04/09/2020

Axudas para libros e material escolar financiada polo Concello de Barbadás para alumnado de Educación Infantil

O CONCELLO DE BARBADÁS FINANCIA AXUDAS ECONÓMICAS PARA LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO AO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende 1 de setembro e finaliza o 30 de setembro

Estas axudas están destinadas a estudantes matriculados en centros públicos e privados en tramos concertados

  • As axudas están destinadas a facilitarles libros e material didáctico ao alumnado de Educación Infantil do concello de Barbadás matriculados en centros públicos e privados en tramos concertados.

 

  • Os/as destinatarios/as destas axudas serán as unidades de convivencia en desventaxa social e con menor poder adquisitivo do concello de Barbadás.

 

  • Trátase de unha subvención diñeiraria para a compra de libros e material para o ciclo de Educación Infantil e ascenderá a 90 euros como máximo.

 

  • Por renda familiar entenderase a obtida polos membros computables no ano anterior ó comezo do curso ó que se refire a convocatoria. Considérase que son ingresos familiares os mesmos que serven para o cómputo da Base Bruta do imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. No suposto de que concorran diversos membros computables da familia con ingresos, sumarase as Bases Brutas correspondentes a cada un deles.

 

  • O alcalde de Barbadás, o socialista Xosé Carlos Valcárcel, explica que existe unha preocupación pola situación económica das familias ás que afectou a crise sanitaria provocada polo Covid. “A intención con este tipo de axudas é que ningún/ningunha neno/a quede atrás á hora da compra do material educativo”.

 

  • Marga Pérez, concelleira de Educación, explica que estas axudas inclúen como novidade este “o aumento do ingreso maximo neto para poder subvencionar a un maior número de familias”.

 

  • “A axuda máxima é de 90€ e os gastos subvencionados son o de libros e material necesario para o curso (mandilón, mochila…)”, indica Pérez.

 

  • Os datos aportados pola Concellería de Educación apunta que “o curso anterior foron outorgadas 53 axudas por un importe total de 4538,81€. Este año a partida presupuestaria é de 5000€, ampliable se o número de solicitudes o fai necesario e tendo en conta as situacións familiares a causa da crise Covid-19”.

  • Computarase como membros da familia, o pai e nai, o solicitante, os irmáns solteiros/irmás solteiras menores de 23 anos que convivan no domicilio familiar ou os maiores de idade cando se trate de disminuidos/as físicos, psíquicos ou sensoriais, así como os ascendentes dos proxenitores que xustifiquen a súa residencia no mesmo domicilio co certificado municipal correspondente.

 

  • Aumento da unidade familiar aos efectos do cálculo da renta per capita:  Computárase un membro máis no caso de presentar algún de eles unha descapacidade igual ou superior ó 33% ou situación similar. – Tamén se computará como un membro máis no caso de ser familia monoparental.  Unha vez obtidos os ingresos brutos, a renda familiar “per cápita” obterase dividindo a cantidade global entre o número de membros computables da familia.

 

  • Beneficiarios: unidades de convivencia cuxos ingresos non poderán exceder de CINCO MIL QUINIENTOS EUROS NETOS (5500 Euros) por membro familiar anual. Exemplo: tres membros, pai, nai e un fillo, 5500×3=16500 Euros.

 

  • Os/as peticionarios/as de axudas para o estudio deberán reunilas seguintes condicións: a) Conten con nenos e nenas o seu cargo, escolarizados en centros públicos ou concertados. b) Estar empadroados no Concello de Barbadás, segundo o artigo 16 da Lei 7/85 do 2 de Abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. c) Estar matriculados en Educación Infantil (3, 4 e 5 anos). d) Non exceder o nivel máximo de ingresos establecido nas presentes bases. e) Os/as alumnos/as aspirantes ó beneficio das Axudas ó estudio cumprimentarán a solicitude no modelo de instancia que a tal efecto será facilitado polo Concello de Barbadás.
  • Documentación:

 *- Escaneado do resgardo de matrícula (só no caso de cursar a solicitude on-line).

 *- Fotocopia da Declaración sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente ó exercicio 2019 de tódolos membros computables da familia con obligación de declarar. Si non estiveran obrigados a facela Declaración da Renda deben entregar:

*- Certificado de Empresa: Quen non teña obligación de facer declaración aportarán un certificado de Empresa correspondente ó exercicio 2019 ou datos que acrediten os ingresos obtidos no ano 2019.

*- Fotocopia do Libro de Familia.

*- Fotocopia do D.N.I. (Carnet de identidade).

 *- Certificado Vida laboral dos maiores de 18 anos.

*- Certificado de acollemento familiar remunerado.

 *- Certificados de pensións. *- Certificado do INSS: prestación por fillo a cargo.

*- RISGA (Renda de Integración Social de Galicia).

*- Certificado da axuda de Integración do menor.

*- Parados. Cando o cabeza de familia se atopa en situación de paro e non percibiu subsidio de desemprego durante o ano 2019, presentará un certificado do Instituto Nacional de Emprego que acredite. Asemade, se percibiu algunha cantidade por desemprego, presentará o correspondente certificado.

*- Os emigrantes. Emigrantes retornados e inmigrantes deberán presentar unha certificación dos ingresos obtidos no ano 2019 no país correspondente, cun informe bancario sobre a cotización media da moeda de dito país nese ano. No caso de estar un membro do matrimonio no estranxeiro e outro retornado, deben acreditar os ingresos obtidos no ano 2016 mediante certificacións oficiais.

*- Sen ingresos. No caso de non poder xustificar ningún tipo de ingresos familiares (por no telos realmente), realizarase declaración xurada da non percepción de ingresos algúns. Neste caso o Concello resérvase a facultade de comprobar este extremo, denegándose ou anulándose as axudas no caso de falsidade, sen perxuicio das sancións ou responsabilidades en que incorra o declarante.

*- Pago dos impostos Municipais, comprobarase internamente.

*- Separados/as. Aportarán fotocopia da sentenza de separación ou divorcio. Senón perciben pensión alimenticia ou compensatoria, aportarán a denuncia por incumprimento da sentencia de separación ou divorcio.

*- Facturas debidamente conformadas dos libros e material adquirido para o neno/a para o curso 2020-2021.

*- Certificación da conta bancaria, para a realización do pago da axuda.

 

  • Formas de presentación: a) Entrega da solicitude nas Oficinas Municipais de A Valenzá, no Concello de Barbadás e por sede electrónica. b) Os solicitantes poderán descargar o modelo de impreso de solicitude a través da páxina web do Concello de Barbadás, anexo á publicación das presentes bases.

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1714037396

SINGLE.1714037396