12/08/2022
Axudas e préstamos para investimento empresarial
O Diario Oficial de Galicia publica o día 12 de agosto a Resolución do Instituto Galego de Promoción Económica do 4 de agosto de 2022 pola que se dá publicidade do acordo
do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas e dos
préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos
de investimento empresarial, e se procede á súa convocatoria en réxime de
concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A).
Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas e préstamos as pequenas e medianas empresas (en diante, pemes) que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, considerado subvencionable ao abeiro do regulado nas presentes bases.
Obxecto
A concesión de axudas e, se é o caso, de préstamos parcialmente reembolsables, para o financiamento de proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:
I.1. Proxectos de investimento empresarial xerais.
I.2. Proxectos de investimento empresarial no sector de aloxamento.
I.3. Proxectos de investimento en equipamento produtivo.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2022.
Data | Adxuntos |
---|---|
12/08/2022 | Axudas e préstamos para proxectos de investimento empresarial PDF [1 MB] |