01/08/2022

Axudas a dixitalización Industria 4.0 para o ano 2022

O Diario Oficial de Galicia publica a Resolución  do 18 de xullo de 2022 do Instituto Galego de Promoción Económica  pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2022, cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300C).

Estas axudas van destinadas á posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e outras empresas, ou entre dúas ou máis empresas galegas, como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto desde o día 30 de xullo ata o día 8 de setembro.

Data Adxuntos
01/08/2022 Axudas a dixitalización Industria 4.0 PDF [1 MB]

Novas, Promoción económica

24/03/2023

Barbadás será capital galega das artes marciais con 200 nenos e nenas competindo no Campionato escolar de Kung-Fu

O club local desta disciplina leva funcionando desde o ano 95 e participará nesta competición con 12 deportistas

24/03/2023

Un versátil Obradoiro de Emprego rehabilita o lavadoiro de As Quintas, construe hoteis para insectos ou fai traballos forestais

A iniciativa, que ten como obxectivo fomentar a inserción laboral e da que forman parte 12 alumnos de Barbadás, comezou os seus traballos no mes de novembro

22/03/2023

Museo da gaita de fole e rutas de diferentes temáticas atraen ao turismo cultural que se achega a Barbadás

O concelleiro de Turismo, Ramón Selas Iglesias (centro) con Beatriz Fernández García e Pablo Martínez Míguez, encargados de manter aberto semanalmente o museo e as clases de música e baile. Barbadás

Servizos en Barbadás

CONTENT.1679730320

SINGLE.1679730320