31/01/2023
AXUDAS: Bono enerxía peme, Plan Galicia emprega, Préstamos directos para financiamento empresarial en Galicia
O Diario oficial de Galicia convoca un conxunto de axudas :
- Bono enerxía peme
-Persoas e entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións do CNAE 2009:
Sector servizos-sección CNAE 2009 |
División |
Sección G: comercio por xunto e polo miúdo; reparación de vehículos de motor e motocicletas. |
45 a 47 |
Sección H: transporte e almacenamento. |
49 a 53 |
Sección I: hostalería. |
55 a 56 |
Sección J: información e comunicacións. |
58 a 63 |
Sección K: actividades financeiras e de seguros. |
64 a 66 |
Sección L: actividades inmobiliarias. |
68 |
Sección M: actividades profesionais, científicas e técnicas. |
69 a 75 |
Sección N: actividades administrativas e servizos auxiliares. |
77 a 82 |
Sección P: educación. |
85 |
Sección Q: actividades sanitarias e de servizos sociais. |
86 a 88 |
Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento. |
90 a 93 |
Sección S: outros servizos. |
94 a 96 |
2. Os requisitos para obteren a condición de beneficiarios deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.
-Obxecto
Regular a concesión de subvencións para a realización de proxectos de mellora enerxética, destinadas a pemes e autónomos con actividade económica no campo do comercio, hostalaría, artístico-recreativo e outros servizos, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran os requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución (código de procedemento IN417Z).
-Contía da axuda
1. A contía da subvención será do 80 % do custo elixible da actuación.
2. Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima de 6.000 euros por solicitude.
3. O importe total das axudas de minimis concedidas a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, de 100.000 euros cando se trate de empresas de transportes de mercadoría por estrada por conta allea, de 30.000 euros para empresas do sector da pesca e da acuicultura e de 20.000 euros para empresas do sector agrícola.
4. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado
-Forma e prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes subscribiranas directamente os interesados ou a persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
2. O prazo de presentación das solicitudes comeza ao día 25 de xaneiro de 2023 e rematará o 29 de xuño de 2023.
3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.
Prazo para a execución da instalación
A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 2 de outubro de 2023.
- Plan Galicia Emprega
-Persoas ou entidades beneficiarias
Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde. Tamén poden ser beneficiarios dos incentivos os centros especiais de emprego, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade, e as empresas de inserción laboral, excepto para subscribir contratos con persoas en situación o risco de exclusión social.
-Obxecto
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar para o ano 2023, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia as axudas establecidas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que favorezan a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria (e entidades sen ánimo de lucro), especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral, coa finalidade de seguir paliando os prexuízos económicos sobre o mercado de traballo, derivados dos efectos da pandemia provocada pola COVID-19 e agravados pola invasión de Ucraína por parte de Rusia.
A orde regula o Plan de Galicia emprega (código de procedemento TR342C) de incentivos á contratación por conta allea e á formación dos colectivos vulnerables recollidos no artigo 25.1.a), a través de dúas liñas de axudas:
1. A liña de incentivos á contratación por conta allea que inclúe catro modalidades de axudas:
a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
b) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.
c) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.
d) Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.
2. A liña de incentivos ás accións formativas no centro de traballo, de carácter opcional, dirixida ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial por medio desta orde.
-Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para presentar as solicitudes destas axudas comezará o día 1 de febreiro de 2023 e rematará o 29 de setembro de 2023.
- Préstamos directos para financiamento empresarial en Galicia
–Beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto da actuación que se vai financiar, situado na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme os requisitos que se detallan no anexo I das bases reguladoras.
c) Acheguen para a actuación unha contribución financeira mínima do 25 % do custo total, exenta de calquera tipo de apoio público.
2. Para as modalidades de préstamo especificamente indicadas no anexo I das bases reguladoras, poderán ser tamén beneficiarias as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, agrupacións de interese económico, as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do anterior número 1.
-Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto a posta en marcha das seguintes liñas de préstamos: préstamos para investimentos estratéxicos, préstamos para financiar investimentos en infraestruturas de uso compartido e desenvolvemento de proxectos en Galicia por parte de centros tecnolóxicos e asociacións empresariais, préstamos para financiar a operativa da industria auxiliar naval e préstamos para financiar a operativa das empresas no contexto actual de incremento xeneralizado do custo das materias primas e da enerxía.
– Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 8.00 horas do día 1 de febreiro de 2023 e rematará o 29 de decembro de 2023, ás 14.00 horas, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
Data | Adxuntos |
---|---|
31/01/2023 | Bono enerxía Peme PDF [840 KB] |
31/01/2023 | Plan Galicia Emprega PDF [1 MB] |
31/01/2023 | Préstamos para financiamento empresarial PDF [2 MB] |