18/01/2023

Axudas LEADER- Convocatoria anualidades 2023/2024

Convocatoria en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), con cargo ás anualidades 2023 e 2024, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións que corresponden coa submedida 19.2 do PDR (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local)

Proxectos subvencionables

1. Serán subvencionables os proxectos que teñan encadramento na estratexia de desenvolvemento local de cada GDR, de forma que respondan ás prioridades e aos obxectivos especificamente recollidos na estratexia, sempre e cando cumpran as condicións de subvencionabilidade que se especifiquen nas fichas de elixibilidade recollidas no capítulo VII das bases reguladoras.

Coas particularidades que se indican nas citadas fichas de elixibilidade das bases reguladoras, os proxectos poderán clasificarse en produtivos e non produtivos. Con carácter xeral terán a consideración de proxectos produtivos os que supoñan a realización dunha actividade económica con fin lucrativo tendentes á produción de bens e/ou servizos e que supoñan unha creación e/ou mantemento do nivel de emprego. Pola contra, terán a consideración de proxectos non produtivos os que teñan un interese público ou colectivo e non supoñan o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica con finalidade lucrativa.

2. Con carácter xeral, os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar localizados no ámbito territorial elixible de aplicación da estratexia de desenvolvemento local do GDR.

b) Ser viables técnica, económica e financeiramente, para os proxectos de natureza produtiva, e técnica e financeiramente para os non produtivos.

c) Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.

d) Non estar iniciados na data da presentación da solicitude de axuda. Para estes efectos, considérase como inicio do investimento o comezo dos traballos de construción, ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido dos equipos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible e que vincule xuridicamente ao solicitante, se esta data é anterior. Sen embargo, a compra de terreos e os traballos preparatorios, como a obtención de permisos e a realización de estudos de viabilidade, non terán a consideración de inicio dos traballos.

e) Ser finalistas, é dicir, que á data da xustificación final dos investimentos ou gastos subvencionados cumpran os obxectivos e funcións para os que foron aprobados os proxectos. Non poderán subvencionarse fases dun proxecto que non constitúan unha actividade finalista.

A quen vai dirixido?

Con carácter xeral, e tendo en conta as particularidades que se establecen nas fichas de elixibilidade incluídas no capítulo VII das bases reguladoras, poderán ser beneficiarias das axudas tramitadas ao abeiro deste réxime de axudas:

a) As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.

b) As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.

c) As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

Requisitos

– As persoas beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e non ter débedas pendentes de ningunha natureza coa Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Non estar incursa en ningún dos supostos previstos nos parágrafos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG) e en particular, non ter sido condenado mediante sentenza firme coa perda da posibilidade de obter subvencións públicas.

c) Cumprir os requisitos de pequena empresa, nos termos regulados no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea:

1º. Empregar a menos de 50 persoas.

2º. Ter un volume de negocio anual ou un balanzo xeral anual que non supere os 10 millóns de euros.

Para a definición de empresa, así como para o cálculo dos efectivos e importes financeiros da mesma, tomarase en consideración o disposto no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

De ser o caso, a cualificación de pequena empresa tomará en consideración os datos das empresas asociadas e vinculadas para o cálculo de efectivos e importes financeiros, nos termos previstos no artigo 3 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Este requisito exceptúase para as entidades públicas locais, así como para os beneficiarios das axudas a proxectos non produtivos que sexan elixibles ao abeiro do disposto no capítulo VII das bases reguladoras (fichas de elixibilidade).

d) Cumprir os demais requisitos que, en función da tipoloxía de proxectos, se especifican nas fichas de elixibilidade do capítulo VII das bases reguladoras.

– Cando a persoa beneficiaria sexa unha persoa xurídica, os membros asociados da mesma que se comprometan a efectuar, en nome e por conta desta, a totalidade ou parte das actividades que fundamenten a concesión da subvención, terán igualmente a consideración de beneficiarios da subvención, polo que tamén deberán cumprir e acreditar os requisitos esixidos para cada tipo de persoa beneficiaria.

– Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia.

Non se concederán axudas a empresas en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas Directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01). Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude de axuda unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

Tampouco poderán ser beneficiarias de axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.

Non poderán ser beneficiarias das axudas previstas nas bases reguladoras as empresas que operen no sector da pesca, da acuicultura e/ou da transformación e comercialización de produtos pesqueiros.

– A valoración dos requisitos, así como dos feitos e aspectos puntuables a través dos criterios de selección das respectivas estratexias de desenvolvemento rural dos GDR, estarán referidos ao último día de prazo de presentación das solicitudes que vaian concorrer en cada período de selección.

Prazo de presentación de solicitudes
Ata o 31 de xaneiro de 2023
Data Adxuntos
18/01/2023 Axudas Leader PDF [539 KB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1726373735

SINGLE.1726373735