14/02/2023

Axudas para o desenvolvemento da economía circular

O Diario Oficial de Galicia publica a Resolución do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas á implantación de solucións avanzadas para o desenvolvemento da economía circular para o ano 2023, susceptibles de seren cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300F).

Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), , calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo os empresarios autónomos, e que teñan un centro de traballo en Galicia no cal se vaia realizar o proxecto.

 Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e van destinadas á posta en marcha de proxectos para o desenvolvemento da economía circular cuxa finalidade sexa o desenvolvemento e a implantación de solucións avanzadas para a produción, transporte e distribución de materias primas, compoñentes, semielaborados e produtos finais, que acaden reducións e aforros na utilización de recursos naturais, auga e enerxía, e diminucións na xeración de refugallos, subprodutos ou desperdicios, coa tendencia de converter os refugallos en recursos de uso noutros procesos produtivos.

Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:

a) Proxectos colectivos de simbiose industrial nos cales un grupo de empresas (cun mínimo de tres empresas independentes, opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador) aborda un proxecto de economía circular para mellorar o uso dos recursos e reducir os impactos ambientais de maneira conxunta. A simbiose industrial facilita o intercambio de enerxía, materiais, auga e subprodutos para pechar os ciclos de materiais e enerxía, maximizar o uso de residuos e minimizar o uso de materia prima.

b) Proxectos individuais nos cales unha peme aborda a implantación dun sistema de economía circular, parcial ou integral, especificamente deseñado ou desenvolvido para o seu ámbito de actividade.

 Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes  desde as 8.00 horas do día 1 de febreiro  e rematará as 14.00 horas do día 28 de febreiro

Data Adxuntos
14/02/2023 Axudas economía circular PDF [444 KB]

Novas, Promoción económica

28/03/2023

Barbadás recoñece a voluntarios, traballadores, institucións e empresas na loita contra a pandemia co Paseo da solidariedade

Xosé Carlos Valcárcel: “É a nosa forma de agradecer, como pobo, a entrega das persoas que demostraron abnegación e solidariedade nun momento crítico”

28/03/2023

Listado admitidos-as Campamento de Semana Santa 2023

27/03/2023

Barbadás dedica 70.000 euros á conciliación: servizos de mudas nos colexios, coidados antes das clases ou actividades despois

Os prezos que pagan as familias oscilan entre os 20 euros/mes do “Bos días”, os 3 euros/ano do espazo infantil ou a gratuidade do cambio de mudas por parte de persoal municipal nos centros

CONTENT.1680014348

SINGLE.1680014348