03/03/2022
Axudas publicadas no Diario Oficial de Galicia
O Diario Oficial de Galicia publica varias axudas de interese para a cidadanía:
Axudas para a renovación de electrodomésticos:
- Resolución da Axencia Instituto Enerxético de Galicia do 16 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de
electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a
selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se
procede á convocatoria para a anualidade 2022 (códigos de procedemento
IN414B e IN414C).
- As actuacións que se subvencionan son a renovación de electrodomésticos en vivendas sitas na Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:
- Son subvencionables a renovación de electrodomésticos das tipoloxías indicadas na seguinte táboa por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación establecidos na mesma táboa, segundo a clasificación vixente a partir de marzo de 2021 (Regulamento (UE) nº 2017/1369 do Parlamento Europeo e do Consello).
- No caso das placas de cociña, é subvencionable a substitución da placa preexistente de calquera tecnoloxía por outra nova de indución total (placas que teñan soamente tecnoloxía de indución, non mixtas). Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado.
- Electrodomésticos subvencionables:
-Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
-Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
-Lavadora A, B ou C
-Lavalouza A, B ou C
-Placas de cociña de indución total (soamente tecnoloxía de indución, non mixtas)
- Prazo de presentación de solicitudes: Dende o 23 de febreiro de 2022 ata o 30 de setembro de 2022
Axudas para a mellora da eficiencia enerxética en vivendas:
- Resolución do Instituto Galego da Vivenda e do Solo (IGVS) do 18 de febreiro de 2022 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).
- Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias de vivendas. As persoas beneficiarias das axudas poderán facultar e autorizar, mediante o correspondente acordo, que un axente ou xestor da rehabilitación actúe por conta daquelas. As persoas beneficiarias e, de ser o caso, o axente ou xestor da rehabilitación que actúe por conta daquelas, destinarán o importe íntegro da axuda ao pagamento das correspondentes actuacións.
- As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 14 de outubro de 2022, agás que, con anterioridade, se esgotase o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
Axudas para a posta en marcha de casas niño:
- Orde da Consellería de Política Social do 15 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases que rexeráno procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2022, 2023, 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C).
Data | Adxuntos |
---|---|
03/03/2022 | Plan Renove de electrodomésticos PDF [863 KB] |
03/03/2022 | Axudas eficiencia enerxética en vivendas PDF [768 KB] |
03/03/2022 | Axudas para a posta en marcha de casas niño PDF [1 MB] |