31/08/2021
Axudas económicas do Concello de Barbadás para libros e material didáctico en Educación Infantil
Prazo de solicitudes do 1 ao 30 de setembro de 2021.
O CONCELLO DE BARBADÁS CONCEDE AXUDAS ECONÓMICAS PARA LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO EN EDUCACIÓN INFANTIL
Estas achegas están destinadas a unidades de convivencia en desventaxe social e con menor poder adquisitivo
As contías serán de 90 euros como máximo por cada neno/a
- As axudas económicas están destinadas a facilitarlles libros e material didáctico ós/ás alumnos/as de Educación Infantil deste Concello, matriculados/as en centros públicos e privados en tramos concertados, exceptuando aqueles cursos que se benefician do programa de gratuidade de libros de texto da Xunta de Galicia.
- As axudas serán incompatibles con calquera outra axuda que puidera percibirse coa mesma finalidade de outras institucións públicas ou concertadas.
- Estas axudas están destinadas a unidades de convivencia en desventaxa social e con menor poder adquisitivo do Concello de Barbadás.
- O prazo de presentación comprende entre o 1 e o 30 de setembro.
- As axudas que se conceden terán carácter de subvención, entendese por subvención económica realizada polo Concello de Barbadás para a compra de libros e material para os ciclos de Educación Infantil, ascendendo a 90 € por neno/a como máximo.
- As solicitudes serán atendidas con cargo a unha partida orzamentaria que en cursos anteriores ten sido suficiente para atender as solicitudes para percibir a achega.
- Por renda familiar entenderase a obtida polos membros computables no ano anterior ó comezo do curso ó que se refire a convocatoria. Considérase que son ingresos familiares os mesmos que serven para o cómputo da Base Bruta do imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
- No suposto de que concorran diversos membros computables da familia con ingresos, sumarase as Bases Brutas correspondentes a cada un deles.
- En casos excepcionais (separación, falecemento, xubilación,etc…) teranse en conta os ingresos dos anos 2020-2021.
- Computarase como membros da familia, o pai e nai, o solicitante, os irmáns solteiros menores de 23 anos que convivan no domicilio familiar ou os maiores de idade cando se trate de persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, así como os ascendentes dos pais que xustifiquen a súa residencia no mesmo domicilio co certificado municipal correspondente.
- Aumento da unidade familiar aos efectos do cálculo da renda `per cápita´:
– Computárase un membro máis no caso de presentar algún de eles unha descapacidade igual ou superior ó 33% ou situación similar.
– Tamén se computará como un membro máis no caso de ser familia monoparental.
Unha vez obtidos os ingresos brutos, a renda familiar “per cápita” obterase dividindo a cantidade global entre o número de membros computables da familia.
- Os/as Beneficiarios/as serán as unidades de convivencia cuxos ingresos non poderán exceder de 5.500€ por membro familiar anual. Exemplo: tres membros, pai, nai e un fillo, 5500×3=16500 Euros.
- Son obrigas dos/as beneficiarios/as: gastar o total da subvención concedida en libros e material para Educación Infantil. Estar ao día no pago de impostos municipais. Comunicar ao Concello a obtención doutras subvencións ou axudas que financien os gastos subvencionados.
- As axudas serán incompatibles con calquera outra axuda que puidera percibirse coa mesma finalidade de outras institucións públicas ou privadas.
- O importe da axuda en ningún caso poderá exceder do total do gasto realizado ata un máximo de 90 €.
- O procedemento ordinario de concesión das axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
- Os/as peticionarios/as de axudas para o estudio deberán reunir as seguintes condicións:
- a) Contar con nenos e nenas o seu cargo, escolarizados en centros públicos ou concertados.
- b) Estar empadroados no Concello de Barbadás.
- c) Estar matriculados en Educación Infantil (3, 4 e 5 anos).
- d) Non exceder o nivel máximo de ingresos establecido nas presentes bases.
- Os/as alumnos/as aspirantes ó beneficio das Axudas ó estudio cumprimentarán a solicitude no modelo de instancia que a tal efecto será facilitado polo Concello de Barbadás ou descargándoa aquí, aportando a seguinte documentación:
- – Escaneado do resgardo de matrícula, só no caso de cursar a solicitude on-line.
- – Fotocopia da Declaración sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente ó exercicio 2020 de tódolos membros computables da familia con obriga de declarar.
- Se non estiveran obrigados a facela Declaración da Renda deben entregar:
- – Certificado de Empresa: Quen non teña obriga de facer declaración aportarán un certificado de Empresa correspondente ó exercicio 2020 ou datos que acrediten os ingresos obtidos no ano 2020.
- – Fotocopia do Libro de Familia.
- – Fotocopia do D.N.I. (Carné de identidade).
- – Certificado Vida laboral dos maiores de 18 anos.
- – Certificado de acollemento familiar remunerado.
- – Certificados de pensións.
- – Certificado do INSS: prestación por fillo a cargo.
- – RISGA (Renda de Integración Social de Galicia).
- – Certificado da axuda de Integración do menor.
- – Desempregados/as. Cando o/a cabeza de familia se atopa en situación de paro e non percibiu subsidio de desemprego durante o ano 2020, presentará un certificado do Instituto Nacional de Emprego que acredite. Asemade, se percibiu algunha cantidade por desemprego, presentará o correspondente certificado.
- – Os emigrantes, emigrantes retornados e inmigrantes deberán presentar unha certificación dos ingresos obtidos no ano 2020 no país correspondente, cun informe bancario sobre a cotización media da moeda de dito país nese ano. No caso de estar un membro do matrimonio no estranxeiro e outro retornado, deben acreditar os ingresos obtidos no ano 2017 mediante certificacións oficiais.
- – Sen ingresos. No caso de non poder xustificar ningún tipo de ingresos familiares (por no telos realmente), realizarase declaración xurada da non percepción de ingresos algúns. Neste caso o Concello resérvase a facultade de comprobar este extremo, denegándose ou anulándose as axudas no caso de falsidade, sen prexuízo das sancións ou responsabilidades en que incorra o declarante.
- – Pago dos impostos Municipais, comprobarase internamente estar ao corrente dos mesmos.
- – Separados/as. Aportarán fotocopia da sentenza de separación ou divorcio. Se non perciben pensión alimenticia ou compensatoria, aportarán a denuncia por incumprimento da sentencia de separación ou divorcio.
- – Facturas debidamente conformadas dos libros e material adquirido para o neno/a para o curso 2021-2022.
- – Certificación da conta bancaria, para a realización do pago da axuda.
- As formas de presentación das solicitudes da axuda son as seguintes:
- a) Entrega da solicitude nas Oficinas Municipais de A Valenzá, no Concello de Barbadás e por sede electrónica.
- b) Os solicitantes poderán descargar o modelo de impreso de solicitude a través da páxina web do Concello de Barbadás, anexo á publicación das presentes bases.
- A resolución provisional de axudas concedidas e denegadas publicarase no taboleiro de anuncios da Casa de Cultura, sita na Rúa San Bernabé nº 37, e na paxina web do Concello (www.barbadas.gal ), concedéndose un prazo de 10 días para presentar alegacións.