Aviso legal

O sitio web http:// barbadas.es é un dominio na internet da titularidade do Concello de Barbadás, Cimadevila, 1 – 32890 Barbadas Ourense.

 

Este aviso legal recolle as condicións xerais que rexen o acceso e o uso do presente sitio web, do que é titular o Concello de Barbadás.

 

O uso do sitio web implica a expresa e plena aceptación das presentes condicións xerais na versión publicada no momento en que o usuario acceda ao mesmo, sen prexuízo das condicións particulares que puidesen aplicarse a algúns dos contidos ou servizos concretos do sitio web.

 

Os hiperenlaces contidos no sitio web poden dirixir a páxinas web de terceiros. O Concello de Barbadás non asume ningunha responsabilidade polo contido, informacións ou servizos que puidesen aparecer no devandito sitio, que terán exclusivamente carácter informativo e que en ningún caso implican relación algunha entre o Concello de Barbadás e as persoas ou entidades titulares de tales contidos ou titulares dos sitios onde se atopen.

 

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que os seus datos, recollidos nos formularios de contacto desta web, poden pasar a formar parte dun ficheiro automatizado titularidade do Concello de Barbadás.

 

O Concello de Barbadás comprométese ao cumprimento da súa obrigación de segredo con respecto aos seus datos de carácter persoal e a tratalos con confidencialidade, así como a non cedelos a terceiros sen o seu previo consentimento.

 

Vostede poderá exercer en calquera momento os seus dereitos de acceso, rectificación e cancelación.

 

Co fin de mellorar as prestacións do sitio web, o Concello de Barbadás resérvase o dereito, en calquera momento e sen previa notificación ao usuario, a modificar ampliar ou suspender temporalmente a presentación, configuración, especificacións técnicas e servizos do sitio web, de forma unilateral.

 

Así mesmo, resérvase o dereito para modificar en calquera momento as presentes condicións de uso así como calquera outras condicións particulares.