05/10/2026

Avanza a última fase da ampliación do polideportivo municipal coa colocación dos muros e da cúpula da nova planta

  • Os operarios iniciaron estes días a colocación dos muros do espazo, no que haberá sala de actividades, sala de musculación e vestiarios
  • “Estamos falando dun espazo con moitísima actividade, con máis dun milleiro de usuarios e usuarias, no que adestran e compiten as escolas deportivas municipais, equipos de distintas disciplinas… Ampliar e mellorar estas instalacións era unha prioridade”, resalta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás

A ampliación do polideportivo municipal de Barbadás, unha das actuacións prioritarias do goberno local neste 2026, encara xa a súa última fase. Os operarios iniciaron estes días a colocación dos muros e da cúpula da nova planta, ubicada na antiga cuberta do edificio, que contará con sala de musculación, sala de actividades, vestiarios e espazo exterior. “Será un espazo totalmente equipado que suporá un salto de calidade importante para os numerosos usuarios e usuarias do polideportivo”, asegura Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás. 

O proxecto de ampliación, que conta cun orzamento total de 1,2 millóns de euros en colaboración coa Xunta e coa Deputación, incluíu unha primeira fase de remodelación do interior e mellora da accesibilidade do edificio. “Nesa primeira fase, rematada xa, colocouse un ascensor interior para conectar as diferentes alturas”, detalla Valcárcel, que destaca a importancia do proxecto. “Estamos falando dun espazo con moitísima actividade, con máis dun milleiro de usuarios e usuarias, no que adestran e compiten as escolas deportivas municipais, equipos de distintas disciplinas… Ampliar e mellorar estas instalacións era unha prioridade”, resalta o alcalde. 

Cabe destacar que a intervención permitirá duplicar o número actual de usuarios ao aumentar tanto o espazo de musculación como o das clases dirixidas, que contan cunha elevada demanda. O polideportivo ofrece actualmente un total de 10 disciplinas deportivas (ioga, gap, aerobic latino, total fitness, hiit, body tono, power step, glúteo xtreme e pilates, tanto de iniciación como de perfeccionamento e para embarazadas) repartidas ao longo da semana.

Nesta segunda fase, unha vez se coloquen os muros e a cúpula, procederase ao pechamento exterior e ao illamento do espazo, para despois proceder á instalación eléctrica e á fontanería necesarias. As obras deberán estar rematadas o próximo 15 de novembro.

Novas

16/11/2026

Programa de axudas municipais á creación de empresas 2026

12/11/2026

Éxito de inscricións na II Carreira Popular da Valenzá cun 50% máis de participantes

11/11/2026

Barbadás, moi preto de ti!

Barbadás - App incidencias

Descarga gratuitamente a aplicación Concello de Barbadás en Google Play (Android) ou App Store (iOS).

CONTENT.1794832157

SINGLE.1794832157