porque a escritora finada no ano 2000 “es narradora incombustible y David es la magia en la que curiosos y amigos hallamos una permanente actualización bibliográfica”.

 

  • Nese sentido, salientou a importancia dese traballo investigador, plasmado en varios libros, porque supón “dedicar esfuerzo y un excelente nivel investigador” para definir o que Galiza deixou na obra de Martín Gaite. Así o fixo González Couso nunha biografía literaria publicada na revista “Espéculo”, no libro “Los perfiles gallegos de CMG” e a adicada aos antepasados galegos da escritora. Martinell concluíu que non é tarefa fácil o traballo feito polo profesor ourensán.

 

  • “Supone un contacto con los lugares, un conocimiento topográfico solo posible para alguien que vive cerca y tiene curiosidad, esfuerzo y disposición para llegar a ese conocimiento, porque las evocaciones en los textos de Carmen son localizables, pero no de una forma sencilla, y David lo consigue”, engadiu.

 

  • Para ese acercamento de González Couso á obra de Carmen Martín Gaite, segundo  Martinell, foi necesario “vaciar” obras non tan destacadas da autora, que tamén escribíu poesía, artigos xornalísticos, artigos de crítica literaria, as conferencias en “Pido la palabra” en 2001, “Cuadernos de todo” en 2003 e recopilacións póstumas dos seus textos.

Turismo cultural en Barbadás, Ourense e Madrid

  • “David es el único que lo hace y de modo brillante”, continou e aludiu a todo o seu traballo como fonte para os itinerarios literarios que o autor propón no libro “El rastro del verano”, con percorridos concretos por lugares y espazos de Barbadás (en San Lourenzo de Piñor), Ourense e Madrid, entre outros lugares.

 

  • “Hay un turismo cultural y literario para hacer en grupo o de forma individual, elaborado por expertos y que permite a las personas curiosas caminar viendo y conociendo espacios de hechos reales evocados en la literatura”, como os espazos literarios da autora danesa Karen Blixen que son agora “lugares de peregrinación, incluyendo su casa”. Martinell dixo que a obra de González Couso “ofrece una perspectiva de aplicación genial para este ámbito turístico”.

  • Tras escoitar os parabéns de Martinell, o autor do libro de investigación agradeceu as colaboracións que tivo para gráficos, mapas e imaxes do libro como a do ourensán Xosé Poldras, a ilustradora Andrea Reyes e as fotografías e explicacións de Amado Perille. Tamén agradeceu a “ilusión e implicación emocional, institucional e económica” do concello de Barbadás e expresou o seu desexo de ver “materializada en breve a ruta na que se poderá ver in situ todo o que se conta neste libro”, cando faltan tres anos para o centenario do nacemento da escritora.

 

  • González Couso descubriu a presenza de Piñor en toda a obra de Martín Gaite a partir da lectura de “Las ataduras” de 1959, “Las retahílas” de 1974 e “El pastel del diablo” de 1985, que corresponden a diferentes etapas vitais da escritora, galardonada con numerosos premios como o Príncipe de Asturias e o Nacional de Literatura, entre outros  moitos.

  • As referencias de San Lourenzo de Piñor (onde a escritora pasou todos os veráns de infancia e xuventude) nas obras de Martín Gaite “non son só curiosidades” senón que son protagonistas dos textos, segundo o investigador.

 

  • Piñor trocou en lugar literario coa obra da escritora, como ocorreu con Oviedo, a Vetusta de “La regenta” Leopoldo Alas Clarín ou coa cidade de Ourense que é a “Auria” de Eduardo Blanco Amor, según explicou o investigador.

 

  • Presentou o seu libro como un “conxunto de retallos” que son anacos de referencias literarias arredor de parentescos e ataduras, casas e lugares e finalmente o mundo femenino nos escritos da autora salmantina.

Familia e lugares de Martín Gaite

  • A familia ourensá da escritora, repartida entre Allariz, Ourense e San Lourenzo de Piñor (Barbadás) deixou rastro na súa vida e obra pois, segundo detallou o investigador, a primeira persoa Gaite ourensá que descubriu foi o bisavó coruñés Joaquín Gaite Núñez, casado coa ourensá Sofía Lloves García a comezos do século XIX. El foi fundador do Instituto de Ourense (antecedente nos xardíns do Padre Feijóo, do actual IES Otero Pedrayo) e fundador do xornal “El orensano” de información xeral.

 

  • O avó da escritora foi Francisco Javier Gaite Lloves, homenaxeado en Piñor cunha placa de 1932 na fonte da aldea polo seu activismo contra o excesivo cobro de taxas aos labregos.

  • Carmen Martín Gaite non coñeceu ao seu avó pero falou del: “en las fotos tiene buena pinta, con ojos inteligentes y de él me vendrá el aire bohemio moderado”, segundo lembrou González Couso.

 

  • O tío avó da escritora, irmán de Francisco Javier, foi Antonio Gaite, fundador do xornal “La tertulia” e do primeiro Ateneo de Ourense en 1914 “e por alí andiveron despois Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo”, engadiu. O seu espírito científico levouno a experimentar un sistema de alumeado público para a cidade que resultou fallido.

 

  • A escritora referiuse ao seu pai, tras falecer en 1978, como “hombre abnegado y tenaz” e a nai María Gaite como “esa madre que parecía que no me estaba enseñando nada” e da que falou nas súas obras porque, segundo dicía a escritora, “ponerse a contar es como ponerse a coser, con paciencia siempre, sea para vainicas o para recuerdos”.

 

  • En difererentes obras, prólogos e conferencias, a escritora lembrou a súa vida na casa de San Lourenzo de Piñor, na que a súa nai cosía diante dunha fiestra orientada cara o solpor, momento no que a vía evadirse e “de tanto mirarla y envidiarla, aprendí,  no sé cómo, a fugarme yo también”, en palabras da escritora.

 

  • Das casas e lugares estudados por González Couso nas obras da escritora, salientou o pazo de Lemos (en San Lourenzo de Piñor), as penas de Ousande e “innumerables en todas as súas obras” o que levou á propia Martín Gaite a sinalar en conferencias e artigos: “tengo la  impresión de que Galicia está dispersa en toda mi obra”.

Ruta en Barbadás

  • O libro presentado polo seu autor inclúe detalladamente, os retallos explicados detalladamente na presentación, e roteiros detallados que, segundo dixo, llevarían un día para o seu percorrido completo co tempo de xantar incluído.

 

  • Comezou a elaboralo tras as súas conversas con Perille, como un triángulo entre Ousende, o monte Ervedelo e o monte da Ladaína, que conforman os espazos polos que San Lourenzo de Piñor é o “balcón de Ourense”, tal como o definiu a propia Martín Gaite.

 

  • Referíuse tamén o terceiro retallo, como o “mundo femenino” da escritora que se referiu á “independencia de las aldeanas gallegas” en contraste co que ela considerou “sumisión a la norma” en sus otros lugares de residencia en Salamanca y Madrid.

  • As protagonistas das súas obras, e en todas as novelas, segundo analizou González Couso, son sempre mulleres. Tamén por iso, o seu libro inclúe unidades didácticas que poden utilizarse de guías en centros escolares para traballos literarios con elementos transversais, e para os clubes de lectura, que proliferan en diferentes eidos escolares.

 

  • No remate do acto, o investigador respondeu a preguntas do público e reivindicou, a partires dunha delas, unha maior presencia de Martín Gaite nos temarios actuais de institutos e probas de selección académica. Avogou por retomar o coñecemento arredor da “Generación del Medio Siglo”, esa dos anos 50 da que eran parte Martín Gaite, o seu esposo Sánchez Ferlosio, Aldecoa, Josefina Rodríguez, Ana María Matute, Fernández Santos e outros.

Datos de interese:

  • David González Couso,  profesor e investigador, publicou numerosos libros sobre Martín Gaite. O último, El rastro del verano (2020), propón itinerarios turísticos e didácticos desde a súa obra literaria.

 

  • Escribiu antes artigos en revistas especializadas e participou no documental para TVE sobre a autora La Reina de las Nieves (2021). Tamén traballou noutros ámbitos como a edición e a tradución. É colaborador do proxecto BIESES e ten impartido seminarios sobre autoras clásicas.

 

 

 

 

Barbadás Quéreo Viveo, Cultura, Novas, Turismo

CONTENT.1728681290

07/04/2022

Coidados porta a porta en Barbadás: estimulación de memoria, podoloxía e audioloxía

Os 28, 29 de abril, 2 e 3 de maio de 9:00 h – 20:00 h

“COIDADOS PORTA A PORTA”, PROXECTO CO QUE LEVAMOS SERVIZOS ASISTENCIAIS ÁS PERSOAS MAIORES NO  RURAL PARA A PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA: ESTIMULACIÓN DE MEMORIA, PODOLOXÍA, AUDIOLOXÍA
Vai dirixido con cita previa a persoas maiores de 55 anos con cita previa.
Os servizos que se presntan son:

  • – ESTIMULACIÓN DA MEMORIA –
    A alta en incidencias de deterioro cognitivo en persoas maiores fai aconsellable a valoración cognitiva e a intervención terapéutica como forma de previr e aminorar o proceso.
    – Estimulación COGNITIVA
    – Estimulación FUNCIONAL
    – Prevención da DEPENDENCIA mediante hábitos de vida saudables
    – Promoción do ENVELLECEMENTO ACTIVO

 

  • – PODOLOXÍA –
    O coidado do pé adquire importancia co paso dos anos. Permite garantizar autonomía e previr patoloxías que poidan resultar en complicacións médico-cirúrxicas.
    – CONSULTA BÁSICA de podoloxía
    – Corte de e limpieza de UNLLAS
    – Eliminación de DUREZAS, CALLOSIDADES E HELOMAS
    – Valoración do ESTADO XERAL DO PÉ

 

  • – AUDIOLOXÍA –
    O deterioro auditivo pode afectar á integración sensorial e resultar nunha menor socialización. A revisión é importante para a prevención.
    – CONSULTAS BÁSICAS de audioloxía
    – EXPLOTACIÓN funcional da audición
    – PREVENCIÓN da perda auditiva

 

O Servizo de Coidados Porta a Porta estará en Barbadás, na explanada do Mercadona,  os días 28, 29 de abril e  2, 3 de maio de 2022 en horario de 9:00 h – 20:00 h

É preciso solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Barbadás Quéreo Viveo, Novas, Sanidade, Servizos sociais

CONTENT.1728681290

05/04/2022

Barbadás acolle a 34ª edición da Feira Apícola de Galicia

BARBADÁS ACOLLE A 34ª EDICIÓN DA FEIRA APÍCOLA DE GALICIA CON PONENCIAS DE ÁMBITO INTERNACIONAL, CATAS DE MEL E UNHA ACTIVIDADE DIDACTICA NO COLEXIO RUXIDOIRO

Esta mañá presentouse o evento no Centro Empresarial Transfronteirizo, sede da Agrupación Apícola de Galicia

O evento desenrolarase vía streaming e contará coa presenza virtual de expertos de Arxentina, Francia e Italia

  • A presentación da 34 edición da Feira Apícola das Rías Baixas tivo lugar este mediodía no Centro Empresarial Transfroiterizo de Barbadás, onde ten a súa sede precisamente a Agrupación Apícola que reúne a varias asociacións de toda Galicia.

 

  • Victoria Morenza, tenente alcalde do Concello de Barbadás, destacou que “esta feira ten un longo percorrido, é un evento de carácter internacional no que participan países como Francia, Arxentina e Italia”.

 

  • A feira celebrarase o 9 de abril e nesta ocasión trala pandemia “tívose que desenrolar vía streaming e tivo bastante éxito a nivel internacional, motivo polo que se mantén o formato por ter máis acollida e implantación”, indicou Morenza.

 

  • Previamente á feira apícola e vinculada con este encontro, desenrolaranse unha xornada didáctica no colexio de Barbadás de O Ruxidoiro. Nesta actividade didáctica os/as menos/as do centro educativo poderán coñecer de preto o proceso de obtención do mel e os seus efectos beneficiosos.

 

  • Morenza sinalou que Ourense é unha das provincias de toda Galicia máis profesionalizada no sector apícola e onde hai máis colmeas de toda Galicia e de aí que teña esta implantación e que sexa na provincia de Ourense, concretamente en Barbadás, dende onde se lance esta Feira Apícola.

 

  • A feira vai incidir na innovación no proceso productivo, tamén vai abordar cuestións como enfermidades da Apis mellifera, mentras que unha das partes máis atractivas do evento son as catas comentadas, nas cales hai prazas limitadas dun máximo de 40 participantes.

 

  • A agrupación para o desenvolvemento e formación do sector apícola Agrupación Apícola de Galicia creouse en 1999 cos obxectivos de fomentar a práctica da apícultura da nosa comunidade e proporcionar asesoramento técnico e servizo cualificado a todos e todas os apicultores e apicultoras galegos que é algo fundamental a formación, o asesoramento, a innovación, destacou a tenente alcalde de Barbadás.

 

  • Dar a coñecer o universo da apicultura ao público é un dos seus obxectivos e un fin que se materializaba a través da súa tradicional Feira Apícola das Rías Baixas que se foi transformando nesta feira vía streaming.

 

  • Foi imprescindible dar a coñecer a importancia de ter un mel con contraetiquetas reguladas baixo a Indicación Xeográfica Protexida de Galicia “para seguir precisamente avanzando en todos os aspectos da innovación e do progreso deste sector. Outro dos obxectivos é visibilizar o mundo da apicultura e o mel de Galicia e levar a cabo unha labor directa e inestimable para a vida como pode ser a polinización”, comentou Morenza
  • José María Seijo, presidente da Agrupación Apícola de Galicia, explicou que a Feira das Rías Baixas foi unha feira fundada nas Rías Baixas, concretamente en Vigo, despois pasou á zona do Porriño, e tiñamos salí un recinto que o concello do Porriño nos cedeu pero que unha vez que veu a pandemia, no era factible seguila celebrando nesta ubicación”.

 

  • A solución foi facela on line e xa é esta a terceira edición que se celebra en Barbadás, indicou Seijo, quen destacou “o  agradecemento ao Concello de Barbadás, co que temos unhas comunicación excelentes e dende o inicio da pandemia a nosa decisión foi facela dende aquí, xa levamos dous anos, este xa vai ser o terceiro as cales saíron expléndidas cunha comunicación amplia, chegou a moitísimas partes, felicitaronnos polas condicións que se están facendo” .

 

  • A feira apícola comezará ás 10:25 e as 10:30, cinco minutos máis tarde xa empezaríamos. “A primeira sería dar información do producto, dos resultados, estamos cun sistema de I+D+i, creamos o máximo cun sistema de control de colmenas sobre peso, temperaturas, sobre ruído, vibración”.

 

  • Aos/ás apicultores ofrécelles toda a información perfecta de cómo están as colmeas. “Non fai falta ir ás colmeas, a través do móvil podemos estar lendo o que está pasando no noso colmear, non en todas as colmeas pero con que teñamos dúas ou tres referencias é suficiente. Este é un sistema que se está facendo co apoio da universidade e varios compoñentes máis pero pode ser o futuro de levar un colmear sen ter que ir ás colmeas, explica Seijo.

 

  • Ás 11 abordarase un dos aspectos fundamentais: para que as colmeas estén ben hai que controlar a raíña. “É o motor principal das colmeas entón neste caso Gilles Fert que é especialista en cría de raíñas, vai ofrecer unha visión completa da cría de raíñas, cómo seleccionar as nosas colmeas para ter unha boa abella e que funcionen ben”, detallou o presidente da Agrupación Apícola de Galicia.

 

  • Ás 13,00 horas ao italiano Antonio nanetti que nos abordará as enfermidades , “un dos temas que se están controlando o problema máis grande que temos os apicultores neste momento. Tátase de un parásito que xa chegou aquí no 85 e dende entón se podería dicir que nos está matando todas as abellas. Se desarrolla a unha velocidade terrible, hai 50.000 productos pero de cada vez hai máis hai que innovar e a forma de utilizar o producto é saber se os tratamentos son máis efectivos ou menos efectivos. Entón este experto vai dicir como é a investigación que se está facendo e como está utilizando o ácido sálico frente a estes problemas”, comentou Seijo.

 

  • Ás 17,00 horas haberá unha cata comentada neste caso despois comentará Ester polo miúdo xa que é a presidenta do consello regulador e as 18 horas temos a un especialista en manexo invernal. Como por al colmeas para que pasen ben o inverno chamado Martín Colombani, médico especialista en producción apícolas de Argentina. As nosas abellas non se comportan igual que as de Arxentina , hai diferentes climatoloxías, hai diferentes razas de avellas. Pero nos vai dicir unha información de cómo van as cousas funcionando.

 

  • Ester Ordóñez, presidenta do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Mel de Galicia e veterinaria a Agrupación Apícola de Galicia iniciou a súa intervención afirmando que “a min tócame a parte máis doce. Neste caso falaremos da cata comentada en formato on line virtual e este e o kit que recibirán os participantes na súa casa donde van mostras de mel de Galicia e mostras da Alcarria”.

 

  • Ordóñez anticipou que “é a primeira vez que se fai unha cata on line comentada de degustación con dúas denominacións de calidade englobadas, neste caso Alcarria e mel de Galicia, porque moitas veces se fala de mel pero para que a xente saiba que realmente se pode falar de meles, hai distintos meles”.

 

  • Dentro de Galicia temos unha variedade moi clara entre os meles de costa e os meles de interior. E despois tamén a diferencia é ver que tamén o mel é un produto intimamente ligado ao territorio e que non ten nada que ver un mel de Galicia co mel de Alcarría, que vai a ser outras características totalmente distintas, máis aromáticas, detallou Ester Ordóñez.

 

  • A veterinaria indicou que “hai que probar distintos tipos de meles igual que hai que probar distintos tipos de queixos, distintos tipos de viños e bueno, buscar o mel que nos gusta”.

 

  • Nos colexios xa se leva facendo dende fai moito de tempo a actividade do achegamento á apicultura de Galicia. “Aos nenos e nenas encántalles realmente o mel xa que é unha golosina natural. Pero unha golosina natural que lles aporta moitisimas cousas, lles aporta: vitaminas, minerais, antioxidantes… E a eles realmente encantalles que deben de engadilo, tanto eles coma nós, a unha dieta saudable. Por que nos somos o que comemos, somos o que consumimos. E isto, realmente, o mel de galicia é un produto a engadir nunha dieta saudable, detalla Ordóñez.

 

  • Ordóñez destacou a colaboración coa Universidade de Vigo no Campus de Ourense, “onde fixemos un estudo de investigación durante tres anos e as conclusións de comparativa do mel de Galicia en comparación con respecto aos meles a nivel mundial, sairon que o mel de Galicia ten máis vitaminas, máis minerais e un poder antioxidante que se pode comparar con froitas e verduras co cal o deixa moitisimo mellor que o resto dos meles a nivel mundial”.

 

  • Temos que pensar máis nesto, que os consumidores apoien e merquen esta contraetiqueta que garante o orixe do mel de Galicia de calidade diferenciada e a maiores que están apoiando a estos apicultores e apicultoras Galegas que manteñen o rural vivo e que nos benefician a todos coa polinización que fan e a biodiversidade de Galicia.

 

  • Na cata ademais vaise facer un sorteo dos produtos de Belacolmea que é unha linea de cosmética natural que sacou a agrupación apicola de Galicia. É un produto de inovación que é unha marca colectiva para que as explotacións apicolas poidan aumentar a renda das súas explotacións diversificando a súa renda por que a metereoloxia inflúe moito neste sector e entonces, claro hai moitos apicultores que estaban últimamente un pouco desanimados porque a climatoloxia non os estaba axudando o cal claro, diversificar un pouco, non só o mel senón tamén o pole, propole, a cera ou a innovación a través de pasar estes produtos a unha linea de cosmética natural que ademais leva o selo de Galicia por que todos os produtos levan mel de Galicia, que poidan aumentar súas rendas e poder vivir no rural e do rural.

 

  • A actividade didáctica no colexio O Ruxidoiro desenrolarase o venres 8 de abril. “É unha actividade que lles encanta e se lle achega a través de historias e demais a apicultura en si e degustas o mel que é distinto o mel da costa que o de aqui de interior xa que é unha golosina natural que lles encanta”, sinalou Ester Ordóñez.

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1728681290

04/04/2022

Oceanía

O xoves 7 de abril contaremos coa presencia do escritor José García Juncal que nos vai presentar a súa segunda novela que leva por título “Oceanía”, será ás 20h, na Biblioteca Municipal.

En Oceanía a protagonista é a figura feminina na súa narración. Oceanías son as mulleres que loitan e érguense contra as desgracias e dificultades. Nunca se dobran, conseguindo consolidar a Muller xeración tras xeración.

O acto estará presentado por María Cristina Rodríguez Cendón, Xefa do Servizo de Xestión de Estudos de Grao da Universidade de Vigo.

¡Estades tod@s convidados á presentación do libro!

Organiza: Concellaría de cultura

Barbadás Quéreo Viveo, Cultura, Eventos

CONTENT.1728681290

04/04/2022

Obradoiro “En abril libros mil”

O vindeiro xoves 7 de abril ás 18h na Biblioteca Municipal de Barbadás, levaremos a cabo o Obradoiro “En abril libros mil” para celebrar o Día Internacional do libro infantil e xuvenil.

A través do xogo leremos un conto e xogaremos ao bingo literario. Despois os cativos terán a misión de intentar recuperar as vogais que nos quitou a Bruxa Quitavocales nalgúns libros da Biblioteca.

E, para rematar, faremos o noso propio conto en pai pai que é un abanico xaponés.

Dirixido a nen@s de 5 a 7 anos.

Inscricións: biblioteca@barbadas.es

Poñer nome, idade e número de teléfono.

PRAZAS LIMITADAS

Organiza: Concellería de Cultura

 

Barbadás Quéreo Viveo, Cultura, Eventos

CONTENT.1728681290

04/04/2022

David González Couso presenta “O rastro do verán”, obra que aborda a vinculación de Carmen Martín Gaite con Piñor, Barbadás

DAVID GONZÁLEZ COUSO PRESENTA O LIBRO “O RASTRO DO VERÁN” VINCULADO Á PRESENZA NA OBRA LITERARIA DE CARMEN MARTÍN GAITE DO POBO DE SAN LOURENZO DE PIÑOR

O autor prestará especial atención a Piñor como peza esencial da súa poética literaria e como lugar onde transcorreron os veráns da súa infancia

  • ‘Coser e contar. Miradas sobre Carmen Martín Gaite’ é o título baixo o que David González Couso presenta no Ateneo de Ourense o seu libro “O rastro do verán”.

 

  • David González Couso estará acompañado por Carlos Fernández, profesor de Historia da arte, e Emma Martinell, profesora honorífica da Universidade de Barcelona.

 

  • O escritor explicará os distintos roteiros literarios propostas a partir da xeografía narrativa da escritora salmantina, con especial atención a San Lorenzo de Piñor como peza esencial da súa poética literaria e como lugar onde transcorreron os veráns da súa infancia.

 

  • Ademais abordará a importancia da familia Gaite Lloves na cidade de Ourense e da conformación dunha xeración literaria no Madrid dos anos 50 como itinerarios fundamentais.

 

  • O autor de “O rastro do verán” analizará tamén o sentido didáctico que propón o libro nun achegamento á lectura das denominadas ‘novelas de Piñor’.

 

  • Tamén se destacará a implicación do Concello de Barbadás no proxecto turístico-cultural emprendido por mor da publicación do libro, que materializará os itinerarios destas novelas e incentivará a súa divulgación en centros educativos.

 

  • A cita será o venres 8 de abril de 2022 ás 19,30 h na sede do Ateneo de Ourense (Centro Cultural Marcos Valcárcel, Rúa do Progreso, 30).

Barbadás Quéreo Viveo, Cultura, Novas, Turismo

CONTENT.1728681290

29/03/2022

Obradoiro na Biblioteca de Barbadás para conmemorar o Día Mundial do Teatro

OBRADOIRO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BARBADÁS: “Actores/actrices por un día”

Mércores 30 de marzo ás 18,00 horas

Con motivo do Día Mundial do Teatro

  • O vindeiro mércores 30 de marzo ás 18h, na Biblioteca Municipal de Barbadás, levaremos a cabo o Obradoiro “actores por un día” para celebrar o Día Mundial do Teatro.

 

  • A actividade estará dividida en varias partes.

 

  • En primeiro lugar realizaranse  xogos de mímica e sons.

 

  • Despois levarase a cabo  unha manualidade de teatro de sombras na que os cativos se levarán para casa o monicreque que fagan.

 

  • E, por último, os/as nenos/as participantes poñerán en escea a obra “Freedom” da autora Yanett Mora.

 

  • A actividade está dirixida a  nen@s de 7 a 10 anos.

 

  • Inscricións no correo electrónico: biblioteca@barbadas.es. Indicar: nome, idade e número de teléfono.

 

  • Organiza: Concellaría de Cultura

Cultura, Eventos

CONTENT.1728681290

19/03/2022

Barbadás rexistra un dos índices de delincuencia máis baixos da provincia

A XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE DE BARBADÁS EVIDENCIA QUE BARBADÁS REXISTRA UN DOS ÍNDICES DE DELINCUENCIA MÁIS BAIXO DA PROVINCIA

  • A Xunta Local de Seguridade celebrouse hoxe 18 de marzo pola mañá no Concello de Barbadás coa asistencia do Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, representantes da Garda Civil, o xefe da Policía Local de Barbadás, Fernando Freire, e a xefa da Unidade de Violencia de Xénero, María Alida Iglesias.

 

  • Tamén estivo o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, quen acolleu positivamente a conclusión respecto do índice de delincuencia.

 

  • Valcárcel indica que este índice “segue a ser un dos máis baixos da provincia”. Tamén se puxo de manifestó que “hai una importante diminución dos actos vandálicos no concello de Barbadás”.

 

  • Outra das conclusións destacadas na Xunta Local de Seguridade alude a que se rexistrou un gran incremento de casos esclarecidos.

Novas, Seguridade cidadá

CONTENT.1728681290

19/03/2022

Entrega en Barbadás de equipamentos a 13 agrupacións de Protección Civil da provincia de Ourense

PROTECCIÓN CIVIL DE BARBADÁS RECIBE UNHA CARPA PLEGABLE PARA A ATENCIÓN DE EMERXENCIAS

Esta mañá tivo lugar en Barbadás a entrega de equipamento a 13 agrupacións de voluntarios coa presenza de O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alen Castro, acompañando ao Director Xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.

  • No acto de entrega estiveron delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alen Castro, acompañando ao Director Xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixeron entrega aos Alcaldes que asistiron esta mañá en Barbadás a entrega de13 tendas de campaña para as emerxencias ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense que resultaron beneficiarias da orde de axudas da Xunta para equipamentos de emerxencias, dotada con 1.022.600 euros.

 

 

  • Recibiron equipamentos as agrupación de voluntarios dos concellos de Bande, Barbadás, Boborás, Carballeda de Avia, Cartelle, Castro Caldelas, Cortegada, Lobios, Allariz, Riós, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, fixo un recoñecemento específico da agrupación de voluntarios de Barbadás, por ser un referente a nivel provincial e autonómico e fíxoo extensivo a todas as da provincia e agradeceu a aportación da Xunta na aportación dos equipamentos.

 

  • “Esta carpa utilizarase, ademáis de en operativos de emerxencias, en dispositivos preventivos e únese á carpa hinchable que xa tiña o Servizo de Emerxencias de Protección Civil de Barbadás”, comenta Daniel Rey.

 

 

  • A entrega realizouse en Barbadás como lugar centralizado no que outras agrupacións tamén recibiron equipamentos.

 

  • “A actividade de cada agrupación é a que puntúa na entrega deste material”, explica Daniel Rey, responsable de Protección Civil Barbadás.

 

 

  • Enmarcada nesta dotación de material que se ven recibindo nos últimos anos implica que “sexa un Servizo de Protección Civil mellores dotados da provincia de Ourense”, indica Rey.

 

Novas, Seguridade cidadá

CONTENT.1728681290

17/03/2022

Acollida temporal de persoas refuxadas de Ucraína en Barbadás

O CONCELLO DE BARBADÁS PROMOVE UNHA REUNIÓN PARA ESTABLECER UNHA INICIATIVA DE SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL PARA A RECEPCIÓN DE REFUXIADAS/OS DE UCRAÍNA

A comunidade relixiosa que ten instalacións en Sobrado do Bisco, Cruz Vermella e Concello de Barbadás colaborarán para a recepción e acollida de persoas ucraínas

  • Cruz Vermella, as “Esclavas de la Santísima Eucaristía y de la Madre de Diose o Concello de Barbadás iniciaron hoxe 17 de marzo conversas para establecer un sistema de acollida de refuxiados/as procedentes de Ucraína.

 

  • O presidente de Cruz Vermella en Ourense, Felipe Ferreiro, e a coordinadora provincial de Cruz Vermella, Marisa Lopez Caseiro, explicaron na reunión mantida esta mañá con representantes da comunidade relixiosa e do Concello que están á espera de que o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, autorice este tipo de acollidas de un xeito formal.

 

  • Ferreiro destacou a importancia de levar a cabo o acollemento de unha forma organizada para que as persoas procedentes de Ucraína entren no sistema.

 

  • Sor Irene Labraga, da comunidade relixiosa “Esclavas de la Santísima Eucaristía y de la Madre de Dios”, anticipou que “estamos dispuestas a acoger en nuestras instalaciones de Sobrado a personas refugiadas”.

 

  • Dende a comunidade de relixiosas expricouse na reunión que as instalacións están preparadas para ser utilizadas. Sor Irene enumerou as estancias das instalacións: varias habitacións de 1-2 camas, zona de internado con liteiras, espazos de horta, cancha deportiva, estancias lúdicas e de estar, cociña industrial comunitaria, comedor, etc.

 

  • Este xesto de solidariedade foi acollido tanto por Cruz Vermella como polas/os respresentantes municipais de un xeito positivo, abríndose unha vía de diálogo entre as tres partes para contar con unha oferta de máis de 35 camas e lugares nesta estancia que a comunidade relixiosa ten en Sobrado.

 

  • Por parte de o Concello de Barbadás estiveron nesta primeira toma de contacto a tenente alcalde, Victoria Morenza, a concelleira de Servizos Sociais, Elisabet González Nistal, a concelleira de Educación e Cultura, Marga Pérez, e o concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural, Rafael Sierra.

 

  • Cruz Vermella de Ourense, ante a ausencia de sede social por parte de Accem, ong encargada de tramitar no territorio español o dereito de asilo, será a encargada da tramitación ante o Ministerio de Inclusión Social da oferta de espazo que confirmou a comunidade relixiosa que ten as instalacións en Sobrado.

 

  • Dende Cruz Vermella faráselles chegar a proposta que se puxo de manifesto esta mañá, máis de 35 prazas para persoas refuxiadas procedentes de Ucraína, ao Ministerio de Inclusión Social.

 

  • Esta iniciativa ten unha perspectiva a medio prazo que pode oscilar entre os 6 meses e 1 ano e medio ao tratarse de unha acollida de carácter temporal.

 

  • Dende o Concello de Barbadás, que actuou como promotor e intermediario nesta iniciativa de solidariedade internacional, anticiparon que colaborarán prestando un apoio loxístico e de posta a disposición dos servizos municipais para a integración das persoas refuxadas na sociedade local.

 

  • Dende Cruz Vermella priorízanse este tipo de acollementos temporais por abranguer a un maior número de persoas.

 

  • Na reunión estivo tamén Bego Díaz, da fundación da comunidade relixiosa, que ten experiencia en iniciativas similiares de acollemento no territorio nacional. Dende a comunidade das “Esclavas da Santísima Eucaristía” amosaron a súa disposición a colaborar coa presenza de 3 hermanas nas instalacións como reforzo e apoio ás persoas refuxadas.

 

  • Unha vez que o Ministerio de inclusión inclúa a proposta que se podería levar a cabo en Barbadás, definiranse as aportacións das tres partes que se sumaron a esta colaboración de apoio internacional.

Novas

CONTENT.1728681290

14/03/2022

Barbadás envía axuda humanitaria a Ucraína

BARBADÁS ENVÍA AXUDA HUMANITARIA A UCRAÍNA FROITO DA SOLIDARIEDADE CIDADÁ

Un vehículo cargado de roupa, comida, medicinas e produtos de hixiene recollidos entre a veciñánza recolleu hoxe 14 de marzo material para axudar á poboación ucraína

Dende o Concello transmiten o agradecemento á cidadanía que se volcou nesta campaña solidaria, así como a persoal do polideportivo , de Protección Civil e voluntarias/os do Banco Solidario

  • Dende o día 5 de marzo o Concello de Barbadás iniciou unha campaña de recollida solidaria para colaborar coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína, na que se recolleu roupa de abrigo, mantas, alimentos non perecedeiros, alimentos infantís, produtos farmacéuticos (gasas, tiritas, alcohol, etc.), artigos de hixiene persoal e outros enseres de primeira necesidade.

 

  • Esta campaña estivo activa durante dúas semanas en dous puntos de recollida no concello, no polideportivo municipal, en horario de 7 a 13 horas e de 16 a 22 horas, e nas instalacións de Protección Civil durante toda a xornada.

 

  • Hoxe ,día 14 de marzo, levouse a cabo o envío de todo este material solidario da veciñanza de Barbadás á Asociación Galega de Axuda a Ucraína.

 

  • A cantidade de material solidario aportado polos veciños e veciñas de Barbadás é de aproximadamente 1.500 quilos, para un camión de 20 metros cúbicos.

 

  • Dende a Concellería de Servizos Sociais, a concelleira responsable, Elisabet González Nistal, “queremos agradecer a solidaride amosada polos nosos veciños e polas nosas veciñas, xa que dende o primeiro momento se volcaron con esta iniciativa que a día de hoxe e debido á loxística, temos que interrumpir ata que as autoridades competentes nos indiquen como poder seguir colaborando, xa que somos conscientes da grande inquedanza da poboación por seguir apoiando ao pobo ucraíno, na aínda vixente situación de emerxencia humanitaria. E asegurar que tan pronto como sexa posible daremos a oportunidade á veciñanza de participar nunha nova campaña de recollida”.

 

  • Dende a Corporación Local, unha vez máis, non temos por menos que sinalar o espíritu solidario da nosa comunidade, xa amosado durante a pandemia de xeito exemplar, destacou González Nistal.

 

  • González Nistal anunciou que varias/os voluntarias/os do Banco Solidario de Barbadás participarán na clasificación das doazóns coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína.

 

  • A asociación de axuda a Ucraína ten un local en Ourense cidade, na rúa Vasco da Ponte en horario de 10,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 horas. O teléfono de contacto é 988 24 47.

 

  • Dende o Concello de Barbadás a tenente alcalde, Victoria Morenza, indicou que “queremos transmitir o agradecemento por todas as doazóns e a solidariedade amosada pola comunidade, un agradecemento que facemos extensivo a Protección Civil, persoal do Concello, do polideportivo e de todas as persoas involucradas nesta iniciativa de axuda humanitaria”.

Barbadás Quéreo Viveo, Novas, Servizos sociais

CONTENT.1728681290

13/03/2022

“Cita previa” non obrigatoria no Concello de Barbadás

A partir do 14 de marzo de 2022

Aviso á veciñanza:
Comunícase que a partir do 14 de marzo non será precisa a “cita previa” para ser atendidos/as nas dependencias municipais.
Seguirá, con todo, a disposición da veciñanza o trámite por sede electrónica para aquelas persoas que opten pola cita previa.

Bandos e avisos, Novas

24/05/2024

Lista de admitidos e excluidos para curso 2024-2025 da Escola Infantil Municipal

Lista de admitidos e excluidos Escola Infantil Municipal para curso 2024-2025

07/05/2024

Lista provisional de admitidos/as e excluidos/as para o curso 2024-2025 da Escola Infantil Municipal

Lista provisional de admitidos e excluídos para curso 2024-2025 Escola Infantil

21/03/2023

El 20 de marzo abre el plazo para solicitar nuevas plazas en la ESCUELA INFANTIL de BARBADÁS

O prazo estará habilitado ata o 5 de abril.

CONTENT.1728681290

09/03/2022

Barbadás Outlet: 11, 12 e 13 de marzo no Paseo dos Amieiros

BARBADÁS ACOLLE UNHA OUTLET  CON COMERCIO DE PROXIDADE CON OFERTA GASTRONÓMICA E DE OCIO INFANTIL

O evento está organizado pola Asociación Centro Comercial Aberto da Valenzá

A Outlet de Barbadás ubicarase nunha carpa no Paseo dos Amieiros en horario de mañá e tarde os días 11,12 e 13 de marzo

  • A concelleira de Comercio, Marga Pérez, comentou na presentación do evento da outlet que se trata de “unha nova iniciativa do Centro Comercial Aberto da Valenzá, un evento máis dos últimos que está realizando este colectivo nos últimos meses”.

 

  • “Unha vez máis aquí está o Concello para estar ao carón deles e delas para colaborar en todo o que precisen porque son o motor económico do concello”, destaca a edil de Comercio.

 

  • Pérez asegura que este evento “seguro que vai ser un éxito porque hai unha gran variedade de participantes e produtos para que todas as persoas que se acheguen este venres, sábado e domingo poidan facer as súas compras”.

 

  • Este evento do comercio local de proximidade está complementado con propostas infantís, para que os/as nenos e nenas “poidan divertirse cando as familias realizan as súas compras e tamén con propostas gastronómicas para que poidan disfrutar de unha xornada completa”.

 

  • A Outlet de Barbadás ubicarase nunha carpa no Paseo dos Amieiros en horario de mañá e tarde os días 11,12 e 13 de marzo.

 

  • Dende a Concellería de Comercio “ao público para que se anime a acudir a Barbadás, a facer as súas compras e pasar un rato de ocio”.

 

  • Mari Carmen Casas, de Bel Moda, invitou ao público en xeral “a que nos acompañen nesta feira de 3 días porque se vai ofertar unha ampla gama de actividades para os nenos, hostalaría e comercio de proximidade”.

 

  • A Outlet de Barbadás contará con 20 stands, unha cafetería no interior e no exterior unha churrería e unha pulpeira, ademáis de atraccións para o público infantil.

 

  • A oferta abranguerá textil para adultos/as e para nenos/as, zapaterías, golosinas, librarías, etc, comentou Casas.

 

  • Alejandra Rodríguez Corral, presidenta da Asociación Centro Comercial Aberto da Valenzá, explicou na presentación da Outlet de Barbadás que “o que pretendemos con este evento é dinamizar o comercio local, de cercanía de proximidade, que últimamente é un sector que se está vendo prexudicado polo covid e pola crise”.

 

  • O que se persegue é que “todos/as unidos/as fagamos forza a través da organización de varios eventos ao longo do ano presentándonos de forma agrupada”, sinala Rodríguez.

 

  • O público infantil é unha prioridade neste evento “porque foron os/as máis pequenos/as quen estiveron pasando unha situación difícil.

 

  • Tamén se aspira a apoiar ao sector da “feira” que tamén atravesou por momentos difíciles nos últimos tempos, indica Alejandra Rodríguez.

 

  • A presidenta do Centro Comercial Aberto da Valenzá indicou que “queremos que a xente siga confiando en nós, vexa os negocios que temos en Barbadás, sempre contando coa colaboración do Concello, pois sen o apoio institucional sería complicada a organización de este tipo de eventos”.

 

  • Nesta ocasión aumentouse o período no que se celebra o evento comercial precisamente a instancias da propia clientela, engadindo o sector da feira e da gastronomía.

 

  • Listado de participantes:

– Carussa baby.

– La Cigüeña.

– Bel

– Libreria A Valenza.

-Libreria Espa

– Twins men

– Twins woman

– Elma

– Toffe glass

– Más que un sueño

– Ecomola

– Bar novo angazo

– Mimi flores-eventos

–  Muebles gosende

– Daba nesspresso

– Pequeña coqueta

– Pequebolas.

– Punginsport.

– Pillabans.

– Mobles útile-melangue

– Calzados Nayra

 

 

Comercio, Novas

CONTENT.1728681290

08/03/2022

Acto conmemorativo do Día Internacional da Muller en Barbadás protagonizado por alumnado do colexio Luis vives

ALUMNADO DO CENTRO EDUCATIVO LUIS VIVES PROTAGONIZA O ACTO CONMEMORATIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER EN BARBADÁS

  • Alumnado do centro de ensino Luis Vives protagonizan a conmemoración do Día Internacional da Muller en Barbadás.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, realiza unha introducción destacando que “os nenos e nenas, así como a xuventude en xeral son moi importantes en canto que son o futuro da igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres”.

 

  • O alumnado do colexio Luis Vives realizaron unha lectura de textos reivindicativos da importancia da muller.

 

  • No acto conmemorativo do Día Internacional da Muller de Barbadás tamén colaborou a Escola Municipal de Música.

 

  • O director da Escola de Música, Xohán Manoel Xil Páxaro, interpretou dúas pezas musicais en homenaxe ás Mulleres.

 

  • As/os alumnas/os do centro de ensino Luis Vives repasaron no acto conmemorativo do Día Internacional da Muller os fitos acadados a prol da igualdade.

 

  • A consecución en 1931 do voto femininino grazas a Clara Campoamor.

 

  • A progresiva igualdade de xénero no mundo da música, da literatura e do arte en xeral.

 

  • A igualdade no mundo dos xogos/xoguetes.

 

  • A progresiva incorporación da mullere ao mundo laboral.

 

  • Procederon tamén á lectura dunha poesía en castelán da poetisa Felisa Nogueira Barbosa, profesora do colexio Luis Vives. Unha poesía con un profundo contido de reivindicación feminista.

  • O acto conmemorativo do Día Internacional rematou co derrube do muro simbólico da intolerancia, do machismo e da desigualdade.

Igualdade, Novas

CONTENT.1728681290

05/03/2022

Festival Solidario da Escola de Música Municipal de Barbadás, 12 de marzo ás 19,00 no Auditorio do Conservatorio de Ourense

Entradas á venda no Centro Comercial Ponte Vella

SOLIDARIEDADE E CULTURA MUSICAL ÚNENSE NA SÉTIMA EDICIÓN DO FESTIVAL SOLIDARIO DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE BARBADÁS

O concerto será o día 12 de marzo ás 19,00 horas no Conservatorio de Música de Ourense

A recadación destinarase á Asociación “Pequeños Superhéroes”, centrada na atención da xente que padece algunhas das Miopatías Centronucleares ou CNM

As entradas para asistir ou para participar nesta causa solidaria poden recollerse no stand de información do centro comercial Ponte Vella

No evento participarán distintas agrupacións da Escola de Música: Coro, Grupo de Corda, Ensemble de saxofóns, Grupo de Acordeóns, Banda de Gaitas, Banda Infantil de Música e Banda Xuvenil de Música.

  • O VII Festival Solidario é unha actividade enmarcada no calendario escolar da Escola de Música Municipal de Barbadás.

 

  • A concelleira de Cultura, Marga Pérez, “faise sempre co fin solidario e altruista, ofrecendo un concerto para recadar fondos para algunha asociación que consideremos que precisa apoio e colaboración”.

 

  • Neste caso a asociación elixida foi a de “Pequenos superhéroes”, asociación que agrupa a nenos e nenas con Miopatías Centronuclearesou CNM (Miopatía Miotubular, DNM2, MTMR14, etc…). “Estas doenzas afectan aos músculos que se encargan das función motoras”, explica Pérez.

 

  • Ademais de recadar fondos, “esta iniciativa solidaria do Concello de Barbadás, a través da Escola Municipal de Música, “pretende que se visibilice e se coñeza a patoloxía destes nenos e nenas” e que sexamos conscientes de que existe un número importante de persoas que padecen enfermidades raras. Calcúlase que hai 3 millóns de persoas en España que padecen este tipo de enfermidades raras”, segundo comenta Marga Pérez.

 

  • Outra das finalidades deste tipo de iniciativa cultural é a de “inculcar os valores da solidariedade entre o alumnado. Tamén se pretende que as persoas que participen disfruten do concerto e colaboren coas doazóns que se entregarán a esta asociación, co obxecto de manter a asociación en si e contribuir á investigación deste tipo de enfermidades”, sinala Pérez.

 

  • O Festival Solidario é un evento musical anual que organiza a Escola de Música Municipal de Barbadás, co apoio do Concello.

 

  • Este ano celébrase a Séptima Edición (VII Festival Solidario) e vai a celebrarse o sábado, 12 de marzo, ás 19:00 h., no Auditorio do Conservatorio de Música Profesional de Ourense, indica Xohán Manole Xil Páxaro, director da Escola de Música de Barbadás.

 

  • As entradas poderan recollerse no stand de información do Centro Comercial “Ponte Vella” ata o propio sábado día 12 ao mediodía, e levarán asociada unha doazón simbólica de 5 €uros.

 

  • Este ano a recaudación vai a ser para a Asociación “Pequeños Superhéroes”, centrada na atención da xente que padece algunhas das Miopatías Centronuclearesou CNM (Miopatía Miotubular, DNM2, MTMR14, etc…); así mesmo traballan en campañas de recaudación para investigación, en mellorar a asistencia dos nenos con CNM, en concienciar á sociedade sobre a existencia das CNM, etc…, comenta Xil Páxaro.

 

  • No evento participarán distintas agrupacións da Escola de Música: Coro, Grupo de Corda, Ensemble de saxofóns, Grupo de Acordeóns, Banda de Gaitas, Banda Infantil de Música e Banda Xuvenil de Música.

 

  • Agradecemos ao Conservatorio polas facilidades que sempre non brindan para levar a cabo este Festival, e ao Centro Comercial “Ponte Vella” pola súa complicidade ao prestarnos a súa infraestructura para poñer as entradas a disposición do público, destaca o director da Escola de Música de Barbadás.

Cultura, Escola de Música, Novas

CONTENT.1728681290

05/03/2022

O Concello de Barbadás colabora coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína

Recollida de doazóns no Polideportivo de A Valenzá e na sede de Protección Civil

Colaboración Concello de Barbadás con Ucraína

 O Concello de Barbadás colabora coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína. 

  • A concelleira, de Servizos Sociais, Elisabet González Nistal, efectúa un chamamento á solidariedade da veciñanza do concello de Barbadás “para tratar de achegar toda a axuda posible á poboación de Ucraína”.

 

  • Establécense puntos de recollida no polideportivo da Valenzá e na sede de Protección Civil de Barbadás.

 

  • O obxectivo de esta campaña é recadar a través destes 2 puntos e contando coa colaboración de Protección Civil de Barbadás alimentos non perecedoiros, roupa (sobre todo térmica), medicinas, artigos de hixiene persoal, kits de costura, e elementos de supervivencia que poidan servir para axudar á poboación civil nestes duros momentos.

 

  • O horario do polideportivo é de 7,00 a 13,00 horas e de 16,00 a 22,00 horas.

 

  • Para poñerse en contacto con Protección Civil de Barbadás, as persoas interesadas en participar nesta campaña de doazón poden chamar ao teléfono 988 24 34 46.

 

  • Ucraína necesítanos. Axudemos a Ucraína!!

Colaboración Concello de Barbadás con Ucraína

Novas, Servizos sociais

CONTENT.1728681290

04/03/2022

Premios do Folión de Entroido de Barbadás e do concurso de Mecos

PREMIOS MECOS 2022

1.- JOSÉ BENITO CARRERA ENRIQUEZ 300 €

2.- SOFIA ARCE REY 200 €

3.- ANPA CEIP FILOMENA DATO 100 €

 

PREMIOS ENTROIDO 2022

 

INDIVIDUAIS:

1.- NOMASTÉ, YO SÓLO LICOR CAFÉ 200 €

 

PARELLAS/TRÍOS:

1.- FAMILIA FELIZ 300 €

2.- FILLAS DO LUME 150 €

3.- POSEIDON E NEREIDA 100 €

 

COMPARSAS:

1.- POLICIA LOCAL BARBADÁS, DEFENDENDO O NOSO CONCELLO 1.000 €

2.- A FOLIADA DAS LAMAS 750 €

3.- O COLMENAR DA FINCA FIERRO 550 €

4.- A LAREIRA DO TIO PIXIÑAS 300 €

 

CARROZAS:

1.- AIR LOLAILOS 1.000 €

2.- EL GRAN CIRCO DE LAS “JOSEFINAS” 750 €

3.- ART-LANDIA 550€