27/02/2021
Axudas a celiaquía e intolerancia á lactosa do Concello de Barbadás

O CONCELLO DE BARBADÁS ABRE O O PRAZO DE SOLICITUDE PARA OPTAR ÁS AXUDAS A CELÍACOS/AS E INTOLERANTES Á LACTOSA DURANTE O MES DE MARZO.
- O Concello de Barbadás abre o prazo durante todo o mes de marzo para a solicitude das axudas destinadas a familias en cuxo ámbito existan un/unha ou máis persoas celiacas ou intolerantes á lactosa.
- Esta axuda consiste nun pago único de 400 euros por cada unha das persoas celíacas ou intolerantes á lactosa que convivan na unidade familiar.
- A presentación da solicitude debe realizarse a través de Rexistro e debido á situación sanitaria xerada do Covid-19 é necesario pedir cita no teléfono 988393168 ou no 98360000.
- As solicitudes poden presentarse tamén a través da Sede Electrónica do Concello de Barbadás.
- Os requisitos para optar a estas axudas é preciso, ademais de que un dos membros da unidad familiar posúa diagnóstico da enfermidade, debe acreditarse o empadroamento no Concello de Barbadás cunha atigüidade mínima de 6 meses.
- A documentación necesaria é a seguinte: solicitude; certificación bancaria para a transferencia da axuda, D.N.I. da persoa solicitante; informe ou certificado médico acreditativo da condición de enfermo/a celíaco/a ou intolerante á lactosa; certificado de empadroamento e acreditación de ingresos económicos de todos os membros da unidade familiar.
- A acreditación de ingresos realizarase a través de nóminas, recibos, xustificantes de pensións, certificados do INEM ou calquera outro documento que acredite ingresos da persoa ou unidade familiar.
- Se a persoa solicitante ten carencia absoluta de rendas familiares, debe presentar unha declaración responsable do/a interesado/a na que se faga constar esta circunstancia.
- Se a persoa solicitante é menor de idade, debe presentarse unha fotocopia do libro de familia que acredite o parentesco, acompañado do D.N.I.de un ou de ambos os dous proxenitores.
- No caso de renovación da axuda só é preciso presentar a solicitude e a certificación bancaria.
- O pasado ano 2020 concederonse este tipo de axudas a un total de 72 persoas.
- A concelleira de Servizos Sociais, Elisabet González Nistal, explica a importancia destas axudas para contribuir a sufragar gastos para aquelas familias diagnosticadas de celiaquía e intolerancia á lactosa e destaca a iniciativa pioneira no Concello de Barbadás.