25/01/2022
Axudas para empresas do rural con actividades non agrícolas
O Diario Oficial de Galicia publica a Resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 29 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MR708A)
Persoas e entidades beneficiarias
a) Microempresas e pequenas empresas situadas en zonas rurais.
b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.
c) Titulares dunha explotación agraria ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte
ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Data | Adxuntos |
---|---|
25/01/2022 | Subvencións actividades non agrícolas PDF [448 KB] |