25/03/2022
Axudas a empresas illadas en zonas rurais para contratar servizos de banda larga
O Diario Oficial de Galicia publica a Resolución da Axencia Para a modernización tecnolóxica de Galicia do 9 de marzo de 2022 ,pola que se aproban as bases reguladoras
para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a
empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga
ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento
Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de
Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de
procedemento PR604A).
- Beneficiarias
As empresas privadas, xa sexan persoas físicas que realicen actividade económica ou persoas xurídicas legalmente constituídas, que acrediten, coa solicitude de subvención, o cumprimento dos seguintes requisitos:
– Ter domicilio fiscal ou polo menos un centro de traballo en Galicia.
– Non ter contratado nin poder contratar en condicións de mercado, na localización obxecto de solicitude, servizos de banda larga ultrarrápida, con trinta (30) ou máis megabits por segundo de descarga (fluxo de datos no sentido da rede ao usuario), estando polo tanto illada das redes que prestan estes servizos.
– Non estar no marco de actuación de plans de despregamento en curso de redes de banda larga ultrarrápida, e estar polo tanto a empresa illada destas redes.
-
Prazo de presentación de solicitudes
Corenta e cinco (45) días naturais contados desde o 24 de marzo de 2022. Se o último día fose inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil.
Data | Adxuntos |
---|---|
25/03/2022 | Axudas a empresas illadas do rural para contratar servizos de banda larga PDF [1 MB] |