24/01/2024
Axudas para a mocidade para a obtención dos permisos de condución clases B, C e D
O importe da axuda será de 400 € para o carné de clase B, 650 € para o permiso de clase C e 1.300 € para o permiso de clase D.
Poderán solicitar as axudas todas todas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos no momento de presentar a solicitude:
– Ter feitos os 18 anos , sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.
– Estar empadroados/as na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
– Non estar traballando por conta propia nin allea.
– Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG ata o día 30 de setembro de 2024.