03/09/2020

Axudas a emprendedores/as financiadas polo Concello de Barbadás

O CONCELLO DE BARBADÁS ACTIVA A CREACIÓN DE EMPREGO NO MUNICIPIO CO PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA CREAR EMPRESAS

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de setembro

As accións incluidas nesta convocatoria financiaranse con importe de 15.000 euros, unha contía que poderá ampliarse en función da dispoñibilidade orzamentaria

 

  • As axudas que habilita o Concello de Barbadás están dirixidas a empresarios/as individuais e pequenas e medianas empresas que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de novembro de 2019 e o 30 de setembro de 2020.

 

  • Entre os requisitos xerais dos/as beneficiarios/as figuran que a empresa teña o seu domicilio fiscal e o centro de traballo no concello de Barbadás.

 

  • As empresas deben ser de nova creación, considerando incluidos neste concepto os traspasos de negocios, excepto aqueles que se realicen entre cónxuxes ou parellas de feito e familiares por consanguinidade, afinidade ou adopción ata o segundo grao.

 

  • Como mínimo cada empresa debe crear 1 posto de traballo, non ter débedas coa Seguridade Social nin coa Consellería de Economía e Facenda, coa Axencia Estatal, de Administración Tributaria nin co Concello de Barbadás.

 

  • As axudas son a fondo perdido e a súa finalidade é subvencionar a reación do propio posto de traballo e parte dos gastos iniciais da posta en marcha da actividade.

 

  • O importe das axudas desglósase do seguinte xeito:

 

  • Contía fixa de 500 euros pola cración do propio posto de traballo acreditada mediante a alta no réxime especial de autónomos ou equivalente da Seguridade Social, mutualidade ou colexio profesional.
  • Contía variable equivalente á metade dos gastos iniciais de posta en marcha da actividade con un máximo de 1.000 euros por empresa.
  • A axuda mínima de 500 euros terá carácter individual, polo tanto concederase a cada un dos promotores/as que acredite terse dado de alta na Seguridade Social, mutualidade ou colexio profesional.

 

  • Relación de gastos obxecto da subvención:

 

  • Os gastos de constitución serán subvencionables ao 50 %.
  • As existencias de mercancías serán subvencionables ao 50%.
  • Os gastos de aluguer de local, do vehículo industrial, de aplicacións informáticas e de equipos informáticos: subvencionables ao 50 %.
  • As primas de seguros tamén serán subvencionables ao 50 %, o mesmo que as subministracións e gastos correntes, os dereitos de propiedade industrial e o imposto de vehículos de tracción mecánica.

 

  • O procedemento da concesión das axudas a emprendedores/as tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, é dicir, non será necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas en un único procedemento ata esgotar o crédito orzamentario.

 

  • O conxunto de axudas desta convocatoria son compatibles con calquera outra concedida por empresas públicas ou privadas, estatais ou internaconais, sempre que o importe total das axudas percibidas polo mesmo concepto non supere o custo total dos gastos subvencionables.

 

  • A Concellería de Promoción Económica, dirixida por Ramón Selas, será a encargada da tramitación das solicitudes e emitirá unha proposta de concesión ou denegación das axudas á Xunta de Goberno Local.

 

  • O prazo máximo para resolver será, como máximo, de 3 meses dende a presentación de solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Barbadás.

 

 

  • Os/as beneficiarios/as das subvencións deberán poñer no seu local un cartel, de forma visible, no que se indique que a actividade está financiada polo Concello de Barbadás.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Novas, Promoción económica

CONTENT.1711633464

SINGLE.1711633464