31/01/2023

Axudas AGADER para proxectos de investimento en actividades non agrícolas

O Diario Oficial de Galicia publica a  Resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 29 de decembro de 2022, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2023, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR708A).

Persoas e entidades beneficiarias

a) Microempresas e pequenas empresas situadas en zonas rurais. Para estes efectos, a definición de pequena empresa é a que resulta do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE).

b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.

c) Titulares dunha explotación agraria ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

Obxecto

Regular o procedemento de concesión das axudas que xestionará a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no marco da medida 6.4 do PDR de Galicia 2014-2020 destinadas a:

a) Adquisición de bens de equipamento inherentes á actividade empresarial que están desenvolvendo as empresas existentes, co fin de mellorar, ampliar ou modernizar as súas estruturas de produción e/ou servizos.

b) Posta en marcha de novas actividades empresariais de carácter non agrícola nas aldeas modelo declaradas con anterioridade á publicación destas bases reguladoras.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes, contado desde o 31 de xaneiro de 2023.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Outros datos

A concesión de axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Os proxectos subvencionados recibirán unha porcentaxe de axuda do 45 % dos gastos subvencionables.

Data Adxuntos
31/01/2023 Axudas actividades non agrícolas PDF [6 MB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1713978466

SINGLE.1713978466