23/08/2021

Axudas a persoas autónomas para inicio de actividade e para contratación indefinida de traballadores

As persoas autónomas interesadas  terán ata o 30 de setembro para solicitar as axudas destinadas a impulsar o emprego autónomo e apoiar a consolidación do xa existente. Trátase dun programa que acolle dúas liñas de financiamento.

Poden optar a estas axudas as persoas dadas de alta no Reta, noutro réxime especial por conta propia ou en mutualidades profesionais entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021. É preciso ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude da axuda e que se desenvolva en Galicia.

 

Data Adxuntos
23/08/2021 Promoción-emprego-autónomo PDF [1 MB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1643250940

SINGLE.1643250940