09/01/2024

Axudas para a creación do emprego autónomo en Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica a Orde da Consellería de Promoción do Emprego e da Igualdade do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción do emprego autónomo en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e se procede a súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR341D)

Persoas beneficiarias

Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 30 de setembro de 2023 e o 30 de setembro de 2024, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

Obxecto

A finalidade deste programa é a concesión de 2 liñas de axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo e mantemento da súa actividade laboral.

Establécense 2 liñas de axudas:

a) Liña 1: unha axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma.

b) Liña 2: unha axuda para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia, equivalente a 12 meses da contía da cota reducida regulada no punto 1 do artigo 38.ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.

Bases reguladoras

Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción do emprego autónomo en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e se procede a súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR341D).

Importe

Para a concesión destas axudas destínanse vinte e oito millons novecentos cincuenta e seis mil cincocentos euros (28.956.500 €).

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes  iniciarase o día 16 de xaneiro de 2024 e finalizará o 29 de setembro de 2024.

Data Adxuntos
09/01/2024 Axudas para a promoción do emprego autónomo en Galicia PDF [1 MB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1726325494

SINGLE.1726325494