03/04/2021
Axudas para a renovación de electrodomésticos destinadas a particulares
Ata o 75% de subvención

AXUDAS PARA A RENOVACIÓN DE ELECTRODOMÉSTICOS DESTINADAS A PARTICULARES
As axudas poderán alcanzar o 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, o 50% para os vulnerables e o 75% para os vulnerables severos
O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras finalizará o 30 de xuño 2021 ( 30/03/2021 – 30/06/2021)
- Este programa de apoios permitirá a 20.000 familias, durante este ano 2021, aforrar 560.000 euros ao ano na súa factura enerxética.
- O programa Renove Electrodomésticos está dirixido a persoas que residan en vivendas localizadas en Galicia e queiran renovar os seus equipos por outros da mesma tipoloxía e coa seguinte cualificación enerxética: frigorífico ou frigorífico conxelador A, B, C ou D; conxelador A, B, C ou D; lavadora A, B ou C; lavalouzas A, B ou C; ou encimera de indución total.
- As axudas, ás que se destinan un total de 3 M€ -o que supón un incremento do 70% con respecto á convocatoria anterior en 2020-, serán de concorrencia non competitiva.
- As solicitudes tramitaranse a través de entidades colaboradoras ( inega.gal ou desde a sede electrónica da Xunta de Galicia ( http://sede.xunta.gal) cumprimentando a solicitude de adhesión.
- As axudas poderán alcanzar o 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, o 50% para os vulnerables e o 75% para os vulnerables severos, polo que, segundo a tipoloxía de electrodoméstico e o consumidor, as axudas irán desde os 100 aos 450 euros.
- Cada beneficiario só poderá recibir unha axuda para cada unha das tipoloxías con un máximo de tres electrodomésticos. Prestarase especial atención ás familias vulnerables.
- DOCUMENTACIÓN NECESARIA Y DATOS:
- NIF da entidade solicitante cando sexa unha persoa xurídica.
- DNI/ NIE da persoa solicitante cando sexa unha persoa física.
- DNI/ NIE da persoa representante.
- Certificado de estar ao corrente do pago coa EAT.
- Certificado de estar ao corrente de pago coa Seguridade Social.
- Certificado de estar ao corrente do pago coa Facenda Autonómica.
- Certificación de alta no imposto de actividades económicas cando a entidade colaboradora sexa unha empresa.