03/09/2026

Axudas económicas do Concello de Barbadás para libros e material didáctico en Educación Infantil – Curso 2026/2027

Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026

Concello de Barbadás - Banner Axudas educación infantil libros e material didáctico

O Concello de Barbadás convoca unha liña de axudas destinadas a facilitar a adquisición de  libros e material didáctico aos alumnos de Educación Infantil matriculados en centros públicos e privados en tramos concertados, exceptuando aqueles cursos que se benefician do programa de gratuidade de libros de texto da Xunta de Galicia.

 

CONTÍA
As contías individuais terán as limitacións que se recollen nas  bases e serán de 100 € como máximo.

 

BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarias desta axuda as unidades de convivencia cuxos ingresos non excedan dos cinco mil setecentos euros netos por membro familiar e cumpran os requisitos específicos que se indican nas bases.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación será DUN (1) MES contado a partir do día seguinte á publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.  [Prazo habilitado do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026]

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

De xeito prioritario, establécese o  emprego de medios electrónicos para presentar e tramitar a solicitude desta subvención a través da sede electrónica do Concello de Barbadás, https://barbadas.sedelectronica.gal/, nun trámite específico “Solicitude axuda económica para libros e material didáctico na Educación Infantil – Código SIA: 3208163”

 

Habilitase unha oficina asistencial para apoio á presentación da solicitude e resolución de dúbidas:

 

Casa de Cultura Manuel María
Área de Educación
Rúa San Bernabé, 37  – A Valenzá
Barbadás – Ourense

 

 

 

 

Data Adxuntos
03/09/2026 Concello de Barbadás - Extracto Bases Axudas Educación Infantil 2026-2027 (gl) PDF [175 KB]
03/09/2026 Concello de Barbadás - Bases Axudas Educación Infantil 2026-2027 (gl) PDF [4 MB]

Educación/Formación, Escola infantil, Novas

CONTENT.1792009310

SINGLE.1792009310