20/01/2022

Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos para particulares

O Diario Oficial de Galicia publica o día 19 de xaneiro de 2022  a Resolución  do 20 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas por este instituto, e se establece a súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MT402A).

O prazo de presentación de solicitudes será de un (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Serán obxecto da subvención as seguintes actuacións:

  • Revestimento e/ou pintado de paramentos cegos de fachadas que actualmente estean rematados con materiais ou solucións construtivas non axeitadas e para quedaren á vista, coma fábrica de ladrillo, bloques de formigón, formigón ou morteiro de cemento.
  • Renovación do acabamento dos paramentos cegos de fachadas, carpintarías ou cerrallarías exteriores, que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia do deficiente estado de conservación ou da tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabamento.
  • Remate ou renovación do acabado exterior de cubertas que, ben por estar rematadas con pranchas de fibrocemento ou solucións construtivas non axeitadas para quedaren á vista, ben por atoparse nun deficiente estado de conservación, constitúen un impacto paisaxístico.
  • Revestimento de muros de cerramento de predios realizados con ladrillo ou bloques
    de formigón, sen revestir.

O importe da subvención será do 70 % do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000 € por solicitante e ben.

Data Adxuntos
20/01/2022 Axudas actuacións de impactos paisaxísticos PDF [826 KB]

Novas, Promoción económica

25/05/2022

Presentación do II Paseo da Saúde

O 3 de xuño será o día central, con actividades complementarias en días anteriores e posteriores.

24/05/2022

Lola “Logaro” da Valenzá une a paixón por calcetar pezas como “Louredo” e proyectos internacionais

Lola García Romanelli, comezou na Valenzá os seus talleres de calceta. Hoxe empresaria en "Hilokune" en Ourense.

Emprendemento en Barbadás

24/05/2022

Lista provisional de admitidos e excluidos do Curso 2022-2023 da Escola Infantil Municipal

Lista provisional de admitidos e excluidos do curso 2022-2023 da Escola Infantil Municipal

CONTENT.1653600420

SINGLE.1653600420