Son prestacións económicas non periódicas que teñen como finalidade posibilitar ou reforzar os procesos de inclusión social das persoas ou familias en situación de exclusión social ou de risco de exclusión social, así como atender as situacións de grave emerxencia de persoas ou familias vulnerables que poidan desencadear un proceso de exclusión social.
-Documentación:
Deberá presentarse nos Servizos Sociais Comunitarios do Concello para obter os impresos de solicitude.
-Normativa:
–Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia. (DOG nº 249 do 31/12/2013)